españa no século - edu.xunta.gal · 5 españa no século xix. 75 esta unidade didáctica busca...

10
74 Presentación da unidade Nesta unidade didáctica estudaremos o século XIX en España: Partiremos da guerra da Independencia e abordaremos a Constitución de Cádiz. Poderemos observar a chegada do liberalismo e a súa presenza coa alternancia de partidos. Estudaremos as transformacións económicas e sociais da España do século XIX. Afondaremos en conceptos relacionados co move- mento obreiro e a súa importancia na sociedade contemporá- nea, ao tempo que se verán as consecuencias do atraso español na Revolución Industrial. Centrarémonos na organización social de España coa nova so- ciedade de clases burguesa, que se afianzará no poder. Así mesmo, ofrecerase ao noso alumnado unha análise das ma- nifestacións artísticas do século XIX. Recursos e materiais Para o tratamento da unidade, ademais do libro de texto e a pro- posta didáctica, seranlle de grande utilidade: Materiais dixitais. Fichas fotocopiables con actividades de reforzo, de ampliación e de avaliación. Caderno de traballo. Material complementario do mural. Guías de clasificación, manuais, atlas, enciclopedias e medios in- formáticos de consulta. Outros materiais: ceras, pinturas, regra, escuadra, cartabón... Suxestións xerais Ideas previas e dificultades de aprendizaxe Antes de presentar a unidade ao noso alumnado convén compro- bar os seus coñecementos previos para poder cambiar os concep- tos erróneos. Pódense realizar preguntas sobre que coñecen das idades da historia, a época contemporánea, a industrialización. O alumnado expresará as súas ideas con liberdade, utilizando os erros como parte da aprendizaxe. Metodoloxía Intentaremos promover no alumnado estratexias de investigación e consulta nas que se manexen materiais alternativos ao libro de texto e diversas fontes que complementen e amplíen os contidos que se presentan co fin de satisfacer os seus intereses e a súa cu- riosidade. Pode ser interesante recomendar aos nosos alumnos e alumnas a lectura detallada e a análise da información contida no libro, tanto para o traballo e o estudo persoais coma para consulta e recompi- lación de información. É conveniente facer partícipe o noso alumnado da súa propia aprendizaxe facéndoo responsable desta e tendo en conta opi- nións, valoracións e interpretacións sobre a herdanza decimonóni- ca na España actual. Deste modo achegaremos os contidos pro- pios da unidade á realidade, ao contorno e ás experiencias vitais do alumnado. Aprendizaxe cooperativa Nesta unidade levaranse a cabo algunhas actividades que favore- cerán a aprendizaxe cooperativa como a formulación de debates, lecturas compartidas, actividades en parella, pequeno e gran gru- po, xogos de roles, etc. Tarefas relacionadas Durante o desenvolvemento desta unidade pode resultar conve- niente e motivador realizar unha serie de tarefas de carácter máis procedemental, que permitirán achegar aos estudantes ao méto- do científico e contribuirán á adquisición de diferentes competen- cias. Algunhas das tarefas incluídas no libro de texto son: A tarefa «Mulleres na historia» permitirá ao noso alumnado tomar conciencia doutra dimensión da realidade histórica, moitas veces esquecida, reforzando a idea da contribución da muller á constru- ción da historia a través de figuras singulares. A tarefa «Analfabetismo no século XIX» terá como finalidade que o alumnado comece a investigar con gráficos e mapas sobre unha vella realidade aínda non resolta. Educación en valores O comportamento humano está rexido por uns principios ou valo- res que son o piar da sociedade. Seguimos traballando a educa- ción en valores como contido transversal que sempre está presen- te na formación do alumnado e no seu proceso de aprendizaxe. Por iso é necesario fomentar o traballo de valores como comple- mento á aprendizaxe de contidos de tipo curricular. Dende a área de Ciencias Sociais preténdese facer ao alumnado par- tícipe da sociedade, coñecer o contorno que o rodea. Isto permitira- lles tomar decisións máis acertadas durante toda a súa vida e, á súa vez, faralles persoas máis seguras, plenas e felices. España no século XIX 5

Upload: others

Post on 04-Oct-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: España no século - edu.xunta.gal · 5 España no século xix. 75 Esta unidade didáctica busca unha formación integral dos alumnos e das alumnas, na que exista un equilibrio entre

74

Presentación da unidadeNesta unidade didáctica estudaremos o século xix en España:

•Partiremos da guerra da Independencia e abordaremos a Constitución de Cádiz.

•Poderemos observar a chegada do liberalismo e a súa presenza coa alternancia de partidos.

•Estudaremos as transformacións económicas e sociais da España do século xix. Afondaremos en conceptos relacionados co move-mento obreiro e a súa importancia na sociedade contemporá-nea, ao tempo que se verán as consecuencias do atraso español na Revolución Industrial.

•Centrarémonos na organización social de España coa nova so-ciedade de clases burguesa, que se afianzará no poder.

•Así mesmo, ofrecerase ao noso alumnado unha análise das ma-nifestacións artísticas do século xix.

Recursos e materiais

Para o tratamento da unidade, ademais do libro de texto e a pro-posta didáctica, seranlle de grande utilidade:

•Materiais dixitais.

•Fichas fotocopiables con actividades de reforzo, de ampliación e de avaliación.

•Caderno de traballo.

•Material complementario do mural.

•Guías de clasificación, manuais, atlas, enciclopedias e medios in-formáticos de consulta.

•Outros materiais: ceras, pinturas, regra, escuadra, cartabón...

Suxestións xerais

Ideas previas e dificultades de aprendizaxe

Antes de presentar a unidade ao noso alumnado convén compro-bar os seus coñecementos previos para poder cambiar os concep-tos erróneos. Pódense realizar preguntas sobre que coñecen das idades da historia, a época contemporánea, a industrialización. O alumnado expresará as súas ideas con liberdade, utilizando os erros como parte da aprendizaxe.

Metodoloxía

Intentaremos promover no alumnado estratexias de investigación e consulta nas que se manexen materiais alternativos ao libro de

texto e diversas fontes que complementen e amplíen os contidos que se presentan co fin de satisfacer os seus intereses e a súa cu-riosidade.

Pode ser interesante recomendar aos nosos alumnos e alumnas a lectura detallada e a análise da información contida no libro, tanto para o traballo e o estudo persoais coma para consulta e recompi-lación de información.

É conveniente facer partícipe o noso alumnado da súa propia aprendizaxe facéndoo responsable desta e tendo en conta opi-nións, valoracións e interpretacións sobre a herdanza decimonóni-ca na España actual. Deste modo achegaremos os contidos pro-pios da unidade á realidade, ao contorno e ás experiencias vitais do alumnado.

Aprendizaxe cooperativa

Nesta unidade levaranse a cabo algunhas actividades que favore-cerán a aprendizaxe cooperativa como a formulación de debates, lecturas compartidas, actividades en parella, pequeno e gran gru-po, xogos de roles, etc.

Tarefas relacionadas

Durante o desenvolvemento desta unidade pode resultar conve-niente e motivador realizar unha serie de tarefas de carácter máis procedemental, que permitirán achegar aos estudantes ao méto-do científico e contribuirán á adquisición de diferentes competen-cias. Algunhas das tarefas incluídas no libro de texto son:

•A tarefa «Mulleres na historia» permitirá ao noso alumnado tomar conciencia doutra dimensión da realidade histórica, moitas veces esquecida, reforzando a idea da contribución da muller á constru-ción da historia a través de figuras singulares.

•A tarefa «Analfabetismo no século xix» terá como finalidade que o alumnado comece a investigar con gráficos e mapas sobre unha vella realidade aínda non resolta.

Educación en valores

O comportamento humano está rexido por uns principios ou valo-res que son o piar da sociedade. Seguimos traballando a educa-ción en valores como contido transversal que sempre está presen-te na formación do alumnado e no seu proceso de aprendizaxe. Por iso é necesario fomentar o traballo de valores como comple-mento á aprendizaxe de contidos de tipo curricular.

Dende a área de Ciencias Sociais preténdese facer ao alumnado par-tícipe da sociedade, coñecer o contorno que o rodea. Isto permitira-lles tomar decisións máis acertadas durante toda a súa vida e, á súa vez, faralles persoas máis seguras, plenas e felices.

España no século xix5

Page 2: España no século - edu.xunta.gal · 5 España no século xix. 75 Esta unidade didáctica busca unha formación integral dos alumnos e das alumnas, na que exista un equilibrio entre

7575

Esta unidade didáctica busca unha formación integral dos alumnos e das alumnas, na que exista un equilibrio entre os coñecementos e os valores, dando importancia ao traballo colaborador e mos-trando respecto polas iniciativas e opinións dos demais.

Traballaranse de xeito transversal os seguintes contidos:

•Respecto ás diferenzas individuais e ao contorno. Valoración da historia contemporánea española, as súas características e singu-laridades.

•Responsabilidade: valoración da realización dun traballo adecua-do nos tempos establecidos.

•Paciencia: respecto polos compañeiros e compañeiras, e pola quenda de palabra, aprender a facer as cousas sen présas e con gusto.

•Autonomía: crecemento persoal autónomo favorecendo a aprendizaxe do alumnado e valorando as capacidades indivi-duais. Coñecemento de logros, límites e valoración das difi-cultades.

•Compañeirismo: participación e traballo colaborador aprenden-do do que nos achegan os demais e entendendo o erro como parte da aprendizaxe.

•Empatía: valoración do traballo doutros, poñéndose na pel dou-tras persoas.

•Solidariedade: apreciación do traballo propio e dos compañei-ros e das compañeiras entendendo os diferentes ritmos de aprendizaxe e valorando o esforzo de cada un.

ESQUEMA DA UNIDADE

durante o seu reinado

Favoreceu aos absolutistas

Derrogou a Lei Sálica

Fernando VII 1814-1833

José I Guerra da

Independencia 1808-1814

ESPAÑA NO SÉCULO XIX

durante a guerra proclámase a

Constitución de Cádiz de 1812

comprende

Rexencia de María Cristina

1875-1904

A primeira e a segunda guerra

carlista

caracterizado por Guerra de Cuba

Terceira guerra carlista

Cantonalismocaracterizado

por

Época de grandes transformacións políticas, sociais,

económicas e artísticas

Alfonso XII1875-1885

Independizáronse a maior parte das colonias

americanas

produciuse

produciuse

caracterizado por

Os liberais divídense entre moderados e progresistas

Novas clases sociais

Novo sistema económico

Romanticismo

RealismoNovas formas

artísticas

Reinado de Amadeo de I

de Savoie

A Primeira República

Isabel II 1833-1868

Sexenio Democrático

1868-1874

sucédense

Quenda de partidos

Sufraxio censitario

Caciquismo

Movemento obreiro

Restauración borbónica

é a época do

O Trienio Liberal

reinados e períodos

Page 3: España no século - edu.xunta.gal · 5 España no século xix. 75 Esta unidade didáctica busca unha formación integral dos alumnos e das alumnas, na que exista un equilibrio entre

76

8988

España no século xix

Os trens do avóA André sempre lle resultara enigmático aquel cuarto, perma-nentemente pechado con chave, na casa dos seus avós pater-nos. A advertencia da súa avoa era tallante: non podía entrar nela sen a compañía do avó.

Pero no seu undécimo aniversario, por fin, puido desentrañar o misterio. O seu avó invitouno a entrar nela, pois consideraba que xa tiña idade abondo para ver o que alí se gardaba sen risco de que rompese ou estragase algo.

O avó tiña unha vitrina de cristal con estantes onde gardaba, cunha orde e limpeza obsesivas, unha colección de locomotoras de tren a escala. Eran locomotoras de todas as épocas desde a invención do ferrocarril no século xix.

André xa vira trens e mesmo viaxara neles. Tamén vira montaxes de trens eléctricos en miniatura, pero o que tiña o avó no centro do cuarto era realmente fermoso: vías de tren que atravesaban mon-tañas a través de túneles, pasos a nivel, sinais luminosos, estacións, pontes sobre ríos.

O mellor de todo foi que o seu avó lle prometeu que algún día todo aquilo sería para el.

1 Describe a imaxe que aparece na parte inferior desta páxina.

2 Que diferenzas encontras entre eses trens e os actuais?

3 Imaxina como sería viaxar neses trens. A que velocidade calculas que circulaban?

4 Seguro que na túa localidade ou preto dela hai unha ou varias estacións de tren. Descubre como se chaman esas estacións e con que outras localidades importantes conectan a túa cidade.

5 Cando se inventou o ferrocarril? Que consecuencias tivo a súa aparición?

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

•En grupos de tres, explicade que significan as palabras destacadas na lectura.

•Que significa a expresión «cunha orde e limpeza ob-sesivas»?

•Entre toda a clase, deba-tede en que consiste o co-leccionismo. Logo buscade esa palabra nun dicionario e comparade o seu significa-do coa vosa conclusión.

FAINO EN

EQUIPO

5

O DE

SAFÍAo final da

unidade, cres que poderás realizar un estudo sobre o analfabetismo

no mundo?

Suxestións metodolóxicas

Antes de internarse no tema, sería conveniente activar os coñecemen-tos previos dos alumnos e alumnas. Para iso, lerase o título da unida-de e preguntaremos sobre o que coñecen en relación ás idades da historia e ao século xix en particular.

Analizaremos as imaxes pedindo ao noso alumnado que describa oralmente o que observa nelas.

Tras a lectura inicial despexaranse as dúbidas que poidan xurdir rela-cionadas co vocabulario específico presentado.

Faino en equipo

– Enigmática: que contén un enigma ou que ten un significado escu-ro, misterioso e difícil de comprender.

– Tallante: que non admite discusión.

– Desentrañar: descubrir ou penetrar unha cousa secreta ou que é moi difícil de chegar a coñecer ou comprender.

– Locomotora: parte do ferrocarril provisto de motor que move ou arrastra os vagóns.

– Escala: tamaño ou proporción en que se desenvolve un plan ou idea.

– Miniatura: reprodución de pequeno tamaño dun obxecto, en espe-cial dunha obra escultórica ou arquitectónica.

«Cunha orde e limpeza obsesivas»: limpos e ordenados con moito coidado e esmero.

Resposta libre.

Comprende, pensa, investiga...

1 Descrición libre.

2 Resposta libre.

3 Resposta libre.

4 Resposta libre.

5 En 1769 (Gran Bretaña). Foi un avance para o comercio, os transportes e a circulación de persoas.

O desafío

Este apartado ten unha intención motivadora.

Presenta un reto ao alumnado que, a priori, lles pode resultar difícil, xa que implica a adquisición dos estándares de aprendizaxe da unida-de. A idea é presentalo aos estudantes como un obxectivo que, sen dúbida, serán capaces de desenvolver ao final do proceso de apren-dizaxe.

Se se prefire, pódese formular ao inicio da unidade como unha tarefa de longa duración que o alumnado pode ir facendo ao longo do tra-tamento da unidade.

Aprendizaxe cooperativa. Dialogar co alumnado antes de realizar a lectura inicial para poñer en común coñecementos previos. Esta-blecer debates respectando a quenda de palabra con temas que poidan xurdir da lectura inicial. Realizar a lectura introdutoria en voz alta.

Page 4: España no século - edu.xunta.gal · 5 España no século xix. 75 Esta unidade didáctica busca unha formación integral dos alumnos e das alumnas, na que exista un equilibrio entre

77

919090 91

5

Unidad

eDa guerra da Independencia a Isabel II

A guerra da Independencia (1808-1813)Carlos IV reinaba en España desde 1788 deixando o goberno en mans do seu valido, Manuel Godoy.

A principios do século xix, Godoy permitiu que o exército fran-cés de Napoleón atravesase España para conquistar Portugal, pero os franceses ocuparon o país e leváronse a Francia ao rei e á súa familia para obter a súa abdicación e instalar no trono a José I, irmán do emperador francés.

O 2 de maio de 1808, o pobo madrileño rebelouse contra as tropas francesas de ocupación e estas responderon cunha cruel represión. Así se iniciou a guerra da Independencia, que en-frontou a España, Gran Bretaña e Portugal contra o imperio de Napoleón ata 1813.

Os españois debilitaron o exército de Napoleón formando gue-rrillas, un modo de combate ao que os franceses non estaban afeitos. Foron guerrilleiros famosos Juan Martín, El Empecina-do, Espoz e Mina e o cura Merino. A resistencia de cidades como Zaragoza e Girona foron decisivas para que Napoleón e o seu exército abandonasen España.

Durante a guerra, as Cortes reunidas en Cádiz elaboraron a nosa primeira constitución liberal, a Constitución de 1812, que facía a todos os españois iguais ante a lei e remataba co absolutismo. Ademais, as Cortes recoñeceron como rei o fillo de Carlos IV, Fernando VII.

O reinado de Fernando VII (1814-1833)Fernando VII, que estivera preso durante a guerra, regresou a España en 1814. Favoreceu os absolutistas que querían suprimir a Constitución de Cádiz e as reformas liberais. A Constitución só estivo vixente entre 1820 e 1823 (Trienio Liberal), cando a re-belión militar ou pronunciamento do coronel Riego obrigou a Fernando VII a converterse en rei constitucional. Durante o seu reinado, a maior parte das colonias americanas aproveitaron a debilidade da monarquía para independendizarse grazas aos li-beradores, como Simón Bolívar e José de San Martín.

Antes de morrer, Fernando VII derrogou a Lei Sálica, que impedía reinar ás mulleres, para que a súa filla Isabel puidese sucederlle no trono. Os absolutistas non aceptaron este cambio e apoiaron a Carlos, irmán do rei, polo que se lles chamou carlistas.

O reinado de Isabel II (1833-1868)Durante os primeiros dez anos de reinado de Isabel II exerce-ron a rexencia a súa nai, María Cristina, e o xeneral Espartero. Foi declarada maior de idade con trece anos e o seu reinado caracterizouse pola inestabilidade. Os carlistas subleváronse provocando a primeira (1833-1840) e a segunda guerra carlista (1846-1849). Os liberais que apoiaban a raíña dividíronse en mo-derados (conservadores partidarios de dar máis poder ao rei) e progresistas (partidarios de dar máis poder ás Cortes).

O descrédito e o partidismo da raíña, o autoritarismo dos go-bernos moderados e unha grave crise económica provocaron en 1868 unha revolución coñecida como «A Gloriosa», que acabou coa renuncia de Isabel II ao trono.

Fernando VII.

Isabel II.

A Constitución de 1812.

Este cadro de Francisco de Goya titulado O 2 de maio de 1808 en Madrid coñécese tamén como A loita cos ma-melucos. Así se chamaban os guerreiros exipcios da cabala-ría francesa que aparecen na imaxe con turbante. Que feito histórico representa a pintura? Que consecuencias tivo?

Traballo coa imaxe

A Idade Contemporánea come-za en 1789 coa Revolución Fran-cesa. Pero non todos están de acordo: os anglosaxons chaman tamén Idade Moderna ao que nós chamamos Idade Contem-poránea.

1 Cando empezou e cando rematou a guerra da Independen-cia? Por que se produciu?

2 Busca en Internet o significado da palabra valido e explícao no teu caderno.

3 En que consistía a Lei Sálica que derrogou antes de mo-rrer Fernando VII?

4 Explica o significado dos seguintes conceptos: carlista, moderado, progresista.

5 Se Isabel II foi proclamada maior de idade con 13 anos, can-tos tiña ao herdar o trono? Busca o significado da palabra rexencia.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

Que curioso!

Suxestións metodolóxicas

Antes de empezar coa lectura da información, intentaremos aclarar o concepto de independencia. Pediremos aos nosos alumnos e alum-nas que expliquen coas súas palabras que é un reinado. Unha vez oí-das as diferentes opinións, comezaremos coa lectura do texto resol-vendo as dúbidas que poidan formular e aclarando os termos que resulten novos ou descoñecidos para o noso alumnado.

Ao finalizar a lectura, pasaremos á análise das imaxes. Comezaremos co cadro de O 2 de maio de 1808 o A loita cos mamelucos pedindo aos alumnos que describan o que ven. Despois analizaremos os retra-tos de Fernando VII e Isabel II. Finalmente, resolveremos oralmente e por escrito as cuestións que se presentan como actividades.

Comprende, pensa, investiga...

Traballo coa imaxe

Resposta libre. Representa a rebelión en Madrid o 2 de maio de 1808 contra as tropas francesas que supuxo o desencadeamento da guerra da Independencia.

1 Empeza en 1808 e remata en 1813. Produciuse pola invasión de España polas tropas francesas de Napoleón e a expulsión dos reis es-pañois.

2 Valido: persoa que gozaba da confianza dun rei e que se ocupa-ba do goberno dun Estado no seu nome.

3 A Lei Sálica impedía reinar ás mulleres.

4 Carlista: partidario de Carlos María Isidro, irmán de Fernando VII.

Moderado: partidarios de algo intermedio entre o absolutismo e a so-beranía popular.

Progresista: partidarios das reformas de Cádiz e da perda dos bens da Igrexa.

5 3 anos. Rexencia: goberno ou dirección que exerce unha persoa nun estado mentres o rei non pode gobernar, xa sexa por ausencia, minoría de idade ou incapacidade para asumir o reinado.

Actividades de reforzo

1 Relaciona: a) 1808 1) Napoleón ponse ao mando e conquista España. b) 1809-1811 2) Os franceses avanzan, pero son derrotados en Bailén. c) 1812-1813 3) Españois e británicos expulsan aos francesesa-2; b-1; c-3.

2 Durante o período de rexencias, os liberais dividíronse en modera-dos e progresistas. De que eran partidarios cada un?Os moderados eran partidarios de algo intermedio entre o absolutis-mo e a soberanía popular. Os progresistas eran partidarios de dar máis poder ás Cortes.

Actividades de ampliación

1 Investiga e indica as principais batallas da guerra da Independencia.Resposta libre. Bailén, Arapiles, Vitoria, San Marcial, Zaragoza.

2 Investiga e enumera as causas da Revolución «A Gloriosa de 1868».O descrédito e o partidismo da raíña, o autoritarismo dos gobernos moderados e unha forte crise económica.

Na web. Pódense visitar as páxinas oficiais do Museo do Pra-do de Madrid, museodelprado.es, para ver os cadros de Goya sobre a guerra da Independencia. Máis recursos en anayaeducacion.es.Aprendizaxe cooperativa. Ao formular o debate, respectamos a quenda de palabra cando realizamos as achegas e ao mesmo tempo mostramos interese e valoramos as achegas do resto de compañeiros e compañeiras.

Page 5: España no século - edu.xunta.gal · 5 España no século xix. 75 Esta unidade didáctica busca unha formación integral dos alumnos e das alumnas, na que exista un equilibrio entre

78

939292 93

5

Unidad

eO Sexenio Democrático e a Restauración

O Sexenio Democrático (1868-1874)Coa saída de Isabel II de España, comezou o Sexenio Democrá-tico. Impúxose entón un réxime liberal progresista baseado no sufraxio universal masculino e buscouse un novo rei para Espa-ña entre numerosos pretendentes. En 1870, as Cortes elixiron o italiano Amadeo de Savoie, que tivo como principal apoio ao presidente do Goberno, o xeneral Prim, asasinado ese mesmo ano.

A Primeira República (1873-1874)En 1873, Amadeo I renunciou ao trono e proclamouse a Primeira República, que instaurou en España un réxime federal. Foi apoia-da polas clases populares, que esperaban alcanzar a repartición de terras entre os campesiños e melloras das malas condicións de traballo dos obreiros. A rebelión dos cantóns, territorios que non aceptaban o poder federal, a guerra de Cuba, que busca-ba a súa independencia, e a terceira guerra carlista xeraron unha grande inestabilidade. Un golpe militar puxo fin á República e acabou restaurando a monarquía con Alfonso XII, fillo de Isabel II.

A Restauración borbónica (1875-1885)O reinado de Alfonso XII comezou en 1875 e tivo como político máis destacado a Antonio Cánovas del Castillo, cuxas ideas se plasmaron na Constitución de 1876 e nas leis básicas: sobera-nía compartida entre o rei e as Cortes, sufraxio censitario (só podían votar os varóns con rendas moi altas) e restrición das liberdades públicas.

Para dar estabilidade á vida política ideou a quenda de parti-dos, coa alternancia no Goberno do Partido Conservador, do propio Cánovas, e o Partido Liberal, dirixido por Sagasta. Para que fose posible, había que manipular os resultados electorais. Esta era a tarefa dos caciques, grandes terratenentes e políticos que nas zonas rurais premían os campesiños para que votasen segundo os seus intereses.

A este sistema político opuxéronse os carlistas, os republicanos, o movemento obreiro (socialistas e anarquistas) e a maioría dos intelectuais, que pretendían rexenerar o país impulsando a edu-cación e o desenvolvemento cultural.

A rexencia de María Cristina (1885-1902)Ao morrer Alfonso XII, fíxose cargo da rexencia a súa esposa María Cristina de Habsburgo ata que o seu fillo, Alfonso XIII, alcanzou a maioría de idade.

Durante esta etapa houbo algúns avances democráticos, como a volta ao sufraxio universal masculino en 1890, pero o máis destacado foi a crise do 98. Esta produciuse cando en 1898, a consecuencia da guerra con Estados Unidos, se perderon as úl-timas colonias de ultramar: Cuba, Puerto Rico e Filipinas. Este feito considerouse o fin do último resto do imperio español, e deu lugar a unha gran conmoción e a un clima de pesimismo xeral no país.Embarque do rei Amadeo I no porto de La Spezia, Italia.

A caricatura representa a fraude electoral na Restauración. Que signi-fica o embude? E os personaxes con porras?

Traballo coa imaxe

1 Cales eran as ideas principais de Cánovas plasmadas na Consti-tución de 1876?

2 Explica os principais problemas con que se enfrontou a Primeira República.

3 Enumera as principais ideas do sistema polí-tico de Cánovas. Quen se opuxo a el?

COMPRENDE, PENSA...

4 Que partidos se alter-naban no Goberno du-rante a Restauración? Por que cres que se chama así a esa época?

5 Explica as diferenzas entre o sufraxio univer-sal e o sufraxio censita-rio e di en que etapas das que estudaches nestas páxinas se apli-ca un ou outro. Cal cres que é máis democráti-co? Que teñen en co-mún os dous?

COMPRENDE, PENSA...

Suxestións metodolóxicas

Comezaremos o traballo coa lectura do texto que se presenta e resol-veremos as posibles dúbidas que poidan xurdir aos nosos alumnos e alumnas. Tras a lectura, resolveremos oralmente o interrogante que se expón en «Traballo coa imaxe».

Leremos con detemento os datos e explicaremos os novos conceptos que se presentan. Finalizaremos resolvendo as actividades.

Comprende, pensa, investiga...

Resposta libre. O embude representa o filtro dos votos, xa que estes estaban manipulados. Os personaxes con porras simbolizan a violen-cia física, a coacción e o control do proceso que tamén están repre-sentados polas dúas figuras que flanquean a Sagasta.

1 Soberanía compartida entre o rei e as Cortes, sufraxio censitario (só podían votar os varóns con rendas moi altas) e restrición das liberda-des públicas.

2 A rebelión dos cantóns, territorios que non aceptaban o poder federal; a guerra de Cuba, que buscaba a súa independencia, e a terceira guerra carlista.

3 Cánovas ideou a quenda de partidos, coa alternancia no goberno do Partido Conservador, do propio Cánovas, e o Partido Liberal, dirixido por Sagasta.

Para que fose posible había que manipular os resultados electorais. Esta era a tarefa dos caciques, grandes terratenentes e políticos que nas zonas rurais exercían presión sobre campesiños para que votasen segundo os seus intereses.

A este sistema político opuxéronse os carlistas, os republicanos, o movemento obreiro (socialistas e anarquistas) e a maioría dos intelec-tuais.

4 Partido Conservador e Partido Liberal. Resposta libre, porque, tras a Primeira República, se volveu restaurar a monarquía.

5 Co sufraxio censitario só podían votar os varóns con rendas moi altas; deuse na época de Cánovas. Co sufraxio universal podían votar todos os varóns maiores de 21 anos; deuse no Sexenio Democrático e durante a Rexencia de María Cristina. É, pois, máis democrático este último. Tiñan en común que só podían votar os varóns.

Actividades de reforzo

1 Completa o seguinte cadro:

Quen apoiaba a Primeira República?

Quen non apoiaba a Primeira República?

Apoiaban: clases populares que esperaban alcanzar a repartición de terras entre os campesiños e melloras nas malas condicións de traba-llo dos obreiros. Rexeitaban: burgueses adiñeirados e militares.

2 Que eran os cantóns? Menciona algún.Territorios que non aceptaban o poder federal. Cartaxena.

Aprendizaxe cooperativa. Dialogar co alumnado antes de reali-zar a lectura inicial para poñer en común coñecementos previos. Establecer debates respectando a quenda de palabra con temas que poidan xurdir da lectura inicial. Realizar a lectura introdutoria en voz alta.

Page 6: España no século - edu.xunta.gal · 5 España no século xix. 75 Esta unidade didáctica busca unha formación integral dos alumnos e das alumnas, na que exista un equilibrio entre

79

959494 95

5

Unidad

eAs transformacións económicas e sociais As transformacións sociaisO crecemento da poboación foi lento pero sostido, e as condicións de vida eran moi duras para a maioría: epidemias, fames, elevada mor-talidade.

Debido á pobreza de moitas zonas rurais, a emigración foi moi numerosa cara o estranxei-ro, cara as cidades costeiras e cara Madrid.

A organización da sociedade cambiou, e pa-souse da sociedade estamental da Idade Mo-derna á sociedade de clases capitalista. A clase dirixente estaba dominada pola alta burguesía (grandes empresarios e terratenentes); as cla-ses medias estaban formadas por pequenos comerciantes, funcionarios e profesionais, e as clases populares, que representaban o 80 % da poboación, por campesiños e obreiros indus-triais.

Nas cidades, as clases traballadoras aumen-taron con rapidez, pero vivían en moi malas condicións: xornadas de traballo moi longas, salarios de miseria, vivendas insalubres e anal-fabetismo.

Esta situación provocou o crecemento do move-mento obreiro, que buscaba mellorar a inxusta situación dos traballadores, e a aparición das primeiras organizacións políticas e os primeiros sindicatos anarquistas e socialistas, sobre todo en Madrid, Barcelona, Valencia e Andalucía.

O século xix foi un período de crecemento lento e de atraso eco-nómico. A actividade principal seguía sendo a agricultura, pero o desenvolvemento industrial, aínda que modesto, impulsou a modernización do país. As transformacións sociais foron máis lentas que as económicas, aumentando así as diferenzas sociais.

As transformacións económicas• A agricultura ocupaba a dous terzos da poboación traballa-

dora, pero era pouco produtiva. Para mellorala, poxáronse terras mal aproveitadas da igrexa e dos municipios (desa-mortizacións). Non obstante, os campesiños non puideron compralas por falta de diñeiro, e moitos convertéronse en xornaleiros de grandes latifundios. Así, a produtividade non mellorou, e foron frecuentes as revoltas campesiñas.

• O atraso industrial debeuse á escaseza de materias primas e fontes de enerxía (carbón de calidade), á falta de investi-mento privado e do Estado e á perda das colonias. Aínda así, destacaron algúns focos industriais: Asturias (carbón), País Vasco (siderurxia) e Cataluña (téxtil).

• O comercio progresou grazas ao desenvolvemento do ferro-carril, a partir de 1855, o telégrafo e a construción de estra-das, canles e portos. En cambio, o comercio co exterior sufriu un importante retroceso pola perda das colonias.

• Para mellorar as finanzas e potenciar a economía fundouse o Banco de España (1856), estableceuse a peseta como única moeda nacional (1868) e creáronse importantes bancos priva-dos (Santander, Bilbao, Bizkaia).

A familia do banqueiro Flaquer, de Joaquín Espal-ter (1845).

Inauguración da liña Barcelona-Mataró (1848), o pri-meiro ferrocarril de España.

Obreiras téxtiles de Igualada en folga, 1881.

A nena obreira, obra de Joan Planella (1882). Que fai a nena do cadro? Cres que hoxe se dan situacións como a que mostra a pintura?

Traballo coa imaxe

1 Por que as desamorti-zacións non tiveron un efecto positivo para o campesiñado?

2 Cales eran as causas do atraso industrial?

3 En 1868 instaurouse a peseta en España. Ata cando estivo vixente esta moeda? Cantos anos estivo vixente en total?

COMPRENDE, PENSA...

4 Relaciona correctamente as dúas columnas.

•Clase dirixente. • 80 % do total da poboación

•Clases medias. • 15 % do total da poboación

•Clases populares. • 5 % do total da poboación

5 Que grupos integran cada unha das clases sociais da España do século xix?

6 Explica como eran as condicións de vida dos campesiños e dos obreiros durante o século xix.

7 Por que xurdiron os sindicatos e creceu o movemento obreiro? Que perseguían?

8 Investiga que organizacións crearon os anarquistas e cales os socialistas. Que diferenzas ideolóxicas había entre estas dúas correntes do movemento obreiro?

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

Suxestións metodolóxicas

Comezaremos coa lectura das transformacións económicas e so-ciais deténdonos nos novos conceptos e no vocabulario descoñe-cido.

Fixaremos a atención nas ilustracións que se presentan. Resolveremos as actividades propostas en «Traballo coa imaxe 1». Finalmente res-ponderemos ás actividades propostas.

Comprende, pensa, investiga...

Traballo coa imaxe

Traballa nunha fábrica cunha máquina de tecer.

Resposta libre. Si, en moitos países aínda é moi común a explotación do traballo infantil.

1 Porque os campesiños non puideron comprar as terras por falta de diñeiro, e moitos convertéronse en xornaleiros de grandes latifundios. Así, a produtividade non mellorou, e foron frecuentes as revoltas cam-pesiñas.

2 As principais causas do atraso industrial foron a escaseza de materias primas e fontes de enerxía (carbón de calidade), a falta de investimen-to privado e do Estado e a perda das colonias.

3 Ata 2002. 134 anos.

4 Clase dirixente 5 % do total da poboación

Clases medias 15 % do total da poboación

Clases populares 80 % do total da poboación

5 A clase dirixente estaba dominada pola alta burguesía (grandes empresarios e terratenentes); as clases medias estaban formadas por pequenos comerciantes, funcionarios e profesionais; as clases popu-lares, por campesiños e obreiros industriais.

6 As clases traballadoras, tanto obreiros coma campesiños, vivían en moi malas condicións: xornadas de traballo moi longas, salarios de miseria, vivendas insalubres e analfabetismo.

7 Debido ás condicións de vida e de traballo dos obreiros. Loitaban por mellorar a inxusta situación dos traballadores.

8 Resposta libre. Os anarquistas, a CNT; os socialistas, a UGT. Os anarquistas buscan a desaparición do Estado. Os socialistas buscan a participación política dos obreiros e unha sociedade sen clases.

Actividades de reforzo

1 Que medida se tomou para aumentar a produtividade da agricultura a mediados do século xix? A desamortización das terras da Igrexa.

2 Cales foron os primeiros focos industriais en España? Asturias (carbón), País Vasco (siderurxia) e Cataluña (téxtil).

Actividades de ampliación

3 Busca o significado da palabra folga e intenta poñer un exemplo na túa casa ou na escola. Forma de protesta dos traballadores que consiste en que todos os obreiros, de común acordo, paralizan o traballo co fin de conseguir melloras laborais ou sociais. Resposta libre.

Na web. Visita anayaeducacion.es se desexas conseguir máis exercicios.

Aprendizaxe cooperativa. Posta en común de ideas respectando as achegas e opinións dos compañeiros e compañeiras. Reflexio-nar sobre a importancia do respecto ás opcións políticas ou reli-xiosas de cada persoa.

Page 7: España no século - edu.xunta.gal · 5 España no século xix. 75 Esta unidade didáctica busca unha formación integral dos alumnos e das alumnas, na que exista un equilibrio entre

80

979696 97

5

Unidad

eA arte e a cultura no século xix • A Xeración do 98 agrupa certo número de escritores e intelectuais nos que a crise de 1898 produciu unha visión pesimista de Es-paña e a idea de que o sistema estaba en-fermo e había que rexeneralo. Os principais representantes desta xeración foron Miguel de Unamuno, Ramón María del Valle-Inclán, Pío Baroja, Ángel Ganivet, Menéndez Pidal, Azorín e Antonio Machado.

A educación e o patrimonioDurante o século xix producíronse avances en materia de educación grazas á Lei Moyano (1857), tales como a redución do analfabetismo ou a organización do ensino en tres niveis: Pri-maria, Secundaria e Superior.

Esta lei tamén estableceu a obrigatoriedade de escolarizar as nenas a partir dos 6 anos, pero houbo que esperar ao século seguinte para que a muller puidese acceder tamén ao ensino secundario.

A parte do ensino oficial, apareceron entidades privadas con outros ideais de educación, como a Institución Libre de Ensino, que avogaba por un ensino moderno, no que os homes e as mu-lleres puidesen estudar xuntos nas aulas.

Debido ás desamortizacións, moitos bens da Igrexa pasaron a museos, universidades e bi-bliotecas para a súa conservación, seguindo a idea de «utilidade social». Isto deu lugar ao co-leccionismo, ás exposicións e a que se abrisen ao público museos, como o Museo do Prado ou o Museo Arqueolóxico Nacional, ambos os dous en Madrid.

Tamén se estableceu o arquivo de todos os li-bros publicados en España na Biblioteca Na-cional de Madrid, e fomentouse a música coa creación de conservatorios.

Foi un século importante para a prensa, no que apareceron moitos xornais de distintas ideo-loxías con distintas seccións (política, humor, espectáculos, publicidade). Os progresos do telégrafo promoveron a difusión de noticias.

As artes e a arquitecturaA pintura do século xix empeza en España cun dos maiores xenios da historia da arte, Francis-co de Goya (1746-1828). Foi pintor de cámara dos reis borbones e tamén de Xosé Bonaparte. Pintou os desastres da guerra da Independen-cia e foi precursor do movemento romántico e do impresionista de finais do século xix.

Na arquitectura predominaron os estilos his-tóricos que se baseaban nas arquitecturas do pasado, como o neogótico ou o neomudéxar. Incorporáronse novos materiais industriais, como o ferro e o vidro, en novos tipos de edi-ficios, como as estacións de ferrocarril. Tamén foi importante a arquitectura clasicista, como o Congreso dos Deputados en Madrid.

Na segunda metade do século empezáronse os ensanches urbanos das grandes cidades para modernizalas e adecualas aos novos tem-pos.

Movementos culturais

Os cambios sociais e políticos deron lugar a tres movementos culturais: o Romanticismo, o Realismo e a Xeración do 98.

• No Romanticismo destacaron a poesía e o teatro, con autores como Espronceda, Béc-quer, Larra e Zorrilla. Os escritores e artistas románticos reivindicaron o pasado e quixe-ron recuperar as esencias da nación españo-la cunha poesía exaltada, as novelas históri-cas e o teatro.

• No Realismo destacou a novela, con escritores como Pérez Galdós, Juan Valera e Leopoldo Alas Clarín. Estes escritores e artistas conside-raban a arte como un modo de representar a realidade do seu tempo e describiron os ele-mentos máis característicos do país, as súas rexións, paisaxes, costumes e habitantes. Ta-mén criticaron a miúdo á clase dirixente.

Os fusilamentos do 3 de maio, obra de Goya. Que acontecemento histórico quixo reflectir Goya nesta pintura? Con que momento da historia de España garda relación?

Traballo coa imaxe 1

Esta caricatura do carlismo apareceu na revista La Carcajada en 1870. Que ideoloxía pensas que tiña esta revista? Por que?

Traballo coa imaxe 2

Benito Pérez Galdós, de Joaquín Sorolla (1894).

Estación de Atocha en Madrid (1892), obra de Al-berto de Palacio.

1 Ordena cronoloxicamente estes tres mo-vementos culturais.

•Romanticismo

•Realismo

•Xeración do 98

2 Enumera os avances en educación da Lei Moyano de 1857.

3 Que obxectivos perseguía a Institución Libre de Ensino? Parécenche razoables?

4 Razoa e explica por que é importante que exista liberdade de prensa e non ha-xa censura.

5 Investiga en Internet sobre a obra de Goya e sinala por que estilos artísticos atravesou. Cita unha obra de cada un destes estilos.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

Suxestións metodolóxicas

Realizamos a lectura resolvendo as dúbidas que puidese ter o noso alumnado e aclarando datos e os novos termos relacionados coas ca-racterísticas dos movementos culturais no século xix. Tras a lectura, resolveremos oralmente os interrogantes que se formulan en «Traballo coa imaxe».

Realizaremos no encerado un cadro sinóptico onde se reflictan as se-mellanzas e diferenzas entre os movementos. Realizaremos un aparta-do sobre a educación e o analfabetismo. Resolveremos as actividades.

Comprende, pensa, investiga...

Traballo coa imaxe 1

– A brutal represión das tropas francesas tras a rebelión do 2 de maio de 1808 en Madrid.

– Garda relación coa guerra da Independencia (1808-1813).

Traballo coa imaxe 2

Era unha revista republicana, como mostra a súa caricatura de clérigos e do aspirante carlista.

1 Romanticismo. Realismo. Xeración do 98.

2 Redución do analfabetismo, división do ensino en tres niveis —Primaria, Secundaria e Superior—, obrigatoriedade de escolarizar as nenas a partir dos 6 anos.

3 A modernización do ensino e que homes e mulleres puidesen estar xuntos nas aulas. Resposta libre.

4 Resposta libre.

A liberdade de prensa é un dos piares da democracia.

5 Resposta libre.

Actividades de reforzo

1 Razoa e indica que se buscaba co ideal de «utilidade social».Que o patrimonio cultural fose útil a toda a sociedade.

Actividades de ampliación

1 No século xix xurdiu o «costumismo» en España como movemento literario e artístico. Seguramente sabes o significado da palabra cos-tume. Intenta explicar en que consistiu o costumismo. É a arte que propón mostrar os usos e os costumes da sociedade.

2 Investiga e escribe algunha obra destes autores da Xeración do 98.

Miguel de Unamuno

Ramón del Valle-Inclán

Pío Baroja

Antonio Machado

Unamuno: A tía Tula, Néboa, San Manuel Bueno Mártir.

Val-Inclán: Divinas palabras, Luces de bohemia, Tirano Bandeiras.

Pío Baroja: A árbore da ciencia, As inquedanzas de Shanti Andía.

Antonio Machado: Campos de Castela, Soidades.

Aprendizaxe cooperativa. Posta en común de ideas respectando as achegas e opinións dos compañeiros. Reflexionar sobre a im-portancia do respecto ás opcións políticas ou relixiosas de cada persoa.

Page 8: España no século - edu.xunta.gal · 5 España no século xix. 75 Esta unidade didáctica busca unha formación integral dos alumnos e das alumnas, na que exista un equilibrio entre

81

O DESAFÍ Tarefa competencial

98 99

Unidade 5

Mulleres na historia de EspañaNesta unidade estudamos unha das poucas mulleres que reinaron en Es-paña: Isabel II. A maior parte das raíñas son consortes, é dicir, esposas dun rei.

1 Imos saber máis sobre algunhas mulleres importantes na historia de España. Aquí tes unha lista cos seus nomes: Isabel a Católica, Clara Campoamor, Rosalía de Castro, Teresa de Jesús, Concepción Arenal, Montserrat Caballé e Luisa Roldán, «A Roldana». De cada unha delas elaborarás unha ficha como esta:

2 Busca no dicionario o significado destas palabras: feminista, soprano, escultora, poetisa, monxa.

3 Fai memoria e enumera mulleres famosas (españolas ou non) que se dedi-quen ás actividades que se indican nesta táboa e complétaa:

O analfabetismo no século xixChámase analfabeto á persoa que non sabe ler nin escribir.

Probablemente non coñezas ningún neno ou nena do teu ámbito que non vaia á escola. Pero non sempre foi así en España. Durante o século xix había moitísima xente analfabeta no noso país. Dámosche algúns datos para que traballes con eles.

1 A evolución da porcentaxe de anal-fabetismo en España foi o seguinte: 94 % en 1800; 80 % en 1860; 67 % en 1900; 30 % en 1930; 15 % en 1960; 2 % en 2000.

Realiza un diagrama de barras como o da imaxe con eses datos. Usa unha fo-lla de papel cuadriculado.

Política Espectáculos Deportes

* Nome:

* Século no que viviu:

* Profesión:

* Por que é importante?:

Colocar unha fotografía

De 25% a 50%

De 50% a 70%

De 70% a 90%

De 90% a 95%

De 95% a 100%

Dato nondispoñible

Taxa alfabetización

Fonte: ONU.0 1500 3000 6000 km4500

0

10

1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 2012 2013

20

30

40

50

Número dehabitantes (millóns)

Anos

18,6

19,9

41,2 47

,2

46,7

47,3

21,3

23,6 26 28,1

30,6 33

,9

37,7

39,4

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN EN ESPAÑA (1900-2012)

2 Observa este mapamundi coa distribución do analfabetismo no mundo (ano 2008).• Os países en granate case non teñen analfabetos. Cales son?• De vermello aparecen os países con poucos analfabetos, en que zonas

están?• Os tons máis claros corresponden aos países con máis analfabetos, onde

están?• En que cor aparece España? Se nela sabe ler e escribir máis do 97 % da

poboación, que porcentaxe de analfabetos hai?

EMPRENDERAPRENDER

O desafío

O obxectivo desta tarefa é que os alumnos e alumnas comprendan a través de exemplos reais a incorporación da muller a todas as facetas da vida pública ao longo da Idade Contemporánea. Podemos afian-zar a diferenza entre unha raíña efectiva e unha raíña consorte utilizan-do os casos de Isabel la Católica e Isabel II, e pedirlles que relacionen as mulleres das que deben elaborar a ficha coas idades da historia para sacar conclusións.

Solucións

1 Resposta libre.

2 Feminista: persoa que defende a igualdade de dereitos entre a muller e o home.

Soprano: a voz máis aguda das voces humanas, que é de muller.

Escultora: muller que se dedica á escultura.

Poetisa: muller que se dedica á poesía.

Monxa: relixiosa que pertence á comunidade dunha orde ou congre-gación.

3 Resposta libre.

Aprender-emprender

Ademais de tomar conciencia dun problema afastado á súa experiencia, como é o do analfabetismo, o alumnado exercitarase de xeito intuitivo no manexo e a elaboración de gráficos sinxelos e na interpretación de mapas. Explicaremos como servirse do papel cuadriculado para realizar o gráfico antes de que o executen de forma individual para logo analizar o diagrama resultante de forma colectiva (tendencia, relación das datas con cada período da historia de España na Idade Contemporánea, etc.). Tamén analizaremos colectivamente o mapa.

1 Diagrama libre.

2 Granate: Canadá, EE. UU., Cuba, Venezuela, Arxentina, Chile, Uruguai, todos os países europeos, países da antiga URSS, China, Mongolia, Xapón, Filipinas, Australia, Nova Zelandia. Vermello: México, Brasil, Colombia, Bolivia, Paraguai, Sudáfrica, Sur de Europa. Tons claros: África, sueste de Asia, resto de Latinoamérica. España está de grana-te: 2 % de analfabetismo.

Actividades de reforzo e ampliación

1 Investiga por que son importantes as seguintes mulleres da historia: Hipatia de Alexandría, Marie Curie, Valentina Tereschkova, Cleopatra, Ada Lovelace, Frida Khalo.– Hipatia: matemática, astrónoma, filósofa de Exipto do século iv.

– Curie: descubridora do raio.

– Tereschkova: primeira astronauta da Historia.

– Cleopatra: raíña de Exipto.

– Ada Lovelace: a primeira programadora que houbo na historia.

– Frida Kahlo: pintora.

2 Actualmente hai algunhas ONG dedicadas a loitar contra o analfabe-tismo. Investiga e indica o nome dalgunha delas.

Resposta libre.

3 Houbo na historia de España algunha muller famosa que loitase con-tra o analfabetismo? Indica o seu nome.

Resposta libre. Concepción Areal.

Page 9: España no século - edu.xunta.gal · 5 España no século xix. 75 Esta unidade didáctica busca unha formación integral dos alumnos e das alumnas, na que exista un equilibrio entre

82

Suxestións metodolóxicas

Para realizar o «Repaso da unidade», en primeiro lugar, pediremos aos nosos alumnos e alumnas que copien no caderno o esquema «Resumo» e que o completen. Posteriormente leremos as diferentes actividades resolvendo as dúbidas que poidan presentar, antes de fa-celas.

Resumo

Actividade suxerida como evidencia para o portfolio do alumna-do de estándar de aprendizaxe avaliable. (Véxase programación).

Falta nos recadros: Constitución de Cádiz. A: Fernando VII (1816-1833); liberais; a

Constitución de Cádiz. Carlistas; progresistas. Primeira República. B: A Restauración (1875-1902). C: Reinado de Alfonso XII (1875-1885). D: Rexencia de María Cristina (1885-1902).

1 a) Carlos IV.

b) Fernando VII.

c) José I Bonaparte e nomeouno o seu irmán Napoleón.

d) Resposta libre. Carlos IV, o cuarto pola dereita. Napoleón, o cuarto pola esquerda. Fernando VII, o terceiro pola esquerda.

2 A serie A son feitos e conceptos relacionados coa segunda foto, do reinado de Isabel II. A serie B son feitos e conceptos relacionados coa terceira foto, do reinado de Alfonso XII. A serie C son feitos e conceptos relacionados coa primeira foto, do reinado de Fernando VII.

3 Os caciques eran grandes terratenentes e políticos que nas zonas rurais exercían presión sobre campesiños para que votasen segundo os seus intereses. Para dar estabilidade á vida política da chamada quenda de partidos y para que fose posible, había que manipular os resultados elec-torais e dar alternancia no goberno ao Partido Conservador, de Cánovas, e ao Partido Liberal, de Sagasta. Diso encargábanse os caciques.

4 Inicio da guerra da Independencia. Constitución de Cádiz. Derrogación da Lei Sálica. Revolución «A Gloriosa». Reinado de Amadeo I. Primeira República. Perda de Cuba, Puerto Rico e Filipinas.

5 Rexenerar: dar novo ser a algo que dexenerou, restablecelo ou mello-ralo.

Certo número de escritores e intelectuais nos que a crise de 1898 pro-duciu unha visión pesimista de España, a Xeración do 98, tiña a idea de que o sistema da Restauración estaba enfermo e había que rexe-neralo, transformalo de raíz, crealo de novo para facelo mellor.

Avanzo

6 Resposta libre. Primeiro foi a segadora, despois, o tractor, as cul-tivadoras. Tamén os adiantos na fumigación e na selección de semen-tes.

7 a) A soberanía reside no pobo.

b) O poder executivo exérceo o Goberno. O poder lexislativo exérce-no as Cortes Xerais (o Congreso dos Deputados e o Senado). O poder xudicial exérceno os tribunais de xustiza.

c) Nas eleccións xerais, os españois maiores de 18 anos.

Actividades de reforzo

1 Nas abdicacións de Bayona, o rei e o seu futuro herdeiro renunciaron ao trono de España. Indica os seus nomes. Carlos IV e Fernando VII.

Actividades de ampliación

1 Busca información sobre o Tratado de Fontainebleau e responde:

Quen o asinou? Resposta libre. Asinouno Godoy con Napoleón.

Que permitiu este tratado? Permitiu aos franceses entrar en España coa desculpa de invadir Portugal.

REPASO DA UNIDADE

100 101

Unidade 5

Completa no teu caderno o esquema seguinte.

RESUMO 2 Relaciona as seguintes series de feitos e conceptos cos reinados dos monarcas que aparecen nos retratos.

3 Explica que eran os caciques e que relación tiñan coa quenda de parti-dos ideada por Cánovas.

4 Ordena cronoloxicamente os seguintes acontecementos.

• Primeira República

• Derrogación da Lei Sálica

• Constitución de Cádiz

• Inicio da guerra da Indepen-dencia

• Perda de Cuba, Puerto Rico e Filipinas

• Reinado de Amadeo I

• Revolución «A Gloriosa»

5 Busca no dicionario ou en Internet a palabra rexenerar. Que querían rexenerar os pensadores da Xeración do 98?

AVANZO

6 A agricultura no século xix en España non estaba modernizada. Agora si o está. Investiga en Internet e anota os nomes dalgunhas máquinas ou ferramentas que axudasen a que sexa máis produtiva.

7 Consulta a Constitución española actual e responde:

a) Quen ten a soberanía?

b) Quen exerce os poderes executivo, lexislativo e xudicial?

c) Quen pode votar en España hoxe?

A

B

comprende

1 Neste gravado represéntanse as abdica-cións de Bayona, acto polo que Napoleón se fai cos dereitos do trono español.

a) Quen foi o rei de España que cedeu a súa soberanía a Napoleón?

b) Quen era o seu herdeiro?

c) Quen foi nomeado entón rei de España? Quen o nomeou?

d) Describe a imaxe e identifica nela a Carlos IV, Napoleón e Fernando VII.

A* Primeira guerra carlista* Moderados e progresistas* Revolución Gloriosa

B* Quenda de partidos* Caciquismo* Restauración borbónica

C* Trienio Liberal* Pronunciamento de Riego* Independencia das colonias

americanas

DC

O SÉCULO XIX EN ESPAÑA

Page 10: España no século - edu.xunta.gal · 5 España no século xix. 75 Esta unidade didáctica busca unha formación integral dos alumnos e das alumnas, na que exista un equilibrio entre

Anotacións

83