Download - Presentación O Camiño dos Faros
A Costa da Morte
Unha das costas máis espectaculares do mundoPaisaxes marítimos únicos e diversosHistoria e poboacións íntimamente ligadas ao mar Seu nome ten orixe na gran cantidade de naufraxios
O Camiño dos Faros• Ruta de sendeirismo de 200 kilómetros que une
Malpica con Fisterra pola beira do mar.• Un camiño que ten o mar como maior protagonista e
pasa por todos os faros e principais puntos de interés desta Costa da Morte.
• Dividido en 8 etapas diarias que se poden facer ben andando e que finalizan en poboacións con todos os servizos.
• En definitiva, unha ruta feita con sentido para que calqueira persoa ou grupo de amigos poidan recorrela pola súa conta.
Antecedentes
• Na Costa da Morte xa había un sinfín de rutas ben sinalizadas e con información en moitos soportes.
• O que fixemos os trasnos é crear unha única ruta de 200 km cunha premisa básica: que vaia sempre polo camiño máis perto da beira do mar.
– Descubrindo lugares únicos aos que só se pode chegar camiñando– Abrindo moitos camiños olvidados durante anos
O descubrimento
• ¿Seremos capaces de unir Malpica con Fisterra pola beira do mar?• Con esta pregunta e os coñecementos previos adquiridos durante a nosa vida na
Costa da Morte saímos 6 trasnos e 2 cans do Porto de Malpica o 7 de decembro de 2012.
• O que íamos ver e a descubrir non o olvidaremos na vida. • Tras varios fins de semán camiñando, chegamos a Fisterra o 19 de xaneiro do
2013.
Gran diversidade de paisaxes
• O Camiño dos Faros é unha paisaxe en cada paso• Siempre mirando ao mar e rumbo oeste.
– Faros…– Praias…– Dunas…– Ríos…– Cantís…– Bosques…– Estuarios con gran cantidade de aves…– Mares de granito…– Castros e dólmes…– Fermosas vilas mariñeiras…– Miradores a un mar que rompe de todas as formas posibles…– Solpores…
• Unha ruta de sendeirismo como poucas e que levará ao camiñante a un mundo de sensacións únicas que só pódense disfrutar nesta Costa da Morte.
Faros
• No Camiño dos Faros existen 8 faros: Sisargas, Nariga, Roncudo, Laxe, Vilán, Muxía, Touriñán e Fisterra
• Guías dos barcos e historia viva desta costa tan perigosa• Guías dos trasnos no seu camiñar, estando presentes en toda a ruta• A sua situación nos salintes permitenos ver en cada momento o que levamos
camiñado e o que nos falta por recorrer
Cantís
• Miradoiros encima do mar • Refuxio de aves que alí encontrar o seu habitat perfecto • Espacios solitarios aos que só se pode chegar andando e que, en moitos casos,
non existían en rutas de sendeirismo
Mares de granito
• A Costa da Morte é agreste e dura, é un mar de granito • Granito cunha tipoloxía que vai variando ao longo da ruta• Rochas inmensas e das máis variadas formas
Praias
• No Camiño dos Faros hay 50 praias de tódolos tipos e tamaños• Orientadas ao mar aberto ou na tranquilidade das rías • Complexos dunares vírxes e moi ben conservados • Acolledores piñeirais que son a parada perfecta no camiño• Regatos que desembocan nun mar cheo de vida
Ríos
• Galicia é o país dos mil ríos• No Camiño dos Faros encontrámonos cunha multitude de ríos e regachos
que buscan a costa na súa desembocadura• Mixtura de auga dulce e salgada que provoca unha gran actividade
marisqueira e outro paisaxe diferente para o sendeirista
Estuarios
• Estuarios que son o ecosistema ideal para moitas aves• Cheos de vida animal e unha parada obrigatoria nas longas migracións• Espacios de gran valor e cun gran potencia para o turismo ornitolóxico
Bosques
• Espesos bosques de onde sairon os trasnos• Bosques de piñeiros, eucaliptos e especies autóctonas• Son o pulmón do camiño e outra paisaxe diferente
Restos arqueolóxicos
• Historia viva do Camiño dos Faros• Castros e dolméns perfectamente conservados e que nos dan unha
idea da forma de vida de nosos antepasados
Fermosas vilas mariñeiras
• Poblacións fermosas e cheas de vida• Puntos clave que son os mellores finais de etapa• Xentes que desfrutan coa chegada dos trasnos• Vilas cunha gran riqueza gastronómica
A decisión
• Durante o camiño do descubrimento íbamos dándonos conta do tremendo potencial da ruta que estábamos facendo.
• A pregunta era obvia: ¿contámolo ou gardamo-lo segredo?• Quedamos tan alucinados o que sentimos e do que vivimos que
a resposta foi unánime: decidimos contalo
Claves do Camiño dos Faros
• A ruta é unica, indescriptible, das mellores de España• Enorme diversidade de paisaxes que se suceden continuamente• Entorno virxe, sen edificacións• Paisaxes que se renovan e varían 365 días ao ano• Miles de sensacións que non se poden explicar con palabras
As etapas• Dividido en 8 etapas cunha media de 25 kilómetros que
se poden facer en 8-9 horas camiñando– 1ª etapa: Malpica-Niñóns (23,5 Km)– 2ª etapa: Niñóns-Ponteceso (29,5 Km)– 3ª etapa: Ponteceso-Laxe (26,5 Km)– 4ª etapa: Laxe-Arou (17 Km)– 5ª etapa: Arou-Camariñas (23 Km)– 6ª etapa: Camariñas-Muxía (32 Km)– 7ª etapa: Muxía-Nemiña (24 Km)– 8ª etapa: Nemiña-Fisterra (26 Km)
• Cada etapa finaliza en poboacións costeiras con todos os servizos (aloxamento, restauración, etc)
Os trasnos• Traski é a personaxe creada para esta aventura e trasnos son todos os que fan
polo menos unha etapa enteira do Camiño dos Faros• A través do Facebook convocamos á xente para que nos seguira • O 28 de Abril do 2013 saímos de Malpica 23 personas• Ao rematar esa etapa xa se convertiran en trasnos
A evolución• Dende o 28 de Abril do 2012 ata hoxe miles de trasnos non pararon
de seguirnos – Chegados de toda Galicia e incluso de fora dela– Os primeiros trasnos entenderos perfectamente o que queríamos
transmitir• Redes sociais e boca a boca
– O Facebook converteuse na mellor arma: os luns despois de cada etapa os seus muros enchíanse de fotos da ruta
– O boca a boca comenzaba… a bola de neve xa estaba creada…• Sen ánimo de lucro
– A falla de intereses personais provocou que a implicación de todos eles fora máxima.
• O trasnos exploradores abrimos camiño e arriscamos moito– Calqueira problema, accidente ou imprevisto íbanos a traer problemas. – Pero tivemos a sorte do trasno… non pasou nada malo e entre todos
conseguimos formar unha familia que, do primeiro ao último, axudounos para que esto fora un éxito.
Asociación O Camiño dos Faros• Ao finalizar a segunda edición crease a asociación para poder
organizar mellor as etapas e minimizar os riscos. • O fin principal desta asociación é que O Camiño dos Faros exista
e o faga moita xente co máximo respeto á natureza. – Creación dunha asociación moi participativa, pública e totalmente
transparente (todos os datos online):• Aportando cada membro da asociación un pouco do que sabe facer• Implicando a toda A Costa da Morte sen distincións de ningún tipo.• Usando ferramentas de participación como Facebook, etc,.
– Proxecto sen ánimo de lucro, colaborativo e lowcost. – Concienciar e defender que este tramo de Costa da Morte debería
permanecer para sempre libre de calqueira especulación para que todos o poidamos desfrutar como está agora
– Fomentar e apoiar calqueira iniciativa tanto pública como empresarial que cumpra o fin principal da asociación.
– Promocionar a ruta en todolos ámbitos seguindo esa filosofía lowcost e máxima eficiencia
Unha marea de trasnos
0100200300400500600700800
Etapa 1 Etapa 2 Etapa 3 Etapa 4 Etapa 5 Etapa 6 Etapa 7 Etapa 8
1ª Edición2ª Edición3ª Edición
1ª Edición – 49,3 trasnos de media2ª Edición – 112 trasnos de media3ª Edición – 462 trasnos de media
Trasnos de toda Galicia, Asturias, León, Granada, Burgos, Valladolid, Tarragona,…Trasnos de España, Portugal, Francia, Italia, Suiza, Alemania, Irlanda, Polonia, Ucrania, Argentina, Uruguay, Brasil, Chile, Estados Unidos, Angola, Camerún…
Preparación Etapas• Camiño
– Acondicionamento do camiño (desbroces e marcas)• Promoción
– Promoción da etapa en redes sociais e medios• Intendencia
– Acordos con bares, aloxamentos, transporte e charlas• Briefing previo para o control da etapa
– Ubicación de trasnos-guías– Coches de Seguridade– Sinalización de cruces compricados ou perigosos
As charlas• O Camiño dos Faros é un camiño con moita historia• As charlas de xente especializada danlle un plus moi interesante á ruta
– Suso Lista (actor e escritor)– José Luis Rabuñal (ornitólogo)– Lito Eiroa (guía do Castro de Borneiro)– Mercedes Martín (presidenta fundación MAN)– Rafael Lema (historiador especialista en naufraxios)– Cristina Fernández (fareira de Cabo Vilán)– Alexandre Nerium (Museo do Mar de Fisterra)
Outras actividades
Curso de Fotografía•Teoría e práctica no Camiño dos Faros
Pre-etapas •Visitas en profundidade a os pobos•Actividades culturais
Traskiband•Grupo musical formado por trasnos
Protección medioambiental• Rede Natura
– O camiño discurre na sua maior parte por sendeiros de rochas e outros que non teñen ningún problema.
– A pegada que deixamos os trasnos neles é prácticamente nula.• Lugares de maior protección: dunas da Barra de Ponteceso e a duna de
Monte Branco (Camariñas) – Compromiso entre o cuidado e o seu disfrute atravesándoos en fila india polo
camiño marcado e minimizando en todo o posible a nosa pegada. – Realizamos estudios antes e despois de cada etapa– Informamos dos lugares sensibles antes de empezar e establecemos controis
cando os pasamos. • O mellor patrimonio da Costa da Morte
– Un dos obxectivos da asociación é concienciar que este tramo de Costa da Morte é unico e que debería permanecer para sempre libre de calqueira especulación para que o poidan desfrutar os netos dos nosos netos tal como está agora
Publicacións• Web www.caminodosfaros.com
– CSS Wordpress– Responsive: pódese ver perfectamente en todos os dispositivos
• Facebook Traski e O Camiño dos Faros (máis de 8000 fans)– Xestión de eventos– Feedback cos trasnos– Promoción
• Tracks actualizados en wikiloc• Libro (en preparación)• Reportaxes fotográficos profesionais• Vídeo presentación (máis de 10000 visitas)• Trípticos que se reparten nas poboacións da Costa da Morte e nas
feiras as que asistimos
Presencia nos medios• Prensa Escrita Nacional e Internacional
– El Viajero de El País– Revista Ronda de Iberia– Revista Viajar– Revista Expresso– Revista Trotamundos
• Radio– Radio Nacional (co Ciudadano García e Gente Despierta)– Radio Exterior de España (programa Travesías)– Radio Euskadi (La Casa de la Palabra)– Intervención semanal en Radiovoz Galicia
• Televisión– Reportaxe de 10’ en Vivir Aquí da TVG
• Presencia continua durante as ediciones en medios rexionais e locais (prensa escrita, radio, blogs, etc)
Promoción• Colexios e Institutos
– Charlas explicativas. Proxección do video e coloquios– Planificación e execución de rutas
• Colectivos e clubes de sendeirismo– Moitos xa fixeron a ruta ou algunha etapa
• Presencia en Feiras de Turismo
Apoio da Costa da Morte• Apoio total da sociedade da Costa da
Morte.• Proxecto feito con moita ilusión e eso a
xente o percibe. • Pouco a pouco tamén se implican os
concellos colaborando nas pre-etapas (salas de proxección, técnicos de turismo,…)
Financiamento
• Proxecto low-cost. – O Camiño está ahí e é gratis
• Non pedimos ningunha subvención• Os ingresos proveñen de:
– Aportación dos socios (10 euros/ano). Nestes momentos somos 600 socios
– Venta de Merchandising
Impacto socioeconómico• O Camiño dos Faros é moi importante
para toda a comarca– Fomenta o desenrolo local– Promociona o patrimonio histórico, cultural e
artístico da zona• Beneficios para aloxamentos, hostelería,
supermercados, transportes, etc…• O seu coste é prácticamente cero
O futuro• ¿Qué lle pedimos ás administracións?
– Que sexan os promotores dun Sendeiro GR (sendeiro de gran percorrido) que aparecería en todas as guías especializadas e obriga a manter o sendeiro no futuro.
• O máis importante: manter aberto o camiño– Traballo continuo de desbroce en algúns tramos– Marcalo con hitos permanentes e frechas– Non deturpalo: deixar as sendas existentes e non intentar
melloralas (anchealas ou meterlle zahorra)• Promocionalo como un destiño de natureza• Implicación máxima da comarca (non hai mellor
ferramenta de marketing)– O Camiño dos Faros non é dos trasnos, é un patrimonio de toda
A Costa da Morte, e de todos depende asegurarlle o futuro.