Download - Muíños grupo 1 corrixido
Os muíñosGrupo 1:
•Xana Rodríguez
•Pablo Otero
•Iván López
•David Fernández
•Carmen Pavón
•Ana García
•Iria Rivas
Que é un muíño?Un muíño é un artefacto ou máquina que serve para moer usando aforza do vento ou da auga. É unha das mostras de arquitectura popularque máis abunda na paisaxe galega. Forma parte do conxunto deconstrucións adicadas á fabricación dun elemento básico da alimentación: opan. Deste xeito o muíño posúe un evidente valor no plano económico; pero,ademais, xoga un importante papel nas relacións sociais da Galicia rural.
Muíños de ríoNestes muíños, que podían estar en funcionamento case continuamente,aprovéitase con moita facilidade a auga que transcorre polo río, xa que éabundante. Nun lugar apropiado realízase unha presa e ao saír a auga dela,move cun sinxelo mecanismo as pedras do muíño.
Muíños de marea ou de ríaOs muíños de marea eran inxenios destinados á molturación dos cereais(fariña de trigo) e moenda de sal que aproveitan as subidas da marea paraencher a presa e despois esta sóltase para mover o sistema do muíño.Durante séculos foron construidos ao longo da costa atlántica europea(Holanda, Gran Bretaña, Francia, Portugal e España), localizadosprincipalmente nos caños, canles e ríos, onde a enerxía potencial dasmareas era máxima, o que lles permitía funcionar durante unhas seis horaspor cada ciclo preamar-baixamar.
Muíños de caldeiro
A súa principal dificultade está en envasar a auga, xa que ao dispoñer depouca por tratarse de vales con regatos ou pequenos ríos, utilízase uncaldeiro ou pozo, xunto á casa ou na mesma casa, cunha profundidade de10 a 11 metros. Unha vez cheo o caldeiro e o cauce que o acompaña(tarda unhas tres horas), podíase moer durante unha hora.
Outros muíños
• Muíños de aceite: en Galicia este tipo de
muíños construíronse en lugares onde as
características climatolóxicas permitiron a
introdución dunha especie mediterránea como é
a oliveira.
• Muíños da casca: neles moíase a cortiza de
certas árbores que logo se utilizaba no curtido
de peles ou para encasca-las redes.
Partes dun muíño
• Presa, guiar ou ceña: é unha paredeconstruída con pedras grandes que seemprega cando o muíño non se atopa noálveo natural do río e serve para leva-laauga ata el.
• Gavada, gavia ou loada: rego feito naterra para conduci-la auga dende a presaata o muíño.
Partes dun muíño
• Canle: é un depósito vertical onde se almacenaa auga que vén da gavada e serve paraaumenta-la presión desta cando o caudal épequeno.
• Edificio do muíño: serve para acubilla-losmecanismos de trituración do gran e sitúaseun pouco por riba do nivel do río. É unhaconstrucción normalmente de forma cadradaou rectangular con muros de cachotería degranito ou xisto e cuberta construída sobreunha armazón de madeira.
Partes dun muíño
No seu interior, e de abaixo arriba, podemosdiferencia-los seguintes elementos mecánicos:
• INFERNO: cavidade que acubilla o rodicio.Está formado por dúas paredes laterais, unhadelas cun pequeno oco para o billote e a partefrontal, chamada sartén. Nesta hai outro oco(ou ocos) que serve para dar saída á augadespois de move-lo rodicio.
Partes dun muíño
• TREMIÑADO: situado enriba do inferno, é oespacio onde se leva a cabo a moenda. A súaplanta divídese en dúas partes: unha co pisode madeira, de pedra ou terreo, e outra queleva unhas grosas pedras de gran que salvan adistancia que hai entre os muros laterais doinferno e soportan o peso do pé e da moa.
Partes dun muíño • RODA: é o elemento que pon en movemento a
peza de moer. Pode ser horizontal ou vertical;no primeiro caso chámase rodicio e, nosegundo, bruia.
• O rodicio: polo xeral é de madeira ou deferro, cunha serie de aspas en forma de cullere dispostas radialmente chamadas penas.Estas ó recibi-la presión da auga póñeno enmovemento. Un eixe transmite estemovemento á peza de moer.
Partes dun muíño
• A bruia é de maiores dimensións que aanterior e está fixada a un eixehorizontal que fai chega-lo seumovemento á peza de moer a travésdunha engrenaxe que transforma arotación vertical da roda nunha rotaciónhorizontal.
Partes dun muíño
• PEZA DE MOER: situada no interior doedificio, componse de varias partes:A moega: é unha caixa de madeira enforma de pirámide invertida. Estáaberta pola parte superior, para poderbota-lo gran, e pola inferior, para que oscereais caian nunha canle, tamén demadeira, chamada quenlla ou adella.
Partes dun muíño
• PÉ: é unha peza de pedra de forma circular,fixa, moi sólida, sobre a que se coloca a moa,tamén de pedra, pero de menor tamaño emóbil. Ó xirar desfai o gran contra o pé. Dasxuntas da moa e do pé sae a fariña que vaicaer nun lugar chamado farneiro.
• A quenlla regula a caída dos cereais e diríxeocara ó ollo da moa, situado no seu centro. Porel o cereal métese entre a moa e o pé.
O noso muíño
• Este muíño foi construído no ano 1870 e,segundo o noso muiñeiro, xa pasou por variasmans.
O muiñeiro
• Chámase Edelmiro e contounos que levabacorenta e catro anos no muíño e que lle gustamoito o seu traballo.
Muíño de trigo
Explicounos como funcionaba e as súas partes.
Ten dúas pedras, a de abaixo chámase pé e éfixa; a de enriba chámase capa e é móvil.
Muíño de trigo
• Tamén vimos a muxega, que é onde se vaibotando o trigo para despois moer. Esta levaun pau que se chama trate.
Muíño de trigo
• A peneira, outra parte do muíño, está enmovemento e serve para separar a fariña, omáis fino, do salvado, que é máis gordo e servede alimento para os animais.
Muíño de maíz
• É moi similar ao muíño de trigo, só que estemoía maíz e non producía salvado, xa saía afariña directamente.