Sara Rodríguez
1º ESO C
O granito
O granito é unha rocha ígnea plutónica, constituída esencialmente
por cuarzo, feldespato e mica. Prodúcese cando o magma se solidifíca
lentamente a moi alta presión, con alto contido en sílice, produto da fusión
das rochas que forman os continentes, sometidas á calor do manto
terrestre na súa parte inferior. É a rocha máis abundante da cortiza
terrestre.
O granito está formado por feldespatos, seixo e micas, ademais
doutros minerais.
A extracción do granito faise en canteiras a ceo aberto. En
Galicia, arredor do granito desenvólvese unha gran actividade
mineira e industrial, que a converten nunha das máis importantes
produtoras do mundo. É a terceira produtora do mundo, despois de
Brasil e China. Na actualidade hai unhas 120 canteiras en activo.
Unha destas canteiras é a que está en Porriño (Pontevedra). O
granito galego expórtase principalmente a Portugal, Francia,
EE.UU, Corea do Sur…
O arte de traballar o granito practícase en Galicia
desde a prehistoria. É o soporte sobre o que se
labraron os petroglifos, os dolmes, as pontes
romanas…
O granito é a pedra ideal para a construción, pola
súa limpeza e beleza, pola súa resistencia aos axentes
atmosféricos.
Dolme de Dombate en Cabana deBergantiños
Pazo Galego
A lousa é unha rocha metamórfica homoxénea formada pola compactación
de arxilas. Preséntase xeralmente nunha cor opaca azulado escuro e dividida
en laxas ou follas planas sendo, por esta característica, utilizada en cubertas e
como antigo elemento de escritura.
Está composta fundamentalmente por sílice e silicatos complexos de
alúmina.
As explotacións de lousas son case todas a ceo aberto, aínda que tamén
hainas subterráneas.
A lousa ten unhas excelentes cualidades como material de cobertura e
revestimento: é illante, impermeable, incombustible e case inalterable.
En Galicia abunda na zona de Valdeorras (Ourense), en Pastoriza,
Mondoñedo, Quiroga (Lugo). Tamén en zonas de Ortigueira (A Coruña).
Edificio da Domus. A Coruña
As arxilas son rochas sedimentarias detríticas formadas a partir da
descomposición da pedra de gran, os gneis ou os feldespatos debido a acción
da auga, da calor... As arxilas ricas en cal chámanselle margas e ás pobres
barro.
Por toda Galicia existen pequenos xacementos. Os máis importantes son os
de Maceda e Xunqueira de Espadeñedo en Ourense, Monforte de Lemos, Foz.
Guitiriz, Sanxenxo, Tui-A Garda, Porriño, Narón, Malpica, Boimorto...
As arxilas e caolíns extraénse xeralmente en minas ou canteiras a ceo
aberto. O arranque do material faise con pas escavadoras e cárgase en
camións para o seu traslado ás fábricas.
A arxila destinase a fabricación de elementos de construción: tixolos ou
ladrillos, tellas, baldosas... Tamén para facer cerámica, elementos decorativos,
cementos…
Torre mudéxar en Teruel
A calcaria é unha rocha sedimentaria composta maioritariamente
por carbonato de calcio, xeralmente calcita. Tamén pode conter
pequenas cantidades de minerais como arxila, hematita, siderita,
cuarzo, etc., que modifican (ás veces sensiblemente) a cor e o grao de
coherencia da rocha.
Explótanse, segundo a súa calidade e composición, como material
de construción, como áridos para obras, formigón e terrazos, para a
fabricación de cementos e como rochas ornamentais.
En Galicia as principais zonas de explotación están en Mondoñedo,
O Incio, Becerreá, Viana do Bolo e Valdeorras.
A Cidade Encantada de
Cuenca é un espazo singular
formado por rochas calcarias de
sorprendentes siluetas. A auga e
o vento modelaron as rochas da
zona, compostas por calcarias
dolomíticas do Cretácico Inferior,
con algúns puntos de areniscas e
margas jurásicas. Sobre este
substrato rochoso tivo lugar un
proceso de erosión diferencial,
produto do cal son as estrañas
formas que caracterizan a cidade.
O mármore é unha rocha metamórfica compacta formada a partir de
rocas calcarias que, sometidas a elevadas temperaturas e presións,
alcanzan un alto grao de cristalización.
O compoñente básico do mármore é o carbonato cálcico, cuxo contido
supera o 90%; os demais compoñentes, considerados impurezas, son
os que dan gran variedade de cores nos mármores e definen as súas
características físicas. Tras un proceso de pulido por abrasión o
mármore alcanza alto nivel de brillo natural, é dicir, sen ceras nin
compoñentes químicos.
O mármore utilízase principalmente na construción, decoración e
escultura.
En Galicia explótase en Mondoñedo, no Incio, Valdeorras…
O mármore do Incio foi utilizado desde tempos dos romanos. É un material moi poroso, de cor gris e veteado en diversas tonalidades.
Igrexa románica do Incio, en Ourense
Son rochas cun grao medio de metamorfización procedentes
da transformación das lousas. Están compostas fundamentalmente por
silicatos. Son moi abundantes en toda Galicia, especialmente no centro.
Explótanse na zona de Ordes, Arzúa, Mondoñedo… para a construción,
formigóns e aglomerados asfálticos
Son rochas metamórficas orixinadas a partir do seixo.
Abundan moito en Galicia, especialmente en Ourense e Lugo.
Explótanse como rocha ornamental, como material de
construción e para a obtención de áridos.