Download - Roteiro Bueu- Ons
XUÑO 2015
Club de lectura
Pino Manso
lendo
[OS TESOUROS DO MAR] Roteiro literario: Bueu e Illa de
Ons
1ª PARADA: MUSEO MASSÓ(Bueu)
A formación das coleccións debe retrotraerse a principios do século XX, cando
comeza o labor coleccionista dos Massó, unha familia catalá que instalouse en Bueu a
principios do XIX para establecer empresas vencelladas á pesca, salgadoiros nun
primer momento e unha factoría conserveira posteriormente.
No ano 1928 Guillermo Marconi (Nobel de Física en 1909) visita Bueu e queda
impresionado pola colección dos Massó e suxirelles a creación de un museo que
finalmente nace o 26 de novembro de 1932. Marconi sería o primeiro asinante no
libro de honra.
Debido a crise económica da conserveira Massó nos noventa do século pasado, o
museo privado queda nunha situación de incerteza e porvisionalidade. A Xunta de
Galicia, en 1993, propón a compra a colección e unha parte do edificio da antiga
factoría (xusto a carón do antigo museo) e en 2002 inaúgurase o novo museo
converténdose nunha institución pública.
Presenta unha exposición permanente relacionada co mar como fonte de recursos
económicos: desde obxectos procedentes das antigas fábricas de salazón e de
conservas, hata outros vinculados coa actividade pesqueira, como a carpintería de
ribeira, as artes de pesca ou a caza da ballena.
O museo tamén dispón dunha valiosa colección bibliográfica na que os incunables
merecen especial atención. Completa a exposición unha sección adicada á
navegación cunha interesante colección de instrumentos náuticos e maquetas de
embarcacións históricas.
http://museomasso.blogspot.com.es/
http://www.concellodebueu.org/
2. EMBARCAMOS:
Morning Star de Xosé Miranda.
A historia do pirata Benito Soto.
Canción del pirata de José de Espronceda.
3. EN TERRA FIRME: Ruta desde o Curro ata o Buraco do
Inferno
Os fillos do mar de Pedro Feijoo
“O Buraco, señor, é una furna abocada ao mar aberto. Foi o propio
océano quen a foi abrindo na terra á forza das máis violentas
embestidas. As ondas do mar que baten contra el habían esnaquizar
un home contra as rochas que protexen a súa entrada coma se no
fose máis ca outro pobre peixiño da ría. A marea alta afoga a súa
nave central, onde as correntes fan imposible calquera tentativa de
nado ou mergullo, polo que só se pode nadar dentro, din que a furna
é un labiritno de galerías que corren cara ao interior da illa, polas que
o máis sinxelo é perderse, caer por algún pozo, ou non atopar a saída
antes de que a marea volva subir”
(…)”E que me dis dunha chapuzadura no Buraco do Inferno?
(…), paréceme un pouco complicado. Pero se o Touro che deixa…
- O touro? Que touro?
- O Touro dos Cornos de Ouro.
(…) O touro, segundo me contaro que xa contaban nos seus contos os vellos da illa
moito antes de que eu aparecese por aquí , é o mesmísimo porteiro do Inferno,
amigos…
Veredes. Segundo contan por aquí, o Buraco do Inferno é una das portas de entrada
aos dominios de Lucifer. Parece ser que as ánimas ás que lles tocou sufrimento na
outra vida condenadas por esta banda do mundo teñen por aí a súa porta de entrada
aos infernos. Pero claro, imaxino que non todas habían estar de acordo co laudo
xudicial que as condenaba a una vida de sufrimento, así que para evitar que ningunha
tentase escapar, ao demo non se lle ocorreu mellor cosa que colocar nesa porta una
terrible besta en forma de touro mastodóntico e feroz.
(…)Ben para evitar que fuxan, ou para evitar que alguén maáis bravo decida entrar a
buscar algún daqueloutros condenados. Que xa sabedes o que lle pasou co tal Eneas
aquel!.(…) O heroe troiano que se atreveu a baixar aos infernos na procura da
fermosa Dido, a moza que lle roubara o sono.(…) Que sexa como sexa, por aquí
contan que se vos asomades á boca do Buraco, o que se escoita vir da súa
profundidade non é o bater do mar, senón o pranto das ánimas dos condenados,
quen, abatidos polo castigo dos seus pecados, choran na súa entrada aos infernos.
4. AS FONTES: ALMORZO E MITOS
GUÍA DA GALIZA MÁXICA. Vitor Vaqueiro. Ed Galaxia pax 422
O suicidio da serpe
Un neno que levaba todos os días o gado ao monte viu
una cobra. Deulle das migallas do seu pan e, de vagar, ligou
amizade con ela. Co paso do tempo o neno chegou a mozo e
houbo de cumprir o servizo militar. Á súa volta foi onde a obra,
que non o recoñeceu , e matouno. Unha vez morto, decatouse
de quen era e , aflita, boutouse ao mar, onde morreu
afogada.(Vázquez- Monxardín: 1994)
Os tesouros da illa
Na illa existen covas onde se agacha un boi do tamaño xigantesco , de
cornadura enorme e que, ao soprar, produce un bruído estrebuxante. Certos relatos,
común a toda a beiramar pontevedresa, abofellan que o boi é de ouro. Estas narracións
empatan coa crenza de que , dende aquel lugar, virá a terra un touro que recollerá as
almas dos falecidos para levalos á illa. Este acontecemento terá lugar nas horas nas
que a maré comeza o seu devalo, xa que é o instante no que os moribundos deitan o
seu alento derradeiro(Aparicio Casado: 1989)
Existe igualmente na illa unha cova onde viven os mouros. Nesta cova- na que
hai un encanto que é un crego de caxata na man- existe, alías, un grande tesouro,
composto maiormente por pedraría e ouro. Os viciños comezaron a cabar baixo terra,
tentando recatalo, mais decatáronse que, consonte ían adiantando no traballo, os
lumes que portaban se ían apagando. Os culpábeis desta situación son os trasnos da
illa, que viven nesta cova e, ao xulgárense descubertos, sopran e apagan os fachos.
En certa ocasión un home, viciño da ría de Arousa, estaba en África a cumprir o
servizo militar. Un mouro informouno que na illa de Ons había unha fonte. Na fonte
habitaban pequenos caracois todos de ouro. Á volta das obrigas militares dirixiuse á illa
e nela descubriu, con efecto, a existencia da fonte. Na escuridade e no silencio da noite,
voltou cunha dorna á illa. Encheuna de caracois. Segundo os ía collendo sopráballes, co
que os animais viraban ouro, que o mudaron en home inmensamente rico(Casas: 1934)
http://www.sanxenxo.com/informacion_turistica/rutas/isla_de_ons/ons/index.php
http://www.parquenacionalillasatlanticas.com/index.php?option=com_content&view=article
&id=175&Itemid=589&lang=es
5. Lectura sorpresa no barco, segundo o número que aparece no sobre.
Con diez cañones por banda,
viento en popa, a toda vela, no corta el mar, sino vuela,
un velero bergantín.
Bajel pirata que llaman, por su bravura, El Temido,
en todo mar conocido, del uno al otro confín.
1
La luna en el mar riela,
en la lona gime el viento, y alza en blando movimiento
olas de plata y azul;
y ve el capitán pirata, cantando alegre en la popa,
Asia a un lado, al otro Europa, y allá a su frente Estambul:
2
«Navega, velero mío, sin temor,
que ni enemigo navío ni tormenta, ni bonanza
tu rumbo a torcer alcanza, ni a sujetar tu valor.
Veinte presas hemos hecho a despecho del inglés,
y han rendido sus pendones cien naciones a mis pies.»
3
Que es mi barco mi tesoro, que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento, mi única patria, la mar.
«Allá muevan feroz guerra,
ciegos reyes por un palmo más de tierra; que yo aquí tengo por mío
cuanto abarca el mar bravío, a quien nadie impuso leyes.
4
Y no hay playa, sea cualquiera,
ni bandera de esplendor, que no sienta mi derecho y dé pecho a mi valor.»
Que es mi barco mi tesoro, que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento, mi única patria, la mar.
5
A la voz de «¡barco viene!»
es de ver como vira y se previene, a todo trapo a escapar;
que yo soy el rey del mar, y mi furia es de temer.
En las presas
yo divido lo cogido por igual;
sólo quiero por riqueza la belleza sin rival.
6
Que es mi barco mi tesoro, que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento, mi única patria, la mar.
¡Sentenciado estoy a muerte!
Yo me río; no me abandone la suerte,
y al mismo que me condena, colgaré de alguna entena, quizá en su propio navío.
7
Y si caigo, ¿qué es la vida?
Por perdida ya la di,
cuando el yugo del esclavo,
como un bravo, sacudí.
Que es mi barco mi tesoro, que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento, mi única patria, la mar.
8
Son mi música mejor
aquilones, el estrépito y temblor
de los cables sacudidos, del negro mar los bramidos y el rugir de mis cañones.
Y del trueno al son violento,
y del viento al rebramar,
yo me duermo sosegado, arrullado
por la mar.
9
Que es mi barco mi tesoro, que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento, mi única patria, la mar.
10
Los versos del capitán. Pablo Neruda
LA NOCHE EN LA ISLA
Toda la noche he dormido contigo
junto al mar, en la isla.
Salvaje y dulce eras entre el placer y el sueño,
entre el fuego y el agua.
Tal vez muy tarde
nuestros sueños se unieron
en lo alto o en el fondo,
arriba como ramas que un mismo viento mueve,
abajo como rojas raíces que se tocan.
Tal vez tu sueño
se separó del mío
y por el mar oscuro
me buscaba como antes,
cuando aún no existías,
cuando sin divisarse navegué por tu lado,
y tus ojos buscaban lo que ahora
-pan, vino, amor y cólera-
te doy a manos llenas
porque tú eres la copa
que esperaba los dones de mi vida.
He dormido contigo
toda la noche mientras
la oscura tierra gira
con vivos y con muertos,
y al despertar de pronto
en medio de la sombra
mi brazo rodeaba tu cintura.
Ni la noche, ni el sueño
pudieron separarnos.
He dormido contigo
y al despertar tu boca
salida de tu sueño
me dio el sabor de tierra,
de agua marina, de algas,
del fondo de tu vida,
y recibí tu beso
mojado por la aurora
como si me llegara
del mar que nos rodea.