elementos basicos

13
Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01 1 A imaxe secuenciada. Linguaxe Básica Linguaxes secuenciados O aleluia. O cómic. A fotonovela. O cine. A televisión 1. Secuencia Dúas ou máis imaxes pódense encadear, unha tras outra, para describir algunha cousa ou explicar unha narración. Estas imaxes forman unha secuencia. Polo tanto, pode definirse como cada unha das divisións, con sentido completo e autónomo, máis extensas das imaxes secuenciadas. É frecuente que unha secuencia conste de diversas e moi variadas esceas (2). Dentro da película as secuencias normalmente se separan por signos de puntuación visual: fundidos (encadeados, de cortinilla, de apertura ou peche, tc.); sonoros: banda sonora; escenográficos: cambio notorio de esceario e de tempo de acción (as secuencias podense comparar ós capítulos nas obras literarias) 2. Escea É cada un dos momentos de acción continuada dentro da secuencia, que carecen de sentido completo por se mesmos. Cada escea lévase a cabo nun mesmo ambente e lugar. Nalgúns casos a escea resólvese cunha soa toma (ou plano), pero polo xeral cada escea está constituida por varios planos. (Póde compararse ós párrafos nas obras literarias) 3. Toma E calquera asunto ou trozo de acción filmado mediante unha carreira ininterrumpida da cámara. Está moi ligado o “plano” (4).Plano Refírese á dimensión con que aparece o suxeto dentro do cadro, ou a cantidade de esceario captado pola cámara. Tamén o definimos como cada unha das distancias e águlos da cámara con respecto ó escenario, que describen unha mesma acción. (¡ollo! é frecuente tender a confundir escea con plano).

Upload: plastilina3

Post on 06-Jul-2015

440 views

Category:

Technology


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Elementos basicos

Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01 1

A imaxe secuenciada. Linguaxe Básica

Linguaxes secuenciados

O aleluia.

O cómic.

A fotonovela.

O cine.

A televisión

1. Secuencia

Dúas ou máis imaxes pódense encadear, unha tras outra, para describir algunha cousa ou explicar unha

narración. Estas imaxes forman unha secuencia. Polo tanto, pode definirse como cada unha das divisións,

con sentido completo e autónomo, máis extensas das imaxes secuenciadas. É frecuente que unha

secuencia conste de diversas e moi variadas esceas (2). Dentro da película as secuencias normalmente se

separan por signos de puntuación visual: fundidos (encadeados, de cortinilla, de apertura ou peche, tc.);

sonoros: banda sonora; escenográficos: cambio notorio de esceario e de tempo de acción (as secuencias

podense comparar ós capítulos nas obras literarias)

2. Escea

É cada un dos momentos de acción continuada dentro da secuencia, que carecen de sentido completo por

se mesmos. Cada escea lévase a cabo nun mesmo ambente e lugar. Nalgúns casos a escea resólvese

cunha soa toma (ou plano), pero polo xeral cada escea está constituida por varios planos. (Póde

compararse ós párrafos nas obras literarias)

3. Toma

E calquera asunto ou trozo de acción filmado mediante unha carreira ininterrumpida da cámara. Está moi

ligado o “plano” (4).Plano

Refírese á dimensión con que aparece o suxeto dentro do cadro, ou a cantidade de esceario captado pola

cámara. Tamén o definimos como cada unha das distancias e águlos da cámara con respecto ó escenario,

que describen unha mesma acción. (¡ollo! é frecuente tender a confundir escea con plano).

Page 2: Elementos basicos

Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01 2

Tipos de plano, atendendo á dimensión do campo visual que abarca a cámara: Plano universal (ou gran

plano xeral)

a) Plano xeral.

b) Plano americano (ou ¾)

c) Plano medio

d) Primeiro plano

e) Plano de detalle

4. Encadre

Indica a disposición dos elementos dentro do plano. Se a cámara permanece estática ante o esceario o

plano e o encadre coinciden, pero se se despraza, redestribuindo os elementos, o plano está formado por

varios encadres.

5. Plano secuencia

Cando nun plano ademáis de redistribuir os elementos dentro do campo de visión tamén se despra a

cámara polo esceario sen corte algún mestras os actores interpretan, co que se consegue amplíar a

duración da escea, construindo unha unidade completa de contido.

Page 3: Elementos basicos

Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01 3

Recursos máis utilizados para estructurar o tempo nas narracións

Se unha secuencia é narrativa explica un feito que sucede nun espacio concreto e nun espacio de tempo.

A orde de presentación das imaxes na narración crea unha estructura temporal que é esencial para

comprender o significado da historia.

a) A elipse.

Consiste en omitir na narración todo aquelo que é pouco importante ou se pode intuír. A elipse débese

contrarrestar con suficientes elementos de continuidade que permitan comprender a relación de imaxes

sucesivas e, por tanto, entender a historia.

b) O ralentí ou cámara lenta.

Consiste en explicar unha acción empregando máis

tempo do que realmente transcorre.

Téndese a facer para amosar moitos detalles ou

potenciar a forza expresiva da imaxe.

A) Unha muller con maleta: unha viaxe

B) Un tren: medio de transporte

C) A mesma muller baixa do tren.

ELIPSE: enténdese que a muller viaxou nese tren

O ralentí crea unha tensión que acentúa o

dramatismo dos feitos e multiplica os detalles

da acción.

Page 4: Elementos basicos

Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01 4

c) O “flash-back”. É un salto ó tempo pasado (e o “flash-forward” un salto ó futuro).

A representación

do que pasou no

pobo (flash-back)

diferénciase polo

cambio de tons e

pola forma

despuntada da

viñeta.

Page 5: Elementos basicos

Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01 5

Angulación e Encadre

Sexa cal sexa o medio que utilicemos para a creación dunha imaxe, debemos potenciar ó máximo a súa

capacidade comunicativa. E son recursos imprescindibles para enfatizar esa forza expresiva:

a) Encadre.

Selecciona o fragmento do espacio que define cada imaxe e dá a entender a que distancia da escena

sitúase o espectador.

b) A ángulación.

Ven determinada polo punto de vista do espectador.

A combinación destes dous factores fan que unha imaxe sexa suxerente ou atractiva ou que, polo

contrario, non teña ningún interese.

Page 6: Elementos basicos

Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01 6

TIPOS DE PLANOS

1. Gran plano xeral (ou

plano master).

Describe un escenario, sen

singularidades, como un

accidente máis da paisaxe.

Serve entre outras cousas para

coñecer a que totalidade se

remiten os planos máis curtos

.

3. Plano de conxunto (ou

plano enteiro).

Serve para que o persoaxe,

perfectamente recoñecible e máis

importante que o entorno, se mova

dentro del, en accións que requiran

a visión completa do seu corpo. É

frecuente utilizalo para presentar

grupos.

2. Plano xeral (ou plano

longo).

Neste plano a figura é

claramente recoñecible, pero

establécese un certo equilibrio

entre figura e entorno. Centra a

relación dun grupo de persoas nun

espacio concreto.

Page 7: Elementos basicos

Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01 7

4. Plano tres cuartos (ou plano americano).

A imaxe da figura aparece cortada á altura dos xeonllos, a eliminación dos pés ós

personaxes corresponde cun campo natural de visión no que espectador e personaxe están a

un mesmo nivel. Nestes planos a xesticulación e a traslación están distantes dabondo para

que o diálogo sexa amigable e sen unha acentuada mímica facial, mentras que as evolucións

dos brazos poden verse completas.

5. Plano medio.

O personaxe aparece cortado á

altura da cintura. É moito máis intimista que

o plano americano. O rostro xa posúe certa

singularidade, aínda que a presencia do

corpo continúa sendo evidente. Utilízase

frecuentemente para mostrar accións de

personaxes en repouso, posto que a

atención incide sobre os xestos dos brazos ó

nivel do tronco. 6. Plano medio curto.

O suxeito aparece cortado á altura do peito. A importancia da imaxe céntrase no rostro, polo que

é moi expresivo. Está próximo ó primeiro plano pero aínda ten referencias secundarias ó corpo. É un

plano moi dramático no que destaca a cara do actor.

Page 8: Elementos basicos

Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01 8

7. Primeiro plano.

A imaxe comeza á altura das

clavículas. desligada do corpo e

amosando o rostro como

espectáculo. Expresa

sentimentos, pensamentos e

emocións íntimas. É o medio

directo entre o espectador e a

reacción psicolóxica do persoaxe.

9. Plano detalle.

Amosa unha parte do corpo,

un obxecto ou unha

particularidade susceptible de

ser amosada para a mellor

comprensión ou expresividade

da narración. Soe tratarse de

planos clave para o desenlace ou

entendemento da trama.

8. Primeirísimo plano (ou gran primeiro plano).

O encadre pecha toda a cabeza (é frecuente que apareza

cortada pola fronte e polo mentón). O resultado é unha maior

acentuación dramática dos valores psicolóxicos do primeiro

plano.

Page 9: Elementos basicos

Lectura de Imaxes Fixas - Educación Plástica e Visual - curso 00/01 9

Referidos á cantidade de campo visual recollido pola cámara.

Os planos largos

Recollen unha gran cantidade de visión) revelean o lugar, establecen o ambente e as posibles relacións con

el. Se se manteñen durante moito tempo poden privar o espectador dos detalles. Son apropiados para as

esceas de acción e as de alto contido dramático (presenciar un asesinato dende un plano largo permitenos

establecer distancias e disvinculación cunha escea que pode ser desagradable).

Os planos cortos

Escaso campo visual. Enfatizan, dramatizan, revelan as accións e amosan detalles. Se se abusa deles poden

ser moi restrictivos, poden impedir que o espectador integre o entorno na escea. Nun plano corto é máis fácil

descubrir unha emoción particular, baixo determinadas circunstancias, que nun plano largo onde,

probablemente pasarían desapercibidas.

Os planos detalle

Soen ter unha importancia directa sobre a trama (unha pistola insinuada, unha cicatriz, unha man

temblorosa poden revelarnos un dato crucial do desenlace final). Con todo, deben usarse en moi contadas

ocasións, pois abusar deles pode causar unha certa incomodidade na película.

PLANOS LARGOS E PLANOS CORTOS

Page 10: Elementos basicos

Lectura de Imaxes Fixas - Educación Plástica e Visual - curso 00/01 10

Ángulos dunha toma

Son os ángulos que forma o eixo da cámara co suelo

e tendo a imaxe a filmar como vértice.

1. Normal. A cámara está situada á mesma altura que

os ollos dos persoaxes enfocados, paralela o chan.

2. Picado. A cámara está máis alta que os ollos do

persoaxe e enfoca cara a abaixo. Este tipo de planos

afunde o suxeto contra o chan, sicolóxicamente o

persoaxe parece débil, apocado ou derrotado. Mostra

un persoaxe máis baixo do que en realidade é (ver a

película Bienvenido Mr. Marshall).

(particularidade): A vista do ollo de Deus. A cámara

prácticamente forma 90º co chan (moi utilizada por A.

Hitchcock)

3. Contrapicado. A cámara está por debaixo da altura dos ollos dos persoaxes, enfocando de abaixo a

enriba. Transforma o suxeto en alguén moito máis alto do que é en realidade. Estes planos suxiren

dominancia ou poder (ver a película Ciudadano Kane).

Page 11: Elementos basicos

Lectura de Imaxes Fixas - Educación Plástica e Visual - curso 00/01 11

Zooms e Conxelados de imaxe

A maior ventaxa do efexto zoom é o aforro considerable de movementos de cámara, o que conleva tamén

un aforro económico ós productores das películas. Técnicamente o zoom non é un movemento de cámara, xa

que esta non se despraza, trátase únicamente dun axuste de lentes que produce esa sensación característica.

É un bó recurso para aillar ou señalar a alguén dentro da multitude, asi como para captar un xesto ou unha

expresión (planos detalle).

O oposto ó zom é o movemento “conxelado”. Na imaxe conxelada páranse todos os movemento de golpe,

dando un efecto de sucesión continuada dunha serie de fotos fixas.

Este dous efectos narrativos teñen en común o realce dos detalles máis dramáticos, pero debemos aplicalos

con tino: unha característica xeralizada do cineasta novel é o mal uso destas técnicas debido ó seu emprego

abusivo.

Un “cruel” recurso para diferenciar a

superioridade dunha persoa frente a

outra é amosar nun plano contraplano

á persoa forte dende un contrapicado

e a débil nun picado

(ver os debates políticos nas

televisións en periodos electorais, o

que semella forte soe coincidir co

representante do partido político que

ten, nese momento, unha mellor

relación co medio de comunicación en

cuestión).

Page 12: Elementos basicos

Lectura de Imaxes Fixas - Educación Plástica e Visual - curso 00/01 12

Plano en movemento

Referido ó plano creado pola cámara cando se despraza no espacio ou rota sobre se mesma. Atendendo a

eses dous tipos de movementos os planos creados poden ser:

a) Cámara Móbil.

Orixínanse cando desprazamos a cámara de un sitio a outro. Normalmente necesitamos de vehiculos

especiais para elo (grúas, “dollys”, “travellings”). Este tipo de planos teñen a ventaxa de poder introducirse

na narración e abrir moito máis espacio.

b) Panorámicas.

Cando a cámara permanece estática sobre un trípode, pero a facemos rotar polo seu cabezal sobre un eixo

de xiro horizontal ou vertical creamos unha vista panorámica (moi usada nos westers). As vistas

panorámicas móvense xeralmente de esquerda a dereita, imitando a orde de lectura dos ollos. As

panorámicas verticais son moi utilizadas porque crean o efecto de convertirse en espectadores silenciosos,

que narran visualmente unha determinada situación (ainda que normalmente combínase cun

desprazamento de cámara).

Tipos de desprazamentos de cámara.

Dependendo da técnica e o desprazamento que se lle esixe á cámara danse moitos tipos de movementos, os

máis frecuentes son:

1. Travelling. Cando desprazamos a cámara sobre uns rais (eso en teoría, á hora de traballar –sobre todo

os aficionados- termínamos montando a cámara sobre calquera cousa que se mova: coche, bicicleta,

carretilla, etc.)

2. Plano “dolly”. Cando montamos a cámara sobre unha “dolly” (plataforma rodante moi sofisticada,

metade grua, metade coche).

3. Plano “grua”. Cando nunha escea a cámara móvese de enriba a abaixo sobre unha grúa. Da moita

mobilidade á escea.

Page 13: Elementos basicos

Lectura de Imaxes Fixas - Educación Plástica e Visual - curso 00/01 13

Cámara suxetiva

a) Definimos Plano obxectivo como aquelo que recolle unha cámara como espectadora da acción que se

está desenvolvendo, e

b) Plano subxetivo como o plano que representa a visíon que contempla o persoaxe que conduce a

narración.

A cámara suxetiva ofrece unha visión moi persoal da escea, tanto é asi que se abusamos desta técnica

corremos o risco de deixar á audiencia fora da acción, acaban perdendo involucción na historia. Pero é unha

técnica que funciona moi ben en secuencias de planos que expresan presencia emocional, como o

nerviosismo (a cámara correra ne mesma dirección que uns ollos alterados), ou visión dunha persoa coa cara

vendada (a cámara semellará a visión que se ten cunha venda que rodea os teus ollos, escea típica de

momias), ou a visión que contempla unha persoa que corre perseguendo a outra.