Download - FANTASMAS DE LUZ
Fantasmas de luz
Datos base:
Argumento - A Damián lle fascina o cine, quizáis porque leva trinta e cinco anos traballando como operador da cabina de proxeción no cine Soñadores. Un día recibe unha carta do seu xefe citándoo a unha reunión na que lle pide que non volva ao traballo. Isto será o desencadeante dun profundo cambio na vida de Damián. Con tristura, irase dando conta de que pouco a pouco vaise volvendo invisible.
O feito da invisibilidade física que sofren Damián e a súa dona é unha metáfora sobre a invisibilidade de moitas persoas dentro da sociedade, o feito de que sean apartadas do engranaxe porque non cumpren os patróns, porque xa non sirven ou porque son diferentes. Damián conocerá unha rede social formada por xente invisible para a sociedade que loita por un mundo mellor e máis xunto, que non condene a ninguén por vivir na invisibilidade.
Personaxes :
Damián – o protagonista
Marga – a muller de Damián
Ismael – o fillo de Damián e Marga
Aida – a amiga de Marga coa que abre a floristería
Karen – a noiva de Ismael
Don Carlos – dono dos cines onde traballa Damián
Don Prudencio – falecido pai de Don Carlos
Luís – o home invisible que se atopou Damián no parque
Narrador:Voz en off.
Ficha da película:
|título = Fantasmas de luz|dirección = Claudia Calvo|producción = Nerea Moldes|guión = Paula Domínguez|basada en = a novela de Agustín Fernández Paz “Fantasmas de luz”|música = María Villanueva|sonido = Juan Machado|maquillaxe = Lorena Soto|montaxe = Sofía Méndez|vestuario = Carla López|efectos = José Ruíz|narrador = Paula Domínguez|protagonistas = Nerea Moldes e Claudia Calvo|país = España|género = drama|duración = 1 hora e 30 minutos|idioma = galego
Escenario: O baño e o salón da casa de Damián y Marga.
O baño.
O salón.
Vestiario:
Marga: Blusa verde, falda marrón, pano de cores e chaqueta vermella. Sofisticada e informal.Damián: Pantalóns vaqueiros, camisa branca, xersei morado e gravata negra. Formal e cómodo.
Tratamento do tempo:
A escena é lineal pois transcorre nun mesmo tempo, sen saltos temporais, xa que visualiza o momento no que se expresan os sentimentos cara o acontecido non últimos días.
Como resolver o problema dos personaxes invisibles:
Damián, Marga e todos as demais persoas invisibles conseguen descubrir o segredo que agocha a súa invisibilidade que é a perda do amor e a esperanza por unha vida de sorrisos. Todos acaban recuperando a súa visibilidade, e fundan unha ONG chamada Sorrisos Para o Mundo, a cal se encarga de cumplir ás necesidades da xente pobre da cidade e de axudar a familias con problemas.
Elaborar un guión. Seleccionar unha escena da novela e gravala.
-Marga+Damián
-Que nos está a ocorrer Damián?+Non sei, eu tampouco entendo nada.-Por qué nos pasa isto a nós?+Hai cousas que non teñen resposta. Pero sabes que?Neste tempo, apartados dos demais, dinme conta de que non só cambiou a nosa visibilidade senón o noso amor.-Os anos amor, ti sempre estabas moi ocupado co traballo e nunca tiñas tempo para min…+Síntoo tanto, non sei como pedírche perdón por todo, por todos estes anos, todo ese amor desperdiciado, recompensareicho xúroo.-A pesar de todo, quérote igual que o primeiro día.*****ABRAZO/BESO******+Que che parece se vamos a dar un paseo?-Fai moito frío Damián.+Eu abrazareite ata que o frío cese.*****MARCHAN DA MAN******
Narrador: Foi entón, cando Marga e Damián se decataron de que o tempo estragara o seus corazón, que levaban anos desperdiciando amor, e que non podían vivir o un sen o outro.
Nerea Moldes Bóveda, Claudia Calvo Couselo, Paula Domínguez. 3ºB