Terra é Bosques
Enxeñaría Forestal e do Medio natural
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
É a rama da enxeñaría que se ocupa do coidado dos espazos forestais e do
aproveitamento dos bens e servizos que os montes lle proporcionan á sociedade.
QUE É A ENXEÑARÍA FORESTAL?
Avaliación de recursos forestais [inventarios de recursos madeireiros, inventarios de
fauna, estudos de biodiversidade, estudos do medio físico, etc.]
Tratamento silvícola e fitosanitario de masas forestais arborizadas
Execución e proxecto de repoboacións forestais
Ordenación de montes, ordenación da caza, ordenación da pesca fluvial
Defensa contra os incendios forestais [prevención e extinción]
Industria transformadora da madeira e doutros recursos do monte [resina, cortiza…]
Xestión e proxecto de granxas cinexéticas, de piscifactorías, etc.
QUE TAREFAS DESEMPEÑA UN TITULADO EN ENXEÑARÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL?
Emprego verde
Perfil STEM
Economía circular
Se estás interesado/da en intervir sobre os bosques e outros terreos forestais para evitar
a súa destrución.
Se che gusta observar e comprender o funcionamento dos ecosistemas forestais.
Se tes interese por resolver problemas ambientais e económicos complexos.
Se queres obter esa satisfacción que produce o traballo ben feito e o traballo útil.
A TITULACIÓN DE ENXEÑARÍA FORESTAL É A AXEITADA PARA TI?
O Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural é a
túa titulación.
SAÍDAS PROFESIONAIS
ENXEÑARÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
PROXECTISTA en empresas de
consultoría DIRECTOR de produción en
industrias forestais
ESPECIALISTA en ordenación
forestal e planificación do
territorio
AUDITORA e xestora
ambiental
EXPERTO en silvicultura e
xestión forestal sostible
XESTORA de espazos e
recursos naturais
INVESTIGADOR científico
XERENTE de empresas de proxectos e
obras forestais.
PROFESORA de ensinanza
secundaria e universitaria
TÉCNICO na Admón. pública
DIRECTORA de obras forestais
DATOS DE INSERCIÓN LABORAL
O Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural é TRABALLO
As perspectivas laborais son excelentes. A maioría da superficie española é terreo forestal, dispón dun alto grao de protección e ano tras ano, incrementa o recurso natural. O volume de facturación do sector forestal en España foi [en 2016] de aproximadamente 20.000 millóns de euros. Emprega a máis de 210.000 persoas. Ademais, a maior concienciación por coidar o medio ambiente, unida ás esixencias lexislativas, favorecen un aumento na demanda destes perfís profesionais.
A economía verde creará 60 millóns de
empregos nos vindeiros 15 anos.
Inserción laboral titulados/as do curso 2013-14:
Un ano despois de acabar os estudos o 75%
estaba afiliado á Seguridade Social.
Dous anos despois de acabar os estudos o 83%
estaba afiliado á Seguridade Social.
Aos tres anos de acabar os estudos o 90% cotizaba como titulado [baixo nivel de subemprego].
CAPACITACIÓN
Único grao da Universidade de Santiago de Compostela que habilita para o exercicio da
profesión de enxeñeiro técnico forestal, con todas as atribucións profesionais
recoñecidas pola lei (Orde CIN/324/2009).
Posibilita o acceso a estudos de posgrao (máster e doutoramento), para acadar:
Especialización profesional e maiores expectativas de emprego
Obtención do máximo nivel académico (doutor)
Investigación no ámbito da universidade e noutras institucións
Acceso á carreira docente como profesorado universitario
Másters máis vinculados ó grao:
- Máster en Enxeñaría de Montes
- Máster Universitario en Dirección de Proxectos
CARACTERÍSTICAS XERAIS DO TÍTULO
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura
Curso académico de implantación do título: 2010-2011
Tipo de ensinanza: presencial
Duración: 4 anos
Mencións: Explotacións Forestais; Industrias Forestais (a partir do 3º curso)
Nº créditos: 240 ECTS
Nº prazas: 45
Prezo aproximado da matrícula anual: 900 €
Nota de corte: 5,85
Nota de acceso: 8,53
MATERIAS DO PLAN DE ESTUDOS (1º CURSO)
Curso Período Materia Créditos
1º (60
ECTS)
1º semestre (27 ECTS)
Matemáticas I 6,0
Física I 6,0
Expresión Gráfica na Enxeñería 6,0
Estatística 4,5
Informática 4,5
2º semestre (24 ECTS)
Matemáticas II 6,0
Física II 6,0
Xeoloxía e Climatoloxía 6,0
Bioloxía 6,0
Anual Química 9,0
MATERIAS DO PLAN DE ESTUDOS (2º CURSO)
Curso Período Materia Créditos
1º (60
ECTS)
1º semestre (27 ECTS)
Matemáticas I 6,0
Física I 6,0
Expresión Gráfica na Enxeñería 6,0
Estatística 4,5
Informática 4,5
2º semestre (24 ECTS)
Matemáticas II 6,0
Física II 6,0
Xeoloxía e Climatoloxía 6,0
Bioloxía 6,0
Anual Química 9,0
Curso Período Materia Créditos
2º (60
ECTS)
1º semestre (31,5 ECTS)
Economía e Empresa Forestal 6,0
Dasometría e Inventario Forestal e do Medio Natural 6,0
Hidráulica 6,0
Edafoloxía 4,5
Construción Forestal 4,5
Electrotecnia 4,5
2º semestre (28,5 ECTS)
Botánica Forestal 6,0
Ecoloxía 6,0
Zooloxía 6,0
Topografía 6,0
Hidroloxía 4,5
MATERIAS DO PLAN DE ESTUDOS (3º CURSO)
Curso Período Materia Créditos
1º (60
ECTS)
1º semestre (27 ECTS)
Matemáticas I 6,0
Física I 6,0
Expresión Gráfica na Enxeñería 6,0
Estatística 4,5
Informática 4,5
2º semestre (24 ECTS)
Matemáticas II 6,0
Física II 6,0
Xeoloxía e Climatoloxía 6,0
Bioloxía 6,0
Anual Química 9,0
Curso Período Materia Créditos
3º (69
ECTS)
2º semestre (34,5 ECTS)
Pragas e Enfermidades Forestais 4,5
Silvicultura 4,5
Aproveitamentos e Vías Forestais 6,0
Mecanización Forestal I 4,5
Tecnoloxía da Madeira 6,0
Xardinería e Paisaxismo Forestal 4,5
Industrias dos Produtos Forestais non Madeireiros 4,5
2º semestre (34,5 ECTS)
Repoboacións Forestais 4,5
Pasticultura e Sistemas Agroforestais 4,5
Industrias da Primeira Transformación da Madeira 6,0
Lexislación, Socioloxía e Políticas Forestais 6,0
Avaliación e Corrección de Impacto Ambiental 4,5
Recuperación de Espazos Degradados 4,5
Seguridade e Hixiene 4,5
MATERIAS DO PLAN DE ESTUDOS (4º CURSO)
Curso Período Materia Créditos
1º (60
ECTS)
1º semestre (27 ECTS)
Matemáticas I 6,0
Física I 6,0
Expresión Gráfica na Enxeñería 6,0
Estatística 4,5
Informática 4,5
2º semestre (24 ECTS)
Matemáticas II 6,0
Física II 6,0
Xeoloxía e Climatoloxía 6,0
Bioloxía 6,0
Anual Química 9,0
Curso Período Materia Créditos
4º (85,5 ECTS)
1º semestre (39 ECTS)
Ordenación de Montes e Certificación Forestal 6,0
Prevención e Loita contra Incendios Forestais 4,5
Proxectos 4,5 Industria da Celulosa e do Papel 6,0
Bioloxía e Xestión de Poboacións Cinexéticas e Piscícolas 4,5
Ordenación e Planificación do Territorio e do Medio Natural 4,5
Procesos Industriais Xiloenerxéticos 4,5
Xestión Ambiental e Control de Calidade na Industria Forestal 4,5
2º semestre (34,5 ECTS)
Xestión do Medio Natural 4,5
Mecanización Forestal II 4,5
CAD. Expresión Gráfica Aplicada 4,5
Producións Complementarias do Bosque 4,5
Mellora Xenética Forestal e Viveiros 6,0 Protección, Conservación e Construción en Madeira 6,0
Industrias de Segunda Transformación da Madeira 4,5
TFG Traballo de Fin de Grao (Explotacións Forestais; Industrias Forestais) 12,0
PRÁCTICAS EXTERNAS
Obxectivos:
Coñecer in situ como se exerce a profesión.
Aprender a aplicar os coñecementos e as competencias adquiridas.
Aprender a manexarse nun contorno laboral real.
Prácticas de carácter voluntario, a partir do 3º curso, ás veces remuneradas
Ata 6 créditos ECTS (150 horas de traballo)
Prácticas curriculares ou extracurriculares
Numerosas empresas en que realizar as prácticas: Agrofor, Arvitot, Asociación de
Empresarios de la Madera, AFG, Calfensa, Carronza, CIF Lourizán, ENCE, CSIC, Norvento
…
PROGRAMAS DE MOBILIDADE
SICUE (estancia en universidades españolas, ata un curso)
- Universitat Politècnica de València
- Universidad Politécnica de Madrid, etc.
BILATERAL (estancia en universidades fóra da Unión Europea)
- Universidad Juárez del Estado de Durango (México)
- Universidad Nacional Santiago del Estero (Arxentina), etc.
ERASMUS + (estancia en universidades europeas, ata un curso)
- Instituto Politécnico do Porto (Portugal)
- Ceska Zemedelska Univerzita v Praze (República Checa), etc.
12 10 8
Este grao ostenta o Selo de Calidade europeo EUR-ACE® para titulacións
de enxeñaría e ademais atópase dende 2017 no primeiro posto das
titulacións españolas de ámbito forestal segundo o ranking independente
elaborado pola Fundación BBVA e o IVIA.
Os titulados deste grao gozan dunha elevada e temperá empregabilidade.
RESUMO DA TITULACIÓN
Este grao ostenta o Selo de Calidade europeo EUR-ACE®
Fortalezas do título:
1.- a mellor titulación forestal de España
2.- formación polivalente
3.- alta empregabilidade
Saídas profesionais máis destacadas:
1.- consultoría
2.- empresas de traballos forestais
3.- ensino secundario
Nota de corte: 5,85
Número de prazas: 45
GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN ;)
A vida sostible