emocionario

13
RELATANDO EMOCIÓNS ENTRE TODOS

Upload: teachermarta

Post on 20-Jan-2017

598 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Emocionario

RELATANDO EMOCIÓNS ENTRE TODOS

Page 2: Emocionario

ACORAR: Respirar con dificultade ou sentirse afogado a causa dunha emoción,

da angustia, fatiga,…

6º de E.P.

ABULIA: É a falta de ganas ou de ánimo para facer cousas como xogar, correr, estudar, facer os deberes…

3º A de E.P.

Page 3: Emocionario

AGARIMO: É un sentimento de amizade ou ternura que sentimos por alguén.

2º de E.P.

ACOUGO: Estado de tranquilidade ante calquera situación.

5º de E.P.

Page 4: Emocionario

APERTA: Cando apertamos a alguén cos nosos brazos porque o queremos

moito. Pódense dar apertas porque estamos alegres, namorados, tristes ou por-

que temos medo.

5º de E.I.

ALASAR: Respirar de forma axitada e entrecortada por causa da fatiga, da calor,

dunha emoción, etc.

3ºA de E.P.

Page 5: Emocionario

AZORAR: É facerlle pasar a alguén un momento de moita vergoña e turbación.

3ºA de E.P.

ARROLO: Canto suave e doce para adormentar un neno.

4º de E.P.

Page 6: Emocionario

BÁGOA: Auga que cae dos ollos cando estamos tristes, cando ulimos cebolas,

cando nos facemos dano e cando temos medo. Tamén podemos telas cando es-

tamos moi alegres.

2º de E.P.

BENQUERENZA: Sentimento de afección por alguén (afecto, agarimo, amor,

cariño).

6º de E.P.

Page 7: Emocionario

BICO: É un cariño que sae da boca, cos “labios” ou beizos. Que se lle dá aos

papás, as mamás, aos avós, ás avoas, aos irmáns, e aos primos… as persoas

que queremos. Os cabalos ás veces dan bicos, e os monos…

Hainos grandes e pequenos, e pódense botar polo aire.

4º de E.I.

CARRAXE: rabia, cólera, furor, ira.

3ºB de E.P.

Page 8: Emocionario

FALAGUEIRA: Persoa cariñosa e simpática que fala moito.

4º de E.P.

LEDICIA: Felicidade que che fai rir e bailar. Estar contento; algo moi bonito.

Exemplo: sol brillante, relucente, amarelo.

6º de E.I.

Page 9: Emocionario

Morriña: Cando votamos de menos a nosa casa, a nosa familia, a nosos ami-

gos, as nosas mascotas e a todas as cousas que queremos moito moito.

1º de E.P.

NAMORAR: Espertar nunha persoa a paixón do amor.

4º de E.P..

Page 10: Emocionario

PAIXÓN: Persoa que se sinte atraída por algo ou por alguén.

5º de E.P.

PAPEXAR : Axitar o corpo ao sentir un gran medo debido a unha emoción (tremelar, tremer).

6º de E.P.

Page 11: Emocionario

PATÉTICO: Persoa á que non lle saen ben as cousas.

5º de E.P.

SAUDADE: Témola cando sentimos melancolía. Cando botamos de menos algo

que amamos como ub lugar ou obxeto. Tamén lle chamamos nostalxia.

2º de E.P.

Page 12: Emocionario

SEÑARDADE: Soidade.

3ºB de E.P.

TRÉMOLO: Tremor da voz producido pola emoción.

6º de E.P.

Page 13: Emocionario

TURBACIÓN: É a sensación de inseguridade con medo a equivocarse a facer algo.

3ºA de E.P.