Download - Non te rendas beleza dos cabalos
Non te rendas, aínda estás a tempo
de alcanzar e comezar de novo,
aceptar as túas sombras, enterrar os teus medos,
liberar o lastre, retomar o voo.
Non te rendas que a vida é iso:
continuar a viaxe, perseguir os teus soños, destrabar o tempo, varrer os entullos e destapar o ceo.
Non te rendas, por favor non cedas,
Aínda que o frío queime, aínda que o medo morda,
aínda que o sol se esconda,
e se cale o vento, aínda hai lume na túa alma
aínda hai vida nos teus soños.
Porque a vida é túa e teu tamén o desexo
porque o quixeches e porque te quero.
Porque existe o viño e o amor, é certo.
Porque non hai feridas que non cure o tempo.
Abrir as portas, quitar os ferrollos,
abandonar as murallas que te protexeron.
vivir a vida e aceptar o reto,
recuperar a risa, ensaiar o canto,
baixar a garda e estender as mans,
despregar as ás e intentar de novo,
celebrar a vida e retomar os ceos.
Non te rendas, por favor non cedas,
Aínda que o frío queime, aínda que o medo morda,
aínda que o sol se poña e se cale o vento,
Aínda hai lume na túa alma, aínda hai vida nos teus soños
Porque cada día é un comezo novo. Porque esta é a hora e o mellor momento.
Porque non estás só/soa.
Porque eu te quero.
Autor: Mario Benedetti, ensaísta, poeta e escritor
(Uruguai, 1920)
PARA TODOS
OS MEUS AMIGOS