embarcación tradicionais maquetación 1 13/09/18 13:03 página 1 · nicas construtivas conforman...

40

Upload: dinhkien

Post on 20-Oct-2018

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1

Page 2: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 2

Page 3: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

DE GALICIA

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 3

Page 4: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

redacción culturmar

imaxes 3D de dornas, galeón e gamela gEStEnaval para culturmar

plano do bote polbeiro de bueufiDEl SimES

plano da chalanaStaffan mörling

fotos trincado e planos do bote pulpeiro de ferrolclub DE mar DE fErrol. SEcción DE vEla traDicional

outras fotografíasculturmar

Colección COÑECERSantiago, cidade educadora

Nº 9. Setembro 2018

EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA

EditaDEpartamEnto DE EDuación E ciDaDaníaconcEllo DE Santiago

concelleiro de Educación e cidadaníamanuEl DioS Díz

coordinador da colecciónXoSé m. roDríguEz-abElla gómEz

imprimetórculo comunicación gráfica, S. a.

Depósito legal: c 1629–2018

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 4

Page 5: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

ÍNDICE

limiar

un patrimonio quE DEbEmoS uSar E conSErvar

oS carpintEiroS DE ribEira

a conStrución a topE E En calimE

tipoS DE vElaS naS EmbarcaciónS traDicionaiS galEgaS

tErminoloXía báSica

EmbarcaciónS DE mar

EmbarcaciónS DE río

ÍNDICE

7

8

9

10

10

11

12

31

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 5

Page 6: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 6

Page 7: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

7

LIMIAR

Este caderno inclúe soamentealgunhas tipoloxías deembarcacións tradicionais galegasdestinadas á pesca ou ao transportecosteiro e fluvial. Son tipoloxías,conservadas ou recuperadas, quepodemos atopar nas diversasexposicións, concentracións,xuntanzas e, sinaladamente, nobienal Encontro de Embarcaciónstradicionais de galicia: barcos demadeira que seguen vivos enavegando grazas, en boa medida,ao esforzo que dende 1993 realizanas asociacións que compoñenculturmar-federación galegapola cultura marítima e fluvial.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 7

Page 8: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

8

UN PATRIMONIO QUE DEBEMOS CONSERVAR E USAR

a flota tradicional galega é unha parte importantí-sima do noso rico e variado patrimonio marítimo efluvial.

é sorprendente a enorme variedade existente de em-barcacións tradicionais galegas. Esta diversidade,froito da permanente e intensa relación de galicia comar e cos ríos a través do tempo, débese a factoresdiversos: a necesidade de ir adaptando as embarca-cións ás diferentes características das rías ou do maraberto; a adaptación aos diferentes traballos: pesca,marisqueo, transporte de persoas e mercadorías, asícomo ás diferentes artes de pesca; ademais, a situa-ción xeográfica de galicia nunha encrucillada marí-tima permitiunos acoller e adaptar as influencias dasdiferentes culturas atlánticas e mediterráneas que aolongo da historia chegaron por mar ás nosas costasdeixando a súa pegada.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 8

Page 9: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

9

OS CARPINTEIROS DE RIBEIRA

así denominamos os construtores das embarcacións enmadeira e, polo tanto, das embarcacións tradicionais.

as instalacións onde actualmente se constrúen osbarcos reciben o nome de estaleiros, aínda que aque-las nas que se fan as embarcacións de madeira se-guindo os métodos tradicionais reciben o nome decarpinterías de ribeira, porque sempre se instalaronpreto da liña de auga, na ribeira.

os carpinteiros de ribeira, coa súa pericia e experien-cia transmitidas de xeración en xeración e adaptandoconstantemente as técnicas herdadas ás novas nece-sidades, son os artífices deste legado.

actualmente ese conxunto de saberes e as súas téc-nicas construtivas conforman unha parte esencial donoso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, dacultura galega. De aí o seu próximo recoñecementocomo ben de interese cultural de galicia.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 9

Page 10: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

10

A CONSTRUCIÓN A TOPE E EN CALIME

Dúas son as técnicas construtivas do casco das em-barcacións tradicionais:

• a tope: as táboas de madeira do casco apér-tanse unhas contra as outras e crávanse nas cadernas;é a técnica máis común.

• En calime ou escarva: as táboas do casco vansuperpostas, a superior sobre a inferior; é a usadapara a maioría das dornas e para o carocho, un botepropio do río miño.

vela latina vela mística ou de martelo

vela ao terzo

vela de relinga vela cangrexa

TIPOS DE VELAS NAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS GALEGAS

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 10

Page 11: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

11

TERMINOLOXÍA BÁSICA

ESLORA: lonxitude que ten un barco de proa a popa.

MANGA: ancho dunha embarcación.

ESTRIBOR: parte dereita da embarcación, mirando depopa a proa.

BABOR: parte esquerda da embarcación, mirando depopa a proa.

FORRO: conxunto de táboas que cobren o esqueletodun barco e forma a superficie externa do casco.

CASCO: estrutura ou corpo dunha embarcación senmastros nin velas.

PROA: parte dianteira dunha embarcación.

POPA: parte posterior dunha embarcación.

MASTRO: poste vertical dun barco veleiro onde seizan as velas.

TEMÓN ou LEME: peza articulada, colocada a popadunha embarcación e que permite gobernala facén-doa virar á dereita ou á esquerda.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 11

Page 12: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

I. EMBARCACIÓNS DE MAR

GAMELA

o nome de gamela emprégase en toda a costa galegapara referirse a embarcacións de fondo plano e de pe-queno tamaño. a súa forma varía segundo os diferen-tes portos.

En ocasións, a embarcación que nunha zona se de-nomina gamela, recibe noutra o nome de chalana, eá inversa.

aínda que neste caderniño noscentraremos na gamela de aguarda e na gamela de coruxo,cómpre non esquecer que nou-tros portos teñen as súas pro-pias variantes.

Gamela de A Guarda

característica do concello de a guarda. é unha dasembarcacións tradicionais máis antigas da penínsulaibérica.

o nome de gamela vén de camella, palabra latina quesignifica artesa (recipiente que servía para dar decomer e beber aos animais, gardar a fariña ou as car-

nes da matanza, etc.).

ata hai uns 50 anos navegabaa remo e vela, para a pesca e omarisqueo, tanto na desem-bocadura do río miño comona zona costeira próxima águarda. actualmente adoitaempregar motor para o seudesprazamento.

12

o seu fondo é arqueadopara poder varala con facili-

dade nas praias e rampas.

comparando unhaartesa e unha gamela de

a guarda vemos queteñen moita similitude

nas formas.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 12

Page 13: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

13

Gamela de Coruxo

así chamada por ter a súa orixe na parroquia viguesade coruxo.

ata mediados do s. XX desprazábase a vela e remo paraa pesca e o marisqueo no interior e na boca das rías devigo e pontevedra. Hoxe en día tamén emprega omotor.

a gamela de coruxo é unha evolución da gamela dea guarda. por todo o perímetro interior ten unhapequena cuberta.

Era característica a súa corvermella.

a proa e a popa son achatadas, con forma demedio hexágono. os mariñeiros din que teñendúas popas.

podemos atopala en praias e portos das rías devigo e pontevedra pintadas en diversas cores.

o seu fondo é plano e arqueado para poder varalas con facilidade nas praias.

a súas formas son moi sinxelas, como as dun gran caixón oudunha artesa, coa proa e a popa rectas e no interior unica-

mente leva unhas madeiras atravesadas para facer de bancos.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 13

Page 14: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

14

Buceta

Distribuíase por toda a beiramar, pero hoxe perdurasobre todo na ría de muros e noia, onde tamén llechaman “canoa”.

adicábase á pesca con liña ou pequenos aparellos eao marisqueo. foi moi usada para regatas de remos.

a súa eslora mide entre 5 e 6 m.

a proa e a popa son simétricas e o casco é redondeado.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 14

Page 15: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

15

BOTE

os botes, empregados en toda a galicia costeira, sonunhas embarcacións pequenas, duns 5-6 metros deeslora, dedicadas á pesca artesanal e ao marisqueono interior ou na boca de todas as rías galegas, e quenavegaban a remo e vela ata hai uns 50 anos. Hoxeen día incorporan tamén motor.

a súa característica principal é ter o casco redonde-ado en forma de u, coa proa bicuda, mentres que apopa pode ser redonda ou plana/recta. presenta pe-quenas variacións en función da zona.

Bote polbeiro de Bueu. Embarcación característica debueu que se dedicaba principalmente á pesca do polbo.

é o bote con máis manga en relación coa eslora: resultamoi ancho no medio. ten “dobre proa” (proa e popasimétricas e bicudas). os remos, de dúas pezas e coapa curvada, crúzanse ao remar por onde se agarran.

Bote da ría de Vigo. leva vela latina (triangular). a principal característica é que leva a entena (perchada que colga a vela) no extremo mesmo do mastro,o que obriga a realizar a manobra do cambio de ladoda vela dunha forma singular.

bote polbeiro de bueu

bote da ría de vigo

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 15

Page 16: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

Bote de Carril. monta vela latina. a entena da quependura a vela non chega ao extremo do mastro.

16

Bote pulpeiro de Ferrol. a principal característicaé que ten unha cuberta grande de madeira. leva velamística e a entena da que pendura a vela non chegaao extremo do mastro.

Bote de media construción. moi popular na ría deferrol.

Está a medio camiño entre a chalana (pero non teno fondo plano,) e o bote (pero non ten o seu fondoredondeado). a súa característica distintiva é que opantoque (unión do lateral da embarcación co fondoda mesma) é en ángulo de algo máis de 90º.

bote de carril

bote pulpeiro de ferrol.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 16

Page 17: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

17

Bote da ría do Eo. é a embarcación máis caracterís-tica da ría do Eo, entre galicia e asturias.

as formas da embarcación apenas variaron dende assúas orixes ata a actualidade. unicamente, a forte tra-dición das regatas con estes botes fixo que, polosanos 50 do século XX, mudaran nalgúns aspectos:foise adaptando o interior ao gusto dos regatistas eincorporáronse unhas velas místicas máis grandesdo habitual.

bote da ría do Eo

Detalle do interior dos actuais botes da ría do Eo.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 17

Page 18: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

18

LANCHA XEITEIRA OU LANCHA DE RELINGA

é a embarcación de pesca que estivo máis estendidapor toda a costa atlántica galega. Dedicábase á pescada sardiña coa rede chamada “xeito”, de aí o nome dexeiteira. foi perdendo protagonismo coa introduciónda traiñeira primeiro e coa motorización posterior-mente; na década dos setenta do século pasado xaestaba practicamente desaparecida.

no ano 1991 a Escola obradoiro de carpintería deribeira “aixola” de marín atopou enterrada a últimalancha xeiteira nas marismas de caldebarcos (car-nota), a marina. a partir dos seus restos, desenterra-dos daquela e expostos hoxe no museo massó enbueu, fixeron na propia “aixola” unha réplica, a novamarina, dedicada actualmente a escola de navegacióntradicional na illa de arousa. a súa recuperación foiun fito fundacional do movemento de recuperacióne posta en valor do patrimonio marítimo en galicia.

mide uns 8 m de eslora e 2,80de manga. a proa e a popa

son practicamente simétricas.

leva un único mastro, bastante inclinado a popa, e

unha vela de relinga.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 18

Page 19: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

19

GALEÓN

os galeóns adicáronse ao transporte de mercancíasentre diferentes portos, sobre todo das rías baixas.a partir de mediados do século XX, coa incorpora-ción dos motores, foron desarmados de paus e velase pasaron a traballar como galeóns da area: remon-

Emprega vela grande cangrexa, ademais dunha velamáis pequena na proa (foque),como podemos ver nestes antigos galeóns entrando noporto de vigo.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 19

Page 20: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

taban os ríos en procura de area para a construción;outros usáronse como barcos auxiliares para traba-llos nas bateas.

actualmente pódense ver navegar nas rías baixasnumerosos galeóns de variados tamaños e formas,algúns con máis de cen anos de antigüidade, restau-rados para actividades culturais e de lecer.

20

teñen unha popa ancha e redondeada.

Son de aspecto barrigudo porteren bastante manga.

Son barcos grandes,

cunha eslora quevai desde

8 ata 25 m.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 20

Page 21: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

21

RACÚ

é unha embarcación derivada da traiñeira que seempregaba para variadas artes de pesca, inicialmentepara a pesca da sardiña. Estendíase por toda galicia,principalmente polas rías baixas. a diferencia dou-tras tipoloxías era máis doado adaptarlle motor, mo-tivo polo que perdurou traballando na pesca ataentrados os oitenta do século XX e aínda é posiblever algún hoxe en día nalgún porto.

a súa forma é alongada e a lonxitude da eslora pode ir dende 5 ata 8 m.

a popa é redondeada.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 21

Page 22: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

22

DORNA

Embarcación de pesca típica das rías baixas, aíndamoi abundante hoxe na de arousa, onde é frecuentevelas competindo en regatas a vela.

Hai diferentes tipos de dornas, en función da artepesca que empreguen e do método de construción,pero en xeral as súas formas son as mesmas, unica-mente varía o seu tamaño.

a dorna emprega un temóngrande moi inclinado caraadiante e que se mete por debaixo da embarcación.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 22

Page 23: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

23

TIPOS DE DORNAS

Dorna polbeira. é amáis común. a súa es-lora mide entre 4,5 e 5m, a manga 1,50m. De-dícase á pesca do polbo,á doutras especies conliña e mesmo ao maris-queo. é a que adoitausarse para as regatas.

Dorna xeiteira. ten asmesmas formas que apolbeira, pero maior ta-maño, 7 m de eslora e2,50 de manga, a fin depoder pescar coa rededo “xeito” e saír mesmofóra das rías.

a proa da dorna é moi redondeada. a táboa da proaprolóngase cara arriba moitomáis que noutras embarcacións(pinchón).

a diferencia da maioría dasdoutras embarcacións, o tipode construción do casco dadorna é “en calime”, ou de “escarva”, isto é, as táboas superiores van superpostas ás inferiores.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 23

Page 24: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

24

Dorna meca. ten eslora e manga semellantes á xei-teira, da que se diferencia por ter a proa lanzada(caída) cara adiante. Denomínase meca porque foiideada e construída nas carpinterías do grove, deonde posteriormente se estendeu a outros portos.

Dorna “de tope”. mentres que a maioría das dornasestán construídas en calime, a dorna de tope é unhavariante especial, debido a se construír coa técnicamaioritaria das outras embarcacións tradicionais, édicir “a tope”, onde as táboas que forman o casco vanapretadas unhas contra outras. o resultado é uncasco con formas redondeadas, lisas e bastante ba-rrigudo. a súa eslora vai dos 5 aos 7 m.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 24

Page 25: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

ALGUNHAS EMBARCACIÓNS DE MAIOR TAMAÑO DAS QUE SÓ CONSERVAMOS UNHA POR TIPOLOXÍA

TRAIÑEIRA Vigo cinco

a vigo cinco é a única traiñeira de pesca que pode-mos atopar hoxe en galicia. é unha réplica das que apartir de 1896, procedentes do cantábrico, comeza-ron a chegar a galicia para a pesca da sardiña, incor-porando a rede chamada “cerco de xareta”, causantedo gran conflito coñecido como “guerra da sardiña”.

navegaba a vela e a remo, e tripulábana entre 14 e 20mariñeiros, que tiñan que empregarse a fondo cosremos no momento de rodear o banco de sardiñasou cando fallaba o vento e había que chegar axiña aporto coa pesca fresca.

25

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 25

Page 26: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

pola década dos anos vinte do século pasado, a che-gada dos barcos de vapor foi desprazando as traiñei-ras para a pesca, quedando unicamente para ascompeticións, volvéndose cada vez más lixeiras.

ten o seu porto base no pantalán de embarcaciónstradicionais de bouzas (vigo).

TARRAFA Chasula

a tarrafa chasula é a única da súa feitura que pode-mos atopar hoxe navegando en galicia. foi constru-ída no ano 1959 en muros.

as tarrafas, que apareceron primeiro nas rías altas,tomaron o seu nome da rede de cerco coa que pes-caban a sardiña, a “tarrafa”.

26

traiñeira vigo cinco.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 26

Page 27: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

os barcos a motor, como a tarrafa, que van apare-cendo en galicia a partir dos anos vinte do séculopasado son, polo xeral, de tipoloxía cantábrica: alon-gados, lixeiramente curvados na parte superior docasco, de popa redonda do tipo coñecido como “rabode galo”, proa afiada e máis alta que a popa…

a partir dos anos sesenta do século XX empezarona desaparecer.

TRINCADO Ría de Ferrol

os trincados eran barcos de cabotaxe (transporte demercancías entre portos dun mesmo país, navegandorelativamente cerca da costa) propios da costa n e

27

trincado ría de ferrol.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 27

Page 28: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

no de galicia. navegaban desde camariñas ataXixón con leña, sal..., mercadorías en xeral. o último desapareceu en 1946. podían chegar amedir 17 m de eslora e 5 de manga.

Hoxe podemos ver navegar o ría de ferrol, unha ré-plica deses últimos trincados. co casco pintado denegro e con triángulos brancos na proa, reproduce aestética das antigas embarcacións do arco ártabro.

28

trincado entrando en ferrol. ano 1910.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 28

Page 29: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

BALANDRO Joaquín Vieta

o Joaquín vieta é o único conservado desta tipoloxía.é un balandro de dous paus construído no freixo,outes (a coruña), entre 1915 e 1916. na actualidade,superados os 100 anos de navegación ininterrompida,é un dos veteranos da navegación de galicia.

inicialmente traballou para as fábricas de salgadurada zona de muros levando a outros portos, sobretodo ao de vigo, conservas e produtos da comarca, eretornando con barrís de viño, material de obra etc.posteriormente pasou por diferentes propietariosque o dedicaron a diferentes usos.

no ano 2007, cando o seu destino era converterse enleña, organízase en noia unha “operación rescate” li-derada polos membros da actual asociación Joaquín

29

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 29

Page 30: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

vieta, que conseguiron rematar a rehabilitación dobarco no ano 2010 para convertelo en buque escolae barco museo da súa propia historia.

cos seus 18 m de eslora e 5 de manga é unha das em-barcacións máis grandes que atopamos nas concen-tracións e xuntanzas de embarcacións tradicionaisen galicia.

30

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 30

Page 31: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

II. EMBARCACIÓNS DE RÍO

CAROCHO, BOTE ANGULEIRO OU BARCO DO MIÑO

Son os tres nomes que recibe esta embarcación ca-racterística do tramo final do río miño, usada, tantona parte galega como na portuguesa, para a pesca eo transporte de pasaxeiros e mercadorías. actual-mente podemos velo principalmente pola contornagalega de goián ou pola portuguesa de vilanova decerveira.

31

ten a peculiaridade de estarconstruído coa técnica en “calime”, ou de “escarva”, igualque a maioría das dornas.

vai pintado de negro, conforme manda a tradición.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 31

Page 32: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

BARCA DE PASO

Embarcación característica do curso medio dos ríosSil e miño empregada ata mediados do século XX.amais de prestar servizo ás persoas para atravesarenos ríos, tamén trasladaba gando, diversas mercado-rías e as uvas que se recollían nos canóns do Sil e domiño. Hoxe en día quedan catro ou cinco barcas depaso, dedicadas principalmente a fins culturais. a eslora rolda os 5 ou 6 m e ten planta de forma rec-tangular: non se diferencia a proa da popa, ambasrectas.

32

é unha embarcación moi alongada con proa, moi afiada, e popacase simétricas. na actualidade moitos carochos teñen a popa lixeiramente “cortada” para lles poder axustar un motor foraborda.

os seus remos, moi longos, caracterízanse por teren as pascurvadas e cruzárense na zona

por onde se agarran coas mans.

co fin de aumentar a superficie de carga, pode levar

unha plataforma superior,“pousa”, o que lle confire unha

fasquía moi particular.

o fondo da embarcación élixeiramente arqueado nosentido de adiante a atráspara poder achegarse con

facilidade á beira do río.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 32

Page 33: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

BARCA DE DORNAS

tipoloxía que ata mediados do século XX podíaverse nos ríos miño, Sil, cabe e avia. Empregábaseprincipalmente para a pesca, aínda que tamén parao paso dos ríos.

o máis peculiar é que consta de dous cascos, flota-dores construídos a partir de troncos de madeira es-cavados, que reciben o nome de dornos ou dornas,sobre os que asenta unha plataforma construída contáboas: vén sendo un catamarán.

33

actualmente, conservamosapenas unha media ducia quese adican a fins culturais.

para desprazarse emprega dousremos que se cruzan por ondese collen coas mans.

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 33

Page 34: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 34

Page 35: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 35

Page 36: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 36

Page 37: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 37

Page 38: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 38

Page 39: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 39

Page 40: Embarcación tradicionais Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 1 · nicas construtivas conforman unha parte esencial do noso patrimonio marítimo e fluvial e, polo tanto, da cultura

Embarcación tradicionais_Maquetación 1 13/09/18 13:03 Página 40