![Page 1: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/1.jpg)
XUNTA DE GALICIA
![Page 2: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/2.jpg)
Colección: A Vida no mar salgado
Idea e texto: Fina Mosquera RoelIlustracións: Ana Sánchez MorenoFotografía: Miguel Sánchez Ortiz
Edita: XUNTA DE GALICIAConsellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
D. X. de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.
ISBN: 84-453-3358-5
Depósito legal: C-1725-2002
Imprime: Gráficas Sementeira
![Page 3: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/3.jpg)
POLBONome científico: Octopus vulgaris
Castelán: PulpoÉuscaro: OlagarroaCatalán: Pop roquerInglés: Common OctopusFrancés:Pieuvre
![Page 4: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/4.jpg)
Eu son un polbo. Teño o corpo mol.A miña cabeza é moi grande e delasaen oito brazos con ventosas.Vivo no mar; nos fondos rochosos ouareosos, preto da costa. Polo día acóchome en refuxios natu-rais chamados coveiras ou cunchais.Saio pouco e dedícome a mira-lo quepasa, pois son moi curioso.
![Page 5: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/5.jpg)
Este polbo vive nun acuario.
.
![Page 6: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/6.jpg)
Pola noite saio na procura da mantenza.Sábenme as nécoras, ameixas, peixes etamén outros polbos máis pequenos.Cos tentáculos atrapo as presas e inmo-bilízoas con algo de veleno. Despoislévoas ó meu refuxio.A boca téñoa debaixo da cabeza. Seme-lla o peteiro dun loro e pode con todotipo de cascas e cunchas.Os restos de comida vounos deixandode camiño ó meu refuxio ou na entrada,por iso é doado atoparme.
![Page 7: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/7.jpg)
En cada brazo teño dúas ringleiras de ventosas.O polbo cabezón, que tamén se pesca nas nosas costas,ten unha soa ringleira.Se teño moita fame, podo chegar a come-los meus pro-pios brazos. Non importa, vólvenme a saír.
![Page 8: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/8.jpg)
Podo reptar polas rochas, andar ergueitonas puntas dos brazos coma unha araña ounadar tranquilamente.Teño a capacidade de muda-la cor paraprotexerme dos inimigos.Adopto a cor do lugar onde estou e asípaso desapercibido.Ademais, pola cor pode saberse o meuestado de ánimo.Se estou excitado, teño ondas azuis, comedo vólvome pálido, e a cor vermella indi-ca que estou furioso.
![Page 9: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/9.jpg)
Cando me sinto atacado, lanzo un chorro de tinta negrapara despistar, vólvome pálido e, soltando chorros deauga polo sifón, escapo velozmente cara a un refuxioseguro.
![Page 10: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/10.jpg)
No inverno achégome á costa parareproducirme.Cada macho busca unha femia e tentanamorala con agarimos e caricias.O macho recolle o seu paquete seminalcun dos seus tentáculos e deposítao nacavidade da femia, exactamente comoquen saca algo dun peto e o pon no petodoutro.Ás veces, se a femia se separa, o brazocopulador despréndese e vai só en buscada femia.
![Page 11: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/11.jpg)
Polbo macho cortexando a súa femia.
![Page 12: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/12.jpg)
A femia pon ata 150.000 ovos transparen-tes en forma de acios e cóidaos durantedous meses.Na primavera saen polbos pequeniños moisemellantes ós seus pais, pero de tres milí-metros de lonxitude.Se a auga está contaminada, os polbiñospoden morrer.
![Page 13: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/13.jpg)
Femia coidando os ovos.Cando saen os polbiños, a nai morre.
![Page 14: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/14.jpg)
Poden capturarnos utilizando nasas,raña ou ó arrastre.A raña é un instrumento formado porunha pedra atada a un pao. Na pedra colócase un cebo. Cando opolbo ve o cebo, abrázase a el e o pes-cador cólleo cun trueiro e gárdao nunrecipiente cerrado para que non escape.Nalgúns lugares estamos a desaparecerporque nos pescan en exceso. Nunca se debe mercar un polbo demenos de 750 gramos.
![Page 15: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/15.jpg)
Con estas nasas captúranse polbos.Dentro da nasa ponse algún animal saboroso.
Entran a comelo e logo non poden saír.
![Page 16: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/16.jpg)
O polbo á feira é un prato exquisito que nunca falta nasfeiras das vilas de Galicia.Cocen o polbo durante corenta ou cincuenta minutos e alí-ñano con aceite, sal e pemento. ¡Din que está delicioso!
![Page 17: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/17.jpg)
Nas lendas suecas fálase dun mons-tro,“o Kraken”, semellante a un polboxigante que tragaba barcos enteiroscoa tripulación incluída.A realidade é que os polbos podenchegar a medir 9 metros, pero téñen-se atopado luras xigantes de ata 20metros.¿Imaxinas unha lura do tamaño dedous autobuses?
![Page 18: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/18.jpg)
Algún animal semellante:
As Luras
![Page 19: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/19.jpg)
Glosario
Sifón: Tubo que sae da cabeza doscefalópodos e serve para intercam-biar auga.Cefalópodos: Grupo de moluscosós que lles saen os pés da cabeza,como por exemplo o polbo.Brazo copulador: Tentáculo queusan os machos para introduci-losespermatozoides no interior dasfemias.
![Page 20: XUNTA DE GALICIAmar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/... · 2016-03-04 · Colección: A Vida no mar salgado Idea e texto: Fina Mosquera Roel Ilustracións: Ana](https://reader036.vdocumento.com/reader036/viewer/2022070720/5ee07a09ad6a402d666ba706/html5/thumbnails/20.jpg)
PolboRodaballoOurizoXureloMexillónPeixe SapoCentolaCamarónPercebe
BraisCarmeAntónAna
Ourizo
RodaballoNa rede estamos en: pescagalicia.com
CONSELLERÍA DE PESCA EASUNTOS MARÍTIMOS