PELÍCULAS AMBIENTADAS NA DESCOLONIZACIÓN
E AMÉRICA LATINA
DESCOLONIZACIÓN
Gandhi (1982). Biografía do líder da non violencia e da
independencia de India desde as actividades en Suráfrica ata o seu
asasinato.
Hijos de las nubes. La última colonia (2012). Documental que
examina o actual clima de axitación política no norte de África e a
responsabilidade das potencias occidentais, máis pendentes de
defender os intereses económicos que os principios morais e de
xustiza internacional. A mirada está centrada na cuestión do Sahara
occidental, a derradeira colonia africana.
Indochina (1992). Drama romántico protagonizado por unha
elegante propietaria dunha gran plantación de caucho no contexto
dos inicios da revolución comunista que provocou a fin da
colonización francesa de Indochina e o nacemento de Vietnam.
La batalla de Argel (1965). Relato do proceso de independencia da
colonia francesa a través das accións da Fronte de Liberación
Nacional e da reacción das autoridades coloniais. A cámara fixa a
súa atención en Ali La Pointe e a súa actividade na Casbah de Alxer,
aínda que a loita pola independencia foi unha acción na que
participou todo o pobo.
La caja china (1997). A colonia británica de Hong Kong celebra a
Noiteboa de 1976, o ano no que remata a dominación inglesa, un
territorio no que conviven tradición e modernidade, capitalismo e
comunismo. Un periodista británico especializado en finanzas,
namorado dunha prostituta, recibe a noticia de que está gravemente
enfermo de cancro e que só lle quedan tres meses de vida, os
mesmos que lle quedan a Hong Kong para volver a ser chino.
Lagaan, érase una vez en la India (2001). Durante a ocupación
inglesa da India, os habitantes dunha pequena localidade néganse a
pagar os impostos. Ante as protestas, deciden resolver o problema
mediante unha partida de cricket; se gañan os campesiños quedarán
libres das taxas.
Tres hermanos, tres destinos (2011). Durante os anos de loita pola
independencia de Alxeria, tres irmáns franceses escollen destinos
moi diferentes: un no exército francés loita en Indochina; outro é un
líder da independencia de Alxeria e o terceiro fai fortuna nos clubs
nocturnos parísenos.
INDIA INDEPENDENTE
El buen nombre (2006). Aspectos das dificultades que ten unha
familia india trasladada a Nova York, as contradicións e as
incomprensións de culturas moi diferentes, o desexo de manter
tradicións propias e a necesidade de adaptarse ás novas condicións
do país ao que se emigra.
El río (1951). Historia dunha moza de familia inglesa que vive na
India nos anos do longo proceso de negociacións para a
descolonización. Ambientación e pura poesía no tratamento
cinematográfico.
La revolución de los saris rosas (2010). Sampat Pal, foi casada moi
nova contra a súa vontade e sofre malos tratos por parte da súa
familia política. Contra o que habitual, abandona esta familia e
chega a ser nunha dirixente do movemento dos saris rosas, un grupo
de mulleres da rexión de Uttar Pradesh, que loitan contra os
matrimonios forzados. Mirada dura pero divertida sobre as
actividades deste grupo.
Salam, Bombay (1988). Krishna é un neno que vive desamparado
nas rúas de Bombai, na que ten que sobrevivir de calquera modo no
medio de personaxes que s emoven polo barrio de todo tipo e
condición.
Slumdog Millionaire (2008). O rapaz orfo criado nos suburbios de
Bombai decide presentarse a un concurso no que pode gañar 20
millóns de rupias. Cando falta por responder á derradeira das
preguntas, é detido pola polía, momento no que ten que contar a
historia da súa vida, un exemplo da India moderna. Un dos maiores
éxitos da factoría de Bollywood.
AMÉRICA LATINA
AMÉRICA CENTRAL
Bajo el fuego (1983). Varios periodistas e un fotógrafo
norteamericanos traballan en Nicaragua, onde a guerrilla trata de
derrocar ao ditador Somoza.
La canción de Carla (1996). Carla é una moza nicaragüense
refuxiada en Glasgow mentres no seu país a oposición trama
derrocar ao goberno sandinista. Atormentada polos sentimentos,
decide regresar a Nicaragua acompañada do seu namorado, un
irlandés condutor de autobuses.
La fiesta del chivo (2006). Ambientada na República Dominicana a
comezos dos anos 60, describe a época do ditador Rafael Leónidas
Trujillo a través da historia de Urania Cabral, quen regresa ao seu
país logo de varios anos de ausencia. Mentres Urania relata á familia
as razóns da súa marcha, estase planeando o asasinato do ditador.
Operación E (2012). Narración baseda na historia real do campesiño
colombiano José Crisanto ao que a guerrilla das FARC obriga a
coidar un bebé baixo ameaza de matalo. O neno forma parte dun
plan de intercambio de reféns entre os presidentes de Colombia e
Venezuela, pois é o fillo da avogada Clara Rojas, secuestrada tres
anos antes xunto con Ingrid Betancourt.
Romero (1989). A película centra a atención en monseñor Romero,
no o importante papel político e social que desenvolveu en El
Salvador, especialmente tras a morte do seu amigo Rutilio Grande, e
o contexto nas fraudulentas eleccións presidencias de 1977.
Voces inocentes (2004). A historia narra a vida dun neno
salvadoreño durante a guerra civil naquel país; ten 11 anos e só
poderá ir un ano máis á escola porque aos 12 será recrutado para
formar parte do exército.
ARXENTINA
Bolivia (2001). Un pobre boliviano emigra a Bos Aires coa
esperanza de mellorar a súa vida, pero na capital arxentina é difícil
atopar traballo para un inmigrante sen papeis. Unicamente consegue
un mal traballo como cociñeiro nun restaurante.
Cautiva (2004). Drama sobre os fillos de desaparecidos durante a
ditadura e que foron entregados a familias simpatizantes do réxime.
A Carla, aos 15 anos, se lle informa que non é filla de quen cre,
senón dunha parella de arquitectos desaparecidos nos anos 70.
Diarios de motocicleta (2004). Narración da viaxe que en 1952
realizaron nunha vella motocicleta, por varios países americanos,
Ernesto Guevara e Alberto Granado e durante o que descubriron a
complexa tipografía humana e social daquel continente.
El ausente (1996). Historia da loita e da morte dun dirixente
sindical e dun intelectual durante os axitados anos da política
arxentina (1973-1983).
El lado oscuro (1991). Película de carácter documental baseada na
experiencia de Antonio López Crespo, un avogado da CONADEP,
comisión creada en 1983 para investigar as violacións de dereitos
humanos en Arxentina.
Eva Perón (1996). Biografía de Eva Duarte, esposa de Domingo
Perón, unha das personalidades femininas máis importantes da
historia político-social da Arxentina do século XX.
Evita (1996). Adaptación cinematográfica do musical do mesmo
título no que se narra a historia de Eva Perón, a líder do
xusticialismo arxentino, falecida en plena xuventude en 1952.
H.G.O. (1999). Película-documental que reconstrúe a biografía de
Héctor Germán Oesterheld, creador dunha famosa marioneta –el
Eternauta- e que foi detido e desapareceu durante a ditadura
arxentina (1976-83).
Iluminados por el fuego (2005). Lembranzas dun soldado que
loitou na guerra das Malvinas de 1982. Logo de vinte anos de
rematada a guerra, volve aos escenarios da loita para recontrarse co
pasado e tratar de pechar as vellas feridas.
Kamchatka (2002). Ante as continuas desaparicións e numerosos
asasinatos que están sucedendo ao seu arredor, unha familia decide
ir a vivir a unha finca no campo. Para comunicarse entre eles, idean
uns códigos persoais a partir dos gustos e situacións cotiáns da
familia.
La deuda interna (1988). A amizade entre un mozo e un mestre
rural queda interrompida cando é chamado para facer o servizo
militar e ten que combater na guerra das Malvinas.
La historia oficial (1985). En 1983, unha acomodada profesora de
historia comeza a tomar conciencia de feitos ocorridos durante a
ditadura e decide investigar os escuros asuntos do seu marido e
dunha avoa da Praza de Maio que busca á súa neta. As informacións
obtidas fan que revise a historia oficial.
La Noche de los Lápices (1986). Relato realizado –con voz e
presenza- polo único supervivente dun grupo de sete adolescentes
que en setembro de 1976, durante os primeiros meses da ditadura
militar arxentina, foron secuestrados, torturados e asasinados polas
protestas polo aumento do prezo do bono do trasporte escolar.
Locos de la bandera (2004). A película documenta a historia dos
familiares dos 649 caídos arxentinos na guerra de Malvinas, que
sufriron a perda dos seres queridos e non puideron ter preto de sí
seus corpos, pois ou estaban no cemiterio de Darwin ou porque
desapareceron sen ser identificados.
Los chicos de la guerra (1984). Historia de tres soldados de
diferente condición social enviados a combater na guerra das
Malvinas, o conflito que enfrontou a Arxentina coa Reino Unido
durante a presidencia de Margaret Thatcher.
Madres (2007). Relatos de 17 nais da Praza de Maio, entre as que
están as catro superviventes do grupo orixinario que en 1977 se
reuniu por primeira vez desafiando á ditadura.
Matar a Videla (2009). Julián planifica acabar coa vida do ditador e
xenocida Jorge Rafael Videla, pero a súa conciencia faille
reflexionar se con esta acción non se converterá nun monstro
similar ao que quere eliminar.
Ni vivo ni muerto (2001). Esta situación –desaparecido, nin vivo
nin morto- ocasionaba total indefensión aos familiares que trataban
de localizar os seres queridos. A película centra a atención nun
grupo paramilitar que desexa facer un trato para recuperar á súa
esposa, secuestrada tempo atrás.
No habrá más penas ni olvido (1983). En clave de comedia,
imaxina a loita entre peronistas de esquerda e de dereita, con
tráxicas e imprevisibles consecuencias para os habitantes de
Colonia Vela.
Operación Masacre (1973). Reconstrución dos sucesos ocorridos
en xuño de 1956, unha insurrección que rematou coa morte de 18
militares e 13 civís no descampado bonaerense de José León
Suárez. Os superviventes contaron a historia.
Perón, sinfonía del sentimiento (1999). Película documental sobre
a historia do peronismo, de Domingo Perón como presidente de
Arxentina (1946-1952 y 1952-1955), do seu exilio en España e do
retorno á Casa Rosada en 1973, pouco antes da súa morte, ocorrida
ao ano seguinte.
Quebracho (1974). Narra a historia de La Forestal, a empresa
inglesa de explotación do quebracho colorado instalada en
Arxentina entre 1900 e 1963. A posesión do tanino, principal
produto deriva do quebracho, orixinou fortes tensións sociais no
país.
Tiempo de revancha (1981). Alegoría sobre os presos políticos e os
desaparecidos durante a ditadura militar arxentina a través das
accións duns sindicalistas contra unha corrupta multinacional contra
a que provocan unha explosión que pretenden presentar como
accidental.
BOLIVIA
También la lluvia (2000). Mentres un equipo de cine filma escenas
para unha película sobre o descubrimento de América, estoupan
violentas protestas pola privatización da auga no país.
BRASIL
Carandiru (2003). Relato ambientado no tristemente célebre cárcere
de Carandiru, en San Paulo, onde, en 1992, a policía sufocou de
forma moi violenta unha revolta na que foron masacrados máis de
cen reclusos desarmados.
Cuatro días de septiembre (1997). Brasil, 1969. Varios mozos
deciden unirse ao Movemento Revolucionario Oito de Outubro, pero
pronto descobren unirse ao grupo significa cambiar de identidade e
renunciar á propia familia e serán utilizados para secuestrar ao
embaixador norteamericano en Brasil.
Ciudad de Dios (2003). A película narra a vida de diferentes
personaxes nunha das favelas de Río de Xaneiro –Ciudad de Dios-
entre as décadas dos anos sesenta e oitenta, anos de crecemento do
crime organizado e do tráfico de drogas.
El año que mis padres se fueron de vacaciones (2009). En 1970
Brasil está controlado por un réxime militar, pero a maior
preocupación dun nenos de 11 anos é ver que a selección nacional
gaña a copa do mundo de fútbol. Mais de súpeto cámbialle a vida:
separado dos seus país, é enviado á estraña comunidade do Bon
Retiro de San Paulo.
Estación central de Brasil (1998). Nos corredores da estación, unha
mestra xubilada gaña a vida escribindo cartas a xentes analfabetas.
Pero todo cambia cando unha das súas clientas é atropelada por un
autobús e seu fillo queda só. A mestra farase cargo do rapaz e xuntos
viaxarán en busca do seu pai.
Los niños del Brasil (1978). O doutor Josef Mengele, coñecido nazi
alemán, refúxiase en Brasil tras a caída do III Reich e alí, coa
colaboración dun grupo de militantes nazis decide continuar os seus
terribles experimentos xenéticos. O americano Barry Kohler, en
contacto con Ezra Liebermann, un cazador de nazis, descubre o
terrorífico proxecto de Menguele.
Tropa de élite (2007). Brasil, ano 1997. Para tratar de entrar nas
favelas nas que a policía non intervén, créase un corpo especial
(BOPE). O xefe deste batallón quere deixar o posto por razóns
familiares, pero antes debe formar a un digno substituto.
CHILE
En nombre de Dios (1987). Papel da igrexa católica en apoio das
vítimas da ditadura de Pinochet e o movemento de masas que se
orixinou en Chile en 1985 contra o réxime ditatorial.
La casa de los espíritus (1993). Historia dos Trueba, unha poderosa
familia chilena ao longo de tres xeracións, tempo no que é testemuño
dos cambios que teñen lugar no país desde finais do século XIX ata
o golpe de estado que derrocou a Salvador Allende en 1973
La ciudad de los fotógrafos (2006). Película con carácter
documental que mostra un grupo de fotógrafos chilenos durante a
ditadura de Pinochet, mostrando a importancia que tiñan os
reporteiros gráficos como testemuñas do que estaba a suceder no
país, e que máis tarde serviron como probas nos xuízos contra os
políticos criminais
La muerte de Pinochet (2011). Nas horas que seguiron á morte do
xeneral e ditador Augusto Pinochet, o 10 de decembro de 1985,
rexurdiron as divisións internas que marcaron dramaticamente a
historia recente de Chile.
Machuca (2004). Santiago de Chile, 1973. Gonzalo Infante e Pedro
Machuca, dous nenos de 11 anos, viven en mundo completamente
opostos –un acomodado barrio residencial e un poboado marxinal-,
pero un idealista director dun colexio relixioso quere integrar estes
mundo. Así é como os nenos fanse amigos no medio dunha
sociedade chilena fortemente dividida e enfrontada.
Missing (Desaparecido) (1982). Un idealista periodista
norteamericano desaparece na súa casa de Santiago de Chile pouco
despois do golpe de estado de Pinochet. A súa muller e o seu pai
trasládanse ao país para coñecer o seu paradoiro e vivirán un longo
pesadelo polas infinitas trabas burocráticas e o escurantismo das
novas autoridades.
No (2012). Un executivo que traballa en publicidade regresa a Chile
logo do seu exilio en México e deseña unha orixinal e optimista
campaña que pide o NON no referendo chileno de 1988 co
obxectivo de poñer fin á ditadura de Pinochet.
Salvador Allende (2004). Película con carácter documental sore a
vida e as actividades políticas do presidente chileno, desde a súa
infancia en Valparaíso ata a súa morte o 11 de setembro de 1973,
logo do golpe de estado dos militares encabezados por Pinochet.
COLOMBIA
La estrategia del caracol (1993). Os veciños dun dos barrios máis
pobres de Bogotá loitan para evitar o derrubo das súas vivendas,
propiedade dun insensible millonario. Desesperados, poñen en
prácica unha estratxia suxerida por un anarquista español: levar a
casa nas costas, como os caracois, de modo que desmontan o
inmoble, agás a fachada, e levan todo a outro lugar.
María, llena eres de gracia (2004). Historia de María, unha moza de
17 anos que traballa nunha poequena poboación ao norte de Bogotá.
Ao saberse embaraza, abandona o pobo e na viaxe coñece a quen lle
ofrece meterse no negocio das drogas. Tras un periodo de
preparación, sube a un avión con destino a Estados Unidos levando
no seu estómago 62 bolsiñas de heroína.
CUBA
Che: el argentino (2008). Biografía do famoso guerrilleiro a partir
do seu diario. Destaca o episodio da guerrilla en Serra Maestra, con
Fidel Castro, accións que lograron poñer fin á ditadura de Batista.
Che: un hombre nuevo (2010). Ernesto Guevara, Che, asasinado aos
39 anos, é un símbolo que segue vivo pola súa coherencia,
pensamento e acción a favor do que consideraba causas xustas.
Clandestinos (1987). Historia de amor e loita contra a ditadura de
Batista centrada nun grupo de compañeiros que desde o cárcere
organizan un grupo co que combater, unha vez en liberdade,
sumándose á loita armada.
El brigadista (1977). Cuba, 1961. Un mozo de procedencia urbana
trasládase a unha zona rural para unha campaña de alfabetizacion.
Na súa actividade terá que vencer a resistencia dalgunhas xentes e
adaptarse a un medio que descoñece.
Fidel. La historia no contada (2001). Unha viaxe a través da hisoria
persoal e pública do líder da revolución cubana a través de
entrevistas e imaxes, algunhas inéditas.
Habana (1990). Cuba, 1958, durante a ditadura de Batista. Un tahur
profesional ao que non lle interesa máis que o xogo, acaba sendo
atraído á causa castrista por uns amigos nas vésperas do inicio da
revolución.
La ciudad perdida (2005). A Habana de finais dos anos 50 segue
evoluionando desde o réxime capitalista de Batista ao socialista de
Fiedel Castro. Esta evolución é moi apreciable nas formas culturais,
como o clube nocturno máis selecto da capital no que, a pesar de
todos os cambios, non deixa de soar a música.
Las doce sillas (1962). Tras o tirunfo da revolución socialista,
aristócrata e o seu antigo chófer buscan unha cadeira onde estaban
escondidos os brillantes da familia. Pero outros personaxes que
coñecen a historia tamñén van tras elas, vivíndose cómicas situacións
xa que foran vendidas polo Ministerio e pertencen a diferentes
propietarios.
Memorias del subdesarrollo (1968). Historia persoal, case de
monólogo interior, que serve de base para ironizar e razoar sobre o
papel da burguesía e a nova orde da Cuba socialista.
Soy Cuba (1964) A través de catro historias descríbese a evolución
de Cuba desde o réxime de Batista ao de Castro, historias tendentes a
reforzar o ideal socialista fronte ao capitalismo como vía para que
Cuba afirme a súa identidade liberada de dependencias externas.
MÉXICO
Apasionado Pancho Villa (2013). Unha nova visión do líder
mexicano, nesta ocasión máis íntima e familiar, repasando a historia
das 19 veces que casou, dos enfrontamentos entre as catro mulleres
coas que mantiña relacións no nomento da súa morte e que están no
velatorio, pero todo iso sen empañar o seu compromiso coa xustiza
social.
Chicogrande (2010). Historia da frustrada invasión de Villa a
Colombus, ferido nunha perna, oculto na Sierra, mentres os
estadounidenses inician unha persecución para encontralo, tendo que
depender de Chicogrande, quen arrisga a súa vida para conseguir
asistencia médica.
El tesoro de Pancho Villa (1955). Tres mercenarios rouban un
cargamento de ouro federal nos Estados Unidos e diríxense ao sur de
México para encontrarse con Pancho Villa. Porén, a persecución do
exército, por un lado, e as ambiciones de cada deles por outro
provocarán unha viaxe chea de dificultades.
La zona (2007). Película sobre os problemas da delincuencia en
México a través da historia dun atraco e asasinato nunha casa dun
barrio residencial –a Zona- pechado e protexido por fortes medidas
de seguridade. Dous dos atracadores morren no enfrontamento e,
para dar caza ao terceiro, os veciños deciden tomarse a xustiza pola
súa man.
Villa cabalga (1968). Produción de Hollywood con grandes actores
do momento sobre a biografía do líder revolucionario mexicano.
Viva Villa! (1934). Biografía novelada de Pancho Villa.
Viva Zapata! (1952). Biografía de Emiliano Zapata, famoso
revolucionario mexicano que sublevou a todo o país contra o
goberno ditatorial do presidente Porfirio Díaz.
PERÚ
La teta asustada (2009). Fausta) padece de teta asustada, unha
enfermidadd que se transmite polo leite materno nas mulleres que
foron maltaratdas durante a época do terrorismo en Perú. Os
infectados nacen sen alma, porque se escondeu baixo a terra polo
susto. Pero Fausta esconde algo máis, un secreto que non quere
revelar, pero que a morte de súpeto da súa nai cambia a súa vida e a
dos que a rodean.
URUGUAI
El último tren (2002). Un poderoso estudio de Hollywood mercou,
para rodar unh apelícula, unha histórica locomotora uruguaia do
século XIX. Para uns é unha boa noticia, pero os veteráns membros
da Asociación de Amigos do Riel non é así e están decididos a
boicotear o seu traslado a Estados Unidos baseándose en que é
patrimonio nacional e o patrimonio non se vende.