Prazas que inclúen as 1.869 anunciadas na
convocatoria de decembro do 2017 e que nunca
chegou a realizarse, prazas que son insuficientes e
que non compensan a perdida de emprego (15000
postos de traballo nos últimos 10 anos)
Prazas que consolidan un modelo de traballo precario
con un 17,82% das prazas a xornada parcial
(chegando ao 65% nos postos de ATC)
Prazas que, saíndo aos poucos, serven para manter e
os lucrativos chiringuitos sindicais da formación
Convocado o exame para cubrir 4.005
prazas.
90 delas na Coruña, das cales 25 serán a
tempo parcial e que se distribúen así: 14
ATC; 45 reparto1; 8 reparto2; 23 Axente
Inscricións ate o 10/10
Vimos do peor verán que lembramos, no que 3
compañeir@s perderon a vida traballando en
Correos.
A precariedade laboral e a sinistralidade
tristemente van da man., mentres que Correos
recorta en persoal e medios somos nos quen
sufrimos as consecuencias
Minimízanse e siléncianse os accidentes, e
botamos en falta máis dignidade en estas
situacións, por iso queremos poñer en valor a
resposta da plantilla, moi por encima da dos
seus dirixentes, e que achegou
espontaneamente mostras de respecto,
solidariedade e afecto desde todo o estado
(Ourense, A Coruña, Pontevedra, Madrid,
Valencia, Zaragoza, Granada, Málaga, Sevilla…)
O seu tería sido que estas concentracións de
duelo e minutos de silencio tiveran sido
promovidos pola dirección… ¿ou ?
O R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A
cgtcorreosacorunha @gmail.com telefone: 674 070 105 RICO 83230
A solidariedade
acompañou a compañeira
Estrella as portas do
xulgado exixindo a súa
readmisión.
Correos despide persoas
enfermas e nós non
podemos mirar para
outro lado
SE TOCAN A UNHA,
TOCANNOS A TODAS!
10N OUTRA CAMPAÑA ELECTORAL
Evitará a dirección de Correos un novo caos? A terceira vai a vencida? Ou non
hai dous sen tres?
CGT xa pedimos, entre outras cousas unha contratación
TODA A INFO EN
www.cgtcorreosfederal.es
Con un convenio en vigor
dende o ano 2011,
calquera podería pensar
que a negociación
colectiva non existe en
Correos, e que as
organizacións que
representan as/aos
traballadoras/es pouco o
nada están a facer.
Para alonxar estes malos
pensamentos o ano 2018
rematou con un
cacarexado acordo
plurianual entre Correos
e catro dos sindicatos
representativos a nivel
estatal.
Presentóusenos un acordo
fillo das mobilizacións e a
loita, un acordo que nos ía
permitir recuperar o terreo
perdido e avanzar na
recuperación de dereitos,
o mais do mais
Un acordo que na CGT
valoramos como
insuficiente, ambiguo,
flexible sen medidas
concretas e unha
oportunidade perdida para
eliminar os aspectos mais
lesivos do convenio en
vigor.
Con isto e con todo,
estamos en outubro do
2019 e moitas
preguntámonos... ¿que foi
do acordo plurianual?
¿por que teño quenda este
sábado? ¿onde están os
meus cartos?...
Van vir as eleccións
sindicais… virán as
farangullas, a cenoura
nun pau. O show ten que
continuar que diría o
Freddy Mercury
Os vergoñentos descontos
por enfermar ían
desaparecer co fantabuloso
acordo.
A realidade é que só para
determinados tratamentos e
patoloxías graves:
quimioterapia, radioterapia,
hospitalización,
intervención quirurxica..
Os obsoletos e raquíticos
salarios que vimos
cobrando ían subir como a
espuma co marabilloso
acordo
A realidade é que tardamos
9 meses en cobrar.
Seguimos a ter un salario
repartido en complementos
variables e sen vincularse
as subidas ao custe da vida
As portas íanse abrir de
par en par, para saír con
xubilacións anticipadas e
para entrar con contratos
relevo.
A realidade é que as portas
están tapiadas e non hai
chave polo momento.. Nin
para saír, nin para entrar…
rumores hai, sempre.
ante a fiscalía en Madrid e
nos xulgados de Manresa a
acumulación de
notificacións retidas por
Correos en unidades de
reparto de ambos lugares, e
que superaban no caso de
Manresa as 15.000
Non é novidade, nin é
ningunha sorpresa. Mentres
Correos prioriza o reparto da
paquetería maltrata o reparto
de notificacións.
Non é lóxico, nin é un bo
plan. Un produto rendible e
que nos amosa como servizo
público .
Posicionarse como operador
loxístico a costa do servizo
público e grazas a
precarización do noso
traballo, ese é o gran plan
dos nosos xestores. O noso,
o da CGT segue a ser, xa o
sabedes, defender o servizo
público e mellorar as nosas
condicións
laborais.
POR UN
CORREOS
PÚBLICO E
SOCIAL!!
No ano 2011 o III Convenio deixaba en mans da Comisión de
tiempo de trabajo as propostas para a adaptación ou modificación
da quenda de sábados, nunca máis se soubo.
No ano 2018 a empresa e catro dos sindicatos representativos
firman un acordo plurianual, para evitar unha sentencia
promovida por CGT e SL que obrigaría a Correos a respectar inmediatamente o
descanso de fin de semana, acordo que contempla á implantación sen data da
voluntariedade na quenda de sábados, e danse un prazo de 6 meses para a súa
implantación, un ano despois pouco máis se soubo,seguemos a ter quenda de sábados
OBRIGATORIA
Basta xa de enganos , contos e manipulacións, que remate o circo!
O descanso semanal é un dereito e por el hai que loitar. Non hai
escusas, nin o goberno, nin o real decreto, nin nada.
A CGT ten convocada unha folga de sábados con carácter indefinido,
e foi a partires da súa convocatoria cando puidemos ver o único
movemento por parte da empresa, en forma de simulacro de enquisa.
Oficinas fechadas, uses paradas e pavillóns baleiros 9 anos despois esta ten que ser a
linguaxe negociadora. ORGANÍZATE E LOITA!!
DISCO STU
NON TRABALLA OS SABADOS
O R.D. 1561/1995 establece un réxime
especial de xornadas de traballo que
modifica o disposto no art.37.1 do E.T.
respecto á obriga do descanso semanal e
o descanso entre xornadas. Amplía,
ademais , o cómputo de días máximo nos
que acumular o descanso semanal.
Na reforma de este R.D. Correos propón a
súa inclusión na sección 3Bis (a 3 é a da
hostalería, p.e.). Reforma que depende
dunha decisión gobernamental, que
afectaría a todo o sector postal, e que
esta por riba da negociación colectiva.
Esta reforma non é necesaria para
modificar a quenda de sábados, iso
fíxose no ano 2011 no reparto
ordinario sen ningún R.D. polo medio.
Esta reforma é necesaria para
perpetuar a quenda de sábados, pois é
a vía para incumprir os descansos que
recolle o E.T.
O E.T. no seu art.37.1 fixa o descanso semanal en un dia e medio, mentres que no art.34.3
establece un descanso mínimo entre xornadas de 12 horas, non podendo ambos superpoñerse.
Correos non respecta a suma do descanso semanal de 48 horas e o descanso entre
xornadas. Un traballador/a que remate a xornada un sábado as 14h non se debería incorporar
novamente ao seu posto ate o luns as 14h .
Compañeir@s da UR3 (A Coruña)
Seguimos a manter o teito de
cristal para as mulleres logo
dos recentes nomeamentos no
organigrama directivo da zona
1. Unha magoa e outra
oportunidade perdida.
O recen nomeado director de
zona ven de facer unha rolda
de presentación e pasamáns
cas organizacións sindicais da
provincia., convocándonos a
unha xuntanza informal por
orde de afinidade e non de
representatividade,
A CGT acudiu a esta primeira
toma de contacto con actitude
proactiva e brindándolle a
nova dirección a oportunidade
de traballar por resolver
conflitos que veñen de longo,
solicitándolle vía rexistro unha
xuntanza formal para falar do
incumprimento do SPU e dos
recargos; do dereito ao disfrute
de permisos e vacacións; da
contratación irregular e
precaria; do parque móbil, e
de moitos temas que a diario
afectan as nosas condicións de
traballo.
Non fomos quen de conseguir
o
compromiso de ter dita
xuntanza e tratar de resolver
eses temas. Evidentemente,
non nos citaran para iso,
citáronos para a propaganda
habitual . Agardaremos a que
sexa o momento para ter unha
xuntanza seria e útil.
SE NINGUÉN TRABALLA POR
TI,
QUE NINGUÉN DECIDA POR
TI,
Na UR3 da Coruña voltaron a
defender o conseguido nas
recentes mobilizacións. Neste
mes de Agosto, e ante unha nova
tentativa da xefatura de impor
recargos indiscriminadamente a
resposta do persoal foi un novo
paro parcial, a resposta foi dar a
voz de alarma e alertar á
cidadanía.
Os medios fixéronse eco da
situación, a veciñanza mostrou o
seu malestar e o correo quedou
sen reparto.
Esta resposta rápida e
combinada fixo á xefatura
replantexarse á situación e dar
un paso atrás na cuestión dos
recargos.
Na UR3, no barrio da Agra do
Orzán téñeno claro. E cada vez
en máis unidades que plantan
cara aos recargos pola defensa
dos nosos postos de traballo.
Na CGT tamén: #recargoscero
A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO!!
“Non estou aceptando as
cousas que non podo
cambiar, estou cambiando as
cousas que non podo aceptar”
Angela Davis