Download - FORMACIÓN USUARIOS/AS
PROGRAMA DE FORMACION
DE USUARIOS/AS
BIBLIOTECA CEIP DE AGUIÑO
http://bibliotecadeaguinho.blogspot.com
1. INTRODUCCIÓN
2. OBXECTIVOS E CONTIDOS XERAIS
3. OBXECTIVOS E PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN
INFANTIL
4. OBXECTIVOS E PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA EDUCACION
PRIMARIA
4.1 PRIMEIRO CICLO
4.2 SEGUNDO CICLO
4.3 TERCEIRO CICLO
1. INTRODUCCIÓN
Dende o equipo de biblioteca do Ceip de Aguiño, presentamos este
programa de formación de usuarios/as destinado a todo o alumnado de
E.Infantil e E. Primaria do noso centro.
Para elaboralo tivemos en conta as aportacións do Curso de Bibliotecas
Escolares do MEC realizado por varios membros do noso equipo, as
experiencias doutros centros pertencentes coma nós, ao Plan de Mellora de
Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e que poñen á nosa disposición a través dos
seus blogues ou da rolda de correos electrónicos
([email protected]) , e outros textos recollidos a través de internet
que consideramos que poden ser de gran utilidade para o noso alumnado (“La
formación de usuarios en la biblioteca escolar. Educación Infantil y Primaria”.
Mónica Baró e Teresa Mañá)
Este programa vai dirixido a todo o profesorado do noso centro co fin de
que o incorpore ás súas programacións didácticas e o leve a cabo co seu
alumnado, co obxectivo de facer dos nosos alumnos e alumnas usuarios e
usuarias competentes non só na nosa biblioteca escolar senón en calquera
outra biblioteca escolar ou biblioteca pública municipal.
Calquer programa de formación de usuarios/as plantexa os seus contidos
de forma gradual, distribuidos no que se chama “niveis de formación”:
1. información sobre a biblioteca
2. formación no uso da biblioteca
3. formación no uso dos materiais
O primeiro nivel refírese ao coñecemento da biblioteca como servizo (qué é a
biblioteca, qué podemos atopar nela, para qué nos pode servir); o segundo
nivel inclúe conceptos relacionados coa formación no uso da biblioteca tales
como buscar nun catálogo ou
en Internet, descodificar un
rexistro bibliográfico, localizar
os documentos na biblioteca,
seleccionar os máis
pertinentes,.. e o terceiro nivel
correspóndese coa formación
no uso dos materiales en
calquer soporte (sistemas de
consulta e organización da
información, uso de índices e
sumarios,…).
A programación que a
continuación presentamos
contempla os tres niveis de
formación anteriormente
descritos para cada un dos
ciclos escolares, dende E.
Infantil ata finais da E.
Primaria tendo en conta sempre a súa flexibilidade e que pode ser empregada
con outros grupos de idade distintos aos que en principio vai dirixida, se estes
non teñen recibido formación con anterioridade.
Para finalizar só recordar que a formación de usuarios/as é a función
prioritaria da biblioteca escolar e que debe considerarse un contido transversal
na educación obligatoria sendo responsabilidade de todo o profesorado e que
compete a todas as materias.
2. OBXECTIVOS E CONTIDOS XERAIS
Este programa de formación de usuarios/as pretende conseguir que cando
o noso alumnado finalice a etapa escolar de E. Primaria, sexa capaz de:
• Enfrontarse sen medo ao espazo da biblioteca escolar e á biblioteca
pública utilizándoas de xeito autónomo/a
• Localizar e recuperar a información en calquera tipo de soporte ou
medio
• Coñecer os distintos tipos de documentos informativos e seleccionar o
que máis lle interese
• Utilizar a bibliotecas escolar e pública para a información , o estudo e o
ocio.
Para acadar estes obxectivos , o noso programa de formación de usuarios/as,
incluirá contidos referidos a:
• A organización da colección
• Os soportes documentais
• Os tipos de documentos: diccionarios, enciclopedias, monografías, obras
literarias, prensa escrita, …
• Os elementos que identifican unha obra impresa: título, autor, editorial,..
• As partes dunha obra e as súas ferramentas auxiliares: indices,
sumarios, glosarios,.. e como utilizalas
• A utilización de catálogos manuais e informatizados
• Os códigos gráficos utilizados en diferentes tipos de documentos
• A estructura dos documentos dixitais e as páxinas web
• A comprensión e o tratamento da información
• A biblioteca como un espazo público compartido: normas de uso,
respecto polos materiais,..
• Despertar unha actitude de colaboración no funcionamento da biblioteca
(formar axudantes de biblioteca)
A continuación detallamos a concreción destes obxectivos e contidos xerais
para cada unha das etapas e ciclos que se imparten no noso centro
3. OBXECTIVOS E PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA A ETAPA DE
EDUCACIÓN INFANTIL
O obxectivo xeral nesta etapa educativa (3-6 anos) é conseguir que o
espazo da biblioteca sexa para estes nenos e nenas un lugar familiar, que o
identifiquen, o valoren e o aprecien. Ademáis deben ser quen de moverse
neste centro de recursos, coñecendo os diferentes tipos de fondos que contén
e respectando as normas de comportamento e uso da biblioteca.
Así pois, podemos concretar os seguintes obxectivos:
Referidos ao nivel 1 (introducción á biblioteca)
1) Recoñecer o espazo da biblioteca escolar distinguíndoo doutros espazos
parecidos (recanto dos libros na aula, biblioteca pública,..)
2) Coñecer e respectar algunhas normas
sinxelas de comportamento e uso na
biblioteca
3) Distinguir e localizar os distintos tipos de
fondos que podemos atopar na biblioteca a
partires das súas características esenciais:
impresos ( obras de ficción - libros de contos;
obras de coñecementos - libros de
información), electrónicos e audiovisuais
Referidos ao nivel 2 (búsqueda e localización da información)
4) Recoñecer e manter a orde dos libros no recanto dos libros na aula
5) Coñecer o espacio para os libros de ficción axeitados á súa idade na
biblioteca escolar e os distintivos que os identifican
6) Saber expresar oralmente as necesidades de información ou de lectura,
concretando o tema e o obxectivo da demanda.
Referidos ao nivel 3 (uso dos documentos)
7) Iniciarse na consulta de libros de coñecemento
8) Seleccionar a información gráfica contida nos libros e outras fontes
informativas en función das súas necesiades
9) Identificar as partes físicas elementais dun libro: cuberta, portada,
lombo, páxinas,..
10) Recoñecer os elementos identificadores dun libro: autor, ilustrador,
editorial, etc.
OBXECTIVO 1: RECOÑECER O ESPAZO DA BIBLIOTECA
ESCOLAR DISTINGUÍNDOO DOUTROS ESPAZOS PARECIDOS
(RECANTO DOS LIBROS NA AULA, BIBLIOTECA PÚBLICA,..)
ACTIVIDADE 1 :
Entablaremos un faladoiro sobre os recantos que temos na aula centrándonos
no recanto dos libros . Os nenos e nenas falarán sobre :
� os obxectos que podemos atopar nel (libros de contos, libros de
animais,…)
� cando imos a el (cando acabamos as tarefas, cando imos buscar
información, cando facemos a “hora do conto”,…)
� que facemos nel (miramos as imaxes dos libros, lemos o conto,…)
� como hai que estar nel (non podemos comer nel, non podemos pintar
nos libros,..)
A continuación realizaremos un percorrido polas dependencias do cole
(ximnasio, aula de audiovisuais, aula de informática,..) no que trataremos de
buscar un lugar parecido ao noso recanto dos libros.
Entramos na biblioteca e sentados no chan entablamos outro faladoiro sobre:
� as semellanzas e diferencias entre o noso recanto dos libros e a
biblioteca do colexio ( espazo, cantidade de fondos, obxectos que hai
nelas,…)
� Quen é esa rata que está debuxada na porta
� Cando podemos ir á biblioteca
� ……
Deixamos que os nenos e nenas manipulen libremente os libros que están na
illa central e que son os que están recomendados para a súa idade (teñen
pegatina no lombo de cor azul)
ACTIVIDADE 3. COÑECEMOS A HONORATA, A MASCOTA DA N OSA
BIBLIOTECA
COLOREA A IMAXE DE HONORATA E AS LETRAS QUE COMPOÑEN O
SEU NOME
ACTIVIDADE 7: IMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA
Entablaremos un diálogo cos nenos e nenas sobre os edificios públicos como
aqueles edificios que albergan servizos para todos os habitantes dunha
cidade, p.ex: o colexio, o hospital, a plaza de abastos, a casa do concello, o
pavillón deportivo,…
A biblioteca tamén é un edificio público. Sabes onde está a biblioteca pública
en Ribeira? Busca os edificio do colexio e da biblioteca no seguinte plano e
colorea o camiño que debes seguir se queres ir á biblioteca ao salir do colexio.
Visitamos a biblioteca pública e anotamos:
Nome da biblioteca:…………………………………………………………………
Enderezo:…………………………………………………………………………….
OBXECTIVO 2: COÑECER E RESPECTAR ALGUNHAS
NORMAS DE COMPORTAMENTO E USO NA BIBLIOTECA
ACTIVIDADE 1. COMO PODEMOS ESTAR NA BIBLIOTECA? RIS CA
AQUELAS ACCIÓNS QUE NON SE PODEN REALIZAR NELA
ACTIVIDADE 2: O XOGO DO SEMÁFORO
Mediante esta actividade os nenos e nenas recoñecerán os hábitos de
conduta axeitados e aqueles outros que non se deben dar na biblioteca.
Como actividade previa os nenos e nenas
realizarán dous sinais con forma de círculo (un
de cor vermello e outro de cor verde) con cartolina .
Deberán levantar o sinal vermello cando o
mestre/a diga unha frase relacionada con algún
comportamento non axeitado na biblioteca , e
levantarán o sinal verde cando o mestre/a diga
unha frase relacionada cun comportamento
axeitado na mesma.
Unha vez teñan feitos os sinais, entablaremos un diálogo pregúntandolles
como creen eles que debe ser o comportamento na biblioteca, como debemos
tratar os libros, os ordenadores,… aclararemos todas as dúbidas que se lles
presenten e procederemos a empezar o xogo.
A continuación suxerimos algunhas frases que se poden utilizar procurando
alternar frases correctas con incorrectas:
Frases positivas
• Mirar a cuberta
• Ver as imaxes
• Pasar con coidado as follas
• Compartir o libro cun amigo/a
• Pedirlle á mestra que me lea o libro
• Gardar o libro no seu sitio
• Falar baixiño
• Mover con coidado as cadeiras para non facer
ruido
Frases negativas
• Dobrar os libros
• Escribir ou debuxar nos libros
• Arrancar unha folla do libro
• Recortar un debuxo do libro
• Coller un libro cando estou comendo
• Tirar os libros ao chan
• Berrar na biblioteca
• Pelexarme cun compañeiro/a para quitarlle un
libro
• Correr pola biblioteca
• Deixar os libros en calquera lado
ACTIVIDADE 3: EU SEI COIDAR OS LIBROS
Entablaremos un diálogo sobre como se deben coidar os libros e o resto de
materiais que hai na biblioteca: debemos ter as mans limpas, non escribir nin
debuxar nas súas páxinas, pasar as follas con coidado de non engurralas ou
rompelas,…
Colorearán e montarán o seu propio libro de normas :
ACTIVIDADE 4: RISCA O DEBUXO INCORRECTO
COMO DEBO ESTAR NA BIBLIOTECA?
QUE LIBROS ESTÁN BEN COIDADOS?
COMO DEBO TER AS MANS?
ACTIVIDADE 5: COLOREA O DEBUXO CORRECTO
COMO DEBO ENTRAR NA BIBLIOTECA?
QUE LIBRO ESTÁ BEN COIDADO?
QUEN PASA BEN AS PÁXINAS?
OBXECTIVO 3: DISTINGUIR E LOCALIZAR OS DISTINTOS
TIPOS DE FONDOS QUE PODEMOS ATOPAR NA BIBLIOTECA
A PARTIR DAS SÚAS CARACTERÍSTICAS ESENCIAIS:
IMPRESOS (OBRAS DE FICCIÓN - LIBROS DE CONTOS;
OBRAS DE COÑECEMENTOS - LIBROS DE INFORMACIÓN),
ELECTRÓNICOS E AUDIOVISUAIS
ACTIVIDADE 1: Clasificar os documentos obtidos pola mestra/e na biblioteca
en función dos soportes (libros, vídeos, cd, dvd, cinta de vídeo, revista, …)
ACTIVIDADE 2: “VERDADE OU CONTO”
Mediante esta actividade pretendemos que os nenos e nenas distingan os dous
tipos de fondos impresos que hai na biblioteca e onde se ubican. Para iso
seleccionaremos un tema motivador para eles e elas , p.ex: os animais , e unha
serie de libros sobre o mesmo procurando incluir contos e libros informativos.
O diálogo con eles permitira poñer de manifesto as diferencias entre un texto
imaxinativo e un texto informativo . Posteriormente podemos propoñerlles que
os clasifiquen en dous grupos segundo sexan “verdade” (libros informativos) ou
“conto” (libros de ficción) .
Un roteiro pola biblioteca lles permitirá coñecer onde se atopan os libros de
información (parte esquerda da sá, chan de baldosa, en estanterías de doble
cara) e os de ficción (parte dereita da sá, chan de madeira, nunha illa central os
de pre-lectores e o resto en estanterías pegadas ás paredes)
OBXECTIVO 4: RECOÑECER E MANTER A ORDE DOS LIBROS
NO “RECANTO DOS LIBROS” NA AULA
ACTIVIDADE: Nomear, por quendas, un
encargado/a do recanto dos libros na aula.
Éste deberá responsabilizarse de que o
recanto dos libros quede recolleito ao
finalizar o día tendo en conta que:
� Non quedará ningún libro fora das
súas estanterías
� Os libros estarán ordenados co
lombo para fora
� Os libros estarán colocados en
sentido correcto ( a pegatina branca
na parte inferior)
� Non se misturarán os libros de
información cos libros de contos (os
de contos teñen pegatina de cor azul
na parte superior do lombo e os de
información non a teñen)
OBXECTIVO 5: COÑECER O ESPAZO PARA OS LIBROS DE
FICCIÓN AXEITADOS Á SÚA IDADE NA BIBLIOTECA ESCOLAR
E OS DISTINTIVOS QUE OS IDENTIFICAN.
ACTIVIDADE: Acudir á biblioteca escolar e realizar un percorrido por ela para
identificar o lugar onde se atopan os fondos de ficción (parte da biblioteca con
chan de madeira). O mestre/a collerá varios libros de diferentes seccións (azul,
vermella, verde, amarela, morado) e explicará ao alumnado que todos os libros
que teñen pegatina de cor na parte superior do lombo son libros de contos.
Tamén fará referencia a que os libros de ficción que teñen pegatina azul
(prelectores, de 3 a 6 anos) son os máis axeitados para o alumnado de E.
Infantil o que non quere decir que haxa algúns libros de pegatina vermella
(primeiros lectores, de 6 a 8 anos) que tamén podan ser empregados neste
nivel.
Os libros dirixidos aos prelectores
sitúanse nunha illa central colocados en
caixóns de xeito que se vexan as
cubertas sen respectar ningún outro
criterio para a súa colocación (a
diferencia do resto dos fondos de ficción
que se colocan en estanterías abertas
respectando a orde alfabética do
apelido do autor)
A continuación cada neno e nena escollera un libro de contos de entre
os que lle corresponden ao seu nivel para levalo en préstamo. O mestre/a
rexistrará os préstamos no MEIGA.
OBXECTIVO 6: SABER EXPRESAR ORALMENTE AS
NECESIDADES DE INFORMACIÓN OU DE LECTURA
ACTIVIDADE: Entablaranse faladoiros cos nenos e
nenas en torno á lectura e á información: cando
eleximos un libro de contos, que queremos que nos
aporte ? a resposta a algunha pregunta que
teñamos ou unha historia para escoitar e disfrutar?
Se estamos investigando na aula sobre os
dinosaurios, que tipo de libro terei que escoller para
saber máis sobre as súas características físicas,
forma de alimentarse,…?
OBXECTIVO 7: INICIARSE NA CONSULTA DE LIBROS DE
COÑECEMENTOS
ACTIVIDADE: Acudir á biblioteca para buscar
libros de información que teñan relación co
proxecto de traballo que se esté a desenvolver
na aula. A mestra/mestre explicará que os
libros de coñecementos se agrupan segundo o
tema que traten ( utlizar palabras como
animais, plantas, lugares, ….) e que nas estanterías están colocados nun lugar
fixo que se indica con rótulos que constan
dun número e unha palabra significativa
( animais -- 59. Zooloxía)
OBXECTIVO 8: SELECCIONAR A INFORMACIÓN GRÁFICA
CONTIDA NOS LIBROS E OUTRAS FONTES INFORMATIVAS
EN FUNCIÓN DAS SÚAS NECESIDADES
ACTIVIDADE: Crear ocasións para a información gráfica e propiciar a reflexión
en torno á idoneidade dos documentos obtidos
59
Zooloxía
OBXECTIVO 9: IDENTIFICAR AS PARTES FÍSICAS
ELEMENTAIS DUN LIBRO: CUBERTA, LOMBO, PÁXINAS,..
ACTIVIDADE 1: CORTA E PEGA AS PALABRAS NO LUGAR
CORRESPONDENTE
OS LIBROS DE CONTOS TEÑEN PEGATINAS DE COR NO LOMBO. CAL E
A COR DAS PEGATINAS DOS LIBROS DE CONTOS DE E. INFANTIL?
COLOREA DESA COR ESTE CADRO
PÁXINAS
CUBERTA
LOMBO
OBXECTIVO 10: RECOÑECER ALGÚNS ELEMENTOS
IDENTIFICADORES DUN LIBRO: AUTOR, ILUSTRADOR,
EDITORIAL.
ACTIVIDADE 1: ENTABLAR UN DIÁLOGO SOBRE AS PERSOAS QUE
TRABALLAN PARA FACER UN LIBRO PARA CHEGAR A RECOÑECER QUE
TEN QUE HABER ALGUÉN QUE ESCRIBA O TEXTO (AUTOR), ALGUÉN
QUE REALICE OS DEBUXOS (ILUSTRADOR) E UNHA “FÁBRICA” ONDE SE
FAN OS LIBROS CON ESES TEXTOS E DEBUXOS (EDITORIAL).
TODOS ESES ELEMENTOS APARECEN NAS CUBERTAS DOS LIBROS.
CON AXUDA DO MESTRE/A COPIA O TÍTULO, AUTOR E EDITORIAL
DESTES LIBROS
TÍTULO: ………………………………
………………………………………...
EDITORIAL: …………………………
TÍTULO: ………………………………
…………………………………………
AUTOR/A: ……………………………
…………………………………………
EDITORIAL:…………………………...
4. OBXECTIVOS E PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA A ETAPA DE
EDUCACIÓN PRIMARIA
O obxectivo xeral nesta etapa educativa (6-12 anos) é conseguir que o
noso alumnado sexa usuario/a autónomo/a na mesma e que a utilice para
buscar información, para o estudio e para o ocio. Este amplo obxectivo xeral
podemos concretalo nos seguintes obxectivos :
• Localizar e recuperar a información en calquera tipo de soporte ou
medio (catálogos manuais, catálogos informatizados)
• Coñecer os distintos tipos de documentos informativos
(diccionarios, enciclopedias, monografías, ….) e ser quen de
seleccionar o que máis lle interese.
• Respectar as normas de uso e comportamento na biblioteca
• Identificar os elementos que identifican unha obra (autor, titulo,
editorial,..)
• Recoñecer as partes dunha obra e as súas ferramentas auxiliares
(índice, sumario, glosario,…)
Estes obxectivos incluiranse nas concrecións
curriculares dos distintos ciclos da E. Primaria e serán
secuenciados por niveis. A continuación propoñemos
unha posible organización dos mesmos sendo os
mestres/as titores/as os que os adaptarán en función das
características do grupo-clase.
4.1 PRIMEIRO CICLO
OBXECTIVOS:
Referidos ao nivel 1 (introducción á biblioteca)
1. Entender a biblioteca como centro de recursos na escola e como servizo
comunitario
2. Coñecer como se organiza o espazo
da biblioteca e as distintas seccións
(consulta de fondos, lectura informal,
acceso a Internet, traballo individual
en mesa,…)
3. Coñecer o funcionamento e normas
da biblioteca e os seus servizos:
información, lectura e consulta en
sala, préstamo,…
4. Respectar e coidar os materiais e
recursos da biblioteca.
5. Recoñecer os elementos identificadores dun documento: título, autor,
ilustrador, editorial, colección,…
6. Distinguir as distintas funcións de información e lectura que poden ter os
documentos
Referidos ao nivel 2 (búsqueda e localización da información)
7. Ser quen de buscar e localizar documentos nas estanterías da
biblioteca.
8. Identificar os catálogos como instrumento de recuperación da
información
9. Identificar a información que nos proporciona o “tejuelo”
Referidos ao nivel 3 (o uso dos documentos)
10. Identificar as partes físicas dos documentos impresos (portada, cuberta,
contracuberta, lombo,…) e recoñecer a información que conteñen
11. Adquirir o concepto de colección a partir dos rasgos formais e de
contido
12. Utilizar as imaxes dos documentos como fontes de información
13. Establecer as relacions entre imaxe e texto nos libros de coñecementos
OBXECTIVO 1: ENTENDER A BIBLIOTECA COMO CENTRO
DE RECURSOS NA ESCOLA E COMO SERVIZO
COMUNITARIO
ACTIVIDADE: Estimular o uso da biblioteca escolar ante calquer
necesidade informativa, p.ex sobre os proxectos de traballo que se estean a
desenvolver na aula
OBXECTIVO 2: COÑECER COMO SE ORGANIZA O ESPAZO
DA BIBLIOTECA E AS DISTINTAS SECCIÓNS (CONSULTA
DE FONDOS , LECTURA INFORMAL, ACCESO A INTERNET,
TRABALLO INDIVIDUAL EN MESA,..)
ACTIVIDADE 1: identifica no plano da biblioteca os distintos espazos que a
conforman poñendo o número que corresponda nos cadros azuis
1- lectura informal 2-acceso a Internet 3- traballo en mesa
OBXECTIVO 3: COÑECER O FUNCIONAMENTO E NORMAS DA
BIBLIOTECA E OS SEUS SERVIZOS
ACTIVIDADE 1: O CUESTIOARIO DE HONORATA
A mascota da nosa biblioteca, a rata Honorata, desafíate a que
contestes correctamente ás preguntas do seu cuestionario.
Cantas preguntas eres quen de contestar ben?
QUE É UNHA BIBLIOTECA?
Un lugar onde se almacenan libros, CD, videos, DVD,…
Un lugar onde hai moitos contos
Un lugar onde se len contos, se escoitan historias e buscamos
información para aprender e saber
ONDE PODEMOS LER LIBROS DA BIBLIOTECA?
Na biblioteca
Na casa
Na casa e na biblioteca
QUE NECESITAS PARA LEVAR OS LIBROS, CD, DVD,.. DA BIBLIOTECA?
Unha mochila grande
O carnet de socio
Algúns cartos
CANTOS DÍAS PODES TER OS LIBROS NA CASA?
1 mes
15 días
1 día
Á BIBLIOTECA PODEN VIR…
Os nenos e nenas a partir dos 6 anos
Nenos e nenas entre 6 e 14 anos
Calquer socio .
OBXECTIVO 4: RESPECTAR A BIBLIOTECA E OS SEUS
MATERIAIS E RECURSOS
ACTIVIDADE: Entre todos os nenos e nenas realizarase dous listados: un con
accións que non se poden realizar porque poden deteriorar os materiais da
biblioteca, e outro coas accións que debemos realizar para coidalos.
SI NON 1. …………………………... 1. ………………………… 2. …………………………… 2. ………………………… 3. …………………………… 3. ………………………… 4. …………………………… 4. ………………………… 5. …………………………… 5. ………………………… 6. …………………………... 6. ………………………… 7. …………………………… 7. ………………………… 8. …………………………… 8. ………………………….
OBXECTIVO 5: RECOÑECER OS ELEMENTOS
IDENTIFICADORES DUN DOCUMENTO: TITULO, AUTRO,
ILUSTRADOS, EDITORIAL, COLECCIÓN,…
ACTIVIDADE 1: O/a mestre/a explicaralles aos nenos e nenas que os libros se
identifican polo seu título e autor/a, pero tamén pola editorial e a colección.
EDITORIAL
TÍTULO
COLECCIÓN
ILUSTRADOR
AUTOR
ACTIVIDADE 2 : ESCRIBE O ELEMENTO IDENTIFICADOR DA OBRA QUE
SE SINALA NAS DIFERENTES CUBERTAS DESTES LIBROS
OBXECTIVO 6: DISTINGUIR AS DISTINTAS FUNCIÓNS DE
INFORMACIÓN E LECTURA QUE PODEN TER OS
DOCUMENTOS
ACTIVIDADE: RODEA DE COR VERDE AQUELES TEXTOS QUE SEXAN
INFORMATIVOS E DE COR VERMELLA AQUELES QUE SEXAN DE
FICCIÓN
Al llegar a casa tras el viaje, mamá le recibió con un gran festín. Orgullosa le dijo a su hijo: - “¡Eres todo un campeón , Andarín!”
“Era un airiño suave
que se ergueu pola mañán
e viña de non se sabe.
Era un recordo de rosas
da roseira de ningures,
que se meteu pola porta…”
OBXECTIVO 7: SER QUEN DE BUSCAR E LOCALIZAR
DOCUMENTOS NAS ESTANTERÍAS DA BIBLIOTECA.
ACTIVIDADE 1: A MARGARIDA DO SABER
Explicar que os diferentes coñecementos se dividen nas bibliotecas en 10
grupos, tal e como mostra a margarida que está na entrada da nosa biblioteca
Mirando os pétalos da margarida trata de contestar que número e cor lle
correspondería a un libro que tratara de….
Tema Número Cor
Os cans
O corpo humano
O futbol
Os celtas
Como se fai o pan
A pintura
OS PAISES E O PASADO DICCIONARIOS E ENCICLOPEDIAS
LER, FALAR PENSAR E COÑECERSE
REZAR CREAR E DIVERTIRSE
VIVIR XUNTOS
BALEIRO
A NATUREZA
CURAR, FABRICAR
ACTIVIDADE 2: CADA OVELLA COA SÚA PARELLA
Emparella as cores e números das CDU cos seus correspondentes temas
000... OOOBBBRRRAAASSS XXXEEERRRAAAIIISSS
111... FFFIIILLLOOOSSSOOOFFFÍÍÍAAA
222... RRREEELLLIIIXXXIIIÓÓÓNNN
333...CCCIIIEEENNNCCCIIIAAASSS SSSOOOCCCIIIAAAIIISSS
555... CCCIIIEEENNNCCCIIIAAASSS NNNAAATTTUUURRRAAAIIISSS
666...MMMEEEDDDIIICCCIIIÑÑÑAAA,,, TTTÉÉÉCCCNNNIIICCCAAA,,, CCCIIIEEENNNCCCIIIAAASSS AAAPPPLLLIIICCCAAADDDAAASSS
777... AAARRRTTTEEE,,, DDDEEEPPPOOORRRTTTEEE,,, MMMÚÚÚSSSIIICCCAAA
888...LLLIIINNNGGGUUUAAA EEE LLLIIITTTEEERRRAAATTTUUURRRAAA
999...XXXEEEOOOGGGRRRAAAFFFÍÍÍAAA EEE HHHIIISSSTTTOOORRRIIIAAA
Observamos o noso entorno: o
espacio, a Terra, os seres
vivos
As nosas crenzas:
cristianismo, outras relixións
Vivimos cos demáis: vida
social, economía, política,..
Lemos historias e falamos
Paises, persoas célebres,
o noso pasado
Utilizamos os nosos
coñecementos: inventos,
medicina, saúde, tecnoloxía
Creamos e nos divertimos:
arte, música, xogos ,
espectáculos
Pensamos e imaxinamos:
lóxica, ética,..
Un pouco de todo:
enciclopedias, diccionarios,..
ACTIVIDADE 3: INVESTIGANDO NA NOSA BIBLIOTECA
Honorata quere marchar de viaxe e busca na biblioteca libros
sobre os países que quere visitar. Axúdalle a buscalos anotando
cal é o número que figura na estantería que debe consultar.
Copia tamén as palabras que o acompañan.
………………………………………………………………………….
Busca un libro que fale de animais salvaxes e outro de plantas e escribe os
seus títulos. Que números teñen as estanterías onde os atopaches? Copia
tamén os seus nomes.
…………………………………………………………………………………………….
…………………………………………………………………………………………….
Vai ás estanterías que teñen os rótulos que comezan co número 7 e escolle
dous libros. Escribe os seus títulos. De que tratan? Cal é a cor do rótulo?
…………………………………………………………………………………………….
…………………………………………………………………………………………….
Se queres saber como é o teu corpo por dentro, en que
estantería buscarías? Cal é o número que ten?
……………………………………………………………………
OBXECTIVO 8: IDENTIFICAR OS CATÁLOGOS COMO
INSTRUMENTO DE RECUPERACIÓN DA INFORMACIÓN.
ACTIVIDADE: Os nenos e nenas observarán como os/as mestres/mestras
realizan búscas nos catálogos (tanto manuais como informatizados) a partir
das solicitudes dos propios nenos e nenas.
OBXECTIVO 9: IDENTIFICAR A INFORMACIÓN QUE NOS
PROPORCIONA O “TEJUELO”
ACTIVIDADE: O mestre/a explicará ao alumnado que as etiquetas brancas que
levan os libros na parte inferior do lombo denomínanse “tejuelos”; estes
constan dunha serie de números e letras que identifican ao libro (as signaturas)
Fíxate neste exemplo:
59 IGL Gui
59 é o nº que lle corresponde na CDU segundo a materia
IGL son as tres primeiras letras en maiúscula do apelido do autor.
gui son as tres primeiras letras do título en minúscula (sen artigo)
Fai agora ti as etiquetas destes libros; consulta a taboa simplificada da CDU.
OBXECTIVO 10: IDENTIFICAR AS PARTES FÍSICAS DOS
DOCUMENTOS IMPRESOS (PORTADA, CUBERTA,
CONTRACUBERTA, LOMBO,…) E RECOÑECER A
INFORMACIÓN QUE CONTEÑEN
ACTIVIDADE : Observa a foto e lembra como se chaman as partes físicas
elementais dun libro escribindo o seu nome no lugar correspondente . Escolle
as quen precises de entre as que estan nesta caixa
Agora completa o seguinte cadro poñendo X segundo a parte do libro onde atopas os datos:
CUBERTA
CONTRACUBERTA
LOMBO
TITULO
AUTOR/A
ILUSTRADOR/A
COLECCIÓN
EDITORIAL
CUBERTA PORTADA LOMBO PÁXINAS CONTRACUBERTA
OBXECTIVO 11: ADQUIRIR O CONCEPTO DE COLECCIÓN A
PARTIR DOS RASGOS FORMAIS E DE CONTIDO
ACTIVIDADE: Xogamos a “Colección, colección,…”. O/A mestre/a organizará
un xogo por grupos no que dun conxunto determinado de libros, cada grupo
debe seleccionar os libros da colección que se lle teña asignado.
OBXECTIVO 12: UTILIZAR AS IMAXES DOS DOCUMENTOS
COMO FONTES DE INFORMACIÓN
ACTIVIDADE: dun conxunto de libros previamente seleccionado cada neno/a
escolle unha imaxe simple (obxecto, animal,…) e establece unha definición a
partir da descrición de dita imaxe.
OBXECTIVO 13: ESTABLECER AS RELACIONS ENTRE IMAXE
E TEXTO NOS LIBROS DE COÑECEMENTOS
ACTIVIDADE : Relacionar mediante frechas, algunhas ilustracións e os seus
correspondentes pés textuais, ubicados de distintos xeitos nas páxinas, a partir
de fotocopias previamente seleccionadas.
4.2. SEGUNDO CICLO
OBXECTIVOS:
Referidos ao nivel 1 (información sobre a biblioteca)
1. Dominar o espazo da biblioteca e as súas áreas e seccións.
2. Identificar as características e os distintos usos dos documentos impresos,
electrónicos e en liña.
3. Utilizar correctamente os servizos da biblioteca escolar e pública.
4. Ser responsable no cumprimento das normas de empréstito de fondos.
5. Coñecer as funcións dun bibliotecario.
Referidos ao nivel 2 (búsqueda e localización da información)
6. Establecer unha relación básica entre materia e clase.
7. Comprender e utilizar o sistema de ordenación de fondos segundo a súa
CDU.
8. Identificar a sinatura como elemento para atopar os documentos.
9.Utilizar o catálogo para consultas básicas: autores, títulos, materias e
coleccións.
Referidos ao nivel 3 (o uso dos documentos)
10. Coñecer e saber utilizar os indicadores de contido dos
documentos(sumarios de documentos impresos e menús de documentos
electrónicos)
11. Distinguir os distintos niveis de información contida nos documentos:
gráficos, resumes,...
12. Manexar axeitadamente as obras de referencia propias do seu nivel
(diccionarios, enciclopedias...)
OBXECTIVO 1: DOMINAR O ESPAZO DA BIBLIOTECA E AS SÚAS ÁREAS E SECCIÓNS.
ACTIVIDADE : Localizar as diferentes seccións orientándose a través do plano
da biblioteca seguindo as consignas do mestre/a .
OBXECTIVO 2: IDENTIFICAR AS CARACTERÍSTICAS E OS
DISTINTOS USOS DOS DOCUMENTOS IMPRESOS,
ELECTRÓNICOS E EN LIÑA.
ACTIVIDADE 1: Cumprimentamos a seguinte ficha: Como podo saber...?
Onde buscarías se quixeras ...?
Marca a resposta a estas preguntas poniendo un X nas casiñas
correspondentes (unha ou máis).
1.- Saber o resultado do último partido de fútbol do teu equipo favorito.
2.- Como facer un pastel de chocolate.
3.- Aprender a xogar ao xadrez.
4.- Saber a que hora e en que canle emiten o teu programa preferido.
5.- Coñecer o tempo que fará mañá.
6.- Investigar onde se cultiva o cacao.
7.- Saber o que comen os hámsters.
8.- Enterarte de cantos habitantes ten Galicia.
9.- Facer un traballo sobre os desertos.
10.- Explicar como se fabrica o pan.
11.- Ir á biblioteca da túa localidade.
12.- Coñecer as regras de baloncesto.
13.- Saber cando e onde naceu e morreu Lois Pereiro.
14.- Ler un libro de aventuras.
xornais revistas radio televisión internet enciclopedia contos e novelas
libros informativos
DVD teletexto persoas
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
ACTIVIDADE 2: Comentar as características das distintas fontes (inmediatez,
facilidade de consulta, fiabilidade, dispoñibilidade de acceso, caducidade...)
OBXECTIVO 3: UTILIZAR CORRECTAMENTE OS SERVIZOS DA
BIBLIOTECA ESCOLAR E PÚBLICA.
ACTIVIDADE 1: Realizar un mural onde se indiquen, con frases curtas ou
rimadas, aspectos funcionais e organizativos da biblioteca. P.ex:
Poñer os libros ordenados
despois do seu uso ter rematado
Non comer nin beber
mentres esteamos a ler
Estar caladiño e sen molestar
para que todos e todas podamos disfrutar
ACTIVIDADE 2: Facer unha visita á biblioteca pública da localidade.
OBXECTIVO 4: RESPONSABILIZARSE DO CUMPRIMENTO DAS
NORMAS ESPECÍFICAS DO EMPRÉSTITO DE FONDOS.
ACTIVIDADE: Confeccionar un calendario-mural das condicións de préstamo,
onde queden claras as seguintes cuestións:
• Que días podemos levar emprestados os fondos?
. Co/a noso/a titor/a: …...............
. De xeito particular: …...............
• Cantos podo levar á vez?
• Por canto tempo?
• Se preciso máis tempo, que podo facer?
• Como debo devolver os fondos?
• Que pasa se perdo ou deterioro un fondo?
Para levar un libro para casa só teño que collelo, rexistralo e LISTO!
Por 15 días!
OBXECTIVO 5: COÑECER AS FUNCIÓNS DUN/DUNHA
BIBLIOTECARIO/A
ACTIVIDADE : Aproveitando a visita á biblioteca pública poderán realizar unha
entrevista ao bibliotecario/a.
1. Pensade por grupos as preguntas que lle imos facer ao bibliotecario/a.
2. Entre todos preparamos a entrevista de xeito que nela figure unha
pregunta de cada grupo e as anotamos no recadro “preguntas”.
3. Un representante de cada grupo pregunta en voz alta ao bibliotecario/a
anotando as respostas no seu recadro.
PREGUNTAS RESPOSTAS
1.-
2.-
3.-
4.-
5.-
OBXECTIVO 6: ESTABLECER UNHA RELACIÓN ENTRE
MATERIA E CDU.
ACTIVIDADE: Elaborar unha listaxe por orde alfabética das materias máis
recurrentes na búsqueda de información e asocialas cos números da CDU que
lle corresponden.
MATERIA
CDU
OBXECTIVO 7: COMPRENDER E UTLIZAR O SISTEMA DE
ORDENACIÓN DE FONDOS SEGUN A SÚA CDU.
ACTIVIDADE 1 : Cumprimentar a ficha por grupos.
A) Anotade ao lado do número as palabras correspondentes que aparecen nos
rótulos.
B) Observade os libros que se atopan no estante do número que vos
corresponde e escribide de que tratan.
C) Anotade ao lado de cada número de que tratan os libros que atoparon os
vosos/as compañeiros/as.
NÚMERO PALABRA DO RÓTULO
DE QUE TRATAN
ACTIVIDADE 2 : Observade cada un dos pétalos da flor e indica o nùmero e a
cor que correspondería a un libro que trate de........
TEMA NÚMERO COR
Os osos polares
O corpo humano
Os xogos populares
O teatro
Os celtas
A pintura
Adiviñas
Como se enlata o peixe
A vida de Xesús de Nazaret
Os significados das palabras
RELIXIÓN
PENSAMENTO
DICCIONARIOS E ENCICLOPEDIAS
XEOGRAFÍA E HISTORIA
LER E FALAR
ARTE XOGOS
DEPORTES
MEDICINA TECNOLOXÍA
ANIMAIS PLANTAS
BALEIRO
VIVIR XUNTOS
OBXECTIVO 8: IDENTIFICAR A SINATURA COMO ELEMENTO
PARA ATOPAR DOCUMENTOS.
ACTIVIDADE 1 : Formamos grupos e cada un terá un plano da biblioteca onde
terán que indicar a localización dos fondos anotando a CDU no lugar
correspondente do plano.
ACTIVIDADE 2 : Seleccionamos catro documentos con diferentes CDU. Cada
grupo terá que ubicar o seu lote no lugar correspondente deixando un sinal de
cor, asignado con anterioridade, para verificar a correcta colocación.
PRIMEIROS LECTORES L E C TOR E S AUTÓNOMO
L. EXP ERTOS
LITERATURA DE ADULTOS
LIBROS INFORMACIÓN
DVD - CD
ZONA TRABALLO EQUIPO BIBLIOTECA
REVISTAS
PRELECTORES
LITERATURA INGLESA
OBXECTIVO 9: UTILIZAR O CATÁLOGO PARA CONSULTAS
BÁSICAS: AUTORES, TÍTULOS, MATERIAS E COLECCIÓNS.
ACTIVIDADES:
1. Explicación do que é un catálogo e a súa utilidade.
2. Practicar determinadas búsquedas no catálogo establecendo o tipo de
consulta que require cada caso.
3. Cumprimentar a seguinte ficha.
Que catálogo consultarías para saber se a biblioteca ten:
B ú s q u e d a p o r
Documento a buscar Autores/as títulos Materia ou tema
coleccións
Un CD sobre os inventos
A película “O bosque animado”
Un conto de Andersen
Un libro sobre cabalos
Un CD de “El canto del loco”
Un libro da colección “Barco de vapor”
Unha novela de aventuras
O conto “ O coelliño branco”
OBXECTIVO 10: COÑECER E SABER UTILIZAR OS
INDICADORES DE CONTIDO DOS DOCUMENTOS (SUMARIOS
DE DOCUMENTOS IMPRESOS E MENÚS DE DOCUMENTOS
ELECTRÓNICOS)
ACTIVIDADES :
A) Explicamos en que consiste un sumario, a súa utilidade e onde o podemos
atopar.
B) Presentamos os contidos de tres libros distintos, onde apareza o sumario
con diferentes nomes ( índice, contido) e en diferentes partes do libro.
C) Realizamos unha consulta nun CD-Rom informativo e establecemos
similitudes entre os sumarios anteriores (libros) e a pantalla do menú.
Debatimos sobre as aportacións do soporte electrónico.
D) Cubrimos a seguinte ficha:
1.- Escribe as palabras con que se poden denominar un sumario.
…...........................................................................................................................
2.- Indica se estas frases son verdadeiras(v) ou falsas(f):
un sumario é a lista de capítulos dun libro un sumario serve para atopar ilustracións nun libro se miramos o sumario saberemos onde atopar o que buscamos se miramos o sumario saberemos se o libro trata do que nos interesa un sumario é unha lista ordenada de palabras se miramos un sumario saberemos quen escribiu o libro
3.- A partir das frases verdadeiras, explica coas túas palabras que é un sumario e para que serve.
…...........................................................................................................................
...............................................................................................................................
...............................................................................................................................
4.- Le atentamente este sumario e contesta:
SUMARIO
Cómo utilizar este libro ………………………………………….. 8
INTRODUCCIÓN A LOS ESQUELETOS…………………….. 10
¿Qué es un esqueleto? ………………………………………….12
¿De qué están hechos los esqueletos? ………………………..16
Huesos …………………………………………………………….18
Cráneos y sentidos ……………………………………….………22
Dientes y mandíbulas …………………………………………….24
Aparatos bucales …………………………………………………26
Colmillos y cornamentas ………………………………………...28
Esqueletos defensivos …………………………………………...30
Articulaciones y movimientos ……………………………………32
a) De que trata o libro ?
…...........................................................................................................................
b) Como se denomina o capítulo onde se explican as articulacións ?
…...........................................................................................................................
c) En que páxina empezarás a buscar información sobre os ósos ?
…………………………………………………………………………………………….
OBXECTIVO 11: DISTINGUIR OS DISTINTOS NIVEIS DE
INFORMACIÓN CONTIDA NOS DOCUMENTOS: GRÁFICOS,
RESUMES, ILUSTRACIÓNS...
ACTIVIDADE: Analizar os documentos e detectar as distintas modalidades de
presentación da información.
OBXECTIVO 12: MANEXAR AXEITADAMENTE AS OBRAS DE REFERENCIA PROPIAS DO SEU NIVEL (DICCIONARIOS, ENCICLOPEDIAS...)
ACTIVIDADE 1 : Explicamos como está distribuido o índice alfabético nos
distintos tomos dunha
enciclopedia que haxa na
biblioteca. En que volume
podemos atopar as
seguintes palabras?
PALABRA VOLUME
Nave
Diñeiro
Imaxe
Castro
Mariñeiro
ACTIVIDADE 2 : Comparamos as informacións obtidas nunha busca no
diccionario e na enciclopedia. Marca no seguinte cadro a que se atribuen as
seguintes características:
diccionario enciclopedia
As palabras están ordenadas alfabeticamente.
Explica o significado das palabras nunha ou máis linguas.
Inclúe información complementaria sobre as palabras.
Contén só palabras comúns.
Contén nomes de personaxes, lugares, países...
Soe presentarse nun só volume.
Soe presentarse en máis dun volume.
Que tipo de libro consultarías para saber...?
dicionario enciclopedia
Que significa a palabra trisquel.
As obras de Luis Seoane
Como se dice en inglés “camiseta”
En que ano naceu Rosalía de Castro
Se a palabra “bo” é un adxectivo
Cantos habitantes ten cada provincia galega
A historia da bicicleta
ACTIVIDADE 3: Ás veces resulta difícil atopar algúns termos nas
enciclopedias, para ter éxito na busca segue estas recomendacións:
a) Non teñas en conta os artigos, busca os substantivos.
b) Aínda que hai excepcións, na maioría dos casos non busques os
nomes propios das persoas , busca polo apelido.
c) Se non atopas nada pola primeira palabra, busca pola segunda e así
sucesivamente.
Proba a buscar estes termos na enciclopedia e indica en que forma os
atopaches.
Busco Atopo
Cabo Fisterra
Leonardo Da Vinci
Estados Unidos de América
Alfonso X “El Sabio”
O cadro de “ Las meninas”
Michael Jackson
Polo Norte
4.3. TERCEIRO CICLO
OBXECTIVOS:
Referidos ao nivel 1 ( información sobre a biblioteca)
1. Reforzar o concepto de biblioteca como recurso de información e ocio.
2. Coñecer os fondos especiais que integran a biblioteca: revistas escolares, fotografías, dosieres informativos...
Referidos ao nivel 2 (búsqueda e localización da información)
3. Aplicar criterios simples de clasificación xerárquica para comprender o sistema de ordenación dos documentos según a CDU
4. Establecer os termos necesarios para a busca por materias e palabras clave no catálogo.
5. Coñecer os sistemas de busca dos catálogos de bibliotecas, o seu uso e os seus e lementos de conexión.
6. Identificar os elementos dunha ficha ou rexistro catalográfico.
7. Identificar e coñecer a función das sinaturas topográficas.
8. Saber ler as indicacións esenciais dos rexistros bibliográficos, especialmente as que permiten identificar os documentos.
9. Realizar correctamente un proceso completo de busca nos catálogos automatizados nunha biblioteca.
10. Coñecer os sistemas de busca nos buscadores de internet, o seu uso e os seus elementos de conexión.
Referidos ao nivel 3 (o uso dos documentos)
11. Coñecer a organización e a estructura dos libros informativos e a función dos seus elementos: contracuberta, bibliografías, glosarios, liñas de tempo ...
12. Seleccionar correctamente os distintos tipos de libro impreso ou de fontes electrónicas según as necesidades informativas.
13.Citar as fontes utilizadas na busca documental.
OBXECTIVO 1: REFORZAR O CONCEPTO DE BIBLIOTECA
COMO RECURSO DE INFORMACIÓN E OCIO.
ACTIVIDADE : Charlas e conferencias a cargo de profesionais do libro
(escritores, ilustradores, bibliotecarios...). Estas actividades requiren unha
preparación previa co alumnado.
OBXECTIVO 2: COÑECER OS FONDOS ESPECIAIS QUE
INTEGRAN A BIBLIOTECA.
ACTIVIDADE : Realizar pequenas investigacións relacionadas coa historia do
centro, localidade, …
OBXECTIVO 3: APLICAR O CRITERIO SIMPLE DE
CLASIFICACIÓN XERÁRQUICA PARA COMPRENDER O
SISTEMA DE ORDENACIÓN DOS DOCUMENTOS SEGUNDO A
CDU.
ACTIVIDADE: Nunha biblioteca os documentos se agrupan en dez apartados
como aparecen indicados na margarida de cores. Cada un dos dez apartados
se subdivide á súa vez noutros dez e así sucesivamente. Canto máis se
subdivide, máis concreto é o tema.
En que número da clasificación decimal universal (CDU) buscarías...?
TÍTULO DOS LIBROS CDU DENOMINACIÓN DO GRUPO
Os planetas 52 astronomía
As ciencias
O sistema solar
Animais en perigo
A flora do Complexo dunar
Electricidade e magnetismo
Experimentos químicos
Climas da terra
A xoaniña
Coidemos o planeta
Xogos matemáticos
Os volcáns
A desaparición dos dinosaurios
Virus e bacterias
O millo
OBXECTIVO 4: ESTABLECER OS TERMOS NECESARIOS
PARA A BUSCA POR MATERIAS E PALABRAS CLAVES NO
CATÁLOGO
ACTIVIDADE 1 : Agrupa os termos seguintes en cinco grupos e busca unha
palabra máis ampla que serva para denominar cada grupo.
Pintura, gato, avión, piano, xadrez, violín, parchís, mono, tren, escultura,
debuxo, crebacabezas, saxofón, bicicleta, clarinete, galiña, camión, guitarra,
escarabello, baralla.
TERMOS GRUPO
Mesa, cadeira, sofá, armario mobles
ACTIVIDADE 2 : Agora se trata de facer o exercicio ao revés. Para cada un dos
grupos escribe algunhas das pañabras que poidan incluirse nel.
GRUPO TERMOS
Hortalizas Tomate, cebola, cenoria, col...
Xogos de mesa
Deportes
Animais salvaxes
Accidentes xeográficos
OBXECTIVO 5: COÑECER OS SISTEMAS DE BUSCA DOS
CATÁLOGOS DE BIBLIOTECAS, O SEU USO E O SEUS
ELEMENTOS DE CONEXIÓN.
ACTIVIDADE : Queremos saber que libros de arañas hai na biblioteca pública
da nosa cidade. Isto podemos facelo a través dun catálogo que se pode
consultar desde internet nesta dirección http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/.
Unha vez na páxina seleccionamos a provincia, comarca, concello , grupo (
bibliotecas públicas municipais) e biblioteca . Logo prememos en " Entrar na
biblioteca".
Na parte esquerda buscamos " Búsqueda avanzada" e prememos nela.
Cubrimos o campo de tema coa palabra “arañas” e prememos en buscar.
De seguido aparecen os títulos dos documentos sobre arañas que hai na
biblioteca. Seleccionamos o que nos interesa e prememos nel e aparece na
pantalla a ficha catalográfica completa.
OBXECTIVO 6 , 7, 8 E 9: IDENTIFICAR OS ELEMENTOS DU NHA
FICHA OU REXISTRO CATALOGRÁFICO, IDENTIFICAR E
COÑECER A FUNCIÓN DAS SINATURAS TOPOGRÁFICAS,
SABER LER AS INDICACIÓNS DOS REXISTROS
BIBLIOGRÁFICOS.
Le atentamente a ficha catalográfica e responde a estas preguntas:
Cal é o título do libro.............................................................................................
Quen é o autor/a? ………………………………………………………………………
Onde se publicou? ……………………………………………………………………..
Cal é a editorial? ……………………………………………………………………….
En que ano se publicou? ………………………………………………………………
En que idioma está escrito? …………………………………………………………..
Cantas páxinas ten? ……………………………………………………………………
Fíxate na sinatura (clasificación). Nos indica o lugar da biblioteca no que está
situado o libro.
En que parte da biblioteca se atopa o libro? ………………………………………
En que número da clasificación? …………………………………………………..
Deste xeito poderemos buscar fondos en calquera biblioteca que estea na rede
OBXECTIVO 10: COÑECER OS SISTEMAS DE BUSCA NOS
BUSCADORES DE INTERNET, O SEU USO E OS SEUS
ELEMENTOS DE CONEXIÓN.
ACTIVIDADE : Realizar buscas en Internet a través dun buscador, comparando
a diferencia no número de resultados obtidos segundo se utlicen termos
amplos ou máis concretos.
OBXECTIVO 11. COÑECER A ORGANIZACIÓN E A
ESTRUCTURA DOS LIBROS INFORMATIVOS E A FUNCIÓN
DOS SEUS ELEMENTOS: CONTRACUBERTA, BIBLIOGRAFÍA,
GLOSARIOS, LIÑA DO TEMPO (CRONOLOXÍA).
ACTIVIDADE 1 : Identificar nun conxunto de libros: esquemas, glosario,
recadro, gráficos, citas, notas ao pé de páxina…
ACTIVIDADE 2 : En moitos libros aparecen nas súas últimas páxinas o que
chamamos unha cronoloxía ou “ liña do tempo”. Esto consiste en representar,
normalmente nunha liña continua, o paso do tempo , onde se sinalan as datas
dos acontecementos máis importantes en relación a algún tema en concreto.
Observa atentamente esta liña do tempo:
A que corresponde esta liña do tempo?................................................................
En que momento comenza?..............................................................................
Sinala algunha época destacada e indica o seu tempo:……………………………
…………………………………………………………………………………………….
ACTIVIDADE 3: A parte posterior dun libro, chamada contracuberta, tamén nos
proporciona información.
Indica a información que nos aporta esta contracuberta sobre:
O autor/a ………………………………………………………………………………..
O contido do libro ………………………………………………………………………
Cal é a editorial? ……………………………………………………………………....
ACTIVIDADE 4 : Ao principio ou ao final do libro aparece un listado dos
contidos do mesmo e a páxina onde aparece cada un. Esto é o índice. A
continuación presentamos un exemplo dun índice de contidos organizados por
materias.
1.- Como está ordenada a lista ?...........................................................................
…………………………………………………………………………………………….
2.- En que páxinas atoparías información sobre a tecnoloxía? …………............
…………………………………………………………………………………………….
3.- Que páxinas consultarías para facer un traballo sobre as partes da terra?
………………………………………………………………………………………….
Aquí temos outro tipo de índice, e un índice de temas por orde alfabética, onde
aparecen as palabras clave dos contidos.
Hai outros índices que veñen por capítulos e nalgúns cando buscamos un
término non nos indica a páxina senón que nos remite a outro termo
(“véxase…”)
4.- Ordena axeitadamente os pasos que debes seguir para consultar un índice:
a. Anotar ás páxinas onde se atope a información do libro. b. Consultar o sumario para saber a páxina onde se atopa o índice. c. Buscar no índice o termo que nos interesa. d. Atopar na pa´xina o termo que estamos buscando. e. Buscar a páxina á que nos remite o índice.
1.-…………………………………………………………………………….. 2.-…………………………………………………………………………….. 3.-…………………………………………………………………………….. 4.-…………………………………………………………………………….. 5.-……………………………………………………………………………..
5.- En resumo un índice serve para…..Marca as respostas correctas:
Atopar as páxinas que tratan sobre un aspecto concreto. Saber cantas páxinas ten un libro. Saber o título do libro. Saber cantas palabras ten un libro. Atopar máis rápido unha información concreta.
OBXECTIVO 12: SELECCIONAR CORRECTAMENTE OS
DISTINTOS TIPOS DE LIBRO IMPRESO OU DE FONTES
ELECTRÓNICAS SEGUNDO AS NECESIDADES
INFORMATIVAS.
ACTIVIDADE : Realizar buscas guiadas de documentos ou datos relacionados
cun tema de traballo. Comentar entre todos a utlidade das fontes electrónicas
para determinadas buscas que requiran actualización de datos, acceso remoto
ás fontes…
OBXECTIVO 13: CITAR AS FONTES UTILIZADAS NA BUSCA DOCUMENTAL. Cando realizamos un traballo e utilizamos documentos para informarnos, debemos indicalos. Para eso escribimos a “cita bibliográfica”. Estas atópanse ao final de moitos libros. Para que saibas confeccionalas propoñemos o seguinte modelo: Exemplo: Agora busca un libro dos que haxa na biblioteca e copia a continuación unha das citas bibliográficas que inclúa. Mira se na cita aparecen todos os datos que indicamos anteriormente e escríbea de novo utilizando os datos, orde, tipo de letra e puntuación que propuxemos.
APELIDOS, Nome. Título. Lugar de edición: Editorial, ano. (Colección)
SILVAR, Calros. Orixe e evolución II. Vigo: A nosa Terra, 1995.(A Nosa Natureza)