PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA
10 000 BC. (2008). Película sen ningún rigor histórico pero da que se
pode aproveitar o inicio para reconstruír o modo de vida dos
cazadores paleolíticos. Era a época no que o gran mamut percorría a
terra e cando xurdiron as primeiras ideas e crenzas da humanidade.
Ao, el último Neandertal (2010). Ao, un cazador nómade que vive
en harmonía coa natureza, percorre Europa en busca dos últimos
superviventes do seu clan. Os homo sapiens rexéitano polos seus
trazos físicos, pero el acaba por namorarse de Aki, unha homo
sapiens que acaba de ter un fillo.
El clan del oso cavernario (1985). Ayla, unha nena cromagnon de 5
anos, queda illada da súa tribo logo de ser producir un terremoto
sendo acollida por un grupo de neandertales. Ayla, que pertence a
unha especie máis desenvolvida intelectualmente, achega os seus
coñecementos o clan de acollida, pero as súas cualidades acaban por
provocar o rexeitamento e a expulsión do grupo, de modo que debe
sobrevivir por si mesma sen a axuda do clan.
En busca del fuego (1981). A invención do lume foi un dos grandes
avances técnicos da Prehistoria. Na película, tres tribos de homínidos
buscan fórmulas para conseguir facer lume.
Hace un millón de años (1966). Película de aventuras con graves
erros históricos animada polas espectaculares loitas de dinosaurios e
o escultural corpo da actriz Raquel Welch e as aventuras amorosas de
Tumak –expulsado do seu clan por pelexar co seu pai- e Loana –
membro da tribo que o acolle-. Os grupos dos primeiros homínidos
debían sobrevivir en loita cos grandes depredadores e as tribos rivais.
La guerra del hierro (1983). O descubrimento do ferro permitiu
elaborar con este metal ferramentas de traballo fixo deste metal unha
poderosa armaHace 20.000 años, cuando la humanidad luchaba día
tras día por la supervivencia, se descubrió el hierro, que se convirtió
en laq nueva materia prima para fabricar armas y herramientas de
trabajo. (FILMAFFINITY)
Los hermanos pobres de Conan Ollo!
Los forjadores del mundo (1983). Na idade prehistórica, dúas
tribos de homes cavernícolas, que consideran os osos como
mensaxeiros dos deuses, manteñen unha gran rivalidade. Son os
Kon e os Akray, cortadores de cabezas que practican o
canibalismo. (FILMAFFINITY)
PELÍCULAS AMBIENTADAS NO ANTIGO EXIPTO
Cleopatara (1963). Esta gran superprodución merecedora de
numerosos premios recrea a época na que o vitorioso Xulio César
vai a Exipto para tratar de evitar a guerra civil entre Cleoptara e seu
irmán que comparten o poder naquel país. A raíña cautiva coa súa
beleza ao militar romano, que a proclama raíña absoluta de Exipto e
coa que casará logo do nacemento do fillo de ambos, Cesarión.
Cleopatra (2007). Nesta versión, o filme centra a súa atención nos
esforzos da raíña Cleopatra por manter a identidade helenística de
Exipto e a súa independencia do poder de Roma.
El píncipe de Egipto (2000). Película de animación que narra a historia
de Moisés, un bebé hebreo abandonado no río Nilo pola súa nai e atopado
pola esposa do faraón, que decide crialo como fillo propio. Cando Moisés
descubre a verdade do seu nacemento, confuso e desorientado, fuxe ao
deserto, onde recibe a chamada de deus para que libere os escravos hebreos
do xugo dos exipcios. Pero o novo faraón, Ramsés, co que se criara de
neno, non está disposto a liberalos.
Exodus: dioses y reyes (2014). Biografía de Moisés, o hebreo que
conseguiu liberar os hebreos escravizados polos exipcios
conducíndoos fóra das fronteiras dos dominios do faraón.
Faraón (1966). Durante o imperio novo Exipto está atravesando
unha crítica situación polos ataques dos asirios e o empobrecemento
crecente da poboación. Nesta situación, o faraón decide enfrontarse
ao poderoso corpo dos sacerdotes que acumulaban inmensas
riquezas nos templos. Pero as reformas que pretendía establecer o
faraón foron anuladas polos sacerdotes.
La reina del sol (2007). Película de animación e aventuras
ambientada na época do reinado do faraón Akhenatón e Nefertiti.
Los diez mandamientos (1956). A película foi unha das maiores
superproducións na época e narra a historia de Moisés, o hebreo
rescatado das augas do Nilo e criado na familia dos faraóns, pero
cando coñece a súa historia decide renunciar á súa vida de
privilexios e conducir o pobo dos hebreos á Terra Prometida da que
falaba a Biblia.
Los diez mandamientos (2007). Película de animación centrada na
vida de Moisés, o hebreo que libera a seu pobo da escravitude na que
vivían en Exipto e o conduce á liberdade.
Nefertiti, reina del Nilo (1961). Historia novelada da raíña Nefertiti,
esposa do faraón Akhenatón, o impulsor da reforma relixiosa que
impuxo o monoteísmo relixioso de Atón. Pero os sacerdotes dos
outros deuses rebeláronse e provocaron unha guerra que
ensanguentou o país durante anos.
Ramses (2007). Película de animación sobre as guerras dos exipcios
contra os hititas e das ambicións dos sacerdotes polo control do
poder no país do Nilo.
Sinué el egipcio (1954). Adaptación irregular ao cine da famosa
obra do mesmo título de M. Waltari que narra a vida dun humilde
orfo que acaba por converterse nun afamado médico que dedica a
súa vida a aliviar a dor dos pobres. Cando Sinué e seo amigo
Horemheb salvan das fouces dun león ao faraón, este, en
agradecemento, introdúceos na súa corte.
Tierra de faraones (1955). O faraón Keops ordena construír a
pirámide onde, tras a súa morte, repousarán seus restos e desexa que
sexa unha obra que supere en grandeza a calquera feita ata entón.
Pero as canteiras esgótanse e para completar a obra decide cobrar
tributos a Chipre. Como a illa non ten recursos, envía a súa raíña, que
acabará casando co faraón. Pero a fermosa raíña Nellifer acabará
vítima das súas intrigas e ambicións, sepultada en vida co propio
faraón na gran pirámide.
PELÍCULAS AMBIENTADAS NA GRECIA ANTIGA
7 espartanos (1962). Aventuras de Darío, quen conseguiu a súa
liberdade polo valor mostrado nas loitas de gladiadores en Roma.
Cando regresa a súa patria, Esparta, descobre o asasinato de seu pai
por parte de Hiarbaa, quen pretende tamén asasinar a Darío para
casar coa súa prometida.
300 (2006). Adaptación do cómic de Frank Miller sobre a famosa
batalla das Termópilas que tivo lugar no ano 480 a. C. Foi a batalla
que enfrontou ao poderoso exército persa de Xerxes e os exércitos
aliados de Atenas e Esparta e que rematou coa vitoria dos gregos, a
pesar de ser moi inferiores en número.
300. El origen de un imperio (2014). Durante as guerras médicas
que enfrontaron a gregos e persas, o xeneral Temístocles trata de
conseguir a unidade dos helenos como única vía para poder vencer o
poderoso exército de Xerxes e evitar así a conquista de Grecia.
Alejandro Magno (2004). Versión bastante libre da vida e
conquistas de Alexadre Magno, fillo de Filipo de Macedonia e o
gran difusor dos valores helénicos nas terras incorporadas ao seu
inmenso imperio. A película destaca a personalidade do protagonista
e a relación cos seus pais e amigos máis próximos.
Alejandro Magno (1956). Alejandro Magnoun maedonio educacdo
por sabios gregos como Aristóteles e admirador da cultura helena foi
un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu
formar un inmenso imperio grazas ás numerosas batallas gañadas aos
seus inimigos.
El coloso de Rodas (1961). Mentres Darío, o heroe grego, está
descansando en Rodas, comeza unha revolta de escravos que tratan
de liberarse do dominio do tirano que goberna a illa e que busca a
alianza dos fenicios para dominar a revolta. Pero os escravos contan
coa axuda do heroe.
El joven Hércules (1998). A película narra as aventuras de Hércules
cando aínda é un mozo que se exercita no combate na academia de
Quirón. Alí coñcerá a Jasón, fillo do rei de Argos, a quen axudará no
intento de localizar o prezado vellocino de ouro.
El león de Esparta (1962). No ano 480 a.C. os valorosos gregos, moi
inferiores en número, enfrontáronse ao poderoso exército dos persas
na batalla das Termópilas. Contra todo pronóstico, o éxito foi para os
gregos que impediron así a conquista do seu país.
El monstruo de Creta (1960). A película está baseada nun dos mitos
gregos, a lendo do Minotauro, un ser metade touro e metade home,
que habita nunha laberíntica morada en Creta. Para mantelo contento,
o tirano rei da illa debe sacrificar no seu honor o maior número
posible de virxes. O heroe Teseo, coa axuda de Ariadna, intentará
acabar coa súa vida penetrando no labirinto.
Electra (1962). Adaptación da traxedia grega "Electra" de Eurípides
que narra o regreso do rei Agamenón ao seu reino, Argos, rematada
a guerra de Troia. Durante a súa ausencia, a raíña Clitemnestra, nai
de Electra e Orestes, namorouse do cruel Egisto e os dous amantes
preparan o asasinato do lexítimo rei.
Furia de titanes (1981). A película recrea mitos e lendas do olimpo
grego. Cando o rei de Argos decide sacrificar a súa filla Dánae e a
seu neto Perseo, Zeus decide salvalos e arrasar a cidade. Perseo
crece feliz ata que a deusa Thetis, para vingarse de Zeus que
castigou a seu fillo Calibos cunha horrible deformidade, secuestrado
e o abandona á súa sorte. Entón Zeus ordena aos deuses que ofrezan
regalos a Perseo para que poida defenderse, armas coas que poderá
facerse invisible e invulnerable.
Furia de titanes (2010). Remake da película do mesmo título de
198. Adaptación libre do mito de Perseo, fillo de Zeus e Dánae. A
nai e o fillo son encerrados nun cofre polo avó, Acrisio, e chimpados
ao mar. A corrente lévaos ata a illa de Sérifos onde Perseo se cría ata
que coñece cal é o seu destino, marcado polos deuses, e ten que
iniciar un longo camiño cheo de dificultades que terá que ir
superando.
Hércules (1997). Película de animación sobre o personaxe deste
heroe grego, fillo dos deuses Hera e Zeus. Enviados do Hades
conseguen sacalo do Olimpo para eliminarlle a súa inmortalidade.
Hércules terá que superar numerosas probas ata que poida retornar á
súa morada no Olimpo, a morada predilecta dos principais deuses.
Hércules, el origen de la leyenda (2014). A mitoloxóa grega creou o
mito de Hércules, fillo da raíña Alcmena e de Zeus, o pai dos deuses
olímpicos. Descoñecedor da súa auténtica identidade, Hércules sofre
do desprezo do rei Anfitrión que favorece sempre a seu fillo
lexítimo, Ificles, pero a súa forza e sagacidade conseguirán o seu
triunfo.
Ifigenia (1977). Adaptación da traxedia grega de Eurípides "Ifigenia
en Aulide", centrada nos episodios da preparación do inicio da
guerra de Troia, cando as tropas dos aqueos estaban a organizar a
súa partida desde Áulide. A deusa Artemisa, furiosa porque os
gregos mataron a una animal que ela protexía, calmou os ventos de
modo que os barcos non podían navegar esixindo, para que volvesen
a soprar, o sacrificio de Ifigenia, filla do rei Agamenón, situación
dramática pola decisión que debe tomar.
Inmortales (2011). Aventuras ambientadas nun imaxinario ataque
do brutal rei Hiperión a Grecia para conseguir unha arma que ten un
poder extraordinario: o arco Epiro feito polo deus Ares no Olimpo.
Quen posúa este arco poderá liberar os Titáns, que desde o comezo
dos tempos están encerrados no monte Tártaro. Pero o arco, en mans
de Hiperión significaría a fin da raza humana, de modo que Zeus
decide encomendar ao campesiño Teseo a misión de acabar co
tiránico rei.
Jasón y los argonautas (1963). O mito de Jasón vai unido ao dos
seus compañeiros de navegación, os argonautas, cos que viaxa e
supera numerosas probas que os deuses poñen no seu camiño.
La batalla de Maratón (1959). No contexto das guerras médicas, que
enfrontaron a gregos e persas, as pequenas cidades helenas, aliadas e
dirixidas por Atenas, conseguiron gañar unha importante batalla, a de
Maratón, derrotando ao poderoso exército dirixido por Darío.
La guerra de Troya (1961). Segundo a mitoloxía grega, o amor de
Paris e Helena desencadeou unha das guerras máis longas e de
maiores consecuencias para o mundo heleno, a guerra de Troia,
guerra na que participaron os máis destacados heroes gregos e
troianos.
La ira de Aquiles (1962). Durante o décimo ano da guerra de Troia,
a tensión entre Aquiles e Agamenón foi en aumento, situación que
provocou a división entre os gregos e o risco de derrota.
La leyenda de Eneas (1962). Eneas e un grupo de fuxitivos que
logran escapar de Troia, chegan ás ribeiras do río Tíber e fundan
unha cidade, a futura Roma, concibida como a cidade ideal na que
reinaría a paz e a tranquilidade, pero que cambiaría o seu primeiro
proxecto por outro máis bélico e dominante.
Las troyanas (1971). Rematada a guerra de Troia coa caída da
cidade en mans dos aqueos, as mulleres troianas deben afrontar un
duro destino: o de ser convertidas en escravas e trasladadas ás cortes
dos príncipes gregos.
Lisístrata (2002). As cidades de Atenas e Esparta están librando
unha interminable guerra. Para pór fin a este conflito, Lisístrata
convence ás mulleres de ambos bandos para que inicien unha folga
de sexo, estratexia que dará o seu froito.
Medea (1969). Adaptación da traxedia grega de Eurípides na que se
mostra o contraste entre dous mundos: o representado pola maxia de
Medea e o racional que encarna Jasón.
Troya (2004). No ano 1193 a.C., Paris, príncipe de Troia e fillo de
Príamo, rapta a Helena, esposa de Menelao, rei de Esparta, o que
desencadea a guerra de Troia, na que se enfrontaron gregos e troianos
durante máis de dez anos. No bando grego destacou o heroe Aquiles
e no dos troianos Héctor, fillo maior de Príamo. A película narra
algúns destes episodios da máis famosa das guerras da antigüidade.
Ulises (1954). Adaptación da “Odisea” de Homero. Tras a
finalización da guerra de Troia coa vitoria dos gregos, un dos seus
heroes, Ulises, navegou durante anos para poder regresar á súa patria,
Ítaca, pois os deuses puxeron no seu camiños numerosos obstáculos
que alongaron a viaxe durante máis de 10 anos.
PELÍCULAS AMBIENTADAS NA ROMA ANTIGA
A la sombra de las águilas (1966). Aventuras de guerra e amores
entre romanos e tribos bárbaras establecidas nas zonas de Iliria e
Panonia. A superioridade das armas romanas conseguen sufocar a
revolta dos bárbaros.
Ágora (2009). No século IV a.C. a cidade exipcia de Alexandría era
o centro máis destacado da ciencia e a súa biblioteca a máis completa
da época. Alí investiga a astrónoma Hipatia, que loita por salvar a
ciencia legada polos antigos gregos, pero a intolerancia relixiosa e a
incultura acabar por impoñerse a través da destrución e a morte de
quen trata de explicar as verdades científicas con razoamentos.
Aníbal, el peor enemigo de Roma (2006). Aníbal foi o dirixente
cartaxinés que conseguiu frear o avance de Roma e levar o seu
exército ás portas da capital do imperio grazas á posta en práctica de
hábiles e novidosas estratexias de combate.
Año 79: la destrucción de Herculano (1962). Desde mediados do
século I o cristianismo avabza en adeptos a pesar das dificultades que
interpoñen as autoridades imperiais. A película narra os amores do
tribuno Marco Tiberio, namorado de Livia, unha escrava convertida
ao cristianismo. Pero todas as dificultades cesarán pola erupción do
volcán Vesubio no ano 79.
Asesinato de Julio César (1970). O poder que en Roma estaba
conseguindo reunir César orixina o receo de varios patricios
romanos, que temen que acabe actuando como un tirano. Por iso
organizan unha conxura para asasinalo e o encargado será Bruto no
ano 44 a.C.
Atila, el rey de los hunos (2001). Atila foi un dos máis destacados
xefes do pobo dos hunos que se enfrontou aos exércitos romanos e
conseguiu importantes éxitos. Chegou a establecerse ás portas de
Roma, pero non atacou a cidade e acabou sendo derrotado polos
exércitos romanos aliados cos visigodos.
Augustus: el primer emperador (2003). O cónsul Octavio acabará
proclamándose Augusto, o primeiro emperador de Roma, tras o
asasinato de Xulio César e a derrota de Marco Antonio. Iniciábase así
unha nova etapa na historia de Roma, a do imperio e Ocatavio
tomará o sobrenome de Austusto.
Bajo el signo de Roma (1957). No ano 272 d.C. o emperador
Aureliano quere someter os habitantes de Palmira, reino gobernado
pola raíña Zenobia. Con intrigas e presións, Palmira converterase
nunha nova provincia do imperio e Zenobia esposa do emperador.
Ben-Hur (1959. Acción ambientada durante o mandato dos
emperadores Octavio Augusto e Tiberio, no século I d.C., e
protagonizada por Ben-Hur, fillo dunha acomodada familia de
Xerusalén, e Mesala, un tribuno romano que dirixe os exércitos de
ocupación. Son amigos, pero un accidente involuntario convérteos
en inimigos irreconciliables. Ben-Hur e a súa familia sufrirán moitas
penalidades pola falsa acusación de atentar contra a vida do novo
gobernador romano. É a película con máis Óscar (11) da historia.
Cartago en llamas (1960). Narra a historia da destrución de Cartago,
a cidade que encabezou a resistencia á expansión romana polo
Mediterráneo ao longo das tres guerras púnicas. Pero a guerra non é
óbice para que o amor xurda mesmo entre parellas de bandos
opostos.
Centurión (2010). No ano 117 d.C. na Bretaña, un grupo de soldados
romanos que foron atacados e dezmados polo ataque das tribos
indíxenas, trata de sobrevivir. Liderados por Quintus Dias tratan de
chegar á fronteira e poñerse a salvo antes que a vingativa Etain acabe
con eles.
El último gladiador (1964). O exército romano do emperador
Calígula conquista Bretaña e captura como escravo a Glauco, ao que
levan a Roma para que loite como gladiador. A fortaleza do escravo
consegue que saia vitorioso de numerosos combates, pero terá que
superar duras probas antes de poder retornar cos seus e liberar a súa
familia.
Espartaco (1960). Este filme, que recibiu numerosos premios, narra
a rebelión dos escravos romanos liderados por Espartaco nos anos
73-71 a.C. Espartaco, un escravo de Tracia que fora vendido como
gladiador, conseguiu levantar a miles de escravos e o movemento
puxo en serias dificultades ao goberno da república romana.
Finalmente a revolta foi sufocada e centenares de escravos
condenados a morrer crucificados.
Gladiator (2000). Esta é unha das películas ambientadas no mundo
romano que mereceu numerosos premios e nominacións. A través da
vida de Máximo Décimo Meridio, un leal xeneral hispano que,
debido ás intrigas entre o emperador Marco Aurelio e seu ambicioso
fillo Cómodo, foi convertido en escravo. Máximo trunfa como
gladiador mentres trata de vingar a morte da súa familia e a do seu
propio emperador, asasinado polo seu fillo Cómodo.
Golfus de Roma (1966). Visión cómica en clave de comedia musical
sobre as peripecias dun astuto escravo que, para gañase a liberdade,
ofrécese ao seu amo para axudalo a conquistar os amores dunha
moza da que está namorado.
Julio Cesar (1953). Adaptación ao cine da obra teatral de
Shakespeare do mesmo nome sobre a concentración de poder que foi
acumulando Xulio César unha vez rematada a guerra civil que o
enfrontou a Pompeio. No ano 44 a.C. varios patricios romanos, entre
os que destacaban Casio e Bruto, organizaron unha conxura contra
quen se estaba convertendo en ditador e organizaron a súa morte.
Katherine of Alexandria (2014). Historia novelada na biografía
desta mártir cristiá do século V condenada por criticar publicamente
os deuses romanos.
La batalla de Germania (1967). Película bélica na que se mostra o
enfrontamento entre os exércitos romanos do emperador Augusto e
as tribos bárbaras dos teutóns dirixidos por Arminius.
La legión del águila (2011). Adaptación ao cine da novela de
Rosemary Sutcliff sobre a vida dun lexionario romano e un escravo
celta que van en busca da Lexión IX, corpo de exército que
desaparecera no norte de Escocia e que estaba dirixida polo pai do
lexionario protagonista.
La túnica sagrada (1953). No século I, durante o reinado do
emperador Tiberio, o nobre Marcelo disputa con Calígula, fillo e
herdeiro do emperador, e consegue arrebatarlle ao escravo grego
Demetrio. Como castigo pola ousadía, Marcelo é enviado como
tribuno a Palestina chegando pouco despois de que o gobernador
Poncio Pilato condenase a Cristo a morrer crucificado.
La vida de Brian (1979). Divertida comedia e intelixente sátira que
relata a vida dun desastre de home, contemporáneo de Cristo, ao que
o pobo confunde co Mesías.
Los últimos días de Pompeya (1959). Glauco, un centurión romano,
regresa á súa casa de Pompeia e atópase con que foi incendiada por
un grupo de cristiáns. Para pedir xustiza acode ao edil e coñece á súa
filla, a fermosa Elena.
Marco Antonio y Cleopatra (1972). Marco Antonio coñece a
Cleopatra, a raíña de Exipto, durante a campaña militar de conquista
do norte de África e namórase dela. Tras recibir tristes noticias sobre
membros da súa familia, regresa Roma para unirse a Lépido e a
César Octavio contra Pompeio.
Pompeya (2014). Historias e amores en Pompeia no ano 79 a.C.
cando o Vesubio entrou en erupción e sepultou a cidade baixo unha
capa de cinzas e lava.
Quo vadis (1951). Gran superprodución dos anos 50 con
espectaculares carreiras de cuadrigas en amplos escenarios. A trama
está centrada nas dificultades do xeneral romano Marco Vinicio e
Ligia porque ela é cristiá, todo elo no medio dun mundo romano do
que se destacan interesantes aspectos.
Salambó (1960). A acción sitúase no século III a. C. en Cartago,
cidade que contrata uns mercenarios para enfrontarse a Roma. Pero
Cartago, debilitada tras a derrota da primeira guerra púnica, non pode
cumprir as promesas feitas aos mercenarios e estes atacan a cidade.
Salambó, a filla do cartaxinés Amílcar Barca, tratará de recuperar o
veo sagrado de Cartago que os mercenarios roubaron.
Titus (1999). O xeneral romano Titus Andrónicus regresa a Roma
tras a vitoriosa campaña contra os godos. Para celebralo, sacrifica
aos deuses o fillo do caudillo vencido. A hora da vinganza de
Tamora, a súa nai, chegará cando Saturninus é nomeado emperador
e case con ela.