fauna de galicia

11
Fauna de Galicia 10 Especies galegas

Upload: pilarfzx

Post on 13-Jul-2015

893 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Fauna de galicia

Fauna de Galicia

10 Especies galegas

Page 2: Fauna de galicia

Oso Pardo

O oso pardo é unha especie que antes habitaba Galicia. Porén, as queixas dos aldeáns polas desgracias e desventuras que estes animais lles causaban, converteron ao oso pardo nun motivo de caza. Hai quen di que aínda quedan osos pardos en Galicia

As súas principais características son: espeso e tupido pelaxe, é o animal máis grande da fauna ibérica, pesa arredor de 180kg, destacan as súas orellas ovaladas e a súa gran cabeza

Page 3: Fauna de galicia

Xabarín

É un mamífero da familia dos suidos, moi apreciado para a caza debido as súas características. O seu corpo é robusto, pode chegar a medir 1,60m de lonxitude e pesa entre 50-80kg. É un animal omnívoro que se adapta a calquea lugar, a súa vida activa é basicamente nocturna.

Page 4: Fauna de galicia

Pita do monteA pita do monte ou pita montesa, é unha

galinácea que se encontra actualmente en perigo de extinción, quedando algúns exemplares ao longo das zonas boscosas de toda a Cornixa Cantábrica, os Pireneos e os Alpes.

En Galicia está presente exclusivamente nos Ancares.

En España vedouse a caza desta especie en 1979, e desde 1986 ten a catalogación de especie protexida, aínda que con isto non se conseguiu un incremento na poboación até o momento.

Page 5: Fauna de galicia

Ourizo Cacho

O ourizo cacho ou ourizo cacheiro (Erinaceus europaeus) é un mamífero insectívoro que abunda nas fragas galegas e nas pradarías que teñen arbustos, sebes e valados onde agocharse.

Page 6: Fauna de galicia

Raposo O raposo común (Vulpes vulpes), tamén

coñecido como golpe nalgunhas zonas ó norte de Galicia, pertence á familia dos cánidos (Canidae), dentro da orde dos carnívoros. O raposo común, tamén chamado raposo vermello, caracterízase por ter as patas cortas, o fociño estreito e alongado, as orellas rectas e triangulares, unha pelaxe espesa e cola longa. Adoitan pesar arredor de 7 kg e miden entre 90 e 105 cm de longo (sen incluír a cola). A cor da pelaxe dun raposo común é alaranxada por enriba e branca pola parte inferior.

Page 7: Fauna de galicia

Balea

A denominación común de balea asígnase a aqueles cetáceos que posúen barbas na boca, en lugar de dentes (suborde Mysticeti). Fronte a eles estarían os cetáceos con dentes (suborde Odontoceti). Adoitan ser de gran tamaño (de 7 a 30 metros) e viven exclusivamente no mar.

Page 8: Fauna de galicia

Cabra Montesa A cabra montesa foi unha

especie que se cazou dende os albores dos tempos primitivos, como indican numerosas escenas de caza de cabras que representan pinturas rupestres. Fai pouco tempo, según distintas fontes locais (Voz de Galicia), houbo unha pequena repoboación de cabras montesas no Xurés.

Page 9: Fauna de galicia

Lobo

É un animal carnívoro que durante anos foi cazado e aniquilado polo home debido a que estes alimentábanse do gando. Hoxe en día é unha especie en perigo de extinción.

Page 10: Fauna de galicia

Gato Montés

É un felino de pequeno tamaño, é o antecesor salvaxe dos gatos domésticos (Felis silvestris catus).

Os gatos salvaxes xeralmente son de constitución máis robusta que os seus parentes caseiros. Soen ser de cor pardo grisáceo atigrado.

Page 11: Fauna de galicia

POR ISO DEBEMOS PROTEXER A FAUNA DE GALIZA

Fin