Download - Exposición: O club da calceta
1
Día internacional contra a violencia machista
EXPOSICIÓN
O club da calceta MARÍA REIMÓNDEZ
Do 25 de novembro ó
12 de decembro
IES DE RIBADEO
DIONISIO GAMALLO
2
Co gallo do Día internacional contra a violencia machista organizamos unha
exposición relacionada coa novela O club da calceta, de María Reimóndez.
A exposición constou de tres partes:
I: Algúns datos sobre a conmemoración e a autora.
II: As mulleres: selección de fragmentos por parte do alumnado.
III: Nós tamén opinamos: valoracións do alumnado sobre a novela.
3
A EXPOSICIÓN EN IMAXES
4
5
ALGÚNS DATOS SOBRE A CONMEMORACIÓN E
A AUTORA
6
7
8
María Reimóndez Meilán, nada en Lugo no 1975, é unha tradutora,
escritora galega e intérprete de profesión e feminista por convicción. Cultiva
tanto a narrativa e a poesía coma o ensaio e o teatro.
É fundadora da organización non gobernamental de cooperación ao
desenvolvemento Implicadas/os no Desenvolvemento, na que leva
traballando desde o ano 1998 na India e en Etiopía, e da que foi presidenta ata
2013. Esta organización centrouse en proxectos de desenvolvemento cun claro
compromiso pola superación da discriminación de xénero.
María Reimóndez escribe dende os seis anos, aínda que o seu primeiro
libro publicado foi o poemario Moda Galega (2002), ao que regresou nunha
reescrita dez anos máis tarde en Moda Galega reloaded (2013) e
posteriormente publicou kleinigkeiten/cousiñas (2013) e Presente continuo
(2013).
Como narradora, é autora de cinco novelas: O Caderno de Bitácora (2004);
O club da calceta (2006), finalista do Premio Xerais de Novela 2005, Premio
Arcebispo San Clemente 2007, traducida ao castelán e italiano, e adaptada á
escena por Teatro do Morcego e ao cine por Ficcións; Pirata (2009), traducida
ao italiano; En vías de extinción (2012), traducida ao castelán; A música dos
seres vivos (2014) e Dende o conflito (2014).
No ámbito da literatura infantil é autora de Usha (2006), Lía e as zapatillas
de deporte (2008), O monstro das palabras (2009) e Volvo! O regreso de Usha
(2014).
Como ensaísta publicou A alternativa está aquí (2014) e, en coautoría con
Olga Castro, o libro Feminismos (2013).
9
AS MULLERES
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
NÓS TAMÉN OPINAMOS
27
28
29
30
31
32
33
34
35
Organización e coordinación:
Alumnado de 1º de bacharelato
Isabel López Fernández e Teresa González Piñeiroa, do
departamento de Lingua galega e literatura.
Colaboración:
Equipo de dinamización lingüística
Equipo de biblioteca
IES DE RIBADEO DIONISIO GAMALLO
Ribadeo, 2014