expoisiciÓn para que len os nosos profes?

15
Leo para emocionarme, para imaxinar, para aprender, para coñecer outros mundos, para coñecer outras realidades persoais, para coñecerme, para informarme, para sentir o que non sinto, para non sentir o que sinto, para soñar, para irme, para quedarme, para deter o tempo, para buscar a felicidade, para relaxarme, para comunicarme, para olvidar, para recordar, para medrar, para sentirme vivo… Casi sempre estou a ler, dependendo do meu estado de ánimo, novela ou ensaio. Autores que me gustan: Paul Auster, Milan Kundera, García Márquez, Sábato, Kawabata, Sartre, Murakami, Pérez Reverte, Rosa Montero, Manuel Vicent, Manolo Rivas, Domingo Villar…. Ultimos libros que lin: Novela: Triloxía Millenium de Larsson, “Lo bello y lo triste” de Kawabata, “A praia dos afogados” de Domingo Villar, “O Náufrago” de Xosé Antonio Pet Posse, “Invisible” de Paul Auster”, “O museo da Inocencia” de Orhan Pamuk. Agora estou lendo “Terapia” de David Logde. Ensaio: “Elogio de la lentitud” de Carl Honoré, “La Buena Vida” e “La Buena Crisis” de Alex Rovira, . Agora estou a ler “Corazón y mente” de Luis Rojas Marcos e Valentín Fuster. Poesía Leo menos do que debería, o último son uns haikus dun amigo íntimo do meu pobo Xosé Xabier Sánchez Suárez Director e Orientador no C.EI.P. Víctor Sáenz Día do LIBRO Abril 2010 Haiku 69 El sentimiento confinado en el techo llora en silencio. Haiku 65 De esa luz blanca rozando el misterio nacen las almas. Haiku 72 Cuando no estás se puebla el universo de oscuridad.

Upload: marichoni-marichoni

Post on 22-Mar-2016

238 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Exposición Para que len os nosos profes? Día do Libro 2010 CEIP Víctor Sáenz

TRANSCRIPT

Page 1: EXPOISICIÓN PARA QUE LEN OS NOSOS PROFES?

Leo para emocionarme, para imaxinar, para aprender, para coñecer outros mundos, para coñecer outras realidades persoais, para coñecerme, para informarme, para sentir o que non sinto, para non sentir o que sinto, para soñar, para irme, para quedarme, para deter o tempo, para buscar a felicidade, para relaxarme, para comunicarme, para olvidar, para recordar, para medrar, para sentirme vivo…

Casi sempre estou a ler, dependendo do meu estado de ánimo, novela ou ensaio.Autores que me gustan: Paul Auster, Milan Kundera, García Márquez, Sábato, Kawabata, Sartre, Murakami, Pérez Reverte,

Rosa Montero, Manuel Vicent, Manolo Rivas, Domingo Villar….Ultimos libros que lin:Novela: Triloxía Millenium de Larsson, “Lo bello y lo triste” de Kawabata, “A praia dos afogados” de Domingo Villar, “O Náufrago” de Xosé Antonio Pet Posse, “Invisible” de Paul Auster”, “O museo da Inocencia” de Orhan Pamuk. Agora estou lendo “Terapia” de David Logde.Ensaio: “Elogio de la lentitud” de Carl Honoré, “La Buena Vida” e “La Buena Crisis” de Alex Rovira, . Agora estou a ler “Corazón y mente” de Luis Rojas Marcos e Valentín Fuster.Poesía

Leo menos do que debería, o último son uns haikus dun amigo íntimo do meu pobo

Xosé Xabier Sánchez SuárezDirector e Orientador no C.EI.P. Víctor Sáenz

Día do LIBRO Abril 2010

Haiku 69El sentimiento confinado en el techo llora en silencio.

Haiku 65De esa luz blanca rozando el misterio nacen las almas.

Haiku 72Cuando no estás se puebla el universo de oscuridad.

Page 2: EXPOISICIÓN PARA QUE LEN OS NOSOS PROFES?

Leo por unha simple razón: é o xeito máis sinxelo de viaxar. A través dun libro podes visitar outros países, coñecer outras culturas e incluso vivir noutras épocas.

Un libro ten moitas utilidades. Con él podes disfrutar imaxinando lugares fermosos, persoas maravillosas con vidas interesantes, amores infinitos e verdadeiros... tamén chorar cas guerras máis cruentas, cas miserias doutras xentes... aprender cousas novas e ata descubrir inmensos parecidos ca túa propia vida.

En definitiva, un libro ten tantos usos que podes ler en calquer momento, so tes que escoller o axeitado.

É difícil escoller un libro. Para min todos teñen algo que resaltar, co cal vouvos recomendar un en lingua galega e outro en castelán.?“RESISTENCIA” de Rosa Aneiros, que nos sumerxe nunha fermosa historia de amor truncada por

unha terrible ditadura que marcou unha penosa etapa no país veciño, Portugal.?“EL HIJO DEL ACORDEONISTA” de Bernardo Atxaga, ensina o que o ser humano pode chegar a

facer para sentirse libre e mostra a represión cultural e as inxustizas cometidas durante a ditadura franquista.

Diana Bello SóñoraMestra de Primaria no C.EI.P. Víctor Sáenz

Día do LIBRO Abril 2010

Page 3: EXPOISICIÓN PARA QUE LEN OS NOSOS PROFES?

?Eu leo para coñecerme mellor a min mesma e limar as miñas asperezas.?Leo para vogar por mares de lindas cores e vellos amores.?Leo para explorar novos mundos e dominar a selva dos meus sentimentos.?Leo para transportame no tempo e convertirme en todo o que endexamais serei.?Leo para calmarme, para aprender, para soñar, para perder o medo, para chorar, para sorrir, para rir a

gargalladas, para tremer, para voar, para mergullarme sen afogar....?Eu leo para sobrevivir neste mundo de tolos!!!

Non sería capaz de elixir un libro para recomendar. Gustáronme tantos que non me chegaría este papel para anotalos todos. Gústanme os de fantasía, os de misterio, os de aventuras e as novelas históricas. Encántame escritores como Agatha Christie, Isabel Allende, Pérez Reverte, Robin Cook, Ruíz Zafón, Stieg Larsson, Ken Follet, Jean M. Auel, Tolkien, Manolo Rivas, Fernández Paz, Ildefonso Falcones, Matilde Asensi, Domingo Villar...e un largo etc.

para escapar de min mesma.

Mª Asunción García ÁlvarezMestra de Pedagoxía Terapéutica no C.EI.P. Víctor Sáenz

Día do LIBRO Abril 2010

Page 4: EXPOISICIÓN PARA QUE LEN OS NOSOS PROFES?

Meu pai sempre dicía que estaba prohibido aburrirse coa cantidade de libros que tiña ao meu alcance. E a miña avoa pedíanos a min e á miña irmá que lle leramos algo mentras ela facía algunhas das tarefas da casa. A min encantábame porque á avoa gústalle todo: desde as aventuras de A historia interminable ata os poemas de Federico García Lorca ou obras de teatro nas que as nosas voces se transformaban... Non sei se esas serían as claves para que eu me enganchase á lectura, pero o certo é que non lembro ningunha etapa da miña vida sen ter un libro comigo.

Nunca me importou que no colexio ou no instituto me deran unha listaxe con libros de “lectura obligada”; penso que naquel momento eu soñaba con que podería ler todo o que está escrito. Co paso do tempo deime conta de que, desafortunadamente, é algo imposible!!!

Durante un tempo esto foi un gran problema, xa que me gustaba ler de todo: aventuras, poemas, biografías, cómics, etc. Ata que descubrín que a miña gran debilidade é a literatura latinoamericana. Presentouse ante min a través de Cien años de soledad, de Gabriel García Márquez. A partir de aí, Mario Benedetti, Ernesto Sábato, Juan Rulfo, Julio Cortázar, Pablo Neruda, Alejo Carpentier, Luis Sepúlveda, Juan Carlos Onetti, Eduardo Galeano...

Como tantas outras cousas que se van engadindo sobre nós, tamén o que lemos nos vai transformando. Seriamos as mesmas persoas se non leramos determinados libros? Pensariamos e sentiriamos da mesma maneira? Soñariamos e desexariamos o mesmo mundo? De seguro que non.Pois para eso e por eso leo: para coñecer, para pensar, para sentir, para desexar, para soñar...

Susana Doel MourenzaMestra de Música no C.EI.P. Víctor Sáenz

Día do LIBRO Abril 2010

Page 5: EXPOISICIÓN PARA QUE LEN OS NOSOS PROFES?

Leo porque aprendo. Aprendo dos mundos que probablemente nunca coñecerei en persoa, aprendo das diferentes perspectivas de ver a vida, aprendo da linguaxe, aprendo dos personaxes, aprendo dos comportamentos, aprendo, por ende, de min mesma. Comprender que a miña vida é un prolongado descubrimento e para non quedarme atrás, nunha insensata modorra espiritual.

Leo porque a lectura “libérame” un pouco de min mesma. Neste mundo, nun día normal, un pásase algo así como 6- 7 horas durmindo, casi 11 horas traballando e as outras 6-7 horas nas actividades que restan: as tres comidas, darse un baño, respostar correos electrónicos, pasear ao can, e no meu caso, ler. E podo dicir que no momento en que leo, olvídome de mín mesma e tan só penso nos personaxes sobre os que estou lendo. Sexa a reflexión sublime de Kundera sobre a diferenza entre o livián e o pesado en “La insoportable Levedad del Ser”, ou afondando nas obras teatrais de Valle-Inclán, a miña vida por un momento deíxame en “liberdade”. E iso agrádame moito.

“Por que leo?” Porque olvídome de min (iso xa é unha vantaxe) vivindo máis de desexos que de realidades, esa é a verdade!Recomendacións:?Lazarillo de Tormes- Anónimo?Nós- Alfonso Daniel Rodríguez Castelao?Manifiesto del Partido Comunista- K.Marx y F. Engels?Cien años de soledad- Gabriel García MárquezA Nena (a miña cadela) recomenda:?El líder de la manada- César Millán

Mª del Carmen Martínez PazMestra de Primaria no C.EI.P. Víctor Sáenz

Día do LIBRO Abril 2010

Por que leo?Vaia pregunta! O curioso é que non a fai un

mesmo, senón que ven doutras persoas. Leo porque me gustan as palabras: as súas

árbores xenealóxicas, os seus significados de mil portas, como xogan unhas coas outras, como se atopan por casualidade e crean beleza.

Leo porque imaxino e porque, cando imaxino, leo. Os libros imaxinan un comezo- non sempre un final- e eu os aderezo a miña maneira. Pouco antes de me quedar durmida disfruto dun dos mellores momentos do día e dame por imaxinar o imposible.

Page 6: EXPOISICIÓN PARA QUE LEN OS NOSOS PROFES?

Eu leo para aprender, para emocionarme, para viaxar a lugares máxicos e coñecer personaxes interesantes. Para vivir aventuras sen límite e disfrutar do momento de coller o libro, abrir as súas páxinas e sumerxirme no meu paraíso particular.Algúns dos libros que vos recomendo son:?Crimen y castigo de Fiódor Dostoievski?Hamlet de William Shakespeare?Relatos de un náufrago de Gabriel García Márquez?Thèrése Desqueyroux de François Mauriac?Platero y yo de Juan Ramón Jiménez?Los pilares de la tierra de Ken Follet

Mª Selina Filgueira ViturroMestra de Primaria no C.EI.P. Víctor Sáenz

Día do LIBRO Abril 2010

Page 7: EXPOISICIÓN PARA QUE LEN OS NOSOS PROFES?

Con dez anos convencín ao meu pai para que me dese unha paga todas as semanas que investía relixiosamente nunha colección de novelas de aventuras que aínda hoxe conservo; foi grazas a ela que descubrín a Julio Verne, a Eugène Sue, Víctor Hugo ou Alejandro Dumas, El Conde de Montecristo segue sendo unha das miñas obras preferidas. Mentres estudaba a carreira o meu avó comproume a miña primeira colección de novela contemporánea, sempre que ía visitalo a Villagarcía dábame un libro e así coñecín a Milán Kundera, Thomas Mann ou Tom Sharpe, a serie de Wilt aínda logra que me esmendrelle de risa...

Hoxe leo sobre todo para os meus fillos e porque o necesito para os meus estudos. Os meus avós inculcáronme o amor pola lectura e a paixón polas viaxes e iso será algo, que me imaxino, acompañarame toda a vida e que intento trasmitirlle aos meus dous ananos. Adoito levar un libro no bolso e na casa sempre me esperan tres ou catro volumes a medio ler. Ultimamente e, "por culpa" dos meus estudos, peléxome con Paul Boghossian e El miedo al conocimiento, con Hosbsbawm e a súa Historia del siglo XX e con Eco e a súa obra Decir casi lo mismo. Xunto aos nenos leo a Breve historia de la mitología griega de López Trujillo xa que o pequeno goza coas narracións sobre o Olimpo e os seus deuses; a maior, dun modo independente, decántase pola novela fantástica e agora está centrada na triloxía de Laura Gallego García, Memorias de Idhún. E para finalizar, os adultos temos unha especial querencia polas obras da colección "Vento Simún" de Edicións do vento, da que todos os nosos amigos con nenos teñen El niño que dibujaba gatos y otros cuentos japoneses de Lafcadio Hearn e de entre as cales, eu acabo de finalizar El frac a veces aprieta de Francisco Agramonte.

Cando cumprín os seis anos o meu avó empezou a regalarme por cada aniversario e cada santo un libro de Disney e, xunto ao último tomo da colección, ao desenvolver o paquete, encontreime cun billete de avión, non vos podedes imaxinar o alucinante que foi poder ver e tocar a todos os personaxes daqueles libros...

Mª Teresa de Jesús Rey ReyMestra de Primaria no C.EI.P. Víctor Sáenz

Día do LIBRO Abril 2010

Leo dende que son moi pequena, a miña avoa ensinoume cun Palaú dos de antes a recoñecer as letras. Levábame ao parque todas as tardes e antes de empurrar o meu bambán repasábamos xuntas un anaco: “A miña mamá mímame, Mimí mima a súa mamá...” Cando me fixen un pouco máis maior recitábame poesías de Gloria Fuertes e pola noite sempre contábame algunha parábola bíblica, imaxínome que coa esperanza de que aprendese algo delas ... O primeiro libro que me comprou para a min soíña foi un cómic de Heidi, recordo que me impresionaba a barba do avó e o porte de Niebla, o can.

Page 8: EXPOISICIÓN PARA QUE LEN OS NOSOS PROFES?

En primeiro lugar, para min a leitura é, sobretudo, un pracer. En todas as tardes de verao ou pola noite, antes de dormir, coller o libro que estou lendo, palpa-lo, arrecende-lo, repasar as suas páxinas cos meus dedos… e abandonar-me á sua leitura, meter-me dentro da historia… e non perceber que pasa o tempo. Se gostei dun libro é que me dixo algo, e entón seguramente o lerei unha segunda vez, que é cando realmente descobres o que na primeira leitura se che pasou por cima, cando aprofundas nos personaxes, ou reflectes sobre a problemática que apresenta.. Tamén leio para me informar, é claro, gosto de ler o xornal a diario e estar ao día no político e no cultural.Non teño un autor preferido, nen un libro preferido. Gosto de muitos. Por por uns exemplos:Novelistas como Sandor Marais, Stefan Sweiz, Valle Inclán… Poetas, como Pessoa, Borges, Cesare Pavesse…Algún libro: “El último encuentro” de Marais.Las poesías del libro “…Y vendrá la muerte y tendrá tus ojos” de C.Pavesse. La poesía de Borges...

Mª Jesús Sánchez-Brunete AlijaMestra de Primaria no C.EI.P. Víctor Sáenz

Día do LIBRO Abril 2010

Page 9: EXPOISICIÓN PARA QUE LEN OS NOSOS PROFES?

Gústame ler porque me saca da rutina habitual diaria. O máis difícil e á vez imprescindible e sacar tempo de onde sexa, para adicarllo á lectura de calquer tipo. Un diario deportivo, un xornal, unha novela ou artigos vanais que nos entreteñan. Ás veces a lectura sirve para evadirnos da realidade da nosa vida cotiá e nos introduce nun mundo cheo de intrigas e aventuras. Outras veces danod información, requerida por nos ou non. E outras veces lemos simplemente polo pracer en sí mesmo. Gracias a este hábito, adquirimos uns pequenos coñecementos e certo vocabulario, que sin a lectura quedaría moi mermado. Así que tod@s a ler, aínda que sexa pouco.ðAs miñas lecturas recomendadas son as seguintes:ð“La catedral del mar” de Ildefonso Falcones.ð“La mano de Fátima” de Ildefonso Falcones.ð“De parte de la princesa muerta” de Kenizé Mourad.ð“A praia dos afogados” de Domingo Villar.ð“El juego del Ángel” de Carlos Ruiz Zafón.ð” Los pilares de la tierra” de Ken Follet

David Fernández LevaMestre de Educacion Física e

Xefe de estudos no C.EI.P. Víctor Sáenz

Día do LIBRO Abril 2010

Page 10: EXPOISICIÓN PARA QUE LEN OS NOSOS PROFES?

Eu leo por inquietude cultural. Coñecer outros pobos, costumes, visitar gratis outros paises, viaxar no tempo e no espacio. Por suposto, tamén leo por puro pracer

Andrés Mouzo GrilleMestre de Inglés no C.EI.P. Víctor Sáenz

Día do LIBRO Abril 2010

Page 11: EXPOISICIÓN PARA QUE LEN OS NOSOS PROFES?

Hai moito tempo, cando eu era aínda un neno, coñecín a unha muller duns corenta ou corenta e cinco anos que, cando ía coas vacas para as leiras, á corda a maioría das veces, e soltas outras, sempre tiña un libro ou algo que ler na man.

Téñolle escoitado varias veces que lía todo o que lle caía nas súas mans. “Lin novelas, revistas, o diario, poesía, libros que trataban de feitos históricos mesmo da antigüidade, ao grupo de Carlos Fisas escribindo as súas historias da historia sobre as monarquías dos Austrias e sobre todo dos Borbóns. Lin aos mellores escritores españois: Delibes, Unamuno, Machado, Rosalía, Valle-Inclán… pero tamén a Alejandro Dumas, a Víctor Hugo, a Tolstoi, a Dostoievski, a Salgari…”.

Recordo tamén oírlle decir que “cos libros que levo lidos, seguramente se podería cargar un carro de vacas. Uns ensináronme cousas; outros estaban tan ben feitos que cando os empezabas, unha páxina tiraba da outra; outros simplemente me axudaban a pasar o tempo. Creo que ler moito, axuda a entender mellor as cousas. Podo decir que nunca atopei un libro que, por malo que fose, non tivese unha páxina boa”. E xa con máis de oitenta anos, seguía lendo.

Bos motivos para ler. Pero eu sobre todo quédome con que seguramente non hai libro que, por malo que sexa, non teña polo menos unha páxina boa.

Manuel Vidal CajusoMestre de Primaria e Secretario do C.EI.P. Víctor Sáenz

Día do LIBRO Abril 2010

Page 12: EXPOISICIÓN PARA QUE LEN OS NOSOS PROFES?

A min ler reláxeme, faime desconectar deste mundanal ruido o que estamos sometidos todos e cada un de nós . Cando máis me gusta ler é pola noite cando está todo en silencio, deste xeito consigo concentrarme e vivir as historias que se escribiron para todos os que sexamos lectores.

Dos últimos libros que lin destaco os que seguen e realmente recomendos a calquera que comparta este mesmo vicio tan san e constructivo: * La Catedral del Mar" autor: Ildefonso Falcones. * Ella que todo lo tuvo" autora: Ángela Becerra. * Cautiva:testimomio dun secuestro" autora: Clara Rojas. * El niño con el pijama de rayas" autor John Boyne. * Contra el viento" autora: Ángeles Caso.Qixera resaltar tamén algún libro que lin cando era un pouco máis nova e que recomendo a os que teñen menos anos: * El príncipe destronado " autor Miguel Delibes. *Os vellos non deben namorarse" autor: Castelao. *Las aventuras de los cinco" autor: Enyd Blyton.

Mª Manuela Lago PérezMestra de Relixión no C.EI.P. Víctor Sáenz

Día do LIBRO Abril 2010

Page 13: EXPOISICIÓN PARA QUE LEN OS NOSOS PROFES?

Eu leo porque POR QUE LEO? No meu caso sería mellor preguntar por que non leo?Pois porque chega un momento na vida de un en que cambian as prioridades e entón os nosos

intereses, afeccións,… pasan a un 3º plano. Con moito gusto pola nosa parte, por suposto, porque é moito máis o que gañamos que o perdemos; o que non quita que en ocasións botemos de menos adicarnos máis tempo a nós mesmos e a facer cousas que nos gustan, como ler.

Envexo moito á xente que ten tempo para todo: ten a casa impecable, coida a tres fillos, vai ó seu traballo, e logo aínda ten tempo para ler 3 libros á semana, ademais das revistas de moda, ir a clases de checoslovaco, de tailandés, practicar pilates e bodycombat, ademais de suar tinta no ximnasio a diario.

Entón eu pregúntome: Será que eu non sei organizarme ou será que os días non teñen as mesmas horas para todo o mundo? Igual hai persoas que teñen días de 34 horas, outros de 47… Debe ser iso.

Ben, pero non sempre foi así. Tamén teño lido moito, sobre todo na cama antes de durmir e na praia, que é onde máis me gusta ler. Non teño un autor favorito, pero fai pouco descobrin a José Saramago e gustoume moito, sobre todo o libro “Todos los nombres”.

Mª José Suárez CasalMestra de Infantil no C.EI.P. Víctor Sáenz

Día do LIBRO Abril 2010

Page 14: EXPOISICIÓN PARA QUE LEN OS NOSOS PROFES?

Cando era nena gustábame moito ler "Los cinco" e "Los Hollister", uns libros cos que disfrutaba soñando que eu podía ser un daqueles rapaces e vivir todas aquelas divertidas aventuras.

Ao medrar, lin moitos outros libros; uns con mais acerto que outros. Pero o bo de lelos e que podes opiñar e gañar en coñecemento.. Un que me encantou, co que no seu día rin e chorei, é "La sonrisa etrusca" de J.Luis Sanpedro.

Mª del Pilar Grille HermidaMestra de Infantil no C.EI.P. Víctor Sáenz

Día do LIBRO Abril 2010

Page 15: EXPOISICIÓN PARA QUE LEN OS NOSOS PROFES?

Dende cativiña me trouxeron moito os libros, miráballes os debuxos, intentaba lelos e pedía sempre que mos leran aínda que houbera veces que xa os sabía de memoria. Ese gusto polos libros foise acrecentando a medida que eu fun medrando. Lembro que cando nos mandaban ler libros obrigatorios para logo facer un resumo eu ilusionábame por ver a nova historia coa que me ía atopar neles, e se me gustaba, era capaz de ler o libro en dous días, xa que non o soltaba ata que o acababa.

O motivo polo que me gusta tanto ler é porque cando collo un libro na man a miña mente desconecta con todo o demais para poder sumerxirme nesa nova historia, meterme no papel da protagonista e emocionarme coas cousas que lle suceden ao longo da mesma. Así, tamén me gusta porque aprendo cousas novas e enriquezo o vocabulario.?Dos libros que lin, algúns dos que máis me gustaron son os seguintes:?Memorias de una Geisha- Arthur Golden.?Ángeles y demonios- Dan Brown.?Crepúsculo- Stephenie Meyer.?Trioloxía de Millenium, dos cales lin só os dous primeiros: Los hombres que no amaban a las mujeres e

La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina do autor Stieg Larsson. Dentro de pouco comezarei a ler o terceiro titulado La reina en el palacio de las corrientes de aire.

Adriana Fariña BlancoMestra de prácticasl no C.EI.P. Víctor Sáenz

Día do LIBRO Abril 2010