X I I M E M O R I A L
FILGUEIRA VALVERDE
MUSEO DE PONTEVEDRA
Salón de actos do Sexto Edificio
5, 6 e 7 de novembro de 2013
20:00 horas
NOVAS ACHEGAS AO COÑECEMENTO
DA PREHISTORIA DE GALICIA
Neste Memorial, inseparable, nas ideas básicas que o
conforman, das novidades que ofrece o discurso expositivo do
citado edificio Sarmiento, analízanse tres fitos particularmente
significativos na investigación da Prehistoria galega dos últimos
anos: os xacementos do Cabrón (Arbo, Pontevedra) e Porto Maior
(As Neves, Pontevedra), subministradores de información esencial
sobre a natureza dos primeiros poboadores de Galicia (a súa
antigüidade, no caso de Porto Maior, con ferramentas de tipo
achelense, podería aproximarse ao medio millón de anos); Cova
Eirós (Triacastela, Lugo), cuxas pinturas e gravados, datables no
Paleolítico superior (entre o Graveto-Solutrense e o Magdaleniense,
hai, pois, entre 25.000 e 10.000 anos), se ofrecen actualmente
como os primeiros testemuños da arte parietal do noroeste
peninsular, e as pinturas asociadas aos monumentos megalíticos,
esenciais para un mellor coñecemento da visión que temos hoxe
do mundo simbólico e a capacidade técnica de quen os
produciron hai cinco ou seis milenios.
A inauguración, o pasado mes de agosto, da
colección permanente do rehabilitado Edificio
Sarmiento do Museo de Pontevedra permitiu dar
a coñecer ao gran público, máis alá, pois, dos
círculos de especialistas, un conxunto excepcional
de obras e materiais arqueolóxicos exhumados,
uns, hai décadas ou incluso séculos, outros en
datas moi recentes, procedentes de xacementos
aínda en curso de escavación e estudo. O interese
que todos eles e fundamentalmente os máis
antigos suscitan, explica o ámbito esencial de
referencia deste Memorial Filgueira Valverde,
promovido pola Universidade de Vigo a través da
súa Vicerreitoría en Pontevedra e coa colaboración
da Deputación e do Museo de Pontevedra.
P R O G R A M A
D Í A 5 D E N O V E M B R O
O máis antigo poboamento de Galicia medio séculodespois das Gándaras de Budiño: crónica dun presentee un futuro prometedor
EDUARDO MÉNDEZ QUINTASInstituto de Estudos Miñoranos
D Í A 6 D E N O V E M B R O
Cova Eirós: os primeiros artistas de Galicia
RAMÓN FÁBREGAS VALCARCEUniversidade de Santiago de Compostela
D Í A 7 D E N O V E M B R O
Arte na época neolítica.Expresións en espazos funerarios
FERNANDO CARRERA RAMÍREZEscola Superior de Conservación eRestauracións de Bens Culturais de Galicia
Todas as conferencias comenzarán ás 20:00 h.
Ilustracións:
Exterior: calco das pinturas atopadas na cova de Eirós (recreación)Interior: debuxo das lousas pintadas do dolmen do Monte dos Marxos