2
MEMORIA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 11-12
Este ano fixemos unha serie de actividades que consideramos necesarias
para unha formación integral do noso alumnado.
Por suposto que botamos a faltar o programa de visitas escolares Vigo por
dentro e esperamos que se reanude no próximo curso.
Compre salientar a gran colaboración de case todo o profesorado, algo totalmente
imprescindible para levar a cabo estas actividades. Dende a vicedirección tentamos
promover e coordinar as visitas, saídas, excursións etc, pero non hai que esquecer o papel
primordial do profesorado dos distintos departamentos, sen quen non se poderían levar a
cabo as actividades.
Como todos os anos celebramos as festas tradicionais: magosto, entroido.
Tivemos charlas e conferencias. Moitos escritores visitaron a biblioteca.
As liguiñas de fútbol, balonmán, baloncesto celebráronse como todos os anos nos
recreos .
Participamos de novo na Semana Matemática, no Rallye Matemático
Tivemos teatro en inglés coa compañía Clever Pants e contos en inglés e galego con
Tim Bowley e Charo Pita.
E, como non podía ser menos tratándose deste centro, viaxamos por Galiza, Andorra,
Portugal, e mesmo chegamos a Roma.
3
SEPTEMBRO
Día 25.- 24 alumnos de 1º de bacharelato saen para Navarra para participar
no proxecto de Rutas Científicas. Van acompañados polas profesoras
Mª Carmen Martínez e Conchi Alonso. Volven o 1 de outubro.
OUTUBRO
Día 11.- Os cursos 4º B e D visitan a Fundación Barrié acompañados por Ana
Álvarez e Conchi Alonso.
Día 13.- Os cursos 4º A e C visitan a Fundación Barrié acompañados por Ana
Álvarez e Paco Santorum.
Día 17.- O curso 1º de Bach D visita a Fundación Barrié acompañados por Chis
Oliveira.
Día 18.- 3º de diversificación fai a ruta do Lagares coa profesora Rosa Bea.
Día 19.- Os cursos 1º de Bach E e F visitan a Fundación Barrié acompañados
por Susana Ferradás.
Día 21.- Alumnos de 2º Bach A D E percorren o casco vello co profesor Basilio
Cegarra.
Día 24.- 3º A e 3º de diversificación acoden a unha actividade sobre enerxías
renovables coas profesoras Rosa Bea e Mª Luz Valencia
Pola tarde hai unhas charlas sobre alcoholismo para alumnos de 4º
Día 25.- O grupo de 1º Bach E visita a exposición Puertas na Casa das artes.
Acompañanos Ana Álvarez
NOVEMBRO
Día 8.- Impártense no instituto unhas charlas da policía sobre o uso de
Internet para alumnado de diversos cursos.
Día 18.- 1º Bach A, acompañados por Dani Rodríguez visitan unha exposición
de Lee Miller.
Día 22.- 2º ESO A e C, cos profesores Pilar Vázquez e Rafa Rodríguez, fan unha
saída ao castelo de Soutomaior.
4
Día 23.- 2º ESO B e D, cos profesores Pilar Vázquez e Fonso Piñeiro, fan unha
saída ao castelo de Soutomaior.
Día 24.- Magosto no monte Vixiador. Asisten 438 alumnos e 25 profesores.
Os grupos 1º Bach E e D viaxan a Santiago con Ana Álvarez e María
Vázquez.
Día 25.- Alumnado de 3º e 4º forman parte da cadea humana contra a
violencia de xénero de Vigo.
Día 29.- O profesor Antón Piñeiro leva aos grupos 1º Bach B e 2º Bach E a
unha actividade na Fundación Penzol.
Día 30.- Os contacontos Tropa de trapo actúan para os 4ºs
DECEMBRO
Día 5.- Os 1ºs de Bach B, D, E, F fan patinaxe en xeo coa profesora Conchi
Alonso.
Día 7.- Os 4ºs A e B fan patinaxe en xeo coa profesora Conchi Alonso.
Día 9.- Os 1ºs de Bach A e C fan patinaxe en xeo coa profesora Conchi
Alonso.
5
Días 12-15.- Viaxe de 53 alumnos de 2º de Bach a Lisboa, acompañados por
Ricardo Álvarez e Antón Piñeiro.
Día 12.- Charla sobre enerxías renovables.
Día 13.- O alumnado de relixión realiza unha visita á parroquia coa súa
profesora Carmen Mauri.
XANEIRO
Día 13.- Os grupos 4º A e D asisten a unha conferencia do xuíz Emilio
Calatayud, acompañados por Paco Centeno e Ana Mª Álvarez.
Días 14-21.- Excursión a Andorra. 85 alumnos acompañados por Conchi Alonso,
Víctor Bernal, Laura Espinosa e Mª Carmen Martínez.
6
Día 18.- 46 alumnos de 1º ESO asisten á representación de La isla del tesoro
no teatro dos Salesianos. Van con eles Laura Pérez e Nones Araújo.
Día 20.- 45 alumnos de 2º Bach con Inés Pousa e Laura Pérez asisten á
representación de Bodas de sangre no teatro dos Salesianos
1º Bach B asisten a unha actividade na Fundación Barrié. Van
acompañados por Rosa Romero e Dani Rodríguez
Alumnado do Bach musical, co profesor Julen Cantabrana asisten a
unha representación da ópera L’elixir d’ amour.
Día 25.- Antón Piñeiro e Ana Álvarez
Realizan unha visita a Oporto cos grupos de 1º bach D e
E.
7
Día 27.- Daniel Uxío Reinosa dá unha charla para os 4ºs sobre Arqueoloxía
industrial, o edificio da panificadora. Charla organizada por Ana
Álvarez.
Día 30.- Organizadas pola biblioteca, celébranse unha serie de actividades
para conmemorar o Día da Paz.
Día 31.- Alumnos 3º B e Div, 1º Bach D e 2º Bach D (grego), fan unha visita ás
Salinas cos profesores Josefina Fuentes e Benigno Nerga.
FEBREIRO
Día1.- 100 alumnos de 2º e 3º ESO asisten á representación da obra El
diario de Anna Frank coas profesoras Pilar Ferrín, Laura Pérez, Rosa
Bea e Pilar Vázquez.
Día 6.- Teatro en inglés coa compañía Clever Pants para os 3ºs e 4ºs.
Días 7.- Alumnado de 3º A, B e D coas profesoras Paz López, Rosa Domínguez
e Bea Iglesias viaxan a Coruña para visitar a Casa das Ciencias, a Casa
dos Peixes e o Planetario.
80 alumnos de 1º ESO A, B e E asisten a unha proxección de cine nos
Salesianos. Acompáñanos as profesoras Carmen Mauri, Nones
Araújo e Josefina Fuentes.
8
Día 8.- 1º de Bach E realiza unha visita ao Cristo da Victoria cos profesores
Ana Álvarez e Dani Rodríguez.
Día 9.- 50 alumnos dos cursos 4º B e C asisten ás actividades Energylab no
CUVI. Van con Paloma Pérez e Dani Rodríguez.
2º Bach E co profesor Basilio Cegarra realiza unha visita á Escola de
Arte Dramática.
Día 16.- 1º Bach A co profesor Dani Rodríguez vai á Fundación Barrié.
Día 17.- Celebración do Entroido con gran participación do alumnado.
Día 27.- A profesora Susana Ferradás leva a 1º Bach F e parte de 1º Bach E á
Fundación Barrié.
Día 29.- A autora do libro Pomelo, limón Begoña Oro dá unha charla para os
3ºs.
MARZO
Día 2.- 85 alumnos de 1º Bach asisten á representación da obra El coloquio
de los perros no cine Salesianos. Acompáñanos Laura Espinosa, Laura
Pérez e Rosa Romero.
Día 9.- Visita ao CUVI de alumnado de 2º Bach cos profesores Víctor Bernal,
Fernando Domínguez e Mª José Parada.
9
Charlas divulgativas de xadrez para todos os primeiros da ESO.
Día 13.- o alumnado de Antropoloxía de 1º Bach D visita o obradoiro de
Arqueoloxía de Castrelos coa profesora Chis Oliveira.
Día 15.- Alumnos de 4º A e B participan un ano máis no Proxecto Terra cos
profesores Ana Mª Álvarez, Chis Oliveira e Dani Rodríguez.
Día 20.- Sae o grupo 1 da viaxe a Roma. O profesorado acompañante é
Rosalía Fernández, Ana Mª Álvarez, Cristina Baltar e Víctor Bernal.
Día 21.- Sae o grupo 2 de Roma. O profesorado acompañante é Ángeles
López, Mer Pérez, Benigno Nerga e Antón Piñeiro.
10
Día 27.- Conferencia a cargo dun exalumno do instituto sobre o 15M. Asisten
1º Bach D e E.
ABRIL
Día 11.- Conferencia a cargo da Dra. Ana Ulla sobre Astrofísica. Asisten 4º
A/B/C e 1º Bach A/B/C.
11
Día 12.- Os membros do Club de lectura viaxan a Celanova con Sara Pérez,
Carmen Rodríguez e Benigno Nerga.
3º B e C con María Vázquez e Ricardo Álvarez asisten a unha charla do
personaxe televisivo Pedro Aguado.
Día 13.- O director de cine Ignacio Villar e os protagonistas do filme Vilamor
fan a presentación no instituto para o alumnado de 1º Bach.
O grupo de 3º A viaxa a Santiago coa profesora Rosalía Fernández
para recoller o premio do Rallye Matemático.
Día 17.- Alumnos de 2º Bach A e B con Carmen Martínez e Conchi Alonso
visitan en Pontevedra a Misión Biolóxica.
Día 19. Visita á Escola de Arte Dramática dos cursos 1º Bach E e F con Ángeles
López e Julen Cantabrana.
Día 23.- Charlas sobre a prevención da SIDA para 3ºs e 4ºs
Día 26.- Conferencia do CSIC para 4º A e 2º Bach B, coa profesora Carmen
Martínez.
12
MAIO
Día 7.- Charla sobre a prevención da SIDA para 3ºs ESO.
Día 8.- Uns 100 alumnos de todos os 1ºs da ESO acoden aos obradoiros da
Semana Matemática, con Jesús Díaz, Alfredo Naz e Paco Centeno.
.
Día 14.- Contacontos en inglés e galego para os 1ºs de Bacharelato, a cargo de
Charo Pita e Tim Bowley.
Día 23.- 4º A con Carmen Martínez e Conchi Alonso van á praia da Sirenita
para estudiar o ecosistema.
Día 25.- 1º Bach F asisten no Verbum a un obradoiro de expresión oral coas
profesoras Elsa Lamas e Ana Álvarez
Día 28.- O alumnado de relixión visita a Concatedral de Vigo coa profesora
Carmen Mauri.
Charla de Eduardo Santiago para 4º A/B/C e o alumnado de
Antropoloxía de 1º Bach D.
13
Acto de despedida dos 2ºs de Bacharelato.
Día 29.- O atleta galego, exalumno do instituto, David Gómez acode ao centro
para dar unhas charlas ao alumnado de 1º 2º e 3º ESO.
Día 30.- 40 alumnos de 1º Bach B e C coas profesoras Mercedes Chamorro e
Mª Luz Valencia soben ao CUVI para asistir a unhas charlas sobre
enerxías alternativas.
Día 31.- Actividade de inglés Culture Class para os 1ºs da ESO.
.
XUÑO
Día 11.- Ruta do Lagares con Conchi Alonso. 1º Bach B.
Día 12.- Representación da adaptación da ópera L’elixir d’amour a cargo dos
1ºs Bach de música, dirixida polo profesor Julen Cantabrana.
Día 13.- Faise unha nova representación da ópera aberta ao público.
14
Ruta Lagares. 1º Bach F con Conchi Alonso.
Día 15.- Ruta Lagares. 1º Bach D con Conchi Alonso.
Día 18.- Ruta Lagares. 1º Bach E con Conchi Alonso.
Día 20.- A compañía Vicus Teatro representa a obra Soños dun seductor de
Woody Allen, para os 4ºs.