Download - Deseñamos Xoias
Respondendo a unha iniciativa do Colexio Oficial de Xoieiros de Galicia, nenos e nenas de 6ºB deseñaron unha xoia para a súa nai. Excelente ocación para coñecer os diferentes materiais que se usan en xoiería, falar de pedras preciosas e semipreciosas, de materiais, de formas e cores. Así coñeceron polo seu nome: lapislázuli, aguamarina, xade, diamante, azibeche, rubí, esmeralda, turquesa, zafiro, ámbar....Tamén aprenderon que non tódalas xoias son de ouro amarelo, pois tamén se fan de ouro branco, prata, aluminio e mesmo o coiro. Na aula aproveitamos calquera ocasión para aprender e esta foi unha excelente ocasión para facelo. Agora só queda esperar que algún deles gañe o concurso e un xoieiro galego lle fabrique a peza. En calquera caso, noraboa por estes deseños feitos con tanto, tanto amor. ¡Xa poden estar contentas as mamás!
Mª Olga R. Díaz Ceip. Milladoiro. Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Abril 2010