expediciÓn ao polo sur
TRANSCRIPT
Roald Amundsen VS Robert Scott
Mariña Andrade Traba 13/14 Profesora: Lola Cañizo
Roald Amundsen
Naceu en 1872, en Noruega, nunha
familia de armadores e capitáns.
Participou, no 1897, na expedición
que, baixo a dirección de De Gerlache
e a bordo da nave “Bélxica”, descubriu
o estreito chamado De Gerlache.
Amundsen tivo envexa da chegada
ao Polo Norte terrestre de Frederik
Cook, polo que quixo chegar ao lugar
máis meridional da Terra: o Polo Sur
terrestre.
Robert Scott
Naceu no 1868, en Gran Bretaña. Foi
capitán da armada británica, “Royal Navy”.
En 1901 realizou unha expedición a
Antártida, descubriu a península de Eduardo
VII, aínda así a expedición foi fracasada.
Dirixiu unha segunda expedición ao Polo Sur
terrestre, a bordo do barco Terra-Nova.
Esta expedición fíxoa co fin de gañar a
Roald Amundsen , nesta aventura de
conquista do polo Sur.
Amundsen vs Scott
Tanto un coma o outro, comezaron a
facer os preparativos para as expedicións
en 1909, tarefa que se lles alongou en
ámbolos casos ata 1910.
Amundsen e Scott, a comezos do
1911, xa tiñan os campos de base na
barreira do xeo Ross. Aquí foi onde as
diferenzas empezaron a notarse. Amundsen
comezou na Bahía das Baleas e Scott xusto
no lado contrario do xeo de Ross, xunto ao
estreito de McMurdo.
Neste mapa atopamos as distintas
rutas que seguiron as dúas expedicións.
Animais de axuda
En relación cos medios seleccionados por cada expedición
podemos atopar similitudes, as dúas expedicións levaban animais, e
diferenzas ( cans / cabalos).
Scott elixiu cans e cabalos mongois debido a que na expedición
de Shackleton os cabalos deron mellores resultados ca os cans.
Sen embargo, Admusen elixiu cans , pola súa expedición no
Ártico. Para evitar que a carga da comida para os cans supuxera un
peso excesivo, empregou os cadáveres dos cans mortos por
extenuación como alimento para os outros cans.
Conquista do Polo Sur
Admusen conquistou o Polo Sur terrestre o 14 de decembro de
1911. Alí deixou unha bandeira de Noruega, unha tenda de campaña
na que dentro había unha carta dirixida a Haakon VII ( rei de Noruega
) e outra para Scott.
O 25 de xaneiro de 1912, Admusen, tras 56 días de ida e 38 de
volta, chegou á Bahía das Baleas, co equipo completo. En total
recorreron 2.824km.
A noticia chegou a todo o mundo o día 7 de marzo de 1912,
cando chegaron a Australia. Aínda ninguén sabía nada de Scott.
Na pescuda de Scott
Chegou, finalmente, ao Polo Sur en xaneiro de 1912, un
mes despois de que Admusen o conquistara. No seu diario
escribiu: “O peor aconteceu”, “tódolos soños do día
evaporáronse”, “meu deus, este sitio é horrible”
O día 12 de novembro de 1912 os corpos de Scott e de
dous compañeiros, atopáronse dentro dunha tenda de
campaña durante unha expedición de pescuda. Encontrábanse
a 700 km do Polo Sur terrestre. Os corpos dos outros dous
membros estaban no camiño ao Polo Sur terrestre.
Un final tráxico
Xunto ao corpo de Scott había un diario que foi
publicado en 1922. Tamén tivo mala sorte coas
provisións. Tres dos membros tiveron que dar volta por
comer máis das provisións estritamente necesarias, a
500 km do Polo Sur terrestre.
Outro factor que influíu foi que Scott non sabía
como matar aos cabalos o que lle fixo máis lenta á
expedición.Membros da expedición Terra-Nova
Esquema. A conquista do polo Sur
Roald Amundsen Robert Scott
Nacemento: 1872 (Noruega) 1868 (Gran Bretaña)
Preparativos : 1909-1911 1909-1911
Saída dende: Bahía das Baleas Estreito de McMurdo
Animais: Cans da neve Cans da neve e cabalos mongois
Km totais: 2824 Non definidos
Día de chegada (ida):14-12-1911
17-01-1912
Día de chegada (volta):7-03-1912
Non chegou
Pasamento: 18-06-1928 (Mar de Barents)
29-03-1912 (Antártida)