BTTeando
por
Guitiriz
2ª edición
TEMPADA
2018 - 2019
INDICACIÓNS PARA FACER
AS RUTAS EN BICI:
• O tempo de duración aproximado
de cada ruta é de entre 3 horas a
3 horas e media.
• Todas as rutas están abertas ao
público en xeral, a partir dos 10 anos
de idade, e con un mínimo de
práctica en bici de montaña.
• Haberá rutas máis curtas, accesibles
e adaptadas, para os nenos e nenas
menores de 10 anos.
• Material necesario:
BICICLETA
CASCO OBRIGATORIO
GUANTES ACONSELLABLES
CHUVASQUEIRO en caso de choiva.
• LEVAR SEMPRE PEZA DE FROITA
(aconsellable plátano) E BOTELLA
DE AUGA.
• Todas as saídas programadas vanse
facer na data e no horario indicado.
*Poderá haber algunha modificación
ou cambio debido ao mal tempo,
ou outra causa xustificada, que se
avisará coa maior antelación posible.
Vinde tod@s con moitas
gañas de facer deporte,
gozar da nosa natureza e,
sobre todo, pasalo ben!!
Organiza:
CONCELLO DE GUITIRIZ
Colabora:
BTTEIROS
COVA DA SERPE
• DOMINGO 14 DE OUTUBRO:
RUTA DA PEDRA DE XOSÉ MARÍA
DÍAZ CASTRO: Saída ás 9.30 horas do
Campo da Feira de Guitiriz ou ás 10
horas do Campo da Festa do Buriz - Ruta
da Pedra de Díaz Castro - Petróglifo das
Calzadas - O Vilariño (casa natal do
poeta) - monte dos Vilares - volta ao
Buriz e remate da ruta no campo da festa.
• DOMINGO 11 DE NOVEMBRO:
RUTA DO MUÍÑO DA RUXIDA:
Saída ás 10 horas da praza do Campo da
Feira de Guitiriz - Balneario - Montemeá -
Pena Xiboi - Muíño da Ruxida - Fraguas -
As Negradas - volta pola Camiño de
Santiago - Modia - Montemeá - Ruta da
Auga - Campo da Feira de Guitiriz.
• DOMINGO 16 DE DECEMBRO:
RUTA DAS BIDUEIRAS: Saída ás 9.30
horas do Campo da Feira de Guitiriz ou ás
10 horas de San Alberte - ruta circular
polo monte de San Breixo pola Ruta das
Bidueiras con parada no mirador - volta a
San Alberte ao punto de partida.
RUTAS PROGRAMADAS TEMPADA 2018 - 2019
• DOMINGO 13 DE XANEIRO:
RUTA DO PANTANO DE SAN XOÁN:
Saída ás 10 horas do Campo da Feira de
Guitiriz - ruta circular con subida á Área
Recreativa de San Xoán e posterior baixada
ata Guitiriz ao punto de partida.
• DOMINGO 10 DE FEBREIRO:
RUTA DA COVA DA SERPE:
Saída ás 9.30 horas do Campo da Feira
de Guitiriz ou ás 10 horas da Subestación
eléctrica de Pena Blanca - ruta lineal polo
monte da parroquia das Negradas ata a
Cova da Serpe - volta pola Torre de Miraz -
Portoscarros - Saá - Ferreira - Ruta da Auga
ata a praza do Campo da Feira de Guitiriz.
• DOMINGO 17 DE MARZO:
RUTA DO CAMIÑO REAL:
Saída ás 10 horas da praza do Campo
da Feira de Guitiriz - roteiro polo Camiño
Real atravesando distintos lugares e
parroquias do Concello de Guitiriz - Sesulfe
- Trasparga - San Salvador - Presa de Merra
- Bascuas - Malde - As Reixas - e volta á vila
de Guitiriz ao punto de partida da ruta.
• DOMINGO 14 DE ABRIL:
RUTA DO CAMIÑO NORTE DE
SANTIAGO: Saída ás 9.30 horas da
praza do Campo da Feira de Guitiriz ou ás
10 horas de San Alberte - ruta lineal polo
Camiño Norte de Santiago ao seu paso
polos Concellos de Guitiriz e Friol -
San Breixo - Santa Locaia - Seixón -
Miraz - Anafreita - volta por As Negradas
- Mariz - e chegada a Guitiriz ao Campo
da Feira, punto final da ruta.
• DOMINGO 12 DE MAIO:
RUTA SORPRESA FIN DA
TEMPADA 2018 / 2019: Ruta en
bicicleta fóra do Concello de Guitiriz para
celebrar e dar por finalizada a tempada
2018/19 do programa BTTeando por
Guitiriz. Avisarase da programación
completa dese día, con antelación, para
que todas as persoas interesadas poidan
participar.
Animádevos a participar!!
Deporte + Saúde + Natureza + Diversión