-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 1 de 69
P.E.P.R.I.
Excmo. Concello de O Barco de Valdeorras
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA
INTERIOR DO CASCO ANTIGO
ANEXO ENQUISA A FAMILIAS
APROBACIÓN DEFINITIVA Abril 2009
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 2 de 69
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS.
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR.
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 3 de 69
INDICE
1. .... ENQUISA A FAMILIAS DO CASCO VELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS 4 1.1. INTRODUCIÓN 5
1.2. A CONFECCIÓN DA ENQUISA. 5 1.2.1. O CONTIDO DA ENQUISA. 5 1.2.2. A FORMA. 5 1.2.3. A FIABILIDADE DOS RESULTADOS. 6
1.3. OS RESULTADOS BÁSICOS DA ENQUISA. 6 A. CARACTERISTICAS FAMILIARES (PREGUNTAS: A01, A02, A03, A04, A05, A06, A07, A08, A09, A10, A11, A12 E A13) 6 B. REXIME DE TENENCIA DA VIVENDA (B01, B02, B03, B04, B05 E B06) 8 C. OS USOS DA VIVENDA (PREGUNTAS: C01, C02, C03 E C04) 8 D. OPINIÓNS SOBRE A VIVENDA (D01, D02, D03, D04, D05, D06 E D07) 9 E. MOBILIDADE (E01, E02, E03, E04 E E05). 9 F. OPINIÓNS SOBRE O CASCO HISTÓRICO (F01, F02, F03, F04, F05, F06, F07 E F08) 10
2. .... ANEXO I: MODELO DE ENQUISA 11
3. .... ANEXO II: RESULTADOS E GRÁFICOS 18
4. .... ANEXO III: RESPOSTAS 37
5. .... ANEXO IV: DISTRIBUCIÓN DAS ENQUISAS POR RÚAS E COUZADAS 67
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 4 de 69
1. ENQUISA A FAMILIAS DO CASCO VELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 5 de 69
1.1. INTRODUCIÓN
Un labor ordenador en calquera ámbito espacial habitado e cargado de historia, máxime se a ordenación supón ter en
conta aspectos de protección e posta en valor de elementos de interese cultural que se atopan nese espazo, require -
sempre que se poida acometer- a obtención da máxima información sobre das necesidades e arelas da poboación que
alí vive, que alí mora, traballa, estuda ou gorenta do lecer.
Por máis que no Casco Vello do Barco (e por sorte) existe unha moi dinámica Asociación de Veciños, e que esta
asociación teña amosado moito interese porque se realice o Plan Especial de Protección, o equipo redactor do dito plan
entendemos como necesaria a realización dunha enquisa ás familias que moran no ámbito do conxunto declarado, para
termos un coñecemento, aínda máis cabal, das necesidades, desexos e aspiracións dos que o habitan; para vincular os
moradores deste ámbito coa tarefa da súa recuperación e revitalización. Con este obxectivo elaborouse a mencionada
enquisa que se pasou ao total de familias e que tivo, en xeral, unha boa acollida nos habitantes habituais do Casco Vello
(só foi rexeitada por 3 familias). Os bosquexos e resultados obtidos da devandita enquisa recóllense de seguido.
1.2. A CONFECCIÓN DA ENQUISA.
1.2.1. O CONTIDO DA ENQUISA.
Para a realización do Plan Especial, a maiores dos datos físicos, esencialmente arquitectónicos e urbanísticos,
relativos especialmente ao exterior dos edificios e con menos incidencia sobre o que acontece dentro deles, era
preciso saber máis cousas sobre os trazos esenciais das persoas (as familias) que desenvolven as súas vidas no
escenario do Casco Vello do Barco. Saber cantos son, como son, que fan, a que destinan a vivenda, de que
viven, de que nivel de ingresos dispoñen, que opinan sobre o propio escenario, que valoran máis,....
Xa que logo, a enquisa deseñouse en diversos apartados, seis en total; a saber:
a) Características familiares.
b) Réxime de tenencia da vivenda
c) Usos da vivenda
d) Opinións sobre a vivenda.
e) Mobilidade.
f) Opinións sobre o Casco Histórico
1.2.2. A FORMA.
Para dimensionar adecuadamente a enquisa, ou sexa para poder tirar os datos desexados sen estender en
demasía o contido e, polo mesmo, o tempo preciso para a elaboración de cada enquisa, optouse por un
deseño de preguntas no que se combinan:
- preguntas directas cuantitativas: as respostas son unha cantidade
- preguntas directas con resposta simple: unha opción de resposta única fronte a diversas opcións
previamente deseñadas
- con preguntas directas con posibilidade de respostas múltiples: varias respostas posibles de entre un feixe
maior de opcións igualmente creadas con carácter pechado.
O modelo de enquisa figura como Anexo nº 1 ao presente capítulo, os resultados e gráficos como Anexo nº 2 e
as respostas como Anexo nº 3 ao dito capítulo.
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 6 de 69
1.2.3. A FIABILIDADE DOS RESULTADOS.
En principio, e dado o cativo tamaño do universo previsible, que só acada 178 parcelas no ámbito do casco
histórico, pensouse na comenencia de bosquexar unha identidade entre universo e mostra; ou sexa de realizar a
enquisa á totalidade das familias que viven no ámbito do Plan Especial.
Os datos reais indican que das 178 parcelas existentes no ámbito do casco vello do Barco están construídas 159
(3 en ruínas e 16 valeiras), que dan lugar a 231 vivendas, dentro destas só están habitadas 150, estando as 81
restantes deshabitadas.
Logo de dúas permanencias no Casco do Barco, cunha semana de diferenza, realizando enquisas, e despois de
comprobar a case absoluta imposibilidade de poder aumentar o número das materializadas (66), entendemos
que a porcentaxe destas (mostra) sobre do teórico total (universo), era abondo significativa como para garantir
unha fiabilidade dos resultados
Para comprobar o preciso do aserto, recorremos á comparanza entre os datos extrapolables da enquisa e os
reais de que se podía botar man. O que nos pareceu máis significativo para a comprobación foi o volume da
propia poboación. Vexamos:
De acordo co censo de poboación do ano 2006, a poboación residente no ámbito espacial do Plan Especial
(ou sexa, a que vive dentro do perímetro do Casco Vello), ascende a 350 habitantes. Extrapolando os datos da
enquisa as 66 familias preguntadas representan a un total de 221 habitantes (186 habitantes presentes e 35
ausentes), ou sexa 129 habitantes de diferenza respecto do censo, aplicando a fórmula para o cálculo da
porcentaxe de erro, que é:
E = [(N-n) / (N-1) n]1/2 x 100
Sendo "E" o nivel de erro máximo, "N" o universo (aquí, 350) e "n" = a mostra (221).
Dando valores, temos:
E = [(350-221) /(350-1)221]1/2 x 100 = 4,08
Xa que logo, cunha marxe de erro inferior ao 5% podemos considerar que os datos aportados pola esculca entre
as familias do Casco Histórico do Barco son ben representativos e que, polo mesmo, cabe tirar conclusións dos
seus datos extrapolados, sabendo que serán substancialmente válidos.
1.3. OS RESULTADOS BÁSICOS DA ENQUISA.
Os resultados tirados da explotación da enquisa (Anexo nº 2 ao presente capítulo) pódense sintetizar como segue:
A. CARACTERISTICAS FAMILIARES (preguntas: A01, A02, A03, A04, A05, A06, A07, A08, A09, A10, A11, A12 e A13)
1.- Tamaño familiar (pregunta A01)
De acordo coas respostas dadas á pregunta A01, o tamaño familiar medio é de 3,348 unidades por familia
(221/66); este resultado contradí os datos da Memoria Informativa 2,33 unidades por familia (resultado de
dividir as vivendas habitadas entre o número de habitantes). Os datos poden estar deturpados en dúas
direccións: por un lado é posible que ao responder á enquisa consideren membros da familia a familiares
non censados o que aumenta o tamaño familiar. Posiblemente se axusten máis os datos das respostas á
pregunta A02 (nº de membros da familia que habitan a cotío) de 2,818 unidades por familia (186/66), con
todo segue sendo superior. A outra desviación pode vir da posibilidade de que haxa persoas non censadas
en vivendas habitadas. Cremos que podemos considerar como dato máis axustado da media familiar o que
corresponde a 2,818 unidades por familia. Como se pode apreciar, trátase dun tamaño familiar
excesivamente pequeno, que evidencia unha poboación envellecida.
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 7 de 69
2.- Residencia (preguntas A02, A03 e A04).
O 82,80% (183 de 221) dos activos poboacionais do casco histórico (pregunta A02) residen nel. Fica ausente
un 17,20%. (38 de 221)
Das 66 unidades familiares enquisadas (pregunta A03) 47 (71,21%) non teñen ningún membro da familia fóra;
só un 28,79% teñen algún familiar fóra do Casco Vello do Barco
Dos que residen fóra (pregunta A04), o 66,66% fican na comunidade autónoma dos cales a metade
(30,30%) non se moven do concello e un 12,12% da comarca; un 24,24% emigra ao resto de España e só o
6,% emigra a Europa.
3.- A actividade da poboación (preguntas A05, A06, A07 e A08).
A taxa de actividade da poboación (A05) é mais ben baixa. Só teñen a consideración de activos un de
cada tres veciños (ó 36,,61%). Esta porcentaxe é resultante da proporción entre persoas que viven a cotío e
traballan (pregunta A05) sobre persoas que viven a cotío (pregunta A02); é dicir 67/183 x 100 = 36,61.
É un dato a ter en conta o feito de que máis dun terzo das familias (pregunta A05) (25/64 x 100 = 39,06%) non
ten a consideración de pertenza á poboación activa ningún dos seus membros.
Esta situación evidencia, outra vez, a condición de ancianidade acusada da poboación, pois un 48,70 % do
total dos inactivos (A08) aparece como xubilado ou pensionista. Pero aínda é peor o dato se temos en conta
que os inactivos que declaran estar en "outras situacións" e “discapacitados”, a maioría son persoas
igualmente maiores.
Verbo dos sectores produtivos nos que se ocupa a poboación activa (A06), máis da metade (53,73%)
traballa no sector servizos (sanidade, comercio, administración, etc) e unha cuarta parte (26,87%) na
industria (maioritariamente nas fábricas de pizarra) o resto (menos do 20%) distribúese entre a construción, o
agro e outros.
4.- Nivel de adscrición ao núcleo (preguntas A09, A10, A11 e A12)
Hai que salientar o feito de que só un 25,76% dos habitantes do casco vello do Barco viven nel de toda a
vida mentres que máis da metade (56%) instaláronse nel a partir de 1981, dos cales a metade fíxoo na
década dos noventa. Esta reocupación do Casco nos últimos 25 anos, débese a tres fenómenos distintos que
corresponden con distintos sectores de poboación:
1) parellas mozas que valoran o atractivo de rehabilitar casas con encanto situadas nunha zona privilexiada
da vila.
2) Xubilados no rural, do contorno comarcal, que se instalan no Casco Vello onde poden acceder a unha
vivenda barata (aínda que en malas condicións) e vivir nunha vila que lle proporciona unha serie de
equipamentos (sobre todo sanitarios) que no rural non teñen e
3) Inmigrantes que teñen acceso a unha vivenda de aluguer máis barata que no resto da vila.
A pesares de que só o 25% da poboación vive no Casco de toda a vida podemos dicir que o nivel de
adscrición ao núcleo é forte; só o 3% ten pensado deixar de vivir nel fronte a un 89% que non pensa en irse;
a este nivel de adscrición importante, para acometer calquera proxecto, das familias que teñen o seu
proxecto vital vinculado a este espazo súmase o vínculo histórico de recoñecemento e autorrecoñecemento
do espazo como algo que transcende aos individuos e que vén de lonxe xa que a maioría dos que se
instalaron nel proceden do municipio ou doutra casa do mesmo Casco.
Por último hai que dicir que só o 3% % das familias do núcleo ten pensado deixar de vivir aquí; xa que logo, os
problemas demográficos do Casco Histórico do Barco non han vir como resultado de procesos migratorios,
senón polo envellecemento da súa poboación.
É un feito positivo a valorar altamente, esa inequívoca vontade de permanecer no núcleo dos que xa viven
nel, e de ir vivir a el por parte de xentes que viven no contorno comarcal.
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 8 de 69
5.- O nivel de ingresos (A13).
De acordo cos datos subministrados polas persoas entrevistadas (que, contra o que adoito acontece cando
se pregunta sobre esta cuestión contestaron masivamente á enquisa), o nivel medio de ingresos familiares
sitúase arredor dos 1.100 euros/mensuais.
Sabemos que fronte dunha consulta deste tipo as respostas soen situarse por baixo da realidade. E isto
esencialmente, por dúas razóns: a) porque hai unha tendencia xeneralizada a rebaixar cando un ten que
dicir o que gaña, por aquilo de que non vaia a ser que logo veñan as consecuencias negativas con
impostos ou causas así; e b) porque á hora de precisar os ingresos de todos os compoñentes da familia, e por
todos os conceptos, sempre se adoita esquecer algunha partida percibida de forma non periódica.
As desviacións sobre da renda familiar declarada adoitan non baixar do 20 %. Se isto se aplica ao caso que
nos ocupa, habería que corrixir a cifra para situala arredor dos 1.300 euros/mes.
Agora ben, as medias non deixan de ser un simple indicador estatístico xeral que neste caso concreto
desvíanos da situación real da maioría da poboación xa que os datos extremos están moi separados entre si
e teñen unha participación bastante importante no conxunto (o 22,73% cobran menos de 600
euros/mensuais e o 9,09% cobran máis de 2.100 euros/mensuais). A desagregación por grupos de rendas
ofrécenos unha visión máis clara de cal é a situación real do nivel de renda familiar e polo tanto do poder
adquisitivo da poboación do Casco Vello do Barco; o grupo máis numeroso (22,73% do total) declara unhas
rendas inferiores a 600 euros/mes que, de acordo coa pirámide de poboación corresponde cos maiores de
65 anos e co importe da pensión mínima de xubilación e/ou incapacidade. Máis da metade (57,58%)
declara rendas inferiores a 1.200 euros/mes
Non é, dende logo a renda que adoita corresponder a unha poboación urbana, pero tampouco se
corresponde co que é corrente nos medios rurais onde o peso da economía agraria é aínda forte. Nisto,
como non podía ser doutro xeito, reflíctese esa situación a cabalo entre o rural e o urbano que caracteriza a
poboación do Casco Vello do Barco.
B. REXIME DE TENENCIA DA VIVENDA (B01, B02, B03, B04, B05 e B06)
Como adoita acontecer nas pequenas vilas vinculadas ó medio rural, a edificación que acolle a vivenda é
propiedade de quen nela vive (87,88 % do total).
O aluguer só afecta a 3 vivendas (ó 4,55 % do total dos enquisados), das cales 2 foron alugadas despois do ano 2000.
A renda pagada polo aluguer, segundo manifestan os propios arrendatarios entrevistados, sitúase entre 90 e 200
euros/mensuais para as vivendas alugadas no presente decenio; son alugamentos máis baixos ós do resto da vila que
se corresponden co mal estado das vivendas alugadas.
A opción de alugar, iniciada nesta década, asómase como unha tendencia cara o futuro, protagonizada por
inmigrantes e, polo mesmo, non sería raro que na próxima década a porcentaxe de vivenda en aluguer aumentase;
de feito, calquera política de axuda á rehabilitación de vivendas vai levar parella a posta no mercado da vivenda
de aluguer de moitos edificios hoxe baleiros, por non se atopar en condicións de seren alugados.
Con todo, o nivel de intervención fundamental, e dado o nivel de adscrición que os seus habitantes teñen co Casco,
pasa pola rehabilitación para o propio uso dos propietarios; este criterio impleméntase, coa pequena porcentaxe
que lle corresponde, polo feito que 2 das 5 familias que non teñen unha relación de propiedade coa súa vivenda
estarían dispostas a mercalas aínda que por un prezo inferior ós 25.000 euros.
C. OS USOS DA VIVENDA (preguntas: C01, C02, C03 e C04)
A pesares de que a maioría das edificacións onde residen as familias do Casco Vello do Barco, hoxe en día, ten no
uso residencial un uso exclusivo (66,67% do total), aínda se conserva unha porcentaxe importante (30,30%) onde se
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 9 de 69
compaxinan outros usos, onde se desenvolven actividades que perduran ao longo do tempo a pesares do
abandono e deterioro sufrido na segunda metade do século pasado e antes dos anos oitenta.
Este 30,30%, que compaxina o uso residencial con outros usos, distribúese do seguinte xeito segundo a actividade:
comercios (13,14 %), bares (9,09%), talleres (1,52%) e outros usos (6,06%).
Para tentar indagar por onde poden ir as cousas no futuro respecto dos usos da edificación, preguntouse á
poboación se abordaría cambios, no senso de diversificar a utilización do edificio onde se ten a vivenda, e a resposta
reflectiu que nun 21,21% das edificacións se abordarían eses cambios.
A distribución que se faría entre os novos usos previstos (se é que tal cousa se chegase a autorizar pola normativa
urbanística do Plan) sería:
Nun 35,29 % dos casos: para usos comerciais (sen especificar).
Nun 11,76 % dos casos para usos hosteleiros (bares).
E, nun 29,41 % para outros usos (sen especificar cales).
D. OPINIÓNS SOBRE A VIVENDA (D01, D02, D03, D04, D05, D06 e D07)
1) Como elementos positivos son a tranquilidade e estar ben soleada as condicións máis valoradas da
vivenda por parte dos usuarios. A metade das familias (50%) coinciden en valorar como tranquila a súa
vivenda e unha de cada tres (33,33%) o feito de estar ben soleada. Chama a atención que, a pesares de
non ser moitos os edificios rehabilitados, máis dun terzo das familias (34,85%) responden que lles gusta todo,
fronte a só un 4,55% que afirma non gustarlles nada. No resto das valoracións hai menos consenso: está ben
ventilada (16,67%), é confortable (13,64%), ten un encanto especial (12,12%) e ten habitacións grandes
(9,09%).
2) Como elemento máis negativo da vivenda propia, os entrevistados sinalaron a carencia de garaxe
(coinciden o 27,27% dos enquistados), seguido da humidade (22,73%) e do feito de estar moi vella (15,15%);
a máis distancia do consenso valóranse negativamente outras características da vivenda como: falla de luz
(7,58% das consultas), habitacións pequenas e/ou distribución (7,58%), demasiado pequena (3,03%). Chama
a atención que a maior porcentaxe (40,91%) dos entrevistados prefire non definirse nas características
negativas e un afortunado 7,58% corresponde con familias plenamente satisfeitas das características da súa
vivenda.
3) Sobre a previsión de acometer obras de mantemento, reforma e/ou reestruturación da vivenda hai que
consignar que teñen esa intención o 37,88 % dos propietarios, pero tamén hai que salientar que no 52 % dos
casos, nos que se manifestou a vontade de obrar, só se acometerán as obras se hai axudas ou subvencións
públicas e un 28% cando teñan cartos. Os problemas económicos parecen o principal impedimento para
realizar reformas e/ou rehabilitar a vivenda xa que tamén un 51;35% dos que non teñen pensado facer
obras é por problemas financeiros.
4) Para distribuír o tipo de obra que se ten "in mente", preguntouse aos usuarios se tiñan necesidade de maior
superficie para vivenda ou para outros usos a desenvolver no edificio.; a resposta foi negativa no 71,21% dos
casos. Xa que logo, parece ser que non é unha maior capacidade volumétrica dos continentes edificatorios
o que polo común precisa a veciñanza de o Casco Vello de O Barco de modo xeneralizado
Os destinos concretos de novas superficies, en realidade, repártense para todo tipo de pezas dunha casa:
máis habitacións, cociña maior, mellores aseos, espazo para aparcadoiro, etc.
E. MOBILIDADE (E01, E02, E03, E04 e E05).
1) O 31,82% das familias entrevistadas non posúe coche privado; contan con este medio de transporte o
68,18%. das familias. De acordo co número de vehículos existente, os ratios de coches por vivenda son: 1
(66/66) por cada familia do Casco Vello e 1,46 (66/45) coches por cada casa onde si posúe este medio de
transporte.
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 10 de 69
2) Só posúen garaxe para abeirar o coche propio o 36,07 % dos propietarios de coche(s). Un 18,03 % garda o
vehículo en garaxes alleos. E a proporción máis alta deixa o coche en rúas ou prazas (39,34 %).
3) Dos que non teñen garaxe propio manifestan ter problemas de aparcadoiro máis da metade (62,79%),
practicamente 2 de cada 3 familias.
4) Chama a atención que o 71,21% % das familias entrevistadas se pronuncie a favor da creación dun
estacionamento público no núcleo ou nas proximidades del e só un 3% se manifeste en contra.
F. OPINIÓNS SOBRE O CASCO HISTÓRICO (F01, F02, F03, F04, F05, F06, F07 e F08)
1) A maioría das familias entrevistadas (65,15%) considera que a altura dos edificios é axeitada; do resto, é
maior a porcentaxe dos que consideran que a altura é excesiva (16,67%) fronte ós que considera que é
pouca (9,09%). En canto ás valoracións extremas altura moi excesiva ou moi pouca equiparanse e
apenas son significativas (1,52% do total).
2) A valoración da cantidade de edificacións interesantes existentes no ámbito do Casco Vello
distribúese maioritariamente (56,06%) entre algunhas (34,85%) e bastantes (21,21%).
3) En canto ós aspectos que afectan máis negativamente ao Casco, o maior consenso atópase en valorar
negativamente os vehículos estacionados e/ou en tránsito (45;45%), o aspecto das fachadas (40,91%) e
a ausencia de espazos públicos (34,85%)
4) Consecuentemente coas respostas á anterior pregunta consideran necesarias, (cunha alta porcentaxe
de consenso), as seguintes intervencións: en primeiro lugar (71,21%) as axudas á limpeza e restauración
de fachadas, cun 34,85% as axudas á rehabilitación interior, un 33,33% a pavimentación de rúas e
prazas, un 28,79% a construción de aparcadoiros e un 25,76 % as axudas a implantación de negocios.
5) En canto ós valores que ofrece agora mesmo o Casco Histórico existe un amplo consenso en valorar
positivamente ter un ambiente tranquilo (78,79%) e polas súas vistas (33,33%).
6) As respostas á pregunta que valores se deberían potenciar?, (F06) confirman e validan a pregunta F04,
xa que os valores elixidos (escena urbana/fachadas, zona comercial, aparcadoiros, vivendas de
calidade) están en consonancia coas liñas de intervención sinaladas.
7) A pesares de que a autodiagnose da situación vital actual do Casco Histórico non é moi optimista;
preto da metade das familias que nel habitan valoran a situación como mala (22,73%) ou moi
deteriorada (27,27%) e un 30% non pasa de considerar a situación como regular, as respostas dadas á
pregunta de cómo se contempla o porvir son, en xeral, moderadamente optimistas:
- un 43,94 % responde: "Ben".
- Un 19,70 % responde: "Regular".
É, pois, esta unha característica moi a ter en conta: a poboación do Casco Vello do Barco está
moderadamente ilusionada, de xeito maioritario, co futuro deste ámbito territorial. E esta é unha premisa
non suficiente pero si necesaria para encarar calquera proxecto de futuro..
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 11 de 69
2. ANEXO I: MODELO DE ENQUISA
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 12 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 13 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 14 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 15 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 16 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 17 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 18 de 69
3. ANEXO II: RESULTADOS E GRÁFICOS
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 19 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 20 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 21 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 22 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 23 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 24 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 25 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 26 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 27 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 28 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 29 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 30 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 31 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 32 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 33 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 34 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 35 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 36 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 37 de 69
4. ANEXO III: RESPOSTAS
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 38 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 39 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 40 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 41 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 42 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 43 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 44 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 45 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 46 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 47 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 48 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 49 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 50 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 51 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 52 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 53 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 54 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 55 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 56 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 57 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 58 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 59 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 60 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 61 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 62 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 63 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 64 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 65 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 66 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 67 de 69
5. ANEXO IV: DISTRIBUCIÓN DAS ENQUISAS POR RÚAS E COUZADAS
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 68 de 69
-
CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR
Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 69 de 69
ANEXO ENQUISA A FAMILIASINDICE1. ENQUISA A FAMILIAS DO CASCO VELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS1.1. INTRODUCIÓN1.2. A CONFECCIÓN DA ENQUISA.1.2.1. O CONTIDO DA ENQUISA.1.2.2. A FORMA.1.2.3. A FIABILIDADE DOS RESULTADOS.
1.3. OS RESULTADOS BÁSICOS DA ENQUISA.A. CARACTERISTICAS FAMILIARES (preguntas: A01, A02, A03, A04, A05, A06, A07, A08, A09, A10, A11, A12 e A13)B. REXIME DE TENENCIA DA VIVENDA (B01, B02, B03, B04, B05 e B06)C. OS USOS DA VIVENDA (preguntas: C01, C02, C03 e C04)D. OPINIÓNS SOBRE A VIVENDA (D01, D02, D03, D04, D05, D06 e D07)E. MOBILIDADE (E01, E02, E03, E04 e E05).F. OPINIÓNS SOBRE O CASCO HISTÓRICO (F01, F02, F03, F04, F05, F06, F07 e F08)
2. ANEXO I: MODELO DE ENQUISA3. ANEXO II: RESULTADOS E GRÁFICOS4. ANEXO III: RESPOSTAS5. ANEXO IV: DISTRIBUCIÓN DAS ENQUISAS POR RÚAS E COUZADAS