Download - MAIOS 2013
![Page 1: MAIOS 2013](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042616/568c0ecf1a28ab955a91da32/html5/thumbnails/1.jpg)
![Page 2: MAIOS 2013](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042616/568c0ecf1a28ab955a91da32/html5/thumbnails/2.jpg)
Xa chegou a primavera
a ledicia e a ilusión
xa chegou o noso maio
enchendo todo de cor.
Ailaleilo leilo ailalá
ailaleilo leilo ailaló
xa chegou o noso maio
enchendo todo de cor.
Golfiños e máis peixiños,
xirafiñas, tartarugas,
bolboretas, xirasoles,
vimos a pasalo ben.
Ailaleilo leilo ailalá
ailaleilo leilo ailaló
xa chegou o noso maio
enchendo todo de cor.
Música: Orixinal
![Page 3: MAIOS 2013](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042616/568c0ecf1a28ab955a91da32/html5/thumbnails/3.jpg)
Rosas, camelias, unha cala, un limón. Un gladiolo, moito fiuncho, laranxiñas, canta flor! Xestas, cascas de ovo, margaridas e xa está. Unha rosa, unha camelia, unha cala e un limón. Un gladiolo, moito fiuncho, laranxiñas, canta flor! Xestas, cascas de ovo, margaridas e xa está, uh, uh.
Música: Soy una taza (música popular)
![Page 4: MAIOS 2013](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042616/568c0ecf1a28ab955a91da32/html5/thumbnails/4.jpg)
Dame unha rosa, unha camelia, trae unha cala e un limón. Pon un gladiolo, moito fiuncho, as laranxiñas, ai canta flor! Faltan as xestas, cascas de ovo e o noso Maio xa rematou, uh, uh. Rosas, camelias, unha cala, un limón. Un gladiolo, moito fiuncho, laranxiñas, canta flor! Xestas, cascas de ovo, margaridas e xa está. Unha rosa, unha camelia, unha cala e un limón. Un gladiolo, moito fiuncho, laranxiñas, canta flor! Xestas, cascas de ovo, margaridas e xa está, uh, uh.
![Page 5: MAIOS 2013](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042616/568c0ecf1a28ab955a91da32/html5/thumbnails/5.jpg)
Dame unha rosa, unha camelia, trae unha cala e un limón. Pon un gladiolo, moito fiuncho, as laranxiñas, ai canta flor! Faltan as xestas, cascas de ovo e o noso Maio xa rematou. Dame unha rosa, unha camelia, trae unha cala e un limón. Pon un gladiolo, moito fiuncho, as laranxiñas, ai canta flor! Faltan as xestas, cascas de ovo e o noso Maio xa rematou, uh, uh.
![Page 6: MAIOS 2013](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042616/568c0ecf1a28ab955a91da32/html5/thumbnails/6.jpg)
Tic, tac, tic, tac o maio aquí está Tic, tac, tic, tac de festa estamos xa Tic, tac, tic, tac estaremos todos xuntos colleremos verde e flores mesturaremos moitas cores poñámonos a traballar
Tic, tac, tic, tac o maio aquí está Tic, tac, tic, tac de festa estamos xa Tic, tac, tic, tac o maio xa está listo con xestas e fiúnchos moi bonito e colorido tédelo que ver amigos
Melodía: Tic Tac de Pablo Díaz
![Page 7: MAIOS 2013](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042616/568c0ecf1a28ab955a91da32/html5/thumbnails/7.jpg)
Tic, tac, tic, tac o maio aquí está Tic, tac, tic, tac de festa estamos xa Tic, tac, tic, tac sacaremos do Couceiro o maio a pasear pararemos na alameda temos que descansar Tic, tac, tic, tac o maio aquí está Tic, tac, tic, tac de festa estamos xa
![Page 8: MAIOS 2013](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042616/568c0ecf1a28ab955a91da32/html5/thumbnails/8.jpg)
Xa chega o mes de maio xa o imos celebrar xa temos moitas flores xa podemos cantar! Xa podemos cantar xa podemos bailar que temos moitas flores pra o Maio decorar.
Música: Muiñeira corrida (música popular)
![Page 9: MAIOS 2013](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042616/568c0ecf1a28ab955a91da32/html5/thumbnails/9.jpg)
Maio, Maíño tan bonitiño sempre cheíño de flor estás! Maio, Maieiro, ti tan festeiro unha muiñeira hei de botar! Maio, Maíño tan colorido con laranxiñas voute adornar! Maio, Maieiro tan rebuldeiro que ben xuntiños imos estar!
![Page 10: MAIOS 2013](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042616/568c0ecf1a28ab955a91da32/html5/thumbnails/10.jpg)