entrevista a ramón caride ogando

5

Upload: biblioteca-escolar-leirado

Post on 25-Jul-2015

1.823 views

Category:

Education


7 download

TRANSCRIPT

Page 1: Entrevista a Ramón Caride Ogando
Page 2: Entrevista a Ramón Caride Ogando

Entrevista a Ramón Caride Ogando, autor de

“Ameaza na Antártida”.

12 de decembro de 2014

Por que elexiches a letra “k” para o logotipo

de koprissos , recórdache a alguén?

R: No momento de escoller o nome do

antagonista do libro, busquei que tivese unha

dobre “s” como “Onassis”, en quen está

inspirado o personaxe. Logo vin que a K do

logotipo era semellante ao dunha cadea de

supermercados que levo tempo sen ver, se

cadra desapareceu xa.

Por que te inspiraches a facer o libro no futuro

e non no pasado?

R: Porque os problemas dos que fala, coma o

cambio climático ou a enerxía atómica e os

seus problemas, estánnos afectando xa, e sobre

todo afectaranvos no futuro a vós, as lectoras e

lectores deste libro.

De onde sacaches a idea das novas

tecnoloxias?

Page 3: Entrevista a Ramón Caride Ogando

R: Se vos referides a internet, forma parte das

nosas vidas coma outro elemento máis, de feito

permíteme ter esta entrevista con vós, outras

cousas son proxeccións de novas de

actualidade científica.

Existe de verdade un mineral chamado

uraninita?

R: Si, tamén se lle chama pechblenda, e a

materia prima da que se saca o uranio, isto é tal

como se di na novela.

Como elixes os nomes dos personaxes?

R: Depende de cada caso, Said parte dun

alumno que tiven hai moito tempo con este

nome, Sheila busqueino pola sonoridade para

que concordara con Said, Irina tamén coñecín

unha nena ucraína chamada así que fora

víctima do accidente de Chernobil; pero moitos

son puramente inventados, como Yu-Su e Kim-

Sam.

Cantos libros fixeches?

Page 4: Entrevista a Ramón Caride Ogando

R: Exactamente teño publicados en galego, 53,

o último hai poucos días, sen contar

traduccións e libros colectivos. Pero o segredo

é que levo publicando libros desde 1986. Vós

aínda non nacerades. Tamén teño agora

mesmo outros tres rematados sen publicar

aínda.

Cal e o libro que máis che gustou, e o que

menos?

R: Dos meus? Quérolles a todos, coma os fillos,

é o que se di sempre. Creo que os útimos son

mellores, porque un aprende cos anos, pero

seríame moi difícil escoller. Se cadra os tres

primeiros, ata 1991, arestora non os publicaría,

e de feito non deixo que se reediten.

Por que se fixo escritor?

R: É o mellor traballo para quen ama os libros,

lelos e facelos, como é o meu caso.

Que che soe inspirar para escribir un libro?

R: Tamén depende do libro que sexa, no caso

da serie de Said e Sheila quixen tratar os temas

Page 5: Entrevista a Ramón Caride Ogando

de medio ambiente dun xeito distinto e ameno,

e gustaron moito; ou sexa que acertei.

Cóstache moito facer un libro e canto soes

tardar?

R: Hai libros que tardo moitos anos en facer e

outros un mes, no caso de Amenaza na

Antártida, foi algo intermedio: estiven un par

de anos dándolle voltas, tomando notas e

recompilando información e logo, nun mes de

verán, redacteino.

Moitas grazas pola atención. Encantad@s coa

lectura e coas aportacións da entrevista.