1
DEPARTAMENTO DE LATÍN
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
CURSO 2017/2018
2
Xefe de departamento: Mª Jesús Frey Collazo
Cursos que imparte: Latín 4ª ESO, 1º e 2º de Bacharelato
Libros de texto:
Latín 4 ESO, Proyecto Saber hacer, ISBN 978-84-8305-646-2, ed. Santillana, Madrid, 2016
Latín I , Grupo Edebé, ISBN 978-84- 683-2069-4, Barcelona , 2015.
Cultura clásica. Serie Evoca. Proyecto Saber hacer. Santillana, 2015.
Libros de lectura recomendados:
Latín 4ª ESO :
GÁNDARA, Lola, Una aguja envenenada, ed. Alfaguara, Madrid 2004
NAVARRO DURÁN, Mitos del mundo clásico (adaptación Metamorfosis), Alianza ed., Madrid 2002
Latín I:
Lively, Penélope, En busca de una patria. La historia de La Eneida, ed Vicens-Vives, 2009.
GRAVES, Robert, Yo, Claudio, Edhasa, Barcelona, 1996.
DAVES, Lindsey, calquera novela da serie do detective Marco Didio Falco.
GRIMAL Pierre, Memorias de Agripina, El País, 2005
CRISTÓBAL Vicente, La leyenda de Eneas, Alianza Editorial, Biblioteca Juvenil, Madrid 2006.
MANFREDI, Valerio Massimo, La última legión, ed. Grijalbo, Barcelona,
SUTCLIFF, Rosemary, El águila de la novena legión, Plataforma editorial, Barcelona 2008
TERENCI MOIX, No digas que fue un sueño, ed Planeta.
BULWER-LYTTON, Los últimos días de Pompeya, ed.Anaya, Madrid, 1989.
Lectura obrigatoria da comedia de Plauto que se represente no festival de teatro grecolatino en Lugo.
Latín II ( lecturas que propoña o grupo de traballo ou a persoa que coordine a ABAU)
3
Índice
LATÍN 4º ESO 5
INTRODUCIÓN 5
OBXECTIVOS 5
CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE 6
CRITERIOS DE AVALIACIÓN 9
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES 10
DISTRIBUCIÓN DOS CONTIDOS E TEMPORALIZACIÓN 13
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN 16
MÍNIMOS ESIXIBLES 17
INDICADORES DE LOGRO 17
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN 18
ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DA MATERIA PENDENTE 19
TRATAMENTO DO FOMENTO DE LECTURA 19
TRATAMENTO DAS TIC 20
METODOLOXÍA 20
TEMAS TRANSVERSAIS 21
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 22
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS 23
ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA 24
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES 25
PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN 25
LATÍN I e II 26
INTRODUCIÓN 26
OBXECTIVOS 26
4
CRITERIOS DE AVALIACIÓN 28
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS CLAVE 30
DISTRIBUCIÓN DE CONTIDOS E TEMPORALIZACIÓN 38
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN 47
MÍNIMOS ESIXIBLES 49
INDICADORES DE LOGRO 50
ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DA MATERIA PENDENTE 52
AVALIACIÓN INICIAL E MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 53
METODOLOXÍA DIDÁCTICA 56
TEMAS TRANSVERSAIS 57
APLICACIÓN DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN 58
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS 59
ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA 60
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES 60
PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN 60
5
LATÍN 4º ESO
INTRODUCIÓN
Tal e como se recolle no currículo oficial correspondente a esta materia (DOG, 25 de xuño
de 2015), “a materia de Latín na etapa da ESO ten como finalidade introducir o alumnado
no coñecemento dos aspectos esenciais da lingua e da cultura latinas, facendo fincapé ao
mesmo tempo no papel que estas desempeñan en tanto que orixe e fundamento das
linguas romances e da cultura occidental, o que coñecemos como herdanza clásica”. Os
obxectivos básicos que se perseguen son: iniciar un estudo básico da lingua que é nexo e
está na orixe do amplo grupo de linguas romances e coñecer os aspectos máis relevantes
da sociedade e da cultura romanas para poder relacionalos cos do mundo actual.
Contribúese , deste xeito, á adquisición das competencias básicas e ao logro dos
obxectivos da etapa (p. 446-447 do Decreto 86/2015, do 25 de xuño).
OBXECTIVOS
- Comprender textos latinos en contextos onde o sentido sexa facilmente deducible.
- Identificar e relacionar elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos da lingua latina
que permitan a análise e a tradución de textos sinxelos.
- Desenvolver os hábitos de organización, traballo e disciplina no estudo a partir dos
mecanismos de estruturación mental que implica o proceso de análise e tradución
de textos latinos.
- Mellorar a lectura comprensiva e a expresión oral e escrita mediante o
coñecemento do vocabulario e as estruturas gramaticais latinas.
- Coñecer a orixe e a evolución das linguas romances para valorar os trazos comúns e
a diversidade lingüística como mostra da riqueza cultural dos pobos de Europa.
6
- Utilizar as regras fundamentais da evolución fonética do latín ás linguas romances e
identificar palabras patrimoniais, cultismos e expresións latinas en diferentes
contextos lingüísticos.
- Entender o significado do léxico común de orixe grecolatina da propia lingua e
comprender vocabulario culto, científico e técnico a partir dos seus componentes
etimolóxicos.
- Reflexionar sobre os elementos formais e as estruturas lingüísticas das linguas
romances coñecidas polo alumno, a través da comparación co latín, modelo de
lingua flexiva.
- Coñecer os aspectos relevantes da cultura e da civilización romanas, utilizando
diversas fontes de información e diferentes soportes, para identificar e valorar a
súa continuidade no noso patrimonio cultural, artístico e institucional.
- Coñecer os xéneros literarios latinos máis importantes.
CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE
Competencia en comunicación lingüística (CCL)
- Mellorase a comunicación oral e escrita mediante o coñecemento das etimoloxías
grecolatinas e dos procedementos de formación e evolución fonética das palabras,
o que facilita a ampliación do vocabulario básico, culto, científico e técnico.
- O coñecemento da estrutura da lingua latina e dos seus elementos morfolóxicos e
sintácticos facilita a comprensión da gramática das linguas europeas de orixe
romance e doutras que comparten co latín o carácter flexivo ou que recibiron unha
aportación léxica da lingua latina.
7
- A través da práctica da tradución e da retroversión adquírese a habilidade para
buscar, recoller e procesar a información dada e utilizala axeitadamente.
- Mediante a lectura de novelas históricas, cómics e diferentes textos clásicos
contribúese a un achegamento á literatura e á mellora da expresión oral e escrita,
- O coñecemento da historia e evolución da lingua latina contribúen ao achegamento
e uso doutras linguas actuais, e facilita a comprensión e o respecto por outras
culturas e linguas, incluíndo as antigas e minoritarias, e o rexeitamento dos
estereotipos baseados en diferencias culturais e lingüísticas.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT)
Traballaranse nos temas de cultura e civilización latina ( calendario, educación,
urbanismo, enxeñería romana e vías de comunicación)
Competencia dixital (CD)
Desenvólvese esta competencia nas tarefas habituais da clase e naqueles traballos
específicos onde se usan como ferramentas para a comunicación do coñecemento
adquirido distintas páxinas de Internet referidas ao mundo clásico, páxinas de
distintos museos, programas interactivos de exercicios, etc.
Ademais, o uso de técnicas de sintese, identificación de palabras clave e distinción
entre ideas principais e secundarias, destrezas que nalgún momento se traballan
nesta asignatura, aportan instrumentos básicos para a adquisición desta
competencia.
Aprender a aprender (CAA)
O latín contribúe a desenvolver hábitos de reflexión sobre a propia aprendizaxe ,
favorecendo as destrezas de autonomía e de planificación do traballo, exercitando a
memoria mediante a recuperación de datos e situando o proceso formativo nun
contexto de rigor lóxico.
8
Competencias sociais e cívicas (CSC)
A contribución do latín establécese desde o coñecemento das institucións e modo
de vida romano como referente de organización social, participación cidadá na vida
pública e delimitación de dereitos e deberes dos individuos e colectividades, no
ámbito dunha Europa diversa, unida no pasado pola lingua latina. Ademais, o
coñecemento das desigualdades da sociedade romana favorece unha reacción crítica
ante a discriminación por grupo social ou étnico, diferenza de sexos, etc. Foméntase
deste xeito no alumnado unha actitude de valoración positiva da participación
cidadá, a negociación e a aplicación de normas iguais para todos como instrumentos
válidos na resolución de conflitos.
Sentido da iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE)
Esta materia contribúe no desenvolvemento desta competencia na medida en que o
alumno ha de responsabilizarse do traballo persoal a curto e medio prazo e ha de
cumprir obxectivos concretos. Axuda a traballar a motivación para lograr o éxito nas
tarefas, desenvolvendo unha sa ambición persoal e acádemica.
Conciencia e expresións culturais (CCEC)
O latín contribúe ao desenvolvemento desta competencia a través do coñecemento
do patrimonio arqueolóxico e artístico romano no noso país e en Europa, o que
potencia o aprecio e disfrute da arte como produto da creación humana e como
testemuño da historia, á vez que fomenta o interese pola conservación dese
patrimonio.
Proporciona, así mesmo, referencias para unha valoración crítica de creacións
artísticas posteriores inspiradas na cultura e mitoloxía grecolatinas, ou das mensaxes
publicitarias que, en moitos casos, toman a súa base icónica do repertorio clásico.
Ademais, co coñecemento do mundo clásico e da súa continuidade favorécese a
interpretación da literatura posterior, na que perduran temas, arquetipos, mitos e
9
tópicos, á vez que se desenvolve o interese pola lectura, a valoración do carácter
estético dos textos e o amor pola literatura.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Coñecer a orixe das linguas faladas en España e en Europa, clasificalas e localizalas nun
mapa.
Aplicar as regras básicas de evolución fonética do latín ao galego e castelán,
partindo dos étimos latinos.
Coñecer a orixe do alfabeto nas linguas modernas e identificar os tipos de alfabeto
empregados hoxe en día en Europa.
Recoñecer os elementos morfolóxicos e as estruturas sintácticas elementais da
lingua latina e comparalos cos da propia lingua.
Coñecer os feitos históricos máis importantes da historia de Roma e os aspectos
máis relevantes da civilización romana.
Distinguir nas distintas manifestacións literarias e artísticas de todos os tempos a
mitoloxía clásica como fonte de inspiración e recoñecer no patrimonio arqueolóxico
as pegadas da romanización.
Identificar compoñentes de orixe grecolatina en palabras da linguaxe cotiá e no
vocabulario específico das ciencias e da técnica, e explicar o seu sentido
etimolóxico.
Recoñecer latinismos e locucións usuais de orixe latina incorporadas ás linguas
coñecidas polo alumno e explicar o seu significado en expresións orais e escritas.
Traducir textos breves e sinxelos e producir, mediante retroversión, oracións
simples utilizando as estruturas propias da lingua latina.
Manexar recursos que lle permitan ao alumnado elaborar, guiado polo profesor, un
traballo temático sinxelo sobre calquera aspecto da produción artística e técnica, a
historia, as institucións, ou a vida cotiá en Roma.
10
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES
Seleccionáronse únicamente os estándares de aprendizaxe que se consideran asumibles.
Tendo en conta os contidos mínimos esixibles, o grao mínimo de consecución dos estándares de
aprendizaxe para cada bloque será o 50%.
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS
CLAVE
PORCENTAXE
ASIGNADA
Bloque 1. O latín, orixe das linguas romances
Identifica as linguas que se falan en España e
delimita nun mapa as zonas onde se utilizan.
Identifica as linguas que se falan actualmente en
Europa, clasifícaas en familias lingüísticas e
delimita nun mapa as zonas onde se utilizan.
Identifica e diferencia palabras patrimoniais e
cultismos en relación co termo de orixe.
Realiza evolucións de termos latinos ao galego e
ao castelán aplicando as regras fonéticas de
evolución.
CSC
CAA
CD
CCL
CCA
10%
Bloque 2. Sistema de lingua latina: elementos básicos
Explica a orixe do alfabeto de diferentes linguas
partindo do alfabeto latino e recoñece os tipos de
alfabeto usados actualmente en Europa.
Le con pronuncia e acentuación correctas textos
latinos de certa extensión.
CSC
CCL
CCEC
CD /CCL
5%
11
Bloque 3. Morfoloxía
Distingue palabras variables e invariables.
Define o concepto de declinación e conxugación.
Enuncia correctamente palabras e sabe
clasificalas segundo a súa categoría e declinación.
Identifica as conxugacións verbais latinas e é
capaz de conxugar tempos da voz activa.
CCAA
CCL
CD
CCL
10%
Bloque 4. Sintaxe
Analiza morfolóxica e sintácticamente frases e
textos adaptados e explica as principais funcións
que realizan os casos dentro da oración.
Recoñece nos textos as regras e a concordancia
latina e redacta en latín pequenas frases.
Compara e clasifica tipos de oracións simples, e
identifica as súas características.
CMCCT
CAA
CCL
10%
Bloque 5. Roma: historia, cultura, arte e civilización
Distingue as etapas da historia de Roma e sabe
enmarcar determinados feitos históricos no
período correspondente.
CSC
CSIEE
CD/CAA
CAA
12
Distingue e analiza distintos aspectos da
civilización romana ( familia, vida cotiá,
espectáculos públicos…) e valora o seu
mantemento no mundo actual.
Identifica os principais deuses, semideuses e
héroes da mitoloxía grecolatina, sinala os trazos
que os caracterizan e establece relacións entre os
deuses máis importantes.
Recoñece os mitos máis importantes e
distíngueos nas distintas manifestacións literarias
e artísticas de todos os tempos.
CAA
CSC
CCEC
CMCCT/C
CL/CD
25%
Bloque 6. Textos
Utiliza adecuadamente a análise morfolóxica e
sintáctica de frases de dificultade graduada e
textos adaptados, para efectuar correctamente a
súa tradución ou retroversión
Redacta frases sinxelas ou pequenos textos en
latín sobre un tema proposto.
Mantén un sinxelo diálogo en latín sobre a base
dun tema previamente acordado
CCL
CAA
CCL
30%
Bloque 7. Léxico
Deduce o significado de termos latinos non
estudados, partindo do contexto ou da lingua
propia.
CCL
CAA
13
Identifica a etimoloxía de palabras de léxico
común da lingua propia e explica a partir desta o
seu significado.
Coñece o significado das principais locucións
latinas de uso actual e sabe empregalas no
contexto adecuado cando se expresa na súa
propia lingua.
CCL
CSC/CCEC
CCL/CD
10%
DISTRIBUCIÓN DOS CONTIDOS E TEMPORALIZACIÓN
Os sete bloques de contidos nos que vén organizada a materia no DOG responden aos
dous núcleos de contidos que propón o libro de texto utilizado polos alumnos (ed.
Santillana) e quedan distribuídos da seguinte maneira:
PRIMEIRO TRIMESTRE
Lingua latina
- O indoeuropeo e as linguas romances.
- O concepto de flexión.
- Substantivos e adxectivos latinos.
- Os casos e os seus principais valores sintácticos.
- A primeira e segunda declinación.
- Verbo SUM e verbos non copulativos. Desinencias persoais activas.
- A oración atributiva e predicativa.
- Concordancia morfosintáctica.
- A evolución fonética. Termos patrimoniais, semicultismos e cultismos.
- Vocabulario específico procedente das linguas clásicas no campo lingüístico, no das
Ciencias Naturais e no da astronomía.
14
- Latinismos e locucións latinas.
Mundo romano
- O marco xeográfico e histórico da sociedade romana. Uso de fontes primarias e
secundarias para coñecer o pasado.
- Fundación da cidade de Roma e a súa tradición lendaria. A Roma quadrata.
- Monarquía de Roma. Os reis lendarios da cidade. A sociedade romana na época
dos reis.
- A república romana e as súas institucións de goberno. O uso das fontes clásicas para
coñecer o pasado.
- Lendas sobre Hércules. A torre de Hércules.
- O mito das musas e o de Medusa e o seu legado cultural.
- A familia romana.
- As partes da casa e tipo de vivendas.
Unidades 1, 2, 3, 4 do libro de texto.
SEGUNDO TRIMESTRE
Lingua latina
- A terceira declinación. Semellanzas e diferenzas coa primeira e segunda.
- Os adxectivos latinos.
- O vocativo e o imperativo.
- Réxime e uso das preposicións.
- Formación de palabras mediante a derivación e a composición.
- Vocabulario específico procedente das linguas clásicas no campo da Medicina, da
Física e Química e da Historia.
- Latinismos e locucións latinas.
Mundo romano
- O mundo infantil en Roma e a educación.
- Os oficios na antiga Roma.
15
- A vida de Xulio César. Roma baixo X. César.
- O imperio romano.
- Octavio Augusto, a pax romana e a división do imperio.
- Os mitos de Orfeo, Faetón e Dédalo . O seu legado en manifestacións sociais e
culturais.
- A Hispania romana. Orixe e evolución.
- A romanización da Península Ibérica e as súas pegadas na vías de comunicación.
Unidades 4, 5, 6, 7.
TERCEIRO TRIMESTRE
Lingua latina
- A cuarta e quinta declinación.
- A flexión pronominal.
- Nexos coordinantes máis frecuentes.
- Revisión completa da voz activa.
- Vocabulario específico procedente das linguas clásicas no campo da a
- Arte, Filosofía e Música.
- Latinismos e locucións latinas.
Mundo romano
- A relación cultural entre o mundo grego e romano.
- A orixe lendaria de Afrodita e o seu legado na historia da cultura e arte occidentais.
- O legado clásico no museo do Prado.
- Coñecemento da xornada cotiá en Roma.
- Pervivencia de conceptos e institucións políticas de orixe grecorromana.
- Outros mitos: Prometeo, Teseo e Edipo e o seu legado ao longo da historia.
- Restos arqueolóxicos na Gallaecia.
- A herdanza romana no campo da educación, a arte e a literatura.
- As termas romanas.
16
Unidades 7, 8, 9, 10.
Dependendo do nivel do grupo de alumnos, farase a selección de temas máis
apropiada e realizaranse actividades de reforzo das competencias básicas e outras
de ampliación.
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
Realizarase unha proba inicial que oriente ao profesor respecto aos coñecementos e
actitudes de partida do alumnado. Esta proba será moi parecida a realizada en Cultura
Clásica, é dicir, estará baseada sobre todo en aspectos culturais e de civilización latina e en
conceptos gramaticais básicos.
Os instrumentos dos que nos imos servir para valorar o proceso de avaliación continua son
os seguintes:
Os exames tradicionais ou probas obxectivas, dous por cada avaliación. Recollerán
os diversos grupos de contidos tratados en clase: comprensión de textos, tradución,
análise de imaxes míticas, cultura e evolución fonética, léxico…
Probas periódicas escritas de curta duración ou preguntas orais, que non
necesariamente haberán de ser avisadas ao alumno, para a aprendizaxe da
morfoloxía. Con isto preténdese que os alumnos leven un estudo continuo da
asignatura.
Traballos monográficos ou grupais, escritos ou orais.
Libros de lectura: os alumnos lerán textos literarios de tema grecolatino e novelas
actuais ambientadas no mundo romano a fin de ter un maior achegamento e
comprensión do mundo clásico. A dificultade e extensión dos textos a ler irá acorde
ao curso e ás características dos alumnos.
Entrega de comentarios sobre os libros de lectura.
17
Asistencia a clase e regularidade no traballo escolar.
Presentación correcta de traballos, libretas e exames.
Participación en actividades (saídas, obras de teatro, concursos…)
Actitude positiva, construtiva e colaboradora.
MÍNIMOS ESIXIBLES
- Coñecer as características básicas máis relevantes da morfoloxía e sintaxe latina que
permitan comprender e analizar textos sinxelos.
- Recoñecer e identificar, entre outras linguas, as principais linguas romances.
- Utilizar os mecanismos básicos de evolución fonética e analizar as diferenzas de
significado entre palabras dunha mesma orixe.
- Identificar e comprender as expresións latinas integradas nas linguas modernas e
utilizalas dun xeito coherente.
- Identificar os mitos en manifestacións artísticas diversas.
- Recoñecer no patrimonio arqueolóxico as pegadas da romanización.
- Recoñecer os formantes gregos e latinos en diferentes contextos lingüísticos e
comprender vocabulario a partir dos compoñentes etimolóxicos.
- Identificar correspondencias entre costumes, usos e institucións actuais e o mundo
romano.
- Elaborar e presentar correctamente os traballos encargados e nos prazos
establecidos.
- Presentar os cadernos de clase ordenados e limpos.
- Coidar a expresión oral e escrita.
INDICADORES DE LOGRO
18
Para avaliar os procesos de ensinanza e a práctica docente teranse en conta os
indicadores de logro que nos servirán para comprobar o funcionamento da
programación. Esta avaliación realizarase ao rematar cada unidade didáctica. Así,
poderanse identificar aspectos que supuxeron dificultade para os alumnos e as
necesidades de implementar actividades de reforzo e ampliación.
Serviranos de referencia o sistema de rúbricas que nos ofrece a editorial Santillana, de
gran axuda tanto para o profesor como para o alumno, xa que o orienta sobre o seu
propio proceso de aprendizaxe, proporcionándolle información sobre os logros que debe
acadar.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
A porcentaxe que se dará aos diferentes instrumentos da avaliación é a seguinte:
1. Probas obxectivas (dúas por avaliación, como mínimo): 70%
2. Traballo de clase (lectura de libros e textos clásicos, resolución de exercicios,
traballos de investigación) : 20%
3. Actitude ( participación, comportamento, interese): 10%
En cada avaliación, e tras valorar todos os aspectos, a nota poderá variar só en positivo
para o alumno. O esforzo persoal realizado ao longo da avaliación poderá influír na
cualificación do alumno, sendo posible aumentar a nota da avaliación.
Na convocatoria extraordinaria de setembro realizarase un único exame global de toda a
materia. Os criterios de cualificación diferirán dos de xuño e unicamente se valorará o
exame.
19
ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DA MATERIA PENDENTE
Ao longo do curso sempre hai alumnos que por diversas causas van desligándose da
marcha xeral. Iso fai que vaian paulatinamente abandonando o seu interese pola
asignatura e, por conseguinte, vaian diminuíndo o seu rendemento. A todos aqueles
alumnos que teñan problemas en asimilar determinados conceptos ou que non poidan
seguir o ritmo normal de clase entregaránselles follas personalizadas con actividades que
reforcen aqueles conceptos que foron mal asimilados.
Nos exames de lingua entra sempre a materia vista con anterioridade, de modo que o feito
de aprobar un exame implica a recuperación dos anteriores. De todos os xeitos, cando se
constata que hai lagoas que impiden o progreso na asignatura, fanse exames de
recuperación desa parte para que aos alumnos lles resulte máis doada a aprendizaxe.
Os temas de cultura recupéranse repetindo o exame ou entregando o traballo pendente.
Ao impartirse esta materia soamente en 4º de ESO, os alumnos nunca teñen o latín
pendente porque ou ben repiten o curso ou promocionan a 1º de Bacharelato.
TRATAMENTO DO FOMENTO DE LECTURA
Os alumnos teñen libros de lectura recomendada sobre os que realizan algún traballo
voluntario. Dáselles sempre un cuestionario que deben entregar cuberto ou ben unha guía
de lectura para axudarlles a entender algún aspecto pouco coñecido por eles.
Seguiremos participando no programa Prensa- Escuela de La Voz de Galicia. Os alumnos
disporán do xornal un día á semana. Traballaremos fundamentalmente os latinismos e as
expresións de orixe mitolóxica.
20
TRATAMENTO DAS TIC
O emprego de recursos e materiais procedentes de internet e a súa proxección acostuma
ser habitual nas clases de latín de todos os niveis.
Os alumnos utizarán as TIC para a elaboración de traballos e para reforzar algún tema
mediante programas interactivos de exercicios. Recomendaránselles varias páxinas de
internet nas que poden atopar información interesante.
Os alumnos deben aprender a seleccionar, analizar con rigor e sistemáticamente diversas
fontes de información, comparar os contidos das mesmas e realizar valoracións. Para a
presentación dos traballos empregarán os recursos que lles ofrecen as novas tecnoloxías
(power- point, pizarra dixital…, etc.)
Ao igual que o curso pasado, ofreceráselles a posibilidade de participar no concurso on-line
“Odisea 2018”, unha das mellores formas de incorporar as TIC á actividade docente.
METODOLOXÍA
Como xa se indicou anteriormente, é obxectivo primordial que se pretende conseguir
neste curso é a maior nivelación posible entre lingua e cultura. Non se fará, polo tanto, un
estudo exhaustivo da morfoloxía e sintaxe, trataranse con claridade conceptos gramaticais
básicos xa que os alumnos desta idade teñen bastante descoñecemento dos conceptos
lingüísticos máis elementais. O profesor decidirá en cada unidade a temporalización dos
apartados na medida das necesidades do alumnado.
Ao versar os textos sobre diferentes aspectos da cultura romana, compaxinarase a lingua
latina co achegamento á historia e á cultura de Roma, destacando os aspectos lingüísticos
e culturais vixentes na nosa cultura. Aínda que non se profundizará no estudo da literatura
latina, as lecturas de textos literarios axudarán a potenciar a comprensión lectora dos
alumnos e, ao mesmo tempo, servirán para que estes observen como temas e tópicos da
cultura grecolatina se transmitiron ata hoxe e seguen presentes nos nosos escritos. Coa
lectura de novelas históricas ambientadas no mundo clásico contribuirase a enriquecer o
21
Plan lector, pois ofréceselle aos alumnos a posibilidade de achegarse a unha realidade que
forma parte do seu patrimonio cultural.
A metodoloxía a utilizar fomentará a participación activa e creativa do alumnado, para
desenvolver a súa concentración e reflexión mental e a súa capacidade expresiva.
TEMAS TRANSVERSAIS
Os elementos transversais preséntanse como un conxunto de contidos que interactúan en
todas as áreas do currículo escolar, e o seu desenvolvemento afecta á globalidade do
mesmo. Os temas transversais deben impregnar a actividade docente e estar presentes na
aula de forma permanente, xa que se refiren a problemas e preocupacións fundamentais
da sociedade. Consideraranse todos aqueles que, dalgunha maneira, contribúan ao
correcto coñecemento e comprensión do conxunto das materias do currículo e non só da
materia de latín (comprensión lectora, expresión oral e escrita, comunicación audiovisual,
tecnoloxías da información e comunicación, o emprendemento e a educación cívica e
constitucional).
- Nos textos analizaranse as aportacións de personaxes históricos de calquera ámbito
do mundo latino en prol da convivencia e da paz. Tras coñecer as formas de
organización social da República romana, realizaranse coloquios sobre se algunhas
actitudes discriminatorias daqueles tempos sobreviven na actualidade e mostrarase
un compromiso persoal para respectar os dereitos das persoas.
- Valoraranse os elementos sociais, culturais e políticos da antigüidade romana ,
sabendo extraer o positivo e trasladándoo ao presente. A crítica da sociedade
romana permite unha mellor educación para a democracia.
22
- Proporanse actividades relacionadas co recoñecemento en textos clásicos e actuais
de situacións nas que se produza calquera tipo de discriminación por razón de sexo,
a fin de aportar posibles solucións para evitar a discriminación; alcanzarase o
compromiso de evitar, en calquera situación comunicativa ou nacida da
convivencia, formas, termos e expresións que denoten discriminación.
- Fomentarase o diálogo como forma de de solucionar as diferenzas, mediante a
análise de problemas históricos de enfrontamentos ocorridos en Roma.
- Comentaranse aqueles elementos e costumes da sociedade romana que se
consideran socialmente útiles ou criticaranse aqueles outros que evidencian
comportamentos e ideas lesivas para a sociedade ou o individuo.
- Despertarase o interese pola cultura que desenvolveu Roma e nos legou,
analizando as diferenzas e semellanzas con outras culturas, desenvolvendo así
actitudes de respecto por outros pobos.
- Ao mesmo tempo que se pretende que o alumno recoñeza e identifique restos
arqueolóxicos clásicos, promoverase o mantemento dun compromiso persoal para
lograr a conservación de toda pegada no contorno natural, sabendo aprezar os
avances tecnolóxicos e o respecto das antigas civilizacións pola natureza.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Para dar resposta á diversidade realizaranse actividades e exercicios axeitados co fin de
afianzar os contidos lingüísticos, culturais e léxicos traballados en cada unidade, tendo en
conta que:
Para os alumnos que planteen problemas na asimilación dos diversos contidos,
prepararanse exercicios de dificultade graduada para os temas lingüísticos e
23
léxicos; para os temas culturais pediráselles a realización de breves lecturas e
esquemas destas, sempre acompañadas da axuda do profesor.
Mentres se realizan estas actividades de recuperación, aqueles alumnos que
acadasen satisfactoriamente os contidos propostos realizarán tarefas preparadas
de antemán para profundizar neles, como realización de pequenos traballos de
investigación en Internet sobre temas culturais, traducións ou lecturas
complementarias e ampliación de léxico da propia lingua relacionado co tema,
mediante dicionarios ou textos apropiados.
Farase ao principio de curso unha avaliación inicial. Esta avaliación daranos información
sobre os coñecementos que posúe o alumno tanto no ámbito lingüístico en xeral como
da nosa materia en particular. A partir desta información realizaranse todas as
adaptacións individuais que se precisen.
No caso de que haxa algún alumno que presente algunha necesidade educativa e que
requira unha atención especial, contarase co apoio do Departamento de Orientación. Para
atender os alumnos diagnosticados con trastorno por déficit de atención seguiranse as
actuacións establecidas no Protocolo de Atención ao alumnado TDAH.
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
- Libro de texto Editorial Santillana Latín 4º ESO, cunha ampla oferta en recursos
dixitais.
- Fotocopias
- Proxección de películas e documentais
- Proxección de presentacións en power-point
- Mapas, paneis, discos, CDRom.
- Biblioteca do centro
- Visitas arqueolóxicas.
- Utilización de internet para a busca de información.
24
- Asistencia a representacións teatrais.
- Xornais ( programa prensa- escola) para a busca de latinismos e expresións
mitolóxicas.
ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA
O plan de convivencia debería contemplar e desenvolver todos os aspectos
normativizados nas NOF.
Obxectivos xerais:
Contribuír a mellorar o clima de convivencia no Centro en todos os espazos
escolares (aulas, biblioteca, corredores, patio,…).
Participar no proceso educativo con principios de responsabilidade e solidariedade.
Desenvolver mecanismos de funcionamento orientados a xerar confianza en
medios alternativos tanto á violencia como a actitudes de permisividade e mesmo
de xustificación.
Favorecer a comunicación e a toma de decisións por consenso entre todos os
membros da comunidade educativa.
Obxectivos específicos:
Propiciar procesos de reflexión ao alumno que foi expulsado da aula.
Desenvolver a capacidade de analizar os propios estados emocionais antes, durante
e despois da situación.
Estimular actitudes empáticas que permitan que cada alumno sexa quen de situarse
no lugar dos demais e detectar as emocións e sentimentos que pode sentir nas
diferentes situacións.
Valorar as causas e as consecuencias da expulsión da aula para os alumnos
directamente implicados e para o resto do alumnado afectado de xeito máis
indirecto.
25
Establecer compromisos de actuación para rectificar as condutas inadecuadas.
Levar a cabo un seguimento do alumnado que pasa pola Aula de Convivencia, sobre
todo de quen ten que ir en máis dunha ocasión.
Colaborar, achegando información, opinión e suxestións, con Xefatura de Estudos e
co Departamento de Orientación.
Manter unha relación estreita co profesorado en xeral, equipos educativos e co
profesorado titor.
Propiciar no grupo un clima de traballo presidido pola harmonía e pola participación e
recoñecendo a autoridade do profesor.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
- Posible asistencia á XVIII edición do festival de teatro grecolatino de Lugo.
- Aproveitarase a viaxe para visitar a cidade (murallas, museo provincial…)
- Participación no programa “Prensa- escuela” de La Voz de Galicia.
- Participación no Concurso de Cultura Clásica.
- Participación no concurso “Odisea 2018” se hai dispoñibilidade por parte dos
alumnos.
- Posibilidade de realizar algunha viaxe para coñecer in situ a cultura grecorromana.
Ademais destas actividades, poderíanse realizar outras que se nos ofrezan ao longo
do curso e que sexan interesantes para o alumnado.
PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN
Vid. p. 60.
26
LATÍN I e II
INTRODUCIÓN
A presenza do latín no Bacharelato aporta á formación dos alumnos o coñecemento das
bases lingüísticas, históricas e culturais da civilización occidental. De aí o seu grande interese
na configuración do currículo dos alumnos que optan por unha primeira profundización ou
especialización dos seus estudos nos campos das humanidades, as ciencias sociais ou a
lingüística. Xunto co grego, cuxa cultura Roma asimilou e transmitiu a toda Europa, o latín
constitúe un apoio difícilmente substituible para a aprendizaxe das linguas faladas na
península Ibérica.
Como se recolle no currículo da materia (DOG, 25 de xuño de 2015 ) “ a materia de latín
ten como principal finalidade introducir ao alumnado nos aspectos esenciais da lingua e
cultura latinas, facendo fincapé ao mesmo tempo no papel que estas desempeñan en tanto
que orixe e fundamento das linguas romances e da cultura occidental, o que coñecemos
como herdanza clásica”. E con respecto ao Bacharelato, engádese que se persegue “ un
estudo máis en profundidade da lingua, xa que, ben pola súa estrutura interna de
funcionamento, ben polo seu caudal léxico, está moi presente nas linguas utilizadas e
estudadas polos alumnos e as alumnas”.
OBXECTIVOS
O estudo desta materia contribuirá a acadar os seguintes obxectivos dos sinalados no
currículo oficial (Decreto 86/2015, do 25 de xuño)
a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha
conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do
Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a
corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a
sustentabilidade.
27
b) Consolidar unha madureza persoal e social que lle permita actuar de forma
responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e
resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.
c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres,
analizar e valorar criticamente as desigualdades e discriminacións existentes e, en
particular, a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade real e a non
discriminación das persoas por calquera condición ou circunstancia persoal ou social,
con atención especial ás persoas con discapacidade.
d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o
eficaz aproveitamento da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.
e) Dominar, tanto na súa expresión oral como na escrita, a lingua galega e a lingua
castelá.
g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e da
comunicación.
h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus
antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de xeito
solidario no desenvolvemento e na mellora do seu contorno social.
i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, e dominar as
habilidades básicas propias da modalidade elixida.
l) Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos
métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da
tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o
respecto cara ao medio ambiente e a ordenación sustentable do territorio, con
especial referencia ao territorio galego.
28
n) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como
fontes de formación e enriquecemento cultural
p) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e
contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
LATÍN I
Comprender e ser capaz de traducir textos latinos breves e sinxelos, orixinais,
adaptados ou elaborados, coa maior fidelidade posible.
Recoñecer en textos latinos sinxelos os elementos básicos da morfoloxía regular e da
sintaxe da oración, en función da comprensión do texto latino, apreciando variantes
e coincidencias con outras linguas coñecidas, especialmente co galego e castelán.
Ler e comentar textos traducidos de diversos xéneros ou referentes ao mundo
romano e distinguir aspectos históricos e culturais contidos neles.
Recoñecer no léxico do galego, do castelán e doutras linguas faladas na Península
palabras de orixe latina e analizar a súa evolución fonética, morfolóxica e semántica,
así como deducir regras básicas de derivación e composición.
Situar no tempo e no espazo os acontecementos máis importantes da historia do
pobo romano, identificar as súas manifestacións culturais e recoñecer as pegadas da
cultura romana en diversos aspectos da civilización actual.
Planificar e realizar, seguindo as pautas do profesor, algún traballo de investigación
sobre a presenza do mundo romano no contorno, consultando as fontes directas
29
(restos arqueolóxicos, epigrafía, textos antigos) e utilizando as TIC como ferramenta
de organización e comunicación dos resultados.
Comentar narracións didácticas, novelas históricas, bandas deseñadas ou películas
documentais e de ficción relativas ao mundo romano.
LATÍN II
Comprender e ser capaz de traducir de modo coherente textos latinos orixinais de
crecente dificultade, apreciando variantes e coincidencias con outras linguas
coñecidas.
Identificar e analizar en textos latinos orixinais os elementos da morfoloxía e da
sintaxe da oración simple e composta.
Relacionar elementos constitutivos (fonéticos, morfolóxicos, sintácticos e léxicos)
do latín e doutras linguas coñecidas polo alumno.
Comparar o léxico latino co das outras linguas coñecidas polo alumno, e deducir as
regras básicas de derivación e composición.
Recoñecer as características fundamentais dos distintos xéneros literarios incluídos
na programación da materia, e coñecer as obras e autores máis significativos.
Ler e comentar textos latinos traducidos de diversos xéneros.
Planificar e realizar traballos de investigación manexando fontes de diversa índole,
con particular atención a autores e textos literarios.
30
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS CLAVE
A competencia en comunicación lingüística (CCL) é a competencia clave que máis presenza
ten na materia de latín, xa que o estudo da lingua latina, da súa orixe e evolución, do seu
funcionamento interno, do seu léxico e dos textos redunda nun maior coñecemento e
dominio das linguas propias.
O labor de tradución non só constitúe por si mesmo un importante exercicio intelectual,
senón que ao mesmo tempo estimula a memoria, a lóxica de pensamento e os hábitos de
disciplina no estudo, mellorando o razoamento e impulsando a competencia clave de
aprender a aprender (CAA).
A competencia matemática es as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía( CMCCT)
traballaranse nos temas de cultura e civilización latina (calendario, educación, urbanismo,
enxeñería romana e vías de comunicación).
As competencias sociais e cívicas (CSC) traballaranse especialmente no bloque referido á
civilización. A vida no mundo romano, na súa dimensión político-social ou relixiosa préstase
sempre á valoración e á comparación co mundo actual, salientando semellanzas e
diferenzas, e fomentando un xuízo crítico da realidade.
A competencia dixital (CD) deberá estar presente en todo momento. A procura de
información na rede, a súa selección crítica e a súa utilización servirá para programar
traballos colaborativos, coa posibilidade de producir materiais que se ofrecerían á
comunidade educativa.
A competencia en conciencia e expresións culturais(CCEC) está presente no estudo da
literatura latina, nos contidos referidos ás artes plásticas en Roma, o urbanismo e a
romanización de Hispania e Gallaecia.
A competencia que traballa o sentido da iniciativa e o espírito emprendedor(CSIEE) estará
presente sobre todo nos bloques de contidos non lingüísticos, para aproveitar a
metodoloxía do traballo en grupo de xeito responsable.
Seleccionáronse únicamente os estándares de aprendizaxe que se consideran asumibles.
Aínda así, a experiencia demostra que se queremos ser realistas en canto a logros e
resultados da programación didáctica, unha parte non poderán impartirse debido a
31
condicionantes temporais e á extensión dos contidos propostos. A isto hai que engadir
que a falta de de base lingüística e o descoñecemento dos mecanismos morfolóxicos e
sintácticos das linguas flexivas que ten o noso alumnado fan inevitable unha marcha lenta
no relativo ao estudo da lingua e a interpretación de textos.
Tendo en conta os contidos mínimos esixibles, o grao mínimo de consecución dos
estándares de aprendizaxe será o 50%
LATÍN I
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS
CLAVE
PORCENTAXE
ASIGNADA
Bloque 1. O latín, orixe das linguas romances
Localiza nun mapa o marco xeográfico da lingua
latina e a súa expansión, delimitando os seus
ámbitos de influencia e ubicando con precisión
puntos xeográficos, cidades o restos arqueológicos
coñecidos pola relevancia histórica.
Define o indoeuropeo e recoñece as linguas
indoeuropeas e as súas familias, e delimita nun
mapa a zona de orixe e as zonas de expansión.
Recoñece e distingue a partir do étimo latino
cultismos, semicultismos e termos patrimoniais e
explica as respectivas evolucións.
Recoñece a relación semántica entre termos
patrimoniais e cultismos.
Demostra a presencia do latín no século XXI en
campos como a ciencia, a cultura, a publicidade, os
CCEC
CMCCT
CSC
CD
CAA
CCL
CMCCT
10%
32
medios de comunicación, internet e as redes sociais. CD/CCEC
Bloque 2. Sistema de lingua latina: elementos básicos
Recoñece, diferentes tipos de escritura,
clasificándolos consonte a súa natureza e a súa
función, e describe os trazos que distinguen uns
dos outros.
Explica a orixe do alfabeto de diferentes linguas
partindo do alfabeto latino e recoñece os tipos
de alfabeto usados actualmente en Europa.
Le con pronuncia e acentuación correctas textos
latinos.
CD
CCEC
CSC
CCL
CCEC
CD
5%
Bloques 3/4. Morfoloxía e Sintaxe.
Recoñece os elementos básicos da morfoloxía e
sintaxe, apreciando as variantes con outras
linguas, especialmente galego e castelán.
Analiza morfolóxica e sintacticamente frases e
textos de dificultade graduada, identificando
correctamente as categorías gramaticaiss ás
que pertencen as diferentes palabras e
explicando as funcións que realizan no contexto.
Enumera correctamente os nomes dos casos
CCL
CCAA
CCA
CCL
CD
CMCCT
15%
33
que existen na flexión nominal latina, explicando
as funcións que realizan dentro da oración e
ilustrando con exemplos a forma adecuada de
traducilos.
Conxuga os tempos verbais máis frecuentes en
voz activa e pasiva, aplicando correctamente os
paradigmas correspondentes.
Compara e clasifica diferentes tipos de oracións
simples identificando e explicando en cada caso
as súas características.
Distingue as oracións simples das compostas e ,
dentro destas, as coordinadas das subordinadas.
Bloque 5. Roma: historia, cultura, arte e civilización
Sitúa no tempo e no espazo os acontecementos
máis importantes da historia do pobo romano e
analiza a súa influencia no devir histórico
posterior.
Describe os principais fitos históricos e os
aspectos máis significativos da civilización latina
e analiza a súa influencia no devir histórico
posterior.
Identifica os principais deuses e heroes da
mitoloxía grecolatina, sinalando os trazos que os
caracterizan.
CSC
CSIEE
CCL
CAA
CCEC /CD
CCE
CCLC
20%
34
Recoñece e ilustra con exemplos a pervivencia
dos mitos e da figura do heroe na nosa cultura,
analizando a súa influencia da tradición clásica
neste fenómeno e sinalando as semellanzas e as
principais diferenzas entre ambos tratamentos.
Identifica as distintas manifestacións culturais do
mundo romano e recoñece no patrimonio
arqueolóxico as pegadas da romanización.
CSC
CSIEE
CAA
CSC
CCEC
CMCC
CD/CCL
Bloque 6. Textos
Comprende e é capaz de traducir textos de
dificultade graduada.
Redacta frases sinxelas ou pequenos textos en latín
sobre un tema proposto.
CCL
CAA
CCL
40%
Bloque 7. Léxico
Identifica e explica os elementos léxicos latinos que
permanecen nas nosas linguas e deduce regras de
derivación e composición
Coñece o significado das principais locucións latinas
de uso actual e sabe empregalas no contexto
adecuado.
CCL
CAA
CCL
10%
35
LATÍN II
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE COMPETENCIAS
CLAVE
PORCENTAXE
ASIGNADA
Bloque 1. O latín, orixe das linguas romances
Recoñece e distingue a partir do étimo latino
cultismos, semicultismos e termos patrimoniais, e
explica as respectivas evolucións.
Realiza evolucións de termos latinos ao galego e
castelán, aplicando as regras fonéticas de evolución.
CCL
CAA
CCEC
CMCCT
0,75%
Bloque 2. Morfoloxía
Aplica os seus coñecementos da morfoloxía nominal
e pronominal latina para realizar traducións ,
axudándose do dicionario.
Aplica os seus coñecementos da morfoloxía verbal
latina para realizar traducións , axudándose do
diccionario.
CCL
CAA
CD
10%
Bloque 3. Sintaxe.
Utiliza axeitadamente a análise da sintaxe nominal e
pronominal dun texto para efectuar correctamente
a súa tradución.
Recoñece, distingue e clasifica os tipos de oracións e
10%
36
as construcións sintácticas latinas, e relaciónaas con
construcións análogas existentes noutras linguas
que coñeza.
Define e comprende os conceptos de oración
composta, coordinación e subordinación, sinala
exemplos nos textos e recoñece os tipos de oracións
compostas, tanto coordinadas como subordinadas,
así como os nexos que as caracterizan
CCL
CCAA
CD
Bloque 4. Literatura latina
Describe as características esenciais dos xéneros
literarios latinos e identifica e sinala a súa presenza
en textos propostos.
Realiza comentarios de textos latinos e sitúaos no
tempo, explicando as súas características esenciais e
identificando o xénero ao que pertencen.
Analiza o diferente uso que se fixo dos textos latinos,
explorando o mantemento dos xéneros e os temas
da literatura latina mediante exemplos da literatura
contemporánea.
Realiza eixes cronolóxicos e sitúa neles autores,
obras e outros aspectos relacionados coa literatura
latina.
CCL
CAA
CCEC
CSC
CD
CMCCT
15%
37
Bloque 5. Textos
Utiliza adecuadamente a análise morfolóxica e
sintáctica de textos latinos para efectuar
correctamente a súa tradución.
Uiliza con seguridade e autonomía o dicionario,
analizando e valorando correctamente a información
gramatical, e identifica en cada caso o termo máis
acaído na lingua propia, para unha correcta
tradución do texto.
Aplica os coñecementos adquiridos para realizar
comentarios lingüísticos, históricos e literarios dos
textos.
CCL
CAA
CCL/
CAA/CD
CAA/CSC/
CCEC/CCL
50%
Bloque 6. Léxico
Identifica a etimoloxía e coñece o significado das
palabras de léxico común e especializado do galego e
castelán
Coñece o significado das principais locucións latinas
de uso actual e sabe empregalas nun contexto
axeitado.
Recoñece e explica o significado dos helenismos e
dos latinismos máis frecuentes utilizados no léxico
das linguas faladas en España, e explica o seu
significado a partir do termo de orixe.
CCL
CAA
CD
CCEC
0,75%
38
DISTRIBUCIÓN DE CONTIDOS E TEMPORALIZACIÓN
LATÍN I
PRIMEIRO TRIMESTRE
Os sete bloques de contidos quedan distribuídos da seguinte maneira:
1.- Contidos lingüísticos:
- Historia sucinta da lingua latina: latín arcaico, clásico e vulgar.
- Do indoeuropeo ao latín. Do latín ás linguas romances.
- A escritura en Roma. Abecedario, pronunciación e acentuación.
- Morfoloxía nominal:
- Características xerais da flexión.
- Enunciado de substantivos e adxectivos.
- As tres primeiras declinacións.
- Os adxectivos.
- Morfoloxía verbal:
- Características xerais.
- O verbo sum e as conxugación regulares (modo indicativo).
- Sintaxe:
- A orde de palabras. Funcións dos casos.
39
- Concordancia entre suxeito e verbo, entre substantivo e adxectivo. A
aposición. O complemento predicativo.
- Uso das preposicións máis frecuentes.
- Léxico:
- Conceptos básicos.
- Palabras patrimoniais e cultismos.
- Concepto de evolución fonética, morfolóxica e semántica.
- Evolución das vocais e ditongos.
- Locucións latinas.
2.- Contidos culturais
- Fundación da cidade: mito e arqueoloxía
- Os sete reis.
- A República: organización social, institucións políticas.
- A expansión de Roma durante a República. A romanización de
Hispania e as súas pegadas.
- O culto aos mortos: supersticións, o mundo dos mortos.
40
SEGUNDO TRIMESTRE
1.- Contidos lingüísticos:
- Morfoloxía nominal:
- A cuarta e quinta declinación.
- Visión completa dos adxectivos.
- Os numerais.
- Uso das preposicións máis frecuentes.
- Pronomes persoais, reflexivos e posesivos.
- Pronomes demostrativos.
- Morfoloxía verbal:
- Revisión do modo indicativo das conxugacións regulares e do verbo
sum.
- O imperativo
- As formas nominais do verbo: o infinitivo e o participio.
- Sintaxe:
- Repaso e ampliación do sistema xeral de casos.
- Funcións do infinitivo e participio.
- Léxico:
- Evolución de consoantes illadas en posición inicial, medial e final.
41
- Evolución dos grupos consonánticos.
- Evolución dos pronomes persoais, reflexivo, posesivos e
demostrativos ás nosas linguas.
- Evolución das preposicións latinas.
- Evolución do participio de presente latino
- Locucións latinas.
2.- Contidos culturais:
- O Imperio: nacemento, organización , expansión.
- A relixión: deidades latinas e gregas. O culto privado. Ritos e sacrificios.
- O calendario.
- A familia: os tria nomina. A educación.
- O matrimonio. Os vestidos. As comidas.
TERCEIRO TRIMESTRE
1.- Contidos lingüísticos:
- Morfoloxía nominal:
- Visión completa e xenérica do sistema de declinacións en latín.
- Revisión xeral de todos os pronomes estudados.
- Os pronomes relativos, interrogativos e indefinidos.
42
- Graos do adxectivo: positivo, comparativo e superlativo.
Comparativos e superlativos irregulares.
- Morfoloxía verbal:
- Modo subxuntivo
- A voz pasiva.
- Sintaxe:
- As oracións de relativo.
- As oracións pasivas.
- As oracións coordinadas.
-Esquema xeral da subordinación en latín. Conxuncións subordinantes
máis frecuentes.
- Léxico:
- Evolución dos pronomes relativos, interrogativos e indefinidos.
- Evolución da voz pasiva.
- Formación de palabras mediante étimos de orixe grega.
- Evolución dos tempos e modos nas linguas galega e castelá.
43
2.- Contidos culturais:
- O urbanismo e a vivenda.
- O exército romano: a lexión e mais o campamento.
- O ocio en Roma: termas, teatro, os xogos circenses, o anfiteatro.
- O dereito romano e a súa pervivencia nos ordenamentos xurídicos posteriores.
44
LATÍN II
Os seis bloques de contidos (B1. O latín, orixe das linguas romances /B2. Morfoloxía
/B3. Sintaxe /B4. Literatura latina /B5. Textos /B6. Léxico distribúense da seguinte
maneira:
PRIMEIRO TRIMESTRE
1.- Contidos lingüísticos:
- Morfosintaxe:
- Revisión xeral dos coñecementos de flexión nominal do curso anterior
e dos conceptos básicos de concordancia.
- Revisión da flexión pronominal.
- Revisión da flexión verbal regular.
- Afondamento no estudio da sintaxe dos casos.
- A oración simple (activa e pasiva)
- A oración composta: proposicións coordinadas.
- Léxico:
- O uso do dicionario.
- Revisión dos conceptos de evolución fonética, morfolóxica e
semántica.
- Revisión do estudio dos formantes léxicos, a composición e derivación
con prefixos e sufixos latinos.
- Locucións latinas de uso actual.
- Topónimos
45
2.- Contidos culturais:
- Introdución á literatura latina: xéneros literarios latinos e a súa
transmisión literaria
- A historiografía
- O teatro. A comedia latina.
SEGUNDO TRIMESTRE
1.- Contidos lingüísticos:
- Morfosintaxe:
- Estudo das formas nominais do verbo. Sintaxe das formas nominais.
- Verbos irregulares e defectivos.
- A subordinación: proposicións substantivas e adxectivas.
- Léxico:
- Características diferenciais do latín fronte ao galego, castelán e outras
linguas romances.
- Topónimos.
- Locucións latinas.
2.- Contidos culturais:
- A fábula.
- A oratoria . Cicerón
- A poesía épica. Virgilio.
46
TERCEIRO TRIMESTRE
1.- Contidos lingüísticos:
- Morfosintaxe:
- Usos de ut e cum.
- Proposicións subordinadas adverbiais.
- A conxugación perifrástica: formación e usos.
- Léxico:
- Aprendizaxe do vocabulario específico de orixe grecolatina usual nas
disciplinas que se estudan no Bacharelato.
- Formación de palabras latinas. A composición e derivación.
- Locucións latinas de uso actual.
- Topónimos.
2.- Contidos culturais:
- A poesía lírica.
- A poesía elexíaca
- A sátira e o epigrama. Marcial.
47
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Os instrumentos ou medios que nos servirán para valorar o proceso de avaliación
continua son os seguintes:
1- Os exames tradicionais ou probas obxectivas, dous como mínimo por cada
avaliación. En Latín I os exames poderán tratar aspectos de diverso tipo:
tradución, exercicios gramaticais de recoñecemento de formas e funcións,
exercicios etimolóxicos e de evolución fonética, latinismos, cuestións de
civilización romana… En latín II os exames ao longo do curso irán
adoptando o modelo que se indique para realizar as probas da ABAU, para
que os alumnos se vaian familiarizando con este formato.
2- Probas periódicas escritas en exames de curta duración ou, no seu caso,
preguntas orais, que non necesariamente haberán de ser avisadas ao
alumnado, para a aprendizaxe da morfoloxía. Con isto preténdese que se
leve un estudo continuo da asignatura.
3- Traducións, ben na casa ou na aula, continuas para a aprendizaxe da sintaxe
e das técnicas de tradución.
4- Traballos monográficos ou grupais.
5- Libros de lectura: leranse textos literarios latinos ou de tema mitolóxico
(Plauto, Apuleio, Catulo, Virxilio, Ovidio, novelas actuais ambientadas no
mundo clásico...). En latín II atenderase fundamentalmente á lectura dos
textos marcados polo grupo de traballo ou a persoa que coordine a ABAU.
6- Asistencia a clase e regularidade no traballo escolar.
7- Presentación correcta de traballos e exames.
8- A claridade, precisión e rigor no uso da lingua.
48
9- Participación en actividades (saídas, obras de teatro, concursos...)
Na cualificación da materia darase prioridade a parte de lingua fronte á de cultura, que
non será, por si soa, decisiva á hora de aprobar.
En Latín I a nota das probas fixarase tendo en conta as seguintes porcentaxes: 70%
(tradución e análise gramatical, exercicios etimólóxicos, locucións latinas) e 20%
(coñecementos sobre cultura e civilización latina). O 10% restante corresponderá a
traballos acerca das lecturas, traballo de clase e presentación de exercicios.
No tocante á cualificación da parte gramatical (tradución e análise), terase en conta
que os coñecementos de análise morfolóxica e sintáctica sexan coherentes. A ausencia
dalgún destes elementos (tradución, análise morfolóxica e sintáctica) serán motivo de
que un alumno non pase a proba. Con respecto á parte de cultura, ao alumno
esixiránselle uns coñecementos mínimos.
A avaliación dos coñecementos lingüísticos será continua, é dicir, iranse acadando
progresivamente ao longo do curso; en cambio, os contidos non lingüísticos
avaliaranse de forma independente en cada avaliación.
En Latín II seguirase a porcentaxe que se mantivo durante estes últimos anos: 70%
(tradución e análise gramatical); 15% (literatura latina); 15% (expresións latinas,
topónimos e exercicios etimolóxicos).
Nas avaliacións, ademais da cualificación acadada nas probas obxectivas, terase en
conta o traballo e a actitude do alumno (epígrafes 3-9).
49
Na convocatoria extraordinaria de setembro realizarase un único exame global de
toda a materia. Os criterios de cualificación diferirán dos de xuño e unicamente se
valorará o exame.
En Latín I os contidos lingüísticos representarán un 80% da nota e os culturais o 20%
restante.
O exame de setembro de 2º de Bacharelato terá a mesma estrutura que o de xuño, é
dicir, o esquema do exame que se propoña para as probas de ABAU.
MÍNIMOS ESIXIBLES
Latín I
- Coñecer os mecanismos morfosintácticos que permiten as relacións dos
elementos na oración latina
- Traducir á lingua propia oracións e textos sinxelos de tipo narrativo.
- Analizar e resumir textos sinxelos de tipo narrativo sabendo distinguir a idea
principal neles expresada.
- Establecer diferenzas e semellanzas entre o latín, a lingua materna e outras
linguas coñecidas polo alumno.
- Coñecer as nocións básicas de evolución do latín e identificar aqueles
aspectos fonéticos, morfolóxicos e semánticos que permanecen na lingua materna así
como noutras linguas románicas coñecidas.
- Coñecer as institucións e cultura romana incluidas na programación.
- Apreciar a influencia da cultura latina nas diferentes manifestacións das
culturas occidentais actuais.
50
- Apreciar os vocábulos, expresións e locucións da lingua latina que
permaneceron ata os nosos días, sabendo recoñecelos nos textos dos medios de
información e nas outras materias estudadas.
- Descubrir no contorno aspectos e elementos procedentes da cultura romana,
sabendo aprecialos nos textos, monumentos, institucións, etc.
Latín II
- Traducir textos orixinais de dificultade progresiva coa axuda do dicionario.
- Afondar no estudo da morfoloxía e sintaxe aprendida no curso anterior.
- Recoñecer os dous mecanismos principais da formación de palabras latinas e
comprobar a súa evolución e tratamento nas nosas linguas.
- Comparar a lingua materna con outras linguas obxecto de estudo e
comprobar semellanzas e diferenzas respecto da lingua latina.
- Coñecer e explicar as locucións latinas e os topónimos estudados.
- Coñecer os xéneros literarios latinos e a súa influencia na literatura posterior.
- Valorar e apreciar o aprendido sobre a civilización e a lingua latina como
mostra dunha riqueza cultural que deu paso ao longo do tempo a unha sociedade
plurilingüe e pluricultural.
INDICADORES DE LOGRO
Para avaliar os procesos de ensinanza e a práctica docente teranse en conta os
indicadores de logro que nos servirán para comprobar o funcionamento da
programación. Esta avaliación realizarase ao rematar cada unidade didáctica. Así,
poderanse identificar aspectos que supuxeron dificultade para os alumnos e as
necesidades de implementar actividades de reforzo e ampliación.
Nas unidades didácticas programadas para os distintos cursos utilizarase un modelo
de rúbrica similar ao usado para a Unidade I de 1º de Bacharelato.
51
Indicadores Niveles de desempeño
1 2 3 4
Localiza nun mapa o marco xeográfico da lingua latina e a súa expansión delimitando os seus ámbitos de influencia.
Amosa importantes dificultades para localizar nun mapa o marco xeográfico da lingua latina e a súa expansión.
Os datos aportados non teñen en conta os puntos xeográficos clave e baséase en aspectos pouco significativos
Incorpóranse os puntos xeográficos clave, pero falta precisión, rigor e claridad na localización xeográfica da lingua latina y su expansión.
As explicaciónss e localización xeográfica da lingua latina e a súa expansión son claras, rigorosas e precisas e mostran comprensión profunda do tema.
Identifica as linguas derivadas do latín e relaciónaas cos lugares xeográficos correspondentes.
O concepto de lingua romance e lingua non romance non está ben definido polo alumno nin o de delimitación xeográfica de cada lingua.
Identifica as linguas romances pero non as delimita nun mapa.
Coñece as linguas romances pero pero falta precisión, rigor e claridade na localización.
Coñece e diferencia as linguas romances e delimítaas nun mapa con rigor e claridade.
Identifica e relaciona diferentes linguas coa familia lingüística á que pertencen e sitúaas nun mapa
Coñece a orixe das linguas faladas na Península pero ten dificultades coas restantes familias de linguas faladas en Europa.
Identifica as distintas familias lingüísticas pero non as delimita nun mapa na súa totalidade.
Amosa interese por identificar e situar as distintas familias pero falta precisión na localización.
Delimita no mapa de Europa as zonas nas que se falan as distintas linguas e amplia información sobre a súa orixe e as súas características.
Distingue as diferentes etapas da historia de Roma.
Mostra un baixo coñecemento do principal eixo cronolóxico da historia de Roma.
Manifesta un coñecemento memorístico dalgúns períodos históricos de Roma, pero un baixo nivel de comprensión dos mesmos.
Distingue sen dificultade os períodos históricos de Roma pero non amplia información sobre estes.
Comprende e distingue con rigor as diferentes etapas da historia de Roma.
Explica e ilustra con exemplos a diferenza entre palabra patrimonial e cultismo, e comprende o significado de determinados latinismos e expresións latinas que se incorporaron á lingua falada.
Mostra importantes dificultades para explicar e ilustrar a diferenza entre palabra patrimonial e cultismo. Identifica con pouca precisión expresións latinas incorporadas á lingua falada.
Explica e ilustra con axuda a diferencia entre palabra patrimonial e cultismo. Identifica con certa precisión expresións latinas incorporadas á lingua falada.
Explica e ilustra con certo grado de autonomía e precisión a diferencia entre palabra patrimonial e cultismo. Identifica con bastante precisión expresións latinas incorporadas á
Explica e ilustra con moita facilidade a diferencia entre palabra patrimonial cultismo. Identifica con moita precisión expresións latinas incorporadas á lingua falada.
52
lingua falada.
Explica a orixe do alfabeto latino e o das diferentes linguas partindo do alfabeto latino.
Explica con dificultades e necesitando apoio a orixe do alfabeto latino e le cústalle relacionalo coa orixe do alfabeto das diferentes linguas.
Explica con certa dificultade a orixe do alfabeto latino e relaciónao con apoio coa orixe do alfabeto das diferentes linguas.
Explica a orixe do alfabeto latino e cústalle relacionalo coa orixe do alfabeto das diferentes linguas.
Explica a orixe do alfabeto latino e relaciónao moi facilmente coa orixe do alfabeto das diferentes linguas.
Le coa pronunciación e acentuación correcta textos latinos.
Aplica con moita imprecisión as normas fonéticas para pronunciar e acentuar correctamente textos latinos.
Aplica con algunhas imprecisións as normas fonéticas para pronunciar e acentuar correctamente textos latinos.
Aplica con bastante precisión as normas fonéticas para pronunciar e acentuar correctamente textos latinos.
Aplica con moita precisión as normas fonéticas para pronunciar e acentuar correctamente textos latinos.
Identifica diferentes tipos de palabras en latín, diferenciando unhas doutras.
Identifica con moitas incorreccións os diferentes tipos de palabras en latín.
Identifica con algunhas incorreccións os diferentes tipos de palabras en latín.
Identifica con bastante corrección os diferentes tipos de palabras en latín.
Identifica con moita corrección e exactitude os diferentes tipos de palabras en latín.
Enumera correctamente os nomes dos casos que existen na flexión nominal latina, explicando as funcións que realizan dentro da oración.
Enumera con moitasincorrecciónslos nomes dos casos e explica xeneralmente con pouca coherencia as funcións que realizan.
Enumera con algunhas incorreccións os nomes dos casos e explica xeneralmente con coherencia as funcións que realizan.
Enumera con bastante corrección os nombres de los casos e explica con coherencia as funciónss que realizan.
Enumera con moita corrección e exactitude os nomes dos casos e explica con moita coherencia as funcións que realizan.
ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DA MATERIA
PENDENTE
Durante o curso sempre hai alumnos que por diversas causas van desligándose da
marcha xeral. Iso fai que vaian paulatinamente abandonando o seu interese pola
asignatura e, por conseguinte, vaian diminuíndo o seu rendemento. Para todos
aqueles alumnos que teñan problemas en asimilar determinados conceptos ou que
non poidan seguir o ritmo normal de clase, tense pensado realizar:
- Follas personalizadas, onde aparezan actividades que reforcen os conceptos
que fosen mal asimilados.
53
- Seguimento en clases de profundización, se así o permiten os horarios.
- Tratamento individualizado de cada caso, a fin de conseguir os obxectivos
xerais.
Nos exames de lingua entra sempre a materia vista con anterioridade, de modo que o
feito de aprobar un exame implica a recuperación dos anteriores. De todos os xeitos,
cando se constata que hai lagoas que impiden o progreso na asignatura, fanse exames
de recuperación desa parte, para facilitar a súa aprendizaxe.
Os temas de cultura recupéranse repetindo o exame ou entregando o traballo
pendente.
Os alumnos de 2º de Bacharelato con Latín I pendente farán como mínimo un exame
por avaliación.
Este alumnos teñen a posibilidade de poñerse ao día nos coñecementos gramaticais ao
longo do primeiro trimestre, aproveitando o repaso que se fai da materia vista no
curso anterior. Terán que realizar unhas follas de traballo específicas e individuais , que
deberán entregar ao profesor para a súa corrección e comentario.
Para superar a parte de cultura, deberán ler as obras e facer os traballos que se lles
indiquen.
A materia do exame será a incluída nos contidos mínimos.
AVALIACIÓN INICIAL E MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Farase ao principio de curso unha avaliación inicial que nos dará información sobre os
coñecementos que posúe o alumno tanto no ámbito lingüístico como no cultural. A
partir desta información realizaranse todas as adaptacións individuais que se precisen.
Hai que ter en conta que algúns alumnos matriculados nesta materia non cursaron
latín en 4º de ESO e precisan, polo tanto, dunha atención máis individualizada.
54
Amósase un modelo de exame:
AVALIACIÓN INICIAL- 1º BACHARELATO
NOME……………………………………………………….
1. Sitúa no mapa de Italia:
- Os mares que a rodean ; a Magna Grecia; os Alpes e os Apeninos; as cidades de Roma e Nápoles; as
illas Sicilia e Cerdeña; os volcáns Vesubio e Etna; Etruria.
2. Cales son as etapas nas que se divide o sistema político romano?
3. A que chamamos romanización? En que século chegaron os romanos á Península Ibérica?¿E a
Galicia?
4. Que linguas románicas se falan na Península Ibérica? ¿E no resto de Europa?
5. Sabes de que lingua procede o latín?6. De la palabra latina CLAVEM temos os resultados CLAVE y
CHAVE/ LLAVE , ¿que nome recibe cada un deles?
7. As palabras curriculum, ultimatum , referendum son latinismos, coñeces algún outro?
8. Que deuses están representados nestas imaxes?
55
9. Relaciona os seguintes termos co seu significado correcto:
caldarium escola elemental
forum punzón co que se escribía sobre a cera
augur tendeiro
stylus praza principal das ciudades romanas
ludus litterarius data do calendario romano
tabernarius sacerdote que pusuía as técnicas da adivinación
Idus sala das termas
10. Le e responde ás seguintes preguntas:
Romani homines, mane cum sole, hora prima e lecto surgebant et faciem et bracchia lavabant. Servi
semper labores arduos faciebant.
- Quid homines prima hora faciebant ?
- Qui labores arduos faciebant?
Para os alumnos que presenten problemas na asimilación dos diversos
contidos, haberá diversas medidas de reforzo:
- Realización de resumos e esquemas dos distintos temas.
- Revisión do vocabulario empregado nos temas.
- Actividades de dificultade graduada para os temas lingüísticos e léxicos.
56
- Lecturas e traballos axeitados ás capacidades do alumno para preparar os
temas culturais.
Aqueles alumnos que acaden satisfactoriamente os contidos propostos
realizarán, se o desexan, distintas tarefas de profundización: traballos de
investigación en Internet sobre temas culturais, traducións ou lecturas
complementarias, actividades de ampliación de léxico da propia lingua,
mediante dicionarios ou textos apropiados.
No caso de que haxa algún alumno que presente algunha necesidade educativa
e que requira unha atención especial, contarase co apoio do Departamento de
Orientación.
METODOLOXÍA DIDÁCTICA
Para a aprendizaxe da lingua latina e da súa gramática seguirase un método no que as
regras morfosintácticas se deduzan da práctica da lectura e da tradución de textos En
latín I os textos utilizados ao longo do curso serán de dificultade progresiva,
preferentemente en prosa e, se é posible, leranse algúns textos orixinais. Non se utiliza
o dicionario neste curso porque a polisemia de determinados termos e o escaso
coñecemento que teñen os alumnos sobre os enunciados das palabras poden
confundilos.
En latín II o alumno adéntrase na interpretación e tradución de textos de maior
complexidade e aprende técnicas de tradución mediante o estudo das estruturas
lingüísticas propias do latín e a súa equivalencia tanto gramatical como estilística na
súa. lingua. O alumno debe aprender, así mesmo, a facer un uso correcto do dicionario
para poder obter a información no menor tempo posible.
A práctica da tradución de textos latinos ha contribuír tamén a reflexión sobre a lingua
propia, buscando a correcta adecuación entre as estruturas lingüísticas da ambas as
linguas. A través dos textos traballados preténdese que os alumnos adquiran
57
vocabulario latino que lles servirá para comprender e traducir mellor os textos e , así
mesmo, mellorarán a expresión escrita en galego e castelán, así como en linguas
estranxeiras.
A selección de textos traducidos e orixinais será de xéneros e épocas diversas para
ofrecer ao alumnado unha visión completa e equilibrada da historia e da sociedade
romanas, poñéndoo en contacto coas mostras máis importantes da civilización
romana: a creación literaria e a produción artística; a ciencia e a técnica; as institucións
políticas, relixiosas e militares; a vida familiar, a organización social e a ordenación
xurídica. Trátase de que coa sistematización de todos estes datos extraídos de diversas
fontes documentais, incluídas as tecnoloxías de información e da documentación, os
alumnos poidan facer unha valoración razoada da achega de Roma á conformación do
ámbito cultural e político europeo.
TEMAS TRANSVERSAIS
Os elementos transversais preséntanse como un conxunto de contidos que interactúan
en todas as áreas do currículo escolar, e o seu desenvolvemento afecta á globalidade
do mesmo. Os temas transversais deben impregnar a actividade docente e estar
presentes na aula de forma permanente, xa que se refiren a problemas e
preocupacións fundamentais da sociedade. Consideraranse todos aqueles que,
dalgunha maneira, contribúan ao correcto coñecemento e comprensión do conxunto
das materias do currículo e non só da materia de latín (comprensión lectora, expresión
oral e escrita, comunicación audiovisual, tecnoloxías da información e comunicación, o
emprendemento e a educación cívica e constitucional).
- Nos textos analizaranse as aportacións de personaxes históricos de calquera
ámbito do mundo latino en prol da convivencia e da paz. Tras coñecer as
formas de organización social da República romana, realizaranse coloquios
sobre se algunhas actitudes discriminatorias daqueles tempos sobreviven na
actualidade e mostrarase un compromiso persoal para respectar os dereitos
das persoas.
58
- Valoraranse os elementos sociais, culturais e políticos da antigüidade romana ,
sabendo extraer o positivo e trasladándoo ao presente. A crítica da sociedade
romana permite unha mellor educación para a democracia.
- Proporanse actividades relacionadas co recoñecemento en textos clásicos e
actuais de situacións nas que se produza calquera tipo de discriminación por
razón de sexo, a fin de aportar posibles solucións para evitar a discriminación;
alcanzarase o compromiso de evitar, en calquera situación comunicativa ou
nacida da convivencia, formas, termos e expresións que denoten
discriminación.
- Fomentarase o diálogo como forma de de solucionar as diferenzas, mediante a
análise de problemas históricos de enfrontamentos ocorridos en Roma.
- Comentaranse aqueles elementos e costumes da sociedade romana que se
consideran socialmente útiles ou criticaranse aqueles outros que evidencian
comportamentos e ideas lesivas para a sociedade ou o individuo.
- Despertarase o interese pola cultura que desenvolveu Roma e nos legou,
analizando as diferenzas e semellanzas con outras culturas, desenvolvendo así
actitudes de respecto por outros pobos.
- Ao mesmo tempo que se pretende que o alumno recoñeza e identifique restos
arqueolóxicos clásicos, promoverase o mantemento dun compromiso persoal
para lograr a conservación de toda pegada no contorno natural, sabendo
aprezar os avances tecnolóxicos e o respecto das antigas civilizacións pola
natureza.
APLICACIÓN DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN
Nesta materia aplícanse habitualmente estas tecnoloxías de diversos modos:
Búsqueda, selección e tratamento da información dixital.
59
Propóñense actividades relativas á recollida, selección e análise da información,
aplicando técnicas de síntese, como a identificación de palabras clave e a
distinción entre ideas principais e secundarias.
Búsqueda de vídeos en youtube ou información sobre as películas
programadas
Utilización en clase do proxector ou a pizarra dixital como ferramenta didáctica
e para presentación de traballos dos alumnos.
Utilización do email para enviar e recibir información didáctica.
Creación de presentacións en powerpoint.
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
-Libro de texto: Latín I , ed. Edebé con varios recursos dixitais
- Fotocopias
- Proxección de películas e documentais
- Presentacións en power-point.
- Paneis, discos, biblioteca do centro.
- Visitas arqueolóxicas
- Asistencia a representacións teatrais
- Textos clásicos traducidos para ler, analizar e comentar.
- Lecturas dramatizadas
- Lectura de novelas históricas.
60
- Uso de páxinas web, blogs, páxinas colaborativas , enciclopedias e dicionarios
en liña, programas de presentacións e outras ferramentas de internet para realización
de traballos.
ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA
Vid. páxs. 23-24.
Pola experiencia doutros anos, pódese dicir que os problemas de convivencia
xorden, fundamentalmente, nos cursos de ESO, e que se dan nunha proporción moito
menor en Bacharelato. Nesta etapa os alumnos teñen máis desenvolvidas habilidades
e destrezas que lles permiten xestionar os conflitos sen que, na maioría dos casos,
cheguen a ser coñecidos pola súa incidencia no clima escolar.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
- Posible asistencia á XVIII edición do festival de teatro grecolatino de Lugo.
- Posibilidade de realizar algunha viaxe para coñecer in situ a cultura
grecorromana
- Participación no programa Prensa - escuela de La Voz de Galicia. Esta actividade
realízase cos alumnos de 1ª de Bacharelato.
- Participación no concurso “Odisea 2018” se hai dispoñibilidade por parte dos
alumnos.
Ademais destas actividades, poderíanse realizar outras que se nos ofrezan ao longo do
curso e que sexan interesantes para o alumnado.
PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN
Ao ser un departamento unipersoal, nas actas vaise reflectindo mensualmente o
traballo realizado nos distintos grupos. Coa información aportada polos indicadores de
logro, realizados ao rematar cada unidade didáctica, comprobarase o funcionamento
61
da programación, atendendo ao grao de consecución por parte do alumnado dos
obxectivos previstos e das competencias acadadas. Valorarase, así mesmo, a
temporalización asignada a cada unha das unidades didácticas.
Ao final de curso farase unha análise global da programación tendo en conta os
resultados obtidos. Introduciranse os cambios e correccións que se estimen oportunas
para o seguinte curso, especialmente no que atingue á metodoloxía e aos recursos
didácticos empregados.
En vista dos resultados satisfactorios obtidos no curso 2016-2017, consideramos que
non debe modificarse a programación.
Resultados obtidos no curso 2016-2017:
Grupos Nº Alumnos Aptos % Aptos
C Clásica 3º ESO 16 13 81,25%
Latín 4º ESO 6 6 100%
Latín 1ºBacharelato 23 21 91,3%
Latín 2º Bacharelato 22 18 81,81%
A Coruña, 18 de setembro de 2017