Download - Mocións e Preguntas
Grupo Municipal Socialista
Mo
ció
n
Vilalba, 26 de setembro de 2015
MOCIÓN RELATIVA Á PARTICIPACIÓN CIDADÁ NOS PLENOS ORDINARIOS
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilalba, en base ao disposto nos artigos 91.4 e
97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades
Locais e demais normativa que poida resultar de aplicación presenta, diante do Pleno da
Corporación, a seguinte moción, en base á seguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Son moitas as modalidades que o sistema de organización democrática brinda para facer
efectiva a participación cidadá tanto nos órganos meramente consultivos como nos de
representatividade directa aos efectos de goberno.
É de coñecemento de todas as organizacións políticas que non toda a cidadanía se sinte
representada no actual sistema de partidos políticos, e que por diferentes razóns non toda a
veciñanza se ve idenficada cos distintos grupos políticos que hoxendía forman parte da
Corporación Municipal. Por elo, consideramos que as corporacións formalmente constituídas
deben de posibilitar canles de participación política o máis amplas posibles co gallo de que a
cidadanía poida participar directamente no desenvolvemento das sesións plenarias, e non só
regular a súa asistencia como meros expectadores presenciais. Deste xeito, ademáis de
promocionar a participación política, conseguiriase que as veciñas e veciños sintan como máis
próxima a institución de goberno municipal, ademáis de sentirse máis partícipes das decisións
que lles afectan.
O Grupo Socialista entende que é hora de que as persoas que gobernan o Concello sexan
sensibles a esta demanda social, por elo solicitan que o Pleno acorde:
Que previo consenso dos grupos políticos que conforman a Corporación Municipal, o Alcalde
regule mediante unha ordenanza a participación veciñal nos plenos ordinarios de esta
Corporación.
A voceira do Grupo Municipal Socialista
Asdo. Mª Elba Veleiiro Fernández
SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
Grupo Municipal Socialista
Mo
ció
n
Vilalba, 1 de outubro de 2015
MOCIÓN POLA QUE SE URXE A APERTURA DUN PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA NAS
INSTALACIÓNS DA ANTIGA GARDERÍA MUNICIPAL
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilalba, en base ao disposto nos artigos 91.4 e
97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades
Locais e demais normativa que poida resultar de aplicación presenta, diante do Pleno da
Corporación, a seguinte moción, en base á seguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A educación á primeira infancia sitúase nunha intersección entre 2 camiños: o sistema
educativo e a conciliación da vida familiar e laboral, sendo un importante recurso de apoio ás
familias no desempeño das súas funcións de sociabilización e coidado dos fill@s. Os núcleos
familiares donde os dous proxenitores traballan son cada vez máis numerosos, e por elo a
demanda de centros adecuados donde deixar os nosos fillos mentran desempeñamos a nosa
actividade laboral cobra cada vez máis importancia.
No noso concello, dende xa fai demasiado tempo, os pais, nais e titores de nen@s entre 0 e 3
anos veñen sufrindo moitos problemas para poder conciliar a vida familiar e laboral derivados
da falta de prazas na escola infantil.
No mes de decembro de 2012 abriu as súas portas en Vilalba unha nova escola infantil da
rede A Galiña Azul, que para o equipo de goberno vilalbés viría a solventar esta deficiente
oferta de prazas para os nen@s vilalbeses. Coa apertura desta nova escola decidiuse polo
goberno municipal o peche da antiga, xustificandoo en razóns de tipo económico, dado que a
nova escola iba ser quen de absorber a demanda existente. O problema, hoxe en día, lonxe
de desaparecer parece que se acrecentou: unha longa lista de agarda para poder acceder á
escola infantil.
2
Mentras tanto, o edificio da antiga escola infantil municipal permanece pechado.
Consideramos que esto é un feito inadmisible, xa que o Concello debe optimizar os recursos
dos que dispón para facilitar ás condicións de vida dos seus veciños. Resulta inaudito que
mentras existen máis de 20 familias que non poden acceder a unha praza na escola infantil o
equipo de goberno non tome ningunha medida ó respecto.
Por todo elo, solicitamos que o Pleno acorde a aprobación da seguinte MOCIÓN:
- Que o Concello de Vilalba efectúe de xeito inmediato as xestións oportunas diante da
Xunta de Galicia para proceder a apertura, no plazo máis breve posible, dun Punto de
Atención á Infancia (PAI) nas instalacións da Antiga Gardería Municipal, sitas na Rúa
Novo Cazón de Vilalba, para atender a aqueles nen@s que quedaron sen plaza na
escola infantil.
A voceira do Grupo Municipal Socialista
Asdo. Elba Veleiro Fernández
SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
Grupo Municipal Socialista
Mo
ció
n
Vilalba, 29 de setembro de 2015
MOCIÓN RELATIVA Á ZONA VERDE DE TITULARIDADE MUNICIPAL PRÓXIMA AO POLÍGONO DAS SETE
PONTES
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilalba, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do
Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e demais
normativa que poida resultar de aplicación presenta, diante do Pleno da Corporación, a seguinte moción,
en base á seguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
No ano 2014, o Grupo Socialista presentou á consideración do a Pleno do mes de maio unha moción
sobre certas particularidades que se estaban a dar na parcela de titularidade municipal catalogada
como zona verde e identificada co nº 84628PH098650001MA, próxima ao polígono industrial das sete
pontes.
As circunstancias que se seguen a desenvolver en dita parcela, indican que o Concello nada fixo por
repoñer o uso que debera de ter. Tampouco nada fixo por definir se o cartel publicitario que anuncia o
negocio de restauración do concelleiro Iván Fernández (Parrillada a Revolta), sinalando expresamente á
parcela indicada como aparcamento de camións estaba situado en terreos de titularidade municipal.
Tampouco en repoñer o uso indebido que se lle está a dar como aparcadoiro do “Tanatorio de Vilalba”.
Entendendo que xa transcorreu tempo dabondo para que o Concello tomara as medidas oportunas
tendentes a normalizar o uso dese espazo público, é polo que solicitamos que o Pleno acorde:
1º A reposición das condicións de uso de dita parcela tal e como está concebida na ordenación
urbanística municipal.
2º O peche de tal espazo como aparcadoiro de camións e outros vehículos.
3º A apertura do correspondente expediente sancionador a D. Iván Fernández pola colocación do cartel
publicitario no caso de que estea situado en terreos de titularidade municipal.
4º Que o Concello inicie o procedemento oportuno para evitar o posible uso indebido da denominación
comercial “Tanatorio de Vilalba”
A voceira do Grupo Municipal Socialista
Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
Grupo Municipal Socialista
Mo
ció
ns
Vilalba, 1 de outubro de 2015
MOCIÓN RELATIVA AO ACOLLEMENTO DE REFUXIADOS
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilalba, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do
Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e demais
normativa que poida resultar de aplicación presenta, diante do Pleno da Corporación, a seguinte moción,
en base á seguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Ante o drama humanitario dos refuxiados e refuxiadas que foxen da guerra en Siria e se avalanchan nas
fronteiras europeas, cómpre dar resposta activa desde a solidariedade. Logo de catro anos cun conflito
bélico en dito país, a prioridade dos estados neste eido pasa por adoptar medidas para a acollida digna
dos refuxiados. Non obstante, algúns dos países europeos están a violar o dereito ao asilo, botando por
terra a garantía da protección internacional. A guerra en Siria está provocando unha das crises máis
graves de refuxiados dos últimos tempos, producíndose unha grande masa de movementos migratorios
cara as fronteiras europeas: tan só no último semestre de 2015, seis mil persoas solicitaron asilo en
España, as mesmas que durante todo o 2014, segundo datos da ACNUR.
Este éxodo que se vén agravando nos últimos tempos fixo que moitos municipios do Estado se sumaran
ás denominadas cidades-refuxio, co fin de atender as necesidades urxentes de familias que intentan
buscar unha saída e acollelos nestas cidades ou vilas. Por todo isto, solicitamos que o Pleno acorde:
1º Que Vilalba se declare como municipio de acollida de refuxiados sirios, poñéndose a disposición da
Xunta de Galicia, a FEGAMP e o Goberno Central.
2º Que o Concello de Vilalba estude a posibilidade de habilitar instalacións públicas para dar resposta ao
acollemento destas persoas.
3º Que se cree, coordine e xestione un rexistro local de familias e/ou entidas acolledoras.
4º O desenvolvemento dunha campaña de sensibilización como motor indispensable de integración e
prevención de actitudes racistas ou xenófobas, garante da asimilación da política de asilo como parte
esencial da democracia.
A voceiroa do Grupo Municipal Socialista
Asdo. Mª Elba Veleiro Fernánde
SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
Grupo Municipal Socialista
Mo
ció
n
Vilalba, 23 de setembro de 2015.
MOCIÓN RELATIVA Á COLOCACIÓN DE SOPORTES PUBLICITARIOS EN CAMPAÑAS
ELECTORAIS.
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilalba, en base ao disposto nos artigos
91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das
Entidades Locais e demais normativa que poida resultar de aplicación presenta,
diante do Pleno da Corporación, a seguinte moción, en base á seguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Co gallo de elixir á representación política nas distintas institucións de goberno
celébranse os procesos electorais de participación democrática. En cadanseu, os
partidos políticos ofrecen á cidadanía mediante publicidade estática mensaxes
propagandísticos sempre coa idea de achegar aos votantes ás súas mensaxes
electorais. Son na súa maioría carteis coa imaxe do/a candidato/a, ou coa imaxe das
candidaturas que os presentan.
En cada proceso electoral, as formacións políticas ocupan espazos de distinta
natureza e localización diversa para colocar os seus carteis e as súas pancartas, o
que conleva ao progresivo deterioro da ordenación natural da paisaxe e das
condicións de bo uso dos espazos que en ningún caso estaban destiñados a tal
función. Na intención de por fin á colocación masiva e indiscriminada da propaganda
electoral, é polo que solicitamos que o Pleno acorde:
Que o Concello, tanto nas parroquias como na zona urbana, poña a disposición das
formacións políticas espazos exclusivos para a colocación de propaganda electoral.
A voceira do Grupo Municipal Socialista
Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
Grupo Municipal Socialista
Pre
gun
ta
Vilalba, 30 de setembro de 2015
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que
poida resultar de aplicación, formula ao Concelleiro de Urbanismo, seguinte PREGUNTA en
base á seguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Na declaración de actividades previa á toma de posesión como concelleiro, o concelleiro de
urbanismo D. Jesús Vivero declara ser partícipe dunha promotora inmobiliaria, a este
respecto, Sr. Vivero:
1ª Considera ético que unha persoa que ten intereses na promoción inmobiliaria sexa
concelleiro de urbanismo?
2ª Considérao incompatible co seu cargo?
A voceira do Grupo Municipal Socialista Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
Grupo Municipal Socialista
Pre
gun
ta
Vilalba, 30 de setembro de 2015
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que
poida resultar de aplicación, formula a seguintePREGUNTA en base áseguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
En sesión plenaria foi aprobada por unanimidade dos Grupos Políticos desta Corporación
unha mición do Grupo Socialista na que demandaba a retransmisión (audiovisual) dos plenos
vía internet dende a páxina web municipal; a este respecto:
1ª Cales son os motivos polos que non se está a cumprir ese acordo?
2ª Cando pensa o Sr. Alcalde que se poden iniciar as retransmisións das sesión plenarias?
A voceira do Grupo Municipal Socialista Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
Grupo Municipal Socialista
Pre
gun
ta
Vilalba, 29 de setembro de 2015
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que
poida resultar de aplicación, formula ao Sr Alcalde a seguinte PREGUNTA en base áseguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Grupo Municipal Socialista ten constancia de que o Técnico Municipal de Emprego, D.
Gonzalo Hermida Carreiras realiza funcións técnicas de certificación de obra pública como
técnico municipal, a este respecto:
1ª Está facultado expresamente para elo?
2ª Cal é a normativa que o faculta para realizar este tipo de funcións nesta Administración
Local?
A voceira do Grupo Municipal Socialista Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
Grupo Municipal Socialista
Pre
gun
ta
Vilalba, 29 de setembro de 2015
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que
poida resultar de aplicación, formula ao Sr. Alcalde a seguinte PREGUNTA en base áseguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A preguntas do Grupo Municipal Socialista, o Sr. Alcalde ten contestado en sesión plenaria
que o arranxo do firme do Paseo dos Condes non tivera ningún custo para o Concello.
Nembargantes podemos comprobar como en Xunta de Goberno Local aprobouse o
pagamento dunha factura por importe de 30.673,04 euros?
1ª Pode explicar a que é debido?
2ª Segue mantendo o alcalde que o arranxo non tivo custo para as arcas municipais?
A voceira do Grupo Municipal Socialista Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
Grupo Municipal Socialista
Pre
gun
ta
Vilalba, 29 de setembro de 2015
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que
poida resultar de aplicación, formula ao Sr Alcalde seguinte PREGUNTA en base áseguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Na pasada Xira, puidemos ver que formaba parte do asento dunha merenda un camión da
empresa da que é titular o irmán do concelleiro Iván Fernández. Este estaba aparcado na
contorna inmediata da piscina municipal; a este respecto:
1ª Quen facilitou as chaves do candado que daba acceso a dito lugar?
2ª Por que se consentiu tal trato de favor?
3ª Os participantes nesa merenda, usaron as instalación da piscina?
4ª Algún deles, en plena Xira, visitou a piscina para comprobar o estado dalgunha obra
recente?
A voceira do Grupo Municipal Socialista Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
Grupo Municipal Socialista
Pre
gun
ta
Vilalba, 29 de setembro de 2015
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que
poida resultar de aplicación, formula ao Sr. Alcalde seguinte PREGUNTA en base áseguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
No mes de maio do presente ano, o Racing Club Vilalbés celebrou un acto festexando a
despedida da temporada; a este respecto:
1º Colaborou nesa celebración o Concello?
2ª Se foi así, en qué consistiu a participación institucional?
3ª Por qué non se comunicou tal participación aos grupos municipais da oposición?
A voceira do Grupo Municipal Socialista Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA