Download - LIBROS VERÁN IES LAGOA DE ANTELA
CULTURA CLÁSICA, XORNALISMO E ANTROPOLOXÍA
Colección La serie de misterio de la antigua Roma
(Roma sub rosa), de Steven Saylor.
Novela histórica e de serie negra na época clásica para
alumnado de bacharelato,
Colección Misterios romanos, de Caroline Lawrence
Novelas xuvenís que mesturan o rigor histórico coas
aventuras de catro amigos detectives. Para aprender co-
mo era a vida na antiga Roma.
Ébano, Richard Kapuscinsky
Un xornalista que se mimetiza coas persoas de que fala e
conta as súas experiencias nunca África asolada polas
guerras, as pragas e a pobreza. Amena e didáctica.
El antropólogo inocente, Nigel Barley
Queren saber como viven os dowayos de Camerún? Le-
an as experiencias dun antropólogo vivindo un tempo
nunca chouza de barro e investigando as crenzas e os
costumes dos dowayos. Non ten desperdicio.
Fin de século en Palestina, Miguel A. Murado
A visión dun escritor en Palestina na época da intifada. A
vida cotiá dun pobo sometido a un destino tráxico é des-
crita con tintes literarios.
TEATRO
Marta ante o espello, Teresa Calo
Monólogo teatral que aborda o tema da anorexia
POESÍA
Nove, María Lado
Poemas cun mar duro e bravo de fondo.
LECTURAS LECTURAS PARA TODO O PARA TODO O MUNDOMUNDO
E PARA TODOS OS E PARA TODOS OS GUSTOSGUSTOS
Leandro Lamas
BIB
LIO
TE
CA
LA
GO
A D
E A
NT
EL
A
htt
p:/
/bib
lio
tec
ala
go
ad
ean
tela
.blo
gsp
ot.
co
m.e
s/
BANDA DESEÑADA
Salpock, o val dos cegos, Álvaro López e Luís Sendón
Unha historia de aventura, acción e fantasía nun mundo
post-apocalíptico. Inclúe un mini-xogo de rol baseado no
cómic.
Engurras, Paco Roca
Unha historia sobre o alzheimer directa ao corazón.
El invierno del dibujante, Paco Roca
Debuxantes abafados pola editorial Bruguera en tempos
da ditadura franquista deciden fundar unha revista onde
goberne a liberdade.
Cabana de Balieiros, Tokio
Unha historia dunha vila costeira cuxa vida e crenzas
dependen do mar.
El paraíso de Zahra, Amir e Khalil
A nai dun mozo iraniano procura desesperadamente o
seu fillo nas catacumbas do réxime tiránico.
Pollo con ciruelas, Marjane Satrapi
O tío de Marjane quere suicidarse e non o dá logrado.
Da autora de Persépolis.
PARA A XENTE MIÚDA
Las princesas también se tiran pedos,
Ilan Brenman,
Álbum ilustrado. Os segredos máis gardados das
princesas nun libro tenro e divertido.
Versos en flor, Carlos Fontes e Leandro Lamas
Poemas para os máis cativos, divertidos e con conti-
do.
PARA A XENTE DA ESO
O Rei Lagarto, Álvaro Magalhaes
Jorge e Juana deciden investigar porque anda un espíri-
to na adega de seu pai. Jim Morrison transita por alí.
Suso Espada. “Nota roja”, Francisco Fernández Naval
Suso Espada viaxa a México para resolver o enigma do
secuestro dun curmán seu.
As fronteiras do medo, Agustín Fernández Paz
Seis relatos de medo para ficar sen fala.
Palabras envelenadas, Maite Carranza
Unha historia de suspense cos abusos sexuais como
telón de fondo. Da autora de O clan da loba.
O pobre tolo, Iván Suárez e Inacio
Un cómic sobre o desterro de Castelao. Humano.
CIENCIA, ECONOMÍA, VIVIR E PENSAR
Cuestiones curiosas de ciencia, Scientific American
Cuestións curiosas de ciencia (Bioloxía, Química, Ciencias
da Terra, Matemáticas, Física…) cun enfoque atractivo.
La ciencia es divertida, Alain Gold
Para comprender os fenómenos científicos cos que convi-
vimos á diario.
La física en preguntas, J. M. Lévy-Leblond
Preguntas a moreas que obrigan a pensar.
Maldita física, Carlo Fabretti
A Alicia non lle entra a materia de física ata que alguén se
cruza con ela para axudarlle a entendela doutra maneira.
El laberinto de la felicidad, Álex Rovira e Miralles
Unha fábula sobre o sentido da vida a través dunha muller
perdida nun labirinto.
Por una ética del consumo, Adela Cortina
A autora explora a aldea global desde a óptica do consu-
mo. Dá pautas para o suxeito consumidor nunha socieda-
de de desexos construídos e necesidades creadas.
NAIS E PAIS
Modelos de familia, Susan Golombok, ed. Graó
Os diferentes tipos de unidades de convivencia e os
mitos que forxan os prexuízos destruídos.
Homosexualidad y familia, F. López, ed. Graó
Para pais e nais con fillos homosexuais e viceversa.
MÁIS FICCIÓN
Las alas del dinosaurio, Sissel-Jo Gazan
Ana está a preparar a súa tesiña cando aparece asasi-
nado o seu profesor, e todo apunta a unha vinganza. Ela
aparece como sospeitosa nun ámbito científico ateigado
de intrigas.
Con el agua al cuello, Petros Márkaris
O comisario Jaritos debe resolver o asasinato dun anti-
go director de banco, que aparece degolado. O homici-
dio coincide cunha campaña contra os bancos.
El verano sin hombres, Siri Hustvedt
Unha muller desenganada volve ao lugar de orixe para
recobrar os recordos da infancia e segredos de mulleres
de varias xeracións. Boa comedia e final inesperado.
El teorema del loro, Denis Guedj
Novela para aprender matemáticas.
ARTE E MÚSICA
El ladrón de arte, Noah Charney
Unha enxeñosa novela sobre roubos de arte chea de
suspense.
El caso del artista cruel, Elia Barceló
Tres amigos vense involucrados nun caso de asasinato
cando preparan un traballo de arte para o instituto.
La voz del violín, Andrea Camilleri
O comisario Montalbano debe investigar o asasinato du-
nha muller, un violín aparece na escena do crime…
O violín de Auschtwitz, Maria Angèls Anglada
Daniel, se quere sobrevivir, debe construírlle ao coman-
dante do campo de concentración un violín perfecto,
igual a un Stradivarius, .
Las mujeres, que leen, son peligrosas, Stefan Boll-
mann
Un percorrido polas obras de arte e a relación estreita
entre libros e mulleres.
Donde nadie te encuentre, Giménez Bartlet
Premio Nadal 2011, Historia dun maqui hermafrodita.
FICCIÓN
Mexillóns para cear, Birgit Vanderbeke
A espera para cear convértese en tensión e angustia. O
pasado vai aparecendo e, con el, os medos. Unha novela
curta que produce desasosego.
Morgana en Esmelle, Begoña Caamaño
Unha historia coa materia de Bretaña dende unha pers-
pectiva feminina.
Laura no deserto, Antón Riveiro Coello
Novela itinerante con enigmas.que vai de Santiago a
Barcelona e pasa por Brooklyn
Esperando noticias, Kate Atkinson
Un caso para investigar por un detective imperfecto.
El cielo se cae, Lorenza Mazzetti
O ambiente da Italia de Mussolini dende a perspectiva
dunha nena.
Habladles de batallas, de reyes y elefantes, Mathias
Enard
Unha historia do s. XVI en Constantinopla con Miguel
Ángel de protagonista.