Download - Voleibol
O VOLEIBOL
SABÍAS QUE...??
Willian George Morgan, mestre de Educación Física en Massachussets (Estados Unidos), creou o voleibol (1895), bautizado inicialmente como “Mintonette”. Inspirouse no xogo alemán “faust-ball”.
Morgan aproveitou a pista de tenis, subeu a rede a unha altura de 1,98m e utilizou a cámara da pelota de baloncesto como pelota.
DEPORTE● O voleibol é un deporte de
equipo que se xoga nunha cancha dividida en dúas partes iguais por unha rede.
● Os equipos compostos por 6 xogadores, sitúanse en cada parte da cancha.
● O obxectivo do xogo é pasar, sen cometer falta, o balón por riba da rede ao chan do equipo contrario ou que éste non consiga devolvelo.
CAMPO DE XOGO
As liñas do campo considéranse parte do terreo de xogo.
POSICIÓN E ROTACIÓN● Os xogadores ocupan unhas
posicións determinadas (dianteiros e zagueiros) que varían cada vez que o seu equipo arrebata o saque ao contrario.
● Este cambio de posición chámase rotación e realízase no sentido das agullas do reloxo.
zagueiro centralsaque
líbero
acomodadorrematador rematador
PUNTUACIÓN
Punto!!
Un equipo anota punto:
1. Cando o balón toca o chan do equipo contrario.
2. O equipo contrario comete unha infracción.
3. O equipo contrario recibe unha infracción.
PUNTUACIÓN
Set!!● Un partido está formado
por 5 sets.● Gañará un set o equipo que
consiga antes os 25 puntos cunha diferenza de dous.
● No caso de empate, continúase xogando ata que un dos equipos teña os 2 puntos de ventaxa.
PUNTUACIÓN
Partido!!● Gaña un partido o equipo
que acumule 3 sets.● Se hai un empate a 2 sets, o
set de desempate (5º), xogarase a 15 puntos cunha diferenza mínima de dous tantos.
EQUIPO● O equipo está formados por
seis xogadores no campo e 6 no banquillo.
● Xogadores:
Líbero: xogador que só pode defender, é o mellor receptor do equipo. Non pode realizar golpes de ataque (saques, remates...). Leva unha camiseta de diferente cor.
líbero
EQUIPOZagueiros: xogadores defensivos colocados nas posicións 5,6,1 na zona de defensa.
Dianteiros: xogadores situados na zona de ataque nas posicións 2,3 e 4 (adiante, pegados á rede)
dianteiros
zagueiros
EQUIPO● Os cambios
Os xogadores que inician un set poden ser substituídos unha única vez no set, e reincorporarse desfacendo o cambio polo xogador que o substitueu. O xogador que substitúe só pode substituir a un único xogador por set.
As entradas e saídas do líbero non se contabilizan nos cambios.
Ceip Arzúa Ceip Arzúa
REGRAS DO XOGOFaltas no toque do balón:
● Retención: o balón é retido e/ou lanzado; non rebota no toque.
● Dobre golpe: un xogador golpea dúas veces consecutivas o balón ou o balón toca sucesivamente varias partes do corpo.
● Catro toques: o equipo toca o balón 4 veces antes de pasalo ao equipo contrario.
● Toque asistido: un xogador apoiase nun compañeiro para golpear o balón.
REGRAS DO XOGOFaltas do xogador na rede:
● Invasión: o pé dun xogador supera completamente a liña que separa os 2 campos.
● Tocar a rede: un xogador non pode tocar ou apoiarse na rede no momento de xogar o balón.
● Falta de rotación: cando un equipo recupera saque ten que rotar, se non respeta a orde de saque comete falta.
REGRAS DO XOGO
Falta de ataque: os xogadores zagueiros e o líbero non poden atacar dende a zona de ataque.
Falta de bloqueo: bloquear o saque contrario.
TÉCNICA
Saque: Consiste en poñer en xogo o balón polo xogador zaguero dereito dende a zoña de saque (zona 1).
● O primeiro saque realízase a sorteo.● Nos demáis set realiza o saque o
equipo que non efectuou o 1º saque no set anterior.
● Cando se recupera saque, o equipo rotará e logo ponse o balón en xogo.
TÉCNICA
Saque básico
TÉCNICA
Saque alto ou de tenis
TÉCNICA
Saque en suspensión
TÉCNICA
Recepción e pase:● Interceptar e enviar o
balón a outro xogador.● Realízase mediante o golpeo
de antebrazos (balóns baixos)
TÉCNICAColocación:
● Chámase tamén toque de dedos.
● Para poder realizalo o balón ten que chegar máis alto que a cabeza e con pouca velocidade.
● Realízase coas mans abertas en forma de copa, e os dedos índices e o pulgar forman un triángulo.
TÉCNICARemate:
● É o principal xesto de ataque e a última acción da serie: recepción-colocación-remate.
● Realízase cunha man, coa palma aberta e os dedos xuntos.
TÉCNICA
Bloqueo:● Acción dos xogadores situados
cerca da rede para interceptar o balón do adversario. Pode participar un, dous ou tres xogadores.
● Realízase cos brazos casi extendidos paralelos á rede, mans firmes e dedos separados.
TÉCNICA
● O toque de bloqueo non conta como toque de equipo, polo tanto despois do bloqueo, o equipo ten dereito a tres toques para pasar o balón.
● Non se pode bloquear o saque contrario.
O VOLEIBOL