febreiro / abril 2017 - hoxe | vigocultura · venres 27 de xaneiro, 18h fitness é un espectáculo...

32
FEBREIRO / ABRIL 2017

Upload: doduong

Post on 20-Sep-2018

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

FEBREIRO / ABRIL 2017

Page 2: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

_ A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR TEATRO / MÚSICA: 5 de febreiro Compañía: REDRUM TEATRO

_ OS LIMPA LIMPA TEATRO: 12 de febreiro Compañía: EXPRESIÓN PRODUCCIÓNS

_ GÜELA-GÜELA TEATRO: 19 de febreiroCompañía: GALITOON

_ TRIPULA TEATRO: 26 de febreiroCompañía: FARRÉS BROTHERS & CÍA

_ O CONTO DA AZUZAINA TEATRO: 5 de marzoCompañía: LIMIAR TEATRO

_ EMOTICORES DANZA: 12 de marzoCompañía: LAS TRICOTOUSES

_ FITNESS TEATRO DE RÚA: 27 de xaneiroCompañía: IBUPROFENO TEATRO

_ PASATEMPO MÚSICA: 3 de febreiroGrupo: RADIO COS

_ NON TOQUES OS MEUS CÍRCULOS TEATRO: 10 de febreiro Compañía: ARTELLO

_ EROSKI PARAÍSO TEATRO: 17 Y 18 de febreiro Compañía: GRUPO CHÉVERE

_ VOAXA E CARMÍN TEATRO: 24 de febreiroCompañía: BUTACAZERO

_ UNHAS POUCAS PICADELAS TEATRO: 3 de marzoCompañía: TEATRO DE NINGURES

_ SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN TEATRO: 10 de marzoCompañía: VOADORA

PUBLICO ADULTO FAMILIAR

Page 3: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

_ O ALOUMIÑO DUNHA ESTRELA TEATRO BEBÉS: 19 de marzo Compañía: AVOAYOUJA

_ RUBICUNDO TEATRO: 26 de marzo Compañía: GHAZAFELHOS

_ SIRENITA TEATRO: 2 de abrilCompañía: LA CANICA

_ O PODER DE AMABEL TEATRO: 9 de abrilCompañía: PÉREZ&FERNÁNDEZ

_ VALADOS TEATRO: 23 de abrilCompañía: ARTESTUDIO TEATRO

_ EVA Y ADÁN DANZA: 30 de abrilCompañía: OTRADANZA

_ RESACA TEATRO: 17 de marzoCompañía: ILMAQUINARIO TEATRO

_ SOLITUDES TEATRO: 24 de marzo Compañía: KULUNKA TEATRO

_ ROMEO Y JULIETA DE BOLSILLO TEATRO: 31 de marzo Compañía: COMPAÑÍA CRIOLLA

_ O FURANCHO TEATRO: 7 de abrilCompañía: IBUPROFENO TEATRO

_ A CABEZA DO DRAGÓN TEATRO: 21 de abril Compañía: PRODUCIÓNS TEATRÁIS EXCÉNTRICAS

_ UP2DOWN DANZA: 28 de abrilCompañía: TRASPEDIANTE (Con pistacatro productora de soños)

PUBLICO ADULTO FAMILIAR

Page 4: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Venres 27 de xaneiro, 18h

Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro de Vigo, desde a Porta do Sol até o Mercado do Progreso, facendo deporte en todas as súas variedades, interaccionando e captando a atención dos transeúntes para presentar a programación “Vigocultura” que se desenvolverá no Auditorio do Concello entre febreiro e abril de 2017.Desde o humor e a sutileza dunha clown muda e con certo aire de misterio, ofrecerase un retrato crítico de certos clixés construídos socialmente arredor do universo feminino, relacionados coa obsesión polo aspecto físico, o coidado do corpo e a saúde, detrás dos que hai emocións máis íntimas como a autoafirmación ou a soidade.

_ Compañía: IBUPROFENO TEATRO _ Xénero: teatro de rúa_ Autoría, escenografía e vestiario: Marián Bañobre_ Dirección: Santiago Cortegoso _ Elenco artístico: Marián Bañobre

_ PERCORRIDO: Porta do Sol e rúa Príncipe. Desde a Praza da Princesa até a farola de Urzáiz

FITNESS TEATRODE RUA

-TODOS OS PUBLICOS

Page 5: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Radio Cos, uns pandereteiros de sona que fixeron evolucionar a nosa música naturalmente.Xurxo Fernández e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. Agora preséntannos o seu novo disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos tirados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.A banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violín e Xan Pampín no acordeón.

_ Grupo: RADIO COS_ Xénero: música folk tradicional

MUSICA-

TODOS OS PUBLICOS

Venres 3 de febreiro, 21h

PASATEMPO

Page 6: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Domingo 5 de febreiro, 18h

A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que mediante contos, adiviñas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.

_ Compañía: REDRUM TEATRO_ Xénero: teatro musical_ Autoría: Alex Sampayo e Borja F. Caamaño_ Dirección: Alex Sampayo _ Escenografía: Escenoset_ Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio_ Vestiario e monicreques: Diego Valeiras_ Música: Suso Alonso_ Elenco artístico: Laura Míguez, Guillermo Carbajo e Carlos Álvarez-Ossorio

A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR TEATROMUSICA

-FAMILIAR

Page 7: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Non toques os meus círculos é a peripecia de Tomás Canalejo, un investigador que trata de se reinventar tras ser despedido do seu traballo. Xogando elegantemente con tópicos coñecidos das e dos espectadores, Tomás dá vida a máis de quince personaxes nun paralelismo constante entre a época antiga e a actual, nun ton de ironía e humor.

_ Compañía: ARTELLO _ Xénero: teatro comedia _ Autoría: Rosa Hurtado e Santiago Montenegro_ Dirección: Rosa Hurtado _ Vestiario: Suso Montero_ Colaboración musical: Ramón Souto _ Colaboración dramatúrxica: Óscar Codesido e Manuel Pombal_ Asesoramento científico: Pío González e Julia Serra (Dpto. Física Aplicada da Univ. de Vigo) _ Fotografía: Quino Vilas_ Elenco artístico: Santiago Montenegro

TEATRO-

PUBLICO ADULTO

Venres 10 de febreiro, 21h

NON TOQUES OS MEUS CÍRCULOS

+11 ANOSMención de honor á posta en escena na Final de Ciencia en Acción 2016

Page 8: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Domingo 12 de febreiro, 18h

Xogo, música, baile, creatividade e alegría son os elementos que configuran Os limpa limpa. O universo da imaxinación inocente, exprésase na acción cotiá, mesmo no traballo, aínda que sexa nun traballo como o de limpar.Os limpa limpa transforman o mundo laboral nun universo único de creatividade, de xogo, de comedia e diversión.

_ Compañía: EXPRESIÓN PRODUCCIÓNS_ Xénero: teatro comedia _ Autoría: creación colectiva_ Dirección, adaptación e deseño de iluminación: Manuel Solla _ Escenografía e vestiario: Expresión Produccións_ Técnico de luz e son: Roberto Gómez _ Elenco artístico: Carlos Cerviño, Abel Abelleira, Santiago Darroza e Manuel Solla

OS LIMPA LIMPATEATRO

-FAMILIAR

Page 9: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Eroski Paraíso é a primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. É unha comedia documental que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade da costa galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, e que logo foi convertida nun supermercado Eroski. Planeada como a rodaxe dunha película documental, a obra retrata o desarraigo que arrastrou a unha parte da nosa sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, da súa fala, dos seus afectos, da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria. Porque o paraíso prometido polo Estado de Benestar en realidade ten a forma dun supermercado.

_ Compañía: GRUPO CHÉVERE_ Xénero: teatro comedia_ Autoría, escenografía e vestiario: Chévere_ Dirección: Xron_ Adaptación: Manuel Cortés_ Deseño de son: Xacobe Martínez Antelo _ Deseño de iluminación: Fidel Vázquez _ Música: Terbutalina _ Elenco artístico: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Luis Martínez e Fidel Vázquez

TEATRO-

PUBLICO ADULTO

Venres 17 e sábado 18 de febreiro, 21h

EROSKI PARAÍSO

90´

Page 10: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Domingo 19 de febreiro, 18h

Desde sempre, a misión das cegoñas foi a de levar os bebés, recentemente nacidos, aos brazos dos seus pais, voando sempre en grupos ou bandadas. Pero un día, Güilly, unha pequena cegoña, decidiu que xa era maior para poder levar un atillo cun bebé aos seus pais, máis houbo unha negativa unánime da comunidade das cegoñas xa que Güilly tiña un peteiro cortiño, as ás pequenas e sobre todo por ser aínda novo e non poder seguir o ritmo do voo. Aínda que un día, sen saber moi ben como, as cegoñas adultas esquecéronse un atillo cun bebé moi peculiar. Que pasará a partir de aquí? Quen levará ese bebé até os seus pais?Baseada na obra Concierto para aves de Frans Snydeers, este espectáculo foi encargado polo Museo Nacional del Prado.

_ Compañía: GALITOON_ Xénero: teatro musical_ Autoría, dirección, adaptación e deseño de iluminación: Chisco Casteleiro_ Escenografía e vestiario: Galitoon _ Deseño de son e coreografía: Ana Conca_ Música: Tony Torres _ Elenco artístico: Chisco Casteleiro e Ana Conca

GÜELA-GÜELATEATRO

-FAMILIAR

+2 ANOS

45´

Page 11: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Maruxa e Coralia saen da casa, como cada día, maquilladas até a extenuación e vestidas a toda cor dispostas a dar o seu habitual paseo das dúas polas rúas de Compostela. Pasear, saudar, mercar Sansón e galletas María, piropear os mozos, insultar as mozas... Todo parece transcorrer sen cambio algún. Porén, hoxe non vai ser un día coma os outros: Coralia empurra a Maruxa a escapar das súas rutinas, tentando cumprir os seus soños. Arrancará así unha viaxe que abrirá feridas de guerra que volverán doer coma o primeiro día.Voaxa e Carmín é unha comedia terrorífica que dá voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela nunha proposta de teatro de actrices sobre un gran lenzo audiovisual: unha Compostela máxica.

_ Compañía: BUTACAZERO_ Xénero: teatro comedia_ Autoría: Esther F. Carrodeaguas_ Dirección: Xavier Castiñeira_ Escenografía: Marcelino de Santiago (Kukas) e Roi Fernández (Sr.Pause)_ Deseño de iluminación: Javier Quintana_ Vestiario: Mari Seoane _ Música: Milladoiro _ Elenco artístico: Mabel Rivera e Belén Constenla

TEATRO-

PUBLICO ADULTO

Venres 24 de febreiro, 21h

VOAXA E CARMÍN

80´

Page 12: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Domingo 26 de febreiro, 12, 16 e 18h

(aforo limitado)

Unha viaxe estática dentro dun globo aerostático. Un espectáculo para navegar fóra do mundo, deixándose levar polo aire e a imaxinación. Dous científicos iluminados veñen de descubrir un novo xeito de viaxar e hoxe preséntano a un grupo de pasaxeiros.Despois de moito traballo e esforzo atrévense a amosar a súa gran revolución en medios de transporte: O GLOBO ESTÁTICO. O globo estático viaxa polo espazo rozando os límites da realidade, permitindo ir até sitios que até agora ninguén sospeitaba que existiran. A viaxe promete ser apacible e poética, aínda que pode xurdir máis dun contratempo que obrigará os pasaxeiros a incorporarse á tripulación...

_ Compañía: FARRÉS BROTHERS & CÍA._ Xénero: teatro_ Autoría: Pep Farrés, Jordi Farrés e jordi Palet_ Dirección: Jordi Palet i Puig _ Escenografía: Jordi Enrich, Alfred Casa e Cía. Farrés Brothers_ Deseño de son e de iluminación: Jordi Llongueras_ Vestiario: Farres Brothers i Cía._ Música: Jordi Riera_ Elenco artístico: Pep Farrés e Jordi Farrés

TRIPULATEATRO

-FAMILIAR

45´

+3 ANOSPremio FETEN 2016 ao mellor espectáculo

para espacios non convencionais

Page 13: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Unhas poucas picadelas afonda no terreo da violencia de xénero e, de maneira moi concreta, na violencia que exercen os homes sobre as mulleres. Non hai unha historia concreta, convidándonos a dar cabida a miles de historias reais e anónimas, todas as historias de violencia machista que acaban en asasinato e todas as que, sen morte física, acaban aniquilando vidas. O detonante da peza é un recorte dun xornal que narra a nova do que foi un asasinato dunha muller por parte da súa parella. Isto deu lugar ao cadro homónimo de Frida Khalo, no que se ve unha muller tendida sobre unha cama co corpo perforado polo coitelo dun home que mira para ela. Destila o titulo a idea de que “non foi para tanto”, vaia, que non foron máis ca unhas poucas picadelas.

_ Compañía: TEATRO DE NINGURES_ Xénero: teatro contemporáneo_ Autoría: Laila Ripoll_ Dirección: Etelvino Vázquez_ Axundante de dirección: Pepa Barreiro_ Adaptación: Xosé Manuel Pazos_ Escenografía: Pablo Giráldez _ Deseño de son e música: Anxo Graña _ Deseño de iluminación: Salvador del Río_ Vestiario: Julia Abal e Sonia Rúa_ Elenco artístico: Sonia Rúa, Lois Soaxe e Pepa Barreiro

TEATRO-

PUBLICO ADULTO

Venres 3 de marzo, 21h

UNHAS POUCAS PICADELAS

70´Conmemoración do Día Internacional

da Muller – 8 de marzo

Page 14: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Domingo 5 de marzo, 18h

Cando nos din árbore, cadaquén imaxina unha cousa. Imaxinas unha palmeira ou un carballo, ou un piñeiro ou un salgueiro. Coas familias acontece o mesmo, cada unha é diferente, pero todas son familias. Non existe a familia “normal”. E nesta historia de historias, familia de familias, pasa o mesmo; cada historia é distinta, cada estilo é diferente. A orfandade, a adopción, o divorcio, familias homoparentais, numerosas ou monoparentais, son a base para o xogo de tres actores usando o circo, a música e a divulgación científica como xeitos de expresión. Un espectáculo que achega a diversidade familiar na sociedade actual fomentando a tolerancia, respecto e empatía entre as e os máis pequenos. Preséntase o espectáculo como xogo divertido, sinxelo, pero que permite introducirse en aspectos de grande profundidade.Que é unha familia normal? A TÚA!

_ Compañía: LIMIAR TEATRO _ Xénero: teatro comedia_ Dramaturxia e dirección: Ana Carreira e Fran Núñez_ Dirección musical: Jose Carlos Illanes_ Iluminación: Fran Núñez_ Asesoría psicopedagóxica: Santiago Hernández Abad_ Asesoría científica: Mateo Peña_ Produción: Limiar Teatro, Esteoeste, Crémilo_ Elenco artístico: Herminio Campillo, Juan Paños e Fran Núñez

O CONTO DA AZUZAINATEATRO

-FAMILIAR

50´

+8 ANOS

Page 15: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Demetrio e Lisandro queren a Hermia. Ela só ten ollos para Lisandro pero o pai dela só acepta a Demetrio. A súa amiga Helena ama a Demetrio pero este amor non é correspondido. Hermia e Lisandro acordan fuxir da cidade ao amparo da escuridade, pero son perseguidos por un enfurecido Demetrio que á súa vez é perseguido por unha extasiada Helena. No bosque, sen o coñecemento dos mortais, Oberón e Titania (rei e raíña das fadas), teñen unha disputa sobre un criado. A trama xira cando o súbdito de Oberón, Puck, corre solto cunha flor que fai que as persoas namoren do primeiro que vexan ao espertar.

_ Compañía: VOADORA_ Xénero: teatro comedia _ Autoría: William Shakespeare_ Dirección e escenografía: Marta Pazos_ Adaptación: Marco Layera_ Deseño de son: David Rodríguez_ Deseño de iluminación: Rui Monteiro _ Vestiario: Fany Bello _ Música: José Díaz e Hugo Torres_ Coreografía: Guillermo Weickert_ Elenco artístico: Anäel Snoek, Andrea Quintana, Areta Bolado, Borja Fernández, Diego Anido, Hugo Torres, Janet Novas, José Díaz e Paris Lakryma

TEATRO-

PUBLICO ADULTO

Venres 10 de marzo, 21h

SOÑO DUNHA NOITE DE VERAN

Page 16: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Domingo 12 de marzo, 18h

Ao igual cás persoas adultas, a rapazada precisa de espazos onde recoñecerse e expresarse afectiva e emocionalmente. É importante que a escola proporcione estes lugares de contacto e de expresión e así camiñar cara a un modelo educativo máis integrador, humano e creativo.Neste sentido, o traballo coas cores preséntase como excelente ferramenta para ilustrar e recoñecer aqueles espazos emocionais que precisan ser expresados e atendidos. As cores, as formas, o movemento... son a linguaxe do inconsciente onde reside o emocional, onde ás veces non chega a palabra. A concepción do espazo escénico está baseado no traballo coas cores a través da iluminación, para conseguir unha estética sinxela que, asemade, sexa visual e atractiva para as nenas e nenos.

_ Compañía: LAS TRICOTOUSES _ Xénero: danza contemporánea_ Autoría, dirección, adaptación, escenografía e coreografía: Cristina Montero e Rut Balbís_ Deseño de son e música: Jas Processor_ Deseño de iluminación: Afonso Castro_ Vestiario: Teresa Gutiérrez_ Elenco artístico: Cristina Montero e Rut Balbís

EMOTICORESDANZA

-FAMILIAR

60´

+8 ANOS

Page 17: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

No verán de 2016, cinco amigos deciden xuntarse co ánimo de reconstruír a súa propia memoria xeracional e familiar a través da historia dunha persoa común que desapareceu e marcou as súas vidas: Álex. Unha morea de cadernos, centos de pensamentos, conversas, fotos, vinilos, casetes e obxectos diversos son os materiais empregados como punto de partida para unha investigación que tamén se converte en descuberta persoal por parte de cada un deles. Como influíron na conformación do discurso individual os nosos referentes? Cantas versións diferentes poden existir sobre un mesmo recordo? De que maneira nos pode salvar a memoria da vertixe dun mundo de ritmos cambiantes e imparables?

_ Compañía: ILMAQUINARIO TEATRO _ Xénero: teatro contemporáneo _ Autoría: Ana Carreira e Tito Asorey_ Dirección e deseño de iluminación: Tito Asorey_ Escenografía: Montse Piñeiro e Laura Iturralde_ Deseño de son e música: Vadim Yukhnevich_ Deseño de iluminación: Jose Manuel Faro González_ Vestiario: Ilmaquinario Teatro e Yaiza Pinillos _ Elenco artístico: Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu, Laura Míguez e Vadim Yukhnevich

TEATRO-

PUBLICO ADULTO

Venres 17 de marzo, 21h

RESACA

85´

Page 18: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

_ Compañía: AVOAYOUJA_ Xénero: teatro_ Autoría, dirección, deseño de son, deseño de iluminación, vestiario e música: Marta Faílde e Fran Martínez_ Escenografía: Leonardo Llamas_ Elenco artístico: Marta Faílde e Fran Martínez

Domingo 19 de marzo, 12 e 18h

Se estarricamos moito os brazos, moi lonxe, cara ao ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos... semella imposible, non si?Nesta viaxe sensorial, co arrolo da música da arpa e seguindo os zapatiños vermellos, faremos posible que as pequeniñas e os pequerrechos gocen da poesía das imaxes, ata rabuñar a bóveda celeste.

Prezo: 5 € (1 persoa adulta + 1 bebé en escenario).Resto de acompañantes en patio de butacas con visibilidade reducida de balde até completar aforamento.

O ALOUMIÑO DUNHA ESTRELATEATRO

-FAMILIARBEBES

40´

+0 ANOSEspectáculo para bebés.

Aforo limitado

Page 19: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

A compañía Kulunka Teatro presenta Solitudes, a súa segunda montaxe despois de André y Dorine. Unha historia que, a través do humor, afonda na soidade e a incomunicación dos membros dunha familia. O mesmo equipo creativo pon en pé un novo traballo de teatro de máscaras que, sen unha soa palabra, resulta todo o contrario a inexpresivo. O protagonista de Solitudes séntese incomprendido porque, como case todos os vellos para os que a súa vida é practicamente unha espera, só desexa cousas sinxelas. Cousas tan simples que os demais non chegan a valorar na súa verdadeira importancia. O extraordinario desta historia é que o vello -contra o que podería esperarse de alguén cunha vida xa case sen alicientes- non se resigna, non renuncia aos seus pequenos desexos e pelexa por eles con determinación e dignidade.

_ Compañía: KULUNKA TEATRO_ Xénero: teatro drama _ Autoría: Garbiñe Insausti, José Dault, Iñaki Rikarte, Rolando San Martín e Edu Cárcamo_ Dirección: Iñaki Rikarte_ Escenografía e vestiario: Ikerne Giménez_ Deseño de son e música: Luis Miguel Cobos_ Deseño de iluminación: Carlos Samaniego “Sama”_ Elenco artístico: Garbiñe Insausti, José Dault e Edu Cárcamo

TEATRO-

PUBLICO ADULTO

Venres 24 de marzo, 21h

SOLITUDES

85´

Page 20: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Domingo 26 de marzo, 18h

Todas as noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara neste personaxe, enfundado nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea. Disposta a chegar até o fin daquel misterio... Pois así era esta rapaza... curiosa e soñadora...Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias...

_ Compañía: GHAZAFELHOS_ Xénero: teatro_ Autoría: María Canosa_ Dirección e adaptación: Pepablo Patiño_ Escenografía, vestiario e música: Ghazafelhos_ Deseño de son e de iluminación: Jorge Casas_ Elenco artístico: Pepablo Patiño, Montse Piñón e Jorge Casas

RUBICUNDOTEATRO

-FAMILIAR

50´

+5 ANOS

Page 21: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

+8 ANOS

Dous catedráticos bríndannos unha clase maxistral sobre William Shakespeare, ou iso intentan. Detalles sobre a vida e obra do escritor inglés son tema de discusión, e cando de detalles se trata, ninguén mellor ca eles. Cantas comas utilizou Shakespeare nas súas obras? Cantos puntos? Cantas veces se menciona a palabra orella? Cantas veces as súas personaxes falan de amor? Estes estudosos parecen non deixar recanto sen analizar..., ou si?. Romeo y Julieta, termina ben ou termina mal? Esta simple pregunta imponlles aos nosos protagonistas o seu maior desafío; representar a obra completa, con todas as súas personaxes, no que dura unha clase. Tomando o que se atopan a man a modo de utillería e vestiario. As nosas dúas “ratas de biblioteca”, interpretarán a once encantadores personaxes nun Shakespeare cercano, poético e sobre todo divertido.

_ Compañía: COMPAÑÍA CRIOLLA_ Xénero: teatro contemporáneo_ Autoría e dirección: Emiliano Dionisi_ Vestiario: Marisol Castañeda_ Produción executiva e asesor artístico: Sebastián Ezcurra_ Elenco artístico: Emiliano Dionisi e Julia Gárriz

TEATRO-

PUBLICO ADULTO

Venres 31 de marzo, 21h

ROMEO Y JULIETA DE BOLSILLO

60´

Page 22: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Domingo 2 de abril, 18h

“Máis alá do horizonte, en alta mar, a auga é dun azul tan intenso como os pétalos máis azuis dun fermoso aciá, e clara como o cristal máis puro; pero é tan profunda que ningunha áncora chegaría xamais a tocar o fondo. Habería que poñer moitos campanarios, uns por riba doutros, para que desde as fonduras, chegasen á superficie. Alí é onde viven os habitantes do mar...”.Dúas actrices escenifican con botelliñas de auga, palanganas, esponxas e outros obxectos, unha suxerinte adaptación do conto de Hans Christian Andersen. Unha versión onde a Sirenita non terá que renunciar á súa natureza nin ao seu don máis prezado, a súa voz, para deixarse levar pola marea do amor.

_ Compañía: LA CANICA_ Xénero: teatro monicreques e obxectos_ Autoría: Pablo Vergne a partir do conto de Andersen_ Dirección: Pablo Vergne_ Escenografía, obxectos e bonecos, deseño de son, vestiario e música: La Canica_ Deseño de iluminación: Ricardo Vergne_ Elenco artístico: Marisol Rozo e Eva Soriano

SIRENITATEATRO

-FAMILIAR

45´

+4 ANOSConmemoración do Día mundial do libro infantil e xuvenil

Premio Feten 2016 ao mellor espectáculo de títeres

Page 23: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Marián Bañobre e Isabel Risco, artistas multidisciplinares, sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, preséntannos a súa última creación: O Furancho. Unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do contexto hostil no que vivimos. Un espazo cargado de “agroglamour” no que se fusiona o “trendy” con elementos propios da máis pura tradición, como os zocos e o pololo, creando un todo harmónico que sintetiza o pasado co presente, o rural co cosmopolita, o loureiro coas novas tecnoloxías.Dúas mulleres fortes, con carácter e desbordante personalidade, que definen á perfección a esencia enerxética e desvergonzada das pallasas: dúas iconas femininas que foron, son e serán referentes de beleza universais e fonte de inspiración para todas esas loitadoras que son quen de poñer o mundo patas arriba para lograr que os seus soños se fagan realidade.

_ Compañía: IBUPROFENO TEATRO_ Xénero: teatro comedia_ Autoría e dirección: Santiago Cortegoso_ Escenografía: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso_ Deseño de son: Quito_ Deseño de iluminación: Salvador del Río_ Vestiario: Marián Bañobre_ Música: Radio Cos_ Coreografía: Carmela Bueno_ Elenco artístico: Isabel Risco e Marián Bañobre

TEATRO-

PUBLICO ADULTO

Venres 7 de abril, 21h

O FURANCHO

80´Premio María Casares 2016 ao Mellor Vestiario, Finalista nos Premios María Casares 2016 ao Mellor Autor, Premio Fetega (Festival do Carballiño) ao Mellor Espectáculo e

Mellor Actriz (Isabel Risco)

Page 24: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Domingo 9 de abril, 18h

Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares.Un reencontro de dous amigos, xa adultos, no que lembrarán un especial outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos, eses aos que debemos voltar para sentirnos na nosa verdadeira patria; a infancia.

_ Compañía: PÉREZ&FERNÁNDEZ_ Xénero: teatro monicreques_ Autoría: Érica Esmorís_ Dirección: Victoria Pérez e Xose Leis_ Adaptación: Victoria Pérez_ Escenografía: Jacobo Bugarín_ Deseño de son: Manu Fernández_ Deseño de iluminación: Jose Leis_ Vestiario: Pérez&Fernández_ Música: Mathew Ward e Xabier Romero_ Elenco artístico: Manu Fernández e Victoria Pérez

O PODER DE AMABELTEATRO

-FAMILIAR

45´

+5 ANOS

Page 25: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

A cabeza do dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou, ironicamente, Retábulo de marionetas para educación de príncipes. A historia conta a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na nosa, a cultura europea.Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido o rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstro se queren salvar as súa vidas e as facendas do reino. Mascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino.

_ Compañía: PRODUCIÓNS TEATRÁIS EXCÉNTRICAS_ Xénero: farsa fantasiosa_ Autoría: Ramón María Valle-Inclán_ Dirección e adaptación: Quico Cadaval _ Escenografía e deseño de iluminación: Baltasar Patiño_ Deseño de son e música: Javier María López_ Vestiario: Suso Montero_ Coreografía: Iván Marcos_ Elenco artístico: Quico Cadaval, María Costas, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto e Patricia Vázquez

TEATRO-

TODOS OS PUBLICOS

Venres 21 de abril, 21h

A CABEZA DO DRAGON

85´Conmemoración do Día Internacional do Libro

Primeiro Valle-Inclán en galego

Page 26: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Domingo 23 de abril, 18h

Esta é a historia de Helena e Xoel. Da súa fermosa amizade e da súa vila, chea de vida até que un vento fantasmagórico lle rouba a ledicia e o amor e aproveita as deliciosas diferenzas entre as persoas para convertelas en prexuízos: o medo ao diferente, a desconfianza do veciño... Prexuízos adultos suficientes para erguer un valado que parte a cidade en dous, deixando a Helena a un lado e a Xoel ao outro. A rebeldía, o inxenio e o amor que os unen serán as ferramentas para crear artimañas de comunicación e seguir así xuntos aínda que separados. Un espectáculo no que a través da música, a meirande das artes, a danza, a máis efémera, e o teatro, a máis directa, lanzamos ao ceo un papaventos cunha mensaxe de reflexión, esperanza e insurrección. ... RAOV OAXIÉD

_ Compañía: ARTESTUDIO TEATRO_ Xénero: teatro_ Autoría: Agustín Fernández Paz_ Dirección: Xurxo Cortázar_ Adaptación: Rubén Ruibal_ Escenografía e vestiario: Neves Seara_ Deseño de son e música: Manu Clavijo_ Deseño de iluminación: RTA_ Coreografía: Kirena Celia Martínez Acosta_ Elenco artístico: Ramiro Neira, Estefanía Gómez e Xurxo Cortázar

VALADOSTEATRO

-FAMILIAR

55´

+6 ANOS

Conmemoración do Día Internacional do Libro Homenaxe a Agustín Fernández Paz

Page 27: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Up2Down é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia: o funambulismo; creando un universo singular.As bailarinas Marta Alonso & Paula Quintas interpretan a dúas personaxes definidas polo seu status antagónico: o alto e o baixo; a funambulista -etérea e ideal-, a paiasa -terreal e mundana-. Xunto a elas o espectador percorrerá unha viaxe emocional a través dos seus desexos e aspiracións até que alcanzan un punto de encontro: o equilibrio.

_ Compañía: TRASPEDIANTE (con Pistacatro Productora de Soños)_ Xénero: danza circo_ Autoría: Traspediante_ Dirección: Arturo Cobas_ Deseño de son e música: María Mendoza_ Deseño de iluminación: Javier Quintana_ Vestiario: Fany Bello_ Coreografía: Marta Alonso e Paula Quintas_ Elenco artístico: Marta Alonso & Paula Quintas

DANZA-

TODOS OS PUBLICOS

Venres 28 de abril, 21h

UP2DOWN

55´Conmemoración do Día Internacional da Danza

Page 28: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

Domingo 30 de abril, 18h

Eva y Adán é unha adaptación do mito desde o corpo e as súas posibilidades. A primeira muller e o primeiro home míranse con curiosidade, descóbrense similares e gozan dunha vida salvaxe e idílica. Eva y Adán voan por riba de calquera cliché de sexo ou de xénero.Un espectáculo de danza actual. Danza para nenos e nenas e para toda a familia. Orixe, encontro, inxenuidade, curiosidade, descubrimento, xogo, desenvolvemento e progreso, son as bases desta peza que nos adentra na comunicación e nas relacións humanas.

_ Compañía: OTRADANZA _ Xénero: danza contemporánea_ Autoría, dirección e coreografía: Asun Noales_ Escenografía e vestiario: Kike Guerrero_ Deseño de son: Richard Cano_ Deseño de iluminación: Asun Noales e Richard Cano_ Elenco artístico: Salvador Rocher e Saray Huertas

EVA Y ADANDANZA

-FAMILIAR

50´

+5 ANOSConmemoración do Día Internacional da Danza

Page 29: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

1. O despacho de billetes do auditorio pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, momento no que ademais se pecharán as portas de acceso ao recinto. Comezado o espectáculo ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo do espectáculo.

2. As entradas non vendidas anticipadamente, de habelas, estarán dispoñibles no despacho de billetes desde unha hora antes do comezo previsto para o espectáculo. 3. As portas de acceso abriranse 15 minutos antes da hora prevista do comezo do espectáculo.

4. As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. En caso de querer seleccionar unha localización concreta deberán utilizar o sistema de venda anticipada. Todas as butacas ofertadas contan con boa visibilidade. O organizador non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade.

5. TODO o público pagará entrada, independentemente da idade ou de ocupar ou non butaca. Non poderá acceder ao recinto ninguén sen entrada para poder computar a capacidade efectiva por razóns de seguridade e conforme ao Plan de autoprotección do recinto. A capacidade é única e compútase por persoas, non por butacas ocupadas. 6. Non se lle permitirá o acceso a quen presente unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación. Non se admiten cambios nin devolucións.

7. A organización informa nos programas editados para a difusión de cada programación as idades recomendadas para determinados espectáculos, que solicitamos respecten na medida do posible de cara a garantir o seu bo desenvolvemento.

8. Ao entrar no recinto, o público, consonte a Lei, pode estar suxeito a un rexistro. Non se permitirá a entrada de comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos polo organizador ou estean prohibidos pola normativa vixente. Resérvase o dereito de admisión.

9. Nos espectáculos programados quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. As persoas portadoras da entrada non poderán introducir cámaras de fotografar, de vídeo ou grabadoras; tampouco poderán, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización escrita do organizador; en todo caso, actuarase conforme os acordos e a lexislación vixente que corresponda.

NORMAS DE ORGANIZACION E ACCESO AO RECINTO

Page 30: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea - No teléfono 902044226- Na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno 26) Horario: De 10 a 13 e de 17 a 20h de luns a venres De 10 a 13h os sábados- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.

Auditorio do Concello de Vigo: praza do Rei 1. Vigo

VENTA DE ENTRADAS

Page 31: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro
Page 32: FEBREIRO / ABRIL 2017 - Hoxe | Vigocultura · Venres 27 de xaneiro, 18h Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorrerá en bicicleta o centro

INFORMACION:

Teléfonos: Desde Vigo: 010 / Desde móbil ou fóra de Vigo: 986810260Horario: De 8 a 20 horas de luns a venres / De 10 a 14 horas os sábados