Nunha ollada 2016
Sistema de información sobre condutas de risco (SICRI)
SICRI-2016 nunha ollada
Resumo dos principais resultados da enquisa sobre condutas de risco na poboación galega realizada en 2016.
Resultados máis polo miúdo en Boletín Epidemiolóxico de Galicia 2018; Vol XXX, nº 1
Nunha ollada 2016 Páxina2
• Este documento é un resumo dos principais resultados obtidos no SICRI do ano 2016. Este documento
presenta “nunha ollada” información sobre diferentes prácticas e condutas de risco para a saúde que ocorren
entre as mulleres de 18 anos en diante que deran a luz entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de agosto de
2016.
• Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados.
• A medida que haxa información mais detallada sobre algún dos temas tratados na enquisa darase conta
neste documento, engadindo o sinal Máis polo miúdo.
• OLLO! débese ter en conta que os resultados do SICRI, por proceder dunha mostra da poboación, están
sometidos á variabilidade que depende da mostraxe. A diferenza do que ocorre cos documentos aos que se
pode acceder premendo Máis polo miúdo, neste documento non se fai explícita a ela por cuestións de espazo.
Sobre este documento
Nunha ollada 2016 Páxina3
• O sistema de información de condutas de risco (SICRI) ten como obxectivo principal
identificar a presenza que teñen na poboación galega diferentes factores de risco para
a saúde.
• Empezou a súa andaina no ano 2005 e dende entón realizáronse 7 estudos máis, nos
anos 2006, 2007, 2010, 2011, 2014, 2015 e máis este do 2016.
Sobre o SICRI
Presentación de datos
• Os datos preséntanse como porcentaxes e medias.
• O estado de saúde percibido valórase co Índice de Posición. Este índice toma valores
entre 0 (valor máis desfavorable ou peor estado de saúde) e 1 (mellor).
• Todas as estimacións calculáronse tendo en conta o deseño da mostra.
Nunha ollada 2016 Páxina4
• Ámbito
– Xeográfico: Galicia
– Poboacional: Mulleres de 18 anos en diante que deron a luz entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de agosto de 2016, e nenos nacidos nese período (estes nenos no momento da enquisa tiñan entre 3 e 16 meses de idade: o 16% de 3 a 5 meses, o 24% de 6 a 8, o 24% de 9 a 11 e o 36% de 12 a 16 meses).
– Temporal: 2016
• Tamaño da mostra: 6.436 mulleres e nenos.
• Mostraxe: Aleatoria estratificada a partir do rexistro do Programa de detección precoz de
enfermidades endocrinas e metabólicas no período neonatal.
• Recollida de información: Enquisa telefónica asistida por ordenador (CATI).
• Período de realización do estudo: novembro de 2016 a xaneiro de 2017.
• Garántese a representatividade dos datos obtidos en mulleres en 5 grupos de idade: 18-24, 25-29, 30-34, 35-39, 40 e máis.
Sobre o SICRI-2016
Máis polo miúdo
Nunha ollada 2016 Páxina5
• Sobre a muller
– Nos 6 meses previos a saber que estaba embarazada• Consumo de tabaco, de alcohol, sedentarismo, exposición ao fume ambiental de tabaco• Planificación do embarazo
– Durante o embarazo• Realización de revisións e adherencia a medidas de prevención• Consumo de tabaco, de alcohol, sedentarismo, exposición ao fume ambiental de tabaco
– No parto• Onde foi, instrumentalización do mesmo ou contacto pel con pel.
– No momento da enquisa• Realización de revisións e adherencia a medidas de prevención• Consumo de tabaco, de alcohol, sedentarismo, exposición ao fume ambiental de tabaco
• Sobre o neonato
– No momento do parto• Variables antropométricas, tipo de lactancia, estado de saúde
– No momento da enquisa• Estado de saúde, realización de revisións, hábitos de alimentación
Temas tratados no SICRI-2016
Nunha ollada 2016 Páxina6
8 de cada 10 embarazos foron planificados
• Entre as 18.822 mulleres de 18 anos en diante que
deron a luz entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de
agosto de 2016 houbo 19.204 nacementos.
• O 80% dos embarazos foron planificados. A
porcentaxe máis alta foi entre mulleres de 30-39 anos.
• O 7% dos embarazos foron por fecundación artificial,
porcentaxe que aumenta ata o 22% nas mulleres de 40
anos en diante.
• En mais do 50% das mulleres o tempo medio que
tardaron en quedar embarazadas foi inferior a 3 meses
e aumentou coa idade.
• O 20% das mulleres declararon que o médico lles
dixera que o embarazo era de risco. Esta porcentaxe foi
do 40% entre as mulleres de 40 anos e máis.
• Ao 27% das embarazadas recomendáronlle repouso
nalgún momento do embarazo.
EMBARAZOS PLANIFICADOS E POR FECUNDACIÓN ARTIFICIAL
TEMPO QUE TARDARON EN QUEDAR EMBARAZADAS
Nunha ollada 2016 Páxina7
As mulleres tiveron o seu primeiro fillo de media aos 32 anos
• A idade media no momento do parto foi de 33 anos, sendo as primíparas (57%) 3 anos máis novas que as non primíparas (32 vs. 35 anos).
• 9 de cada 10 nais eran españolas (89%).
• O 95% estaban casadas ou vivían en parella.
• O 44% tiñan estudos universitarios, cunha porcentaxe que aumentaba ao aumentar a idade da muller: 20% nas de menos de 30 anos, 50% nas de 30 a 39 e 60% nas de 40 e máis anos.
• No momento do parto estaban ocupadas o 72% das mulleres, porcentaxe que diminúe ata o 68% no momento da enquisa.
• Desfrutaron do permiso de maternidade o 96% das nais, e destas o 6% declararon que tiveron problemas para desfrutalo.
DISTRIBUCIÓN DAS NAIS POR GRUPOS DE IDADE
Nunha ollada 2016 Páxina8
No embarazo, as mulleres fixeron as revisións recomendadas
• Durante o embarazo o 99% das mulleres
realizaron todas as revisións que lles
recomendaran os profesionais sanitarios.
• O 59% fixeron todas as revisións na sanidade
pública e o 33% fixéronas tanto na sanidade
pública como na privada.
• A 1 de cada 10 mulleres diagnosticóuselles
diabete xestacional, porcentaxe que aumenta coa
idade sendo de 2 de cada 10 entre as mulleres de
40 anos e máis.
• O 96% das embarazadas declararon que durante
algunha das revisións que realizaran no embarazo,
o médico ou a matrona preguntáranlles se
fumaban, e ao 94% se tomaban alcohol.
SANIDADE NA QUE REALIZARON AS REVISIÓNS
Nunha ollada 2016 Páxina9
Nas revisións os profesionais fixeron educación para a saúde
DURANTE ALGUNHA DAS REVISIÓNS FALÁRONLLE...
• A 9 de cada 10 mulleres embarazadas os
profesionais sanitarios faláronlle, durante algunha
revisión, da importancia de non tomar alimentos
crus, de non tomar alcohol ou de non fumar.
• 5 de cada 10 declararon que lles recomendaran
non tomar peixes coma o atún vermello ou o peixe
espada.
• O 50% das mulleres que fumaban durante o
embarazo declararon que os profesionais
sanitarios recomendáronlle moitas veces que
deixaran de fumar, se ben o 17% dixeron que non
llo recomendaran nunca, ao resto recomendáronllo
de cando en vez.
Nunha ollada 2016 Páxina10
No embarazo 97 de cada 100 mulleres tomaron ácido fólico
• O suplemento farmacolóxico máis recomendado
durante o embarazo polos profesionais sanitarios
foi o ácido fólico. Así, o 98% das mulleres
declararon que recibiran esta recomendación.
• Ao 82% recomendáronlle tomar iodo e a o 78%
ferro.
• A porcentaxe de mulleres que tomaron o
suplemento despois da recomendación por parte
dos profesionais sanitarios foi próximo ao 100%
en todos os casos.
• O 14% das mulleres declararon que tomaran
tiroxina no embarazo.
PORCENTAXE (%) DE MULLERES ÁS QUE LLE RECOMENDARON E % QUE TOMARON SUPLEMENTOS
Nunha ollada 2016 Páxina11
6 de cada 10 mulleres foron a clases de preparación ao parto
• O 60% das mulleres asistiron a clases de
preparación ao parto. Esta porcentaxe aumenta ao
77% entre as mulleres primíparas e diminúe ao
36% entre as que xa deran a luz noutra ocasión.
• O 81% das embarazadas que asistiron ás clases
foron exclusivamente á sanidade pública e o 5,2%
asistiron tanto á sanidade pública como á privada.
• A 1 de cada 2 mulleres, algún profesional
sanitario ofreceulles un plan de parto*.
* O plan de parto é un documento onde as mulleres poden
expresar as suas preferencias, necesidades, desexos e
expectativas sobre o proceso do parto e o nacemento.
PORCENTAXE DE MULLERES QUE ASISTIRON A CLASES DE PREPARACIÓN AO PARTO, E ONDE
FORON AS CLASES
Nunha ollada 2016 Páxina12
9 de cada 10 partos foron na sanidade pública
• O 87% dos partos tiveron lugar nun hospital
público e o 13% nun hospital privado. O 0,4%
foron na casa.
• Nos hospitais públicos o 23% dos partos foron
programados e nos privados esta porcentaxe foi
do 38%.
• O 24% dos partos foron por cesárea. A
porcentaxe de partos por cesárea foi 13 puntos
porcentuais máis alta nos hospitais privados que
nos públicos (36% vs. 23%).
• O 48% das cesáreas foron programadas.
PORCENTAXE DE PARTOS PROGRAMADOS E POR CESÁREA
Nunha ollada 2016 Páxina13
27 de cada 100 partos vaxinais foron instrumentais
• O 27% dos partos vaxinais foron instrumentais,
ben con fórceps ou con ventosa. A porcentaxe
varía entre hospitais públicos e privados, así nos
primeiros empregouse fórceps ou ventosa no 26%
dos partos fronte ao 38% nos privados.
• No 22% dos partos vaxinais realizouse a
manobra de Kristeller. A porcentaxe varía entre
hospitais públicos (22%) e privados (27%).
• Na metade dos partos vaxinais realizouse unha
episiotomía. A porcentaxe case non varía entre
hospitais públicos (50%) e privados (54%).
• O 63% das mulleres que deron a luz no período
avaliado declararon que realizaran contacto pel
con pel precoz co neonato alo menos 120 minutos.
A porcentaxe varía entre hospitais públicos (65%)
e privados (50%).
PORCENTAXE DE PARTOS INSTRUMENTAIS, CON MANOBRA DE KRISTELLER E CON EPISIOTOMÍA
Manobra de Kristeller: presión do fondo uterino para axuda no expulsivo
Nunha ollada 2016 Páxina14
9 de cada 10 partos foron entre as semanas 37 e 42 de xestación
• Houbo un 8% de nacementos pretérmino, i.e
previos á semana 37, porcentaxe que non variou
segundo o sexo do nacido ou a titularidade do
hospital, pero si da idade da nai: 12% entre as de 40
anos e máis fronte ao 7,5% en menores de 40.
• O 87% dos neonatos tiñan ao nacer, segundo a
percepción da nai, un estado de saúde moi bo ou bo e
o 4% malo ou moi malo. Estas porcentaxes pasaron a
ser do 91% e do 1,3% no momento da enquisa.
• Ao nacer, no 19% dos nacidos pretérmino o estado
de saúde percibido foi malo-moi malo, esta
porcentaxe diminuíu ao 3% no momento da enquisa.
• A saúde percibida ao nacemento valorouse cun 0,83;
nos nacementos a término cun 0,84 e nos pretérmino
cun 0,66. No momento da enquisa o valor foi de 0,87;
nos que naceran a término de 0,87 e nos pretérmino
de 0,86.
PORCENTAXE DE NEONATOS NACIDOS POR SEMANA DE XESTACIÓN
Nunha ollada 2016 Páxina15
13 de cada 100 neonatos pesaron menos de 2,5 Kg ou máis de 4
• O 8% dos neonatos tiveron baixo peso ao nacer,
peso inferior a 2.500 g. A prevalencia de baixo
peso ao nacer foi máis alta entre as nenas (6% vs.
9%) e entre os que naceron en hospitais públicos
(8% vs. 4%).
• Tendo en conta só os nacementos a término, a
porcentaxe de baixo peso ao nacer pasa a ser do
3% e segue a ser máis alta entre as nenas (3 vs.
4%).
• O 5% dos neonatos foron macrosómicos, peso
por riba de 4.000 g. A prevalencia foi mais alta
entre os nenos (7% vs. 3%) e as porcentaxes
similares en hospitais públicos e privados.
• Tendo en conta só os nacementos a término, a
porcentaxe de neonatos macrosómicos pasa a ser
do 6%, e segue a ser máis alta entre as nenos
(8% vs. 4%).
PORCENTAXE DE NEONATOS CON BAIXO PESO E MACROSÓMICOS
Nunha ollada 2016 Páxina16
6 de cada 10 neonatos con baixo peso quedaron ingresados
• O 15% dos neonatos precisaron quedar
ingresados no hospital.
• A prevalencia aumentou ao 62% entre aqueles
que naceron con baixo peso fronte ao 11% entre
os que non tiñan baixo peso.
• A hospitalización foi más frecuente entre os que
naceron en hospitais públicos: 16% vs. 10%.
• Máis da metade dos neonatos que precisaron
quedar ingresados tiñan un estado de saúde bo ou
moi bo. Un 17% tiñan un estado de saúde malo e
no 3% dos casos, o estado de saúde era moi
malo.
PORCENTAXE DE BEBÉS QUE QUEDARON INGRESADOS NO HOSPITAL
ESTADO DE SAÚDE DOS BEBÉS QUE QUEDARON INGRESADOS NO HOSPITAL
Nunha ollada 2016 Páxina17
A 8 de cada 10 neonatos déronlle lactación materna no hospital
• O 79% dos neonatos foron alimentados con
lactación materna no hospital, con porcentaxes
similares en hospitais públicos e privados. A
prevalencia foi do 71% entre aqueles que naceran
con baixo peso fronte ao 79% entre os que non o
tiñan.
• O 99% dos neonatos cando saíron do hospital
nun coche fixérono nun asento especial.
• Ao 24% dos neonatos as primeiras veces que
durmiron na casa puxéronos sempre boca arriba.
A práctica mais frecuente foi poñelos a durmir de
lado, así o 65% dixeron que os poñían sempre de
lado e o 10% combinada con outra postura.
PORCENTAXE DE BEBÉS ALIMENTADOS CON LACTACIÓN MATERNA NO HOSPITAL
Nunha ollada 2016 Páxina18
A 2 de cada 10 nenos nunca lles deron lactación materna
• A porcentaxe de nenos que nunca recibiron
lactación materna, aproximadamente o 20%, non
cambia coa idade do neno.
• A prevalencia de lactación mixta diminúe de
xeito moderado coa idade do neno, así entre os
que tiñan de 3 a 5 meses era do 18% e entre os
de 12-16 meses do 13%.
• O 81% dos nenos de 3 a 16 meses usaron
chupete nalgún momento da súa vida. Esta
porcentaxe non cambiou coa idade do neno, e
obsérvase que a súa introdución produciuse no
primeiro mes de vida, así o 86% dos nenos
usárono por primeira vez neste período e o 75%
xa o usaban na primeira semana de vida.
LACTACIÓN EN FUNCIÓN DA IDADE DO NENO NO MOMENTO DA ENQUISA
Nunha ollada 2016 Páxina19
Aos 6 meses, 4 de cada 10 nenos tomaban leite materna
• Antes do mes o 81% dos nenos estaba alimentado con lactación materna, mixta ou exclusiva,
porcentaxe que diminúe ata o 41% aos 6 meses.
• Ao ano de idade a prevalencia de lactación materna, mixta ou exclusiva, era do 23%.
• O abandono mais acusado da lactación materna prodúcese no primeiro mes de vida, momento no que
a prevalencia diminúe en 12 puntos porcentuais.
CURVA DE LACTACIÓN MATERNA: MIXTA OU EXCLUSIVA
Nunha ollada 2016 Páxina20
Aos 6 meses, 8 de cada 10 nenos tomaba papillas
• Aos 6 meses a alimentación complementaria xa era habitual.
• A pesar de que non se recomenda a introdución do leite de vaca na dieta dos nenos antes do ano de
idade, o 3% tomárano antes desa idade.
• No momento da enquisa o 14% dos nenos tiveran alimentación auto-regulada (baby led weaning).
INTRODUCCIÓN DA ALIMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
Nunha ollada 2016 Páxina21
Aos 12 meses, case a metade dos nenos van á gardería
• O 33% dos nenos ían á gardería no momento da enquisa. A porcentaxe aumenta coa idade. Aos 12
meses o 45% dos nenos ían á gardería.
• O 10% dos nenos ían ou foran nalgún momento da súa vida á piscina. A porcentaxe aumenta a medida
que aumenta a idade, así o 1% dos nenos ían ou foran á piscina cando tiñan 3 meses pasando a ser do
18% aos 12 meses. Aos 12 meses o 80% dos nenos non ían ou nunca foran á piscina.
GARDERÍA E CURSOS DE PISCINA POR IDADE
Nunha ollada 2016 Páxina22
• O 49% dos nenos tomaron nalgún momento antibióticos. A porcentaxe aumenta a medida que aumenta
a idade do neno, así o 8% dos nenos tomaron antibióticos antes de cumprir 1 mes pasando esta
porcentaxe a ser do 59% aos 12 meses.
• A prevalencia de consumo de antibióticos foi máis alta entre os nenos que ían ou foran á gardería (68%
vs. 40%) e entre os que ían ou foran á piscina (57% vs. 48%).
CONSUMO DE ANTIBIÓTICOS POR IDADE
Aos 12 meses, 6 de cada 10 nenos xa tomara antibióticos
Máis polo miúdo
Nunha ollada 2016 Páxina23
Os nenos fan as revisións pediátricas e están vacinados
• O 99,9% dos nenos facían as revisións de xeito
exclusivo na sanidade pública (83%). O 9%
facíanas na sanidade pública e na privada.
• O 4% das nais declararon que ao saír do hospital
ninguén lles dera información, verbal ou escrita,
sobre cando levar ao neonato ás revisións.
• Cando os nenos enfermaban acudían de xeito
exclusivo ás consultas da sanidade pública (80%).
O 11% acudía á sanidade pública e á privada.
• Ao empeorar a percepción da nai sobre o estado
de saúde do neno, diminuía a utilización da
sanidade privada en revisións e en consultas.
• O 99% dos nenos recibiran todas as vacinas que
estaban recomendadas para a súa idade no
calendario de vacinación. Só 15 mulleres de 6.434
declararon que non vacinaran aos seus fillos, 12
delas por non estaren dacordo coas vacinas.
SANIDADE DAS REVISIÓNS E DAS CONSULTAS POR ENFERMIDADE
Nunha ollada 2016 Páxina24
Evolución de condutas de risco
• Estado de saúde autopercibido
• Consumo de tabaco
• Exposición ao fume ambiental de tabaco en lugares pechados
• Consumo de bebidas alcohólicas
• Calidade da dieta
• Realización de exercicio físico ou deporte
• Saír a camiñar co propósito de facer exercicio
• Tratamento para a depresión e tratamento para durmir
• Incontinencia urinaria
• Dor ao ter relacións sexuais
Nunha ollada 2016 Páxina25
O estado de saúde autopercibido polas mulleres non cambiou
• A percepción do estado de saúde non cambia
antes, durante e despois do embarazo. O estado
de saúde tivo un valor do IP preto dun 0,75 (sobre
1) en calquera dos 3 períodos analizados.
• A porcentaxe de mulleres que percibían o seu
estado de saúde como moi bo ou bo non variou,
se ben destaca o aumento de percepción de moi
bo e de moi mal estado de saúde durante o
embarazo.
ESTADO DE SAÚDE AUTOPERCIBIDO
Nunha ollada 2016 Páxina26
12 de cada 100 mulleres seguían a fumar no embarazo
• A prevalencia de consumo de tabaco, diario ou
ocasional, diminuíu no embarazo se ben despois do
parto volveu aumentar. Este aumento foi paulatino,
e a medida que aumentou o tempo transcorrido
aumentou a prevalencia de consumo
• Declararon fumar nos 6 meses anteriores ao
embarazo o 28% das mulleres, porcentaxe que
diminúe en 16 puntos porcentuais durante o
embarazo para despois volver a aumentar ata o
17%.
• O 8% das mulleres que daban lactación materna
no momento da enquisa fumaban, fronte ao 22%
das que non daban lactación materna.
• A porcentaxe de fumadoras foi sempre máis alto
entre as mulleres máis novas, i.e. as de 18 a 29
anos.
PORCENTAXE DE MULLERES FUMADORAS
Nunha ollada 2016 Páxina27
A exposición das mulleres ao FAT segue a diminuír tras o parto
• A prevalencia de exposición ao fume ambiental
de tabaco (FAT) en lugares pechados, ben a diario
ou de xeito ocasional, diminúe durante o
embarazo e segue a diminuír despois do parto.
Así, antes do embarazo dicían estar expostas ao
FAT o 27% das mulleres, baixando esta
prevalencia ao 10% durante o embarazo e ao 9%
no momento da enquisa. Se ben, a medida que
aumentou o tempo transcorrido dende o parto
aumentou a prevalencia de exposición.
• As mulleres máis novas, i.e de 18 a 29 anos, son
as que declararon a prevalencia de exposición
máis alta en calquera dos 3 momentos temporais
estudados, aproximadamente o dobre que nos
outros grupos de idade. O 40% destas mulleres
declararon estar expostas ao FAT nos 6 meses
anteriores ao embarazo.
PORCENTAXE DE MULLERES EXPOSTAS AO FAT
Nunha ollada 2016 Páxina28
• A prevalencia de consumo de bebidas
alcohólicas, diario ou ocasional, diminuíu no
embarazo se ben despois do parto volveu
aumentar. A medida que aumentou o tempo
transcorrido dende o parto aumentou a
prevalencia de consumo de alcohol.
• Declararon beber nos 6 meses anteriores ao
embarazo o 54% das mulleres, diminuíndo esta
porcentaxe en mais de 50 puntos porcentuais e
pasando a ser do 3% durante o embarazo. No
momento da enquisa dixeron beber o 31%.
• Entre as mulleres que declararon que estaban a
dar lactación materna no momento da enquisa, o
16% declararon que bebían alcohol, ben de xeito
diario ou ocasional, fronte ao 38% das que non a
daban.
PORCENTAXE DE MULLERES QUE CONSUMEN BEBIDAS ALCOHÓLICAS
3 de cada 100 mulleres seguían a tomar alcohol no embarazo
Nunha ollada 2016 Páxina29
A dieta da muller mellora no embarazo
• A prevalencia de mulleres que declararon
consumir a diario froita e verdura, e dúas ou máis
veces á semana peixe, aumentou durante o
embarazo pasando de ser do 45% nos 6 meses
previos ao embarazo, ao 59% durante o mesmo.
• Obsérvase que ao longo do embarazo a
porcentaxe de mulleres que declararon tomar
peixe espada ou atún vermello diminuíu do 30%,
porcentaxe de consumidoras nos 6 meses
anteriores ao embarazo, ao 7%. A porcentaxe de
consumo no momento da enquisa foi do 19%.
Entras as mulleres que daban lactación materna
no momento da enquisa a prevalencia foi do 17%.
• A calidade de dieta non variou a medida que
aumentou o tempo transcorrido dende o parto.
PORCENTAXE DE MULLERES QUE CUMPREN AS RECOMENDACIÓNS DE DIETA
PORCENTAXE DE MULLERES QUE CONSUMEN ATÚN VERMELLO OU PEIXE ESPADA
Nunha ollada 2016 Páxina30
8 de cada 10 embarazadas saían a camiñar para facer exercicio
• A porcentaxe de mulleres que realizan exercicio
físico ou deporte diminuíu ao longo dos 3
momentos estudados. Declararon que facían
exercicio físico ou deporte nos 6 meses anteriores
ao embarazo o 34% das mulleres, prevalencia que
pasou ao 27% no embarazo e diminuíu ata o 18%
no momento da enquisa.
• Do mesmo xeito diminuíu o número medio de
días á semana que declararon que facían exercicio
físico ou deporte: 3,0 días antes do embarazo, 2,7
durante o mesmo e 2,6 no momento da enquisa.
• A porcentaxe de mulleres que saían a camiñar co
propósito de facer exercicio aumentou durante o
embarazo en 20 puntos porcentuais en
comparación cos 6 meses anteriores (79% vs.
59%) e esta porcentaxe pasou ao 50% no
momento da enquisa.
PORCENTAXE DE MULLERES QUE REALIZAN EXERCICIO FÍSICO OU DEPORTE
PORCENTAXE DE MULLERES QUE CAMIÑABAN PARA FACER DEPORTE
Nunha ollada 2016 Páxina31
No embarazo diminuíu o consumo de tratamentos antidepresivos
• A prevalencia de consumo de tratamento para a
depresión diminuíu no embarazo, se ben despois do
parto volveu aumentar. Declararon tomar tratamento
para a depresión nos 6 meses anteriores ao embarazo
o 3% das mulleres, diminuíndo esta porcentaxe ata o
1% durante o embarazo. No momento da enquisa
dixeron estar a tratamento para a depresión o 3%.
• A prevalencia de consumo de tratamento para durmir
diminuíu no embarazo se ben despois do parto volveu
aumentar. Declararon tomar tratamento para durmir
nos 6 meses anteriores ao embarazo o 4% das
mulleres, diminuíndo esta porcentaxe ata o 2%
durante o embarazo. No momento da enquisa dixeron
estar a tratamento para durmir o 3%.
• A medida que aumentou o tempo transcorrido dende
o parto non variou a frecuencia de consumo destes
tratamentos.
PORCENTAXE DE MULLERES QUE TOMAN TRATAMENTO PARA A DEPRESIÓN
PORCENTAXE DE MULLERES QUE TOMAN TRATAMENTO PARA DURMIR
Nunha ollada 2016 Páxina32
A incontinencia urinaria e a dispareunia aumentaron co embarazo
• O 5% das mulleres declararon que tiñan
incontinencia urinaria antes do embarazo, porcentaxe
que aumentou ao 22% no embarazo. No momento
da enquisa foi do 20%, 11% entre as que tiveron
unha cesárea e do 23% nas que tiveron un parto
vaxinal, e se no parto se empregou fórceps ou
ventosa a prevalencia foi do 27%.
• O 7% das mulleres declararon ter dispareunia ou
dor nas relacións sexuais antes do embarazo, o 10%
durante e o 23% no momento da enquisa. A
prevalencia de dispareunia foi do 17% entre as que
tiveron unha cesárea e do 26% nas que tiveron un
parto vaxinal, e se no parto se empregou fórceps ou
ventosa a prevalencia foi do 35%.
PORCENTAXE DE MULLERES CON INCONTINENCIA URINARIA
PORCENTAXE DE MULLERES CON DOR NAS RELACIÓNS SEXUAIS