falar de amor como se escribe vicente araguas · así, mon g. buhigas, e fico en-guedellado (por...

2
Falar de amor como se escribe Vicente Araguas Formas de citación recomendadas 1 | Por referencia a esta publicación electrónica* ArAguAs, Vicente (2011 [2010]). “Falar de amor como se escribe”. Diario de Ferrol. “nordesía”: 24/10/2010, 30. reedición en poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/450>. 2 | Por referencia á publicación orixinal ArAguAs, Vicente (2010). “Falar de amor como se escribe”. Diario de Fe- rrol. “nordesía”: 24/10/2010, 30. © O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou editores orixinais. * Edición dispoñíbel desde o 8 de marzo de 2011 a partir dalgunha das tres vías seguintes: 1) arquivo facilitado polo autor/a ou editor/a, 2) documento existente en repositorios institucionais de ac- ceso público, 3) copia dixitalizada polo equipo de poesiagalega.org coas autorizacións pertinentes cando así o demanda a lexislación sobre dereitos de autor. En relación coa primeira alternativa, podería haber diferenzas, xurdidas xa durante o proceso de edición orixinal, entre este texto en pdf e o realmente publicado no seu día. O GAAP e o equipo do proxecto agradecen a colaboración de autores e editores.

Upload: others

Post on 01-Aug-2020

9 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Falar de amor como se escribe Vicente Araguas · Así, Mon G. Buhigas, e fico en-guedellado (por exemplo) na for-za do poema XXIX, o máis longo dun libro composto por mostras curtas

Falar de amor como se escribe

Vicente Araguas

Formas de citación recomendadas

1 | Por referencia a esta publicación electrónica*ArAguAs, Vicente (2011 [2010]). “Falar de amor como se escribe”. Diario

de Ferrol. “nordesía”: 24/10/2010, 30. reedición en poesiagalega.org.Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/450>.

2 | Por referencia á publicación orixinal

ArAguAs, Vicente (2010). “Falar de amor como se escribe”. Diario de Fe-

rrol. “nordesía”: 24/10/2010, 30.

© O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou

editores orixinais.

* Edición dispoñíbel desde o 8 de marzo de 2011 a partir dalgunha das tres vías seguintes: 1) arquivo

facilitado polo autor/a ou editor/a, 2) documento existente en repositorios institucionais de ac-

ceso público, 3) copia dixitalizada polo equipo de poesiagalega.org coas autorizacións pertinentes

cando así o demanda a lexislación sobre dereitos de autor. En relación coa primeira alternativa,

podería haber diferenzas, xurdidas xa durante o proceso de edición orixinal, entre este texto en

pdf e o realmente publicado no seu día. O GAAP e o equipo do proxecto agradecen a colaboración

de autores e editores.

Page 2: Falar de amor como se escribe Vicente Araguas · Así, Mon G. Buhigas, e fico en-guedellado (por exemplo) na for-za do poema XXIX, o máis longo dun libro composto por mostras curtas

30 NORDESÍA 24 de octubre de 2010 • Diario de Ferrol

literaria Surrealismo puro e duro cunha gran carga cómica

n Nicolás Arispe é, malia a súa xuventude (1978), un dos de-buxantes máis prometedores do panorama artístico de Ar-xentina e que agora, grazas á editorial Faktoría K de Libros, chega tamén ao eido da litera-tura galega. E faino cunha his-toria cargada de surrealismo e de sentido do humor. Trátase da estraña viaxe que empren-de a repoluda Madame Pôl du-rante un número de maxia na

que se ve involuntariamente involucrada e que a levará a sobrevoar lugares tan lonxa-nos que só poderían ter senti-do no seu propio maxín.

A estrutura deste álbum ilustrado, dirixido a nenos e nenas maiores de oito anos, prioriza a imaxe, de tipo pano-rámico, en consonancia coa viaxe que emprende a protago-nista, e ensambla textos moi breves, a penas unha frase, que

corrobora o seu sentido visual.

Nin que d i c i r t en que, como todo núme-ro de maxia, pois este li-b r o n o n deixa de se-lo, o relato de Arispe reserva pa-ra o final unha sor-

presa, a mesma sensa-ción positiva que deixa con este traballo o seu autor.

“O insólito ascenso de Madame Pôl” Nicolás ArispeTradución de Silvia Pérez Faktoría K de Libros / 13 euros

literaria

n O traballo que vén de publi-car, co coidado co que adoita, a editorial Alvarellos é estes días máis pertinente que nunca trala decisión do presidente do Go-berno de suprimir un ministerio que, dalgún modo, veu marcar hai dous anos un punto de in-flexión nas políticas de igualda-de e que vén de desaparecer pola presión da clase máis reac-cionaria e a inconsistencia dos principios de quen o puxo en marcha. Por cousas coma estas, cómpre ter claro, como explica a autora de “Parir a liberdade. O movemento feminista en Gali-cia”, a xornalista Elvira Fente, que todos os avances que se te-ñen producido desde aquel 1975 no que principia o estudo son, ou poden ser, vulnerables.

Ademais de realizar un per-corrido minucioso polo move-mento desde o mesmo momen-to en que comezou a actuar co-mo tal, o libro inclúe un aparta-do de entrevistas que agora, coa perspectiva do tempo, permiten valorar moito máis o traballo de nomes propios como os de Ma-ría Xosé Queizán, a quen lle de-bemos o tan suxerente título, Nanina Santos, Ana Fernández Puentes, Carmen Blanco, Sabe-la Mouriz, Tareixa Navaza, Rosa

Un percorrido por unha loita que non está concluída

Bassave, Lupe Ces, Ana Míguez e María Xosé Agra.

Hoxe, trinta e cinco anos despois de terse dado o primei-ro impulso organizado a aquela loita, son moitos os inimigos dunha igualdade real, que pa-sa, necesariamente, por unha igualdade económica que, por moito que se diga, segue sen xeralizarse. Diso é do que non falan os partidarios da supre-sión de certos ministerios.

“Parir a liberdade. O move-mento feminista en Galicia”Elvira FenteAlvarellos / 17 euros

mantén posúe moi bo oído e idea de que cousa é o poema. Tamén para que serve. Entre outras cou-sas, sen dúbida, para que estea-mos atentos a que caste de paxaro aniña na árbore ou no aleiro dese-ñado polo poeta.

Así, Mon G. Buhigas, e fico en-guedellado (por exemplo) na for-za do poema XXIX, o máis longo dun libro composto por mostras curtas. A ton coa delicadeza e ele-gancia expresiva que subxaz neste poeta. Tamén nas espléndidas e sutilísimas ilustracións de Inés Casas Maroto.

Un libro cheo da autenticidade que me foi vestindo das cores do marmelo ao sol de outono.

“Doce” Mon G. BuhigasLibros da Frouma / 10 euros

VICENTE ARAGUAS

LIBROS

Ou á inversa. Escribir de amor como se fala. Este enguedello ou choio tan

pouco doado. Ou ao menos moito menos fácil do que semella. Por-que cómpre facelo seguindo aque-las pautas que pedían JRJ e Pedro Salinas, máis separados que xun-tos.

Elementalidades solicitaban estes dous poetas maiores, o pri-meiro, un dos meirandes do tan poético século XX, o segundo sím-bolo, santo (santísimo) e seña da poesía amorosa de todos os tem-pos. E abonda con dicir “La voz a ti debida” para que nos vaiamos entendendo. Juan Ramón Jimé-nez e Salinas, en fin, pedían enxe-ño, intelixencia e autenticidade. Que sen esta última nada se di en poesía. Por máis que con ela soa tampouco cheguemos a parte nin-guna. Eis un tremendo “malen-tendu”, dígamolo con Albert Ca-mus, un dos que máis souberon de semellante vocábulo.

Malentendido do que nos dan quitado aqueles que se implican na súa poesía, desde un degoro de pureza que se irá radicalizando mentres que bogan polo mar da súa entrega. Necesariamente sós, contracorrente sempre, ciando cantas veces faga falla. Que esta chalana ou gamela precisa de moita atención, de moito siso pa-ra arribar a esa illa que agarda por ela, con ou sen a clásica palmeiri-ña do tópico.

Tripulante > Mon G. Buhigas (Vilagarcía de Arousa, 1965) tri-pula unha desas embarcacións. Boga nun deses botes, con tolete e estrobo ben ubicados para que to-do estea en orde. Tamén con rizón e remos de boa feitura.

Mon G. Buhigas, do que leo con pracer o seu segundo libro de poenmas, “Doce” (Libros da Frouma, Santiago de Compostela, 2010), non anda (eu ao menos non o vexo) en bandas literarias ou pandillas. O seu, paréceme, é un andar-navegar senlleiro que

Falar de amor como se escribe

Capa do libro, con limiar de Luis Alonso Girgado

non lle fai dano ningún. Ben ao contrario, axúdalle manter a pu-reza de intencións que lle vexo ou adiviño.

Mon G. Buhigas, en fin, practi-ca unha poesía aparentemente elemental, desde o senso erótico que nela (e con el) vai. Unha poe-sía que, non obstante, non seme-lla artellada nese momento de inspiración que en certos poetas pouco elaborados pode resultar fatal. Non é o caso, pois Buhigas desde ese cerne ou esencia que o

AuTOrDesde ese cerne ou esencia que o mantén, Buhigas posúe moi bo oído e idea de que cousa é o poema

Mon G. Buhigas é profesor, especialista en música pop e, ademais, o autor de “Doce”, a última novidade editorial de Libros da Frouma, que volve apostar polo arousán como

fixera en 2003 con “Poemas para Emilia”.

Libros da Frouma edita este poemario de amor