Download - Pratos de polbo
Elaboración artesanal dos pratos de polbo
A nosa materia prima é fundamental
Unha vez cortadas as árbores, e despois dun
longo proceso convértense en táboas.
As táboas de piñeiro cun 15 % de humidade pásanse por
un regroso ou cepilladora, por unha soa cara para que
queden lisas e se poidan marcar.
Estas táboas vanse marcando coas plantillas
de distintos tamaños intentando eliminar os nós
e outros faios.
Despois córtanse a medida na serra de cinta.
Os trozos da táboa vólvense cortar en forma
hexagonal.
Colócase a táboa no torno, o torneiro colle a
ferramenta adecuada para comezar o proceso.
As mans do torneiro son esenciais para facer
un bo traballo.
As xubias e as trenchas son ferramentas
esenciais para facer este traballo.
As novas tecnoloxias forón acabando coa
artesanía.
O traballo artesán perdeuse, son as máquinas
as que se encargan de facer o traballo.
Coidemos a nosa natureza é esencial para a vida
RUBÉN MÍGUEZ BALTAR curso 2010-11
IES Nº 1 da Estrada