2 VIRAVEN
TOS
Memoria 2013
3
Memoria 2013
4
CONTIDOS
PRESENTACIÓN 5 QUENES SOMOS 6
O noso enfoque
A organización por dentro
LOGROS DO ANO 10
QUÉ FIXEMOS 12
Acción social
Sensibilización e EpD
Cooperación ao desenvolvemento
COMUNICACIÓN 42
AS CONTAS CLARAS 44
COLABORADORES 46
5
PRESENTACIÓN
Queridos amigos e amigas, Comezo agradecendo o esforzo de todas as persoas, entidades e institucións
que nos apoiaron durante este ano. Foi un ano duro, para todos e todas os
compañeiros e compañeiras que traballan en acción social, dende os técnicos
ao equipo de voluntariado. Atendemos situacións que nos encheron de rabia
e frustración, pero tamén nos emocionamos coa solidariedade de persoas
anónimas que contribuíron a paliar as dificultades que atravesan as familias
coas que traballamos.
A grave depresión económica que sacode Galicia está a deixar un panorama
desolador. Unha pegada de destrución dos niveis mínimos de benestar
que aboca a miles de persoas á pobreza e á exclusión social. Cada vez hai
máis cidadáns con graves problemas para satisfacer necesidades básicas co-
mo o pagamento da alimentación e a vivenda.
Para dar resposta a esta crua realidade, tivemos que traballar máis duro que
nunca ao longo deste ano 2013, aumentando os colectivos de atención e os
ámbitos de actuación, centrando a maior parte dos nosos esforzos como enti-
dade na implantación de programas específicos de loita contra a pobreza in-
fantil.
Quero rematar esta carta invitándovos a ler detidamente o contido desta
memoria de actividades, para que poidades seguir coñecendo a fondo o tra-
ballo que realiza Viraventos, grazas a vós, amigos e amigas.
Diana Fonseca Presidenta Asociación Viraventos
6 anos
6
Quenes somos
7
Creada en Galicia no ano 2007, como unha organización independente, privada e sen ánimo de lucro,
a ONGD VIRAVENTOS é un movemento de transformación social que loita por conseguir un novo modelo
social baseado na interculturalidade e a xustiza social, a través do traballo directo co colectivo inmigran-
te, especialmente das segundas xeracións, e educando á poboación sobre a importancia da diversidade,
do coñecemento, do respeto e do diálogo entre culturas como mecanismo para contribuir á igualdade e a
cohesión social.
A nosa visión da educación global é unha educación formal, non formal e informal que permita crear un-
ha masa social crítica que se pregunte porqué existen distintas regras do xogo entre países, porqué des-
pois de décadas de cooperación internacional ao desenvolvemento non se conseguiu o obxectivo dun
mundo máis xusto. Unha masa social crítica que analice as causas e as consecuencias do empobrecemen-
to e como afecta a millóns de persoas en todo o mundo. Loitamos e traballamos polo acceso a unha edu-
cación global, integral e emancipadora que constrúa sociedades críticas e que apoie os procesos de igual-
dade global, loitando contra a exclusión e as estruturas de poder desiguais.
A educación como principal eixe de actuación.
“Segundas xeracións” de inmigrantes como principal colectivo destinatario.
Con esta ideoloxía, Viraventos ten como principais actuacións:
ONGD VIRAVENTOS
O NOSO ENFOQUE
A ONGD Viraventos, basea a súa filosofía na crenza de que o mundo cambia e fai-no constantemente. O que hoxe acontece nos países do Sur, aconteceu en Europa fai apenas uns poucos anos, o que hoxe acontece en Europa acontecerá logo nou-tro continente, e así sucesivamente.
8
Organigrama
9
Servizo de Voluntariado Europeo (SVE)
Viraventos posee a acreditación europea como entidade de acollida de voluntariado a través do Servizo de Voluntariado Europeo.
Sumando forzas Un dos piares sobre os que se asenta Viraventos, é sen dúbida o seu voluntariado. Viraventos conta cun equipo de voluntariado moi amplo e multidisci-plinar, formado por 34 persoas voluntarias, que colaboran de xeito estable coa organización. O voluntariado de Viraventos caracterízase por ser maioritariamente feminino, nun 91%, entre os 25 a 40 anos, e cun nivel formativo uni-versitario, maioritariamente procedente do ámbito social. Ademais, Viraventos conta cunha base de 92 persoas que colaboran de xeito puntual coa entidade, principalmente no Programa de Emer-xencia Social, onde se enmarca o servizo de Reparto de alimentos e Axudas de primeira necesidade.
En Viraventos cremos nun voluntariado “activo e activista”, isto é un voluntariado implicado coa organización, que non só participa na tarefa que se lle encomenda, senón que contribúe con propostas para o desenvolvemento de novos proxectos, para a consecución dos obxectivos da entidade.
9
10
Todo grazas ao esforzo de persoas voluntarias, socias, traballadoras, colaboradoras e doantes,… GRAZAS.
48 accións de
sensibilización
desenvolvidas
1416 persoas
usuarias do
Banco de ali-
mentos atendi-
das.
18216 kg de
alimentos re-
partidos
3 novos servi-
zos implanta-
dos
2 iniciativas
socias
desenvoltas
2809€ reparti-
dos en présta-
mos sociais
11
Todo grazas ao esforzo de persoas voluntarias, socias, traballadoras, colaboradoras e doantes,… GRAZAS.
1416 persoas
usuarias do
Banco de ali-
mentos atendi-
5280 ofer-
tas de em-
prego pu-
blicadas
105 alum-
nos/as
369 novos/
as usuarios/
as
92 persoas voluntarias
17 activida-
des de ocio
realizadas
4 330 se-
guidores
nas redes
sociais
281 familias
asesoradas
24900 visitas
á web
12
Que fixemos
13
Durante o ano 2013, Viraventos continúa o seu traballo en prol da integración do colectivo inmigrante, coa edu-cación como eixe principal das súas actuacións, tanto no que se refire as accións desenvoltas no eido da acción so-cial, como na sensibilización da sociedade civil.
No eido da Acción social, continuamos coas actividades propostas nos anos anteriores, ampliando novos servizos que apoian dun xeito integral a inserción do colectivo inmigrante nos ámbitos fundamentais da vida dunha persoa, poñendo especial atención nas novas xeracións de inmigrantes, co Programa Mámá, Colo de apoio a maternidade e a crianza e co Programa de Intervención socioeducativa para menores inmigrantes.
En canto á area de Sensibilización e Educación ao desenvolvemento, Viraventos traballou ao longo de todo o ano, na loita contra a discriminación racial coa Campaña Lapis cor carne, poñendo atención, unha vez máis, nos máis pe-quenos/as.
No que respecta á área de Codesenvolvemento, continuamos co proxecto iniciado no ano 2012, executando a II Fase do Plan formativo para axentes de desenvolvemento local nas rexións de Dakar e Thies (Senegal).
Actividades 2013
INMIGRACIÓN +
+ + +
14 14
ACCIÓN SOCIAL
PROGRAMA DE
INTEGRACIÓN
E COHESIÓN SOCIAL
15
A filosofía da organización enmarca un proxecto de traballo
baseado na profesionalidade e a orientación á persoa usuaria, có obxectivo de prestar unha atención regular, constante no tempo, e da máxima calidade posible, ache-gando solucións complementarias ou alternativas aos servi-zos sociais públicos.
Este Programa propón una serie de actuacións en materia de acollida e integración social de persoas inmi-grantes, có propósito de que a súa incorporación e integración social na sociedade galega, se realice de for-ma efectiva e en condicións de igualdade e non discriminación con respecto aos cidadáns galegos. A metodoloxía deste Programa baséase na transversalidade e a multidimensionalidade, e a execución das accións realízase de forma paralela para poder atender a tódalas dimensións da problemática da poboación coa que se traballa.
PROGRAMA DE INTEGRACIÓN
E COHESIÓN SOCIAL
Favorecer a convivencia intercultural e a completa integración social do colectivo inmigrante.
8,51%
9,55%
2,24%
1,10%
9,91%
14,31%
16,56%0,19%
0,77%
13,28%
23,57%
Acollida
Asesoramento enextranxeiríaAsesoramento e mediacióncó sistema sanitarioAtención específica á mullerinmigranteMediación intercultural
Formación
Banco de alimentos
Fondo social
Intervención socioeducativacon menoresApoio a maternidade e acrianzaAsesoramento laboral
16
ACOLLIDA A acollida cumpre unha función imprescindible, supón o primeiro achegamento ao beneficiario/a e é a ponte cara ao seu proceso de integración.
PROGRAMA DE INTEGRACIÓN
E COHESIÓN SOCIAL
369 PERSOAS ACOLLIDAS NO 2013
2455 PERSOAS ACOLLIDAS DENDE O 2007
Perfil das persoas usuarias de Viraventos no 2013
17
ASESORAMENTO E
MEDIACIÓN INTERCULTURAL
Servizo de información e orientación social
Xestións de empadroamento e trámites de documentación.
Busca e asesoramento nos trámites de aluguer de vivenda.
Xestións de acceso á escolarización básica e seguimento
escolar.
Orientación e apoio na tramitación de documen-
tos, solicitudes, axudas sociais, etc.
Orientación e apoio no acceso a recursos.
Servizo de asesoramento e mediación có sistema sanitario
Información sobre o Sistema Público de Saúde e o novo regulamento sobre o acce-
so á tarxeta sanitaria.
Tramitación de tarxetas sanitarias
Xestión das citas e consultas médicas
Acompañamento das persoas enfermas ás consultas de atención Primaria e/ou
Especializada e en situacións de hospitalización, realizando tarefas de mediación socio-
sanitaria.
Seguemento a todo aquela persoa usuaria con algún problema médico que non
conta coa autonomía suficiente para elo.
Servizo de asesoramento administrativo e xurídico en materia de estranxeiría
Asesoramento xurídico individualizado en materia de
estranxeiría .
Mediación cós abogados/as de oficio, no caso de deten-
ción policial.
Acompañamentos en casos puntuais considerados de
especial gravidade
117 actuacións
1107 actuacións
94 actuacións
18
PROGRAMA DE INTEGRACIÓN E COHESIÓN SOCIAL
ASESORAMENTO E
MEDIACIÓN INTERCULTURAL
Servizo de atención específica á muller inmigrante.
Asesoramento e acompañamento en caso de violencia de xénero.
Asesoramento e acompañamento en situacións de explotación por razón de xéne-
ro nos diferentes ámbitos (social, sexual, laboral,…).
Actuacións sanitarias específicas (atención psicolóxica e educación sanitaria)
Obradoiros de información e sensibilización dirixidos a incrementar o seu nivel de
participación social.
Obradoiros de información e sensibilización sobre dereitos fundamentais, concep-
tos de igualdade, conciliación laboral, ...
Servizo de mediación intercultural
ACCESO AOS RECURSOS SOCIAIS PÚBLICOS E PRIVADOS:
Acompañamento a recursos de información ou tramitación a aqueles/as usuarios/as que o requiran.
Labores de tradución e interpretación.
Achega de claves sociais e culturais dos distintos colectivos ante profesionais da intervención social,
sanitaria,….
POTENCIACIÓN DA PARTICIPACIÓN SOCIAL E CIDADÁ:
Posta en contacto de usuarios/as coas entidades cívicas e comunitarias.
Potenciamiento da participación dos usuarios/as nos acontecementos públicos do barrio.
ESTABLECEMENTO DE RELACIÓNS DE CONVIVENCIA INTERCULTURAL NO ÁMBITO COMUNITARIO:
Mediación en tensións e conflitos.
327 actuacións
74 actuacións
19
INTEGRACIÓN E COHESIÓN SOCIAL
FORMACIÓN E
DESENVOLVEMENTO PERSOAL
Servizo de Orientación Educativa
Información sobre os recursos educativos dis-
poñibles na comunidade
Asesoramento sobre a solicitude de axudas,
bolsas, inscripcións,…
Asesoramento na homologación de estudos
realizados no país de orixe.
Aula de Alfabetización
Curso de alfabetización en lingua española
Aula de Idiomas
Curso de Iniciación ao Español
Curso de Iniciación ao Galego
Curso Avanzado de Español
Aula Dixital
Informática I
Informática II
Informática III
Aula de Acceso
Preparación de probas de acceso á formación regulada
(ciclos formativos superiores, ESA,…)
Preparación de probas de Español Nivel Básico, Interme-
dio e Avanzado da Escola Oficial de Idiomas
Preparación do exame teórico para obter o permiso de
circulación.
Aula Aberta
Curso sobre os dereitos cidadáns, a participación na vida civil e as
responsabilidades sociais.
Adestramento de habilidades sociais: comunicación, relacións
grupales e resolución de conflitos.
124 actuacións
105 alumnos/as
20
PROGRAMA DE INTEGRACIÓN E COHESIÓN
EMERXENCIA SOCIAL
Fondo social
Fondo destinado a axudas económicas de emerxencia social a aqueles/as usuarios/as que se atopan nunha situación de emerxencia na que periga a continuidade do seu proceso de inserción sociolaboral.
Banco de alimentos
En colaboración có Fondo Social Europeo, FOGGA e o Banco de Alimentos Rías Altas.
840 familias (1416 persoas) usuarias do Banco de Alimentos. 18216 kg repartidos
26 usuarios/as do Fondo Social 2809 € prestados
21
INTEGRACIÓN E COHESIÓN
22 22
ACCIÓN SOCIAL
PROGRAMA DE INSERCIÓN
LABORAL
23
Dende o inicio da actual crise, os inmigrantes levaron a peor parte do axuste do mercado laboral, debido principalmente á distribución sectorial do seu emprego e tamén pola concentración do mesmo no ámbito dos contratos temporais. A taxa de desemprego dos inmigrantes alcanzou o 37% no 2013, 12 puntos porcen-tuais máis que a correspondente ós españois. Tratase da diferencia mais elevada dos países da EU. A contratación temporal, que serviu de canle para a rápida incorporación do numeroso continxente de inmi-gración ao longo dos anos de auxe da economia, no momento de crise convertiuse no principal canle de axuste. É máis que probable que o elevado paro extranxeiro co que se pechou a recesión económica perdure no tempo.
“ O ensanchamento do diferencial de taxas de paro entre extranxeiros e nacionais corre o risco de converterse en crónico se non se adoptan accións encamiñadas a reequilibrar as desventaxas que afrontan os colectivos de inmigrantes e evitar a formación de bolsas de desemprego-pobreza-marxinación.” Joan Elias.
Factores que dificultan e limitan as oportunidades de emprego do colectivo inmigrante
Descoñecemen-to e falta de
acceso ás novas tecnoloxías
Falta de autonomía para desenvolverse
socialmente en espa-zos máis amplos que
o grupo de iguais ou o barrio.
Falta de apoio e medo ao
fracaso
Dificultades lingüísticas
Desmotivación para construir
alternativas vitais positivas.
Ausencia de redes sociais e familiares
Descoñecemen-to dos servizos de apoio para o acceso ao em-
prego.
Ausencia de formación regla-da e/ou homolo-
gada
Descoñece-mento do sis-tema laboral
galego
PROGRAMA DE INSERCIÓN LABORAL
24
Espazo dinamizado para a consulta e o uso dos recursos destinados a procura de emprego.
ESPAZO DE APOIO Á PROCURA ACTIVA DE EMPREGO
O Clube de Emprego ten como obxectivo desenvolver accións que faciliten a integra-ción no mercado de traballo dos/das inmigrantes e emigrantes retornados en situa-ción de desemprego e en risco de exclusión social. Estas accións parten da valoración previa das circunstancias persoais e laborais dos destinatarios, identificando e poten-ciando as súas habilidades ao obxecto de poñer ao seu alcance recursos formativos e de emprego. O Clube de Emprego configurase como un espazo físico de acceso público e de en-contro onde as persoas acuden a buscar emprego de forma titorizada. É un espazo aberto para a relación persoal e para o intercambio de información útil e relevante, dotado de recursos humanos, técnicos e tecnolóxicos para a procura de ofertas de emprego e formación.
RECURSOS DOS QUE DISPÓN O CLUBE DE EMPREGO
PROXECTO CLUBE DE EMPREGO
Espazo informativo
Destinado a ofrecer toda a infor-
mación actual sobre o emprego e a for-
mación.
Ofertas de emprego
Ofertas de formación
Convocatorias oficiais
Novas de interese en materia sociolaboral
Espazo tecnolóxico
Destinado a ofrecer de xeito gratuito,
aqueles recursos técnicos precisos
para a procura efectiva de emprego.
Espazo de relacións
Espazo fisico que pretende propiciar o
encontro entre as persoas usuarias do
mesmo e favorecer a relación inter-
persoal.
25
CLUBE DE EMPREGO
Formación prelaboral. Traballo grupal
Obradoiros de habilidades sociais para o emprego
Obradoiro de lexislación laboral básica.
Obradoiros de técnicas de procura de emprego.
Obradoiro da Nova Normativa das Empregadas do Fogar
Obradoiro sobre a Nova Reforma Laboral
Curso Búsqueda de Emprego a través de Internet
132 persoas usuarias
5280 ofertas de emprego publi-
cadas
1392 accións de orientación e
asesoramento laboral
63 alumnos/as
Orientación e asesoramento na definición do perfil profesional.
Itinerarios Persoalizados de Inserción.
Diagnóstico de empregabilidade
Orientación laboral.
Definición do Plan de Acción
Acompañamento á inserción
26
ACCIÓN SOCIAL
PROGRAMA DE INTERVENCIÓN
SOCIOEDUCATIVA CON
MENORES INMIGRANTES
27
PROGRAMA DE INTERVENCIÓN
SOCIOEDUCATIVA CON
MENORES INMIGRANTES
Este Programa xorde no ano 2011, có
propósito de mellorar a integración
escolar e social dos menores inmersos
en procesos migratorios.
Pretende ofrecer unha alternativa edu-
cativa durante as distintas etapas polas
que atravesan os/as menores, ofrecen-
do unha resposta global ás dificultades
de integración.
O Programa establece os seus obxecti-
vos atendendo aos 3 ámbitos funda-
mentais na vida dos/as menores inmi-
grantes: a familia, a escola e o grupo
de iguais.
Problemáticas derivadas do proceso migratorio
Desmotivación polo seu proceso de integración en España: O feito de que o proxecto migratorio sexa un-
ha decisión imposta polos seus familiares crea actitudes de rexeitamento cara aos seus proxenitores e cara
ás novas oportunidades que se lle ofrecen.
Modelos referenciais distorsionados: No caso de menores reagrupados con posterioridade aos seus pro-
xenitores, cando se produce o reencontro familiar pasaron anos moi importantes no desenvolvemento do
menor, polo tanto os roles familiares distorsionáronse e as relacións deterioráronse.
Adaptación á nova realidade económica da familia. A situación en España é moito máis precaria para os
menores reagrupados que o era no seu país de orixe polo que o seu status descende considerablemente.
Perda de lazos afectivos. A emigración supón a despedida de familiares e amizades que na época da ado-
lescencia ocupan un papel esencial na vida do/a menor.
Adaptación á nova convivencia en España. A adaptación á nova situación en España prodúcese normal-
mente baixo a tutela do seu pai/nai, que maioritariamente é a cabeza de familia e traballa fóra de casa. A
isto engádeselle a incorporación do/a menor a un novo sistema escolar, e á creación dun novo círculo de
socialización.
28
PROXECTO DE INTERVENCIÓN
SOCIOEDUCATIVA CON MENORES
INMIGRANTES.
NOVAS CARAS
Clases de aprendizaxe e reforzo escolar Obradoiros de técnicas de estudo Servizo de Logopedia Titorías de seguimento e intervención educativa
Servizo de Mediación Escolar Aula Intercultural
Obradoiros de Habilidades Sociais Educación no tempo de lecer
Plan de acollida familiar Acompañamento e traducción Mediación familiar
29
3 -17
anos
Centros educativos colaboradores:
CEIP Raquel Camacho
CEIP Sagrada Familia
CEIP María Barbeito
IES Agra I
IES Rafael Dieste
IES Urbano Lugris
IES Sardiñeira
Nº de alumnos/as: 45
Tempo de lecer
Sexo
Mozas
Mozos
50%
8%
34%
8%
Nacionalidade
Senegal
China
Perú
Marruecos
30
ACCIÓN SOCIAL
PROGRAMA DE APOIO A
MATERNIDADE E
A CRIANZA
31
A finais do ano 2012, detéctase no Servizo de Acollida da entidade que cada
vez son máis as mulleres inmigrantes, embarazadas ou cunha maternidade
recente que atravesan por graves dificultades para poder cubrir as súas necesi-
dades básicas e as dos seus fillos.
Ponse entón en marcha o PROGRAMA MAMA, COLO co desexo apoiar as nais
con nenos de 0-3 e coa finalidade de cubrir as necesidades básicas dos bebés
(alimentos, medicamentos, roupa, produtos de hixiene...), á vez que se ofrece
ás nais recursos de inserción social, formación e asesoramento laboral, apoio
ao crecemento persoal e orientación psicopedagóxica a través de diferentes
actividades e do apoio humano e profesional que precisen.
No ano 2013, as destinatarias do programa, foron 151 mulleres inmigrantes, en
situación de vulnerabilidade e exclusión e os seus fillos/ás de 0 a 3 anos, resi-
dentes na cidade da Coruña e na súa área metropolitana
(Arteixo, Culleredo, Cambre).
PROGRAMA DE APOIO A
MATERNIDADE E A CRIANZA MAMÁ, COLO
Problemáticas que afrontan as usuarias
Dificultades para conciliar unha inserción laboral coa crianza dos/as fillos/as. A carencia de recursos para a
atención á primeira infancia, e un mundo laboral que se presenta máis desregularizado e precario impide dar
resposta ás necesidades sociais e persoais das mulleres ás que nos referimos. O illamento social, nestas ocasións,
vívese de xeito acentuado e fai da maternidade un período de gran soidade. A falta de acompañamento e orien-
tación na crianza dos fillos/ás acentúase pola falta de presenza da familia extensa, principalmente no caso de nais
inmigradas.
Carencia de recursos económicos.
Falta de redes familiares. O illamento social, nestas ocasións, vívese de xeito acentuado e fai da maternidade un
período de gran soidade. A falta de acompañamento e orientación na crianza dos fillos/ás acentúase pola falta de
presenza da familia extensa.
Dificultades co idioma e cos patróns culturais.
O embarazo, nalgunhas ocasións, non é previsto nin planificado, e isto provoca que algunhas mulleres non es-
tean preparadas para asumir a nova situación. As dificultades e conflitos familiares acentúanse ante o estrés eco-
nómico e vivencial que supón o nacemento dun fillo.
32
PROGRAMA DE ATENCIÓN Á MATERNIDADE
E Á CRIANZA MAMÁ,COLO Proxecto ACOMPAÑAMENTO SOCIAL INTEGRAL
Servicio de acollida Servicio de información, orientación e acompañamento social.
Servicio de asesoramiento e mediación có sistema sanitario.
Servicio de atención específica en casos de violencia de xénero.
Servicio de Emerxencia Social.
2089 actuacións
Proxecto LABORA
Itinerarios Persoalizados de Inserción Laboral
Cursos de formación: Habilidades Sociais para o emprego.
Proxecto AULA DE FORMACIÓN
Aula de alfabetización:
Curso permanente de alfabetización e reforzo dos procesos de comprensión lectoescritura e cálculo.
Aula de Idiomas:
Curso de Iniciación ao español
Curso Avanzado de español
Curso de Iniciación ao galego Aula Dixital:
Informática I, Informática II, Informática III.
Proxecto EDUCAMATERNAL
Preparación ao parto
Espacio familiar compartido
Escola de nais e pais
13 actuacións
98 actuacións
723 actuacións
33
151
usuarias
Be
bete
ca A C
ASIÑ
A Esp
azo d
e Gard
a
34
Campaña SEGUNDAMANITA
CAMPAÑA CONTRA A POBREZA INFANTIL
Recollida de artigos de primeira necesida-de (roupa, zapatos, pañais, leite, cunas,…) nas Escolas infantís da cidade da Coruña, adheridas á Campaña, e entrega entre as familias participantes no Programa Mamá, colo.
35
SEGUNDAMANITA
36
SENSIBILIZACIÓN E
EDUCACIÓN AO
DESENVOLVEMENTO
37
Foros, encontros e
plataformas
Sensibilización e Educación ao desenvolvemento
Nunha sociedade onde a diversidade cultural é un feito crecente, debemos abordar necesariamente a cuestión do enriquecemento mutuo. A comunicación é a premisa para evitar que posibles situacións de conflito se convirtan en asuntos sen solución e, á vez, é o camiño cara o respeto mutuo. Dende Viraventos, consideramos que para que a interculturalidade sexa unha realidade, é condición indispensable a concienciación sistemática e gradual, mediante espazos e procesos de interacción positiva, de confianza, de re-coñecemento mutuo, aprendizaxe e intercambio. Actualmente, a realización de campañas e actividades de sensibilización e educación, considéranse necesarias có fin de favorecer unha liña de acción pública que fomente a convivencia e a loita contra a discriminación na socieda-de de acollida.
Denuncia e
movilización
Partici-
pación
38
Campaña dirixida ao alumnado de primaria dos cen-
tros educativos públicos de Lugo e A Coruña.
“Me gustan todos los colores, el amarillo pues es el color del sol, el verde, el color de la selva, pero el que más me gusta de todos es el color carne”.“Binta y la gran idea”.*
A Campaña Lapis cor carne ten como obxectivo previr condutas dis-
criminatorias, racistas e xenófobas a través da sensibilización da so-
ciedade galega, sobre a problemática do racismo, fomentando valo-
res de solidariedade, xustiza e diversidade cultural, e promovendo a
difusión dos dereitos humanos.
“Mi padre dice que debemos aprender del comportamiento de los pájaros. Los pájaros son tan listos que cogen lo mejor del norte y lo mejor del sur.” “Binta y la gran idea”.*
Dende Viraventos cremos que é preciso dar a coñecer á infancia e á
mocidade galega, os aspectos positivos da diversidade, e máis no
momento económico actual que estamos a vivir, no que se fomen-
tan sentimentos negativos como o egoísmo, a xenofobia e o etno-
centrismo. E para facelo debemos traballar directamente cos centros
educativos. A escola supón o lugar que une nun mesmo ámbito a
persoas cunha variedade cultural, ideolóxica, económica, étnica,
lingüística. … que non se dá en ningún outro ámbito da vida. Supón
polo tanto unha riqueza e unhas posibilidades de traballar valores de
pluralidade e tolerancia que son básicos para o posterior desenvol-
vemento dunha sociedade.
A tolerancia non é só o recoñecemento dos dereitos dos que
son diferentes, senón aceptar que a convivencia cos que son
diferentes pero iguais en dereitos, enriquece e fortalece a
formación dunha personalidade solidaria.
39
Día internacional contra a discriminación racial Con motivo do Día Internacional contra a discriminación racial a ONGD Viraventos
chamou á reflexión e a sensibilización aos/ás cidadans do barrio Agra do Orzán
(barrio con maior indice migratorio da cidade da Coruña) a través da acción “O
racismo e o lixo bótao aquí”.
O 21 de marzo amenceu diferente na Agra do Orzán, as papeleiras e colectores
recordabannos a cada paso que é preciso seguir loitando contra o racismo.
Hoxe en día o racismo adopta formas diversas, ainda que cun nexo común, alimen-
tado de prexuizos, sempre conleva discriminación, segregación, rexeitamento á
cultura e aos valores alleos.
O racismo pode manifestarse en condutas violentas ou agresivas pero tamén é
racismo a negación de dereitos (especialmente en materias como a sanidade, a
educación ou os servicios básicos), os desprezos ou os falsos estereotipos.
Deste xeito, non cabe dúbida que día tras día, estamos a vivir actos e actitudes de
racismo, dende os poderes políticos, dende os medios de comunicación e por su-
posto tamén dende a sociedade civil.
Accións realizadas en centros
educativos: 48
Alumnos/as destinatarios: 421
40 40
PROMOCIÓN DO
TERCEIRO SECTOR
MICROPROXECTOS DE
COOPERACIÓN AO
DESENVOLVEMENTO
E CODESENVOLVEMENTO
41
A taxa de desemprego de Senegal para o ano 2012, aproximábase ao 50%. Esta situación favoreceu na última década o aumento das taxas de emigración, tanto a dirixida aos maoires núcleos urbanos do país como a migración interna-cional. Sen embargo, este fluxo migratorio produce con frecuencia “contrafluxos”, é dicir, movementos en sentido inverso que protagonizan as persoas inmigradas que toman a decisión de voltar a os seus países de orixe. Sen embargo, no caso da inmigración senegalesa aparece unha nova modalidade de retorno, aquela que se desenvol-ve de xeito parcial, é dicir, a que levan a cabo os inmigrantes que regresan asiduamente a Senegal pasando alí longas estancias, pero regresando de volta novamente a España. Dende Viraventos cremos que é preciso aproveitar esta mobilidade dos inmigrantes senegaleses para impulsar o de-senvolvemento económico do país, utilizando os coñecementos adquiridos en España xunto có coñecemento da reali-dade socioeconómica de Senegal para actuar como axentes de desenvolvemento nas súas comunidades de orixe. Polo tanto, este é un proxecto deseñado para fomentar o vínculo entre a migración senegalesa e o desenvolvemento local, que pretende incrementar o valor do retorno, permanente ou parcial, dos inmigrantes senegaleses mediante a cooperación entre as organizacións da sociedade civil do país de orixe e o país de retorno.
PLAN FORMATIVO PARA AXENTES
DE DESENVOLVEMENTO LOCAL
Fase I 2012 Formación de Formadores/as
Fase II 2013 Formación de Emprendedores/as.
Xornadas de capacitación para o emprendemento des-tinadas a traballar a actitude cara o emprendemento, ofrecendo as ferramentas precisas para descubrir ideas emprendedoras e as claves para a creación do seu propio negocio.
Xornadas de sensibilización e reflexión sobre a actual realidade migratoria en Europa destinadas a dar a coñecer a situación socioeconómica actual de España, así como a situación a que se enfrontan os inmigrantes en situación irregular, os riscos das viaxes por fronteiras irregulais, e as alternativas que a mocidade local pode atopar no seu país.
Xornadas de sensibilización e reflexión sobre a canalización das remesas cara a inversión e o em-prendemento destinadas a sensibilizar á mocidade sobre como as remesas poden constituir un importante motor de desenvolvemento nos países de orixe dos inmigrantes, se éstas se canalizan de forma axeitada.
Localización
Dakar e Thies
(Senegal)
Accións realiza-
das: 4
Persoas destina-
tarias: 328
42
COMUNICACIÓN
PRESENCIA INSTITUCIONAL
43
www.viraventos.org Redes sociais
197 seguidores/as
114 publicacións
3852 amigos/as
352 seguidores/as
396 publicacións
Aparicións en prensa e páxinas web
Participación institucional e colaboracións
Participación nas Xornadas de sensibiliza-
ción sobre a interculturalidade da ONGD
Participación no XV Encontro en Rede
coa ONG Entreculturas
Participación no Programa Más Social da Fundación Barrié
A Conselleira de Traballo e Benestar visi-
ta a sede de Viraventos
O Director Xeral de Xuventude e Volun-
tariado visita a sede de Viraventos Participación nunha mesa de debate coa
Dirección Xeral de Xuventude e Volunta-
riado e outras entidades de voluntariado.
44
AS CONTAS CLARAS
Informe económico 45
Resumo de ingresos e gastos do 2012
Cómo se distribúen os fondos
Cómo se obteñen os ingresos
INGRESOS GASTOS
98920,49103325,12
1% 3%
96%
Procedencia dos ingresos privados
Socios/as Doazóns Subvencións
0% 10% 20% 30% 40% 50% 60%
Administración estatal
Administración autonómica
Administración local
Unión Europea
34
32
11
23
1
Persoal Arrendamentos e mantemento locais
Comunicacións e subministracións Servizos profesionais independentes
Dietas e desprazamentos Proxectos
Seguros,servizos bancarios e impostos e tributos
46
AGRADECEMENTOS ENTIDADES
COLABORADORAS 47
Entidades financiadoras
Entidades colaboradoras
Centros educativos IES Urbano Lugrís
IES Agra do Orzán
CPR Esclavas del Sagrado Corazón
IES Fernando Wirtz
CEIP Raquel Camacho
IES Salvador de Madariaga
IES Rafael Dieste
CIFP Anxel Casal
Outros ANPA Escuela infantil Arela
Grupo de apoio Todos con Diego Novo
Agra activa
Entidades sociais e do ámbito das migracións
Todo o noso agradecemento para o
voluntariado, persoas socias, doantes,
… e todas aquelas persoas que colabo-
raron dun ou outro xeito connosco.
Sen vós todo este traballo non sería
posible.
ONGD Viraventos
48
49
ONGD VIRAVENTOS
R/ Alcalde Lens 34 1º C
15010 A Coruña
Tlf. 881889460 / 698179375
www.viraventos.org