Download - Dezanove de xuño

Transcript
Page 1: Dezanove de xuño

Xoves, 12 de abril

Mamá volveu saír a toda presa coas bágoas nos ollos. Non me quere dicir nada. Ninguén me conta nada. Meu pai hai tempo que non vén pola casa, meu irmán e eu xa case non nos falamos, miña avoa non me chama e a ninguén, a parte de a min, parece importarlle a morte de meu avó. Dentro de pouco cumprirase un ano da traxedia. Vou ir ó ceminterio, si, vou ir, está decidido. Á noite, cando miña nai regrese falarei con ela e mañá de madrugada irei visitar a miña avoa. Falarei con Daniel e pedireille que me acompañe, necesito volver estar a ben con el; é o meu irmán e non o quero perder. Necesito falar coa xente, relacionarme, saír de festa, estar ata as tantas da madrugada esperta imaxinando que teño mozo, pensando na miña familia, nos meus amigos… necesito ver a papá unha vez máis e dicirlle o moito que o quero, necesito unha aperta do meu irmán maior, e un bico de boas noites da miña nai.

Ábrese a porta, Daniela sae do cuarto,, deixa a páxina a medio escribir, cáelle unha bágoa pola meixela. Pasan apenas dous minutos. Volve de novo. Esta vez trae un pano na man, xa ten a cara seca, pero vermella, os ollos tamén os ten encarnados, senta na cama, mira pola fiestra, pero non ve nada, ten a mirada perdida; pola súa cabeza pasan miles de cousas pero ningunha tan importante como para facela reaccionar. De repente volve en si, ve a un mozo, un mozo alto e forte, de pelo castaño. Fóra está escuro pero deuno recoñecido. Era

I

Page 2: Dezanove de xuño

un mozo do seu instituto, nunca se fixara nel ata ese momento. O seu nome era Aarón; no centro tiña fama de andar con todas, era un repetidor e non se aplicaba moito, probablemente volvese repetir este ano, o que faría que fose na súa clase. Ademais de todo iso, Aarón era un porcallán e parecía non importarlle nada o planeta. O rapaz marchou, parecía que xa se estaba facendo noite pecha e a nai de Daniela non aparecía. Nese momento, alguén chamou ó timbre, era Daniel que esquecera de coller as chaves antes de saír, parecía desgustado, estaba enchoupado, pero o día fora radiante para estar en abril. Daniela, preocupada, colleu ó seu irmán por un brazo e levouno á súa habitación. Daniel nin se inmutou, chegou ó cuarto, sacou roupa seca do armario e cambiouse; súa irmá esperouno na porta, ata que este decidiu saír. Unha vez o mozo estaba seco e máis calmado, Daniela pensou que era o momento de falar con el e preguntarlle que lle pasara.

Os irmáns sentaron no sofá, Daniel non articulou palabra ningunha, así que foi ela quen decidiu dar o primeiro paso.

-Daniel, que che pasa? Encóntraste ben?-Si, non tes de que preocuparte, -dixo este cun fío de voz.-Estás seguro de que todo vai ben? Daniel, hai moito que non falamos, a nosa relación xa non é o que era, pero inda así sabes que son a túa irmanciña, e que vas poder contar comigo sempre que queiras, nunca che penso fallar, como ti tampouco me fixeches a min.

Daniel comezou a chorar, choraba dunha forma especial, nunca se puxera así, tiña que ser algo importante. Daniela nunca o vira desa maneira, o único que se lle pasou nese momento pola cabeza foi abrazalo, e fixoo. Ambos envolvéronse nun abrazo tenro, Daniela rodeouno cos brazos, apertouno o máis forte que puido e, acercándolle a cabeza ó seu peito, cun fío de voz, díxolle ó oído: -Quérote.

Fíxose un silencio eterno, as agullas do reloxo producían un son relaxante ó marcar o paso do tempo. Ninguén sabe con exactitude canto tempo botaron abrazados. Daniel, por fin, decidiuse a contarlle a súa irmá o que lle estaba pasando, máis ben o que lle estaba pasando a súa nai. Miráronse fixamente, o único son que se podía escoitar era o bozarrón do mozo, pero que agora máis ben parecía a voz dunha nai ó deitar ó seu meniño.

-Daniela, ti sabes que estes días ninguén está moi ben, que mamá sae da casa sen avisar cada dous por tres, que non nos deixa coller o teléfono, e que a nosa avoa xa non ven tanto pola casa como antes, nin nós a imos visitar á súa. -Si, sei. Pero… ¿Que me queres dicir con isto? Que está ocorrendo? Daniel, estasme asustando, que demo pasa?

II

Page 3: Dezanove de xuño

-Non te alporices, por favor, reláxate. Mamá e eu estamos ben, pero nosa avoa… Nosa avoa está enferma, cóstalle moito respirar, e na cidade na que ela vive é peor. Todo o aire está contaminado, os médicos dixéronlle que se non se vai ó campo, pode que non lle queden máis que un par de meses. É por iso, polo que mamá sae tanto da casa, ela non quería que ningún dos dous o soubésemos, e menos ti, que fuches a que máis sufriches polo do noso avó.

-Quéresme dicir que nosa avoa tamén vai morrer dentro duns cantos meses?-Non é de todo seguro pero… posiblemente si.-Daniel, por favor, lévame mañá ó hospital, déixame ir contigo, por favor, precísoo.-Vale, pero non te desgustes, xa verás como mañá a atopas ben, non te poñas triste.

De contado súa nai apareceu pola porta. Daniela correu ata ela e envolveuna nun forte abrazo, pedíndolle perdón por todas as malas palabras que lle puidese ter dito dende a morte do seu avó. Díxolle que seu irmán xa lle contara todo o que estaba ocorrendo, e que quería ir ver a súa avoa mañá despois do colexio.

Esa noite ninguén da familia deu conciliado o sono, inda así pola mañá todos se levantaron sen ningún problema. Daniela chegou á escola e, para a súa sorpresa os de cuarto foran a unha excursión; Aarón ó non ir fora trasladado un día á súa clase. Sentouse ó seu carón. Cada vez gustáballe máis, víao dunha maneira diferente, cada vez vía máis tenrura naqueles ollos castaños. Á cuarta hora, a profesora de bioloxía fixo acto de presenza na clase; ese día decidiu explicarlles o cambio climático ós rapaces. Algúns só se centraron na auga, no desxeo, na contaminación, no cambio da temperatura… Pero a profesora explicoulles máis cousas que se producían á causa deste. O que máis lle chamou a antención a Daniela foi a choiva ácida. Esta prodúcese polos óxidos de nitróxeno e azufre que se emiten continuamente á atmosfera e que poden sufrir diversos procesos e transformacións. A máis simple era a disposición seca que se producía nas fontes máis próximas ás fontes de emisión e cando as precipitacións eran baixas. O que lle ocorría á cidade de Pontevedra debido a súa celulosa. Outra das diposicións que a mestra lles ensinou, foi a deposición oculta, na cal a acidez podía ser ata dez veces superior a da choiva e que se producía ó mesturárense as substancias contaminantes coas gotas de néboa, causa que tamén ocorría no pobo da súa avoa. Logo de moitas explicacións que lle pareceron insuficientes, andou indagando máis sobre este tema. No recreo leu todas as páxinas do libro que falaban sobre este fenómeno, nas cales descubriu que a choiva ácida producía asma e fatiga nas persoas, lendo isto, Daniela non quitaba da cabeza a súa avoa.

III

Page 4: Dezanove de xuño

Polo seu lado pasou Aarón, e ó vela con aquela cara de preocupación preguntoulle que lle pasaba. Tiveron unha longa conversa que se prolongou as dúas horas seguintes. Cada palabra que saía da boca de Aarón facía estremecela. Daniela comezou a contarlle todo o que lle pasaba. Contoulle o da súa avoa e tamén que esa tarde a ía ir ver ó hospital. O mozo díxolle que el tamén tiña unha avoa no hospital a causa dun tumor cerebral producido por culpa das antenas de televisións próximas a súa casa. A ela non se lle ocorreu nada máis que dicir que:

-Queres vir comigo esta tarde? Se queres, podemos ir ver a túa avoa e logo a miña.

O rapaz aceptou. Á saída da clase, Daniela decidiu ir andando e pensando nas súas cousas, necesitaba un respiro despois daquela mañá. Para a súa sorpresa Aarón ofreceuse a acompañala e esta non se puido negar. Durante todo o camiño foron falando. Unha nube negra, cargada de auga acercábase polo ceo a alta velocidade, ó vela, decidiron refuxiarse nalgún cubertou ou parada de autobús, pero sen avisar, unha forte tromba de auga deu comezo a unha tormenta. Ó chegar a un refuxio, Daniela enchoupada e morta de frío sentouse nunha esquina. Ó vela tremer tanto, Aarón quitouse a sudaidera que levaba por baixo da chaqueta e deulla para que se cambiase e así entrase en calor. Unha vez medio seca, Daniela agradeceulle moito o xesto de xenerosidade e cabalería que tivera con ela. Pasou unha hora e como non parecía que ía escampar, Daniela decidiu chamar ao seu irmán para contarlle o que lle pasara e que ese día non podería ir ó hospital. A tarde ía pasando, pero a choiva parecía que non ía parar tan axiña. Ningún dos dous sabía onde se atopaban, pois ó botar a correr, coas présas, non se decataron de que desvío tomaran e, sen querer perdéranse. A noite caeulles enriba, polo que decidiron deitarse e buscar o camiño de regreso mañá á mañá. Como ía tanto frío, pola noite, mentres durmían, ambos se abrazaron, o que para Daniela era algo especial; pola contra, para Aarón non significaba nada, ou iso pensaba ela.

IV

Page 5: Dezanove de xuño

Cando por fin deron co camiño de volta, o primeiro que fixeron ambos foi ir ó hospital onde ambalas dúas avoas se atopaban. Unha xa sen vida. A Aarón caeulle o mundo ós pés. Non tiña ganas de facer nada, aquela madrugada acababa de perder a súa avoa, aquela muller que sempre estivera con el dende pequeno, aquela que lle curara todas as feridas, a que lle secara as bágoas, a que lle dera cariño dunha forma que ninguén soubera darlle… Daniela e Aarón, a partires daquel día comezáron a facerse uns amigos inseparables.

Tempo despois da morte da avoa de Aarón, Daniela e el decidiron comezar a concenciar a xente de que o mundo cada día está peor, e que se seguimos así pouco a pouco a Terra se irá destruíndo, e con ela, nos. Grazas a todas as protestas que fixeron e a axuda de Daniel, da súa nai, e de todos os amigos e veciños de Aarón, a prensa deu en publicar un artículo co tema da contaminación e das antenas paravólicas. Pouco a pouco a xente foi tomando máis medidas de seguridade, pero Aarón e Daniela sabían que o do cambio climático, así como tardamos máis de un millón de anos en producílo, desfacerse del completamente non sería tan doado, e moito menos o conseguiríamos dun día para outro.

Co paso do tempo, a avoa de Daniel e Daniela foise poñendo mellor, ata o punto de estar case recuperada. Saiu do hospial e mudouse ó campo, cunha vella amiga da infancia tamén viúva. De cando en vez ía de volta pola cidade a ver a súa filla e os seus netos, pero máis a míudo eran estes os que ían ó campo, e algunhas veces coa compaña de Aarón. Nunha destas idas ó campo da familia e de Aarón, el máis Daniela escaparon sós a un lago fermoso, do que moi poucas persoas sabían da existencia. Unha vez nel, Aarón fixo sentar a moza, e díxolle que lle tiña que contar algo moi importante dende facía xa tempo, pero que nunca se animara a dicirllo ata aquel día. Ela intrigada e entusiasmada por sabelo, sentou sen rechistar. Aarón deulle un pequeno agasallo, unha rosa, díxolle que era para ela por todo o que fixera por el. Sentou ó seu carón, e mirandoa directamente ós ollos díxolle:

V

Page 6: Dezanove de xuño

-Dani, non nos coñecemos dende fai moito tempo, e sei que a primeira idea que tiñas acerca de min non era a mellor, nin a que eu desexaría que tiveses, pero sei que agora ti me queres, e sei que eu te quero a ti, pero non un simple cariño de amigos, senon como algo máis. Dende hai tempo o teu sorriso é a única cousa que me fai levantarme cada mañá, os teus beizos son os únicos que quero bicar, a túa mirada é a que me atravesa a alma, o teu perfume é o único olor que son capaz de recoñecer a distancia, a túa doce voz pronunciando o meu nome, chamándome amigo, dicíndome que me quere… é a única que quero escoitar día tras día. A miña cor preferida é a dos teus ollos, o meu sabor preferido o dos teus bicos, o meu son preferido é a melodía que compós cada vez que dis algo, e a data que espero que sexa a miña preferida para o resto da miña vida é a de hoxe. Daniela, queres ser a miña moza?

Daniela non sabía que facer, naquel momento o único que se lle pasou pola cabeza foi abalanzarse sobre el e gritarlle que si, que quería saír con el, que desexaba que chegase ese día dende o primeiro día que falaran, pero en vez diso deulle un bico tenro, de apenas dous segundos. Separáronse, de novo miráronse ós ollos, pero ningún articulou palabra ningunha. Aquel dezanove de xuño quedaría gravado na vida de ambos para sempre.

VI


Top Related