Tema 6.- As cidades da Europa medieval.
perfeccionamento
dos muíños
+
O renacemento
urbano
A expansión
agraria
O crecemento
demográfico
aumento do espazo cultivado:
os campesiños…
progreso das técnicas agrarias
mellora dos utensilios agrícolas
repoboaron terras abandonadas
talaron bosques
desecaron zonas pantanosas
gañaron terras ao mar
roturaron as novas terras
difusión da rotación trienal
uso do esterco animal como fertilizante
xeneralización do
uso do ferro
arado normando con
folla e rodas de ferro
ferraduras dos cabalos
muíños de auga
muíños de vento
aumento da produción:
máis produtos
aumento da produtividade:
maior rendemento
mellor alimentación
máis resistencia ás enfermidades
incremento constante da poboación
1.- A recuperación da vida urbana.
Os novos instrumentos agrícolas
arado
muíño de muíño de
As Cruzadas.
Por que medraron as cidades?
Cese das
grandes
invasións
+
Diminución das
guerras
señoriais
+
Avances das
técnicas
agrícolas
⇒
Aumento da
produción
agraria
⇓
Crecemento da
poboación
⇒
A agricultura
xerou
excedentes
⇒
Busca de
mercados
para vendelos
⇒ cidades
centro de
intercambio de
produtos
agrarios e
artesanais
⇒
Exceso de
poboación
no campo
⇒
Emigración
dunha parte
dos
campesiños
espazos de
maior liberdade
persoal
2.-As cidades medievais.
.
As cidades medievais
localización
próxima ás principais vías de comunicación, como as antigas calzadas romanas
xunto a un castelo, ou unha abadía...
nun territorio con abundantes recursos naturais: terras fértiles, augas, bosques, canteiras, minas...
elementos
de defensa
murallas que rodeaban a cidade e se ían ampliando conforme crecía a cidade
estas murallas tiñan torres e fosos para poder defender a cidade
presentaban varias portas de acceso que proviñan de diferentes camiños.
plano moi irregular, froito dun crecemento desordenado e sen planificar
espazo central a gran praza, centro económico e social da cidade: era moi ampla, e nela realizábanse os mercados e
representábanse as obras dos comediantes
edificios máis
importantes
a catedral, centro relixioso e símbolo por excelencia da cidade medieval
a casa do concello, onde residía o goberno da cidade
o mercado e a lonxa [edificio onde se almacenaban mercancías e negociaban os comerciantes]
os pazos da nobreza, dos grandes mercadores, dos mestres artesáns... e mesmo dos monarcas
os talleres dos artesáns, que eran ao mesmo tempo vivenda, obradoiro e tenda
outros edificios
característicos
diseminados por distintas zonas: pazos señoriais, conventos, hospedarías, hospitais, igrexas...
nas aforas da cidade, extramuros, había diversas vivendas campesiñas, o muíño, un mosteiro...
a meirande parte do espazo ocupábano as vivendas con patios e hortas
barrios
as casas agrupábanse por barrios, que reunían a poboación en función de:
a súa procedencia: barrio dos francos, dos xenoveses, dos...
a súa relixión: xudaría, mouraría
a súa actividade artesanal (gremios)
rúas
estreitas, sucias, escasamente empedradas, sen beirarrúas
a maioría non tiña rede de sumidoiros, polo que a hixiene era moi escasa ou nula
a proliferación das pulgas e das ratas favorecía a difusión de enfermidades (cólera, tifo, peste...)
as casas estaban moi próximas e eran maioritariamente de madeira ⟹ os incendios eran frecuentes e
propagábanse rapidamente
3.- A sociedade urbana.
Os habitantes das cidades: a burguesía
alta burguesía ou
patriciado urbano
grandes comerciantes, banqueiros e dirixentes dos gremios
monopolizaban o goberno da cidade
pequena burguesía mestres artesáns e pequenos comerciantes
señores laicos
ou eclesiásticos estableceron a súa residencia na cidade e construíron palacios, conventos e igrexas
xente humilde: clases populares
urbanas (a plebe, o común)
oficiais e aprendices dos gremios
criados, xentes sen oficio e marxinados (mendigos)
minorías relixiosas:
os xudeus
vivían en barrios separados: as alxamas ou xudarías
moitos eran artesáns, comerciantes, prestamistas ou médicos
Evolución do goberno das cidades:
comuna ou asemblea de todos os veciños
concello formado por maxistrados (concelleiros) dirixidos por un alcalde ou burgomestre. Eran elixidos polos cidadáns
goberno monopolizado polas familias máis ricas da cidade (patriciado urbano)
4.- As actividades urbanas: artesanía e comercio.
Artesáns e gremios
os gremios: algúns dos oficios das cidades medievais
A praza do mercado
5.- A expansión comercial.
trata de comercio europeo entre os séculos XIII e XV
que espazo
representa?
practicamente toda Europa, norte de África, oeste de Asia, e os mares Mediterráneo, Negro, do Norte,
Báltico e o Océano Atlántico
que elementos
utiliza?
as circunferencias vermellas presentan os principais centros industriais e comerciais
as liñas vermellas indican as rutas terrestres
as liñas verdes representan as rutas marítimas mediterráneas e atlánticas
as liñas azuis reflicten as rutas marítimas da Hansa
as frechas moradas indican as rutas de Oriente e as rutas africanas
os puntos verdes indican as principais cidades con feira
os puntos negros, outras cidades importantes
centros industriais
e comerciais
o norte de Italia, con cidades importantes como Milán, Xénova, Pisa, Florencia e Venecia
Flandes, con cidades como Amberes, Gante, Bruxes e Ipres
rutas terrestres
poñían en contacto as rutas mediterráneas coas atlánticas e as de A Hansa; é dicir, o norte de Europa
(área do mar Báltico e o mar do Norte) co sur de Europa (área do mar Mediterráneo)
unha ruta saía de Hamburgo, pasaba por Nuremberg e Augsburgo e chegaba ata Venecia
outra ruta saía de Gante, pasaba por Lión e chegaba polo Leste ata Milán e polo Oeste ata Barcelona
unha ruta que comunicaba as dúas anteriores, desde Gante a Nuremberg a través de Frankfurt
rutas m
arít
imas
ruta
mediterránea
Venecia, Xénova, Marsella, Barcelona, Valencia... comerciaban co Imperio Bizantino (Constantinopla),
cos portos de Oriente Próximo (Antioquía, Alexandría) e co norte de África
importaban: produtos de luxo (tapices, seda, especias, perfumes...), procedentes do leste de Asia
(Extremo Oriente / ouro e escravos, procedentes do Norte de África
exportaban: tecidos, armas e ferramentas
ruta atlántica prolongaba a rede mediterránea a través de portos como Sevilla, Lisboa, Santander, Bilbao e Bordeaux
comerciaban con la, ferro e viño, ademais dos produtos mencionados anteriormente
a Hansa
poderosa agrupación de comerciantes do mar do Norte e do mar Báltico que monopolizou o comercio
da Europa setentrional. Os centros principais eran as cidades de Bruxas, Hamburgo e Lübeck
a Hansa comerciaba con madeira, trigo, ámbar, peles e liño
6.1.- O afianzamento das monarquías.
As Cortes ou Parlamentos.
Órgano de goberno de carácter consultivo formado por representantes dos tres estamentos sociais (nobreza, clero e
burguesía). Eran convocadas e presididas polo rei, para tratar diferentes asuntos sobre o goberno dos seus territorios (leis,
impostos, xustiza...). Xurdiron a partir de finais do século XII (1188 en León).
Os reinos de Europa occidental a mediados do século XIV
1.- Estados de Europa occidental 2.- Países actuais cos que se corresponden
reino de Portugal corresponde co actual Portugal
Coroa de Castela, Coroa de Aragón xunto co reino de Navarra e o reino de Granada forman a actual España
reino de Francia xunto con Bretaña, Aquitania, e Guyena forman a actual Francia
reino de Inglaterra corresponde ao actual Reino Unido
Irlanda
corresponde á República de Irlanda. A parte norte (Irlanda do Norte) forma parte
do RU
Sacro Imperio Romano Xermánico
na actualidade é Alemaña, Suíza, Austria, Liechtenstein, Países Baixos, Bélxica,
Luxemburgo, República Checa, e parte de Polonia e Eslovaquia (ao Leste) Francia
(ao Oeste) e Italia e Eslovenia (ao Sur)
reino de Dinamarca é a actual Dinamarca e Suecia
reino de Nápoles e Estados Pontificios corresponden á actual Italia
6.- A crise da Baixa Idade Media (séculos XIV e XV).
a
Causas da crise baixomedieval.
Crise agraria:
clima desfavorable + cultivo de terras de baixa calidade ⇒ sucesión de malas colleitas ⇒ escaseza de trigo ⇒ fame.
Frecuentes guerras entre señores feudais ⇒ destrucións e saqueos + bandoleirismo [bandidos, salteadores de camiños].
Impacto da Peste Negra sobre unha poboación subalimentada ⇒ elevada mortalidade.
Consecuencias da crise baixomedieval.
Demográficas:
Descenso da poboación europea: de 75 millóns (1300) a 45 millóns (1400).
Económicas:
Diminución da produción agraria.
Descenso da demanda de produtos artesanais.
Redución dos intercambios comerciais.
Sociais:
Conflitos no campo: as revoltas campesiñas.
Conflitos na cidade: revoltas urbanas + asaltos a xudarías (pogroms).
Relixiosas:
Incremento do pesimismo vital.
Radicalización da relixiosidade popular: fanatismo relixioso (os flaxelantes).
Iniciouse un movemento de reforma da Igrexa.
Factores das revoltas campesiñas na Baixa Idade Media (séculos XIV e XV)
Consecuencias da crise da Baixa Idade Media nas cidades
As revoltas
campesiñas
Un pogrom [en castelán pogromo] é un tumulto popular consistente no asalto ás xuderías, o saqueo ou destrución dos seus
bens e a persecución e matanza dos seus habitantes por parte dunha multitude enfurecida. Os pogromos contra a
comunidade xudía foron frecuentes en toda Europa desde época medieval.