es17004 48 p1920 tfe -...

11
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa EEASSD DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA ES17004_48 Programación Titulación Estudos Superiores en Deseño de produto Materia Proxectos de produtos e de sistemas Disciplina Traballo fin de estudos 1 Curso Cuarto Carácter Obrigatoria da especialidade Tipo Teórico-Práctica Docente Titores/as abaixo relacionados Ano académico 2019-2020 TRIBUNAL do T.F.E.: D. Ángel Lázaro Sastre (Presidente) Dª Esther Novo Calles D. Jesús Villar Quintas D. (Secretaria) Araceli Díaz Cabanas Suplentes – Xulio Álvarez García Irene Gago Pesado Elena Carpintero Troncoso Maria José Prada Rodriguez Titores/as 1º Cuadrimestre 2º Cuadrimestre Ángel Lázaro Sastre D. Jesús Villar Quintas Araceli Díaz Cabanas Irene Gago Pesado Ángel Lázaro Sastre D. Jesús Villar Quintas Araceli Díaz Cabanas Irene Gago Pesado 1 A presente programación recolle integramente a ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño en desenvolvemento do Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia en todo o relativo a TFE.

Upload: others

Post on 24-May-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ES17004 48 P1920 TFE - xn--deseodeproduto-tnb.galdeseñodeproduto.gal/wp-content/uploads/2019/09... · ES17004_48_ P1920 _TFE.doc Páxina 3 de 11 Modelo: MD85PRO02 Programación da

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

EEASSD DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA

ES17004_48

Programación

Titulación Estudos Superiores en Deseño de produto

Materia Proxectos de produtos e de sistemas

Disciplina Traballo fin de estudos1

Curso Cuarto

Carácter Obrigatoria da especialidade

Tipo Teórico-Práctica

Docente Titores/as abaixo relacionados

Ano académico 2019-2020

TRIBUNAL do T.F.E.: D. Ángel Lázaro Sastre (Presidente) Dª Esther Novo Calles D. Jesús Villar Quintas D. (Secretaria) Araceli Díaz Cabanas

Suplentes – Xulio Álvarez García Irene Gago Pesado Elena Carpintero Troncoso Maria José Prada Rodriguez

Titores/as

1º Cuadrimestre 2º Cuadrimestre

Ángel Lázaro Sastre D. Jesús Villar Quintas Araceli Díaz Cabanas

Irene Gago Pesado

Ángel Lázaro Sastre D. Jesús Villar Quintas Araceli Díaz Cabanas

Irene Gago Pesado

1 A presente programación recolle integramente a ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación

das ensinanzas artísticas superiores de Deseño en desenvolvemento do Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se

establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia en todo o relativo a TFE.

Page 2: ES17004 48 P1920 TFE - xn--deseodeproduto-tnb.galdeseñodeproduto.gal/wp-content/uploads/2019/09... · ES17004_48_ P1920 _TFE.doc Páxina 3 de 11 Modelo: MD85PRO02 Programación da

ES17004_48_ P1920_TFE.doc Páxina 2 de 11

Modelo: MD85PRO02 Programación da disciplina. Data 01/09/2017. Versión 1

Índice

1. Identificación e contextualización ...................................................................................................... 3

2. Organización dos contidos ................................................................................................................... 3

2.1 Bloque temático (único) - Traballo Fin de Estudos. ................................................................... 3

2.2 Desenvolvemento do TFE ................................................................................................................ 4

2.3 Organización, supervisión, tutela e cualificación ...................................................................... 4

2.4 Matricula e promoción .................................................................................................................... 5

2.5 Temporalización ................................................................................................................................ 6

2.6 Calendario ......................................................................................................................................... 6

2.6.1 1º Cuadrimestre: SEGUNDA MATRICULA ........................................................................ 6

2.6.2 2º Cuadrimestre: Alumnado en Primeira matricula ..................................................... 7

3. Avaliación ............................................................................................................................................... 8

3.1 Criterios de avaliación ..................................................................................................................... 8

3.2 Procedemento .................................................................................................................................. 9

3.3 Instrumentos de avaliación e criterios de cualificación ........................................................... 9

4. Desenvolvemento do proxecto ......................................................................................................... 10

4.1 ANTEPROXECTO para os/as titores/as ........................................................................................ 10

4.2 PROXECTO de Execución para o Tribunal ................................................................................. 11

Page 3: ES17004 48 P1920 TFE - xn--deseodeproduto-tnb.galdeseñodeproduto.gal/wp-content/uploads/2019/09... · ES17004_48_ P1920 _TFE.doc Páxina 3 de 11 Modelo: MD85PRO02 Programación da

ES17004_48_ P1920_TFE.doc Páxina 3 de 11

Modelo: MD85PRO02 Programación da disciplina. Data 01/09/2017. Versión 1

1. Identificación e contextualización

Idiomas Galego / Castelán / Inglés / Francés

Departamento Deseño de Produto

Profesor/a

Ángel Lázaro Sastre

Jesús Villar Quintas

Araceli Díaz Cabanas

Irene Gago Pesado

Correo electrónico

Web http://xn--deseodeproduto-tnb.com/

Créditos ECTS

Distribución horaria dos créditos ECTS:18

Horas totais: 450

Horas de titoria semanais: 4

Horas de titoria no curso: 60

Horas de traballo non presencial na escola: 390

Descritores

Elaboración dun deseño orixinal dirixido ao ámbito da produción industrial no que se apliquen

e integren os coñecementos e competencias adquiridas nas diversas disciplinas do Grao en De-

seño.

Análise, definición e resolución dos aspectos conceptuais , estéticos e técnicos e verificación da

viabilidade do proxecto.

Codificación e transmisión da información gráfica e técnicas na planificación das distintas

etapas da produción industrial do proxecto.

2. Organización dos contidos

2.1 Bloque temático (único) - Traballo Fin de Estudos.2

1. O alumnado do TFE deberá propoñerlle ao departamento da familia profesional correspondente que estea cursando, nos prazos que para cada curso escolar se determinen desde a Área de Formación da escola, e ache-gando a documentación necesaria, o traballo ou tema concreto que pretende desenvolver. O departamento, vistas as propostas do alumnado, proporá a xefatura de estudos a asignación de titor/a, e determinará a ido-neidade do proxecto presentado en función dos requisitos exixibles. De non considerarse idónea a proposta formulada, o/a alumno/a deberá aceptar os cambios propostos polo/a titor/a, ou formular unha nova propos-ta, no prazo sinalado polo departamento.

2. Durante a realización do TFE, o alumnado poderá dispoñer dos espazos, instalacións e medios precisos exis-tentes no centro, coa tutela do/da docente que exerza a función de titor/a, e en horario e calendario que a xe-fatura de estudos determine.

3. Como parte integrante do TFE, o alumnado presentará unha memoria xustificativa do traballo realizado, que deberá conter un resumo desta nun idioma estranxeiro.

2 Artigo 35. Aspectos xerais do TFE

Page 4: ES17004 48 P1920 TFE - xn--deseodeproduto-tnb.galdeseñodeproduto.gal/wp-content/uploads/2019/09... · ES17004_48_ P1920 _TFE.doc Páxina 3 de 11 Modelo: MD85PRO02 Programación da

ES17004_48_ P1920_TFE.doc Páxina 4 de 11

Modelo: MD85PRO02 Programación da disciplina. Data 01/09/2017. Versión 1

4. A presentación e defensa do TFE poderá ser recollido en soporte dixital. En calquera caso, as gravacións ob-tidas quedarán perfectamente identificadas, catalogadas e arquivadas para os efectos de atender calquera re-clamación.

2.2 Desenvolvemento do TFE3

1. O TFE consistirá no desenvolvemento completo dun proxecto orixinal e inédito da especialidade das ensi-nanzas superiores de Deseño correspondente, coa execución material daquelas partes del que o tribunal en-cargado da súa organización, desenvolvemento e avaliación determine, cos condicionantes previos, de infor-mación, de redacción, de execución e de viabilidade técnica e económica o máis semellantes posible ás do ám-bito laboral, social, económico, cultural e produtivo real.

2. O tribunal encargado da organización, desenvolvemento e avaliación do TFE, atendendo ás instrucións ao respecto acordadas polo departamento da familia profesional da especialidade correspondente informará por escrito ao alumnado das partes que integran o TFE, especificando a documentación que forma parte de cada unha delas, sexan documentos gráficos, dixitais, desenvolvementos volumétricos dixitais ou reais, e o tipo de soporte en que deban ser presentados e o seu formato, incluída a memoria xustificativa sinalada no artigo 35.3 desta orde, e do calendario, horario e forma de entrega do TFE.

3. O alumnado do TFE deberá expoñer o seu TFE perante o tribunal en sesión pública, durante un máximo de vinte minutos, utilizando para iso os medios que xulgue oportunos, e o tribunal poderá formularlle ao alumna-do preguntas ou solicitar aclaracións sobre o seu TFE durante un tempo máximo de dez minutos.

4. A avaliación do TFE consistirá na constatación dos coñecementos que o alumnado amose dos contidos pro-pios da especialidade, e da valoración do nivel acadado nas de competencias transversais, xerais e específicas establecidas para esta disciplina no anexo I do Decreto 172/2015, do 29 de outubro.

2.3 Organización, supervisión, tutela e cualificación4

1. Para a organización, avaliación e cualificación do TFE, constituirase un tribunal integrado, preferentemente, por docentes da especialidade correspondente, nomeado pola dirección do centro, por proposta da xefatura de estudos deste, que estará integrado, cando menos, por un/unha presidente/a, un/ha secretario/a e un/ha vogal. Así mesmo, a dirección do centro nomeará un tribunal suplente. Sempre que a dispoñibilidade do profe-sorado do centro o permita, os/as docentes que desempeñen a tutela do alumnado no TFE non poderán for-mar parte do tribunal cualificador deste.

2. A Área de Formación da escola establecerá, no capítulo III do Plan anual, os criterios para o desenvolvemen-to do TFE en cada curso escolar, que se integrará no Plan anual, e que conterá, cando menos, os seguintes as-pectos:

a) Prazo/s, condicións e documentación precisa para a presentación e defensa das propostas de traballo por parte do alumnado, calendario e horario de defensa das propostas.

b) Asignación de titor/a do TFE a cada alumno/a, e horario semanal de atención por parte do/da titor/a, segundo dispoñibilidade do profesorado.

3 Artigo 36. Desenvolvemento do TFE

4 Artigo 37. Organización, supervisión, tutela e cualificación

Page 5: ES17004 48 P1920 TFE - xn--deseodeproduto-tnb.galdeseñodeproduto.gal/wp-content/uploads/2019/09... · ES17004_48_ P1920 _TFE.doc Páxina 3 de 11 Modelo: MD85PRO02 Programación da

ES17004_48_ P1920_TFE.doc Páxina 5 de 11

Modelo: MD85PRO02 Programación da disciplina. Data 01/09/2017. Versión 1

c) Calendario de realización, prazo e forma de entrega do TFE, calendario e horario de exposición e de-fensa destes.

3. O alumnado do TFE contará coa tutela dun/dunha profesor/a da especialidade durante catro horas á semana durante o cuadrimestre correspondente, en horario que será determinado pola xefatura de estudos, oído o equi-po docente da especialidade e en función das súas necesidades de organización xeral.

4. Previamente, en data que determine o tribunal cualificador do TFE, os/as titores/as do alumnado que presente o TFE para a súa avaliación e cualificación, deberán achegar informe individualizado para cada alumno/a tutela-do/a, en relación co da tutela realizada, con indicación da asistencia do/da alumno/a aos horarios de tutela esta-blecidos, grao do seguimento das indicacións dadas e cantas outras circunstancias consideren significativas ou re-levantes para a correcta avaliación do TFE.

5. A cualificación do TFE será a media aritmética das cualificacións emitidas polos/as integrantes do tribunal pre-sentes na sesión de cualificación. Cando entre as puntuacións outorgadas exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima e calcularase a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

6. A cualificación no TFE expresarase en termos numéricos segundo a escala de 0 a 10 cun decimal. No caso de que a cualificación obtida polo alumnado resulte con máis de dous decimais, redondearase aos dous decimais por exceso. Á cualificación numérica engadiráselle a cualificación cualitativa segundo a relación establecida no artigo 31.1 desta orde. Consideraranse positivas as cualificacións iguais ou superiores a cinco e negativas as restantes. A acta incluirá un informe do tribunal elaborado para tales efectos.

2.4 Matricula e promoción

Artigo 10. Matrícula

1. O alumnado soamente poderá realizar matrícula con carácter presencial nas ensinanzas superiores de Deseño, en calquera das súas especialidades.

6. O alumnado matricularase no Traballo Fin de Estudos (TFE) ao comezo do ano académico correspondente, e disporá de dúas convocatorias, ordinaria e extraordinaria respectivamente, para a superación desta disciplina. A avaliación e cualificación correspondente á convocatoria ordinaria realizarase ao remate do segundo cuadrimes-tre de cada ano académico, e a correspondente á convocatoria extraordinaria realizarase no mes de xullo. De ser o caso, o alumnado que non supere ou non presente o traballo fin de estudos (TFE) no curso escolar en que finali-za os estudos, terá dereito a utilizar as convocatorias correspondentes durante o primeiro cuadrimestre do se-guinte ano académico.

7. Excepcionalmente, o/a xefe/a de estudos do centro poderá autorizar a matrícula no traballo fin de estudos (TFE) ao alumnado con disciplinas pendentes, agás que as disciplinas pendentes pertenzan á materia de Proxectos de Deseño Gráfico, Proxectos de Deseño de Interiores, Proxectos de Deseño de Moda e Indumentaria e Proxectos de Produtos e de Sistemas, e sempre que a suma dos créditos asociados a estas non sexa superior a 18.

Artigo 12. Promoción

1. O alumnado das ensinanzas superiores de Deseño disporá, con carácter xeral, de catro convocatorias para a superación das diferentes disciplinas integradas nestes estudos, agás nas disciplinas de prácticas externas (PE) e no traballo fin de estudos (TFE), nas cales soamente disporá de dúas convocatorias.

Page 6: ES17004 48 P1920 TFE - xn--deseodeproduto-tnb.galdeseñodeproduto.gal/wp-content/uploads/2019/09... · ES17004_48_ P1920 _TFE.doc Páxina 3 de 11 Modelo: MD85PRO02 Programación da

ES17004_48_ P1920_TFE.doc Páxina 6 de 11

Modelo: MD85PRO02 Programación da disciplina. Data 01/09/2017. Versión 1

2.5 Temporalización

Curso 2018-2019

Convocatoria do primeiro cuadrimestre (outubro - febreiro) ALUMNADO SEGUNDA MATRICULA

Convocatoria Ordinaria / Extraordinaria (febreiro-xullo) ALUMNADO DE PRIMEIRA MATRICULA

2.6 Calendario

2.6.1 1º Cuadrimestre: SEGUNDA MATRICULA

Reunión co departamento de deseño de produtos: ENTREGA DE ANTEPROXECTOS

Primeira convocatoria Venres 20 de setembro ás 10:00, na aula 31a

O alumnado presentará presencial ou electrónicamente toda a documentación relativa ao proxecto que pretende desenvolver en forma de anteproxecto coa documentación precisada no punto 4.1

Segunda convocatoria

Venres 27 de setembro as 10:00 horas na aula 31ab Soamente pode optar a esta segunda convocatoria o alumnado que presento un anteproxecto o día vinte e rexeitouse.

Asignación definitiva de titores do TFE a cada alumno/a que se lle acepte o anteproxecto

Data de entrega do TFE

Luns 13 de Xaneiro, ata as 14:00 na Secretaría da EASD. Data da defensa do TFE

Luns 20 de xaneiro, no Salón de Actos, por orde alfabética e no horario que se determine en función do número de defensas. Publicación cualificacións

Venres 24 de xaneiro. Prazo de renuncia de convocatoria

Ata o 9 de xaneiro, por escrito dirixido ao Director. Convocatoria extraordinaria do primeiro cuadrimestre (febreiro)

Prazo de renuncia: 6 febreiro

Entrega 10 febreiro Defensa 14 de febreiro

Avaliación extraord. 21 de febreiro

Page 7: ES17004 48 P1920 TFE - xn--deseodeproduto-tnb.galdeseñodeproduto.gal/wp-content/uploads/2019/09... · ES17004_48_ P1920 _TFE.doc Páxina 3 de 11 Modelo: MD85PRO02 Programación da

ES17004_48_ P1920_TFE.doc Páxina 7 de 11

Modelo: MD85PRO02 Programación da disciplina. Data 01/09/2017. Versión 1

2.6.2 2º Cuadrimestre: Alumnado en Primeira matricula

Reunión co departamento

Venres 18 de outubro as 10:00, na aula 31a

Entrega das propostas para desenvolver no segundo cuadrimestre do curso escolar 19-20

Data de entrega de anteproxectos

Venres 25 de outubro as 10 horas na aula 31a/b

O alumnado presentará toda a documentación precisada no punto 4.1 Asignación de titores do TFE a cada alumno/a que se lle acepte o anteproxecto

Data de entrega do TFE

Venres 15 de maio, ata as 14:00 na Secretaría da EASD.

Data da defensa do TFE

Luns 26 de maio, no Salón de Actos, por orde alfabética e no horario que se determine en función do número de defensas

Publicación cualificacións

Venres 29 de maio.

Prazo de renuncia de convocatoria ordinaria

Ata o11 de maio, por escrito dirixido ao Director. Convocatoria EXTRAORDINARIA

Prazo de renuncia: 10 de xuño Data da entrega: 15 de xuño Data da defensa: 29 de xuño

Avaliación extraord. 3 de xullo

TÓDALAS DOCUMENTACIÓN -- INCLUÍDAS MAQUETAS E PRESENTACIÓNS-- PRESENTARASE NO PRAZO DE

ENTREGA SINALADO NESTE DOCUMENTO.

AS PRESENTACIÓNS QUEDARAN COLGADAS NA PAXINA WEB : HTTP://XN--DESEODEPRODUTO-TNB.COM/

OU NO SEU DEFECTO OS ENLACES COA PÁXINA WEB DO/A DESEÑADOR/A.

Page 8: ES17004 48 P1920 TFE - xn--deseodeproduto-tnb.galdeseñodeproduto.gal/wp-content/uploads/2019/09... · ES17004_48_ P1920 _TFE.doc Páxina 3 de 11 Modelo: MD85PRO02 Programación da

ES17004_48_ P1920_TFE.doc Páxina 8 de 11

Modelo: MD85PRO02 Programación da disciplina. Data 01/09/2017. Versión 1

3. Avaliación

3.1 Criterios de avaliación

a. Os criterios de avaliación específicos abaixo relacionados conforme a lexislación vixente (DECRETO

172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores

de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia) os criterios de avaliación (Específicos) recollen o grao de

consecución das competencias profesionais.

b. A porcentaxe conforme ao procedemento explicitado no apartado 3.2 é 85% que corresponde ao tribunal

1. Aceptar e respectar as diferentes funcións subordinadas, participativas ou de liderado que se poden dar

na redacción dun proxecto de deseño dun produto.

2. Comunicar, como deseñador/a, a estrutura, funcionalidade, valores estéticos de significación e caracte-

rísticas do proxecto dun produto, nun contexto artesanal ou industrial determinado.

3. Coñecer as implicacións técnicas máis significativas que supón a súa actividade profesional e ser capaz

de desenvolvelas nas súas aplicacións prácticas, con independencia do xeito concreto da forma de pro-

dución en que se atope.

4. Coñecer os procesos e recursos propios do traballo de deseño en equipo multidisciplinar, mostrando ca-

pacidade de adaptación e flexibilidade ante as exixencias do traballo e capacidade de integración no

grupo.

5. Construír unha idea da actividade do/a deseñador/a de produtos coherente e propia, con independencia

das relacións de produción concretas.

6. Debater e explicar verbalmente as súas formulacións proxectuais a fabricantes, clientes/as ou usua-

rios/as, así como responder ao reto que supón facilitar a comprensión destas a colectivos diversos.

7. Dominar a lectura de necesidades funcionais e a formalización de respostas coherentes no deseño e na

produción de obxectos.

8. Interactuar de xeito coherente e eficaz en todo tipo de proxectos de deseño de produtos participativos,

con independencia do seu ámbito de formalización, complexidade ou produción.

9. Interpretar a propia actividade como deseñador/a de produtos como unha oportunidade de posta en

marcha de prescricións que contribúan ao desenvolvemento de actividades produtivas economicamente

sustentables.

10. Dar resposta na propia actividade como deseñador/a de produtos ás exixencias ergonómicas, funcionais,

construtivas e proxectuais que atendan á diversidade do ser humano practicando un deseño para todas

as persoas.

11. Actualizar permanentemente información relativa aos cambios sociolóxicos, ás relacións de produción e

distribución de produtos e incorporar as súas consecuencias á propia actividade de deseño.

Page 9: ES17004 48 P1920 TFE - xn--deseodeproduto-tnb.galdeseñodeproduto.gal/wp-content/uploads/2019/09... · ES17004_48_ P1920 _TFE.doc Páxina 3 de 11 Modelo: MD85PRO02 Programación da

ES17004_48_ P1920_TFE.doc Páxina 9 de 11

Modelo: MD85PRO02 Programación da disciplina. Data 01/09/2017. Versión 1

3.2 Procedemento A cualificación do Proxecto é global e única, tendo en consideración tódolos contidos elaborados individualmente e a súa defensa oral.

A cualificación final será a media ponderada das cualificacións obtidas nos apartados do anteproxecto, proxecto e a súa defensa oral como figuran resumidos na táboa seguinte ( e desagregados e cuantificados no anexo 1)

Resolución do anteproxecto

Capacidade práctica de resolución de problemas mediante a aplicación de métodos creativos e presentación da proposta razoada ao tribunal/titores.

15%

Resolución do proxecto

Fase de Análise do proxecto y realización de estudos de simulación, animación, soste-nibilidade, etc.... Estudios sociolóxicos, antropolóxicos, legais, etc...

20%

Desenvolvemento gráfico do proxecto. Aplicación práctica das habilidades gráficas: Competencias en debuxo técnico, artístico y color. Deseño gráfico e Imaxe visual do produto

20%

Desenvolvemento técnico del proxecto. Redacción da memoria técnica, programa-cións, prego de condicións, procesos de fabricación, fichas de materiais, escandallos e orzamentos

20%

Documentos e materiais entregados / Defensa

Redacción da documentación, maquetación e aplicación da tecnoloxía dixital na pre-sentación e defensa dos proxectos

10%

Realización dos seguimentos / Informe do titor ou da titora 15%

IMPORTANTE: Un/unha alumno/a non pode continuar na seguinte convocatoria a realización do mesmo proxecto soamente na convocatoria extraordinaria do mesmo cuadrimestre.

3.3 Instrumentos de avaliación e criterios de cualificación

Os instrumentos de avaliación consideran o cumprimento dos obxectivos desta materia. (Guía pax 5)

O criterio xeral é elaborar un deseño orixinal dirixido ao ámbito da produción industrial e con entidade suficiente

a xuízo do Tribunal, realizado individualmente polo/a alumno/a, co fin de demostrar que está capacitado para de-

sempeñar unha actividade profesional no campo do deseño de produtos.

E os criterios específicos, en consonancia cos criterios anteriormente relacionados son:

aplicar e integrar os coñecementos adquiridos nas diversas materias dos Estudos

analizar, definir e resolver os aspectos conceptuais, estéticos e técnicos e verificar a viabilidade do proxecto

codificar e transmitir correctamente a información gráfica e técnica necesaria na planificación das distintas

etapas da produción industrial do proxecto.

Page 10: ES17004 48 P1920 TFE - xn--deseodeproduto-tnb.galdeseñodeproduto.gal/wp-content/uploads/2019/09... · ES17004_48_ P1920 _TFE.doc Páxina 3 de 11 Modelo: MD85PRO02 Programación da

ES17004_48_ P1920_TFE.doc Páxina 10 de 11

Modelo: MD85PRO02 Programación da disciplina. Data 01/09/2017. Versión 1

Traballar baixo as directrices do/a titor/a asignado polo departamento e incorporar as súas solucións alterna-

tivas e correccións aos problemas do proxecto.

Comunica-los contidos do proxecto ao tribunal, argumentar razoadamente e canalizar o diálogo na súa de-

fensa pública.

Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral

e a propiedade intelectual e industrial.

4. Desenvolvemento do proxecto

Aos efectos académicos e de seguimento del TFE establécense as fases seguintes:

1. Anteproxecto

2. Proxecto para a execución

As dúas fases aparecerán integradas no proxecto que se presentará ante o tribunal do xeito que

se especifica mais adiante.

4.1 ANTEPROXECTO para os/as titores/as

Sobre a base da súa proposta o/a alumno/a determinará as especificacións do produto a

desenvolver e efectuará as investigacións oportunas de todo tipo para poder presentar ao

departamento.

O anteproxecto que deben aceptar os/as titores/as como directores do mesmo se compón dos

seguintes apartados que serán completados e mellorados no Proxecto Final para a Execución.

1. Memoria xeral

2. Anexos

3. Planos

Uno: A memoria xeral debe ter os seguintes apartados:

1. Identificación do deseñador/a, centro de desenvolvemento...

2. Memoria descritiva(Identificando as necesidades, definir o campo de aplicación do

obxecto e o seu mercado obxectivo, establecendo as especificacións do produto a

deseñar, os seus valores, ideais e os admisibles.)

3. Memoria xustificativa das solucións presentadas cos bosquexos das sucesivas ideas

exploradas.

4. Normativa de aplicación aos produtos tema do proxecto que ten que conter a relación

de la normativa sectorial, autonómica, Nacional y/o Europea que afecte ao proxecto.

Dos: Nos Anexos se deben indicar e cuantificar a relación de estudos que se van a realizar:

1. Estudios sociais, culturais, ambientais e estruturais dos ámbitos implicados (base socio-

antropolóxica)

Page 11: ES17004 48 P1920 TFE - xn--deseodeproduto-tnb.galdeseñodeproduto.gal/wp-content/uploads/2019/09... · ES17004_48_ P1920 _TFE.doc Páxina 3 de 11 Modelo: MD85PRO02 Programación da

ES17004_48_ P1920_TFE.doc Páxina 11 de 11

Modelo: MD85PRO02 Programación da disciplina. Data 01/09/2017. Versión 1

2. Estudos ergonómicos e antropométricos

3. Simulación, Sostenibilidade, etc...

4. Modelos e maquetas de estudo (físico ou dixitais)

Tres: os Planos deben caracterizar dun modo xeral os produtos a realizar

1. Planos xerais de tódalas pezas proxectadas

2. Axonometrías e/ou renderizados (cos estudos previos de cor e textura)

4.2 PROXECTO de Execución para o Tribunal

O Proxecto para a execución e defensa pública deberá conter cantos datos, razoamentos e

conclusións como sexan necesarios para a descrición correcta e interpretación inequívoca do

obxecto deseñado, tanto gráficas como escritas e axustarase en todo a norma de presentación

UNE 157001 e normas alí relacionadas.

A maiores a memoria deberá incluír

1. unha "declaración" de onde o autor ou autora do proxecto asine que tódolos deseños e

investigación son orixinais.

2. tódolos arquivos dixitais coas pezas deseñadas, renderizados, etc...

Santiago, setembro 2019