Download - Estudio comparativo de blogues e wikis
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
Este Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis. de Amador Loureiro Blanco está baixo a licencia Creative Commons Recoñecemento 3.0 España.
1
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
Índice de contidos
1 Introdución ás ferramentas de escritura na web.
2 Os blogues.
2.1 Definición e descrición. 2.2 Principais características. 2.3 Servizos web de balde e con hospedaxe. 2.4 Sistemas de blogues en software libre. 2.5 Sistemas de blogues en software privativo. 2.6 Tendencias e evolución nos sistemas de blogues. 2.7 Casos prácticos de uso dos blogues. 2.8 O caso galego no mundo dos blogues. 2.9 Ferramentas non web de escritura en blogues.
3 As wikis
3.1 Definición e descrición. 3.2 Principais características. 3.3 Servizos web de balde e con hospedaxe. 3.4 Sistemas de wikis en software libre. 3.5 Sistemas de wikis en softwre privativo. 3.6 Tendencias e evolución nos sitemas de wikis. 3.7 Casos prácticos de uso das wikis.
4 Principais diferenzas e semellanzas entre blogues e
wikis.
5 Táboa resumo comparativa entre os distintos
sistemas de blogues e de wikis.
6 Ferramentas que misturan ambos sistemas: blikis.
7 Outros sistemas de publicación web: twitter e
tumblr.
8 Índice de recursos utilizados.
2
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
1 Introdución ás ferramentas de escritura na web.
A comunicação entre diferentes pessoas, independientemente da sua localização geográfica, é uma das principais
vantagens da Internet e uma das razões pelas quais a rede se expandiu de forma rápida, com um alcance quase
universal.
Elisabete Barbosa e António Granado.
Nos últimos anos a web1 sufriu numerosos cambios non só na súa estrutura interna
senón tamén na súa concepción externa.
Se falamos de creación de páxinas web, até fai ben pouco a capacidade de xerar
contidos na rede estaba limitada a un pequeno grupo de persoas expertas2.
Programadores e programadoras que posuían os coñecementos suficientes desa linguaxe
que facilitaban a construción das páxinas web.
Pero o grande avance nas redes de comunicacións e as melloras nas linguaxes e
estándares de creación de contidos para a rede, facilitou o acceso á mesma e a rápida
aceptación popular.
A comunicación na rede porén non se limitaba ás páxinas web, cando Internet xa
existía dende os anos 80. Correo electrónico, grupos de novas ou o batepapo, por
exemplo, xa eran sistemas de comunicación moi usados, cando a primeira páxina web
apareceu.
1 A web ou WWW (acrónimo inglés de World Wide Web,ou Grande Arañeira Mundial) é unha rede de páxinas escritas en hipertexto, coa linguaxe de marcaxe HTML, e conectadas entre sí, de xeito que forman un só corpo de coñecemento facilmente navegable [fonte: http://gl.wikipedia.org/wiki/World_Wide_Web]
2 A primeira páxina web data do ano 1990 e existe unha copia do ano 1992 en http://www.w3.org/History/19921103-hypertext/hypertext/WWW/TheProject.html
3
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
Os sistemas de foros, son con toda probabilidade os primeiros espazos na rede
nos que se podía escribir, dalgún xeito, na propia páxina web3. Paso natural de evolución
dos grupos de novas e listas de correo que naceron e maduraron en Usenet4. Pero non é
até a aparición de http://www.editthispage.com5 cando a edición dunha páxina web toma
un novo significado, descoñecido até o momento6. Dave Winner7, fundador da compañía
Userland Software, é o creador do software Manila8 que permitía a edición das páxinas
3 WWW Interactive Talk, pode considerarse como o primeiro sistema de foros da rede [http://www.w3.org/WIT/]4 http://en.wikipedia.org/wiki/Usenet5 Esta web xa non existe, pero pódese ver a estructura en
http://web.archive.org/web/20000302104551/http://www.editthispage.com/6 We the media de Dan Gilmore http://www.authorama.com/we-the-media-3.html7 Web de Dave Winner http://www.scripting.com/8 http://manila.userland.com/
4
Ilustración 1: Captura de pantalla da web http://www.editthispage.com executando o software Manila [http://web.archive.org/web/20000622033536/manila.userland.com/picture$34]
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
codificadas en HTML9 sen precisar ningún tipo de coñecemento sobre esta sintaxe. É
ademais un dos primeiros blogueiros que apareceu na rede.
Aínda que rudimentario, o sistema de edición de editthispage.com cumplía o seu cometido
e daba un primeiro paso achegando a escritura na web ao público xeral.
Isto sucedía no ano 1999, pero algúns anos antes deste fito, a mediados dos noventa,
facían presenza tamén unha serie de páxinas que lle permitían ás persoas visitantes das
mesmas modificar o seu contido. Eran os inicios do que hoxe coñecemos coma Wikis10.
Ward Cunningham deseñaba o que sería WikiWikiWeb11 no ano 1994, e un ano máis
tarde publicaba así o primeiro sistema de Wikis da historia. Un software que permitía
modificar a información contida nunha páxina da rede utilizando o propio navegador web.
Aínda así, nos seus inicios, estes sistemas eran utilizados principalmente por persoas
programadoras e o acceso xeral ao resto de usuarios e usuarias de Internet aínda estaba
algo lonxe.
Foi no ano 2001, coa aparición da Wikipedia12, cando este sistema de publicación se
converteu rapidamente nun medio moi popular. A Wikipedia nacía como unha extensión á
Nupedia13, unha especie de enciclopedia na web na que os artigos eran editados por
especialistas nas materias correspondentes. A partir dese ano, e tomando como
inspiración o software de Cunningham e a estructura da Wikipedia, os sistemas de
publicacións de Wikis multiplicáronse e fixéronse altamente populares.
Pero este tipo de edición de páxinas, pese a ser moi ventaxoso para certos cometidos,
non era o suficientemente atractivo para a publicación de contidos máis persoais.
Serían os blogues14 a ferramenta que facilitaría a todo o mundo o acceso á escritura na
9 HiperText Markup Language ou linguaxe de marcas hipertextual [http://en.wikipedia.org/wiki/Html]10 O termo Wiki emprégase para identificar un tipo de documento de hipertexto utilizado na web, o programa usado
nestes documentos e os sitios web construídos mediante eles. [http://gl.wikipedia.org/wiki/Wiki]11 http://www.c2.com/cgi/wiki?WikiHistory12 http://www.wikipedia.org13 http://en.wikipedia.org/wiki/Nupedia14 Un Weblog (do inglés web + log), blog, bitácora ou blogue é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións
5
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
rede do xeito máis sinxelo posible. Sistemas de correo web coma Hotmail xa eran usados
maioritariamente e os coñecementos técnicos de escritura en blogues non difería
demasiado do manexo deste tipo de clientes de correo.
Pese a que hai moitos precursores deste sistema en canto ao formato empregado na
creación e escritura da propia páxina, coma o caso de Justin Hall15, non foi até a aparición
de OpenDiary16, cando se abre a posibilidade de creación de contidos na web dun xeito
moi sinxelo.
Tamén LiveJournal17 ou o coñecido Blogger18, achegaron a todo o mundo os sistemas de
publicación sinxela de textos na web, pero foi Pitas.com o primeiro servizo público de
publicación de blogues19, apenas un mes antes que o citado Blogger.com.
Dende o ano 2001 o crecemento destas webs foi imparable. Persoeiros políticos,
xornalistas, artistas e por suposto persoas anónimas forman parte dese enramado de
páxinas que se da en chamar blogosfera.
Hoxe en día, a ninguén lle resulta estrano ver como unha páxina web se pode modificar
ou crear en cuestión de segundos, cun sistema de edición de wikis e/ou blogues. Incluso
dende dispositivos móbiles. A evolución nos últimos anos deste tipo de software foi
espectacular e hoxe en día existen ducias de sistemas distintos para este tipo de
cometidos.
Distintos estudios e análises, determinaron en numerosas ocasións que estes tipos de
publicacións tiñas os seus días contados. A verdade é que, cada vez máis, medios de
comunicacións e empresas optan por estas ferramentas para publicar na rede.
Non deberíamos rematar esta introdución sen citar tamén a Vannevar Bush que no ano
ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line. [http://gl.wikipedia.org/wiki/Weblog]
15 http://www.links.net/vita/16 http://www.opendiary.com/17 http://www.livejournal.com18 http://www.blogger.com19 http://www.webopedia.com/quick_ref/history_of_blogging.asp
6
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
1945 describiu un sistema chamado memex20. Un concepto que garda numerosas
semellanzas cos xestores de contidos actuais e que podería considerarse un precursor no
que sería a historia dos Wikis21.
20 http://biblioweb.sindominio.net/pensamiento/vbush-es.html21 http://en.wikipedia.org/wiki/History_of_wikis
7
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
2 Os blogues.
La presencia en el colectivo blogger de verdaderos expertos, en cualquiera que sea el tema tratado, acaba por
proporcionar a medio-largo plazo un efecto de filtro de las mentiras, desde las más evidentes a las más sutiles. Nada
de lo que se publica en la Red llega jamás a desaparecer del todo, y eso incluye las falsedades.
José Cervera.
O fenómeno dos blogues, pese a ter unha aparición relativamente recente na rede,
cobrou moita popularidade nos últimos anos non só pola facilidade á hora de publicar
páxinas web, senón incluso como fonte de información que, nalgún momento, cuestionou
incluso o papel que deberían adoptar os medios de comunicación de cara á súa relación
con Internet.
Hai quen apunta que a primeira páxina que mantiña Tim Berners-Lee, o creador da web,
xa tiña formato de blogue22. E aínda que non hai un consenso absoluto, esa honra
repártese entre Justin Hall, Jerry Pournelle e o propio Dave Winer.
No noso país, Botelha ao mar23 de Suso de Toro, foi o primeiro blogue que se publicou en
galego.
Se internacionalmente o 11S foi un punto de inflexión para a proliferación dos blogues,
sobre todo nos Estados Unidos, en Galicia foi a catástrofe do Prestige o que motivou o
aumento dos mesmos.
2.1 Definición e descrición.
Non existe unha definición única para blogue e a DRAG aínda non incorporou este termo,
pero segundo a Wikipedia un blogue é unha páxina web onde hai mensaxes ou
publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados
webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.
22 Dave Winer en http://oldweblogscomblog.scripting.com/historyOfWeblogs23 http://web.archive.org/web/20010604014623/http://www.susodetoro.com/
8
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
O termo weblog foi acuñado por Jorn Barger en decembro do ano 1997: A weblog
(sometimes called a blog or a newspage or a filter) is a webpage where a weblogger
(sometimes called a blogger, or a pre-surfer) 'logs' all the other webpages she finds
interesting24. E Peter Merholz reduciu a palabra a blogue como sinónimo de weblog en
maio de 199925. En castelán tamén recibe o nome de bitácora, termo que está pendente
da aceptación pola RAE26.
2.2 Principais características.
En xeral, un blogue é unha páxina web que reúne unha ou varias das seguintes
características:
• Está estruturado nunha serie de artigos, escritos individual ou colectivamente.
• Os contidos publícanse cronoloxicamente e pódense dividir por categorías. A presentación
faise normalmente por orde cronolóxica inversa.
• Acostúmase a autoreferenciarse noutros blogues (mediante trackbacks e pingbacks).
• Disponse dun blogroll ou conxunto de lingazóns a outros blogues. Ademáis das posibles
ligazóns en cada artigo individual.
• Lístase un arquivo coas publicacións anteriores a modo de calendario.
• Facilita a sindicación, xeralmente mediante os formatos RSS, XML ou Atom.
• Permiten o espacio para o diálogo ofrecendo a posibilidade de escribir comentarios,
existindo a posibilidade tamén de poder moderalos.
• Tamén se poden publicar fotos e audio, ademais ou en substitución do texto. Existen
formatos especiais como os podcasts ou os fotoblogues, nos que os artigos son ficheiros
de audio e fotografías respectivamente.
2.3 Servizos web de balde e con hospedaxe.
A continuación lístanse algúns dos servizos gratuítos27 de blogues.
Blogaliza.org foi nun primeiro momento un punto de reunión dos primeiros blogueiros e blogueiras galegas e hoxe en día converteuse nun portal que analiza as novas dos blogues
24 http://robotwisdom.com/weblogs/25 http://peterme.com/browsed/browsed0599.html26 http://buscon.rae.es/dpdI/SrvltGUIBusDPD?lema=bit%E1cora27 Algúns poden incluir certas funcionalidades de pago.
9
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
escritos en galego e permite crear un mediante a plataforma μWordPress.
AutoríaWordPress Development Team
adaptado.
Web Http://www.blogaliza.org
Licenza GPL e Creative Commons
Plataforma PHP e MySQL
Blogoteca.com é un proxecto da empresa de Carballo Abertal e dispón ademáis dun sistema de fotoblogues chamado a fotoblogoteca.
Autoría Abertal Networks S.L.
Web Http://www.blogoteca.com
Licenza Propietaria
Plataforma PHP e MySQL
Bitácoras.com é na actualidadea unha rede social para persoas blogueiras que incorpora ademáis un sistema de blogues gratuito: Bitacorae.
Autoría David Martínez de Bitacoras.com.
Web Http://www.bitacoras.com
Licenza Propietaria
Plataforma PHP e MySQL
Blogia.com nace en Zaragoza, coma un dos primeiros servizos de blogues da península.
Autoría Blogia S.L..
Web Http://www.blogia.com
Licenza Propietaria
Plataforma PHP e MySQL?
Blogger.com un mes despois da aparición de Pitas.com botou a andar un dos primeiros servizos de blogues a nivel mundial. Foi adquirido por Google.
Autoría Google Inc. (Inicialmente Pyra Labs)
Web Http://www.blogger.com
Licenza Privativa
Plataforma Java?
Wordpress.com Logo de aparecer o software de blogues do mesmo nome, o seu creador Matt Mullenweg botou a andar este servizo, baixo a empresa Automattic.
Autoría WordPress Development Team.
Web Http://www.wordpress.com
10
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
Licenza Privativa
Plataforma PHP e MySQL
Windows Live Spaces é a plataforma de blogues de Microsoft, antes coñecida como MSN Spaces.
Autoría Microsoft.
Web http://spaces.live.com/
Licenza Privativa
Plataforma Descoñecida
Vox.com é o sistema de blogues con tintes de rede social da empresa Six Apart, lanzado o 26 de outubro do ano 2006.
Autoría Six Apart.
Web http://www.vox.com/
Licenza Privativa
Plataforma Perl
TypePad.com ao igual que o caso de WordPress, SixApart montou unha páxina de creación de blogues facendo uso da súa ferramenta Movable Type.
Autoría Six Apart
Web Http://www.typepad.com
Licenza Privativa
Plataforma Descoñecida (Perl?)
2.4 Sistemas de blogues en software libre.
WordPress, unha das plataformas máis estendidas e utilizadas na actualidade. Escrita en PHP dispón de centos de estilos visuais e ducias de engadidos que ofrecen novas funcionalidades, coma por exemplo o comercio electrónico.
AutoríaWordPress Development Team
adaptado.
Web Http://www.wordpress.org
Licenza GPL
Plataforma PHP e MySQL
Movable Type foi unha das primeiras plataformas de blogues. Un cambio de licencia e de prezo no software fixo que moita xente se decantase no seu momento por WordPress o cal facilitou así a súa expansión e crecemento. Porén son moitas as persoas que defenden este sistema coma un dos mellores.
11
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
Autoría Six Apart
Web Http://www.movabletype.org
Licenza GPL
Plataforma Perl
TextPattern é considerado dos máis elegantes sistemas de blogues e un dos máis utilizados en todo o mundo. Ocupa o segundo lugar, por detrás de WordPress, en canto á plataforma usada polos 100 blogues máis importantes.
Autoría Team TextPattern
Web Http://www.textpattern.com
Licenza GPL
Plataforma PHP e MySQL
Melody é a alternativa completamente libre a Movable Type. Inspirado no seu funcionamento, o seu obxectivo é manter un desenvolvemento máis rápido e axil que aquel no que se basea.
Autoría The Open Melody Software Group.
Web Http://www.openmelody.org
Licenza GPL
Plataforma Perl
Habári está medrando en aceptación nos últimos anos. Programado usando técnicas de orientación a obxectos, está pensado para os tempos actuais incorporando as funcionalidades máis novas.
Autoría Habari Community
Web Http://www.habariproject.org
Licenza Apache License
Plataforma PHP
DotClear ou NucleusCMS son outros dos sistemas máis coñecidos. Ambos incorporan características semellantes ao resto e son tamén software libre.
E aínda que tanto Joomla como Drupal deben ser considerados máis coma xestores de contidos que ferramentas de blogues, citámolos igualmente xa que se seguen a utilizar para este fin.
2.5 Sistemas de blogues en software privativo.
A proliferación de sistemas de blogues en software libre non facilitou a creación de plataformas de pago. Aínda así podemos citar:
Movable Type, dispón dunha versión de pago baixo o dominio .com pensada segundo o
12
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
número de usuarios con varias licenzas e precios.
Autoría Six Apart.
Web Http://www.movabletype.com
Licenza Privativa
Plataforma Perl
EngineExpress, tamén é unha das ferramentas de creación de blogues de pago, para entornos profesionais.
Autoría EllisLab, Inc..
Web Http://www.expressionengine.com
Licenza Privativa
Plataforma PHP
2.6 Tendencias e evolución nos sistemas de blogues.
Pese a que non se pode establecer unha liña que indique cal será a evolución dos sistemas de blogues si parece estar claro que, lonxe de ser unha moda pasaxeira, este sistema de edición mantense ao longo do tempo en Internet.
Se ben os usos e persoas usuarias varían co tempo, se inicialmente os contidos eran simples reseñas de outras webs, a tendencia actual decántase pola análise en profundidade e un tratamento máis xornalístico dos artigos.
Do mesmo xeito, estase fomentando un uso empresarial, ben sexa como plataforma de contacto cos clientes, presentación de productos ou servizos da empresa, etc.
E tamén, a política non estivo allea a este fenómeno e non foron poucos os e as candidatas a diversos cargos políticos que botaron a andar o seu propio blogue. En ocasións non eran os propios políticos os que xestionaban os contidos e na maior parte das veces, a actualización paraba xusto despois das eleccións.
Na actualidade, a rede está xirando cara ás redes sociais. Sistemas como Facebook ou Twitter están atraendo numerosos usuarios e usuarias, normalmente xente pouco dada a usar Internet.
Tamén ferramentas de microblogging coma Twitter, revolucionan os sistemas de comunicación actuais.
2.7 Casos prácticos de uso dos blogues.
Continuando coa reseña do anterior apartado, podemos ver a listaxe de blogues dos dous grandes grupos políticos do estado español:
http://www.pp.es/participa/blogs
13
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
http://www.psoe.es/ambito/blog/blogs.do
Pero onde probablemente onde máis se está a usar esta ferramenta é en ámbitos educativos. Pódense ver algúns dos que recopila o Planeta educativo de Aulablog en:
http://www.aulablog.com/planeta/blogs
2.8 O caso galego no mundo dos blogues.
A raíz da catástrofe do Prestige o número de blogues en Galicia aumentou considerablemente. En xullo do ano 2009 superábanse xa os 8000 indexados segundo o motor de busca de blogues de Blogaliza.
Así o blogmillo, termo co que se recoñecen aos blogues escritos en galego, goza dunha boa saúde e non parece que a vaia perder a curto prazo.
Tanto blogaliza.org como blogoteca.com ofrecen servizos de balde. No segundo caso, xa superaron os 2000 blogues rexistrados, 5000 no caso de blogaliza.org
Pero obviamente estes dous sistemas non acollen todos os blogues escritos en galego e se contamos os blogues escritos noutras linguas, por galegos ou dende Galicia, a cifra dispárase moito máis como vimos ao principio.
En calquera caso a comunidade de blogueiros en lingua galega é bastante activa e dende o ano 2003 algúns seguen mantendo relacións, fora do ámbito dos ordenadores. Chuzarrascadas ou Xantanzas, son algúns dos eventos que adoitan celebrar como escusa para reunirse.
2.9 Ferramentas non web de escritura en blogues.
Pese a que o xeito máis habitual de edición de blogues sexa a propia web, existen tamén ferramentas que permiten modificar os artigos dun xeito, en ocasións, máis cómodo.
Windows Live Write28 é a ferramenta que proporciona Microsoft para este cometido. Compatible con Windows Live, Wordpress, Blogger, LiveJournal, TypePad, SharePoint, ou Community Server, só está dispoñible para a plataforma Windows e é gratuito.
28 http://download.live.com/writer
14
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
W.Bloggar29 ou BlogDesk30 son tamén ferramentas para a escrita fora de liña. Este tipo de aplicacións facilitan a creación de contidos para a web, xa que acostuman a incorporar ferramentas de edición de imaxes ou corrección ortográfica de textos, por exemplo.
Finalmente ScribFire31 é un engadido de Firefox cuxo cometido igualmente, é a escritura sobre plataformas de blogues. A ventaxa deste último programa é que é independiente da plataforma, xa que funciona como complemento do navegador web de Mozilla.
29 http://wbloggar.com/30 http://www.blogdesk.org/en/index.htm31 https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/1730
15
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
3 As wikis
Si no puedes conseguirlo es porque hace falta más gente. Estimo que Internet está permitiendo que personas con
intereses afines se agrupen, creando nuevas masas críticas que pueden conseguir que ocurran cosas insospechadas
tanto como consumidores como creadores que ponen cosas nuevas en el mercado.
José Miguel Rubio Varas
A aparición do sistema de publicación de wikis, en si mesmo, non supuxo ningunha
revolución. A plataforma usábase maioritariamente por persoas programadoras que
intercambiaban e compartían código. Pero coa aparición da Wikipedia, unha gran
enciclopedia colaborativa, esta aplicación tomou un novo sentido.
A palabra wiki32 ten orixe Hawaiana e segundo o seu propio dicionario significa: To hurry,
haste; quick, fast, swift. Foi escollida por Ward Cunningham, creador do primeiro sistema
de wikis: wikiwikiweb, xa que segundo él mesmo I chose wiki-wiki as an alliterative
substitute for quick and thereby avoided naming this stuff quick-web.
3.1 Definición e descrición.
Unha wiki é unha páxina web que pode editarse en si mesma, no propio navegador web. Os diccionarios non inclúen todavía este concepto, pero a propia Wikipedia defineo coma un tipo de documento de hipertexto utilizado na web, o programa usado nestes documentos e os sitios web construídos mediante eles. (...) o software colaborativo permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo e permite que o contido non teña que ser revisado antes da súa publicación.33.
3.2 Principais características.
Algunhas das caracterísiticas principais destes sistemas de publicación son:
• A edición das páxinas non precisa ningunha ferramenta adicional ao propio navegador web.
• O sistema está aberto a que calquera persoa usuaria edite ou cree novas páxinas. Perséguese ademais a colaboración na autoría das wikis.
• Incorpora un sistema moi sinxelo de ligazóns internas entre páxinas que permite ir creando
32 http://wehewehe.org/gsdl2.5/cgi-bin/hdict?e=q-0hdict--00-0-0--010---4----den--0-000lpm--1en-Zz-1---Zz-1-home-wiki--00031-0000escapewin-00&a=q&d=D21021
33 http://gl.wikipedia.org/wiki/Wiki
16
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
estas a medida que se van referenciando.
• O sistema non está pensado para permanecer inmutable, se non para modificar o seu contido segundo as decisións do usuario ou usuaria que o visita.
• Dependendo da implementación pode establecerse unha relación de autoría, de xeito que se podan moderar e discutir os contidos das propias wikis.
• Utiliza unha sintaxe de resaltado e edición de contidos moi simple, permitindo a inclusión de contidos multimedia.
• A publicación é inmediata tras aceptar as modificacións feitas na wiki.
• Normalmente incorpora un sistema de seguimentos e historial, que permite ver a evolución na creación de cada wiki.
3.3 Servizos web de balde e con hospedaxe.
Wikia é un dos servizos de edición de wikis máis populares de Internet, funciona co software de publicación MediaWiki, ao igual que a Wikipedia, e está estruturado por tipos de contidos que van dende videoxogos a deportes, pasando por política, etc.
Autoría Wikia Inc.
Web http://www.wikia.com
LicenzaCreative Commons Attribution-Share
Alike License
Plataforma PHP
Wikispaces ao igual que a anterior, esta plataforma está bastante entendida e a súa facilidade de uso e capacidades colaborativas, fan dela unha das máis atractivas para o gran público.
Autoría Tangient LLC
Web Http://www.wikispaces.com
Licenza Privativa
Plataforma Descoñecida
3.4 Sistemas de wikis en software libre.
WikkaWiki é un dos softwares máis versátiles, lixeiros e rápidos á hora de montar unha wiki en Internet.
17
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
Autoría Wikka Development Team
Web Http://www.wikkiawiki.org
Licenza GPL
Plataforma PHP
DokuWiki está moi estendida entre pequenos grupos de traballo ou empresa e é moi sinxela e intuitiva no seu manexo. Achégase en popularidade a MediaWiki.
Autoría Andreas Gohr
Web Http://www.dokuwiki.org
Licenza GPL2
Plataforma PHP
Foswiki naceu como unha evolución de Twiki e o seu obxectivo é fornecer un software de wikis orientado á empresa e en código libre. Está programado en Perl.
Autoría Foswiki Community
Web Http://www.foswiki.org
Licenza GPL
Plataforma Perl
JAMWiki é unha plataforma programada en Java co framework Spring de edición e creación de wikis. Trata de emular o funcionamento de MediaWiki.
Autoría Ryan Holliday
Web Http://www.jamwiki.org
Licenza LGPL
Plataforma Java
MediaWiki é o software de creación de wikis por excelencia. A Wikipedia ou Wikimedia utiliza este sistema para a súa xestión, polo que podemos así facernos unha idea da súa potencia.
Autoría
MagnusManske, BrionVibber, LeeDanielCrocker,
TimStarling,ErikMöller, and others.
Web Http://www.mediawiki.org
Licenza GPL
Plataforma PHP
MoinMoin é o sistema de wikis que utiliza a respectiva web de Debian ou Apache. Está programado en Python e presume dun gran número de persoas usuarias en todo o planeta.
18
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
Autoría moinmo.in
Web http://www.moinmo.in
Licenza GPL
Plataforma Python
Project Forum está pensado para medianas e grandes empresas, como plataforma de colaboración grupal. Existen versións xa adaptadas para todo tipo de plataformas, incluíndo BSD ou MacOSX.
Autoría Course Forum Technologies
Web Http://www.projectforum.com
Licenza Privativa
Plataforma Descoñecido
TikiWiki resonde máis a un xestor de contidos ou groupware, xa que incorpora sistemas de foros, blogues ou mapas, ademáis do propio servizo de wikis.
Autoría The TikiWiki Community.
Web Http://www.tikiwiki.org
Licenza LGPL
Plataforma PHP
3.5 Sistemas de wikis en software privativo.
Confluence está concebido como wiki empresarial, polo que os seus servizos oriéntanse á xestión de documentos, recursos e organización de equipas.
Autoría Atlassian
Web Http://www.atlassian.com
LicenzaComercial + Gratis personal /
opensource
Plataforma Java
Pbwiki tras un recente cambio de nome cara Pbworks, isto tamén denota a orientación que queren darlle a este servizo, pensado para organización laboral e xestión do traballo.
Autoría Pb Wiki Inc.
Web Http://www.pbwiki.com
Licenza Descoñecida
Plataforma Descoñecida
19
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
Socialtext tamén trata de sumar redes socias e sistemas de blogues ao editor de wiki que leva incorporado. A súa misión é ofrecer unha solución profesional, que incluso permite manexar follas de cálculo.
Autoría Socialtext.
Web Http://www.socialtext.com
Licenza Descoñecida
Plataforma Descoñecida
Finalmente, quixera citar dous sistemas de wikis relevantes. Por unha parte TiddlyWiki de Jeremy Ruston e escrito en JavaScript con licenza BSD, que en un único ficheiro html que se pode gardar en calquera cartafol, incorpora un sistema de autoedición en formato wiki que permite manter unha pequena páxina localmente. Tamén, e salvando as distancias, Google Docs, permite edición colaborativa de documentos na rede, nun formato semellante ao das wikis, pero con outras moitas funcionalidades adicionais.
3.6 Tendencias e evolución nos sitemas de wikis.
Pese a que novas recentes afirman que sitios como a Wikipedia xa se están estancando e non medran ao ritmo dos últimos anos, os espazos de publicación de wikis son un gran recurso para o almacenamento e a escritura colaborativa de documentos na rede.
Empresas coma Dell, proporcionan información sobre os seus propios equipos e sistemas operativos GNU/Linux en espazos de wikis34.
Non obstante, os cambios que a edición na web se están a suceder nestes últimos tempos, pronostican un bo progreso para a edición de wikis, xa que combinacións de tecnoloxías como a de AJAX, podería achegar e facilitar aínda máis á xente á modificación dos contidos web.
3.7 Casos prácticos de uso das wikis.
Tal e como citabamos anteriormente, a facilidade de estructuración de información nunha páxina en formato wiki e a sinxeleza coa que calquera usuario ou usuaria pode cambiar os seus contidos, fai que empregar este tipo de plataformas sexa moi adecuado en entornos corporativos, empresas, institucións ou entidades académicas.
Cando a información pode variar en pouco tempo, xa sexa en si mesma ou por adición ou eliminación de novos contidos, unha web con forma de wiki é o mellor xeito de ordenar esa información.
En entornos educativos, proliferan numerosos espazos que recopilan ferramentas útiles para o traballo diario do persoal docente. Podemos ver un exemplo dese tipo de usos no seguinte enderezo web: http://ferramentasweb.wikispaces.com/ ou tamén como se pode aproveitar este recurso, para a edición conxunta de manifestos:
34 http://linux.dell.com/wiki/index.php/Wiki_Main_Page
20
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
http://www.galpon.org/wiki/index.php/Documento_consensuado_do_Profesorado_galego_de_Ensinanza_Primaria_e_Secundaria
21
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
4 Principais diferenzas e semellanzas entre blogues e
wikis.
Coa información recompilada até este momento, podemos atopar certas semellanzas e
diferencias entre os sistemas de publicación de blogues e de wikis.
Se ben ambos están destinados a facilitar a publicación de información na rede, os
blogues manteñen unha cronoloxía temporal da que carecen as wikis. Ademáis, estas
últimas están máis orientadas á presentación sintética da información que no caso dos
blogues, os cales facilitan e potencian a conversación e a discusión da información que
amosan.
Por outra banda, tanto blogues como wikis están pensados para que non se precise
ningún coñecemento técnico para manexar correctamente estas ferramentas.
22
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
5 Táboa resumo comparativa entre os distintos
sistemas de blogues e de wikis35.
Na seguinte táboa podemos ver algunhas das características máis salientables dalgúns
dos sistemas de blogues máis populares.
A lista non pretende ser exhaustiva en canto a datos nin recoller todos os sistemas que
existen, o cal sería ademais pouco máis que imposible, senon ter unha perspectiva xeral
dos mesmos.
35 Todos os datos foron extraidos das características técnicas descritas nas propias webs de cada sistema e nos enderezos:http://www.weblogmatrix.org/compare/Blogger+ExpressionEngine+Movable-Type+Textpattern+Wordpresshttp://www.ojr.org/ojr/images/blog_software_comparison.cfmhttp://www.emomsathome.com/bloghosts.htmhttp://www.tablefy.com/compare/545/Free-Blog-Software
23
Ilustración 2: Táboa resumo comparativa entre distintos sistemas de blogues
Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si
Estatísticas de visita Non Non Non Si. Simple Non Non Si Si Si Non Non Si
Importa outros sistemas Si Non Si Non Si Si Non Non Si Si Si Si Si Si Si
Contido audiovisual Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si
Páxinas estáticas Si Non Non Non Non Si Si Non Si Si Si Si
Categorías e etiquetado Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si
Si Si Non Non Si Si Si Non Si Si Si
Si Non Non Non Si Si. Si Si Si Si Si Si
Multiusuario/a Si Non Non Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si
Comentarios Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si
Si Non Non Non Si Si Si, propios Non Non Si Si Si Si Si Si
Espazo web propio Si Si Si Si Si Si Si Si Si Non Non Non Non Non Non
Soporte técnico Si Si Si Si, en web. Si Si Si Si Si Non, só web Non Si Si
Si Si Si Non Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si
Licenza e prezo Gratis Gratis Gratis Gratis Gratis Privativa
Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si
Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si
Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si
Si Non Non Si Si Si Non Non Si
Posibilidade de personalización cambiando o
aspecto visualBlogaliza.org Blogoteca
.comBitacoras
.com Blogia.com Blogger.com Wordpress .com
Windows Live Spaces Vox.com TypePad
.com WordPress Movable Type TextPattern Melody Habári Expression
Engine
Personalización do aspecto visual
Si. Temas predefinidos e posibilidade de solicitar outros
compatibles con μWP.
Si. Temas predefinidos.
Si. Básico, edición html.
Si. Temas predefinidos e edición básica.
Si. Edición total na versión de
pago.
Si. Activando o complemento
correspondente.
Si. Incluíndo ferramentas
externas
Si. Instlando o complemento
correspondente.
Si. Dispón de servizo adicional
de fotoblog.
Si. Limitado en espazo e ligado a servizos como
Picasa.
Si. Limitado en espazo.
Posibilidade de aumento
mediante pago.
Publicación por email, móbil,... e fora de liña
Si. Publicación por email.
Si. Publicación por email.
Si. Publicación por email/móbil/
etc.
Si. Publicación por email/móbil/
etc.
Privacidade no blogue ou artigos individuais
Si, restrinxido a persoas
usuarias de Google
Si, limitado ao total pero
ilimitado en artigos
individuais
Si, con plugin
Si a nivel de administración
Si, a varios niveis de
administración
Plugins e complementos
Si, mediante foros
Si en web e por persoal técnico.
Multilinguaxe
Gratis, con servizos
adicionais de pago.
Gratis, con servizos
adicionais de pago.
Gratis, con servizos
adicionais de pago.
Dende 4.95$/mes. 14 días de proba.
GPL GPL/Privativa GPL GPL Semellante á Apache License
Blogroll
Trabacks e pingbacks
Sindicación RSS/Atom/XML
Antilixo/spamSi, con servizo
propio Akismet e tipo Captcha
Si, tipo Captcha Si, tipo Captcha Si, tipo Captcha Si, tipo Captcha Si, con engadido Akismet.
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
Do mesmo xeito, figuran nesta taboa algúns dos detalles a ter en conta á hora de elexir
unha plataforma de edición de wikis36.
36 Os datos foron extraidos das características técnicas descritas nas propias webs de cada sistema e nos enderezos:http://www.wikimatrix.org/http://www.tablefy.com/compare/2643/Wiki-Comparison-Table
24
Ilustración 3: Táboa resumo comparativa entre distintos sistemas de wikis
Confluence Pbwiki Socialtext Wikia Wikispaces WikkaWiki DokuWiki Foswiki JAMWiki MediaWiki MoinMoin TiddlyWiki TikiWiki
Si Si Si Si Si Plugin Si Si Non Si Si Si Si Si
Estatísticas de visita Si Opcional Opcional Si Si Si Plugin Si Non Opcional Si Non Non Non
Si Si Si Si Si Si Plugin Plugin Si Si Si Si Si Si
Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si
Comentarios Si Si Si Si Plugin Plugin Si Plugin Si
Si Si Non Si Si Si Si Si Si Si Si
Espazo web propio Si Si Si Si Si Non Non Non Non Non Non Non Non Non
Soporte técnico Si Si Si Si Si Non Si Si Si Si Si Si Si
Multilinguaxe Si Non Si Si Si Si Si Non Si
Licenza N/A N/A N/A N/A GPL GPL2 GPL LGPL GPL GPL Privativa BSD LGPL
Si Si Si Si Si Si Si Si Opcional Si Si Si Si Si
Antilixo/SPAM Si Non Opcional Opcional Si Plugin Plugin Plugin Non Plugin Opcional Non Non Si
Adxuntar ficheiros Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Plugin Si
Previsualización Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Plugin Si
Historial das páxinas Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Plugin Si
Editor WYSIWYG Si Si Si Si Plugin Plugin Plugin Non Plugin Si Si Plugin Opcional
Exportar a PDF Si Si Si Opcional Non Non Plugin Plugin Non Plugin Plugin Non Non Plugin
Project Forum
Personalización do aspecto visual
Categorías e etiquetado
Protección de páxinas
Si, en páxina de discusión
Si, en páxina de discusión
Si, en páxina de discusión
Si, en páxina de discusión
Si, en páxina de discusión
Plugins e complementos
Si, en foros web
Privativa + Gratis personal / open source
Sindicación RSS/Atom/XML
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
6 Ferramentas que misturan ambos sistemas: blikis.
Tanto blogues coma wikis, están orientados a xestionar de xeitos distintos a información,
pero nos últimos tempos, están aparecendo novas ferramentas que combinan ambos
sistemas. Son os chamados blikis.
Os blikis son plataformas de publicación de blogues, con todas as características
herdadas destes sistemas, pero que adicionalmente permiten modificar os contidos das
anotacións sen necesidade de ser o propio autor da mesma e como se dunha ferramenta
de wiki se tratase.
O potencial deste tipo de combinacións a nivel educativo é moi grande, pero incluso á
hora de redactar blogues colaborativos, poder modificar a información coma se dunha wiki
se tratase, alixeira bastante o traballo de corrección. WikyBlog37 é un software que
permite combinar ambos sistemas, nun só espazo web.
37 Http://www.wikyblog.com
25
Ilustración 4: Demostración do funcionamento de WikyBlog
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
7 Outros sistemas de publicación web.
Non deberamos rematar este repaso das ferramentas máis coñecidas para a escritura na
web, sen citar tamén dúas novas aplicacións que apareceron nos últimos anos e que se
volveron tremendamente populares.
Por un lado están os Tumblelogs, que son sistemas de publicación moi semellantes aos
dos blogues, pero especializados en artigos moi pequenos nos que simplemente hai un
texto, unha imaxe, un video ou un son. Tumblr é o exemplo de referencia.
Aínda que Tumblr [http://www.tumblr.com] é unha páxina de hospedaxe deste tipo
de plataformas de publicación, existen tamén versións en software libre que se poden
instalar en servidores propios coma é o caso de Gelato [http://gelatocms.com/]
E o microblogging é un novo concepto que aparece da man dun servizo web chamado
Twitter [http://www.twitter.com]. Twitter é un servizo de publicación de textos de
non máis de 140 caracteres que aparecen nunha liña do tempo de cada persoa usuaria,
pero que a medida que estas se relacionan entre si coma seguidores, constrúese unha
conversación inmediata coma se de SMSs de móbiles se tratase.
Ao igual que no caso de Tumblr, existe unha aplicación en software libre que proporciona
o mesmo cometido que Twitter é Laconica [http://www.laconi.ca]. De feito, esta
ferramenta permitiu que en Galicia se crease Lareta [http://www.lareta.net] que é
un clon do sistema de microblogging Twitter.
26
Estudo comparativo de ferramentas de creación e publicación de Blogues e Wikis.
8 Índice de recursos utilizados e bibliografía.
• Jens Winther e Jesper Balslev, Weblogs (PC Cuadernos técnicos, Maio
2004)
• VV.AA., El futuro es tuyo, la revolución de las personas (Planta 29, 2008)
• Jose Luis Orihuela, La revolución de los blogs (La esfera de los libros, xuño
2006)
• Octavio I. Rojas, Julio Alonso, José Luis Antúnez, José Luis Orihuela e Juan
Varela, Blogs, la conversación en internet que está revolucionando medios,
empresas y a ciudadanos (ESIC, agosto 2005)
• VV. AA. Coordinados por Jose M. Cerezo. La blogosfera hispana: pioneros
de la cultura digital (Fundación France Telecom España)
• Elisabete Barbosa e António Granado, Weblogs, diário de bordo (Porto
editora, 2004)
• A maior parte das descricións ou definicións de conceptos, servizos,
sistemas, etc. están extraidos da Wikipedia, http://www.wikipedia.org ou das
propias webs dos autores.
27