Download - Unidad didáctica de patín
A P U N T E S
P A T I N A X E
IES ARCEBISPO XELMÍREZ IIdepartamento de educación física
UNIDADE DIDÁCTICA DE PATINAXE
O patinaxe é una actividade física que pode ser practicada desde un punto de vista recreativo
e, tamén, cando practicamos o deporte de hockei, experimentar as situacións competitivas. A
habilidade de deslizamento sobre patíns é a base de moitos deportes nos que este material é o
protagonista principal (patinaxe de velocidade, patín sobre xeo, hockei patíns,...). Para poder
comprender como podemos desenvolver esta habilidade, debemos coñecer unha serie de
aspectos básicos que nos permitan evolucionar. Así, trataremos os diferentes puntos:
O MATERIAL: Para realizar esta actividade, é imprescindible falar do material básico a utilizar:
A. O PATÍN: o patín foi evolucionando co paso dos tempos e foi adaptándose as distintas
necesidades. Hoxe en día, diferenciamos entre dous tipos de patíns :
a. Patín tradicional: Consta das seguintes partes: Bota, plancha, carros, tacos,
rodas y rodamentos.
i. Bota: Soe ser de coiro. Cando se
atornilla á prancha debe quedar
colocada de tal maneira que a
prolongación da vertical do maléolo
externo do nocello pase polo eixe
posterior da prancha, e que o apoio
dos metatarsianos sexa encima do eixe
anterior da prancha.
ii. Prancha: É a parte fundamental do
patín. Acostuma a ser de aluminio
ou de aleacións que a fagan
resistente y lixeira. Nela fíxanse as
botas, os carros e os tacos. A
medida das pranchas veñen dadas
pola distancia entre os seus eixes,
de tal modo que a correspondencia
entre o número de bota e o número de prancha é a seguinte:
medida do patín 10 11 12 13 14 15 16 17
medida da bota 25/28 29/30 31/32 33/34 35/37 38/39 40/41 42/44
iii. Carro: É o elemento de unión entre a prancha e as rodas. O carro do
patín componse dun cruceiro de eixes, un parafuxo central, dúas
gomas, arandelas de contención y torca de blocaxe á prancha.
Grazas as gomas, permítenos realizar curvas sen levantalas rodas do
chan, e serve de amortiguador.
iv. Taco: O taco é un elemento de caucho que se une á prancha na súa
parte anterior e que nos sirve para os primeiros pasos nas
arrancadas e para frear cando patinamos cara atrás.
v. Rodas: No patín tradicional
móntanse dúas rodas dianteiras
e dúas traseiras, dentro das cales
están os rodamentos, e que se
unen ó patín inxeríndose nos
eixes do carro. A importancia das
rodas está en saber elixir o
diámetro e a dureza, en función do patinador e a superficie. Así,
para patinadores noveles e que desenvolven pouca forza serán máis
adecuadas rodas pequenas e brandas, que se adaptan mellor o
terreo, pero, para os patinadores experimentados, precisaranse
rodas de maior diámetro e máis dureza. Por outro lado, canto máis
lisa e deslizante sexa unha pista, maior dureza se poderá utilizar nas
rodas, aínda que se perderá amortiguación e suavidade ó patinar.
vi. Rodamentos: Cada patín leva 8 rodamentos, dous por cada roda, que
se colocan na parte interior da mesma e entran no eixe do patín.
Con eles evitase que a fricción do parafuso sobre a roda deteña o
patinador/a.
b. Patín en líña: Consta das seguintes partes: Bota, prancha, rodas e rodamentos.
i. Bota: Utilízanse botas similares
as de esquí, que se diferencian
unhas das outras
fundamentalmente pola calidade
do material, as fixacións, os
cerres e a súa adaptabilidade ó
pe. Fixan a articulación do
nocello e limitan a súa actuación
no patinaxe.
ii. Prancha: É unha especie de dobre rail que se fixa á bota en dous
puntos, un á altura dos metatarsianos e outro a altura do talón. A
prancha pode ser máis
ou menos longa en
función de que sexa para
patinaxe na rúa, patinaxe
agresivo ou patinaxe de
velocidade. A súa
principal característica
consiste en que os
apoios do corpo recaen máis adiante dos dedos e máis atrás do talón
co cal, o equilibrio vese favorecido.
iii. Rodas: Utilízanse catro ou cinco rodas por patín, situadas nunha sola
fileira. Son rodas de menor grosor que no patín tradicional, co que o
rozamento e menor, e son máis brandas xa que son elas as que
cumpren a función de amortiguamento. Por outro lado, dan menor
mobilidade ó patinador.
iv. Rodamentos: Son iguais os tradicionais, excepto que o diámetro
interior do casquillo é máis ancho.
O patín tradicional recomendase para a iniciación, o hockei sobre patíns e o patinaxe artístico. O patín en liña recomendase para o patinaxe na rúa, o patinaxe agresivo e o patinaxe de velocidade.
B. OS ELEMENTOS DE SEGURIDADE:
Son fundamentais para poder realizar unha actividade na que se minimicen os riscos. O equipo
básico está formado por:
- Casco
- Xeonlleiras
- Codeiras
- Muñequeras
Ademais, existen outra serie de proteccións para as costas, canelas..... que son específicas dos
distintos deportes nos que o patín é a base.
CAPACIDADES TÉCNICAS DO PATINAXE.
A) O EQUILIBRIO: É un elemento fundamental do patín. O que se pretende é que o peso
de todo noso corpo, caia entre as rodas do patín (tanto de adiante-atrás, como
lateral). Ó conxunto de pesos das distintas partes do noso corpo, chámaselle CENTRO
DE GRAVEIDADE. No patín clásico, este equilibrio é máis complicado xa que a base que
teñen é máis pequena.
B) POSICIÓN BÁSICA: Varia dun patinador a outro segundo a súa altura, o seu peso, a súa
proporción entre a parte superior e inferior do corpo, do terreo, etc. A correcta PB.
sería:
a. De pe cos patíns lixeiramente separados (anchura das cadeiras), cos nocellos,
xeonllos e cadeiras lixeiramente flexionadas, e cás mans e os brazos dentro do
campo visual. É importante mirar cara adiante (e non ó chan). En resumen, a
posición ideal pode definirse nunha sola frase: nariz, xeonllos e puntas dos
patíns nunha liña.
b. A flexión dos xeonllo e a colocación das mans sobre as mesmas mellora o
equilibrio dinámico do patinador, ó descender o centro de gravidade.
C) EMPUXE. É o impulso que imprime o patinador sobre o chan e que transforma nun
avance. O empuxe comeza coa posición en T, é dicir, colocando un patín tralo talón do
outro, formando esta letra. É fundamental a correcta colocación dos bordes interiores
das rodas do patín, o recobro polo centro e a extensión completa da perna tralo
empuxe.
D) DESLIZAMENTO. É o tempo que vai desde o empuxe a un novo empuxe. É moi
importante o equilibrio sobre un solo patín para poder ter un bo deslizamento.
E) PASO ALTERNO. É o paso básico dun patinador. É a mestura entre empuxe y
deslizamento. É moi importante ter unha boa colocación dos patíns e ir cambiando o
peso de forma acompasada. A medida que hai un maior control, o patinador
acompaña cos brazos, para que cada vez o patín se deslice máis. É moi importante
manter en todo momento a posición básica (os patíns adoitan querer correr máis que
o corpo.
F) XIRO. Permite cambiala dirección á hora de patinar. Podemos establecer un xiro
básico, con ambos patines apoiados, onde o único que facemos é cambialo peso cara a
parte externa das rodas do patín que está máis cerca do centro de xiro e cara a parte
interna das rodas do outro patín (ó principio é máis fácil si abrímolas pernas, para
separalos patines). E, o xiro con cruce, onde o patín externo se vai cruzando por diante
do interno (isto xa implica un maior control da forma de patinar).
G) FREADA. Non por selo último é o menos importante. Debemos de ter un gran control
da freada para ter un bo dominio do patín. Vamos a diferenciar entre tres tipos de
freada:
a. Co taco : aquí é importante saber variala presión co mesmo.
b. En forma de T: chámase así porque os patíns colócanse dese xeito para frear.
Debemos ir variando a carga que lle damos ó patín máis atrasado.
c. Derrapando.
Fonte orixinal: さUnidad Didáctica de Patínざ. IES Meaño, Departamento de Educación Física.