A PARTIR DE 16 ANOS /ADULTOS
Algún día este dolor te será útil, de Peter Cameron. Un novo solitario de 17 anos de familia desestruturada e con problemas psicolóxicos, que desfruta lendo, cuestiónase a si mesmo para saber que quere facer da súa vida no futuro. Reflexións cheas de agudeza
sobre o comportamento humano e a sociedade.
Persona normal, de Benito Taibo. Novela orixinal, sensible, imaxinativa, supón un canto á literatura, aos libros, á amizade. Un rapaz a quen a vida lle ensina que un pode saír dunha situación dura e dorosa cunha actitude positiva, tolerante e sinxela.
Un andar solitario entre la gente, de Antonio Muñoz Molina. Novela ecléctica que flúe entre a ficción, o ensaio, a crónica persoal, aparentemente sen cohesión, a través dun monólogo interior que constrúe o texto en pequenos fragmentos que escribe a partir da súa observación da
realidade das rúas polas que transita. Homenaxe aos escritores que inventaron a cidade como tema literario.
Nova Nursia, de Héctor Cajaraville. Última novela publicada do autor, de carácter histórico biográfico, que conta a vida do misioneiro Rosendo Salvado Rotea por terras australianas, renunciando á riqueza.
Fóra de si, de Suso de Toro.
Novidade do autor despois de varios anos sen escribir novelas. A novela xira en torno a un personaxe, Ricardo Marzoa, en plena crise persoal inmerso nun conflito cheo de intriga.
Contrato con Deus, de Will Eisener. Un clásico da novela gráfica e unha verdadeira obra de arte, na súa versión agora en galego. Primeira obra da triloxía A vida na Avenida Dropsie. Transcorre nos anos 30 na época da Gran Depresión, en torno á vida da avenida Dropsie de Nova York, onde a xente mundana loita por sobrevivir.
Outra idea de Galicia, de Miguel -‐ Anxo Murado. Ensaio que pretende explicar que é Galicia en realidade desterrando mitos, prexuízos e tópicos equivocados desde a súa perspectiva. Para coñecer os galegos desde fóra e para os galegos coñecérmonos (máis) a nós mesmos.
Las hijas del capitán, María Dueñas.
Tres mulleres, fillas do Capitán, vense un día na obriga de facer fronte á vida sendo inmigrantes nun mundo de rañaceos e de homes. Novela áxil e entretida para ler neste tempo de lecer.
SUXESTIÓNS DE LECTURAS E CINE PARA O VERÁN
“MERGÚLLATE NA LECTURA “
IES RIBEIRA DO LOURO
Curso 2017-‐2018
XUVENIL
As viaxes de Gulliver, Jonathan Swift. Un clásico adaptado por Vicens Vives que vos fará desfrutar das aventuras do doutor Gulliver por países remotos ao mesmo tempo que se
afonda nos valores da sociedade contemporánea.
Se me olvidó cómo olvidarte, de Iago de la Campa.
Novela de viaxe, de atoparse un a si mesmo, de decisións importantes, de amor, de valentía e moi actual.
Mil maneras de perderte y solo una de encontrarte, de Vicky Grande.
É a historia dunha estudante de Psicoloxía que no seu último ano se dispon a esquecer antigas feridas e recordos para reconstruírse.
Máquinas mortales, de Philip Reeve. Baseada na superprodución cinematográfica de Peter Jackson, é unha novela de ciencia ficción, apocalíptica onde tras a Guerra dos Sesenta Minutos as cidades grandes devorarán as máis pequenas. Imaxinativa e trepidante.
Filosofía en viñetas, de Michael F. Patton e Kevin Cannon.
Se queres ter unha idea aproximada do que é a Filosofía con sentido do humor e de forma acertada e orixinal, este é o teu cómic. Para todas as idades.
A visita do inspector, de J.B. Priestley.
Unha obriña de teatro de suspense moi intensa cun trasfondo social interesante e con personaxes moi ben construídos.
A caixiña dos rancores, de Héctor Cajaraville. Noveliña que constitúe un canto á amizade, xa que esta axuda a romper a barreira da diferenza de idades e a superar sen rancor a dor. Autor gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2018 coa obra Kusuma, e que xa recibira outros premios literarios
importantes.
Penúltimas tendencias, de Carlos Negro. Cun tono belixerante e rompedor cos estereotipos impostos pola sociedade en torno á muller, este libriño de poesía presenta as dúbidas e o medo ao descoñecido da mocidade. Poeta gañador dos Premios dos Clubs de Lectura 2018.
BIBLIOTECA INCLUSIVA
Un mundo raro, de María José Ferrada. A través dunha linguaxe poética chea de sensibilidade, a autora lévanos a un mundo diferente, diverso, de nenos e nenas que fan un mundo á súa medida... " Cando estaba contenta o seu cabelo transformábase en selva, os seus ollos en dous mares e os seus brazos e pernas nuns estraños continentes" El niño que quería construir su mundo, Keith Stuart. A través do videoxogo Minecraft, Alex atopará o xeito de entenderse co seu fillo e ao mesmo tempo de darlle sentido ao seu, pois a súa relación coa súa muller non funciona. Conmovedora.
CINE EN DVD
Cuando tienes 17 años, de André Téchné. Damien, un rapaz adolescente, fillo dun militar e dunha médico, vive coa súa nai mentres o seu pai está de misión en África.
Verano del 93, de Carla Simón. Frida, unha rapaciña de 6 anos vive unha experiencia traumática que cambia o rumbo da súa vida. Fálanos das relacións familiares, da amizade, da natureza, con humor e moita tenrura.
La librería, de Isabel Coixet. Unha muller quere abrir unha librería nunha pequena localidade da costa británica pero terá que enfrontarse a moitas dificultades e desencontros cos seus habitantes, aínda que tamén sentirá o amor.
El principito, de Mark Osborne. Unha nena moi madura para a súa idade que ten que estudar durante o verán, coñecerá a un veciño, aviador, quen lle ensinará un mundo onde todo é posible e vivirá unha aventura no universo do principiño..
La sal de la tierra, de Win Wendres e Juliano Ribeiro Salgado. Documental en homenaxe ecoloxista ao planeta, un canto á súa beleza. O fotógrafo J. R. Salgado percorre os cinco continentes tras os pasos dunha humanidade en continuo cambio.