Download - Xiana fai o pan
Transcript
XIANA FAI O PAN
Para facer o pan, primeiro tivemos que ir ao monte buscar un gastullo de leña.
Cunhas pólas de loureira tamén amañamos unha vasoira para varrer o forno.
A continuación chegou a hora de amasar e deixar en repouso para que levede.
Mentres, cocemos unhas mazás e despois xa puidemos ir estirando a masa.
Seica é importante envolver ben para evitar que a empanada verta no forno.
Despois fómoslles dando forma aos bolos e preparándonos para enfornar.
O forno xa está roxado. Axiña ficarán só as brasas e poderemos meter o pan.
Despois dun pedazo xa puidemos sacar as empanadas listas para comer. Mmmmm…
E aquí me tedes, agardando a que veñades celebrar comigo esta marabilla.
;-)