eoi de ferrol 2017-18… · as primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta...

22
1 PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO EOI DE FERROL

Upload: others

Post on 28-May-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

1

PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

EOI DE FERROL

Page 2: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

2

1. INTRODUCIÓN ....................................................................................................................... 3

1.1. Marco e método de elaboración do PEC ........................................................................ 3 1.2. Historia do centro ........................................................................................................... 3

2. CONTEXTUALIZACIÓN DO CENTRO ....................................................................................... 4 2.1. Situación socioeconómica e cultural da comarca ........................................................... 4 2.1.1. Situación e área de cobertura da escola...................................................................... 4 2.1.2. Ferrol e o mar .............................................................................................................. 4 2.1.3. Actividades económicas ............................................................................................... 5 2.1.4. O estado da cuestión na actualidade .......................................................................... 5 2.1.5. Cultura.......................................................................................................................... 6

3. O CENTRO………………………………………………………………………………...………................................7 3.1. Descrición física e dotación material .............................................................................. 7 3.2. Recursos humanos .......................................................................................................... 8 3.3. Oferta educativa ............................................................................................................. 8 Outros Cursos......................................................................................................................... 9 3.4. Características do alumnado .......................................................................................... 9 3.5. Características do profesorado ..................................................................................... 11 3.6. Características do persoal non docente ....................................................................... 13

4. CONTACTO CON OUTRAS INSTITUCIÓNS ............................................................................ 14 5. PRINCIPIOS METODOLÓXICOS ............................................................................................ 16 6. OBXECTIVOS DO CENTRO ................................................................................................... 17

6.1. Actividades Culturais: ................................................................................................... 18 6.2. Programa de promoción de linguas .............................................................................. 19 6.3. Formación do profesorado no propio centro……………………………….…….....................…18 6.4. Biblioteca como aula de autoaprendizaxe………………………………………........................…18 6.5. Recursos tecnolóxicos…………………………………………………..............………........................18 6.6. Atención das suxestións, peticións e reclamacións. .................................................... 20 6.7. Transmisión da información ......................................................................................... 21 6.8. Funcionamento das titorías .......................................................................................... 21

7. ELABORACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS .......................................................... 21 8.AVALIACIÓN …………………………………………………………………………….................................…..21

Page 3: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

3

1. INTRODUCIÓN

1.1. MARCO E MÉTODO DE ELABORACIÓN DO PEC No curso 2004/2005 foi elaborado o primeiro Proxecto Educativo de Centro a través dun grupo de traballo composto por sete membros.

No curso 2006/2007 levouse a cabo unha actualización, tanto lingüística como do contido deste documento. Fíxose a través dun proxecto de formación e asesoramento en centro no que participou a meirande parte do claustro.

O Decreto 189/2010, do 11 de novembro de 2010, polo que se establece o Regulamento Orgánico das escolas oficiais de idiomas, establece no artigo 48 as directrices para a elaboración do PEC nas escolas de idiomas, polo tanto xorde a necesidade de actualizar o xa existente e adaptalo á nova lexislación. O equipo directivo asume a tarefa de coordinación da dita adaptación, coa participación de toda a comunidade educativa e presenta un novo PEC para ser aprobado polo claustro e o consello escolar.

Durante o curso 2014-2015 detéctase a necesidade de actualización da información recollida no PEC polo que o equipo directivo asume a revisión e presenta a actualización do PEC ao claustro e ao consello escolar para a súa aprobación. 1.2. HISTORIA DO CENTRO

A Escola Oficial de Idiomas de Ferrol está situada en pleno centro da cidade, ocupando dúas das principais rúas da cidade: por un lado, a rúa Magdalena (o barrio da Magdalena está declarado como barrio de interese histórico-artístico) e por outro, a rúa Real. As dúas son rúas peonís.

No ano 1989, comezou a súa andaina con tres idiomas: francés, galego e inglés. Daquela contaba cun Claustro de oito profesores (tres de francés, un de galego e catro de inglés). Había un total de 846 alumnos/as (225 de francés, 125 de galego e 496 de inglés).

Posteriormente, no ano 1994, abriuse a matrícula para a lingua alemá e, no curso 2003 –2004, a oferta educativa de idiomas viuse incrementada coa lingua italiana. Finalmente, no ano 2007-2008 incrementouse a oferta coa lingua portuguesa. A oferta educativa comezou a diversificarse a partir do curso 2007-2008 coa introdución de cursos de formación de profesorado, cursos preparatorios para a adquisición dos Celga e cursos de linguaxe administrativa.

No curso 1999-2000, dado o calamitoso estado do edificio e a declaración como edificio en estado ruinoso, produciuse un traslado provisional da EOI. O traslado foi ao barrio de Caranza onde se compartiu edificio co CEIP Manuel Masdías e co centro Santa María de Caranza, onde estaban situados o INGABAD e a EPA.

O cambio de situación tivo consecuencias negativas para o centro, tales como unha considerable perda de alumnado, unha asistencia moi irregular que xunto ás carencias de recursos no centro dificultaron moito o labor educativo.

Page 4: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

4

Pero no curso 2003-2004, vólvese ao centro da cidade, á situación orixinaria, a un novo edificio coas consecuencias positivas de recuperación de alumnado, estabilidade nas aulas e unha moi boa dotación de recursos materiais.

Dende o ano 2008-2009, abriuse unha sección da EOI de Ferrol na vila de Cedeira situada nas instalacións pertencentes ao IES Punta Candieira, onde traballan 2 docentes de inglés pertencentes ao claustro desta escola de idiomas.

En xullo de 2012 creouse unha nova sección da EOI de Ferrol nas Pontes, situada no IES Castro da Uz, onde traballan dous docentes a xornada completa e un docente a media xornada.

2. CONTEXTUALIZACIÓN DO CENTRO

2.1. SITUACIÓN SOCIOECONÓMICA E CULTURAL DA COMARCA

2.1.1. Situación e área de cobertura da escola

Once son os concellos que conforman a comarca de Ferrol: Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, Somozas e Valdoviño.

A toda esta comarca, e como único centro público de ensino de linguas estranxeiras para adultos, dálle servizo e cobertura a EOI de Ferrol xunto coa súa extensión de Cedeira. A escola de idiomas de Ferrol está situada no lugar do antigo edificio de Mestría Industrial, refeito agora por enteiro e inaugurado durante o ano académico 2003-2004.

Recuperáranse co retorno á antiga situación -centro urbano, comercial e funcional para o alumnado- copisterías, librerías, axencias de viaxes, bancos, comercios e supermercados, paradas de taxis, estacións, liñas urbanas, biblioteca municipal e da universidade, Campus, UNED, IES, centros privados de estudos, edificios administrativos da Xunta, as sedes dos sindicatos …

2.1.2. Ferrol e o mar

A principal característica da nosa cidade é a beleza que o enclave marítimo lle outorga, e é ademais determinante para a súa historia marcada por feitos militares e navais. Diso dan conta a Porta Nova, os escasos restos da muralla defensiva de fronte á Malata, e os castelos -Castelo da Palma e Castelo de San Felipe- e que prestan agora o seu encanto ás escenificacións que o Concello comeza a realizar de feitos históricos puntuais (a Batalla de Brión). Outro vestixio histórico é a muralla do estaleiro e o arsenal que impide ver o mar.

É unha zona de grande importancia medio-ambiental: Ferrol é o único enclave europeo no que aniñan algunhas especies de aves migratorias procedentes de África; presenta non só as praias, tamén unha lagoa de auga doce con londras, ou unhas peculiares correntes marítimas que renovan a auga de absolutamente toda a ría e fan que haxa

Page 5: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

5

especies –coma a ameixa- que desenvolven na zona características únicas en canto a calidade.

2.1.3. Actividades económicas

Non é de estrañar que as principais actividades económicas estivesen, e aínda estean, ligadas ao mar. Os estaleiros foron a principal fonte económica da cidade e proporcionáronlle unha precoz expansión industrial, económica e urbanística con respecto ao resto do Estado.

No seu momento, a parte militar de toda esta industria e o crecemento demográfico debido á alta natalidade e a inmigración contribuíron a un desenvolvemento do comercio que deixou unha forte pegada ata os nosos días, facendo florecer diversas industrias como a téxtil, a fabricación de xabón, de lápices, a edificación das grandes barriadas periféricas… Viuse así mesmo favorecido o desenvolvemento das artes e oficios artísticos.

O porto continúa ligado (aínda que en menor medida) a sectores como as madeireiras ou ao metal (descartes e desmantelamento).

2.1.4. O estado da cuestión na actualidade

Actualmente o desmantelamento do mundo militar e a reconversión de sectores (dúas reconversións navais nun período de vinte anos) fan observar unha serie de consecuencias derivadas do importante declive económico: o menor peso da industria ante o comercio, un dos índices de paro máis altos do Estado, un gran descenso da natalidade, a emigración da xente nova na procura de traballo ou ampliación de estudos, envellecemento progresivo da poboación, hábitos de consumo excesivo, subida de alugueiros, asistencia social pouco activa e descoido nos edificios e na habitabilidade dalgúns barrios (Ferrol Vello, Canido). Fronte a iso ábrese, nos últimos tempos, un plan de potenciación moi diversificado por parte do Concello:

Parques empresariais como o da Gándara, o das Lagoas, ou do Río do Pozo que dan paso a iniciativas de viveiros de empresas de distinta índole.

Proxectos como o recente Porto exterior de Ferrol pretenden dar un pulo e revocar a situación de certa decadencia, dotando á cidade de modernas infraestruturas. Xunto co Porto exterior da Coruña e con todas as empresas e polígonos industriais situados entre ambos os portos estase a formar unha importante rexión industrial loxístico-marítima.

A planta de gas é outra das empresas que, por razóns de saúde ambiental, non acaba de callar na aceptación popular.

Dáse unha mellora das comunicacións coa autoestrada AP-9 que favorece a explotación turística da zona. As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo Ferrol Modernista ou o Castelo de San Felipe, as visitas ao Arsenal e o Museo Naval. Tamén hai iniciativas máis respectuosas co medio,como o fomento do turismo verde dentro do contorno de Ferrolterra.

Intento de diversificación e ampliación da oferta educativa universitaria na comarca:

Page 6: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

6

O Grao en Enxeñería en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto, Enfermería, Podoloxía, Ciencias do traballo e Humanidades son as titulacións ofertadas actualmente no campus de Esteiro.

Grao en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática e Grao en Enxeñaría Eléctrica no

campus de Serantes.

Desde o curso 2010-2011 a escola politécnica superior imparte os títulos de grao en Arquitectura Naval, Enxeñería en Propulsión e Servizos do Buque, Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Enxeñería Mecánica e Enxeñaría Naval e Oceánica, así como un Programa de simultaneidade do grao en Enxeñaría mecánica e en Enxeñaría naval. A oferta formativa complétase coa posta en funcionamento dos mestrados en Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Naval e Oceánica, Fotónica e Tecnoloxías do Láser e Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía.

CIS GALICIA é un centro tecnolóxico que ten como misión aumentar a capacidade de innovación da industria galega, mellorando a súa competitividade a través da xeración e aplicación de tecnoloxía e coñecemento. Nos últimos anos o centro participou en diversos proxectos de I+D a nivel rexional, nacional e europeo. Así mesmo prestou servizos a empresas de diferentes sectores como o da automoción, naval, audiovisual, enerxético… Inicia a súa actividade o 29 de xullo de 1995, primeiro baixo a tutela do Igape e a partir do 1 de xaneiro de 2014 integrándose dentro da Axencia Galega de Innovación

2.1.5. Cultura

O cidadán pode gozar das seguintes actividades culturais e deportivas:

Casa da Muller: Actividades promovidas pola concellaría de Igualdade e por asociacións de colectivos de mulleres.

Bibliotecas: a Casa do Patín e a Biblioteca Municipal.

Exposicións: Centro Cultural Torrente Ballester, Centro Cultural Carvalho Calero, Ateneo Ferrolán, Galería Sargadelos, Exponav, Museo Naval, Xornalismus (Diario de Ferrol)

Teatro Jofre: Eventos culturais de diversa índole ao longo de todo o ano.

Literatura: premios “Fernán Esquío” de poesía, Ricardo Carvahlo Calero de investigación lingüística e creación literaria e “Curuxa” de humor (Fene).

Mostras: museo Bello Piñeiro (pintura)/ Fundación Caixa Galicia/ Museo do Humor (Fene)

Xornais: Diario de Ferrol e Voz de Galicia.

Page 7: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

7

Cine: Desaparición da maioría dos cines ferroláns no centro da cidade e apertura de salas en grandes superficies de Narón. Cine Duplex, único cine de barrio existente en Ferrol, ofrece actividades alternativas ás proxeccións tradicionais.

Radio: Radiovoz Ferrol, Cadena Dial, Cadena COPE, Radio Filispín.

Televisión local: Ferrol Canal 31.

Tradición musical: festas e festivais tradicionais (Pepitas, romarías da zona). O Conservatorio. O certame Constantino Bellón e outras iniciativas do Ateneo Ferrolán.

Tradición teatral de Ferrol: Teatro Jofre en Ferrol e Pazo da Cultura no Concello de Narón con escola de teatro e grande oferta de actuacións.

Natureza: Sociedade Galega de Historia Natural, Club de Montaña.

Aquaciencia: Xardín didáctico da auga; exposición permanente no Parque Raíña Sofía.

Deportes: Pantin Classic (surf), praias, baloncesto Club Universitario de Ferrol, fútbol (Racing de Ferrol) e piragüismo así como unha ampla oferta de escolas deportivas.

3. O CENTRO

A Escola Oficial de Idiomas de Ferrol ocupa o lugar do antigo edificio de Mestría Industrial, refeito agora por enteiro e inaugurado no ano 2003.

É un edificio completamente novo, moderno e funcional formado por dúas ás unidas entre si por pasarelas acristaladas. O material predominante é o cristal, o que permite unha ampla visibilidade dos espazos comúns. 3.1. DESCRICIÓN FÍSICA E DOTACIÓN MATERIAL

En canto aos espazos físicos e á dotación material, o centro conta con:

19 aulas dotadas de televisión , DVD, ordenador portátil, canón, pizarra tradicional e pizarra dixital, sistema de audio no falso teito para unha mellor audición.

Unha aula multimedia.

Unha biblioteca dotada de canón de vídeo, seis ordenadores, catro para uso do alumnado e dous para uso do profesorado de garda e coordinador da biblioteca.

Cinco departamentos dotados de ordenadores de sobremesa e portátiles.

Unha sala de profesores dotada dunha cadea musical e dun ordenador.

Un salón de actos con 125 prazas, dúas cabinas de tradución e canón de vídeo, pantalla blanca e son no falso teito.

Unha conserxería cunha fotocopiadora e un ordenador.

Unha reprografía cunha fotocopiadora e un ordenador.

Page 8: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

8

Tres despachos de dirección dotados con catro ordenadores, dúas impresoras e un escáner.

Unha oficina de administración dotada de 2 ordenadores e fotocopiadora e impresora a cor.

Baños para homes e mulleres en cada planta. Baños para discapacitados na planta baixa.

Unha cafetaría con terraza no patio interior da escola.

Ascensor de uso restrinxido (mobilidade reducida).

Dependencias no soto onde está a caldeira da calefacción, o centro de transformación e dous espazos que serven de almacén.

A disposición do profesorado hai gravadoras, cámara fotográfica dixital e cámaras de vídeo e impresora a cor.

3.2. RECURSOS HUMANOS

O claustro de profesorado desta escola no curso actual (2017/2018) consta de 38 membros, dos cales 20 son profesores de inglés (16 pertencentes á sede de Ferrol, 2 profesores a xornada completa e 1 a media xornada á sección das Pontes e dous na sección de Cedeira), 4 profesores a xornada completa e 1 a media xornada de francés, 4 profesores a xornada completa e 1 a media de alemán, 2 de galego, 3 de italiano e 2 de portugués.

Cóntase neste curso tamén con dous axudantes lingüísticos de alemán e francés. Dispoñer deste recurso humano é moi positivo para escola, xa que para o alumnado é moi gratificante estar en contacto directo con falantes nativos.

Con respecto ao persoal non docente, o centro conta con 2 administrativas, 4 conserxes e 2 membros do persoal de limpeza. 3.3. OFERTA EDUCATIVA

As modalidades de estudo son:

Oficial presencial: os niveis educativos que se imparten son Nivel Básico 1 e 2 , Intermedio 1 e 2 e Avanzado 1 e 2 de todos os idiomas e o nivel C1 de inglés, portugués e galego. Estas ensinanzas están reguladas polo DECRETO 191/2007 (Básico e Intermedio), 239/2008 (Avanzado) e a ORDE do 8 de outubro de 2012 (Nivel C1)

A distancia (That´s English): só para a lingua inglesa. A escola é centro de apoio titorial pero non administrativo. Isto quere dicir que o alumnado realiza as xestións administrativas na EOI de Coruña pero recibe titorías semanais e é avaliado na EOI de Ferrol. Estas ensinanzas están reguladas pola Orde ESP/1742/2008

Modalidade libre: nesta modalidade o alumnado ten a posibilidade de realizar as probas de certificación para acadar o nivel Básico, Intermedio e Avanzado de todas as linguas que se imparten nesta escola e C1 de galego, inglés e portugués . Estas ensinanzas están reguladas polo RD 1629/2006.

Page 9: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

9

Outros Cursos

Curso de actualización lingüística e comunicativa para o profesorado (CALC).

Cursos de Formación de profesorado

Cursos preparatorios para a obtención dos CELGA

3.4. CARACTERÍSTICAS DO ALUMNADO As seguintes estatísticas reflicten o perfil do alumnado desta EOI:

Alumnado por sexo:

Alumnado por idade:

Page 10: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

10

Alumnado por departamento:

Alumnado estranxeiro por procedencia:

Predominan os nados en Ferrol ou arredores e os residentes nesta mesma cidade ou en localidades próximas, como Narón, Fene, Pontedeume ou Neda.

O feito de que a EOI estea tan ben situada, no centro de Ferrol, fai que a meirande parte do alumnado se amose contenta coa súa localización na rúa Real e cos seus accesos. Non obstante, ao estar situada en pleno centro da cidade nunha zona peonil dificulta o aparcamento para o alumnado, ao ser o coche o medio de transporte máis utilizado.

Polo que respecta á actividade desenvolvida polo alumnado, destaca a gran cantidade de estudantes, así como de persoas que levan a cabo unha actividade profesional. Non obstante, tamén existe un elevado índice de persoas en situación de desemprego, que se ven incrementando nos últimos anos. Hai que engadir unha minoría de amas de casa, xubilados ou persoas con incapacidade profesional.

O nivel cultural é, en xeral, medio-alto. Predominan os que realizaron estudos de ensinanza secundaria ou superiores.

Page 11: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

11

Das seis linguas impartidas na escola, a que concentra unha porcentaxe máis grande de alumnos é inglés, seguida, en orde decrecente, de francés, alemán, italiano, portugués e galego. A quenda da tarde é a máis solicitada polo alumnado e, polo tanto, a que esixe un esforzo máis importante na organización do profesorado e das aulas.

Dos principais obxectivos que perseguen os matriculados na EOI, o máis recorrente é o de mellorar as perspectivas laborais ou as posibilidades de atopar emprego(non hai que esquecer que a idade maioritaria oscila entre os 26 e os 35 anos), seguido do de viaxar e de obter créditos para a Universidade. Outra finalidade, no caso do inglés, é a de navegar por Internet ou a de manter contacto con amigos. Un pequeno grupo faino por interese persoal, por pracer, por axudar os seus fillos con esta materia na escola.

Respecto aos recursos da escola, a meirande parte cre que está ben dotada. Os usuarios da biblioteca utilizan, sobre todo, o servizo de préstamo, aínda que tamén se serven dela como sala de lectura, de estudo, de consultas en Internet. 3.5. CARACTERÍSTICAS DO PROFESORADO

Os distintos departamentos agrupan 38 profesores. Os departamentos de portugués e galego dispoñen de 2 cada un, italiano de 3 , 4 profesores a xornada completa e 1 a media xornada pertencen a francés, 4 de a alemán a xornada completa e 1 a media xornada e 20 de inglés (dous deles na sección de Cedeira e outros dous a xornada completa e 1 a media xornada na sección das Pontes). Todos os docentes están impartindo a súa especialidade.

As seguintes estatísticas reflicten o perfil do profesorado desta EOI:

Departamentos:

Idade:

Page 12: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

12

Sexo:

Lugar de residencia:

Page 13: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

13

3.6. CARACTERÍSTICAS DO PERSOAL NON DOCENTE

O persoal non docente do centro está formado por 8 membros, cun nivel de estudos que varía dende o graduado escolar e o BUP ata diferentes especialidades de formación profesional e universitarias. Este equipo consta dunha xefa de Secretaría e unha auxiliar de Secretaría, as dúas con posto definitivo, catro conserxes, dúas mulleres e dous homes, todos eles con destino definitivo no centro, e dous membros do persoal de limpeza definitivos.

Idade:

Page 14: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

14

Sexo:

4. CONTACTO CON OUTRAS INSTITUCIÓNS

A EOI de Ferrol pretende ser unha institución aberta á colaboración e cooperación con outras entidades pertencentes ao contexto sociocultural da nosa cidade. Mostra disto son as iniciativas e contactos iniciados e dos que, a continuación, damos brevemente conta.

CENTROS EDUCATIVOS DA COMARCA:

O IES Punta Candieira de Cedeira dende o curso 2008-09 e o IES Castro da Uz dende o curso 2012-13 acollen as seccións de Cedeira e As Pontes da escola de Idiomas de Ferrol, onde se imparte inglés ao alumnado da zona de influencia dos respectivos IES.

Todos os centros educativos da comarca reciben información detallada das actividades culturais que se realizan na escola e son invitados a participar nas actividades que están recollidas como “de portas abertas” na programación xeral anual.

A partir do segundo cuadrimestre poden participar no Programa de Promoción de Linguas, o cal lles dá a oportunidade de coñecer a escola. O alumnado e profesorado de 3º ciclo de primaria, ESO e Bacharelato pode solicitar unha visita a este centro, recibir información detallada e asistir a clases-mostra en distintas linguas.

Especial mención merece o IES Leixa. No curso 2004-2005, comeza a colaboración entre o Departamento de Artes Gráfica deste centro e a EOI de Ferrol. O alumnado e profesorado dese departamento realiza o deseño e maquetación da nosa revista escolar anual “Diálogo”, así como o deseño da maioría do material gráfico que se utiliza na escola (pósters, programas, trípticos…). Este alumnado e profesorado participa como asistente a unha das actividades ofertadas durante as “xornadas culturais”, que eles escollen.

Page 15: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

15

CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS

Os centros de formación e recursos teñen o obxectivo de formar permanentemente ao profesorado de ensino non universitario, favorecer o intercambio de experiencias e reflexións sobre os procesos educativos así como dinamizar a pedagoxía dos centros.

A colaboración entre os dous centros é continua e fluída, favorecendo ambos en todo momento a optimización dos recursos públicos (cesións de aulas na EOI, utilización de recursos tecnolóxicos do CFR,…)

Nos últimos anos a colaboración entre o CFR e a EOI veuse ampliada coa impartición de cursos de formación de profesorado e curso de actualización lingüística e comunicativa no propio centro por profesorado da escola.

APEOIGA

É a Asociación de Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.

Referimos aquí o artigo 2 dos estatutos onde se fixan como fins principais da Asociación de Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia:

1. Fomentar o ensino das linguas impartidas en todas as escolas oficiais de idiomas e o coñecemento das culturas dos respectivos países.

2. Promover entre os seus membros o intercambio de información científica, pedagóxica e metodolóxica dirixida aos obxectivos sinalados en 2.1.

3. Contribuír á celebración de seminarios e conferencias, así como á publicación de traballos referidos á investigación e ao ensino no eido das linguas e das culturas destes países.

4. Fomentar a colaboración cos organismos das Administracións estatal, autonómica e provincial encargados da investigación, da educación e da cultura, cos institutos de ciencias da educación, os centros de educación de profesores e centros universitarios relacionados coa formación do persoal docente.

5. Fomentar o intercambio de información sobre temas de interese profesional, laboral e administrativo entre os seus membros.

6. Promover a formación e renovación pedagóxica do profesorado das escolas oficiais de idiomas.

7. Facilitar o intercambio de profesores e alumnos das escolas oficiais de idiomas de Galicia con entidades afíns noutros países.

8. Fomentar a colaboración coas asociacións de dentro e fóra de España que persigan fins similares aos da Asociación de Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.

A Asociación serve tamén de canle de expresión ás demandas das EOI galegas.

BECO DA LINGUA, GOETHE , L’ARMATA BRANCALEONE

Page 16: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

16

A EOI de Ferrol é ademais sede oficial das Asociacións de alumnado e exalumnado Beco da Lingua, Goethe, L’armata Brancaleone, que teñen como obxectivo principal, segundo os propios estatutos, organizar actividades culturais diversas, especialmente vinculadas ás linguas e divulgalas entre o público en xeral. Para levar a cabo estes fins, poderán organizarse obradoiros, conferencias, sesións de traballo, cursos divulgativos, proxeccións, concursos e actos similares, someténdose en cada caso ao que dispoña a lexislación vixente.

OUTRAS COLABORACIÓNS

A boa dotación de espazos e recursos da escola permite que outras institucións de índole educativa e cultural e sen ánimo de lucro soliciten con frecuencia a súa cesión para a realización de actividades, cursos, conferencias, etc. (CFR, EGAP, Asociación Cultural Medulio, Escola de Música da Vaca…).

5. PRINCIPIOS METODOLÓXICOS

Os principios metodolóxicos desta escola son, ante todo, os dunha escola activa, dinámica (actividades extraescolares, proxectos), colaborativa (de todos os axentes da comunidade), aberta (colaboración e contacto con outras institucións locais e trasnacionais), que contribúe á aprendizaxe ao longo da vida , promove a autoaprendizaxe e o uso da TICs e en continua formación do profesorado.

Os departamentos didácticos seleccionarán os materiais didácticos baseándose en criterios que permitan mellorar o progreso do alumnado cara á adquisición dunha boa base de coñecemento do idioma e asegurando ao mesmo tempo a consecución dos obxectivos do nivel. Tamén proporá materiais didácticos para uso do alumnado que fomenten a auto aprendizaxe a través da biblioteca e das TIC.

A metodoloxía didáctica será fundamentalmente comunicativa, activa e participativa, dirixida ao logro dos obxectivos establecidos na Programación Xeral anual e nas Programacións Didácticas de cada departamento. Planificaranse actividades, tarefas e proxectos que favorecerán a comunicación oral e escrita, fomentando as catro destrezas comunicativas (EE, EO, CE e CO).

A aprendizaxe estará centrada no alumnado e nas súas necesidades. Este principio favorece a implicación deste na aprendizaxe, que se pode lograr: téndoo en conta á hora de deseñar as tarefas, traballando con materiais que respondan aos seus intereses; tendo en consideración os diferentes estilos de aprendizaxe e, xa que non é posible dar resposta a cada un deles por separado, polo menos axustar a nosa axuda ás características xerais do grupo; identificando os seus coñecementos previos para activalos antes de realizar unha tarefa; e desenvolvendo a súa capacidade de

Page 17: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

17

autoavaliación. Deste xeito, propoñendo tarefas e utilizando recursos e materiais de aprendizaxe que respondan aos seus intereses e aos seus futuros contextos de uso, lograremos maior motivación.

A aula enténdese como un espazo de comunicación, socialización e aprendizaxe onde se favorecerá o intercambio comunicativo. A selección e disposición dos recursos, medios, espazos, distribución do mobiliario facilitarán a aprendizaxe comunicativa. Ademais, teranse en conta outros espazos de socialización e aprendizaxe distintos da aula, dentro da escola (salón de actos, laboratorio, biblioteca, cafetería, patio) e fóra dela (a través de excursións, intercambios...)

A reflexión do docente, individualmente e en colaboración co alumnado, sobre o proceso de ensino-aprendizaxe axudará a obter conclusións e poder aplicar de xeito eficaz o enfoque metodolóxico adoptado, así como a poder proporcionarlle ao alumnado indicacións sobre o propio control e sobre as estratexias de aprendizaxe máis axeitadas.

A atención á diversidade, tanto de intereses como de coñecementos, capacidades e ritmos de aprendizaxe realizarase mediante recursos metodolóxicos que teñan en conta estas diferenzas, e que será obxecto dun apartado específico nas programacións dos departamentos respectivos.

O coñecemento das realidades culturais dos distintos países das linguas obxecto de aprendizaxe fomentarase a través de celebracións, viaxes, música, teatro, exposicións, conferencias, talleres, etc. Este aporte cultural permitirá achegar ao alumnado a unha nova perspectiva doutras realidades e culturas diferentes da súa propia para así romper posibles estereotipos e fomentar o respeto e tolerancia.

6. OBXECTIVOS DO CENTRO

o Favorecer a comunicación oral e escrita en distintas linguas. o Fomentar a autonomía do alumnado desenvolvendo estratexias que favorezan o seu

protagonismo no proceso de aprendizaxe. o Potenciar o uso das TIC dentro e fóra da aula entre o alumnado e o profesorado, e

aproveitar os recursos que ofrece Internet e a biblioteca do centro para a autoaprendizaxe.

o Favorecer o intercambio de técnicas, ideas e metodoloxía sobre as novas tecnoloxías entre o profesorado.

o Favorecer a implicación do alumnado nas actividades extraescolares, por parte do profesorado.

o Promover a pluralidade lingüística e cultural mediante viaxes, proxectos de intercambio, asociacións de aprendizaxe.

o Fomentar a participación do profesorado en actividades de formación permanente. o Levar a cabo proxectos específicos que favorezan o uso da lingua galega. o Promover a igualdade entre mulleres e homes a través de medidas inclusivas,

colaborativas e non discriminatorias.

Page 18: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

18

o Poñer a disposición do alumnado con dificultades de tipo cultural, físico ou psíquico os medios e adaptacións necesarios para a súa integración.

o Fomentar a prevención de conflitos entre os membros da comunidade educativa e facilitar a súa resolución a través de procedementos autocríticos e democráticos.

o Facer chegar á comunidade educativa toda a información debidamente clasificada. o Facilitar a información sobre as vías de reclamación, suxestións, etc. a toda a

comunidade educativa. o Optimizar o uso das instalacións e recursos materiais do centro, así como promover

a reciclaxe de materiais diversos evitando o seu uso indiscriminado.

A Programación Xeral Anual, que recolle o Proxecto Lingüístico de Centro, O Proxecto de Biblioteca, o Proxecto de Recursos, o Programa de Actividades Extraescolares e Complementarias, o Programa de Formación de Profesorado e as programacións didácticas dos distintos departamentos darán conta específica e explicitamente dos recursos de organización e de xestión para acadar a meirande parte dos obxectivos anteriores.

Todas as actividades lectivas, complementarias e extraescolares promoverán a igualdade e fomentarán actitudes de equidade entre homes e mulleres sen prexuízo de que se poidan realizar actividades específicas de concienciación ao respecto.

6.1. ACTIVIDADES CULTURAIS:

Xa temos implantadas, dende os últimos anos, actividades como concursos gastronómicos, tarxetas de Nadal, relatos curtos, xornadas culturais, obras de teatro, actuacións e rastros. Ademais, o centro produce a súa propia publicación: a revista “Diálogo”, elaborada integramente polo alumnado das seis linguas que se imparten, en colaboración co alumnado do departamento de Artes Gráficas do IES Leixa. Tamén se organizan viaxes aos diferentes países da fala a estudar. En suma, todo un marco plurilingüe e multicultural que caracteriza unha escola activa como pretende ser a EOI de Ferrol.

Os obxectivos e actividades anuais organízanse tendo en conta os resultados das actividades do curso anterior, e atendendo, na medida do posible, as suxestións da comunidade educativa.

As “Xornadas Culturais”, durante as que as actividades ordinarias de aula son substituídas por actividades culturais de distinta índole(cine, música, baile, teatro, gastronomía, obradoiros, conferencias, …) ofrecen aos asistentes (alumnado e non alumnado, xa que son de portas abertas) unha oportunidade única de coñecer e participar da herdanza cultural dos países das linguas de estudo. Preténdese que o alumnado estea implicado na súa organización e realización. Por eso hai unha urna á súa disposición para que propoñan as actividades que lles poden interesar e se fomenta a súa participación activa nas actividades.

Proxección Europea: por ser un centro de ensino de linguas estranxeiras, é de suma importancia dar ao alumnado a oportunidade de comunicarse, intercambiar e aprender en contextos auténticos. Así, a escola participou, xunto con Suecia e Turquía no proxecto Grundtvig 2 “Opening Doors”. Do 2009 ao 2011 a escola estivo a participar nunha asociación de aprendizaxe Grundtvig, “IP:Intercultural Patchwork”,con centros de outros 6 países (Escocia, Italia, Polonia, Portugal, República Checa e Turquía) e do 2012 ao 2014 o

Page 19: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

19

centro participou noutra asociación de aprendizaxe, “FROG”, con centros doutros 6 países (Grecia, Holanda, Italia, Lituania, Republica Checa, Turquía). Nestes momentos estase a traballar na busca de posibles proxectos colaborativos con outros países para os próximos anos.

6.2. PROGRAMA DE PROMOCIÓN DE LINGUAS

No empeño de que esta sexa unha escola aberta, dende o curso 2010-11 lévase a cabo este programa enfocado a alumnado de 3º ciclo de primaria, ESO e Bacharelato dos centros da comarca. O programa inclúe visitas guiadas pola escola, información administrativa e académica e clases-mostra nas distintas linguas que se imparten. Un dos obxectivos é dar a coñecer as linguas minoritarias coas que os rapaces e rapazas non teñen habitualmente contacto. Os centros de secundaria do contorno reciben con antelación a través do correo electrónico o impreso de solicitude e información dos horarios e da organización das clases-mostra, decididas con antelación na Comisión de Coordinación Pedagóxica. As solicitudes son atendidas por estrita orde de chegada a través do correo electrónico.

6.3.FORMACIÓN DO PROFESORADO NO PROPIO CENTRO

Este é un apartado fundamental para mellorar a calidade educativa. O noso centro ten unha clara traxectoria neste senso, xa que nos últimos anos se levaron a cabo varios cursos de formación específicos, grupos de traballo e proxectos de asesoramento. Nos últimos cursos o centro participa no Proxecto de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), que permite a realización de formación, no propio centro, a través de cursos, seminarios e grupos de traballo adaptados ás necesidades específicas do profesorado e alumnado das escolas de idiomas. Así, vimos recibindo formación específica en temas como a elaboración de probas de certificación, a utilización de programas de edición de audio e vídeo, a realización de traballo colaborativo, a avaliación de linguas estranxeiras…

A formación sobre avaliación de lenguas estranxeiras, completouse cun proxecto Erasmus + KA1 que permitíu a 10 profesores/as do centro realizar formacións específicas en centros do Reino Unido (Lancaster University e NILE Norwich).

Tendo en conta a importancia deste apartado, dende a dirección foméntase a formación ofrecendo información sobre as distintas posibilidades de formación, temáticas, prazos,… e anímase ao profesorado a participar.

O profesorado tamén ten iniciativas propias de formación , e de temas que poden mellorar distintos aspectos e ámbitos, que propón ao resto dos compañeiros/as.

6.4 BIBLIOTECA COMO AULA DE AUTOAPRENDIZAXE

Este espazo, tan importante no ensino das linguas, ten un papel fundamental no centro. A participación dende o curso 2009 no Plan de Mellora de Bibliotecas supuxo a posibilidade de renovación completa (mobiliario, fondos, espazos…). Periodicamente realízanse actividades específicas co alumnado (clubs de lectura en distintas linguas, exposicións,

Page 20: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

20

conferencias e charlas, visitas, clases) para dala a coñecer e fomentar o seu uso de xeito autónomo.

6.5 RECURSOS TECNOLÓXICOS

O centro ten unha boa dotación tecnolóxica á que se intenta sacar o máximo proveito. Inténtase fomentar o uso das TIC como ferramentas de aula e fóra da aula, como ferramentas de autoaprendizaxe.

A páxina web é o medio tecnolóxico de transmisión da información e ofrece ademáis acceso a aulas virtuais moodle que o profesorado pon a disposición do alumnado para fomentar a autoaprendizaxe e que utiliza tamén para intercambiar material con outro profesorado. Nas seccións dos departamentos na web, nos apartados de ligazóns e exames, tamén se fomenta o uso das TIC ofrecendo aos usuarios páxinas web interesantes para a súa aprendizaxe.

En anos anteriores a xefatura de recursos, a través de proxectos específicos, ofreceu titorías específicas de formación no uso das tics como ferramentas educativas e de xestión a toda a comunidade educativa. Estes proxectos tamén incluían actividades específicas de fomento das TIC e de apoio tecnolóxico a todos os proxectos educativos incluídos na Programación Xeral Anual. Coa nova normativa, o papel da xefatura de recursos cambia por completo ao non permitir o seu horario nin as súas funcións esta atención personalizada aos distintos axentes educativos. Polo tanto, o plan de xestión das tecnoloxías no centro cambia con relación aos últimos anos, pasando a ser máis individualizado e menos colaborativo.

6.6. ATENCIÓN DAS SUXESTIÓN, PETICIÓNS E RECLAMACIÓNS.

O alumnado, profesorado e persoal non docente ten varias canles para realizar peticións e suxestións na escola:

- Pode facelo persoalmente ou a través do correo electrónico á dirección do centro.

- Pode entregar a súa petición-suxestión por escrito na Administración do centro.

-Outra vía é a través dos seus representantes no Consello Escolar. Estes teñen un taboleiro de información específica e unha urna para recibir as achegas.

-O alumnado tamén pode acudir a un departamento determinado e xestionar a súa petición ou suxestión a través da xefatura de departamento.

-A páxina web da EOI ten un buzón de “preguntas/suxestións” que o alumnado pode utilizar.

Toda suxestión, petición ou reclamación analizarase en Dirección e posteriormente, en caso necesario, no Consello Escolar. Sempre que sexan por escrito, entregadas en Administración, recibirán unha resposta tamén por escrito nun prazo máximo de dez días.

Page 21: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

21

O procedemento para formular reclamacións sobre os resultados finais da avaliación é o establecido na Orde do 8 de setembro do 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado das escolas de idiomas.

6.7. TRANSMISIÓN DA INFORMACIÓN A información sobre o funcionamento e organización desta EOI é transmitida tanto a toda a comunidade educativa coma a todos/as interesados/as a través de dúas vías principais, a páxina web do centro www.eoiferrol.org e os taboleiros informativos situados no baixo da escola. Tamén se fai uso das redes sociais facebook e twitter, ás que a web do centro está adscrita, para transmitir informacións puntuais aos usuarios. Entre o profesorado e o persoal non docente, tamén se utiliza o correo electrónico para transmitir a información. 6.8. FUNCIONAMENTO DAS TITORÍAS

Todo o alumnado da EOI terá una hora de titoría semanal, segundo o establecido na orde que desenvolve o Decreto 189/2010.

Ao inicio de curso, o profesorado dará publicidade na aula ao horario establecido para a atención ao alumnado. O horario de titorías do profesorado estará publicado no taboleiro xeral da EOI e no apartado correspondente na páxina web. As xefaturas de departamento terán tamén una hora semanal de atención ao alumnado.

7. ELABORACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

As programacións didácticas serán elaboradas tendo en conta os principios de igualdade entre homes e mulleres e non discriminación por razón de raza, ascendencia, sexo, orixe, relixión, discapacidade ou idade. Deberán recoller medidas de atención ao alumnado con dificultades de tipo cultural, físico ou psíquico para facilitar a súa integración, segundo o marco legal establecido e deberán fomentar a prevención de conflitos entre os membros da comunidade educativa incluíndo obxectivos e actividades que favorezan a convivencia.

No prazo establecido na orde que desenvolve o Decreto 189/2010 os departamentos didácticos elaborarán as correspondentes programacións, usando un formato unificado. A xefatura de estudos facilita este formato unificado dixitalizado por correo electrónico ás xefaturas dos departamentos didácticos, que o reenviarán debidamente cuberta pola mesma vía no prazo establecido. Estas programacións didácticas están a disposición de toda a comunidade educativa na páxina web e nos correspondentes departamentos didácticos.

Durante o curso académico farase un seguimento periódico das programacións didácticas a través das respectivas reunións de coordinación de nivel, de departamento e da comisión de coordinación pedagóxica.

Page 22: EOI DE FERROL 2017-18… · As primeiras iniciativas diríxense a diversificar e organizar a oferta cultural da cidade e orientarse cara a cotas amplas, como as visitas guiadas polo

22

8. AVALIACIÓN

8.1 AVALIACIÓN DO PROCESO EDUCATIVO

A avaliación de todo o proceso educativo e os seus axentes é de suma importancia para mellorar a calidade do ensino.

A avaliación externa realizarase seguindo os protocolos establecidos no artigo 61 do decreto 189/2010.

En canto á avaliación interna, realizaráse cunha periodicidade anual, tendo en conta por unha banda os resultados obxectivos cualitativos de enquisas e questionarios específicos (función directiva, docente, non docente, proxectos,…) e por outra banda os resultados obxectivos cuantitativos nos distintos ámbitos: número de matriculados, aptos, reclamacións,…, número de usuarios da web, aulas virtuais, redes sociais, número de participantes nas distintas actividades complementarias e extraescolares encadradas en todos os proxectos, achegas ao buzón de suxestións, peticións…

Todos estes datos serán analizados, darán información sobre a consecución dos obxectivos, o éxito dos proxectos, os beneficios para os distintos membros da comunidade educativa, as actividades máis efectivas… e tidos en conta á hora de planificar a actividade lectiva do curso seguinte.

8.2 AVALIACIÓN DESTE DOCUMENTO

- Curso 2004/05: un grupo de traballo formado por 5 profesores elabora por primeira vez o documento. Toda a comunidade educativa propón, analiza e avalia o documento.

- Curso 2005/06: no primeiro trimestre o documento é aprobado polo Consello Escolar e entra en vigor.

- Curso 2006/07: o documento é sometido a revisión e avaliación por parte de toda a comunidade educativa.

- Curso 2007/08: no primeiro trimestre do curso é revisado e aprobado polo Claustro e o Consello Escolar

- Curso 2011/12: a nova normativa relativa ao funcionamento das escolas de idiomas obriga a unha nova revisión do documento

- Curso 2012/13: no primeiro trimestre é aprobado polo claustro e consello escolar.

- Curso 2014-15: A dirección do centro revisa e actualiza este documento

- Curso 2015-16: no primeiro trimestre é aprobado polo claustro e consello escolar.

- Curso 2017-18: actualízanse os princípios metodolóxicos e os datos obxectivos relativos a número de profesorado e alumnado. Foi aprobado polo claustro en outubro de 2017

- O documento será revisado, analizado e avaliado por toda a comunidade educativa sempre que sexa necesario.

Ferrol, outubro de 2017