IES RICARDO MELLA- DEPARTAMENTO DE SANITARIA- PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO
CICLO: SAÚDE AMBIENTAL- MÓDULO: ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA UNIDADE DE SAÚDE AMBIENTAL-
CURSO 2018 -2019 1
PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO:
CS: SAÚDE AMBIENTAL
FAMILIA DE: SANITARIA
CURSO 2018-2019
PROFESORA: Isidro Sande Fernández
ORGANIZACIÓN E XESTIÓN
DA UNIDADE DE SAÚDE
AMBIENTAL
IES RICARDO MELLA- DEPARTAMENTO DE SANITARIA- PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO
CICLO: SAÚDE AMBIENTAL- MÓDULO: ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA UNIDADE DE SAÚDE AMBIENTAL-
CURSO 2018 -2019 2
Indice
1. INTRODUCCIÓN
2.OBXECTIVOS
3.DESENVOLVEMENTO DO MÓDULO E RELACIÓN DE UNIDADES DIDÁCTICAS
4.SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DAS UNIDADES DE TRABALLO
5.PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DO ALUMNADO
5.1 Criterios de avaliación
5.2 Instrumentos e sistema de avaliación
5.3 Criterios de cualificación
5.4 Sistema de recuperación
6.METODOLOXÍA DIDÁCTICA
7.RECURSOS MATERIAIS E DIDÁCTICOS
8.TEMAS TRANSVERSAIS
9.ATENCIÓN AO ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO
EDUCATIVO
10.SISTEMA DE RECUPERACIÓN DE ALUMNOS PENDENTES
11.ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS.
12.SISTEMA DE AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA E AVALIACIÓN
DA PRÁCTICA DOCENTE.
13.CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO
14. BIBLIOGRAFÍA
IES RICARDO MELLA- DEPARTAMENTO DE SANITARIA- PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO
CICLO: SAÚDE AMBIENTAL- MÓDULO: ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA UNIDADE DE SAÚDE AMBIENTAL-
CURSO 2018 -2019 3
1. INTRODUCCIÓN
A presente programación didáctica realízase tomando como referencia o contido do
Decreto 106/2000, do 27 de abril, polo que se establece o currículo do ciclo
formativo de grado superior correspondente ao título de Técnico superior en saúde
ambiental.
O Módulo de Organización e xestión da unidade de saúde ambiental encóntrase
asociado á unidade de competencia nº 1 do correspondente RD do título: “Organizar
e xestionar a unidade de saúde ambiental”.
2. OBXECTIVOS
Analiza-los métodos e condicións de almacenamento e de conservación dos
diferentes materiais, escollendo o máis axeitado en función deles.
Diferencia-los métodos de control de existencias, e as principais aplicacións para
elaboralos, co obxecto de efectua-los inventarios dos diferentes materiais.
Emprega-los documentos de control de existencias relacionándoos co uso que
teñen no funcionamento do almacén.
Xestionar un almacén de saúde ambiental debidamente caracterizado, realizando
o inventario de existencias, mantendo a base de datos e identificando as
carencias.
Realizar ordes de pedido, precisando o tipo de material pedido, as súas
características e a entidade subministradora.
Precisa-las condicións de conservación do material segundo as súas
características.
Elaborar un deseño de presentación de datos, para a posterior implementación
nunha aplicación informática.
Precisa-las características necesarias para que a aplicación informática sexa
adecuada ás particularidades da unidade ou consulta sanitaria.
Facer unha inspección de saúde ambiental debidamente caracterizada,
codificando os datos do suposto.
Introducir correctamente os datos nunha aplicación informática, e arquiva-lo
material gráfico.
IES RICARDO MELLA- DEPARTAMENTO DE SANITARIA- PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO
CICLO: SAÚDE AMBIENTAL- MÓDULO: ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA UNIDADE DE SAÚDE AMBIENTAL-
CURSO 2018 -2019 4
Manexa-la aplicación co obxecto de obter táboas, gráficos, informes e datos
estatísticos, que mostren a evolución dos indicadores de saúde ambiental e de
calidade máis importantes.
Redactar resumos de actividade ou informes de resultados, partindo dos datos
na base de datos.
A partir de plans de seguridade e hixiene debidamente caracterizados, identificar
e describi-los aspectos máis salientables en cada un, describindo neles os
factores ou situacións de risco para a saúde e a seguridade.
Describir e relaciona-las axeitadas medidas e medios de prevención que
establece a normativa vixente nos plans de seguridade e hixiene.
Describi-las normas de simboloxía e a situación física de sinais e alarmas,
equipos contraincendios e equipos de primeiros auxilios.
Explica-los medios e equipos de seguridade e protección específicos en función
das diferentes unidades e/ou servizos sanitarios.
Elabora-la documentación técnica de apoio nun plan de seguridade e hixiene.
Explicar, sinalando fonte e rango, as diferentes lexislacións sobre os distintos
sectores da saúde e medio ambiente.
Explica-los requisitos técnicos necesarios para as inspeccións e elaboracións de
informes, describindo os procedementos administrativos para empregar, segundo
o sector.
Identifica-la lexislación sobre saúde ambiental e elaborar resumos de referencias
lexislativas sobre sectores concretos da saúde ambiental.
Elaborar un censo de fontes de información lexislativa sobre medio ambiente e
saúde.
Preparar unha inspección “tipo”, describindo a lexislación que se empregue, os
medios que se utilicen e o modelo de informe que se elabore.
Describi-la estrutura do sistema sanitario español, incidindo nas características
diferenciais do sistema sanitario en Galicia.
Explica-la organización e relación funcional do centro, servizo ou unidade no
ámbito da súa actividade.
Explica-las funcións e resultados para lograr na unidade, servizo e postos de
traballo máis relevantes.
IES RICARDO MELLA- DEPARTAMENTO DE SANITARIA- PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO
CICLO: SAÚDE AMBIENTAL- MÓDULO: ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA UNIDADE DE SAÚDE AMBIENTAL-
CURSO 2018 -2019 5
Describi-lo proceso de prestación do servizo relacionando as distintas fases cos
recursos humanos e materiais necesarios.
Identifica-los factores que determinan a calidade de prestación do servizo.
Explica-los factores que interveñen e os compoñentes do custo da prestación do
servizo.
3. RELACIÓN DE UNIDADES DE TRABALLO E BLOQUES DE CONTIDOS
CONTIDOS CONCEPTUAIS
Os contidos están estruturados en catro bloques temáticos, que contemplan a
totalidade das capacidades terminais que o alumnado debe adquirir ó remate do
módulo.
BLOQUE I: ORGANIZACIÓN SANITARIA:
Unidade Didáctica 1: Organización do sistema sanitario
-Modelos Sanitarios
-Normativa básica que regula o Sistema Nacional de Saúde.
-Estrutura do Sistema Sanitario público en España.
-Ordenación Territorial.
-Sanidade Privada en España
-Estrutura do Sistema Sanitario Galego
Unidade didáctica 2: Niveis de asistencia sanitaria e tipos de prestacións
-Niveis de asistencia: atención primaria e especializada
-Función e competencias dos diferentes profesionais sanitarios.
-Tipos de prestacións do Sistema Nacional de Saúde.
Unidade Didáctica 3: Saúde pública e comunitaria.
-Conceptos de saúde e de doenza.
-Factores condicionantes da saúde: Ambientais, biolóxicos, propios do sistema
sanitario, estilo de vida, etc...
-Niveis de prevención sanitaria: Primario, secundario e terciario.
-Concepto de saúde pública e saúde comunitaria.
-Indicadores de saúde.
-Normativa de seguridade e hixiene nos centros sanitarios. Lexislación específica do
sector.
IES RICARDO MELLA- DEPARTAMENTO DE SANITARIA- PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO
CICLO: SAÚDE AMBIENTAL- MÓDULO: ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA UNIDADE DE SAÚDE AMBIENTAL-
CURSO 2018 -2019 6
BLOQUE II: DOCUMENTACIÓN SANITARIA:
Unidade Didáctica 4: Documentación
-Tipos de documentación
-Documentación Non Sanitaria
-Documentación Non Clínica: Tipos de documentos, utilidades, aplicacións, criterios
de formalización e métodos de circulación.
Unidade Didáctica 4: Documentación clínica
-Documentos clínicos: Tipos, utilidades, aplicacións, criterios de formalización e
métodos de circulación.
-Tratamento da información e da documentación: Arquivo, rexistros, mantemento,
conservación e seguridade da información.
Unidade Didáctica 5: Operacións compravenda.
-A operación compra-venda.
-Documentos mercantís: Propostas de pedido, albarás, facturas, notas de pagamento
ou cargo.
-Os impostos.
-O pago de servizos e produtos.
BLOQUE III: XESTIÓN DE EXISTENCIAS E
INVENTARIOS.
Unidade Didáctica 6: Almacéns sanitarios. Xestión de existencias e
inventarios.
-Almacenaxe: Sistemas e técnicas.
-Criterios de ordenación dos recursos materiais sanitarios.
-Control de existencias: Fichas de almacén e inventarios.
-Xestión de existencias no almacén
-Valoración de existencias no almacén: Método FIFO, LIFO, PMP.
-Normas de seguridade e hixiene en almacéns sanitarios: condicións de
almacenamento dos materiais.
BLOQUE IV: APLICACIÓNS
Unidade Temática 7: Aplicacións informáticas
-Aplicacións informáticas de xestión do ficheiro de pacientes e historias clínicas.
-Aplicacións informáticas de xestión e control do almacén, facturación e xestión
IES RICARDO MELLA- DEPARTAMENTO DE SANITARIA- PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO
CICLO: SAÚDE AMBIENTAL- MÓDULO: ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA UNIDADE DE SAÚDE AMBIENTAL-
CURSO 2018 -2019 7
económica.
-Aplicacións informáticas específicas.
Unidade Temática 8: Conceptos Básicos de estatística
-Conceptos xerais de estatística.
-Medidas estatísticas.
CONTIDOS PROCEDIMENTAIS
BLOQUE I: ORGANIZACIÓN SANITARIA.
-Identificación de áreas de saúde e zonas de saúde da Comunidade Autónoma de
Galicia.
-Cálculo dos indicadores de saúde.
-Realización de gráficos representativos dos principais indicadores.
BLOQUE II: DOCUMENTACIÓN SANITARIA.
-Análise do contido e do tipo de documentación.
-Identificación dos datos e selección do medio e do soporte.
-Rexistro de datos e emisión de informes cos datos.
-Clasificación da documentación e rexistros informático e convencional. Distribución
ao destinatario.
-Definición do tipo de datos para tratar cos clientes e provedores.
BLOQUE III: XESTIÓN DE EXISTENCIAS E INVENTARIOS.
-Identificación das necesidades de reposición do material.
-Formalización dos documentos para efectuar o pedido e envío do mesmo.
-Comprobación do material recibido e distribución do mesmo ás distintos servizos ou
gabinetes.
-Realización do rexistro.
BLOQUE V: APLICACIÓNS
-Selección da aplicación ofimática axeitada.
-Introdución da información nos medios ofimáticos.
-Almacenamento dos datos.
IES RICARDO MELLA- DEPARTAMENTO DE SANITARIA- PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO
CICLO: SAÚDE AMBIENTAL- MÓDULO: ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA UNIDADE DE SAÚDE AMBIENTAL-
CURSO 2018 -2019 8
-Edición e difusión dos datos.
-Identificación e estudio dos conceptos básicos de estatística.
-Cálculo de medidas estatísticas.
CONTIDOS ACTITUDINAIS
• Actitude responsable do técnico de saúde ambiental.
•Responsabilidade no manexo e custodia de datos e documentación, das
inspeccións de saúde ambiental.
• Rigor no control das operacións de compravenda.
• Rigor na aplicación das normas de funcionamento, inspección e control dos datos.
• Responsabilidade no uso dos equipos informáticos e toma de conciencia da
importancia do
emprego de medidas que preveñan a perda de información.
• Valoración da importancia dunha axeitada posta ó día da normativa e lexislación
vixente.
4.- SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DAS UNIDADES DE TRABALLO
O módulo desenvolverase durante 110 horas divididas en 4 sesións semanais de 50
minutos cada unha.
A proposta de temporalización que se presenta ten un carácter orientativo, as
necesidades educativas do alumnado serán as que marquen a evolución do curso.
IES RICARDO MELLA- DEPARTAMENTO DE SANITARIA- PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO
CICLO: SAÚDE AMBIENTAL- MÓDULO: ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA UNIDADE DE SAÚDE AMBIENTAL-
CURSO 2018 -2019 9
BLOQUES DE TRABALLO SECUENCIADOS
DESENVOLVEMENTO DOS CONTIDOS
DOS BLOQUES
PERIODO DE REALIZACIÓN E DURACIÓN
DAS SESIÓNS
1 Organización
Sanitaria
-Modelos Sanitarios -Normativa básica que regula o Sistema Nacional de Saúde. -Estrutura do Sistema Sanitario público en España. -Ordenación Territorial. -Sanidade Privada en España -Estrutura do Sistema Sanitario Galego -Niveis de asistencia: atención primaria e especializada -Función e competencias dos diferentes profesionais sanitarios. -Tipos de prestacións do Sistema Nacional de Saúde. -Conceptos de saúde e de doenza. -Factores condicionantes da saúde: Ambientais, biolóxicos, propios do sistema sanitario, estilo de vida, etc. -Niveis de prevención sanitaria: Primario, secundario e terciario. -Concepto de saúde pública e saúde comunitaria. -Indicadores de saúde. -Normativa de seguridade e hixiene nos centros sanitarios. Lexislación específica do sector.
40 sesións
1ª a 13ª semana
2 Documentación
sanitaria
-Tipos de documentación -Documentación Non Sanitaria -Documentación Non Clínica: Tipos de documentos, utilidades, aplicacións, criterios de formalización e métodos de circulación.
8sesións 14ª a 15ª semana
-Documentos clínicos: Tipos, utilidades, aplicacións, criterios de formalización e métodos de circulación.
--Tratamento da información e da documentación: Arquivo, rexistros, mantemento, conservación e seguridade da información.
8 sesións 17ª a 18ª semana
--A operación compra-venta.
--Documentos mercantís: Propostas de pedido, albarás, facturas, notas de pagamento ou cargo.
--Os impostos. --O pago de servizos e produtos.
8 sesións 19ª a 20ª semana
IES RICARDO MELLA- DEPARTAMENTO DE SANITARIA- PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO
CICLO: SAÚDE AMBIENTAL- MÓDULO: ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA UNIDADE DE SAÚDE AMBIENTAL-
CURSO 2018 -2019 10
BLOQUES DE TRABALLO SECUENCIADOS
DESENVOLVEMENTO DOS CONTIDOS
DOS BLOQUES
PERIODO DE REALIZACIÓN E DURACIÓN
DAS SESIÓNS
3 Xestión de
existencias e Inventarios
-Almacenaxe: Sistemas e técnicas. -Criterios de ordenación dos recursos materiais sanitarios. -Control de existencias: Fichas de almacén e inventarios. -Gestión de existencias no almacén -Valoración de existencias no almacén: Método FIFO, LIFO, PMP. -Normas de seguridade e hixiene en almacéns sanitarios: condicións de almacenamento dos materiais.
20 sesións 21ª a 25ª semana
4 Aplicacións
Aplicacións informáticas de xestión e control do almacén, facturación e xestión económica. Aplicacións informáticas de xestión do ficheiro de pacientes e de historias clínicas. Aplicacións informáticas específicas. -Conceptos xerais de estatística. -Medidas estatísticas.
28 sesións Impartiranse en función da dispoñibilidade da aula de informática
Dende a 26ª a 33ª semana
5. PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN DO ALUMNADO
5.1 CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Compróbase que os recursos materiais recibidos son os correspondentes ó
pedido realizado, tanto en calidade como en cantidade.
• As altas e baixas de material son rexistradas, manual ou informáticamente,
axustándose ós procedementos e códigos establecidos.
• Na conservación, almacenamento, distribución e colocación dos materiais,
reactivos, mostras e aparellos da unidade, cúmprense as normas de seguridade do
fabricante e da unidade.
• Ó realiza-lo inventario e control de existencias do material, tanto en uso como no
almacén, séguese o procedemento da unidade.
• Compróbase a correcta conservación e mantemento do material inventariable e
funxible da unidade.
IES RICARDO MELLA- DEPARTAMENTO DE SANITARIA- PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO
CICLO: SAÚDE AMBIENTAL- MÓDULO: ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA UNIDADE DE SAÚDE AMBIENTAL-
CURSO 2018 -2019 11
Realízase o mantemento preventivo do equipo e aparellos de medida
axustándose ó procedemento recomendado polo fabricante e á ficha de
mantemento.
• Realízanse as operacións necesarias de substitución de pezas e pequenas
reparacións dos aparellos ó seu cargo.
• Despois de os técnicos de mantemento efectuaren reparacións nos equipos,
compróbase o seu adecuado funcionamento.
• Verifícase que as calibracións de rutina efectuadas nos equipos se axustan ós
protocolos normalizados de traballo.
• Compróbase que todo o material está preparado para o seu uso inmediato.
Defínense as fichas tipo adecuadas ás distintas necesidades da unidade.
• Efectúase a depuración e actualización periódica dos arquivos e da documentación
técnica.
• Clasifícase e codifícase a documentación científico técnica (libros e revistas) e de
uso laboral (manual de procedementos), manténdoa actualizada e procedendo ó
arquivo da previa.
Rexistro de actuacións está axustado ós procedementos e códigos establecidos.
• Anótanse os resultados obtidos nas correspondentes follas de traballo, realizando
as operacións de cálculo necesarias para expresa-los resultados obtidos nas
unidades habituais, trala súa validación polo responsable da unidade.
• Efectúase o rexistro dos resultados e actividades realizadas en cada unha das
unidades (campo, laboratorio e administrativa), permitindo avalia-la xestión humana
do proceso e o seu control.
• A emisión de informes está dentro do tempo establecido nos protocolos,
dependendo da actividade realizada e da área de traballo.
• Introdúcense na base informática os resultados xerados, cos criterios de
periodicidade establecidos, segundo criterios do sistema de vixilancia e trala súa
confirmación.
• Obtéñense, co tratamento de datos, os indicadores estatísticos (censos sobre
instalacións e fontes de risco para a saúde, gráficos, táboas e gráficos sobre a
evolución da calidade e/ou indicadores controlados) que permiten avalia-lo grao de
cumprimento de obxectivos, actividades e programas da unidade.
A información ou instruccións escritas son claras, precisas e adaptadas ós
medios da unidade.
IES RICARDO MELLA- DEPARTAMENTO DE SANITARIA- PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO
CICLO: SAÚDE AMBIENTAL- MÓDULO: ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA UNIDADE DE SAÚDE AMBIENTAL-
CURSO 2018 -2019 12
• A información producida concreta, nun caso:
– Técnica que se debe empregar.
– Equipos e instrumentos que interveñen.
– Secuencia e operacións precisas.
– Parámetros que cómpre controlar.
– Material auxiliar.
– Necesidade de calibracións.
A programación permite cumpri-los obxectivos asignados á unidade e/ou as
demandas de intervención.
• A programación asigna eficazmente e optimiza os recursos.
• A programación integra tódalas fases e obxectivos, conxugando adecuadamente
as necesidades e situacións operativas de medios, recursos humanos e materiais.
• O material preparado e os protocolos e normas de inspección adoptadas son os
necesarios e adecuados ó traballo.
• Realízase a verificación do funcionamento e calibraxe dos equipos de medida e
toma de mostras segundo as normas establecidas, permite detecta-los erros e
queda rexistrada adecuadamente.
5.2 INSTRUMENTOS E SISTEMA DE AVALIACIÓN
Os procedementos a utilizar para levar a cabo a avaliación serán variados e
flexibles. Serán rexistrados na ficha de avaliación do alumno.
Observación directa na aula: valorarase o comportamento, a capacidade de
traballo en equipo, o interese e o traballo desenvolvido durante o curso, a
asistencia, puntualidade, etc.
Proba escrita de carácter teórico ao final de cada trimestre.
Exercicios escritos e cuestionarios.
Presentación e exposición de traballos (individuais e grupais) que permitan
valorar actitudes como a responsabilidade, iniciativa, cooperación e respecto. Así
como a comprensión, capacidade de síntese, a expresión e o dominio do
vocabulario científico.
O Sistema de avaliación será continuo ao longo de todo o proceso de ensino-
aprendizaxe co obxectivo de coñecer o progreso do alumno respecto da formación
adquirida e a consecución das capacidades terminais do módulo profesional que
IES RICARDO MELLA- DEPARTAMENTO DE SANITARIA- PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO
CICLO: SAÚDE AMBIENTAL- MÓDULO: ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA UNIDADE DE SAÚDE AMBIENTAL-
CURSO 2018 -2019 13
contribúen á adquisición da competencia xeral do Título. Realizarase unha
avaliación inicial, que permita coñecer as características e os coñecementos
previos do grupo de alumnos, como punto de partida do proceso de ensino-
aprendizaxe e levarase a cabo por medio de chuvias de ideas, cuestionarios
iniciais ou lecturas de textos. Ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe,
realizarase unha avaliación formativa por trimestre, para coñecer como se
desenvolve o proceso e que permita modificar as pautas seguidas, a metodoloxía
aplicada (intervención do profesor, recursos utilizados, etc.) así como a
temporalización para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe e garantir a
adquisición das capacidades terminais do módulo profesional. Levarase a cabo
mediante a revisión de traballos e a observación directa do alumno na aula
(constancia, actitude, etc.).
Realizarase, por último, unha avaliación final, para establecer as capacidades
terminais alcanzadas e o grao de consecución das mesmas. En cada trimestre
realizarase unha avaliación final global por medio dunha proba escrita que valore
os contidos que os alumnos adquiriron durante ese período.
5.3 CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Todo o proceso de avaliación culmina nunha cualificación e lévase a cabo da
seguinte maneira en cada trimestre:
Observación directa: 10%
Proba escrita: 70%
Actividades na aula e traballos: 20%
Para que o alumno/a supere o periodo avaliativo será indispensable realizar todas as
actividades programadas para cada unha das avaliacións.
Consideraranse positivas as calificacións iguais ou superiores a cinco e negativas as
restantes.
A nota final do curso obterase como media das tres avaliacións.
Para que a nota final do módulo sea positiva é necesario superar (coa calificación
mínima de cinco) cada unha das probas escritas.
Non se superará o módulo cando o alumno/a teña unha ou máis evaluacións
negativas a pesar de que a nota media das dúas avaliacións sea igual ou superior a
5.
IES RICARDO MELLA- DEPARTAMENTO DE SANITARIA- PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO
CICLO: SAÚDE AMBIENTAL- MÓDULO: ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA UNIDADE DE SAÚDE AMBIENTAL-
CURSO 2018 -2019 14
5.4 SISTEMA DE RECUPERACIÓN
Para os alumnos que non superen os obxectivos, programaranse actividades de
reforzo e recuperación, que permitan ao alumno a adquisición das capacidades
avaliadas tanto conceptuais como procedimentais. Podemos enumerar as seguintes
probas de recuperación:
-Recuperación Ordinaria: realizarana aqueles alumnos que non aproben algunha
avaliación, e examinaranse da materia correspondente sendo a nota máxima un 5 xa
que se examinará dos contidos básicos traballados nesa avaliación
-Recuperación extraordinaria: realizarana aqueles alumnos que non aprobasen en
ordinaria ou o alumnado que perdese o dereito á avaliación continua. O número de
faltas que implica a perda do dereito á avaliación continua será do 10% respecto da
súa duración total.
Os alumnos que non superen a materia na convocatoria ordinaria, irán á convocatoria
extraordinaria de Xuño. Esta consistirá nun exame tipo test e/ou resposta curta na
que se incluirán todos os contidos traballados no módulo.
6. METODOLOXÍA.
Propoño unha metodoloxía participativa e activa que, partindo das ideas ou
coñecementos previos, potencie a autonomía do alumnado na súa aprendizaxe
(Aprender a aprender). Na que o alumnado, ademais de ser a diana pasiva do
proceso formativo, sexa tamén un elemento activo que participe na realidade da súa
aprendizaxe. En todo momento, o alumnado deberá ser consciente da realidade dos
requirimentos laborais futuros que lle competen, co fin de alcanzar de maneira
adecuada unha preparación psicolóxico-laboral. Ademais estará baseada na
aprendizaxe significativa, partindo dos coñecementos previos dos alumnos,
favorecendo o desenvolvemento autónomo e planificando actividades que leven a
integración dos contidos científicos, tecnolóxicos e organizativos do módulo
profesional. O material presentado será significativo e motivante. Potenciarase o
traballo en grupo, fomentando a iniciativa, cooperación e repartición de tarefas e o
respecto polas ideas e opinións dos demais. A metodoloxía adaptarase ás
necesidades do grupo e de cada alumno en particular, atendendo ás diferentes
motivacións e ritmos de aprendizaxe, propoñendo actividades diferentes para
conseguir un mesmo obxectivo e adaptando a temporalización ao ritmo daqueles
IES RICARDO MELLA- DEPARTAMENTO DE SANITARIA- PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO
CICLO: SAÚDE AMBIENTAL- MÓDULO: ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA UNIDADE DE SAÚDE AMBIENTAL-
CURSO 2018 -2019 15
alumnos que requiran un maior tempo para a adquisición das capacidades terminais
do módulo.
O tratamento na aula seguirá, como norma xeral, un método expositivo revisando
para cada unha das unidades propostas os obxectivos específicos, contidos e
actividades que se propoñen. A continuación exporanse por parte do profesor os
aspectos que poidan resultar máis dificultosos para os estudantes procurando unha
interrelación cos alumnos aclarando aqueles aspectos que entrañen máis
dificultades. Neste sentido, continuamente farase referencia ás posibles dúbidas que
poidan ter os alumnos e daráselles a oportunidade de formulalas abertamente
tratando de relacionalas con aspectos prácticos reais.
En determinados contidos modificarase a metodoloxía propoñendo debates sobre
temas de interese utilizando as novas de prensa relacionados coa temática do
módulo e ábrense debates de libre participación incentivando que todos os
alumnos/as expoñan a súa opinión.
7. RECURSOS MATERIAIS E DIDÁCTICOS
Para a realización das unidades didácticas desta programación será necesario:
Material funxible.
Libros de texto, manuais, protocolos e revistas científicas.
Medios audiovisuais: reprodutor de DVD, canón de proxección.
Material didáctico audiovisual: vídeos, DVDs, diapositivas en PowerPoint.
Recursos relacionados coas Tics: ordenadores con conexión a internet e
impresoras.
8. TEMAS TRANSVERSAIS
Acorde cos principios constitucionais e cos acuñados pola LOE (no seu título
preliminar, capítulo I), desde o módulo pódense fomentar os seguintes temas
transversais, que deben impregnar a práctica docente e estar presentes de forma
permanente na aula:
- Educación para o coidado da saúde.
- Educación moral e cívica.
-Educación para a igualdade entre sexos.
-Educación para o coidado do medio ambiente.
IES RICARDO MELLA- DEPARTAMENTO DE SANITARIA- PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO
CICLO: SAÚDE AMBIENTAL- MÓDULO: ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA UNIDADE DE SAÚDE AMBIENTAL-
CURSO 2018 -2019 16
9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Irase facendo un seguimento o máis individualizado posible do mesmo que permita
detectalas dificultades que presenten os alumnos e tratalas particularmente con
medidas de reforzo.
Actuarase segundo o detectado na avaliación inicial. Se detectamos casos nos que
se teña que aplicar un tratamento de diversidade farase un seguimento de cada
alumno destas características, creando actividades especiais de reforzo que lles
permita acadar as capacidades terminais indicadas para este módulo. En xeral
tratarase, na medida do posible, de levar a todo o alumnado ó mesmo nivel de
realizacións, procurando que ningún alumno/a teña que abandonar a materia.
10. SISTEMA DE RECUPERACIÓN DE ALUMNOS PENDENTES.
Cando un alumno/a acade cualificación negativa na avaliación final do módulo o
profesor proporá as actividades recuperadoras aplicadas ás capacidades terminais
non acadadas. En concreto, realizaranse os traballos escritos necesarios en función
das capacidades non acadadas así como unha proba escrita baseada nos contidos
mínimos do módulo.
Para cada un destes alumnos/as establecerase ademais un calendario de avaliación
propio, coas datas das entregas parciais que terá que realizar durante o período de
recuperación.
11. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
12. SISTEMA DE AVALIACIÓN DE PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA E DA
PRÁCTICA DOCENTE
Ao final do curso realizarase a avaliación final desta programación didáctica, na que
se anotarán todas as incidencias acaecidas ao longo do mesmo. Esta avaliación
será realizada en principio polo profesorado, que anotará as súas observacións nun
impreso que recolla todos os apartados da mesma, tal como este:
IES RICARDO MELLA- DEPARTAMENTO DE SANITARIA- PROXECTO CURRICULAR DO MÓDULO
CICLO: SAÚDE AMBIENTAL- MÓDULO: ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA UNIDADE DE SAÚDE AMBIENTAL-
CURSO 2018 -2019 17
13. CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO
O profesorado, nos primeiros días de clase explicará ó alumnado a programación do
módulo. Así coma os criterios de avaliación e a ,etodoloxía que se empregará na
aula.
14. BIBLIOGRAFÍA
Decreto 106/2000, de 27 de abril, por el que se establece el currículo del ciclo
formativo de grado superior correspondiente al título de técnico superior en salud
ambiental.
Arturo Ortega. Editorial McGrawHill. Operaciones administrativas y
documentación sanitaria.
G.Sánchez-Casado/ G.J Mingo. Editorial Editex. Operaciones administrativas y
documentación sanitaria
Vigo , Outubro de 2018
PROFESOR DO MÓDULO:
Isidro Sande Fernández