estudos complementarios e tratamentos de conservaciÓn do lenzo da muralla...

6
Actuacións arqueolóxicas, 2009 ESTUDOS COMPLEMENTARIOS E TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN DO LENZO DA MURALLA MEDIEVAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, NO INMOBLE Nº 18 DA RÚA ENTREMUROS Rebeca Blanco-Rotea 28 out. 10 Benavides García, R., Blanco-Rotea, R. 2010 (e.p.). Estudos complementarios e tratamentos de conservación do lenzo da muralla medieval de Santiago de Compostela, no inmoble nº 18 da rúa Entremuros (Santiago). En Varela Campos, P. (coord.) 2010 (e.p.). Actuacións Arqueolóxicas. Ano 2009. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ENCABEZAMENTO 1. Código do expediente: CJ 102A 2009/415-0 2. Título do proxecto Estudos complementarios e tratamentos de conservación do lenzo da muralla medieval de Santiago de Compostela, no inmoble nº 18 da rúa Entremuros (Santiago) 3. Autores: Rosa Benavides García (TOMOS Conservación Restauración, S.L.) Rebeca Blanco-Rotea (Laboratorio de Patrimonio – CSIC) RESUMO DA INTERVENCIÓN En 2008 levouse a cabo unha intervención na fachada exterior do inmoble situado en Entremuros 18, cuxa finalidade era intentar recuperar o lenzo conservado da antiga muralla de Santiago (Blanco-Rotea et al. 2010: 145-8). En 2009, unha segunda intervención consistiu na restauración do lenzo e na súa individualización das reconstrucións e recrecidos posteriores, que corresponden coa súa integración nunha vivenda, ademais da datación dos materiais de recheo da muralla e dos morteiros de revestimento, mediante 14 C e luminiscencia opticamente estimulada (OSL) respectivamente.

Upload: others

Post on 22-Sep-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ESTUDOS COMPLEMENTARIOS E TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN DO LENZO DA MURALLA …digital.csic.es/bitstream/10261/45775/1/2009_Entremuros... · 2016. 12. 9. · 1. Código do expediente:

Actuacións arqueolóxicas, 2009

ESTUDOS COMPLEMENTARIOS E TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN DO

LENZO DA MURALLA MEDIEVAL DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA, NO INMOBLE Nº 18 DA RÚA ENTREMUROS Rebeca Blanco-Rotea 28 out. 10

Benavides García, R., Blanco-Rotea, R. 2010 (e.p.). Estudos complementarios e tratamentos

de conservación do lenzo da muralla medieval de Santiago de Compostela, no inmoble nº 18

da rúa Entremuros (Santiago). En Varela Campos, P. (coord.) 2010 (e.p.). Actuacións

Arqueolóxicas. Ano 2009. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

ENCABEZAMENTO 1. Código do expediente:

CJ 102A 2009/415-0

2. Título do proxecto

Estudos complementarios e tratamentos de conservaci ón do lenzo da muralla

medieval de Santiago de Compostela, no inmoble nº 1 8 da rúa Entremuros

(Santiago)

3. Autores:

Rosa Benavides García (TOMOS Conservación Restauración, S.L.)

Rebeca Blanco-Rotea (Laboratorio de Patrimonio – CSIC)

RESUMO DA INTERVENCIÓN En 2008 levouse a cabo unha intervención na fachada exterior do inmoble situado en

Entremuros 18, cuxa finalidade era intentar recuperar o lenzo conservado da antiga muralla de

Santiago (Blanco-Rotea et al. 2010: 145-8). En 2009, unha segunda intervención consistiu na

restauración do lenzo e na súa individualización das reconstrucións e recrecidos posteriores,

que corresponden coa súa integración nunha vivenda, ademais da datación dos materiais de

recheo da muralla e dos morteiros de revestimento, mediante 14C e luminiscencia opticamente

estimulada (OSL) respectivamente.

Page 2: ESTUDOS COMPLEMENTARIOS E TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN DO LENZO DA MURALLA …digital.csic.es/bitstream/10261/45775/1/2009_Entremuros... · 2016. 12. 9. · 1. Código do expediente:

Estudos complementarios e tratamentos de conservación do lenzo da muralla medieval de Santiago de Compostela, no inmoble nº 18 da rúa Entremuros (Santiago)

2

RESULTADOS DA INTERVENCIÓN Conservación do lenzo da muralla

Ata o momento considerábase que a cerca estaba construída con mampostería a óso cun

recheo de terra, e que carecía de revestimento exterior (Id.: 148). A intervención actual parece

demostrar que as xuntas estaban revestidas con morteiro de arxila, area e, tal vez, cal. En

calquera caso, a fraxilidade dunha construción destas características, sen revestimento

protector e tendo en conta o clima galego, debeu ser importante, polo que as labores de

mantemento deberon ser frecuentes.

A reparación documentada no século XVIII, selando as xuntas e revestindo o lenzo con

morteiro de cal seguiu un criterio conservador. Na intervención do 2008, para poder

documentar a técnica e fases construtivas da muralla, tivemos que eliminar ditos morteiros de

revestimento, pero conservamos os das xuntas que, ademais, cumpren unha boa función.

A finalidade da intervención era a preservación do lenzo, con intervencións directas que

melloraron a capacidade mecánica do morteiro á vista do século XVIII e preservarán os

morteiros máis antigos. O seu aspecto actual pode asemellarse ao orixinal, seguindo a

hipótese de que o paramento exterior carecía de revestimento, aínda que a nosa intención foi

simplemente conservadora. Asemade, enlucíronse as partes realizadas en mampostería

engadidas con posterioridade, seguindo un criterio de diferenciación das dúas grandes fases

documentadas.

O tratamento de conservación consistiu na limpeza mecánica de xuntas e o lavado da pedra

con auga atomizada e cloruro de benzalconio ao 0,1% como biocida e tensoactivo.

A escasa presenza de sales solubles permitiu á consolidación dos morteiros con silicato de

etilo; porén, fixéronse outras consolidacións previas que melloraron considerablemente o

estado dos morteiros ao recarbonatarse por mor do contacto cos morteiros de cal desta

intervención.

O morteiro de cal utilizouse con distintas finalidades:

• Como reposición de xuntas nas zonas perdidas.

• Como elemento de suxeición de pezas soltas.

• Como recheo de grandes buratos e nas zonas abertas para a mostraxe; nestes casos

utilizáronse tamén anacos de tella vella.

• Como elemento de protección dos morteiros de arxila.

O morteiro utilizado é similar ao preexistente á vista, pero distínguese na granulometría das

areas, ademais do cal, que neste caso é hidráulico.

Análise das mostras Da lectura estratigráfica realizada no ano 2008 extraíase que o muro correspondía a unha

única fase construtiva (Id.), que foi sometido posteriormente a reparacións puntuais, ó

revestimento exterior e á ampliación da parte superior. Porén, non podiamos afirmar con total

seguridade que o elemento formase parte da muralla orixinal construída en tempos do bispo

Page 3: ESTUDOS COMPLEMENTARIOS E TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN DO LENZO DA MURALLA …digital.csic.es/bitstream/10261/45775/1/2009_Entremuros... · 2016. 12. 9. · 1. Código do expediente:

3

Cresconio (1037-1066), por tratarse dun elemento descontextualizado. Por elo, propuxemos

datar os morteiros superficiais e os morteiros e recheos do muro.

No primeiro caso colléronse catro mostras de morteiro de revestimento para datalas por OSL e

sete mostras para facer a súa caracterización. Polos resultados desta, decidimos datar

mediante OSL dúas mostras (MSM-1 y MSM-4) do morteiro UE001-034, que correspondía a un

revestimento unitario da totalidade do lenzo cun morteiro de cal, aplicado nas xuntas e

regularizado posteriormente. As mostras foron analizadas na Unidade de Xeocronoloxía da

Universidade de A Coruña.

Mostra Alicuotas medidas

Paleodose (Gy)

Idade (anos) Antigüidade (anos d.C.)

Intervalo Idade (anos)

MSM-1 30 1,374±0,464 226±77 1782±77 1706-1860

MSM-4 39 2,224±0,467 315±66 1694±66 1628-1761

Táboa 1. Idades obtidas por TL e OSL. (Clave: Clave: *IRSL; **Post-IR OSL).

Os resultados coinciden coa hipótese de partida para a idade dos morteiros. A fabricación pode

situarse entre o primeiro terzo do século XVII e o segundo terzo do XIX, aínda que existe un

intervalo de coincidencia de ambas mostras entre os anos 1706-1761 que perfectamente pode

corresponder á fabricación do morteiro.

En canto á datación por 14C, considerábase que o muro estaba feito sen morteiro; sen

embargo, unha vez secado despois do 2008, comprobamos que nalgunhas zonas se

conservaba unha argamasa de arxila que parecía coetánea ao momento de factura da cerca,

polo que se tomaron tamén mostras desta argamasa. En total recolléronse cinco mostras, das

que se dataron tres. As medidas leváronse a cabo mediante espectrometría de masas con

acelerador (AMS) no Angstrom Laboratory (Uppsala, Suecia) e no Centro Nacional de

Aceleradores (Universidade de Sevilla-Junta de Andalucía-CSIC). A calibración obtívose

mediante o software CALIB 5.0.1 (Stuiver and Reimer 1993).

Os resultados ofrecen tres datacións distintas e non coincidentes. A mostra Ua-38700, cunha

datación de 1290-1370 (2σ cal BP), séculos VI-VII d.C., non concorda coa hipótese de partida

para a data de construción da cerca. Ao tratarse da terra do recheo,, podería ter sido extraída

de depósitos anteriores á construción da muralla.

Na mostra CNA782, do recheo da muralla, a datación é de 901-976 (2σ cal BP), 973-1048 d.C.,

coincidiría coa hipótese da construción en tempos do bispo Cresconio.

Para a terceira mostra, correspondente ao morteiro de arxila, CNA783, a datación foi de 1692-

1825 (2σ cal BP), 125-258 d.C.; adiantase en oito séculos á hipótese de partida e, sendo un

morteiro aplicado con posterioridade ao recheo, daría unha datación moi anterior a este.

O problema é saber ata onde podemos empregar estes datos. Unha das posibilidades que

valoramos, dadas as condicións climáticas de Santiago, é que os compoñentes carbonatados

dos morteiros de cal que cubrían o lenzo se disolvesen e que o C dos carbonatos contaminase

outros materiais do seu entorno, como a terra do recheo e os restos do morteiro de arxila

orixinal, afectando á súa datación. Por isto, estamos avaliando esta posible contaminación,

cuantificando a cantidade total de C, inicial e tras eliminación dos carbonatos mediante

dixestión ácida (con HCI 1%) nun autoanalizador elemental LECO Truspec. Asemade, estase

Page 4: ESTUDOS COMPLEMENTARIOS E TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN DO LENZO DA MURALLA …digital.csic.es/bitstream/10261/45775/1/2009_Entremuros... · 2016. 12. 9. · 1. Código do expediente:

Estudos complementarios e tratamentos de conservación do lenzo da muralla medieval de Santiago de Compostela, no inmoble nº 18 da rúa Entremuros (Santiago)

4

determinando o contido de Ca total en submostras homoxeneizadas mediante fluorescencias

de raios X, na Unidade de Raios X da RIAIDT da USC (Cheburkin e Shotyk 1996). Xa cos

resultados destas novas análises poderemos valorar as datación arriba mencionadas.

CONCLUSIÓNS Este lenzo constitúe un dos escasos restos en pé da segunda cerca medieval de Santiago, no

que se conserva a case totalidade do paramento, o que permite facer un estudo de aspectos

que atinxen tanto ao seu momento de construción e uso, como á súa morfoloxía ou técnica

construtiva, pero tamén a un tempo máis longo, que abrangue as distintas transformacións

postmedievais e que posibilitan o estudo do urbanismo santiagués ou do tratamento posterior

da cerca da cidade.

Por todo isto, o proceso de documentación e estudo deste elemento tiña que seguir un decurso

planificado e prolongado, aínda non pechado, que comezaba coa propia documentación in situ,

en varios niveis de profundidade, e que afectaba a distintos elementos da muralla (dende a

epiderme da fachada ata os recheos do muro), é dicir, unha documentación tridimensional do

elemento; continuaba coa planificación dunha mostraxe das distintas compoñentes da muralla

baseada nos resultados da primeira intervención; seguía co proceso de conservación e

preservación do elemento; e tiña que terminar cun proceso de educación e concienciación, de

feito que a cidadanía redescubrise e asimilase a muralla1, contribuíndo así á súa conservación.

Cremos que o desenvolvemento metodolóxico das intervencións resulta de interese á hora de

establecer protocolos de intervención neste tipo de elementos e, ó mesmo tempo, proporciona

datos para o coñecemento da historia da cidade.

Ficha técnica:

Coordinadora da actuación: Rosa Benavides García (TOMOS, S.L.)

Directora da actuación: Rebeca Blanco-Rotea (LaPa – CSIC)

Axudante de dirección: Andrea Fernández Campoy (TOMOS)

Restauradoras: Diana Blanco Patiño, Sonia Seco Lanzós

Toma e análise de mostras para datación por OSL: Jorge Sanjurjo Sánchez (Unidade de

Xeocronoloxía, UDC)

Preparación de mostras e análises xeoquímicas: Cruz Ferro (LaPa – CSIC)

Auxiliares: Persoal da empresa NEOR, S.A.

Bibliografía:

Blanco-Rotea, R., Benavides García, R., Mañana-Borrazás, P. 2010. Limpeza e rexistro arqueolóxico do paramento exterior do inmoble n.º 18 da rúa Entremuros, Santiago de Compostela. En Varela Campoz, P. (Coord.) 2010. Actuacións Arqueolóxicas. Ano 2008. Pp. 145-8. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Consellaría de Cultura e Turismo.

1 Dentro desta última fase da cadea valorativa están as iniciativas da OCiHR do

Concello de Santiago, nas que se inclúen a edición dunha guía divulgativa que ofrece un

percorrido para descubrir a muralla (González e Luaces 2009).

Page 5: ESTUDOS COMPLEMENTARIOS E TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN DO LENZO DA MURALLA …digital.csic.es/bitstream/10261/45775/1/2009_Entremuros... · 2016. 12. 9. · 1. Código do expediente:

5

Cheburkin, A., Shotyk, W., 1996. An energy-dispersive miniprobe multielement analyzer (EMMA) for direct analysis of Pb and other trace elements in peats. Fres.]. Analytical Chemistry, 354, 688-91. González Méndez, M., Luaces Anca, J. 2009. Santiago de Compostela. A Cerca da Cidade. Santiago de Compostela: OCiHR, Concello de Santiago. Stuiver, M., Reimer, P.J. 1993. Radiocarbon, 35, 215-30.

Pés de figura:

Figura 1. Cartografía de documentación. Neste alzado móstranse os tipos de morteiros e

recheos documentados ao inicio da intervención. Así mesmo, aparecen reflectidas as

distintas mostras extraídas durante a intervención, indicando o código naquelas que se

dataron por 14C e OSL.

Figura 2. Cartografía da intervención. Neste alzado móstranse as distintas intervencións

de consolidación que se levaron a cabo na fachada.

Figura 3. Proceso de recollida da mostra MU090729U02/CNA782.

Figura 1.

Page 6: ESTUDOS COMPLEMENTARIOS E TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN DO LENZO DA MURALLA …digital.csic.es/bitstream/10261/45775/1/2009_Entremuros... · 2016. 12. 9. · 1. Código do expediente:

Estudos complementarios e tratamentos de conservación do lenzo da muralla medieval de Santiago de Compostela, no inmoble nº 18 da rúa Entremuros (Santiago)

6

Figura 2.

Figura 3.