Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 1
MANUAL APLICACIÓN
SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE ENERXÍAS
RENOVABLES 2013
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 2
Índice
1. Obxecto da aplicación .................................................................................................. 3
2. Acceso á aplicación ....................................................................................................... 3
3. Introdución dos datos para solicitar a axuda (Anexos II, III, IV e V) ........................... 3
4. Liñas de axuda .............................................................................................................. 7
5.Confirmación da solicitude e reserva de fondos……………………………………………………...21
6. Presentación da solicitude .......................................................................................... 22
7. Estado da solicitude .................................................................................................... 26
8. Taboleiro electrónico .................................................................................................. 26
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 3
1. OBXECTO DA APLICACIÓN
- Obtención do formulario para solicitar a axuda (Anexos II, III, IV e V).
- Presentación electrónica de documentación (solicitude, documentación
requirida, etc), só no caso de que o solicitante ou representante legal posúa un
DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital admitido pola sede
electrónica da Xunta de Galicia.
- Consulta do estado da solicitude.
- Acceso ao taboleiro electrónico.
2. ACCESO Á APLICACIÓN
https://appsinega.xunta.es/renovables2012
Para poder entrar na aplicación é necesario introducir o NIF do solicitante e un
contrasinal elixida polo mesmo.
Pantalla de acceso
3. INTRODUCIÓN DOS DATOS PARA SOLICITAR A AXUDA (ANEXOS II, III, IV E V)
A aplicación informática solicita os datos necesarios para obter cubertos os formularios
para solicitar as axudas (Anexos II, III, IV e V). O Anexo IV só procede no caso de que se
trate de agrupacións.
Só será necesario introducir estes datos de tipo administrativo unha soa vez,
independentemente do número de solicitudes de axudas que faga para distintos
proxectos.
Os campos indicados con * son obrigatorios.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 4
A primeira parte da aplicación é común para todas as liñas de subvención. Datos do
solicitante:
NIF: NIF do solicitante da axuda.
Contrasinal: a aplicación mostra o contrasinal utilizado para que o solicitante vexa cal
empregou.
Tipo de solicitante: Pode tratarse de familias ou institucións sen ánimo de lucro, que
se divide en particulares, entidades sen ánimo de lucro ou agrupacións de persoas
físicas ou xurídicas públicas ou privadas sen personalidade xurídica.
Outra opción é que se trate dunha empresa privada (autónomo ou empresa). Nese
caso, terá que cubrir todos os campos relacionados, de xeito que a aplicación poida
deducir se trata dunha empresa pequena, mediana ou grande e calcule a axuda
correctamente. No caso dos autónomos, indicarán o seu IAE.
Representante legal: Indicar o nome completo e o NIF da persoa que represente á
empresa, agrupación ou entidade sen ánimo de lucro, que será quen asine a solicitude.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 5
No caso de empresas con representación mancomunada, deberá nomearse un
representante único.
Datos bancarios: Indicar o titular da conta e o número da mesma.
Avisos de notificacións para o taboleiro electrónico: O solicitante terá que indicar
unha conta de correo electrónico para recibir os avisos (requirimentos ou resolucións)
cando os teña a súa disposición no taboleiro electrónico.
Declaracións do solicitante: O solicitante terá que marcar os epígrafes
correspondentes a súa situación. No caso de empresas e autónomos terán que marcar
o epígrafe de non atoparse en crise.
No caso de non marcar as autorizacións ao Inega para solicitar de oficio os certificados
ás administracións, entenderase que o solicitante achegará ditos certificados coa súa
solicitude. O mesmo ocorrerá no caso de non autorizar ao Inega para obter a
información necesario sobre o seu NIF.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 6
Una vez cubertos estes campos, pulse “confirmar”. Se algún campo non está ben
cuberto, a aplicación enviaralle unha mensaxe indicando o erro. Se todo é correcto,
aparecerá a pantalla seguinte.
Neste punto, ten que elixir a liña de renovables para a que vai facer a súa solicitude,
premendo en “Nova solicitude” da liña correspondente. Igualmente, nesta pantalla
poderá consultar os fondos que quedan dispoñibles en cada liña de subvención.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 7
4. LIÑAS DE AXUDA
4.1. ENERXÍA SOLAR TÉRMICA.
Datos xerais do proxecto /persoa de contacto/datos do investimento
Indicar o título, o enderezo e a localidade e a provincia onde se localiza a instalación,
que ten que ser en Galicia. Tamén se indicarán os datos adicionais de localización
(coordenadas sen puntos nin comas, e a referencia catastral) así como os datos
referentes á empresa instaladora. Tamén indicará a tipoloxía da instalación
(administracións públicas, sector doméstico, etc).
Nos datos xerais da instalación deberán cubrirse os datos técnicos da mesma.
A partires da pantalla anterior accedese a outras nas que é necesario escoller o tipo de
instalación (captadores planos, tubos de baleiro ou ambos). No caso de paneis, ten que
escoller no despregable a marca e o modelo. Se non atopa o modelo que vai instalar,
marque “outro” e poña as súas características.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 8
O mesmo no caso de por tubos de baleiro, debéndose escoller tamén a marca e o
modelo.
Os seguintes datos a encher son os relativos ao uso da instalación o e orzamento, que
ten que coincidir co presuposto aceptado e asinado polo solicitante da axuda.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 9
A suma dos importes parciais dos equipos e outros conceptos calcula o investimento
total sen IVE (o IVE seleccionase do despregable). A partir de todos estes datos o
programa realiza a reserva de fondos da axuda acadada que se indica no punto 8
CONTÍA MÁXIMA RESERVADA.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 10
Para cada unha das solicitudes deberá realizarse a declaración expresa doutras axudas,
sendo esta pantalla común a tódalas tipoloxías. No caso de que o proxecto teña outro
tipo de axudas, será preciso indicar o organismo/entidade que as convoca, o importe
da axuda, a porcentaxe que supón a axuda respecto do investimento total e a
disposición que regula a mesma.
Ademais, no caso de que xa a teña a axuda concedida terá que achegar coa solicitude
unha copia da resolución de concesión.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 11
Unha vez que introduciu todos os datos ten que premer o botón de “Confirmar”, ou
“Gardar borrador” no caso de que non se rematara. Se a solicitude queda confirmada
sen erros,terá que presentala dalgunha das formas indicadas no punto 8 deste
manual. No caso de que a solicitude non estivese enchida correctamente deberá
seguir as instrucións referidas aos erros detectados.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 12
4.2. ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA E INSTALACIÓNS MIXTAS ILLADAS.
Datos xerais do proxecto /persoa de contacto/datos do investimento
Indicar o título, o enderezo e a localidade e a provincia onde se localiza a instalación,
que ten que ser en Galicia. Tamén se indicarán os datos adicionais de localización
(coordenadas, sen puntos nin comas, e a referencia catastral) así como os datos
referentes a empresa instaladora e a tipoloxía.
Nos datos xerais da instalación deberán cubrirse os datos técnicos da mesma e a
aplicación da instalación solicitada.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 13
Nestas pantallas deberán cubrirse as características dos equipamentos (marca e
modelo), indicando tamén os elementos de que consta.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 14
Os seguintes datos a encher son os relativos ao uso da instalación o e orzamento, que
debe coincidir co presuposto aceptado e asinado polo solicitante da axuda.
A partires destes datos o programa realiza a reserva de fondos da axuda acadada que
se indica no punto 6, CONTÍA MÁXIMA RESERVADA.
Para cada unha das solicitudes deberá realizarse a declaración expresa doutras axudas,
esta pantalla e común a tódalas tipoloxías e se atopa no apartado de solar térmica.
Unha vez que introduciu todos os datos ten que premer o botón de “Confirmar”, ou
“Gardar borrador” no caso de que non se rematara. Se a solicitude queda confirmada
sen erros,terá que presentala dalgunha das formas indicadas no punto 8 deste
manual. No caso de que a solicitude non estivese enchida correctamente deberá
seguir as instrucións referidas aos erros detectados.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 15
4.3. ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA E INSTALACIÓNS MIXTAS NON ILLADAS.
Datos xerais do proxecto /persoa de contacto/datos do investimento
Indicar o título, o enderezo e a localidade e a provincia onde se localiza a instalación,
que ten que ser en Galicia. Tamén se indicarán os datos adicionais de localización
(coordenadas, sen puntos nin comas, e a referencia catastral) así como os datos
referentes a empresa instaladora e a tipoloxía.
Nos datos xerais da instalación deberán cubrirse os datos técnicos da mesma e a
aplicación da instalación solicitada.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 16
Nas pantallas deberán cubrirse as características dos equipamentos, se é o caso de que
a instalación conta con todos eses elementos, así como a marca e modelo, e son
comúns coas das instalacións illadas.
Os seguintes datos a encher son os relativos ó uso da instalación o e orzamento, que
debe coincidir co presuposto aceptado e asinado polo solicitante da axuda.
A partires destes datos o programa realiza a reserva de fondos da axuda acadada que
se indica no punto 6, CONTÍA MÁXIMA RESERVADA
Para cada unha das solicitudes deberá realizarse a declaración expresa doutras axudas,
esta pantalla e común a tódalas tipoloxías.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 17
Unha vez que introduciu todos os datos ten que premer o botón de “Confirmar”, ou
“Gardar borrador” no caso de que non se rematara. Se a solicitude queda confirmada
sen erros,terá que presentala dalgunha das formas indicadas no punto 8 deste
manual. No caso de que a solicitude non estivese enchida correctamente deberá
seguir as instrucións referidas aos erros detectados.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 18
4.4. CALDEIRAS DE BIOMASA
Datos xerais do proxecto /persoa de contacto/datos do investimento
Indicar o título, o enderezo e a localidade e a provincia onde se localiza a instalación,
que ten que ser en Galicia. Tamén se indicarán os datos adicionais de localización
(coordenadas, sen puntos nin comas, e a referencia catastral) así como os datos
referentes a empresa instaladora e a tipoloxía.
Nos datos xerais da instalación deberán cubrirse os datos técnicos da mesma e a
aplicación.
Nas pantallas deberán cubrirse as características dos equipamentos así como a marca
e modelo. No caso de que a súa caldeira non se atope na listaxe, marque “outra” e
indique as características da mesma.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 19
Cando nun mesmo proxecto coincidan caldeiras con alimentación automática desde un
sistema de almacenamento de capacidade superior ou igual a 250 litros con outras
caldeiras de distinta tipoloxía, estas deberanse documentar separadamente noutra
solicitude.
Os seguintes datos a encher son os relativos ó orzamento, que debe coincidir co
presuposto aceptado e asinado polo solicitante da axuda.
A partires destes datos o programa realiza a reserva de fondos da axuda acadada que
se indica no punto 8, CONTÍA MÁXIMA RESERVADA.
Para cada unha das solicitudes deberá realizarse a declaración expresa doutras axudas,
esta pantalla e común a tódalas tipoloxías.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 20
Unha vez que introduciu todos os datos ten que premer o botón de “Confirmar”, ou
“Gardar borrador” no caso de que non se rematara. Se a solicitude queda confirmada
sen erros,terá que presentala dalgunha das formas indicadas no punto 8 deste
manual. No caso de que a solicitude non estivera enchida correctamente deberá
seguir as instrucións referidas aos erros detectados.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 21
5. CONFIRMACIÓN DA SOLICITUDE E RESERVA DOS FONDOS
Unha vez cubertos todos os campos e revisada a solicitude, pulse o botón “confirmar”,
e pasará á pantalla seguinte
Ao premer en “Volver”, pode acceder ao rexistro da súa solicitude. Nesta pantalla
poderá comprobar o seu código, a data e hora da reserva de fondos, proxecto para o
que se solicita a subvención, a subvención e o estado da mesma. Se hai fondos,
realízase a reserva , e o programa indica “Confirmada-reserva”
No caso de que non haxa fondos nesa liña, o expediente queda na listaxe de reserva
que lle corresponda, e o programa indica “Confirmada-espera”
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 22
6. PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE
A solicitude pode presentarse de dúas formas: en papel ou telematicamente.
6.1 PRESENTACIÓN EN PAPEL
Para a presentación en papel ten que imprimir a solicitude dende a aplicación
informática. Lembre que ten que asinar os anexos II, III e V, e tamén o anexo IV cando
se trate de agrupacións. A solicitude achegarase, xunto coa documentación que se
indica no artigo 7.5 das bases reguladoras para cada liña de axudas, ou ben no Rexistro
do Inega, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, 5, San Lázaro 15707 Santiago de
Compostela, ou en calquera outro órgano da Xunta de Galicia, da Administración xeral
do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a
Administración local, sempre que neste último caso se subscribise o oportuno
convenio, ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de
novembro.
Cando se presente nun rexistro físico distinto ao do Inega, o solicitante poderá remitir
ao enderezo electrónico [email protected] o código da solicitude,
entrada no rexistro e localidade onde se presentou, co obxecto de axilizar a
tramitación do expediente.
6.2 Presentación telemática
Para poder facer a presentación telemática é necesario que o solicitante ou
representante legal posúa un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital
admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
Os sistemas de sinatura electrónica que admite a Sede Electrónica da Xunta de Galicia
pódense consultar en https://sede.xunta.es/sinatura-e-certificacions-electonicos-
admitidos .
É necesario utilizar Internet Explorer para realizar a presentación electrónica.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 23
Para empezar, ten que seleccionar a opción “Presentación telemática” dende a
pantalla de Rexistro de Solicitudes.
A aplicación verificará que o certificado que se vai a empregar para a presentación é o
válido. Dependendo do nivel de seguridade do almacén do certificado poderán
aparecer as seguintes pantallas:
- Selección do certificado
- Introdución da clave
- Inicio do proceso de sinatura electrónica (Ten que “aceptar os riscos e desexar
executar a aplicación”)
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 24
Para achegar a documentación complementaria prevista no artigo 7.5, ten que
escanear os orixinais, copias auténticas ou copias compulsadas. A continuación, Debe
seleccionar o nome de cada documento e axuntalo.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 25
Requisitos dos documentos: Os documentos estarán en formato .pdf, .xls ou .xslx, e o
tamaño máximo do documento será de 3 MB.
Por último, premará no botón “presentar electronicamente” e aparecerá a seguinte
pantalla:
Unha vez feita, a aplicación enviará unha mensaxe que indica “Firma completada
correctamente”. Se o solicitante entra na aplicación, desde o taboleiro pode
comprobar o estado da súa solicitude e os documentos que xa enviou.
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 26
7. Estado da solicitude
O solicitante pode consultar o estado da solicitude dende a seguinte pantalla:
8. Taboleiro electrónico
A través do taboleiro electrónico o solicitante dunha axuda pode:
Manual Subvencións Enerxías Renovables 2013
Abril 2013. Versión 00
Páxina 27
- Consultar a documentación que presentou de forma electrónica (a data en que
presentou o documento e acceder ao mesmo)
- Consultar os requirimentos e resolucións emitidas polo Inega (ver o
documento, a data de posta a disposición e a data en que accedeu ao mesmo)
Accedese dende a pantalla principal co usuario e a contrasinal ata a pantalla de
rexistro de solicitudes: