Download - Moemia xaneiro 2014 133
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Índice
O Artigo
Deportes
Recuncho Literario
O Noticiero
Carteleira
Enlaces de interese
Poesía
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI
3
4
8
9
11
12
12
3
7
8
10
11
12
12
Edita:
COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.
Consejo de Dirección:
Directora:
Rosa M. Pías Salgado
Coordinadora:
Purificación Salvador Rebolo
Maquetación:
Enrique Sanmartín
Redactores de sección:
Juan Antonio García
José Manuel Ramil
José Luis Vázquez
Luis Fernández Trinidad
Enrique Sanmartín
Ana Varela
Jose Rodiño
Roberto Camba
Manuel Paz
Francisco Gullón
Ricardo Lamazares
Nieves Gayoso
Antonio Fernández
Ana Cristina Piñeiro
Manuel Rosón
Óscar Vigo
Jose Luis López
José Carlos Vázquez
Luis Alberto García
Ramón Veiga
Miguel Regueiro
Arturo Fojón
Francisco J. Solana
Gustavo Latorre
Manuel Álvarez
José Manuel Ulla
Juan Antonio Jiménez
Ana Novo
Colaboración Externa:
José Ángel Vázquez
3 ARTIGO
COGAMI rexistra un lixeiro ascenso en número de contratacións de persoas con discapacidade con respecto ao ano pasado2013 é o primeiro ano, dende o inicio da crise, que o servizo de emprego de COGAMI mantén o número de contratacións.
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade pechou o exercicio do ano 2013 conseguindo 2.224 insercións laborais novas en Galicia, unha cifra que estabilizou o número de contratacións do colectivo das persoas con discapacidade con respecto ao ano anterior. Desde que iniciou a crise, é durante este ano cando se rexistran uns datos de insercións máis estables comparándoos cos anos anteriores, onde se chega a rexistrar unha baixada de ata o 20%.
Na seguinte táboa, se recollen os datos de insercións laborais realizadas en cada unha das sete oficinas que ten abertas COGAMI nas principais cidades.
O 78,5% dos empregos proceden da contratación a través da empresa ordinaria, sendo estes 1.744, e o resto a través dos centros especiais de emprego. Dentro das colaboracións nas que participa COGAMI para a inserción laboral está o programa Incorpora Galicia da Fundación la Caixa que ten como obxectivo a inserción de persoas en risco de exclusión social e tamén programa o Integrado de emprego que financia a Fundación Vodafone.
Destas insercións laborais que se produciron dentro deste colectivo durante o ano 2013, un total de 1.340 foron realizadas a través do Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI (SIL) que se encargou de captar ofertas, moitas delas durante as visitas que realizaron ás empresas. En 2013 visitaron 639 empresas e 176 a entidades.
O SIL ten inscritas como demandantes de emprego a 26.309 persoas, incorporándose 1.697 persoas novas durante 2013. Estas incorporacións prodúcense tras concertar unha entrevista de orientación laboral cos e coas profesionais que forman parte do SIL e que durante 2013 realizaron 2.797 entrevistas de orientación, accións que serven para coñecer o perfil, intereses, capacidades e formación que ten a persoa, co fin de poder facilitarlle o acceso á incorporación laboral.
A gran maioría dos novos usuarios que veñen ao SIL fano derivados polo Servizo Público de Emprego, sendo outras vías de primeiro contacto as traballadoras sociais dos concellos, a través doutras entidades do terceiro sector, por familiares ou amizades que coñecen o SIL, etc.
Nieves Gayoso
4 NOTICIEIRO
Antonio Fernández
A pesar dos avances logrados no
transcurso dos últimos anos, na
loita contra a discriminación sufrida
polas persoas con discapacidade,
aínda seguen quedando cantidade
de situacións nas que o
mencionado colectivo segue
sufrindo moitas dificultades á hora
de integrarse con normalidade na
sociedade.
Por este motivo o Comité Español
de Representantes de Persoas con
Discapacidade, (CERMI), vai
realizar durante o actual mes de
xaneiro un catálogo con situacións
discriminatorias contra o sector da
discapacidade.
Pasarase un cuestionario e unha
ficha de recollida de datos a todo o
tecido asociativo da discapacidade
de España solicitando que se
indiquen as situacións de
discriminación máis lesivas para os
dereitos destas persoa.
A devandita lista recollerá cen
vulneracións dos dereitos das
persoas con discapacidade e con
estas preténdese denunciar o
moito que queda por acadar neste
campo.
Loitando contra a discriminación
Boneca con discapacidade
Unha nena de 10 anos con discapacidade, Melissa Shang e
auténtica fan dunha colección de bonecas as "American Girl,
solicitou á empresa responsable da mesma que fabrique unha
boneca con discapacidade.
Melissa dirixiu esta petición en forma de carta aos responsables da
empresa na que se dirixe a eles nos seguintes termos: "Por favor,
American Girl, distribúan unha "Moza do Ano" para o 2015 que estea
en cadeira de rodas, para que todas as nenas poidan aprender
acerca da dificultade de nacer cunha discapacidade. As nenas con
discapacidade son pequenas tamén. Teñen os mesmos
pensamentos e sentimentos, e merecen que as súas historias sexan
contadas".
Shang desexa que as nenas como ela poidan verse dun xeito totalmente novo. A súa petición acumulou máis de 120.000 firmas dende
o inicio desta campaña o pasado 27 de decembro.
A empresa por outra parte xa respondeu á petición desta nena cun breve texto: "Apreciamos o entusiasmo e a confianza que os nosos
fans teñen en e nós para crear produtos e historias que falan da diversidade e a inclusión".
Melisa ten moita fe en que se cumpra o seu desexo.Manuel Paz
5 NOTICIEIRO
Solicítase por parte do CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade), que se aprobe en breve o novo marco legal sobre indemnizacións económicas ás vítimas de accidentes de tráfico.
Os demais países europeos, teñen unhas indemnizacións en contía moi superiores ás que se dan en España, que non se revisan dende 1995, senón que simplemente se actualizan conforme á inflación. Polo tanto estas compensacións económicas non son suficientes para reparar os efectos económicos de todo tipo que o accidente representa para as vítimas e as súas familias.
O CERMI recorda que a fiscalía sinalou o baremo actual de indemnizacións como insuficiente, o cal confirma que existe conciencia de formular unha completa revisión destas táboas e con iso intentar que se acheguen ás necesidades actuais das vítimas.
Por todo isto, o CERMI solicita un novo cadro de indemnizacións para que estas sexan dignas e suficientes e que estean orientadas a proporcionar cobertura e apoio a todo tipo de vítima para que esta poida reincorporarse á vida en comunidade e que se potencie ao máximo a súa autonomía persoal.
O CERMI reclama a implantación a curto prazo da normativade indemnizacións a vítimas de accidentes de tráfico
Carlos Vázquez
Recorrido o copagamento farmacéutico hospitalarioante a Xustiza
A xustiza será a que resolva sobre a legalidade da resolución do ministerio de Sanidade que establece os criterios de participación no custo (copagamento) dos usuarios da presentación farmacéutica dispensada no medio hospitalario, xa que o CERMI (O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade) recorreu esta medida ante a xustiza.
Tras a negativa do departamento presidido por Ana Mato a alegacións do Comité, o CERMI pide o amparo xudicial contra a resolución ministerial, que regula a aplicación da previa extensión legal do copagamento aos medicamentos que se subministran no ámbito hospitalario, para pacientes non ingresados, que ata esta modificación da lei estaban exentos de achega do usuario.
Non comparten ao mesmo modo a actitude de Sanidade xa que restrinxen o acceso de moitas persoas con discapacidade e enfermas crónicas á prestación farmacéutica, facendo que se comprometa o dereito destas persoas ao seu dereito á saúde e á asistencia sanitaria.
Con este recurso ante en contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, o CERMI solicita a anulación da resolución ministerial, do mesmo modo a súa suspensión preventiva ata que se pronuncie o órgano sobre a cuestión de fondo.
Arturo Fojón
6 NOTICIEIRO
As persoas con discapacidade consumenmenos antidepresivos que as que non teñen discapacidade
Nieves Gayoso
Un estudo realizado polas farmacéuticas Inés
Gayoso e Esther Fernández conclúe que as
persoas con discapacidade sofren menos
depresión que as que non teñen discapacidade.
Algúns dos factores desencadeantes da
depresión son a enfermidade, a soidade e o
estrés crónico., de aí, que o resultado sexa
sorprendente.
Ao inicio da investigación, as autoras do estudo
formuláranse que talvez houbese un maior
índice de persoas deprimidas na poboación con
discapacidade, a priori, máis vulnerable a algún
destes factores. Non obstante, o estudo
demostrou o contrario. O uso de
antidepresivos na poboación con
discapacidade é lixeiramente inferior ao da
poboación ausente de discapacidade.
Debido talvez, a que todas as persoas con discapacidade incluídas na investigación son física e socialmente activas, forman parte e
participan asiduamente nas actividades das distintas asociacións ás que pertencen, diminuíndo desta forma o impacto dalgúns dos
factores desencadeantes da enfermidade. - de non ser así talvez as conclusións fosen distintas- afirman as autoras.
Para a realización do traballo as farmacéuticas enquisaron 300 persoas pertencentes a ambos colectivos da provincia de Lugo. Tras a
análise destas, constataron ademais, que as mulleres de ambos grupos sofren máis depresión que os homes e que canto maior é o
tempo do inicio da discapacidade menor porcentaxe no uso de antidepresivos.
O último barómetro realizado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas
(CIS), mostra que a xeneralidade da cidadanía é consciente da difícil
situación pola que atravesan as persoas con discapacidade e as súas
familias, debido á crise económica, e como consecuencia desta, os
recortes que as administracións públicas aplican a este sector
desfavorecido da sociedade.
Considérase que as Administracións Públicas non fan todo o que deberan
para paliar os problemas dun sector que tradicionalmente foi marxinado á
hora de satisfacer as súas expectativas de inclusión nunha sociedade
pouco sensible cos seus problemas.
Como conclusión pódese dicir que as organizacións sociais que realizan
as súas actividades dentro deste sector son o principal apoio do que
dispoñen as persoas con discapacidade, moi por enriba das
Administracións Públicas, que non acaban de estar á altura esperada.
A cidadanía española é consciente da difícil situación pola que pasa o colectivo da discapacidade
Juan García
7 NOTICIEIRO
A utilización da impresión en 3D é unha das tecnoloxías
que suscita maiores expectativas e que pode supoñer
unha revolución nos procesos industriais xa que o seu
potencial pode ser recoñecido hoxe. As novas
impresoras 3D están a punto de ser liberadas das súas
patentes e isto redundará na xeneralización do seu uso.
Ata o momento, estas impresoras de última xeración
utilizábanse para acelerar procesos de prototipado, e
son utilizadas tamén na planificación de proxectos tanto
de enxeñaría como de arquitectura. Do mesmo xeito
son un recurso que manexan os cirurxiáns antes dunha
intervención, polo que o seu uso tanto nestes campos
coma no campo artístico ou o da creatividade son
innumerables.
Aproveitando esta tecnoloxía de impresoras 3D púxose
en marcha un proxecto chamado " Proxecto Daniel". O fin deste proxecto é a fabricación de próteses ortopédicas cun custo baixo duns
100 dólares (menos de 75 €) para as vítimas da guerra de Sudán.
O creador desta impresora 3D " Printrbot", é Brook Drumm o cal afirma sentirse moi satisfeito de que a súa impresora poida solucionar
problemas reais. Para este proxecto ademais necesitouse do asesoramento do doutor David Putrino, especialista en neurociencia do
control da motricidade, e levouse a cabo grazas ao respaldo económico de Intel e Precipart.
José Manuel Ulla
Impresoras 3D para a fabricación de próteses
A Federación Discafis-COGAMIreúniuse co Alcalde de BarbadásO pasado 15 de xaneiro, na casa do concello de Barbadás, a Presidenta da Federación Provincial de Asociacións de Discapacitados Físicos de Ourense (Discafis-COGAMI), Laura Quintas, reuniusese co Alcalde do Concello de Barbadás, José Manuel Freire Couto, para presentarlle os servizos que realiza a entidade a favor das persoas con discapacidade.
Discafis-Cogami leva en vigor 24 anos e, dende outubro de 2012, conta cunha nova xunta directiva que ten como un dos seus obxectivos principais, o de converterse nun referente na provincia de Ourense como entidade integradora das asociacións de ámbito comarcal e provincial. A Federación quere chegar a todas aquelas persoas con discapacidade, potenciando o movemento asociativo, sobre todo naquelas zonas rurais onde o illamento das persoas con discapacidade é maior.
Discafis-COGAMI está a realizar un estudo sobre accesibilidade e eliminación de barreiras, apoiado pola Obra Social “La Caixa”, co obxectivo de traballar por lograr un entorno máis accesible. Este proxecto foi presentado ao alcalde de Barbadás, xunto co servizo de formación e emprego (SIL) que COGAMI ten en Ourense, formado por catro orientadores laborais que atenden na oficina da cidade e que tamén se desprazan ata as zonas do rural. Precisamente, a Presidenta foi acompañada do orientador laboral, Carlos Vázquez, que se encarga de atender ás persoas usuarias deste concello.
Ramón Veiga
8 DEPORTES
A División de Honra da Liga Nacional de Baloncesto en Cadeira de Rodas, tras disputarse a sétima xornada da tempada, está liderada nos seus respectivos grupos I e II, polo Fundosa ONCE de Madrid e o Club Amiab de Albacete. O equipo madrileño segue sen coñecer a derrota no que vai de tempada, mentres que os albaceteños recuperaron o primeiro posto ao impoñerse ao Fundación Grupo Norte de Valladolid.
No grupo I, o lider, o Fundosa ONCE, impúxose ao farol vermello da clasificación, o Servigest Burgos, con excesiva claridade segundo reflicte o marcador de 80-20. A segunda posición da táboa ocúpaa Getafe BSR grazas á súa vitoria ante o cuarto clasificado o Bidaideak Bilbao BSR ao cal se impuxo cun resultado de 67-56. Pola súa banda, o Mideba Extremadura continúa unha semana máis na terceira praza ao impoñerse ao CAI Zaragoza 75-67.
Por outro lado no grupo II, o Club Amiab de Albacete conseguiu impoñerse na casa do líder e derrotou ao Fundación Grupo Norte de Valladolid nun encontro moi disputado que rematou cun axustado 54-59. Arrebatandolle así o primeiro posto aos vallisoletanos.
O BSR Gran Canaria impúxose ao Amivel Clínicas Rincón malagueño nun encontro que finalizou 66-61. Os canarios ascenden así a terceira praza, mentres que o conxunto andaluz permanece na quinta posición. Pecha a clasificación o Caixa Vital Zuzenak, que perdeu en terras galegas ante o CD Amfiv de Vigo por un abultado 65-38. Os galegos sitúanse agora na cuarta praza.
José Manuel Ramil
CD Fundosa e Amiab lideran a táboaclasificatoria de baloncesto en Cadeirade Rodas
A Copa do Mundo de Esquí Alpino Paralímpico, acolle a quinta proba da tempada, que se celebrou en Copper (Estados Unidos).
O esquiador español Gabriel Gorce conseguiu alzarse coa terceira posición no segundo dos dous sláloms previstos. O deportista catalán, que quedou a tan só 12 centésimas de subir ata a segunda praza que foi para o ruso Ivan Frantsev, continúa a súa preparación nas pistas americanas de cara aos Xogos Paralímpicos de Inverno de Sochi 2014,.
Gabriel Gorce, que estivo acompañado polo guía Arnau Ferrer, finalizou as dúas mangas deste segundo slálom cun tempo final de 1' 24 '' 77, a 6 segundos e 64 centésimas do vencedor da proba, o ruso Valery Redkozubov.
Nas xornadas previas desta quinta proba da Copa do Mundo da tempada, Gorce xa obtivo a quinta posición no primeiro slálom xigante.
A Copa do Mundo afrontará a súa próxima cita en Tignes (Francia) a finais de xaneiro. Tan só tres días despois, a competición encará a súa recta final coa celebración da penúltima proba, en Saint Moritz (Suíza), a primeira semana de febreiro.
Finalmente, concluirá esta campaña coa disputa da última proba, que terá como escenario as pistas italianas de Tarvisio, a finais de febreiro.
E tan só unha semana despois do broche final da Copa do Mundo, o evento máis importante do mundo do esquí alpino paralímpico desta tempada: os Xogos Paralímpicos de Inverno, que terán lugar na poboación rusa de Sochi, no mes de marzo.
José M. Ramil
Na Copa do Mundo de Esquí Alpinosobresae a actuación de Gorce
9 CARTELEIRA
Argumento: Este thriller de alta tensión sumérxese nas interioridades do éxito global para chegar a un letal mundo de cobiza e engano. Os dous multimillonarios máis poderosos do mundo da tecnoloxía de todo o planeta son enconados rivais cun complicado pasado, que non se deterán ante nada con tal de destruírse mutuamente. A nova promesa Adam Cassidy, seducido pola riqueza e o poder ilimitados, verase atrapado entre ambos os dous e inmerso no seu retorcido, tortuoso e mortífero xogo de espionaxe corporativa.
Para cando Adam se decata de que a súa vida corre perigo, xa está demasiado implicado e sabe demasiado para que os dous magnates o deixen marchar.
Ficha TécnicaDirector: Robert LuketicReparto: Liam Hemsworth, Gary Oldman, Amber Heard, Harrison Ford, Josh Holloway, Julian McMahon, Embeth Davidtz, Lucas Till, Richard Dreyfuss
O PODER DO DIÑEIRO
Ricardo Lamazares
Argumento: Baseada nunha novela de Mark Helprin e ambientada nunha cidade de Nova
York mítica e cunha acción que se desenvolve nun lapso temporal de máis dun século.
Esta película que posúe certos elementos fantásticos, conta a historia dun ladrón que pretende roubar unha mansión que cre que neses momentos se atopa baleira. Non obstante, Beverly Penn, a enferma filla do propietario da casa, encóntrase no lugar. Ambos os dous namóranse, se ben a rapaza está a punto de falecer. O heroe do relato sente entón a necesidade de deter o tempo e de devolverlle a vida aos mortos.
Ficha TécnicaDirector: Akiva Goldsman
Reparto: Will Smith, Jennifer Connelly, Matt Bomer, Colin Farrell, Russell Crowe, Kevin Durand, William Hurt, Kevin Corrigan, Graham Greene
CUENTO DE INVERNO
Alejandro Carballeira
Arturo Fojón
Argumento: Durante unha viaxe en solitario polo Océano Índico, un home do que descoñecemos o nome, se esperta e descobre que hai unha vía de auga no seu veleiro de 11 metros de eslora e que chocou contra un colector abandoado en alta mar. Co equipo de navegación avariado e sen radio, o home non sabe que se dirixe cara a unha terrible tormenta. A pesar de conseguir tapar a vía de auga, a súa intuición de vello mariñeiro e unha forza inusitada para a súa idade, case non sobrevive ao encontro coa tempestade.
Unicamente cun sextante e unhas cartas náuticas para saber onde se encontra, só lle queda esperar que as correntes o leven a un corredor marítimo dende onde poderá facer sinais a outra nave. Pero o sol é implacable, as quenllas roldan e os seus víveres baixan de forma alarmante. Por moi capaz que sexa, non tarda en enfrontarse á morte.
Ficha TécnicaDirector: J.C. ChandorReparto: Robert Redford
CANDO TODO ESTÁ PERDIDO
10 CARTELEIRA
Argumento: Dado que se vai achegando a ponte do Día do Traballo, o pequeno de trece anos Henry Wheeler e a súa nai Adele achéganse a unha tenda a comprarlle roupa a Henry para o próximo curso escolar. A vida non foi doada para Adele, unha nai divorciada que ultimamente rara vez sae da súa casa.
Andando pola tenda, Henry encontra un home ferido chamado Frank, quen solicita a axuda de Henry e Adele. É carismático e intimidantemente persuasivo. De mala gana, Adele acepta levar o descoñecido á casa. Ao facelo, pon en marcha unha serie de acontecementos no trascurso dese longo e transcendental fin de semana que os fará enfrontarse ao seu pasado e definir o seu futuro, cambiando as súas vidas para sempre.
Argumento: En RoboCop corre o ano 2028 e o conglomerado multinacional OmniCorp está no centro da tecnoloxía robótica. Os seus "drones" gañan guerras a favor de Estados Unidos en todo o mundo e agora quere que esa tecnoloxía tamén se aplique no ámbito nacional.
Alex Murphy bo marido e pai, é ademais un gran policía que se esforza ao máximo por rematar coa onda de crime e corrupción de Detroit. Despois de ser criticamente ferido durante o cumprimento do seu deber, OmniCorp utiliza o seu gran coñecemento da ciencia robótica para salvar a vida de Alex. E o policía volve ás rúas da súa amada cidade con novos e incribles poderes, pero tamén con problemas aos que un home corrente xamais tivo que enfrontarse antes.
ROBOCOP
Ficha TécnicaDirector:Jason ReitmanReparto: Kate Winslet, Josh Brolin, Gattlin Griffith, Tobey Maguire, Tom Lipinski, Clark Gregg, Brighid, Fleming, Maika Gilmore, Lucas Hedges, James Van Der Beek, Brooke Smith, J.K. Simmons, Dylan Minnette, Micah Fowler
UNHA VIDA EN TRES DÍAS
Ficha TécnicaDirector:Jose PadilhaReparto: Gary Oldman, Michael Keaton, Samuel L. Jackson, Joel Kinnaman, Jay Baruchel, Abbie Cornish, Jackie Earle Haley, Jennifer Ehle, Marianne Jean-Baptiste
Fran Solana
Luis Fernández
Argumento: Nun futuro próximo, Theodore, un escritor solitario, consegue un novo sistema operativo baseado no modelo de Intelixencia Artificial e deseñado para satisfacer todas as necesidades do usuario.
Para sorpresa de Theodore, créase unha relación romántica entre el e a voz feminina deste sistema operativo.
Ficha TécnicaDirector: Spike JonzeReparto: Joaquin Phoenix, Scarlett Johansson, Olivia Wilde, Amy Adams, Rooney Mara, Chris Pratt, Sam Jaeger, Portia Doubleday, Katherine Boecher
HER
Ana Novo
11 RINCÓN LITERARIO
Enrique chegou á súa casa moi entrada a noite, parárase nun bar a tomar unha copa, Mirta xa estaba deitada e non quixo espertala,
mentres pensaba en Neves González como persoa elixida para intentar coller o asasino ou asasinos. Enrique non pegou ollo en toda
a noite pensando no seu plan que, non obstante, podía irse ao garete de moitas maneiras. Pero salvo que acontecese unha
verdadeira desgracia, facer que Nieves aparecese no hospital "A Rocha" como unha paciente terminal non presentaba maiores
problemas Nieves tería que ser hospitalizada para tratar a súa custosa e potencialmente mortal enfermidade, e por suposto conseguir
entrar nos ordenadores da Seguridade Social. Agora só restaba solucionar dous problemas, elixir un cadro clínico de extrema
gravidade e convencer a Nieves González para que aceptase ser o cebo. Enrique chamou a Nieves a iso das dez e media da mañá,
era mércores, para explicarlle a súa proposta, a cal aceptou de inmediato. Tamén llo contou á súa esposa antes de saír de casa e
cando chegou ao hospital informou a todo o seu equipo.
Enrique baixou do ascensor na planta 4 e foi cara a onde se aliñaban os carriños auxiliares, xunto ao control de enfermeiras, mandara
poñer dous gardas de seguridade, un na entrada dos ascensores e o outro nas escaleiras. Por terceiro día consecutivo, entraba no
cuarto 418 a ver a paciente ingresada co nome ficticio de Erea Gómez, unha ex paciente de Enrique.
Se ata entón a súa farsa funcionaba, debíase tanto á meticulosa preparación coma a unha sorte tola. Non obstante, o tempo
apremaba. Enrique necesitara un día de intenso traballo cos seus axudantes para facer ingresar a Nieves González na "Rocha". O
diagnóstico elixido foi leucemia linfocitíca, complicada por un baixo nivel de glóbulos brancos e unha grave e potencialmente letal
infección das válvulas do corazón. Para asegurarse de que a Seguridade Social entrase ao trapo, Enrique engadiu un código e unha
nota para facilitar o cálculo do que custaría a Nieves a un tratamento de radiación e a un transplante de médula ósea...
A xeito de proba, José Luís conseguiu os códigos e as contrasinais dos ordenadores
da Seguridade Social, para introducir os datos. Fixo a avaliación do custo, ao longo
dos vinte e oito meses que se lle calculaba que lle quedaban de vida: 850.000 euros.
Había que engadir os 250.000 euros que custaría o transplante de medula ósea, en
parte porque o transplante elevaría a súa esperanza de vida a 14,6 anos. Se o
representante da Seguridade Social se cinguía aos criterios de selección do Taboleiro
Cadrado, Nieves González faría que eses ordenadores botasen fume.
Enrique colleu o expediente de Neves e revisou as análises que el incluíra, ademais
dun informe ditado, que redactou e asinou co nome do Xefe de hematoloxía, logo tivo
que interceptar a copia que se enviaba ao resto de facultativos do departamento, tales
manobras eran necesarias para evitar que as enfermeiras e analistas sospeitasen. Cada un dos seus movementos entrañaba o perigo
de que o descubrisen, e Enrique empezaba a acusar a tensión. Ultimamente, non durmía máis que tres ou catro horas diarias, non tiña
moita fame e á parte tiña unha tose seca, da que estaba seguro de que non era senón unha tose nerviosa.
Enrique tamén escribiu unha extensa nota sobre as complicacións da enfermidade e uniuna a unha das gráficas, como nos seus dous
primeiros días de visita, ninguén lle comentaba nada salvo que el se dirixise directamente a alguén, Mellor así, porque cantas menos
preguntas lle fixeran, menos tería que mentir. Entre outras cousas, porque mentía fatal.
Para evitar que o persoal entrase no cuarto de Nieves máis da conta, Enrique engadiu unha probable tuberculose. Un cadro clínico
como para desanimar calquera enfermeira que tivese intención de entrar alí. Mentres estivese hospitalizada, só a atenderian
enfermeiras particulares. A da quenda de noite era, en realidade, unha inspectora de policía chamada Raquel Suárez. As quendas de
mañá e tarde cubríaos Ana, un dos membros do equipo de Enrique e á parte de todo isto, había sempre un ou dúas policías,
disfrazados de médicos, roldando a zona.
Mentres tanto, a policía encontrara unha casa moi sospeitosa na serra de Madrid.
O Ultimo Tramo- Capítulo 39
Usuarios Aula Ocupacional CRD Fingoi - Lugo
12 POESÍA
EN INTERNET
- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:
- Proyecto Retadis:
- Polibea Turismo: e-mail:
Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:
- Canal Discapacidade:
- Información Discapacidade:
- Portal Solidario:
- Blog Amica:
- Cogami:
- Cocemfe:
- Cermi:
- Sin Barreras:
- Socialia:
- Lugo Accesible:
- Voluntariado Galego:
http://www.disincreibles blogspot.com
http://www.retadis.es
http://www.polibea.com [email protected]
http://www.fedop.org [email protected]
http://www.risolidaria.org
http://www.discapnet.es
http://www.portalsolidario.net
http://www.sotileision.blogspot.com
http://www.cogami.es
http://www.cocemfe.es
http://www.cermi.es
http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/
http://www.socialia.org
http://www.lugoaccesible.net
http://www.voluntariadogalego.org/web/
-
(Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)
José Ángel Vázquez CirizaUsuario de Cogami Monterroso
Enrique Sanmartín
Sabes que é para ti?
Agora que me
quedeido só, vexo
que os meus pensamentos
e os meus sentimentos
por ela van
en aumento cada
ano que pasa,
aínda que recoñezo que o noso
amor é imposible
e eu non poida
facer nada ante
esta situación, porque
encóntrome só.
Só
Teño tantas e tantas cousas
metidas no pensamento,
pero ti descolócalas
sabendo que es o centro.
Tan só quero amizade,
e ao mirar os teus ollos ao medio
cáeme a valentía
e todo se volve un conto.
Espero recordes o sono
deste humilde detractor
e que sempre leves no recordo
deste pequeno escritor.
En dúas palabras, "Te Quiero".
Leva o recordo desta canción
que quixo chagar moi dentro,
e instalarse no teu corazón.
PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013
COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR- SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL E IMPARTIDO POR COGAMI A PERSOAS CON DISCAPACIDADE