PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL
EEI SAN ROQUE
VIVEIRO
CURSO: 2017 / 2018
INDICE
1- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA O CURSO ACADÉMICO:
1.1- MEDIDAS A DESENVOLVER PARA A SÚA CONSECUCIÓN. 1.2- RECURSOS PREVISTOS .
2- CONCRECIÓN ANUAL DO PROXECTO EDUCATIVO.3- ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS E ORGANIZATIVAS DE
ATENCIÓN AO ALUMNADO CON NEAE.4- CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA.5- PLAN DE ACTUACIÓN DOS ORGANOS COLEXIADOS.6- PLAN DE ACTUACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO.7- XORNADA ESCOLAR E HORARIO DO CENTRO.8- QUENDAS DE VIXIANCIA DOS RECREOS.9- PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DE REUNIÓNS DOS ÓRGANOS
DE GOBERNO. 10- PROGRAMA E CALEDARIO DAS REUNIÓNS DOS ORGANOS DE
COORDINACIÓN DOCENTE.11- PARTICIPACIÓN DO PROFESORADO DO CENTRO EN
PROGRAMAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA.12- MATERIAIS CURRICULARES ESTABLECIDOS NO CENTRO.13- PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E
EXTRAESCOLARES.14- PLAN DE AUTOPROTECCIÓN.15- PLAN DE DE ORGANIZACIÓN E COORDINACIÓN DAS TAREFAS
DO PERSOAL NON DOCENTE.16- HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO.17- PLAN PARA A POTENCIACIÓN E ORGANIZACIÓN DAS
RELACIÓNS DA COMUNIDADE EDUCATIVA.18- PLAN DE TRANSPORTE ESCOLAR.19- REGULAMENTO DA ORGANIZACIÓN DO COMEDOR.20- PLAN DA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO.21- PLAN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS POLA ANPA.22- PLAN XERAL DE AVALIACIÓN DO CENTRO.23- PLAN ANUAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR24- PLAN DE INTREGRACIÓN DAS TIC25- PLAN DE FOMENTO E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
Pág. 2 De
DATOS XERAIS DO CENTRO
Tipo de centro................. INFANTIL Denominación oficial....... SAN ROQUE Código do centro........... ..27014100
Situación.................. ........VIVEIRO
Provincia...........................LUGO
Enderezo...........................BENITO GALCERÁN, 26/28
Código Postal.................. 27850
Teléfono........................... 982 870957
N.I.F................................. Q 7755216 D
Número de unidades: 6 de EDUCACIÓN INFANTIL
Pág. 3 De
1 OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA O CURSO 2017 / 2018
- OBXECTIVOS DE ORGANIZACIÓN E XESTIÓN: Coñecer e atender á diversidade do alumnado. Favorecer as relacións no seo da comunidade educativa e coas
entidades exteriores. Fomentar a innovación, apoiando decididamente cantos proxectos se
consideren de interese colectivo. Manter o procedemento actual de transmisión da información e
continuar coa súa actualización permanente. Revisar os documentos de organización do centro Crear canles de participación para que todo o profesorado coñeza a
organización e sexa capaz en calquera momento de facerse cargo da xestión.
Colaborar na mellora continua e funcionamento do centro . Avanzar na introdución das novas tecnoloxías e na xestión da
biblioteca escolar.
- OBXECTIVOS CURRICULARES: Desenvolver a autonomía persoal dos nenos e nenas. Desenvolver as súas capacidades a partir dos contidos axeitados Facilitar a participación activa e responsable con afán cooperador. Facilitar a inserción social con actitudes de compromiso coa contorna,
cara ao medio ambiente. Proporcionar unha serie de experiencias vivas que favorezan a
comprensión dos outros e de si mesmos con aprecio da autoestimapositiva.
Favorecer o aprecio da convivencia pacífica. Alcanzar os máximos niveis de autonomía persoal de forma que a súa
inserción social sexa unha adaptación harmónica da súa individualidadeá realidade,sen menoscabo da súa autoestima e do seu dereito áfelicidade como resultado da formación integral recibida.
MEDIDAS A DESENVOLVER PARA A SÚA CONSECUCIÓN:
Actividades que axuden a construír aprendizaxes significativas partidodo que os alumnos coñecen.
Organizaremos experiencias de aprendizaxe de forma que tódolosalumnos e alumnas participen e progresen en función das súasposibilidades .
Estratexias metodolóxicas que partan da motivación intrínseca. Empregaremos estratexias de aprendizaxe cooperativo. Ofreceremos variedade de experiencias e actividades con diferentes
graos de complexidade segundo a idade e maduración. Combinaremos tipos de agrupamentos, inclusive os agrupamentos
flexibles que permitan axudar os nenos/as con necesidades específicas. Organizaremos os espazos de maneira que resulte grato e favoreza a
autonomía e mobilidade dos alumnos e alumnas.
Pág. 4 De
O horario da aula estará en función das rutinas, en períodos curtos detempo que permita aplicar unha metodoloxía activa, flexibilizando asactividades a realizar en función dos interese dos alumno/as.
Crearemos un clima de respecto e valoración entre os alumnos ealumnas establecendo canles de comunicación que propicien acohesión do grupo e a regulación da vida na aula.
1.2- RECURSOS PREVISTOS:
Recursos humanos . Recursos da contorna que nos rodea, tanto familiar como social e polo
tanto, en colaboración coas familias de cada grupo clase. Recursos tecnolóxicos cos que conta o centro (encerados dixitais,
ordenadores, tablets). Recursos materiais do centro, sobre todo a biblioteca e o pequeno horto
escolar.
2 CONCRECIÓN ANUAL DO PROXECTO EDUCATIVO
No presente curso as accións a realizar son os cambios que necesitanmodificacións de acordo a normativa actual e pola propia idiosincrasia docentro. Estes cambios son necesarios en algúns aspectos dos puntosseguintes: - Plan de autoprotección - Protocolo do comedor escolar.
Asemade é necesario que o centro fixe uns criterios para a adxudicación deprazas no servizos complementarios de transporte e comedor, chegado o casode ter que baremar.
- CONCRECIÓN DO PERIODO DE ADAPTACIÓN
No mes xuño, durante o período de matriculación, fíxose entrega dunha cartacoas normas e consellos que facilitan a entrada e a adaptación dos nenos/as aocentro. Tamén unha xornada de portas abertas para que as familias de novoingreso podan coñecer as instalacións do centro.
Previo ao inicio das clases mantense unha reunión cos pais/ nais na que seda a coñecer o N.O.F , o calendario a seguir durante o período de adaptación,seguindo a Orde do 12 de xuño de 2017. Entregaráselles o horario deste períodoxunto cunha ficha inicial de información familiar que os pais/nais terán que cubrir eque entregarán ás titoras.
. Establécese desde o 11 ata o 22 de setembro unha organización especial
que fará referencia ós seguintes aspectos: colaboración e participación coasfamilias, redución do horario e actividades encamiñadas cara a unha melloradaptación con agrupamento flexible do alumnado.
Esta entrada graduada dos nenos/as que comezan o novo curso faisedurante os primeiros días (11-15 de setembro) distribuiré
Pág. 5 De
moslos en dous grupos de 16 nenos/as cada un, na segunda semana(18-20de setembro) tamén en dous de 16 e nos últimos días do período de adaptación(21-22 de setembro) asistirán á clase nun só grupo.
O horario é reducido permanecendo na aula unha hora os primeiros días, nasegunda semana unha hora e media e despois tres horas. Asisten en horarionormal de 9'20 a 14'20h, a partir do 10º día.
Nas actividades programadas para estes días prestase especial atención aodescubrimento e exploración dos espazos, manipulación de materiais, interacción eintegración no grupo.
Á hora de avaliar este período centrarémonos en actitudes ecomportamentos do tipo de: aspectos de relacións, adaptación á escola,personalidade, xogo, hábitos básicos de autonomía, actitudes e aptitudes fronte aotraballo escolar. Utilizaremos a observación directa a través das actividades que serealicen.
Tendo en conta algunhas consideracións en canto aos momentosespecialmente significativos (a chegada, o reencontro coa familia, os luns...) e ásobservacións que se realizarán en distintas situacións procurando as mesmascircunstancias para tódolos nenos/as: xogo libre, dirixido, en grupo..
3 ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS E ORGANIZATIVAS DE ATENCIÓN AOALUMNADO CON NEAE
Para atender a diversidade do alumnado teranse en conta
ASPECTOS XERAIS:
En relación á identificación das NEAE dos alumnos/as:- Valoración das NEAE en relación cos aspectos curriculares das distintas
áreas en colaboración co DO e PT.
En relación cos alumnos/as:- Apoio na aula ordinaria aos profesores en función das necesidades do
alumnado.- Atención directa, individual, en pequenos grupos, nas aulas de apoio en
función das necesidades e actividades a realizar.- Prevención de dificultades comunicativo-lingüísticas e estimulación da
linguaxe .- Prevención e estimulación dos alumnos considerados de risco.- Estilo e ritmo de aprendizaxes.- Identificación dos coñecementos previos destes alumnos/as.- Período de adaptación para alumnos de nova incorporación ao longo do
curso, si se considera necesario.
En relación cos profesores e o propio centro:- Asesoramento e colaboración nas distintas áreas para o grupo-clase,
deseñando e practicando estratexias de aprendizaxes e materiais axeitados.- Orientación das adaptacións necesarias para a mellor adquisición dos
contidos curriculares.- Formar parte do DO e da Comisión Coordinadora Pedagóxica.
Pág. 6 De
- Establecer unha correcta coordinación cos demais membros do DO., titores,especialistas e cos profesionais externos ao centro. Todo isto coa finalidadede establecer pautas comúns de intervención.
- Colaborar co deseño, seguimento e avaliación de programas de intervenciónpara o alumnado con NEAE
- Colaboración na avaliación continua no proceso de aprendizaxe nas distintasáreas curriculares
- Colaborar na elaboración de documentos conxuntos do propio cento (PXA,memoria final...).
En relación cas familias:- Colaboración, coordinación e asesoramento coas familias do alumnado con
distintas modalidades de atención a diversidade tendo en conta as directricesdo DO
- Establecer un contacto directo coas familias, mantendo reunións periódicas nas que se tratarán aspectos sobre a evolución do neno/a.
En relación cos profesionais externos ó centro:- Colaboración e asesoramento coa Unidade de Atención Temperá.- Colaboración, coordinación e asesoramento con profesionais externos ao
centro.
O alumnado con NEAE contará cos espazos comúns a todos os alumnos/as, sendomodificados segundo as necesidades concretas e facilitando a interacción.
Referente ao tempo, este estará marcado en función das necesidadesconcretas de cada alumno/a e sempre tendo en conta as orientacións pedagóxicasdo DO. En todo caso esta variable estará suxeita as medidas de flexibilidadesegundo as necesidades que vaian xurdindo.Para os alumnos/as con NEAE utilizaranse o mesmo material que oscompañeiros,na medida do posible,ademais doutros máis específicos parasolventar as diferenzas Adaptaráselle material e contarase con outro máisespecífico nas aulas de apoio.
4 CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA
- ÓRGANOS DE GOBERNO:
CONSELLO ESCOLAR
COMPOSICIÓN APELIDOS E NOME DATA RENOV.
Presidente Ferreiro Maseda, Carmen 01/07/17
Repr.Concello Fernández Fernández-Noriega, Lara 07/12/17
Repr.Adm. Serv
Repr pais (ANPA)
Reprs.pais Gónzalez Eijo, Elena 07/12/16
Rego Fernández, Mº Esther 07/12/1601/10/17
Pág. 7 De
Reprs.profes. Fernández Míguez, Mª Elena 07/12/16
Méndez Salgado, Cándida 07/12/16
José González Peteira07/12/1601/10/17
Secretaria Rodríguez Otero, Mª Mercedes 01/07/17
CLAUSTRO DE PROFESORES
APELIDOS E NOME OBSERVACIÓNS
Fernández Novo, Rocío
Fernández Pérez, Jacinta
Fernández Míguez, ElenaMéndez Mejuto, Mª Cruz
Inglés
Ferreiro Maseda, Carmen
González Peteira, José A.L
Méndez Salgado, Cándida
Quintela Díaz, Uxía
Rego Rouco, Genma
Rodríguez Otero, Mª Mercedes
Senra Fernández, Lucía
Vilar Novo, Begoña P.T
- ÓRGANOS UNIPERSOAIS:
CARGO APELIDOS E NOMEPERÍODO DE
NOMEAMENTO
DIRECTOR/A Ferreiro Maseda, Carmen 01/07/17 a 30/6/21
SECRETARIO/A Rodríguez Otero, Mª Mercedes 01/07/17 a 30/6/21
- ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE .
EQUIPOS DE CICLO
COMPOSICIÓN APELIDOS E NOME CURSO/GRUPO ESPECIALIDADE
Membros:
Senra Fernández, Lucía 4º A E.I.
Rego Rouco, Genma 4º B E.I.
Pág. 8 De
Quintela Díaz, Uxía 5º A E.I
Fernández Novo, Rocío 5º B E.I.
Fernández Pérez, Jacinta 6º A E.I.
Méndez Salgado, Cándida 6º B E.I.
Ferreiro Maseda, Carmen Apoio E.I.
Rodríguez Otero, Mª Mercedes Apoio E.I.
Fernández Míguez, ElenaMéndez Mejuto, Mª Cruz
Inglés Inglés
González Peteira, José AL AL
Vilar Novo, Begoña P.T P.T
Abad Cociña, Mª Dolores Relixión Relixión
Ó tratarse dun Centro no que só se imparte o segundo ciclo de EI., o equipo deciclo compono todo o Claustro coordinado por González Peteira, José Coordinadores de nivel:
4º: Rego Rouco, Genma 5º: Fernández Novo, Rocío
6º: Fernández Pérez, Jacinta
Coordinador da Comisión de Coordinación Pedagóxica: González Peteira ,José
Coordinadora de Dinamización da LG: Fernández Pérez, Jacinta
Coordinadora de equipo da Biblioteca Escolar: Rego Rouco, Genma
Coordinadora do Plan T.I.C: Senra Fernández, Lucía
Coordinadora do Equipo de Actividades Extraescolares: Fernández Novo, Rocío Coordinadora do Plan de Convivencia: Vilar Novo , BegoñaCoordinadoras do Proxecto Voz Natura: Quintela Díaz, Uxía
-COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA A comisión de coordinación pedagóxica está formada polos seguintes membros: Directora: Ferreiro Maseda, Carmen
Coordinadora EDLG: Fernández Pérez, Jacinta Profesor de A.L/Coordinador ciclo: González Peteira, JoséProfesor especialista en Pedagoxía Terapéutica: Vilar Novo, BegoñaCoordinadora da biblioteca escolar: Rego Rouco, Genma
Pág. 9 De
- ADSCRICIÓN DO PROFESORADO POR TITORÍAS
ETAPA/
CICLO
NIVELGRUPO
NºALUMOS/AS
PROFESOR- TITORSit.
Admin
Infantil 6ºA 24 Fernández Pérez, Jacinta DD
6ºB 25 Méndez Salgado, Cándida DD
5ºA 18 Quintela Díaz, Uxía DD
5ºB 20 Fernández Novo, Rocio DD
4ºA 18 Senra Fernández, Lucía DP
4ºB 19 Rego Rouco,Genma DD
- PROFESORADO SEN TITORÍA
FUNCIÓN/ESPECIALIDADE NOME E APELIDOSSit.
Admi
A.L González Peteira, José DD.
InglésFernández Míguez, ElenaMéndez Mejuto, Mª cruz
DDDP
P.T Vilar Novo, Begoña DP.
Apoio Rodríguez Otero, Mª Mercedes DD.
Apoio Ferreiro Maseda, Carmen DD
Relixión (Compartida) Abad Cociña, Mª Dolores
- ALUMNADO
GRUPOSEDUCACIÓN INFANTIL
4º 5º 6º TOTAL
A 18 18 24
B 19 20 25
TOTAL 37 38 49 124
Pág. 10 De
5 PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRGANOS COLEXIADOS
Os órganos colexiados deberan en todo momento: Velar pola efectiva realización dos fins da educación e pola mellora da
calidade do ensino. Garantir o exercicio dos dereitos do alumnado, profesorado, familias e
persoal de administración e servizo. Favorecer a participación efectiva de todos os membros da
comunidade educativa da xestión e avaliación do centro.
Claustros e consello escolar unha reunión por trimestre
Comisión de coordinación pedagóxica Unha vez ó mes
Equipo de ciclo e nivel Unha vez ó mes
Equipos e comisións Unha vez ó mes
Reunións xerais Unha vez ó mes
As distintas reunións serán os mércores de 17:00 a 18:00 horas
6 PLAN DE ACTUACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO
Realizaremos unha reunión semanal para planificar actuacións, coordinaractividades e resolver calquera cuestión relativa á organización do centro.Taméndentro do horario semanal temos varias sesións para revisar documentación, tomade decisións conxunta, resolución de cuestións puntuais e dúbidas que nosplantexen,...No horario figurará asemade as sesións semanais que poñemos adisposición da comunidade educativa para atender as súas demandas enecesidades.
7 XORNADA ESCOLAR E HORARIO DO CENTRO
HORARIO XERAL DO CENTRO
En períodos de sesión única Servicio de comedor
de 9:20 a 14:20 de 14:20 a 16:00
Actividades extraescolares: biblioteca escolar de 16:00 a 17:00
Pág. 11 De
HORARIO DAS HORAS "COMPLEMENTARIAS FIXAS"
DÍA HORA TIPO DE ACTIVIDADE
LUNS
MARTES
MÉRCORES16:00 18:00
Titorías, Planificación de documentos, seguimento do alumnado e avaliacións. Reunións de equipas, niveis,...
XOVES
VENRES
O profesorado realiza 30 horas semanais de dedicación ó centro, 25 das cales sonlectivas, unha de atención a alumnado transportado, dúas os mércores e dúas máispara Claustros, Consellos, atención á biblioteca e gardas de actividadesextraescolares.
Dentro das 25 horas de permanencia fixa e unha vez cubertas as gardas desubstitución, as gardas convértense en dinamizacións e/ou apoios.
HORARIO DE APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
DÍA HORA TIPO DE ACTIVIDADE
LUNS 16:00 / 17:00Lectura e empréstitos
MÉRCORES 16:00 / 17:00
MODIFICACIÓNS DO CALENDARIO ESCOLAR
DÍAS NON LECTIVOS DEELECCIÓN PROPIA
OUTRAS PROPOSTAS DEMODIFICACIÓN
30 de abril e 18 de maio de 2018
Pág. 12 De
8 QUENDAS DE VIXIANCIA DOS RECREOS
PERÍODO DE RECREO
Horarios de recreo Zonas de atención preferente
Infantil 13:10 a 13:35 Zona 1.- patio inferior de 4º
Zona 2.- patio de abaixo
Zona 3.- patio de arriba
Quendas de vixilancia no recreo
O profesorado de vixilancia distribuiranse polas distintas zonas
9 PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DE REUNIÓNS DOS ÓRGANOS DEGOBERNO
Reunións trimestrais
CLAUSTRO CONSELLO ESCOLAR
1º trimestre 04 de setembro de 2017 04 de outubro de 2017
11 de outubro de 2017
2º trimestre 24 de xaneiro de 2018 25 de xaneiro de 2018
3º trimestre 28 de xuño de 2018 29 de xuño de 2018
10 PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DE REUNIÓNS DOS ÓRGANOS DECOORDINACIÓN DOCENTE
COMISIÓN DE COOORDINACIÓN PEDAGÓXICA
1º trimestre27-09-17 25-10-17 29-11-17
2º trimestre 31/01/18 28/02/18
3º trimestre 25/04/18 30/05/18 27/06/18
Pág. 13 De
EQUIPO DE CICLO
1º trimestre 13-09-1704-10-17
08-11-17 13-12-17
2º trimestre 10-01-18 07-02-18 07-03-17
3º trimestre 04/04/1702-05-18
07-06-18
11 PARTICIPACIÓN DO PROFESORADO DO CENTRO EN PROGRAMAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA
Todo o profesorado do centro participa activamente dende hai varios cursos nosprogramas “Voz Natura” e Proxecto de Mellora das Bibliotecas Escolares.
FORMACIÓN DO PROFESORADO
MODALIDADES DE FORMACIÓN Nº PARTICIPANTES
Cursos CEFORE catro
Grupos de traballo sete
Seminarios
Programas e prox. invest.
Proxectos europeos
Licenzas estudos
Cursos especialización
Prox. Form. Centros.
12 MATERIAIS CURRICULARES ESTABLECIDOS NO CENTRO
Os materiais curriculares establecidos para cada nivel están acordes coanosa metodoloxía de traballo por proxectos, formando parte dun proxecto integralde centro, e elaborados entre todo o profesorado. Agás nos niveis de 5º e 6º queademais contan con libro de texto para as sesións de relixión católica e de inglés:
Ágape- Berit, editorial Edelvives. Deisy, Robin and me, blue ( A e B), editorial Oxford
Os materiais elaborados tamén están en función da nosa participación noProxecto de “Voz Natura” que este curso leva por titulo “ESPERTANDO AOMAIO”, e implica a recuperación das tradicións culturais en colaboración cos centroveciños: CEIP Santa Rita, CEIP Plurilingüe de Covas e CEIP PedrosaLatas.Asemade tendo en conta a proposta de Bibliotecas Escolares e o nosoProxecto PLAMBE que leva por titulo : “Aprender a pensar a través das emocións”.
Pág. 14 De
Pág. 15 De
13 PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
TRIMESTRE Data Nivel ACTIVIDADE A REALIZAR RESPONSABLES
PRIMEIRO
out. 4º,5º,6ºMes da Biblioteca:“Robots” Profesorado /familias
out. 4º,5º,6 Día da biblioteca escolar Profesorado
out. 4º,5º,6ºLibrín celebra o Samaín/
HalloweenProfesorado
nove. 4º,5º,6º Magosto Profesorado
nove. 4º,5º,6ºDía escolar pola Igualdade econtra a Violencia de Xénero
Profesorado
nove. 4º,5º,6ºMúsica no cole Profesorado/ CEP
Lois Tobio
Dec.4º,5º,6º
Calendario 2018 Profesorado
dec. 4º,5º,6ºFesta do Nadal
Profesorado
SEGUNDO
xan. 4º,5º,6ºFesta da Paz
Profesorado
feb. 4º,5º,6ºFesta do Entroido
Profesorado
feb.. 4º,5º,6ºRecuperando tradicións:“ O Enterro da Sardiña “
Profesorado /familias
feb.. 4º,5º,6ºDía de Rosalía, día da poesía.
Profesorado
marzo 4º,5º,6º “Eu coma ti”Profesorado/ASPANANE
marzo 4º,5º,6ºActividade conxunta daMicrorrede da Mariña
Profesorado/familias /
centros PLAMBE
TERCEIRO
abril4º,5º,6º Mes dos libros Profesorado
maio 4º,5º,6ºAs Letras Galegas
Profesorado
maio 4º,5º,6ºOs Maios:
“ Espertando ao maio”
Profesorado/ CEIPSPlurilingüe de Covas,
Antonio PedrosaLatas, Santa Rita
xuño 4º,5º,6ºCelebración día do Medio
Ambiente Profesorado/ Familias
xuño 4º,5º,6º
Arte galega na escola:“Tá en Artes”
Visitas ó CENIMA / casaadm. de SARGADELOS
Profesorado/ centrosda Mariña /artistas
xuño6º
Visita ó colexio de primaria Profesorado
xuño4º,5º,6º
Fin de cursoProfesorado
Todo o curso
Participación no proxecto Voz Natura
Participación no proxecto PLAMBE.Visitas a contorna próximaPosibles visitas fóra da localidade:5º – Visitas invernadoiro / viveiro /unha granxa.6º- Visita a Vegadeo
Profesorado / familias
14 PLAN DE AUTOPROTECCIÓN
O centro conta con tres portas de entrada, unha principal e tres no patio.Están solicitadas portas “antipánico” para as tres saídas de emerxencia. O plan será posto en práctica unha vez ao trimestre.
ELEMENTOS DE SEGURIDADE Nº LOCALIZACIÓN
Saídas de emerxencia 32 portas patio inferior1 porta corredor superior
Caixas de urxencia 4
1 no piso alto1 na entreplanta2 na planta baixa
Elementos contra incendios 10
3 na planta baixa3 na entreplanta3 na planta alta1 na caldeira
Outros (Mangueiras)3
1 entreplanta1 planta baixa1 na planta alta
Plan de evacuación
Na avaliación do simulacro do curso pasado fixéronse unhas suxestións demellora que teremos en conta para este curso:
Procurar que as fiestras das aulas queden pechadas. A prioridade é evacuar con rapidez. Con posterioridade farase unha análise. Seguimos sen ter solucionado como evacuar a persoas con discapacidade
motriz da planta alta.
Exemplo de simulacro:1. A causa, o incendio dunha papeleira, que ademais prende nas cortinas e
produce un gran desprendemento de fume, na primeira aula da planta baixa.2. Será valorada como emerxencia xeral, o que implica evacuación do centro e
Pág. 16 De
intervención de axentes exteriores (protección civil, bombeiros......)3. Tempo total estimado: trinta minutos, cos seguintes intervalos de actuación:
Min. 0: Detección de emerxencia. Min. 0 a 2 : Alerta, comprobación e alarma xeral (faise sonar o timbre
específico para esta función) - Aviso directora do centro
- Evacuación: Total / Parcial Min. 2 – min. 5 : Aviso bombeiros e protección civil. Min. 5 – min. 15: Pasar lista alumnado no punto de encontro, situado
no patio cada aula o carón da súa mascota.
Min. 15: Chegada bombeiros e protección civil, recepción einformación.
Min. 15: Control e extinción do incendio polos bombeiros. Inspección e fin da emerxencia, autorización para a volta as aulas.
PROCEDEMENTO PARA ACTUACIÓN EN EMERXENCIAS EN CASO DEACCIDENTE
A primeira persoa
AVISAsen separarse da
accidentado/a
Avisa ou manda aviso a outros.
Despexa o espazo.
Dá as primeiras instrucións.
Transmite a información que teña.
O profesoradoATENDE
Atención persoal do accidentado en todo
momento, ata que se faga cargo a familia.
Seguimento e relación coa familia.
En caso de lesións leves que non requiranchamada telefónica, mandar unha notainformativa.
PROTECCIÓN DO ALUMNADO
CONTROL DAS PERSOAS QUE ACCEDEN ÓCENTRO
RESPONSABLE
Condicións que figuran nas Normas de Organización eFuncionamento (NOF)
O profesorado
Ningún alumno/a pode abandonar o Centro en horario escolar sen que se fagan cargo del os pais ou persoa debidamente autorizada deixando constancia por
Pág. 17 De
escrito. Asemade, calquera cambio de procedemento (transporte, comedor, persoa que os recolle...) terá que ser comunicada por escrito e coa debida antelación.
15 PLAN DE ORGANIZACIÓN E COORDINACIÓN DAS TAREFAS DO PERSOAL NON DOCENTE
HORARIO DO PERSOAL NON DOCENTE
FUNCIÓN APELIDOS E NOME HORARIO
COIDADOR Reigosa González, Mª Esther Completo
CONSERXE Soto Moreno, Miguel Asignado 7:30 h / 8:30 a 14:30 , 16 a 17:30 h.
LIMPADORA Yáñez del Río, Natalia Asignado 7:30 h / 15 a 22 h.
AUXILIAR Castelo Bouza, Sandra Asignado 7:30 h.
16 HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
HORARIO LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
De 9::20a 10::05
SECRETARIA DIRECCIÓN SECRETARIA SECRETARIA DIRECCIÓN
de 13::35a 14::20
DIRECCIÓN DIRECCIÓN SECRETARIA
17 PLAN PARA A PONTENCIACIÓN E ORGANIZACIÓN DAS RELACIÓNS DACOMUNIDADE EDUCATIVA
Reunións Colectivas
ETAPA NIVEL DATA DAS REUNIÓNS
INFANTIL4º
07 de setembro de 201724 de xaneiro de 201811 de abrilde 2018
INFANTIL 5º13 de setembro de 201724 de xaneiro de 201811 de abril de 2018
INFANTIL 6º13 de setembro de 201724 de xaneiro de 201811 de abril de 2018
Entrevistas Individuais coas familias
Pág. 18 De
ETAPA DÍA DATITORÍA HORAS
Infantil mércores De 16:00 a 17:00
Información por escrito sobre o resultado da avaliación cada trimestre.
ÉPOCA DO ANO DATA DE ENTREGA DE BOLETÍNS
1º trimestre 21/12/17
2º trimestre 23/03/18
3º trimestre 21/06/18
18 PLAN DE TRANSPORTE ESCOLAR
O transporte escolar correspóndelle á empresa: “Autobuses de Vivero . Otero S.L.” número de contrato 99LU0543 / 99LU0540
O transporte compártese co CEP LOIS TOBIO e co IES MARIA SARMIENTO.A recepción do alumnado transportado é realizada polo profesorado de garda
tanto nas entradas como nas saídas,e distribúe polas aulas que lles corresponde.
19 REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN DO COMEDOR
Trátase dun servizo de xestión indirecta, tipo A (ata 75 comensais), actualmentecon 45 comensais de un total de 52 prazas, incluídas as do persoal de atenciónaos nenos/as formado 5 coidadoras e unha responsable, Jacinta FernándezPérez . A empresa concesionaria este curso é: EUREST COLECTIVIDADES S.L/ SCOLARESTAs actuacións a seguir durante o curso son :Incorporación ao Xade da programación xeral do curso para a elaboraciónmensual de: Lista de usuariosCubertos consumidos Pagamentos Envío á Consellería de Educación e O. U. –Servizos Complementarios-Comedores Escolares – Santiago de Compostela (a mes vencido) : Listado de alumnos/as usuariosCubertos consumidos Organización interna Antes das 10:00 horas faise un reconto dos usuarios de comedor e infórmase aempresa dos comensais para ese día. As familias teñen a obriga de comunicar,antes das 9:45 se non van facer uso do servizo. Seguindo o protocolo do comedor, o alumnado que obteña praza, deberá teradquirida a suficiente autonomía a hora de comer so, e de hábitos alimenticios ehixiénicos que lles corresponda pola súa idade, así como o control de esfínterese a introducción na súa dieta habitual de todo tipo de alimentos.Os alumnos/as usuarios de comedor do nivel de 4º de Infantil á hora da saídaserán recollidos polos coidadores, que os acompañará ao comedor. O alumnadode 5º e 6º serán distribuídos polas titoras e/ou o profesorado especialista que se
Pág. 19 De
encargue da última sesión da mañá.Colocarán as mochilas e as prendas de abrigo nas perchas persoais da entradao comedor. Poñerán os mandilóns e pasarán a comer. Seguiranse as normas básicas: Os alumnos/as estarán sentados/as nos lugares que lles corresponda segundoindicacións do persoal do comedor. Procuraremos un ton axeitado de voz durante a comida.As coidadoras sensibilizarán ao alumnado da necesidade de comer de formavariada , algo de cada un dos tres pratos servidos. Pediran ó que necesiten ás coidadoras erguendo a man. Poderanse levantarsoamente para ir o aseo. Existen unhas normas básicas de convivencia para o comedor que se expoñennas paredes: falar baixo, non tirar a comida, non correr, utilizar os cubertos, …Á saída do comedor, os nenos/as serán recollidos polos pais/nais/titores legaisou persoas que autoricen por escrito diante da dirección do Centro. En casos excepcionais a responsable informará das incidencias ocorridas ( inapetencia, pouca toma de alimentos, comportamentos pouco axeitados,…),deixando constancia por escrito dos avisos graves e reiterados. A información ásfamilias será, seguindo o Protocolo de actuación no comedor, nas reuniónsxerais e sempre, que sexa preciso das normas básicas, e dos menúsmesualmente.
20 PLAN DA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO
USO DAS INSTALACIÓNS
CONDICIÓNS DE USO
PARA PERSOAS ALLEASPARA ASOCIACIÓNS, SINDICATOS,
MRP,...
Condicións que figuran no N.O.F.Presentación de solicitude ante adirección do centro, que solicitará doconsello escolar o preceptivo informepara a súa posterior tramitaciónprovincial a Educación.
As persoas que desexen utilizar asdependencias do centro, deberán solicitarun permiso á dirección do Centro, cunhaantelación mínima de tres días, quenconcederá a autorización.
Pág. 20 De
HORARIO DE ZONAS DE USO COMÚN Biblioteca
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
9:20 a 10:05
4ºB 4ºA
10:05 a10:50
6ºA
10:50 a11:35
4ºA 6ºA 4ºB
11:35 a12.25
12:25 a13:10
5ºB 6ºB 5ºA 5ºB
13:10 a13:35
13:35 a14:20
6ºB 5ºA
TIC ( encerado dixital )
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
9:20 a 10:05
10:05 a10:50
6ºA
10:50 a11:35
5ºA Ap1/ 4ºA
11:35 a12.25
12:25 a13:10
Ap1 / 4º B Ap1/ 6ºA Ap1/ 5ºB Ap1 / 6ºB Ap1/ 5ºA
13:35 a14:20
4ºA 4ºB 5ºB 6ºB
Ludoteca ( Psicomotricidade)
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
9:20 a 10:05
10:05 a10:50
10:50 a11:35
6ºB
11:35 a12.25
12:25 a13:10
5ºA 4ºB
13:35 a14:20
5ºB 6ºA 4ºA
Pág. 21 De
Aula de usos múltiples
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
9:20 a 10:05
10:05 a10:50
10:50 a11:35
Ap2 / 4ºA 6ºA Ap2 / 6ºA Ap2 /4ºB
11:35 a12.25
12:25 a13:10
Ap2 / 6ºB Ap2 / 5ºA 5ºB Ap2 / 5ºB
13:35 a14:20
6ºB 4ºA 4ºB5ºA
Previsión de espazos a ceder para posibles actividades extraescolaresDIA HORARIO ESPACIO
De luns a xoves 16:00 A 17:00 Ludoteca, aula 1, aula 2
21 PLAN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS POLA ANPA
Ata o momento non existe prosta de actividades debido a disolución da ANPA, constituída neste centrodende o ano 1987. Estando a espera da posible formación de unha nova asociación de pais e nais.
22 PLAN XERAL DE AVALIACIÓN DO CENTRO
Pedagóxicamente farase unha revisión e avaliación continua que levará a cabo: - Mensualmente a Comisión Pedagóxica - Trimestralmente o Claustro de profesoresUnha avaliación final mediante a elaboración dunha memoria que deberá ser informada polo Claustro e polo Consello Escolar. O Claustro realizará unha valoración de resultados de cada avaliación co grao dedesenvolvemento da Programación Xeral Anual, recollendo todas as achegas demellora. Na memoria, a fin de curso figurará unha valoración e recolleranse asachegas do Claustro e do Consello Escolar. As suxestións serán propostas aestudiar de cara a incluílas na programación xeral do seguinte curso.Ao longo do curso, poderemos incorporar propostas a esta programaciónsempre que previamente sexan informadas polo Claustro e posteriormente ascorrobore o Consello Escolar.En canto ás necesidades do centro :
Pág. 22 De
INSTALACIÓNS I EQUIPAMENTO
Mantemento e conservación (Responsabilidade do Concello)
NECESIDADES URXENTES OUTRAS NECESIDADES
Cambio de persianas nas fiestras Pintura exterior do colexio
Renovación e/ou reparación dasportas das aulas
Revisións e reparacións nos aseosde todo o centro.
Revisión de elementos de fontanería
OBRAS R.A.M.(Reparacións, ampliacións e modificacións)
NECESIDADES URXENTES OUTRAS NECESIDADES
Cambio da zona que quedou por arranxar no tellado.
Cambio dos baños de todo o centro
Construción da zona cuberta no patio superior. E corredoiro. Cuberta da entrada á zona da ludoteca.
Cambio do sistema de alumeado.
Eliminación de barreiras arquitectónicas
Portas das entradas e saídas de seguridade e/ou emerxencia.
EQUIPAMENTO: MOBILIARIO E MATERIAL DIDÁCTICO
IMPRESCINDIBLE OUTROS
Renovación de equipamentos informáticos: ordenadores e impresoras. Imprescindibles para cada aula ó traballar por proxectos.
Dispositivos informáticos de última xeración para cada aula.
Encerados dixitais para todas a aulas Reposición das mesas do profesorado nas aulas que faltan.
Mesa de luz para cada aula.
Reposición de mobles e andeis para as aulas.
Andeis para o almacén.
Mesas para a sala de profesores. Renovación de materiais didácticos.
Bancos para as aulas.
Xogos para a zona do patio.
Pág. 23 De
23 PLAN ANUAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Ten como obxectivos :- Promover campañas cara a unha utilización axeitada e responsable da biblioteca. Contribuír á toma de conciencia do importante papel que ten a familia no fomentoda lectura. .- Promover a importancia da lectura dentro da familia como exemplo motivador. Coñecer diversos tipos de libros, textos,...fontes de información. . Valorar os libros e os distintos medios nos que atopar información para saber elixila e manexala. . Acercarnos á diversidade cultural do mundo no que vivimos para desenvolver e transmitir actitudes de respecto, tolerancia, e aprecio polas diferenzas.. Espertar a ilusión pola aprendizaxe da lectura ( prelectura). . Descubrir a lectura como fonte de inmensos valores e tamén de fonte de pracer e diversión. . Estimular a curiosidade e a creatividade. . Apoiar á adquisición das competencias básicas. - Seguir a realizar listados e guías de materiais tanto en formato impreso comodixital sobre os proxectos a traballar e procurar recursos para o uso das tablets,repartindo este traballo entre os membros de diferentes equipos.-Crear recursos e actividades para o uso dos escornabots.Contribución a adquisición das competencias básicas dende a bibblioteca:Competencia en Comunicación Lingüística para que os nenos/as sexan capacesde expresar os seus sentimentos, emocións, aprender a dialogar escoitando os demais, gozar da maxia dos contos , da poesía, da lectura dialogada,… Competencia matemática axudándolles a coñecer un pouco mellor a súa realidade máis próxima, resolver sinxelos problemas da vida cotiá,.. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico mediante proxectos de traballo que faciliten o coidado e respecto pola conservación do medio. Fomentando o pensamento científico a través da observación, a formulaciónde hipóteses,… Tratamento da información e competencia dixital facilitándolles o emprego de distintas fontes de información e comunicación de xeito continuado . Competencia social e cidadá moi presente no traballo diario: seguir as quendas, escoitar os demais, … Competencia cultural e artística dando a coñecer manifestacións culturais e valorando o folclore, as obras e expresións artísticas do entorno próximo, así como sendo autores de producións sinxelas desenvolvendo o pensamento diverxente e a creatividade. Competencia para aprender a aprender relacionando os proxectos elixidos coas lecturas realizadas, co fin de que sexan capaces de realizar aprendizaxes autónomos, funcionais e que poidan empregar cando os necesiten. Competencia en autonomía e iniciativa persoal transmitindo valores e actitudes persoais que pasan polo control emocional, a capacidade para solucionar problemas por si mesmos, a iniciativa e autonomía en propostas e actividades,… Os recursos empregados son:
Pág. 24 De
RECURSOS HUMANOS Contamos cunha coordinadora do proxecto da biblioteca , con unha Equipa de dinamización da biblioteca escolar dentro do Claustro , e unha Comisión de biblioteca dentro do Consello Escolar. Tamén mencionar a implicación e colaboración dos demais equipos (T.I.C, E.D.L.G ,Voz Natura). E fundamentalmenteas familias como axentes esenciais e colaboradores da biblioteca escolar. RECURSOS ESPACIAIS biblioteca de centro. bibliotecas de aula. espazos para visitas – exposicións. aulas con encerados dixitais.aula de usos múltiples. RECURSOS TEMPORAIS Temos establecido nos horarios de cada grupo dúas sesións semanais nas que poden utilizar a biblioteca. Ademais resérvase unha sesión para actividades intergrupais e colectivas e sesións no encerado dixital para a formación de usuarios,así como na aula de usos múltiples. Fora do horario escolar a biblioteca ábrese dous días á semana para asfamilias(consultas, empréstitos e lecer).As xornadas de portas abertas e nas de acollida para as novas familias fíxose unhasinxela explicación do funcionamento e significado para a vida do centro.Tamén seproporciona ás familias unha “Guía de uso da biblioteca”
Actividades e temporalización:
No presente curso o proxecto integral dende a biblioteca leva por título:“Ensinando a pensar a través das emocións”
PRIMEIRO TRIMESTRE Implicación dos pais e nais no proxecto lector a través da participación na recepcióndas MOCHILAS VIAXEIRAS, e implicación na CAIXA MÁXICA DA LECTURA. HORA DE LER : lectura de imaxes ,lectura sincronizada como rutina diaria. PUNTO FUNCIONAL DE LECTURA ( “O niño de Librín sae o xardín”) no patio cara a un uso educativo do mesmo. Entrega de carnets e posta en marcha do servizo de empréstitos e FORMACIÓN DE USUARIOS.Revisión do TROCOLIBRO, punto de intercambio de libros entre as familias.ESCOITAMOS COMO LES invitando mensualmente ás familias voluntarias que queiran contar ou ler un conto na biblioteca para os nenos/as. Publicación da GUIA DE USO DA BIBLIOTECA e resumen da mesma. Celebración do Día das Bibliotecas Escolares con actividades variadas, propostas pola equipa de biblioteca. Facendo extensiva a celebración a todo o mes de outubrocon actividades de guías de lectura, exposicións coa participación das familias.Recuperación de tradicións : O MAGOSTO E O SAMAÍN. CURALIBROS FAMILIAR propiciando o arranxo de libros na biblioteca cando nos atopemos con un estragado. Exposicións de libros coa temática dos proxectos a traballar nas clases.
Pág. 25 De
Para O NADAL: recuperación de tradicións en colaboración ca ANPA, exposicións, guias de lecturas e actividades de animación á lectura. SEGUNDO TRIMESTRE: Exposicións sobre a PAZ. LIBROS COLECTIVOS entre grupos, niveis ou todo o centro. Elaboración de materiais para o proxecto integral( libros, contos,murais,folletos,…). Recuperación de tradicións : O ENTROIDO, ENTERRO DA SARDIÑA. TERCEIRO TRIMESTRE: Celebración do DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL ( 2 de abril ) e do DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR. Continuación co traballo entre as bibliotecas, as familias e coas Concellerías deCultura dos Concellos facendo actividades conxuntas como “Os apadriñamentoslectores”, contacontos,... e consolidando as realizadas dentro da MICRORREDEDAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DA MARIÑA cara os meses do libro e as LetrasGalegas, intercambiando experiencias de todo tipo sempre coa implicación dascomunidades educativas, das bibliotecas públicas, librarías da zona e vecindade enxeral e coa extensión da celebración a todo o mes con teatro, dramatizacións,presentación de libros, murais, exposicións, ...
Recuperación de tradicións : “ESPERTANDO AO MAIO” en colaboración con outroscentros da zona e dentro do proxecto de Voz Natura.
Tamén participaremos na celebración do “ DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO ” e no mes de xuño da “ SEMANA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA: Tá en artes”.
SEGUIMENTO E AVALIACIÓN
AVALIACIÓN INICIAL A avaliación inicial realizase partindo da memoria do curso anterior e do repaso o inventario, catálogo en Meiga e análise das necesidades feito pola Equipa da Biblioteca. Revísanse si é necesario:
O servizo de empréstitos. Subscricións e publicacións periódicas. Necesidades de libros e materiais : tipo, porcentaxes, idades, temática dos
proxectos de traballo, idioma,materiais para o alumnado con NEAE. - Propostas do Claustro, das equipas,das familias,.. EVALIACIÓN CONTINUA O longo do curso o Equipo de Biblioteca avaliará periódicamente os obxectivos e asactividades propostas a través da observación directa e das reflexións dos membrosda Equipa e do Claustro. Tamén nas sesións de avaliación trimestrais cada nivel e cada titor do traballo feito na aula . AVALIACIÓN FINAL E SEGUIMENTO DO PROXECTO
Na memoria final revísansen os obxectivos, as actividades os recursos, a implicación da comunidade educativa e os progresos do alumnado cara adquisición de hábitos de lectura.
Pág. 26 De
24 PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC
Como obxectivos propoñemos: - Crear un novo blog da biblioteca escolar. - Procurar softwares para o noso alumnado, preferiblemente en lingua galega.
- Continuar co blog de voz natura e páxina web do centro. - Crear máis actividades para a PDI relacionadas co entorno próximo dos nenos/as e cos proxectos a traballar. - Introducir software libres e coñecementos básicos de robótica.Como contribución á adquisición de competencias básicas para o alumnado:Competencia en Comunicación Lingüística para que os nenos/as sexan capacesrecoñecer a linguaxe das novas tecnoloxías e usalo de xeito adecuado.Competencia matemática axudándolles a coñecer un pouco mellor a súa realidade máis próxima tamén a través da procura de información nos medios.Competencia no coñecemento e a interacción có mundo físico mediante proxectos de traballo que faciliten o achegamento ós medios dixitais que nos rodean.Tratamento da información e competencia dixital facilitándolles o emprego de distintas fontes de información e comunicación de xeito continuado . Competencia social e cidadá moi presente no traballo diario: seguir as quendas, adaptarse ó uso dos medios que debemos compartir.Competencia cultural e artística dando a coñecer as obras e expresións artísticasa través dos museos virtuáis e demais aplicación .Competencia para aprender a aprender facilitando, na medida das súas posibilidades, que sexan capaces de realizar aprendizaxe autónomos e funcionais través dos aparellos electrónicos.Competencia en autonomía e iniciativa persoal transmitindo valores e actitudes persoais que pasan polo control emocional, de propostas de actividades,… Como actividades ao longo do curso:
- Recompilación de recursos informáticos existentes en galego a través deinternet, facendo relación dos mesmos por idade e por temática. Despois oporemos a disposición do profesorado para traballar no recuncho doordenador de forma individualizada con cada neno/a.
- Elaboraremos máis actividades para a PDI relacionadas cos proxectos quese estean a traballar).
- Realización dun Seminario e/ou Grupo de Traballo sobre introdución ómundo dos “escornabots” dende a biblioteca escolar. Que nos propicieferramentas para traballar cos nosos alumnos dende a biblioteca con robots.
Nas aulas contamos con recuncho do ordenador para conseguir certo manexo dorato e uso de sinxelos programas adaptados as idades dos nenos/as.Os dous encerados dixitais tamén nos permiten realizar actividades de granmotivación, algunha sesión á semana, con cada grupo clase.Pero para conseguir realizar un amplo abano de actividades precisamos comorecursos:
- Máis software educativos en lingua propia.- Mais ordenadores de aula actualizados e libres de virus.- Varias tablets e impresoras por aula, incluíndo as aulas específicas.- Un encerado dixital por aula ( solo contamos con dúas).
Pág. 27 De
As normas de uso dos recursos TICs serán as seguintes: - Non introducir nos ordenadores soportes de datos (Disquetes, CD-ROM,
DVD, etc.) sin unha análise de virus previa. - Tratar o material de forma axeitada. - Comunicar os problemas dos equipos para arranxalo rápidamente.
SEGUIMENTO E AVALIACIÓN AVALIACIÓN INICIAL A avaliación inicial realizase partindo da memoria do curso anterior . Necesidades de equipos, mantemento e necesidades varias.EVALIACIÓN CONTINUA O longo do curso periódicamente os obxectivos e as actividades a través da observación directa e das reflexións do Claustro. Tamén nas sesións de avaliación trimestrais cada nivel e cada titor do traballo feito . AVALIACIÓN FINAL E SEGUIMENTO DO PROXECTO
Na memoria final aparecerán os logros conseguidos e as propostas de mellora .
25 PLAN DE FOMENTO E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
Obxectivos:
Crear unha actitude positiva cara ao emprego da lingua galega. Concienciar á comunidade educativa da importancia da conservación e
potenciación da nosa lingua. Colaborar coa ANPA do centro para que potencie o uso do galego nas
actividades que organizan e nos comunicados que envía. Fomentar a participación das familias nas actividades propostas e a
colaboración nas diferentes celebracións ou conmemoracións. Potenciar o coñecemento das festas tradicionais propias do contorno do
alumnado. Participar en actividades conxuntas con outros centros da nosa zona
educativa. Participar nas distintas actividades ofertadas polo concello, principalmente
naquelas que teñen como obxectivo prestixiar a nosa lingua e a nosacultura.
Facilitar ás familias o acceso aos recursos da rede en galego mediante aweb do noso centro e os bloques contidos na mesma.
Implicar ao profesorado no uso da lingua galega. Colaborar co equipo da biblioteca para que as actividades de dinamización
e animación á lectura impulsen o emprego do galego. Empregar unha metodoloxía encamiñada a favorecer a participación das
familias. Establecer unha coordinación cos diferentes equipos de dinamización
existentes no noso centro(Biblioteca, Actividades complementarias eextraescolares, TIC e Voz Natura) en tódalas actividades encamiñadas apotenciar o uso da lingua galega.
Pág. 28 De
Colaborar nos diferentes proxectos e plans que se desenvolven nocentro(Proxecto lector, Proxecto Plambe, Proxecto TIC, Proxecto VozNatura).
Organizar actividades complementarias que contribúan a difundir a culturagalega e que nos permitan coñecer as nosas tradicións: o Magosto, oSamaín, o Entroido, as Letras Galegas, os Maios...
Deseñar actividades conxuntas coa ANPA do noso centro. Redactar en lingua galega toda a documentación oficial do centro, as
comunicacións coas familias e coas distintas institucións públicas e privadasda nosa Comunidade.
Implicar ás familias nas actividades propostas ao longo do curso. Deseñar actividades conxuntas con outros centros da contorna. Facer propostas para a compra de material impreso e audiovisual, en galego,
para a biblioteca de centro. Elaborar xunto co equipo da biblioteca guías e recomendacións de lecturas
para os nenos/as e para as familias Facer chegar ó profesorado toda a información recibida polo EDL
Contribución a adquisición das competencias básicas :
Competencia en Comunicación Lingüística que os nenos/as sexan capaces de expresar os seus sentimentos, pensamentos e feitos de forma oral así como escoitar aos compañeiros e ós adultos cunha actitude aberta.
Competencia matemática axudándolles a coñecer un pouco mellor a súa realidademáis próxima.
Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico observando e mostrando curiosidade polos acontecementos que ocorren na natureza e na súa contorna máis próxima, sendo conscientes dos diferentes grupos sociais ós que pertencen.
Tratamento da información e competencia dixital facilitándolles o emprego de distintas fontes de información e comunicación para interpretar e completar a información relacionada con distintos aspectos cercanos .
Competencia social e cidadá moi presente no traballo diario: seguir as quendas, escoitar os demais, saudar, dar as grazas...
Competencia cultural e artística dando a coñecer manifestacións culturais e valorando o folclore, as obras e expresións artísticas, e sendo autores de producións propias, sinxelas contribuíndo o desenvolvemento do pensamento diverxente e a creatividade.
Competencia para aprender a aprender relacionando os proxectos elixidos co fin de manter o desexo de coñecer cousas novas, de explorar, manipular, facer preguntas... para adquirir novos coñecementos e aplicalos en distintos contextos.
Competencia en autonomía e iniciativa persoal transmitindo valores e actitudes persoais que pasan polo control emocional, a capacidade para solucionar problemas por si mesmos, a iniciativa e autonomía en diversas tarefas.
Actividades: Elaboración de recursos didácticos en galego para o desenvolvemento das
unidades didácticas e dos proxectos programados ao longo do curso.
Pág. 29 De
Introdución de datos na nosa web sobre as actividades realizadas epropostas polo equipo a nivel de centro no apartado de Dinamización daLingua Galega así como na páxina principal.
Envío dunha enquisa ás familias dos alumnos/as de novo ingreso sobre ograo de utilización do galego no seu contorno familiar e social.
Emprego da lingua galega de xeito ordinario en diferentes situacións da vidacotiá como saúdos, despedidas... Tamén facelo de uso habitual nos contos,cancións, rutinas...
Elaboración de material para coñecer a vida e obra do autor homenaxeadonas Letras Galegas.
Proposta para a compra de contos e material audiovisual, en galego, para abiblioteca de centro.
Elaboración de guías e recomendacións de lecturas para as familias. Escoita de contos en galego a nivel de pequeno grupo e de gran grupo. Visionado de curtametraxes e documentais en lingua galega, adaptados á
idade do noso alumnado. Colaboración nas exposicións temáticas que se fagan a nivel de centro. Celebración das festas tradicionais galegas: o Magosto, o Samaín, o
Entroido, os Maios... Fomento do galego nas celebracións e conmemoracións: o Nadal, Día da
Paz, Día do Libro... Aprendizaxe de cancións, poemas, ditos, refráns... en galego para favorecer
a competencia oral. Adaptación de contos tradicionais para a dramatización(monicreques, teatro
de sombras...). Colaboración coa equipa da biblioteca para que as actividades do proxecto
integral que leva por título “Ensinando a pensar a través das emocións”impulsen o emprego da lingua galega.
Colaboración coa coordinadora do programa Voz Natura para levar a cabo asactividades encamiñadas ao fomento do galego dentro do proxecto“Espertando ao maio ”.
Colaboración co equipo das TIC para que a lingua galega este presente naspublicacións da páxina web e nos blogs de biblioteca e de Voz Natura.
Colaboración co equipo de actividades complementarias e extraescolaresnas celebracións e conmemoracións.
Visita do alumnado doutros centros da contorna para realizar actividadesartísticas en galego que podan ser significativas para o noso alumnado.
Participación nas actividades propostas polo Concello que teñan comofinalidade prestixiar a nosa lingua e a nosa cultura.
SEGUIMENTO E AVALIACIÓNAVALIACIÓN INICIAL A avaliación inicial realizase partindo da memoria do curso anterior. Ademais do proxecto presentado para o presente curso. AVALIACIÓN CONTINUA Seguiremos o desenvolvemento dos obxectivos e as actividades a través da observación directa . Tamén das avaliacións
feitas polos membros da equipa
Pág. 30 De
AVALIACIÓN FINAL E SEGUIMENTO DO PROXECTO Realizarase unha memoria final do traballo feito.
Pág. 31 De