evanxeo marcos 3

48
Texto: Antonio Rodríguez Carmona Montaxe: Antonio García Polo EVANGEXEO DE SAN MARCOS 3. Xesús e os fariseos Ciclo Litúrxico /B

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 24-May-2015

274 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Evanxeo marcos 3

Texto: Antonio Rodríguez CarmonaMontaxe: Antonio García Polo

EVANGEXEO DE SAN MARCOS

3. Xesús e os fariseos

Ciclo Litúrxico /B

Page 2: Evanxeo marcos 3

Marcos dedica a primeira parte da súa obra (1,15-8,30) a presentar a Xesús como Mesías que proclama o Reino de Deus e as diversas reaccións dos seus oíntes, que simplifica en fariseos, pobo e discípulos.

Page 3: Evanxeo marcos 3

1ª PARTE:¿QUIÉN ES J ESÚS? MESÍAS

¿CUÁL ES SU MENSAJ E? REINO DE DIOS

3ª sección: J esús y discípulos: = SÍ, MESÍAS

2ª sección: J esús y pueblo: = NO

1ª sección: J esús y fariseos = NO

¿Quién?

Page 4: Evanxeo marcos 3

Esta primeira sección comeza cunha presentación xeral de Xesús e a súa obra e diversas reaccións ante ela, especialmente as dos fariseos. Desenvólvese en

A, Sumario xeral (1,14-15)

B. Primeiras vocacións

C. Un día en Cafarnaún

D. Xesús realiza os signos do Reino e reacción negativa dos fariseos

E. Conclusión: os fariseos rexeitan a Xesús.

1º SECCIÓN: XESÚS E OS FARISEOS

Page 5: Evanxeo marcos 3

DespoisDespois de que Xoán foi entregado, Xesús marchou a Galilea a proclamar o Evanxeo

de Deus; dicía: «Cumpriuse o tempo e está cerca o Reino de

Deus. Convertédevos e crede no Evanxeo».

A. SUMARIO XERAL (1,14-15)

Page 6: Evanxeo marcos 3

Xesús comeza a súa obra cando Xoán Bautista é levado a prisión por Herodes Antipas. É un anuncio velado do que será o seu destino.

Toda esta proclamación vai ter lugar en Galilea, a terra do Evanxeo, onde Xesús actuó eficazmente na debilidade e segue actuando do mesmo modo.

Actúa como heraldo que proclama. “Proclamar” é facer público o que decidiu o que envía o pregoeiro. Neste caso é Deus Pai que envía a Xesús.

O contido do pregón é o Evanxeo de Deus, é dicir, a promesa que Deus fixera por Isaías II de que reinaría como Deus escondido.

Page 7: Evanxeo marcos 3

Cumpriuse o tempo de espera para que o cumprimento da promesa e está cerca: cunha proximidade que xa é comezo O Reino de Deus, en que Deus exercerá dun modo especial o seu poder, creando un mundo novo. Convertédevos e crede no Evanxeo. Esta debe ser a resposta do home, renunciar ás súas propias salvacións e deixar que Deus o transforme aceptando a Xesús e a súa mensaxe.

CONTIDO DO PREGÓN

Page 8: Evanxeo marcos 3

A continuación Mc narra a actividade de Xesús explicando e concretando o contido da súa mensaxe. O primeiro que fixo foi rodearse dun grupo de discípulos (1,16-20). o feito ten carácter de signo das súas pretensións e da natureza do Reino.

+ o fieito de chamar ao seu seguimento revela a súa pretensión de ser enviado de Deus para reunir o seu pobo.

+ o feito de estar acompañado de discípulos desde o primeiro momento suxire que o Reino é unha familia que ten a Deus como Pai. No Evanxeo de Mc Xesús aparecerá sempre rodeado de discípulos. Non ten sentido que Xesús proclame o Reino de Deus e estea só.

B. PRIMEIRAS VOCACIÓNS

Page 9: Evanxeo marcos 3

Pasando xunto ao mar de Galilea, viu a Simón e Andrés, o irmán de Simón, botando as redes no mar, pois eran pescadores. Xesús díxolles: «Vinde comigo, e fareivos pescadores de homes.» Inmediatamente, deixaron as redes e seguírono. Un pouco máis adiante viu a Santiago, o de Zebedeo, e a seu irmán Xoán, que estaban na barca reparando as redes. Chamounos tamén; e eles, deixaron a seu pai Zebedeo na barca cos xornaleiros e marcharon con el.

Page 10: Evanxeo marcos 3

Pola mañá na sinagoga ensina con autoridade e cura un endemoñado.

A mediodía na casa de Simón cura a súa sogra.

Ao solpor, cando remata o sábado, cura a moitos enfermos e endemoñados.

Ao amencer vai ao desierto a orar.

Ao día seguinte marcha a outras sinagogas de Galilea para continuar coa mesma tarefa. Un exemplo concreto é a curación dun leproso.

C. UN DÍA DE SÁBADO EN CAFARNAÚN

Mc invita o lector a ver que fai Xesús durante un día, proclamar a chegada do Reino de Deus e realizar signos que expliquen o seu contido. En concreto:

Page 11: Evanxeo marcos 3

Xesús preséntase como mestre especial que expón o verdadeiro sentido da vontade de Deus. Esperábase que o Mesías daría o verdadeiro sentido da Lei:

NA SINAGOGA DE CAFARNAÚN

Chegan a Cafarnaúm. No día de sábado entrou na sinagoga e púxose a ensinar. Ee quedaban asombrados da súa doutrina, porque os ensinaba como quen ten autoridade, e non como os escribas (1,21-22).

Page 12: Evanxeo marcos 3

Había precisamente na sinagoga un home posuído por un espírito inmundo, que se puxo a gritar: «Que tenemos nós contigo, Xesús de Nazaré? Viñeches a destruírnos? Sei quén es ti: o Santo de Deus». Xesús, entón, conminouno dicíndolle: «Cálate e sae del». E, axitándoo con violencia o espírito inmundo, deu un forte grito e saíu del.

Despois cura un endemoñado (1,23-26)

Page 13: Evanxeo marcos 3

Todos quedaron pasmados de tal maneira que se preguntaban uns a outros: «Que é isto? Unha doutrina nova, exposta con autoridade! Manda ata aos espíritos inmundos e obedéceno.» Axiña a súa sona estendeuse por todas partes, en toda a rexión de Galilea.

O resultado foi a admiración xeral pola nova ensinanza e o poder sobre os demoños (1,27-28):

Page 14: Evanxeo marcos 3

Con ambas actuacións Xesús ensina que o Reino de Deus implica unha nova ensinanza que indique ao home o camiño que o conduce a Deus e á felicidade; era algo que se esperaba do Mesías (Sei que vai vir o Mesías, o Cristo; cando veña, el nolo ensinará todo, díxolle a samaritana a Xesús: Xn 4,24).

E, por outra parte, ensina que na medida en que Deus reina, deixa de facelo Satán, príncipe deste mundo. O mundo xa non está sometido á fatalidade do mal. Cristo é superior a Satán e abriu as portas do paraíso. Hai que loitar contra todo tipo de mal porque todo ten remedio.

Page 15: Evanxeo marcos 3

Cando saíu da sinagoga foi con Santiago e Xoán á casa de Simón e Andrés. A sogra de Simón estaba na cama con febre; e fálanlle dela. Achegouse e, tomándoa pola mano, ergueuna. A febre deixouna e ela púxose a servilos.

EN CASA DE SIMÓN CURA A SÚA SOGRA (1,29-31):

Page 16: Evanxeo marcos 3

Xesús non curou a todos os enfermos do seu tempo. Fíxoo con algúns como signo do que é o Reino de Deus: non á dor, á enfermidade e á a morte. Todo isto será realidade no mundo futuro, pero agora Deus reina na medida en que o home traballa contra a dor.

Por outra parte, Xesús dá agora un sentido á dor cando se asume con amor.

Page 17: Evanxeo marcos 3

Pola tardiña, á solpor, trouxéronlle todos os enfermos e endemoñados; a cudade enteira estaba amoreada á porta. Xesús curou a moitos que se encontraban mal de diversas enfermidade e expulsou moitos demoños. E non deixaba falar os demoños, pois coñecíano.

Un sumario di que, ao rematar o sábado e con el o descanso, Xesús fixo outras curacións e exorcismos (1, 32-34):

A MODO DE RESUMO

Page 18: Evanxeo marcos 3

Ao amencer, cando aínda estaba moi escuro, erguese, saíu e foi a un lugar solitario e alí púxose a facer oración.

AO AMENCER, XESÚS ora (1,35): Xesús vive de cara ao seu Pai e ao servizo dos homes

Page 19: Evanxeo marcos 3

Simón e os seus compañeiros foron na súa busca; ao atopalo, dixéronlle: «Todos te buscan.» El respondeulles: «Vaiamos a outra parte, ás vilas e aldeas veciñas, para que tamén alí predique; pois para iso fun enviado». E recorreu toda Galilea, predicando nas súas sinagogas e expulsando os demos.

CONTINÚA POR OUTRAS SINAGOGAS DE GALILEA, REPETINDO O QUE FIXO NA DE CAFARNAÚN (1,36-39)

Page 20: Evanxeo marcos 3

Achegóuselle un leproso suplicándolle e, caendo de xeonllos, díxolle: «Se queres, podes limparme». Compadecido del, estendeu a súa man, tocouno e díxolle: «Quero; queda limpo». E, naquel intre, desapareceulle a lepra e quedou limpo. Despediuno decontado prohibíndolle severamente: «Mira, non llo digas a ninguén, pero vai, móstrate ao sacerdote e fai pola túa purificación a ofrenda que prescribiu Moisés para que lles sirva de testimuño». Pero él, así que se foi, púxose a pregoar con entusiasmo e a divulgar a noticia, de modo que xa non podía Xesús presentarse en público en ningunha cidade, senón que se quedaba ás aforas, en lugares solitarios. E acudían a el de todas partes.

CURACIÓN DUN LEPROSO (1, 40-45)

Page 21: Evanxeo marcos 3

A lepra era unha enfermidade que obrigaba o enfermo a vivir illado da xente e consiguintemente apartaba da participación da vida relixiosa. Popularmente equiparábase á morte, pois implicaba soidade e debilitamiento continuo.

Xesús permite o leproso que se lle acerque e cúrao, significando con isto que o Reino é un non á enfermidade e á morte, á marxinación e á exclusión do pobo de Deus.

Page 22: Evanxeo marcos 3

Naquel tempo o médico experto que diagnosticaba a lepra ou a súa curación era o sacerdote, como experto na Biblia, pois nela se dan as normas pertinentes. Xesús manda o leproso ir ao sacerdote para que certifique a súa curación;

Mándalle ademais que non llo diga a ninguén, mandato que desobedeceu o curado. A intención deste mandato era que reflexionase sobre o que implicaba esta curación como signo do Reino de Deus. Aparecerá outras veces neste Evanxeo de Marcos. O pobo non obedece, déixase levar dun entusiasmo pasaxeiro, pero así non recoñecerá a chegada do Reino e ao final pedirá a morte de Xesús.

Page 23: Evanxeo marcos 3

Seguen cinco relatos con dobre mensaxe, por unha parte seguen ofrecendo signos do que é o Reino de Deus, e por outra, presentan as reaccións negativas progresivas dos fariseos:

Curación dun paralítico: O Reino de Deus é salvación total do home – os fariseos rexeitan a Xesús “no seu interior” polo seu dogmatismo.

Vocación e banquete de Leví: O Reino de Deus é oferta de perdón aos pecadores – os fariseos rexeitan a Xesús “indirectamente” polo seu puritanismo.

Cuestión do xaxún: chegou o tempo das vodas, xa apareceu o Noivo – os fariseos rexeitan “directamente” a Xesús polos seus costumes relixiosos.

As espigas no sábado: O Reino Deus libera de toda escravitude ao home – os fariseos opóñense “directamente” a Xesús polo seu legalismo.

Curación do home da man paralizada: O Reino de Deus é vida e liberdade do home – Xesús toma a iniciativa e condena o fariseísmo.

CONCLUSIÓN: os fariseos deciden acabar con Xesús

D. XESÚS REALIZA OS SIGNOS DO REINO E REACCIÓN NEGATIVA DOS FARISEOS (2,1-3,5)

Page 24: Evanxeo marcos 3

Xesús preséntase como salvador, o que perdoa, como o Noivo que vén desposar a humanidade e trae un tempo de alegría, como o que libera de legalismos e defende a vida.

Page 25: Evanxeo marcos 3

Entrou de novo en Cafarnaúm; ao pouco tempo correra a voz de que estaba na casa. Amoreáronse tantos que nin sequera ante a porta había xa sitio, e El anunciáballes a Palabra. E veñen traer un paralítico levado entre catro. Ao non poder achegarse a causa da multitude, abriron o teito encima de onde estaba Xesús e, descolgaron a padiola onde xacía o paralítico. Vendo Xesús a fe deles, díxolle ao paralítico: «Fillo, os teus pecados sonche perdoados». Estaban alí sentados algúns escribas que pensaban nos seus corazóns: «Por que este fala así? Está blasfemando. Quen pode perdoar pecados, senón só Deus? ».

CURACIÓN DUN PARALÍTICO (2,1-12)

Page 26: Evanxeo marcos 3

Pero, ao intre, coñecendo Xesús no seu espíritu o que eles pensaban no seu interior, díxolles: «Por que pensades así nos vosos corazóns? Que é máis fácil, dicir ao paralítico: “Os teus pecados sonche perdoados", ou dicir: “Érguete, toma a túa padiola e anda?“ Pois para que saibades que o Fillo do Home ten na terra poder de perdoar pecados- díxolle ao paralítico: “contigo falo, érguete, toma a túa padiola e vai para a túa casa“. Ergueuse e, deseguido, tomando a padiola, saíu á vista de todos, de modo que quedaban todos asombrados e glorificaban a Deus, dicindo: «Xamais vimos cousa parecida».

Page 27: Evanxeo marcos 3

Piden a Xesús a curación dunha enfermidade e Xesús non sóo cura senón que perdoa os pecados do enfermo, significando con isto que o Reino de Deus quere a salvación total da persoa. Preséntase así como o enviado de Deus para curar e perdoar. O nunca visto! Exclama o pobo presente.

Estaban alí algúns fariseos escribas ou expertos en teoloxía. Non din nada, só pensan no seu interior que Xesús está blasfemando porque perdoa pecados, cousa que só pode facer Deus.

O tráxico desta postura é que no nome dunha verdade están rexeitando a Deus. Queren encerrar a Deus nos estreitos límites dos seus coñecementos relixiosos.

Page 28: Evanxeo marcos 3

Dogmatismo é absolutizar os coñecementos relixiosos.

Dispuxo Deus na súa sabedoría revelarse a Si mesmo e dar a coñecer o misterio da súa vontade. O home debe acoller esta revelación,

Pero debe ser consciente de que a intelixencia finita do home non pode abarcar o misterio de Deus infinito. Por iso Deus é o Deus das sorpresas, sempre en ben do home.

E unha sorpresa foi a encarnación do Fillo de Deus. Xesús, Fillo de Deus, perdoa pecados. E os escribas fariseos rexéitano, no nome da súa teoloxía!

Page 29: Evanxeo marcos 3

A teoloxía ten que ser radicalmente humilde, xa que nos desbordan os plans de Deus

Porque non son os meus pensamentos os vosos pensamentos, nin os vosos camiños son os meus camiños - oráculo de Iahvé -. Porque canto avantaxan os ceos á terra, así avantaxan os meus camiños aos vosos e os meus pensamentos aos vosos (Is 55, 8-9).

Page 30: Evanxeo marcos 3

Reino de Deus é oferta de perdón aos pecadores.

Xesús invita ao seu seguimento a Leví, un publicano ou persoa dedicada a cobrar impostos. Eran personas con fama de ladróns. Con isto Xesús ofrécelle o seu perdón, confianza e amizade.

VOCACIÓN E BANQUETE DE LEVÍ (2,13-17)

Saíu de novo pola beira do mar, toda a xente acudía a el, e el ensinábaos. Ao pasar, viu a Leví, o de Alfeo, sentado no despacho de impostos, e díxolle: «Sígueme». El levantouse e siguiuno. (2,13-14)

Page 31: Evanxeo marcos 3

Leví, agradecido, organiza unha comida á que invita a Xesús, aos seus discípulos e moitos dos seus amigos e compañeros.

Invitar á mesa é signo de amizade. Por iso invítase á mesa aos familiares e amigos, ás persoas afíns. Dime con quen comes e direiche quen es.

Os esscribas dos fariseos escandalízanse de que Xesús, que se presenta como enviado de Deus, comparta a mesa cos pecadores. Os “bos” só se deben xuntar cos “bos”.

Dan un paso adiante: antes pensaban no seu interior, agora métense con Xesús indirectamente, criticando a súa conduta ante os seus discípulos.

Page 32: Evanxeo marcos 3

Xesús, como salvador, ofrece o perdón de Deus a todos os que se recoñecen pecadores.

A comida cos pecadores é un dos signos que realizou Xesús para significar qué é o Reino e qué é a Igrexa: non un gueto de bos senón unha familia de perdoados que comparten a mesa con Xesús.

E sucedeu que, estando el á mesa na casa de Leví, moitos publicanos e pecadores estaban á mesa con Xesús e os seus discípulos, pois eran moitos os que o seguían. Ao ver os escribas dos fariseos que comía cos pecadores e publicanos, dicían aos discípulos: «Que? É que come cos publicanos e pecadores?» Ao oír isto Xesús, díxolles: «Non necesitan médico os sans, senón os enfermos; non vin chamar os xustos, senón os pecadores.» (2, 15-17).

Page 33: Evanxeo marcos 3

Se Xesús veu en busca dos pecadores, isto quere dicir que non tene nada que facer cos que se consideran bos e sen pecado. O autosuficiente pasa de Xesús.

Xesús anuncia que, ante a chegada do Reino, todos sen excepción deben converterse e crer no Evanxeo (1,15)

Pero os fariseos exclúense e rexeitan a Xesús polo seu puritanismo ao crerse “bos” e do “grupo dos bos”.

Page 34: Evanxeo marcos 3

Os discípulos de Xoán e os fariseos inician os seus discípulos na vida relixiosa acostumándoos a prácticas que teñen aire relixioso, como é o caso do zaxún.

Xesús comeza doutra forma, inculcando o motivo que levará a realizar as prácticas. No caso do xaxún, primeiro recoñecer e amar a Deus como Pai, segundo xaxuar como manifestación de dor por telo ofendido: a viño novo, pelellos novos.

CUESTIÓN DO XAXÚN (2,18-22)

Page 35: Evanxeo marcos 3

Como os discípulos de Xoán e os fariseos estaban xaxuando, viñeron dicirle: «Por que mentres os discípulos de Xoán e os discípulos dos fariseos xaxúan, os teus discípulos non xaxúan?» Xesús díxolles: «Poden acaso xaxuar os invitados á voda mentres o noivo está con eles? Mentres teñan consigo o noivo non pueden xaxuar. Días virán en que lles será arrebatado o noivo; entón xaxuarán, naquel día. Ninguén cose un remendo de pano novo nun vestido vello, pois doutro modo, o pano novo tira do vello, e produce unha rachadela peor. Ninguén bota tampouco viño novo en pelellos vellos; doutro modo, o viño rebentaría os pelellos e botaríase a perder tanto o viño como os pelellos: senón que o viño novo, pelellos novos.

Page 36: Evanxeo marcos 3

Xesús distingue o tempo presente e o futuro, despois da súa morte e resurrección. Antes do seu ministerio Xesús xaxuou 40 días e noites, pero agora non é tempo de xaxún, senón de alegría porque o Noivo está presente e está preparando a voda.

Días virán en que lles será arrebatado o noivo: Xesús alude ao seu final tráxico. Entón xaxuarán, pero cunha motivación diferente, como expresión de amor ao Pai ofendido polos propios pecados.

Os discípulos de Xoán e os fariseos xaxúan pedindo a chegada do Reino de Deus. Con Xesús xa comezou a chegar e non ten sentido esta motivación.

Page 37: Evanxeo marcos 3

Os costumes axudan cando están ao servizo da vida e son expresión dos sentimentos do corazón. No caso contrario entorpecen a auténtica vida relixiosa. Por iso hai que vixiar para que os costumes non se convertan en rutinas mortas.

Unha rexiosidade mecánica de costumes é inimiga da relixiosidade que pide Xesús e rexeitaraa.

Os fariseos, acompañados agora polos discípulos de Xoán, critican a Xesús porque non se adapta aos seus costumes relixiosos. Nesta crítica dan un paso adiante, diríxense directamente a Xesús.

Page 38: Evanxeo marcos 3

Os fariseos queren que se cumpran as leis contidas na Biblia ao pé da letra, sen ter en centa nin o obxectivo que pretende a lei nin as circunstancias da súa aplicación en cada momento, chegando ata extremos ridículos, co que escravizan as persoas. Son legalistas e por iso tamén se opoñen directamente a Xesús.

AS ESPIGAS EN SÁBADO (2, 23-28)

E cadrou que un sábado, cruzaba Xesús por unha seara, e os seus discípulos, mentres ían de camiño, comezaron a arrincar espigas. Decíanlle os fariseos: «Mira, por que fan en sábado o que non é lícito?»

Page 39: Evanxeo marcos 3

Xesús responde facendo ver como a mesma Biblia contradí a súa forma de proceder:

El díxolles: «Nunca lestes o que fixo David cando tivo necesidade, e el e os que o acompañaban sentiron fame, como entrou na Casa de Deus, en tempos do Sumo Sacerdote Abiatar, e comeu os pans da presenza, que só aos sacerdotes é lícito comer, e deu tamén aos que estaban con el?»

Page 40: Evanxeo marcos 3

Segue unha afirmación importante: Deus deu as leis para axudar ao home, e por iso, neste caso concreto, o sábado é para ben, non para mal do home: e díxolles: «O sábado foi instituído para o home e non o home para o sábado».

E conclúe afirmando que el está por enriba do sábado e interprétao axeitadamente ao servizo do home: «De sorte que o Fillo do Home tamén é señor do sábado».

Page 41: Evanxeo marcos 3

O legalismo foi un dos motivos da forte oposición farisea a Xesús. O cumprimento mecánico de leis relixiosas escraviza as persoas e isto é contrario ao Reino de Deus, onde o home se dirixe libremente a Deus por amor; non se rexeitan as leis, senón que se deben integrar neste dinamismo de liberdade e amor.

O legalismo facilita aparentemente a vida relixiosa porque non implica o compromiso persoal. Xesús denuncia esta postura como enganosa e pide que o home responda a Deus cun compromiso persoal, sirvíndose das leis como medios que recordan a vontade de Deus.

Por iso os fariseos legalistas rexeitan a Xesús.

Page 42: Evanxeo marcos 3

CURACIÓN DO HOME DA MAN TOLLEITA (3, 1-5)

Continúa o mesmo tema: a oposición legalista, que tende unha trampa a Xesús para ver se cura en sábado na sinagoga:

Entrou de novo na sinagoga, e había alí un home que tiña a man tolleita. Estaban ao axexo a ver se o curaba en sábado para poder acusalo.

Page 43: Evanxeo marcos 3

Xesús toma a iniciativa: manda ao eivado que se poña no centro e pregunta sobre a finalidade do sábado:

Xesús díxolle ao home que tiña a man tolleita: «Ponte aí no medio». E a eles preuntoulles: «É lícito en sábado facer o ben en vez do mal, salvar unha vida en vez de destruíla?» Pero eles calaban. Daquela, mirándoos con ira, apenado pola dureza do seu corazón, díxolle aol home: «Estende a man». El estendeuna e quedou restablecida a súa man.

Page 44: Evanxeo marcos 3

O sábado, como todas as leis, son para facer o ben, para dar vida.

Calan os fariseos porque non lles interesa.

A reacción de Xesús é dura: mira con ira, apenado pola dureza do seu corazón. É a reacción de Xesús ante un corazón duro e insensible ao ben das persoas e con iso á vontade de Deus.

É un corazón duro que os leva a querer impoñer un réximen social relixioso, en nome da Biblia, pero en contra da vontade de Deus. O legalismo lévaos a rexeitar a Xesús.

Page 45: Evanxeo marcos 3

É curioso que se fala da ira de Xesús. É signo de que viviu unha auténtica existencia humana, en todo igual á nosa menos no pecado.

É pecado a ira? Non, é un sentimento primario, instintivo, que leva o home a rexeitar fortemente unha situación. Neste caso amosa o fuerte rexeitamento interno de Xesús ante este comportamento. Non é malo; é sinal de que se ien sangue nas veas. O pecado vén cando a persoa se deixa levar deste sentimiento e fai dano ao que o provocou.

A reacción de Xesús non foie descargar a súa ira sobre os fariseos senón curar ao enfermo.

Page 46: Evanxeo marcos 3

En canto saíron os fariseos, confabuláronse cos herodianos contra el para ver como eliminalo.

Abufados, os fariseos coalíganse coa oposición para ver como eliminar a Xesús.

Fariseos e herodianos eran adversarios políticos, pois estes defendían a dominación romana e os outros rexeitábana, pero únense contra Xesús.

Marcos recórdanos que os fariseos de todos os tempos rexeitan a Xesús.

E. CONCLUSIÓN: OS FARISEOS REXEITAN A XESÚS (3, 6)

Page 47: Evanxeo marcos 3

Xesús preséntase como o heraldo que proclama o comezo do reinado de Deus, como o que convoca o pobo de Deus, como o mestre auténtico que explica a vontade de Deus, como o máis Forte, superior a Satán, como o taumaturgo que realiza os signos do futuro Reino de Deus, un mundo sen dor nin morte, como o que perdoa os pecados, como o que libera de escravitudes relixiosas, como o legalismo, como o que busca en todo a vida e o ben do home.

Presenta o Reino de Deus ahora como tempo de alegría no que se perdoan os pecados, comeza a familia de Deus, na que se vive a relación con Deus e os irmans libremente e por amor, e despois como un futuro sen dor nin morte.

Os fariseos de todos os tempos rexeitan a Xesús polo seu dogmatismo, puritanismo, rutinas relixiosas, legalismo.

RESUMINDO:

Page 48: Evanxeo marcos 3

Volveremos co capítulo 4ºVolveremos co capítulo 4º

© AGPolo

© AGPolo